Andaina 44

Page 19

Traballo sexual no mundo global: cuestión de dereitos, non de pánicos sexuais Só hai unha maneira de ver as cousas e é na súa totalidade John RUSKIN

⠦ ISABEL HOLGADO FERNÁNDEZ*

As ordenanzas municipais aprobadas recentemente que penalizan a prostitución en espazos públicos (caso das normativas de Valencia e Barcelona) e sobre todo, o anuncio do anteproxecto de lei sobre «limitación de servizos sexuais remunerados», impulsado desde a Consellaría do Interior da Generalitat de Catalunya, parecen ter instalado definitivamente o fenómeno da prostitución no debate político e social.

Malia que van ampliándose as miradas e se formulan novas preguntas, lamentabelmente aínda hoxe os distintos medios de comunicación e a maquinaria do poder manexan discursos fortemente lastrados polos xuízos morais e as opinións ideolóxicas particulares, provocando que a falla de obxectividade, o falseamento dos datos e a exclusión dos discursos dos axentes protagonistas, entorpezan calquera análise da realidade e a consecuente práctica política. Con grande irresponsabilidade, a maior parte de variábeis e datos que se inclúen nas análises e propostas normativas non proceden de investigacións rigorosas que inclúan a complexidade do fenómeno, nin das propias voces e experiencias das mulleres e outros suxeitos inseridos no sector do sexo, senón fundamentalmente, do enorme cúmulo de mala información, baseado en estereotipos, prexuízos e medos sociais, cociñados durante séculos respecto ao fenómeno, sempre á marxe dos discursos das propias protagonistas. Historicamente a pedagoxía sexista de control social construíu a muller prostituta como paradigma da muller marxinalizada, sempre presentada cunha identidade en déficit, incapacitada para xestionar a súa propia vida e defender os seus intereses.

*

Antropóloga, coordinadora de LICIT

19


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.