Arte e paz picasso

Page 1

“Neno con pomba”

PICASSO E A POMBA DA PAZ “Pegadas Artísticas da Humanidade” Curso 2.014/15


A POMBA, SÍMBOLO DA PAZ A pomba é símbolo da Paz desde os tempos da “Arca de Noé”, tal e como se relata na Biblia. Despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para, a través dela, coñecer en que condicións quedara a Terra despois do terrible suceso que obrigou a encerrarse na arca. A pomba regresou traendo unha rama de oliveira no peteiro, sinal de que había árbores que xa non estaban cubertas pola auga e que polo tanto podían deixar a arca para vivir en terra firme. A pomba anunciou que o perigo desaparecera. Actualmente, máis aló das diferenzas de raza, cultura e relixión, a pomba como símbolo da Paz é coñecida e aceptada universalmente.


O pintor malagueño Pablo Picasso fixo famosa a pomba como símbolo da Paz, Paz cando un dos seus debuxos foi seleccionado para o cartel do Congreso Mundial de Partisanos pola Paz que había celebrarse en París en abril de 1.949. Din que a súa segunda filla naceu o día que se iniciou o Congreso e o pintor decidiu pórlle o nome de

Paloma. Ao longo da súa vida Picasso pintou diferentes pombas como símbolo da Paz. Paz A continuación, unha mostra das mesmas:


Cartel anunciador do “Festival Mundial da

Xuventude e os estudantes pola Paz”. Berlín, 1951.

Picasso quere amosar a existencia de diferentes razas e todas elas están unidas pola pomba da paz; paz todas elas son "amigas e amigos".






Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.