Boletín nº 7 nadal curso 2014 15

Page 1

O BOLETÍN DA BIBLIOTECA Equipo dinamizador da Bibli oteca Escolar do CEIP Rosalía de Castro - Xinzo de Limia

Sempre imaxinei que o Paraíso sería algún tipo de biblioteca. J.L.Borges

Decembro do 2014- Boletín nº 7

LIMIAR: ler fainos mellores. Aquí estamos un ano máis. Moitas grazas por prestarnos un pouquiño do voso tempo. O latín aprendíanos cousas como isto que lemos de Ángel Gabilondo; “ler -legere- ten que ver con eligere -elexir- e libro -libercoa liberdade, de modo que ler é aprender a preferir. Por algo “elegante” é o que sabe elexir”. Inquietos con que se lea e en qué soportes, esquecemos que o decisivo é ler amodo, con coidado, demorarse e recrearse na lectura, ter curiosidade: para ver se podemos pensar de maneira distinta. Porque a maneira de cambiar o que se sinte é cambiando o que se pensa. Todos os mestr@s valemos pouco se non educamos para ler, isto é, para ver, escoitar e comprender mellor. A lectura tamén está relacionada coa confianza, autoestima e seguridade nun mesmo. Coa capacidade de participar en conversacións de todo tipo; achega argumentos e formación para opinar. Tamén mellora as nosas relacións persoais e sociais. E isto é unha fonte de benestar e felicidade (ben-ser).

PASO A PASO, FACENDO CAMIÑO… Seguimos a facer unha chea de actividades. Celebramos o mes da Ciencia en Galego na Biblioteca (outubro, porque o 24 é o propio día das Bibliotecas escolares), o outono, a posta en marcha das patrullas verdes e os traballos na horta escolar, o V abraço ao Río Limia, o Samaín, días internacionais (das persoas con discapacidade, contra a violencia de xénero...) e agora tamén o Nadal. Pero tamén participamos nas V Xornadas das Bibliotecas Escolares, en Obradoiros (vivir en saúde, educación en igualdade, retos e poemas matemáticos), en saídas (andaina, Fundación Coren, Auditorio Ourense). E, en Voz Natura, no concurso La Región (xornal escolar), etc. Na Biblioteca contamos coa axuda dun numeroso equipo de axudantes e de doutor@s e enfermeir@s dos libros. E imos tentar ampliar o espazo da biblioteca escolar... As mochilas viaxeiras non paran de viaxar polos vosos fogares outro ano (infantil 5 anos, 2º, 4º e 6º). Creación e consolidación de hábitos lectores. Continuamos animándovos ás familias a que empreguedes a “Biblioteca de Nais e Pais que temos no Centro. Libros pedagóxicos ou novelas pero tamén lecturas que vós traiades da casa para facer intercambio aquí, no colexio, no edificio administrativo. Tamén vos convidamos a gozar dos microrrelatos que atoparedes polas paredes do Centro escolar cada vez que vos achegades por aquí e a vir ó Centro a compartir uns momentos de lectura cos nen@s. Se dispós de tempo para isto e te animas ponte en contacto con nós para buscarmos unha hora na que poidas vir lerlle algo ó alumnado do Centro. Animádevos a gozar coa lectura! Xa coñecedes o de “Se vós ledes, eles len”.


Tempo de Nadal, inverno, frío... A acubillarse ao redor do fogar, na compaña da nosa familia, cun fermoso libro nas nosas mans... Achegámosvos algunhas propostas Educación Infantil

Once damas atrevidas Partindo da estrutura e das protagonistas dun conto da tradición galego-portuguesa, créase unha historia actual, pero sen renunciar aos recursos clásicos da literatura de transmisión oral.

Un agasallo diferente Nunca un cacho de tea tivo tantas e tan útiles aplicacións. A imaxinación pode converter o obxecto máis insignificante no máis marabilloso dos xoguetes.

10 pequeños pinguinos Libro ilustrado para aprender a contar dunha maneira enxeñosa. Entre sorpresas e imprevistos, dez pingüíns inseparables desaparecen de un en un... ¡ata que ó final vólvense a reunir!

1º ciclo de Educación Primaria Colección “Os contos do trasno”

A casa da mosca chosca Na casa da mosca hai unha torta de amoras, sete pratos, sete banquetas, sete animais a punto de merendar. Xa non cabe ninguén máis... pero alguén peta na porta.

Sofía, la vaca que amaba la música Toda la vida Sofía ha regalado a su familia y sus amigos sus conciertos. Cuando decide irse del pueblo a la ciudad para participar en el concurso de música,todos están tristes.

365 pinguinos Saber contar es muy útil. Sobre todo cuando -inexplicablemente- a una familia le van entregando pingüinos, uno por día durante un año entero. Alimentarlos, entretenerlos y almacenarlos hará sentir a esta familia que la vida se ha pingüinizado. ¡Divertido y sorprendente mensaje ecologista!


2º ciclo de Educación Primaria

Oposicións a bruxa e outros contos Cinco contos que destacan polos seus rasgos humorísticos e imaxinativos, con sorprendentes aventuras. Coñeceremos a unha bruxa que quere aprobar as oposicións, unha princesa que pon de moda os pantalóns vaqueiros......

El superzorro Benito, Bufón y Buñuelo son tres malvados granjeros que deciden sitiar la madriguera del señor zorro como represalia a los constantes hurtos que el astuto animal protagoniza en sus corrales. Pero el apodo de superzorro no es en vano....

Number Magic Dolphin Readers 1 Lecturas graduadas e interactivas deseñadas para o desenrolo das habilidades lingüísticas. Divertido, con ilustracións... para o alumnado máis xove.

Prohibido leer a Lewis Carroll Narra a historia de Eugéne Chignon, xove institutriz (mellor sería chamala desastriz ou disimulatriz) francesa que viaxa ata Nova York para coidar de Alice, a que os seus pais lle prohíben ler os libros de Lewis Carroll. Premio Lazarillo en 2012, e Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2014.

Formig4s FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes dos FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados..

3º ciclo de Educación Primaria

El asesinato del profesor de matemáticas Cando suspenderon o último exame de matemáticas, o seu profesor, “O Fepe”, decidiu darlles unha segunda oportunidade… esta vez non consistía nun exame normal, se non nunha xincana matemática, na que tiñan que adiviñar quen era o suposto asasino do profesor.

Para as nais, pais, mestres e titores ...

Energía y relaciones para crecer Jaume Soler. Este libro ofrece unha formulación nova en educación emocional. Aposta por formar un novo modelo de persoa: a emocionalmente ecolóxica. A ecoloxía emocional é a arte de xestionar, de maneira sostible, o noso mundo emocional: elixir mellor as compañías, rodearnos de persoas que nos axuden a medrar en harmonía…e mellorar o mundo no que vivimos.

Somnámbulos Non agardedes que a lectura deste libro vos procure un sono espantado. Lédeo ben de día, cando as pantasmas non pretendan devorarvos entre as sabas. Lédeo á luz do noso inverno chuviñoso. E logo, cavilade.

Educar en el asombro 160 páxinas que conseguen espertar nos proxenitores comprometidos coa educación dos seus fillos, moitos sentimentos respecto á responsabilidade que temos con eles como guías para o seu desenrolo persoal. O libro é claro, rigoroso, asequible, tremendamente instrutivo; unha auténtica chispa de claridade ante a voráxine informativa que se nos vén encima a diario sobre temas de educación.


“Aprender a ler é un procedemento que se ensina na escola. O gusto pola palabra e o amor ós libros descúbrense na casa, no ámbito da familia, se ben a escola ocupa un lugar de privilexio nesta conquista. Cando unha mestra de educación infantil está contando un conto ós seus alumn@s, non só está relatando unha historia divertida ou triste, está ensinando conceptos que teñen que ver coa lingua, procedementos que atinxen ó proceso de comprensión e uns valores determinados contidos nol libro. Cando unha avoa, ou unha nai, ou un pai contan un conto ós seus net@s, ou ós seus fill@s, están realizando un acto de amor.“ Así comeza o caderno do Observatorio Andaluz da Lectura realizado por Antonio Ventura coa pretensión de ser unha guía para as familas.

Algunhas propostas para o noso tempo de lecer nestas vacacións. EN XINZO DE LIMIA: Actividades no Nadal para pequenos e maiores. 23 de decembro, na casa da cultura, de 11 a 13h, terá lugar un obradoiro de cociña. 28, o auditorio acollerá o espectáculo “Espantallo amigo” e o 4 de xaneiro, “Feliciano”, ambos ás 18 h. Visita a Pazolandia, día 29. O 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán a nosa vila. No auditorio celebrarase o Festival de Nadal, o 18 ás 20h, a cargo da Escola Municipal de Teatro; o 21 a cargo da Academia de Baile Danzón e o 9 de xaneiro realizado pola Escola de Gaitas e Percusión. Concerto de Ano Novo, o 3 de xaneiro, a cargo da Agrupación Musical da Limia. Concertos das corais Antioquía (dia 21) e Santa Mariña(dia 27) na igrexa nova. OURENSE: Oferta un amplo abano de actividades. Podedes consultalas e elixir as do voso agrado no seguinte enlace: http://www.ourensecultura.com/gfx/Blog/files/2014%20PROGRAMA(2).pdf RETOS NAVIDEÑOS. Os xeroglíficos sempre son un divertido pasatempo e con eles podes seguir celebrando estas festas. A ver se resolves este que che propomos á esquerda. Co da dereita debes achar o díxito correspondente a cada letra. Lembra que letras iguais corresponden a díxitos iguais. E para cada palabra o número que corresponde non inicia co cero.

NA

AS CAIXAS DE BOMBÓNS

O señor “Masquedulces” é un coñecido pasteleiro ao que lle gustan os retos matemáticos. Por iso vos propón este para o Nadal. Adiviña cantos bombóns teñen estas cinco caixas cos datos que che dou: - A primeira e a segunda caixa teñen entrambas 24 bombóns. - A segunda e a terceira xuntan 27 bombóns. - A terceira caixa e a cuarta suman 23 bombóns. - A cuarta e a quinta caixa conteñen xuntas 16 bombóns. Pero ademais podo dicirche que entre a primeira caixa, a terceira e a quinta suman 32 bombóns. É difícil…? Pois dareiche unha pista: O número de bombóns da primeira caixa está formado por dous díxitos iguais.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.