Arquitectura

Page 1

ARQUITECTURA NOBRE E POPULAR EN REDONDELA PLAMBE 2.014/ 2.015 BIBLIOTECA CEIP PORTO CABEIRO


“PEGADAS ARTÍSTICAS DA HUMANIDADE” é o título do Proxecto da Biblioteca no curso 2.014/ 2.015. Entre outras actividades quixemos facer un achegamento ás Artes Clásicas, entre elas a Arquitectura, e tamén a outras máis modernas como a Fotografía. É froito desta unión é o MURAL “Arquitectura Nobre e Popular en Redondela” que pretende dar a coñecer, a partir de fichas informativas, a riqueza arquitectónica do Concello, amosándoa tamén a través das

fotografías

aportadas

polas

familias

e

por

outros

para

seguir

fotógrafos expertos. O

Mural

é

un

bo

punto

de

investigando o noso Patrimonio material.

partida


As MÁMOAS son construcións de pedra e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. O Monte Penide, nas parroquias de Negros,

Trasmañó e Cedeira, conserva máis de trinta tumultos ou mámoas sendo a mellor conservada

a Mámoa do

Rei, de estrutura poligonal, con diámetro de 15 metros e uns 2,5 de altura. Está catalogada como Ben de Interese Cultural. Contén unha gran cámara megalítica arrodeada por seis lousas formando unha cámara pechada.

Mámoa do Rei


En Redondela existen xacementos con diversos PETRÓGLIFOS e gravados rupestres. No

Monte

desenvolveron

Penide

crearon

as

culturas

petróglifos

que

que

alí

son

se

unhas

representacións gráficas gravadas nas rochas ou nas pedras.

Petróglifo de Monte Penide: •

Petróglifos de As Porteliñas: formado por dous petróglifos.

Petróglifos do Chan do Rato: formado por dous petróglifos.

Petróglifos do Poza da Lagoa: formado por catro petróglifos.

Petróglifos do Coto Fenteira: formado por tres petróglifos.

Petróglifos do Coto do Corno: dous petróglifos nos que predominan os motivos circulares que ocupan case que toda a superficie da pedra.

Petróglifos do Castro de Negros: trátase de seis petróglifos.

Petróglifos do Chan da Cruz: formado por catro rochas que conteñen motivos circulares, óvalos e cazoletas.

Petróglifos do Coto da Rola: formado por catro petróglifos.


A cultura dos Castros é propia do noroeste da Península

Ibérica.

A

súa

manifestación

máis

importante son os poboados amurallados coñecidos como CASTROS.

O Monte da Peneda, na parroquia do Viso, comezou sendo un asentamento castrexo e proba diso son os restos dos muros exteriores que se conservan na actualidade. Foron atopados caldeiros de bronce, fibelas,

machadas

puídas,

muíños,

ánforas

cerámicas.

Restos da muralla do Monte da Peneda.

e


Os MILIARIOS son columnas cilíndricas que se colocaban no bordo das vías romanas para sinalizar as distancias (de mil pasos, 1.450 metros). Acostumaban ser de granito, cunha base cúbica ou cadrada e medían entre 2 e 4 metros de altura, cun diámetro de entre 50 e 80 centímetros. O máis importante de toda Redondela é o Miliario de Santiaguiño de Antas, chamado “O Marco” ou “Anta de Maniola”.

Miliario de Santiaguiño de Antas: Altura 1,70 metros; circunferencia superior 1,88 metros; circunferencia inferior 1,93 metros.

Os veciños considérano como dador de sorte e fonte de fecundidade. As mulleres estériles fregaban o ventre contra a pedra co obxecto de seren fértiles.


Os HÓRREOS son construcións feitas á beira das casas rurais para gardar e secar os cereais, coma o millo, illándoos da humidade e protexéndoos dos animais. Trátase

dunha

cámara

rectangular

elevada

sobre columnas ou pés. Ao final destes pés hai unha pedra ou “tornarratos”

para que os roedores non

poidan entrar dentro. As paredes están perforadas para que poida entrar o aire e que o gran permaneza seco. O seu uso está estendido por parte do norte da Península Ibérica, con especial abundancia na rexión costeira noroeste. Hainos tamén na rexión dos Alpes, na península Escandinava, nos Balcáns, en África, Persia, sueste asiático, Xapón…


O CRUCEIRO é un dos monumentos relixiosos máis característicos de Galicia. É unha cruz de pedra sobre unha columna. Están situados en cruzamentos de camiños, adros das igrexas ou lugares elevados. Ante eles rezábase pola alma dos mortos e pedindo axuda a Deus. Buscábase neles protección contra as meigas e a morte. Erguíanse na praza da aldea para protexer á xente e no campo para protexer ao gando. Erguíanse nos lugares onde houbo unha morte violenta para dar descanso á alma da vítima, propiciar que Deus a acollese e evitar que vagase e fixese dano aos viandantes. Neles facíanse prácticas máxicas para curar o raquitismo ou para buscar un embarazo.

.


Os PETOS DE ÁNIMAS atópanse nos camiños e encrucilladas. O seu significado vén da crenza da continuidade

da

alma

despois

da

morte

e

da

existencia dun paso intermedio para chegar ao ceo, onde

se

redimen

os

pecados

e

as

faltas.

A

finalidade é que os vivos poidan ofrecer esmolas para a salvación das almas que unha vez liberadas intercederán por quen fixo a ofrenda. Están formados por unha cavidade na que se representan ás animas no purgatorio, en relevo ou pintura, e un peto ou hucha para botar esmolas. É habitual que ao pasar por diante dun se rece unha oración. Pídeselle axuda ás almas para solucionar algún problema e colócanselles flores no seu recordo.

Peto de ánimas en Cesantes (Redondela)


Un LAVADOIRO é un lugar destinado ao lavado da roupa. Antigamente era o lugar dentro ou fóra do fogar no que se lavaba a roupa a man sobre unha táboa ou pedra lisa que tamén recibía este nome, a veces no río ou regueiro. Cos anos, os que adoitaban ser públicos, de uso colectivo,

convértense

nunha

construción

popular

preto das fontes que consistían nunha canle que leva a auga a un ou varios depósitos de granito ou formigón que contaban con lousas inclinadas para permitir o lavado a man. A miúdo contaban cunha cuberta sostida por catro ou seis piares de pedra a xeito de alpendre. As cubertas normalmente eran a catro augas con dúas tesoiras de madeira.


Unha FONTE é unha construción cun ou varios canos por onde sae a auga. Achábanse nas prazas ou lugares céntricos das aldeas e vilas para forneceren de auga aos moradores e calmar a sede dos seus animais. Eran os lugares de reunión da xente nova que acudía a elas á noitiña para falar. Algunhas acollen lendas e hai quen cre nas fadas que nelas moran; a outras

recoñécenselles

virtudes

purificadoras

pola

auga que delas abrolla. De aí os nomes que se lles aplican: fonte boa, fonte milagreira, fonte santa… Para

destruír

as

vellas

supersticións

moitas

se

coroaron cunha cruz ou coa representación dalgún santo. Por iso ao pé de moitas erguéronse santuarios que

son

obxecto

de

devoción

polas

virtudes

milagreiras das augas que aí abrollan. Por iso a xente lava nelas as mans, a cara, os pés e as partes doentes para obteren cura.


Un MUÍÑO é un artificio para moer cereais, especialmente trigo e millo e obter fariña. Constaban dunha pedra circular fixa sobre a que se move outra de forma troncocónica que ao xirar segue a forma da anterior. Tamén poden ter forma de disco e entón chámase moa. Para mover a pedra utilizábase a auga. Os de auga ou aceas construíanse á beira dos ríos, realizando unha presa para embalsar auga e conseguir unha diferenza de altura. A auga do encoro corría por un canal ou cano e movía unha roda con penas (pás) chamada rodicio, a que á súa vez movía as pedras ou moas. Ao conxunto formado polo encoro e máis o cano de alimentación do muíño chámaselle popularmente caneiro.

Os mozos xuntábanse á noite neles e cantaban e bailaban; de aí veñen as “muiñeiras”.


O PAZO é un tipo de casa tradicional galega, de carácter señorial e normalmente situada no campo. Antigamente

era

residencia

de

persoas

importantes, reis ou nobres. Constan xeralmente dun edificio principal rodeado de xardín, un pombal, un hórreo e, a miúdo, unha capela:

Pazo de Pousadouro

Hórreo, capela e ciprés, pazo é

Dá lugar a numerosos topónimos galegos, tales como Pazos de Borbén ou Pazos de Reis, localidades da provincia de Pontevedra.


As

CONSTRUCIÓNS

RELIXIOSAS

son

innumerables en Galicia, fiel reflexo da importancia da Igrexa na vida das persoas. Entre os séculos XI e XIII

prodúcese un

enorme impulso construtivo, en estilo románico, que dá lugar ás cinco CATEDRAIS galegas, incluída a de Santiago de Compostela. Son desta época varios MOSTEIROS

e

centenares

de

IGREXAS.

Posteriormente fixéronse reformas e ampliacións con elementos de estilo gótico (Catedral de Tui), barroco (fachada da Catedral de Santiago) ou neoclásico (Catedral de Lugo).

Igrexa de Redondela

Capela da Peneda


A marca característica de Redondela é o seu ceo presidido por dos grandes VIADUTOS ferroviarios construídos no século XIX: o de Madrid e o de Pontevedra. Redondela é coñecida co alcume de “Vila

dos Viadutos”. O Viaduto de Madrid é unha PONTE de ferro sostida por piares de pedra. Conta con 411 metros de lonxitude. A primeira locomotora cruzouno en 1.876. Cóntase que Pedro Floriani, un dos contratista, tentou suicidarse lanzándose dende el porque non lle pagaron o seu traballo coa desculpa de que nunca entraría en servizo porque estaba mal feito. O Viaduto de Pontevedra inaugurouse en 1.884 e está sostido por piares metálicos.

Viaduto de Pontevedra


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.