Pazos de Galicia nº3

Page 61

Pazos de Galicia Viajeros

59

A Banda de Música de Visantoña en 1956

Arquivo Banda de Visantoña

Adolfo Enríquez

Neste pequeno caseto pasaban as horas ensaiando

Adolfo Enríquez

artían de Visantoña á mañanciña, ou de noite, para amencer no camiño. Dependía do lonxe que estivera a parroquia á que houberan de ir tocar. Case sempre, para chegar e levar “o ramo”. Isto é, que a banda esperaba na súa casa ao funcionista encargado de organizar a festa dese ano que portaba “o ramo” camiño da igrexa, para a misa solemne. “Polo camiño iamos tocando pezas de cando en vez. Logo xa se tocaba na procesión, e ao rematar a misa, o concerto pequeno”. Eugenio distíngueo do “concerto”.

Ata hai unhas décadas as bandas de Música populares galegas tamén tocaban nas verbenas, chegando a compartir cartel coas orquestras. Mais a proliferación destoutras agrupacións musicais, fixo que as bandas de música -en Galicia cóntanse actualmente arredor de 80 formacións- quedasen na maioría dos casos relegadas ao concerto matinal nas romarías.

ña (Concello de Santiso), a agrupación máis antiga da provincia da Coruña, con 128 anos de traxectoria ininterrompida. Un cargo honorífico máis que merecido, pois a batuta desta formación estivo nas súas mans durante 39 anos, desde que no Antroido de 1955 chegara a Visantoña para ser “probado” como director da banda. Eugenio procedía da Estrada, onde dirixía a banda de música de Vea. Mais as ansias de mellorar levárono a deixar muller e tres fillos na súa aldea natal e vivir de pousada durante 3 anos, “na de Maneiro”, en Seoane. “Os coches só chegaban a Boente, na Arzúa.

P

Corenta anos levando a batuta Aos seus actuais 85 anos, Eugenio Pazos Reyes foi nomeado “director perpetuo” da banda de música de Visanto-


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.