Memoria Fundación Araguaney 2011

Page 42

6.9. EXPOSICIÓN DE XOIAS DE JOAO E SONIA, HYPPIE CHIC Durante os meses de setembro, outubro e novembro tivo lugar a exposición da colección de xoias artesanais en prata Hyppie Chic. Estas pezas pezas de xoiaría feitas a man por esta parella de Barcelona que leva máis de 5 anos dedicándose á creación deste tipo de xoias inclúe aneis, colares ou brazaletes de prata con pedras naturais engarzadas. As pezas expostas estaban elaboradas a base de fíos de metal e moldeadas con pinzas, sen usar soldadura ademais de contar tamén coa técnica milenaria do macramé, baseada no tecido de nós. Mesmo o engarzamento das pedras nestas pequenas obras de arte estaba realizado sen usar ningún tipo de pegamento. Os deseños de Hyppie Chic expostos foron pezas únicas e moi orixinais, deseños de prata alemá e macramé mesturados con pedras naturais preciosas e semipreciosas, como a turquesa, o cuarzo rutilado ou a charoíta, únicos e exclusivos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.