O Xornal de Ourense en común

Page 1


A xente fai Ourense

mos por un modelo de goberno en que o alcalde e as concelleiras sexan as xestoras reais da vontade popular.

Ourense é a súa xente. Ourense non é só as Burgas, nin a Ponte. Ourense non é tan só a catedral, nin a zona histórica. Ourense non é Ourense sen a súa xente. A xente que o habita, que o vive, que o sofre e o goza. A xente que o fai día a día. A comerciante que abre a persiana do seu pequeno comercio todas as mañás e recibe o cliente do barrio, o de toda a vida, co mellor dos seus sorrisos. Os traballadores públicos que dende o seu posto prestan sempre o mellor dos servizos, porque cren nel. As persoas que coidan das persoas, na escola, na casa, no centro de saúde. A xente que fai cultura. As que loitan polos dereitos, pola igualdade, as activistas da vida cotiá. Esas son as que fan Ourense.

E todo isto ten unha expresión clara no programa participativo elaborado ao carón dos colectivos e veciñanza ao longo destes últimos meses. Dende a voz do barrio aos encontros sectoriais. A través de ducias de xuntanzas e visitas aos barrios. Permanentemente nestes últimos catro anos e non só en campaña electoral.

Porque Ourense non sei fai dende o concello, dende a institución. Ourense faise coa xente ou non se fai. Porque o cambio preciso ten que se construír en necesaria complicidade coas veciñas e cos veciños, cos barrios, cos axentes sociais. Nin un novo alcalde, nin sequera o mellor proxecto que poida haber para a nosa cidade abonda. É preciso rexurdir como sociedade na procura dun futuro digno para a nosa terra. E para acadar ese obxectivo non abonda tan só con votar. O concepto da “festa de democracia” é alleo para nós. Unha democracia que se entenda como o exercicio da votación un día cada catro anos é unha democracia raquítica. Precisamos implicarnos, dende o cotián, cada unha dende as súas trincheiras vitais, para devolverlle a Ourense a vitalidade política e social que lle é propia e que outros nos roubaron. Isto temos que facelo colectivamente, dende as asociacións de veciñas, dende as asociacións de familias de alumnado, dende o club deportivo ou a asociación cultural. Porque se Ourense en Común goberna precisa ter un contrapoder popular. Unha cidadanía implicada e vixiante que nos ensine o camiño. Porque aposta-

2

Escoitar. Facer. Coidar. Este é o resumo do noso labor político nos últimos catro anos en Ourense. Fomos quen de nos sentar e escoitar a todas aquelas persoas e axentes sociais que nos solicitaron. Escoitar activamente, tendo en conta os seus criterios e pareceres para guiar a nosa acción no concello. Escoitarnos tamén por dentro. E obedecernos. Xa que cada unha das decisións que adoptamos en pleno foi froito da convocatoria de asembleas institucionais no seo do noso espazo. Cada mes, de cada ano, nos últimos catro anos. E non só iso, tamén fomos proactivos. Convocando mesas de traballo, debates, faladoiros. Convocando xuntanzas co activismo cívico, escoitando a pé de rúa, anotando, sistematizando todas as demandas. Porque as nosas concelleiras e concelleiros están para iso. Para escoitar e servir ao pobo e aos seus intereses. Facer tamén, facer máis. Porque fomos o grupo municipal máis activo nesta lexislatura de mandato municipal. Polas iniciativas, polo número de mocións presentadas no pleno, pola actividade en xuntas de área e nos consellos municipais. Elaborando actas, facendo propostas, rendindo contas. Analizando e activando as necesidades recollidas. Coidar. Velaquí un dos maiores retos políticos ao que nos enfrontamos, como cidadáns, no presente e de

cara ao futuro. Como imos coidar da nosa comunidade, da nosa contorna, das nosas veciñas e veciños que máis o precisan. Como imos coidar do barrio. Comprometéndonos a reequilibrar territorialmente Ourense. Comprometéndonos co patrimonio cultural e natural. Colocando no centro as políticas que dan prioridade á vida e o benestar das persoas por riba dos intereses económicos das poderosas. Cunha fiscalidade progresiva.

Un programa en alianza co tecido social da cidade Escoitar, facer e coidar: este é o resumo de catro anos é tamén o guieiro da acción política que ven. Porque queremos máis. Queremos a confianza das veciñas e dos veciños de Ourense para gobernar o concello. Porque temos o mellor programa para o futuro de Ourense. Un programa participado, elaborado en alianza co tecido social da cidade. E non só iso: temos tamén o mellor candidato á alcaldía. Martiño é unha persoa comprometida, valente, que non cala diante dos poderosos que gobernan esta cidade dende as sombras. Queremos ser a resposta para todas aquelas persoas que se refuxian na abstención. Vemos un Ourense no futuro que faga das alianzas a clave do seu desenvolvemento. Alianza co territorio próximo. Entendemos a capital conectada coa comarca e provincia. Permeable en aspectos de mobilidade dende o punto de vista metropolitano. Alianzas co país, no eixo sur e no eixo interior. E alianzas co norte de Portugal en clave económica e cultural. Temos un proxecto para a cidade e o municipio en que ti eres o eixo central. Súmate a facer Ourense en común. RECUPEREMOS O FUTURO! Este 26 de maio vota Ourense en Común!

Martiño Alcalde


É tempo de avanzar con firmeza e ilusión A debilidade do noso tecido económico non xera suficiente emprego e obriga á xuventude a marchar

- Remata un mandato de catro anos de goberno do Partido Popular de Jesús Vázquez á fronte do concello de Ourense. Atrévese a poñerlle nota?

e non hai capacidade de xestión.

Atrever claro que me atrevo, pero non son eu quen debe facelo. Será a veciñanza quen o faga o 26 deste mes.

Porque o goberno do Partido Popular nunca chegou a presentalos. O escenificado para os medios de comunicación eran fogos de artificio para culpabilizar á oposición da súa incapacidade.

- Por que non hai orzamentos?

- Pero terá unha valoración global. Podería resumirse en que todo segue igual que en 2015 pero máis vello. Foi un mandato de maltrato continúo á cidade, ao medio, á veciñanza. Perdemos catro anos. - Ao seu entender entón o actual alcalde non fixo nada? Si, houbo quen estivo encantado coa súa xestión. Empresas que prestando un servizo precario cobraron moi ben. Especuladores que agora pagan menos impostos e teñen as súas demandas recollidas nun PXOM aprobado a porta pechada. Incluso bancos aos que se lles pagou toda a débeda municipal. Jesús Vázquez comprometeuse hai 4 anos con miles de veciñas en mellorar a súa calidade de vida e coidalas, a elas e a propia cidade. Catro anos despois os datos demostran que incumpriu a súa palabra. Namentres amortizaba débeda rebaixaba en 6 puntos a inversión real do Concello de Ourense. Puxo por diante o pago de débeda aos bancos que a inversión en parques, melloras nos barrios, no transporte, nos servizos públicos... O Partido Popular non terá xa débedas con bancos pero si coa veciñanza. - Os tres grandes problemas do Concello de Ourense son... Non hai orzamentos, non hai plan urbanístico (PXOM)

orenseencomun.gal

“Sen dúbida o problema máis importante de Ourense é o desemprego” - O goberno di que eles estando en minoría dependen da oposición para aprobalos. E eu digo que Ourense é a única cidade de toda España que non foi quen de aprobar uns orzamentos en catro anos. Na Coruña, Santiago e na maioría de cidades hai gobernos en minoría e hai orzamentos. Para o mal estudante a culpa é do profesor que tenlle manía ou do can que comeu os apuntes, pero o certo é que non estudou. - Os tres grandes problemas da veciñanza de Ourense son... Son máis de tres. Pero sen dúbida o primeiro e máis importante porque condiciona ao resto é o desemprego. A debilidade do noso tecido económico non xera suficiente emprego e obriga á xuventude a marchar. A tendencia é que na próxima década baixemos dos 100.000 habitantes. Isto resta activos e capital humano para transformar Ourense nunha cidade mellor que coide e atenda ás necesidades de todas as persoas.

Hoxe en día a situación é de semi-abandono, e

3


este o sofren por igual os servizos municipais, as persoas e os propios barrios. - Se fose Alcalde de Ourense, o primeiro que faría sería... Convocar a todos os axentes da cidade (universidade, colexios oficiais, comercio, asociacionismo...) para poñer en marcha os nosos propios Pactos da Moncloa que permitan rescatar o futuro de Ourense dunha catástrofe segura. E nestes xogarían un papel fundamental o propio persoal municipal para atallar os problemas da administración e lograr a súa implicación. Facerlles ver que son actores fundamentais na mellora da vida da cidade.

“O primeiro que farei como alcalde é convocar a todos os axentes da cidade” - E nese pacto estarían outras organizacións políticas? Nese pacto deben estar todas as persoas que apostan por progresar e sacar a Ourense deste pozo. Hai cousas que se fixron moi mal no pasado, pero é necesario avanzar. Hai quen vive de sementar odio pero nós non imos a retroceder. É tempo de avanzar con firmeza e ilusión. - Como definiría o labor de Ourense en Común no Concello estes anos? Foi construtiva. Fixemos o mesmo ou máis que outros

4

grupos tendo a metade de representación. Fiscalizamos a labor do goberno coma ninguén, indo incluso á xustiza se era necesario, e traballamos moitísimo na presentación de melloras a ordenanzas e propostas recollidas nos barrios ou por colectivos e plataformas. Sempre cedemos o noso micro a quen o necesitara e sempre apoiamos iniciativas que cremos son boas para Ourense, independentemente de quen as presentara. - Pensa que ese traballo é coñecido pola veciñanza? Probablemente non, nós non empregamos os recursos públicos para facer negocio cunha canle de televisión privada lucrándonos da publicidade. - Un logro de Ourense en Común... Conseguir que o Goberno local habilite vivendas de emerxencia social con subministracións garantidas para as persoas que máis o necesiten. - Unha frustración por non poder ver materializada algunha proposta que Ourense en Común defendera estes anos? Habería moitas, pero de seguro non dependeron da nosa vontade para executalas. Non hai que esquecer que nós estivemos na oposición e non no goberno. Presentamos máis de 140 iniciativas a pleno das que o goberno fixo caso omiso. Se tivera que escoller unha de todas elas sería a ligada á mobilidade. Traballamos a reo e implicamos a decenas de persoas e colectivos para solucionar un dos grandes problemas de Ourense que son os atropelos e o tráfico. Conseguimos un programa completo con centos de medidas inmediatas para reducir as velocidades, facer unha cidade máis amigable ao peón, me-

lloras no transporte público, na porta dos colexios, na bicicleta... pero foi imposible. Non fixeron nada máis que multar aos peóns. En lugar de previr lumes forestais cortaron as árbores. - Arrepíntese de non apoiar a moción de censura de DO? Non. A posición “a priori” máis cómoda nesa suposta moción de censura era a nosa. Non eramos necesarios e coa suma de PSOE+DO era suficiente. Só tiñamos que poñernos de perfil e agardar ao desastre para sacarlle partido electoral. Pero Ourense en Común non funciona nesas claves. Para nós non funciona iso do “canto peor mellor”. Dimos un paso adiante e conformamos xunto co PSOE unha oposición responsable sementando un futuro de traballo e progreso. - Falaron algunha vez de pactos de goberno futuros co PSOE? Para conducir primeiro hai que facer prácticas. Sen dúbida estes anos de traballo conxunto na oposición conformaron uns bos alicerces sobre os que construír un goberno progresista, ecoloxista e feminista. Esa era a lectura conxunta que fixéramos co anterior portavoz socialista. O problema é que xa non está e o novo candidato á alcaldía semella que non pecha a porta a outro tipo de pactos, por exemplo con Democracia Ourensana quen tamén fala de pactar con VOX se é necesario. - Entón onde poñen os límites para pactar? Nos programas de cada organización política. Nós nunca pactaremos con quen nega que exista violencia machista, nin con quen estea disposto a pactar con estes para conseguir poder. Galeano dicía que non paga a pena vivir só para gañar, paga a pena vivir para ser fiel aos teus principios.

Martiño Alcalde


- Un lugar? O Castro de Santomé, alí comezou todo.

“Presentamos máis de 140 iniciativas a pleno das que o goberno fixo caso omiso” - Un restaurante ou un bar de Ourense? Eles saben cales son pero direi a cociña da miña nai para que ninguén se sinta ofendido. - Unha recomendación para quen visita a cidade? Hai moitas, pero a mellor segue pechada 16 anos

despois, o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

- Unha medida estrela? Imposible de sintetizar, a nosa política non é de AquaPark. - Pois resalte algunhas, tres por exemplo: Plan de emprego municipal, con partida orzamentaria propia e recorrente, enfocado aos colectivos de maior risco dentro da cidade, mulleres, mocidade e maiores de 50 anos. É preciso a posta en marcha inmediata das medidas de pacificación do tráfico contempladas no Móvete por Ourense. Creación dunha Sociedade Municipal de Augas, en colaboración coa universidade, para explorar as vías de explotación e innovación arredor do termalismo.

“Plan de emprego, pacificación do tráfico e a Sociedade Municipal de Augas. A nosa política non é de AquaPark”

- Agora, algunhas preguntas persoais. Segue a traballar na súa empresa, Xeitura? Si claro, nunca deixei de facelo nestes anos. Como nunca deixei a miña carreira investigadora na universidade. Certo é que as responsabilidades no Concello quítanme moito tempo e a conciliación resulta moi complicada. Pero quen máis o sufre é a familia e as persoas máis próximas. Iso é o que máis sinto. - Está casado? Non. Vivo coa miña compañeira, tres gatos e un can pero non estamos casados non. - Practica algún deporte? Practiquei o hockey ata os 30, pero agora son un adicto aos deportes de montaña. É unha das cousas que máis boto en falta de non ter tempo. - Como ourensán escolla un barrio? Uffff... imposible escoller. Pasei a miña infancia en Cudeiro, a adolescencia no 21 e a época universitaria no centro histórico. E dende aquela vivín de alugueiro nas Lagoas, Cruz Alta, Residencia, Seixalbo e agora no Couto. E todos teñen algo especial.

- Non prometen ningunha infraestrutura nin obras: Temos propostas de equipamentos pero a nosa máxima é non malgastar o erario público. Apostamos por recuperar espazos degradados para darlle un novo uso. Por exemplo, se gobernamos faremos todo o posible para que o grande balneario que Ourense necesita sexa no lugar do edificio abandonado na contorna das Pozas do Muíño. Unha mole de formigón que a día de hoxe agrede a paisaxe e fai que ese espazo perda valor. Propoñemos un equipamento, protexemos a contorna das Burgas e dámoslle solución a un problema. Nese senso camiñan as nosas propostas de infraestruturas.

orenseencomun.gal

5


Candidatura profesional, goberno eficiente

Martiño X. Vázquez Mato Candidato á alcaldía Data de nacemento: 22/12/1983 Áreas de goberno: Desenvolvemento Local, Economía Social, Turismo, Termalismo, Innovación A profesión de artesáns dos meus pais achegoume dende neno ao rico patrimonio galego, material e inmaterial. De seguro esta semente estivo detrás da miña licenciatura en Historia na Universidade de Vigo. Foi alí, na academia nos derradeiros anos de carreira, onde comezou a miña relación profesional e emocional coa arqueoloxía, que aínda segue a quitarme o sono. No ano 2007, integrado no Laboratorio de Arqueoloxía da Universidade de Vigo, achegueime ao mundo da investigación. Doutoramento, posgraos, artigos científicos, máster, proxectos I+D, algunha que outra hora de docencia universitaria… un sendeiro cortado pola crise e os recortes daqueles que venderon o país para rescatar á banca. A diferencia de moitos amigos e amigas obrigadas a emigrar para traballar eu negueime. Quería que fora a miña terra e as xentes que pagaron os meus estudos as quen tiveran o retorno da miña actividade. Así foi que xunto con dous compañeiros creamos unha empresa de xestión cultural no ámbito da economía social. Agora

6

levamos xa 6 anos dende a súa creación e hoxe xera traballo para un mínimo de 7 persoas, chegando a ter picos de actividade de case 20 persoas. En política podería dicirse que veño dunha tradición irredenta por influencia paterna, ligado a defensa do país, e duns valores de igualdade e xustiza social por parte materna. Foi por isto en boa medida polo que no seu momento asumín as teses de Xosé Manuel Beiras na procura dun suxeito político galego pero colaborando en rede no resto do estado, acompasando en pé de igualdade unha axenda social coa xusta reivindicación en clave de país. Ao marxe de etiquetas clásicas gústame definirme como activista do Procomún. Achegueime a este concepto e filosofía nun congreso que organizamos en Celanova no ano 2014 e dende aquela non o volvín a abandonar. Primeiro nos movementos sociais e dende 2015 tamén nas institucións defendendo o que é de todos e de ninguén ao tempo (a sanidade, a educación, a auga, o patrimonio, o aire, a cultura…).

Martiño Alcalde


Xosé M. Vaquero Montse Valencia Antía Márquez León Pérez

Pousa

Candidato número 4 Ourense en Común

Candidata número 2 Ourense en Común

Candidata número 3 Ourense en Común

Data de nacemento: 02/09/1977

Data de nacemento: 06/11/1976

Data de nacemento: 12/03/1982

Áreas de goberno: Seguridade Cidadá e Persoal

Áreas de goberno: Xustiza social, Sustentabilidade ambiental, Benestar animal

Áreas de goberno: Feminismo, Diversidade, Participación Cidadá e Transparencial

Licencieime en Dereito e especialiceime en Medio Ambiente, promovendo procesos participativos onde todas as persoas puideran aportar facéndose co-responsables da defensa do contorno. Ecoloxista e feminista, como necesidade de crear un novo paradigma alternativo ao modelo de sociedade actual. Economista colaborativa, solidaria e alternativa: creo na economía social, como modelo económico necesario para alcanzar un desenvolvemento máis equilibrado económica e socialmente.

Cun profundo e interiorizado concepto de xustiza social estudei Traballo Social en Salamanca pero tiven claro que o meu proxecto vital quería que tivera como escenario a cidade das Burgas, a pesar das voces que me dicían de xeito repetitivo que esta cidade non tiña nada que ofrecerme, e que eu non ía cambiar o mundo, sempre quixen crer que si podería aportar algo na dinámica e o benestar da miña comunidade.

Son empregado do Concello de Ourense dende os 22 anos, exercendo como bombeiro para a miña cidade. Neste tempo puiden comprobar como funcionan as institucións públicas e facerme consciente da grande necesidade de renovación que existe na nosa cidade. E isto foi o que me fixo achegarme á vida política. Co paso do tempo puiden formarme academicamente para dirixir o meu interese polo mundo que me rodea. Son Diplomado en Traballo Social e Lincenciado en Antropoloxía Cultural e Social, ademais de Titulado Superior en Arte Dramático. Vinculado dende a miña xuventude ao mundo do teatro e ao activismo cultural, cofundei e presidín varias asociacións culturais relacionadas coa creación escénica. Tentei conxugar o teatro e o activismo social nos barrios nos que vivín. En 2016, tras rematar os meus estudos de Arte Dramático na Escola Superior de Galicia, fundei xunto cun bo amigo unha compañía profesional de teatro para poder seguir falando da nosa sociedade dende un escenario. Antagonista Teatro é un proxecto dirixido a crear debate en torno a cuestións fundamentais dos nosos días. Pasei en Ourense os meus 41 anos de vida. Crieime no barrio dos Rosais, xogando preto das vías, entre os bloques de edificios, onde coñecías a todos os teus veciños. Máis tarde mudeime cos meus pais ao barrio de San Francisco e actualmente resido no de Mariñamansa, dende hai xa 18 anos. Coñezo ben a vida dos barrios e as súas necesidades específicas e sempre tiven en mente ser un axente activo da súa vida. Din un paso adiante no que respecta ao activismo político porque sinto que non podo queixarme do que me parece inxusto si eu mesmo non participo na procura dunha solución a través de tódalas vías posibles.

orenseencomun.gal

Son nai, que entra en continuas contradicións entre o apego e o exercicio profesional; entre os coidados e a política. Diversos papeis, moitos escenarios, unha soa persoa. Nada en Vigo levo máis da metade da miña vida en Ourense do que coñecín outros tempos aos que lembro con nostalxia. Levo anos vivindo no Couto. Noutro tempo, cando estudaba no campus, fun veciña das Lagoas. Arraigada ao Xurés, pola familia, pola beleza, polo rural que nos precisa. Teño a certeza de que outro Ourense é posible. As potencialidades da nosa cidade baséanse na cantidade de recursos propios que ten e que están sendo xestionados incorrectamente, pola falta de coidados, sociais e ambientais. Ourense padece unha crise continua, perpetuada no tempo por políticas que o sumiron no colapso: desigualdade e pobreza, insustentabilidade e quebra. Debemos recuperar Ourense!

Coas metas definidas cara a mediación e a loita pola igualdade, hai un par de anos xa, inicio xunto a tres persoas máis, un proxecto cooperativo de intervención sociocomunitaria que pretende ir máis aló do desempeño da profesión, é unha declaración de principios tanto nos contextos que traballamos como no xeito en que o facemos, apostando por valores de cooperación e non competición, afastadas do individualismo e facilitando o desenvolvemento individual e social. Entendo o feminismo como a ferramenta fundamental que vai mudar unha estrutura política, económica e social que nos agrede e nos escraviza ao servizo do capital, por unha sociedade igualitaria que poña no centro a vida, os coidados, o bon vivir. Así pois, será fundamental que a perspectiva de xénero se dilúa en todas e cada unha das políticas que se leven a cabo dende a administración local, dende o seu deseño, durante a súa execución e ata a súa avaliación. Orgullosa pontina da fornada do 82, nacín e crecín en Ponte Canedo, no seo dunha familia que sementou en min un compromiso social e político que me acompaña en todo o meu desenvolvemento vital. Filla e neta de ferroviarios política e socialmente comprometidos cos que xa dende ben cativa mantiña intensas conversas que foron sementando en min un espírito rebelde e crítico.

7


Contra a corrupción

Sen privilexios

Perspectiva de xénero

Destapamos a corrupción levando perante a xustiza ao alcalde. Freamos o enchufe do Xefe de Persoal, un antigo concelleiro do Partido Popular, e fomos o único grupo en chegar ata o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para destapar unha Relación de Postos de Traballo feita para perpetuar centos de enchufes pasados.

Denunciamos os privilexios mediante a nosa renuncia a aparcamentos reservados, tarxetas ou pases VIP e medallas de prata conmemorativas. Cedendo parte do salario das concelleiras electas á asemblea veciñal que decide a súa finalidade: doazóns, denuncias, axudas sociais…

Introducindo a igualdade e a perspectiva de xénero en todas as iniciativas presentadas, conseguindo feminizar o rueiro nun proceso participativo, introducindo emendas ao Plan Municipal de Equidade de Xénero, destapando e denunciando o desmantelamento da Casa de Acollida de Mulleres Vítimas de Violencia Machista.

Participación Modernizamos o concello reducindo o malgasto dunha tonelada de papel, introducindo novas ferramentas informáticas de xestión, creando unha aplicación de denuncia cidadá, favorecendo a participación veciñal en comisións de control e facendo públicas as súas actas accesibles na web.

Transparencia Fixemos transparente o concello abrindo concursos públicos para a contratación do noso persoal de confianza, obrigando a todos os grupos a facer visible as súas declaracións de bens durante todo o ano, facendo chamamentos constantes a presentar CV para cubrir sen enchufismo os diferentes postos de traballo.

A voz dos colectivos Démoslle voz a decenas de colectivos e movementos sociais: á comunidade educativa do CEIP Seixalbo, ás traballadoras da CRTVG, ao persoal sanitario do CHUOU, ao COAG, ás familias beneficiarias de axudas escolares, á Policía Local e servizos municipais de seguridade cidadá, ao Ateneo, ás familias da plataforma en denfensa dun Centro de Atención a Persoas con Diversidade maiores de 21 anos, a xuventude que reclamaba instalacións para deportes urbanos, a colectivos animalistas, ás veciñas de Reza, Couto, A Ponte, San Francisco, Posío, Peliquín, Beiro…

Compromiso social Traballando sen descanso presentando máis de 140 iniciativas plenarias e alegacións ou emendas a ordenanzas, leis e anteproxectos. Entre moitas unha nova ordenanza de vivendas de emerxencia social que garanta que ningunha persoa que o necesite quede sen alternativa habitacional con todos os subministros garantido.

Mobilidade Constituímos a Mesa Municipal de Mobilidade da que se derivou o proceso participativo Móvete por Ourense. Un proxecto que de implementarse converterá o concello nunha cidade máis verde e mellor onde a prioridade sexan as persoas e non os vehículos motorizados.

Memoria histórica Dignificamos a memoria histórica do concello retirándolle a medalla de honra ao ditador Francisco Franco e as placas franquistas das rúas e edificios da cidade. Conseguindo o nomeamento da futura Praza da República no Campo de Aragón onde foran asasinados máis dun cento de ourensáns e o cambio de nome da praza franquista Alferez Provisional.

Que fixemos 8

Martiño Alcalde


Medidas para recuperar o futuro

Feminismo IMPRIMIR O FEMINISMO NA ACCIÓN POLÍTICA E NA ESTRUTURA DA INSTITUCIÓN MUNICIPAL (non solo nos departamentos, senón no deseño, execución e avaliación das políticas). Baixo unha perspectiva de transversalidade e interseccionalidade de xénero.

Igualdade CASA DE ACOLLIDA. De xestión directa e reformulación do concepto, convertíndoo nun espazo de atención integral ás mulleres vítimas de violencia machista.

Diversidade ACCESIBILIDADE UNIVERSAL. Creación do Consello Municipal de Accesibilidade e Dereitos das Persoas con Discapacidade.

augas e da súa contorna que servirá para crear espazos verdes que contribúan a mellorar a calidade de vida das persoas, aumentando a biodiversidade, mellorando o clima, reducindo o quecemento global e respectando a fauna e flora silvestres.

Residuos RESIDUOS 0. Mediante a recuperación da abandonada planta de compostaxe e a implantación do sistema de recollida porta a porta de todos os biorresiduos no centro da cidade para o seu posterior tratamento en planta de compostaxe.

Benestar animal ANIMAIS CON DEREITOS. Mediante a elaboración participada dunha Ordenanza Municipal de Protección Animal e Convivencia que afonde nas cuestións non explicitadas no actual marco normativo.

Desenvolvemento económico sustentable. ACTIVACIÓN DE SECTORES ESTRATÉXICOS. Mediante un “Pacto Local polo Emprego”, con partida orzamentaria propia e recorrente, enfocado aos colectivos de maior risco dentro da cidade, mulleres, mocidade e maiores de 50 anos.

Termalismo RECUPERACIÓN. Destinar o edificio abandonado no Muíño da Veiga a construír o grande Balneario que Ourense necesita .

Saúde Pública SOIDADES NON DESEXADAS. Creación de redes de apoio e identificación para combater situacións de soidade non desexada e illamento social.

Ben Común, cultura, lingua e Mobilidade SeguridadeCidadá CIDADE PARA AS PERSOAS. Creación do Conseeducación llo Municipal de Mobilidade con partida orzamentaria PLAN AURIA. Un plano estratéxico redactado polos axentes culturais de Ourense. Transparente e auditable no tempo polo Consello Municipal de Cultura.

Sustentabilidade ambiental BARBAÑA E LOÑA. Restauración e preservación dos ecosistemas acuáticos, recuperando a calidade das

orenseencomun.gal

propia para poñer en marcha as medidas de pacificación do tráfico previstas no programa MóveteXOU.

PEMU. Plan Municipal de Emerxencias que contemple medidas de actuación e coordinación de todos os corpos públicos de seguridade ante emerxencias.

Habitabilidade

Cooperación

PXOM. Exposicion pública e aprobación en pleno coa máxima seguridade xurídica.

0,7% dos orzamentos municipais destinados á cooperación ao desenvolvemento e solidariedade internacional.

9


O feminismo mellora a calidade democrática A voz das mulleres vai ser escoitada, as súas demandas e propostas teñen que incorporase en cada área de xestión municipal

O feminismo e a loita pola igualdade de xénero recoñécense neste momento como un elemento chave para o benestar e a construción dun mundo máis xusto. Con todo, en todas as sociedades a estrutura das relacións de xénero que beben do patriarcado xera diferentes oportunidades para mudar esta situación, onde existen privilexiados e oprimidas. Neste sentido, a aposta pola igualdade nas políticas públicas é resultado dun proceso de definición que é importante tratar abertamente tamén dende o Concello. Neste escenario, as políticas públicas non están a responder con eficacia e convértense, en demasiadas ocasións, nunha ferramenta ao servizo do agresor revictimizando ás agredidas.

As políticas públicas non están a responder con eficacia e convértense, en demasiadas ocasións, nunha ferramenta ao servizo do agresor revictimizando ás agredidas Por outra banda, as desigualdades de xénero teñen un carácter estrutural e sistémico, atópanse fortemente enraizadas nos valores e institucións sociais patriarcalizadas. Por iso é polo que se require un

10

cuestionamiento de forma constante, con suficientes recursos e a todos os niveis da acción pública. Neste sentido, resulta imprescindible introducir e aclarar dous conceptos chaves, a transversalidade e a interseccionalidade, ambos refírense ao como, ao xeito en que o feminismo e a perspectiva de xénero deben imprimirse nas políticas públicas. A transversalidade de xénero pasa polo recoñecemento e conciencia de mulleres e homes sobre a situación de discriminación que aínda vivimos as mulleres para que nos discursos, accións e recursos especifíquense programas e proxectos, incorporando ás mulleres como suxeitas con dereitos e non como beneficiarias. A área económica, orzamentaria e fiscal, é outra desas políticas habitualmente neutras ao xénero, reproducindo e agravando as desigualdades entre homes e

A desigualdade de xénero ha de entenderse dentro dun marco de desigualdades múltiples mulleres. A economía feminista traza un camiño para conseguir poñer a vida no centro da construción de cidades máis xustas e equitativas. A interseccionalidade propón que a combinación de desigualdades non é só unha suma, senón que produce experiencias de discriminación e desigualdade

únicas e substancialmente diferentes que deben ser visibilizadas para implementar as condicións necesarias para combatelas. A desigualdade de xénero ha de entenderse dentro dun marco de desigualdades múl-

Queremos desenvolver accións para que as voces de referencia en materia de xénero e desigualdades múltiples sexan escoitadas tiples. A interseccionalidade é unha ferramenta analítica para estudar, entender e responder as maneiras en que o xénero se cruza con outras identidades e como estes cruces contribúen a experiencias únicas de opresión. E propón preguntarse: Que contidos de xénero e interseccionalidade se inclúen? Como participan as mulleres, as organizacións proigualdade, o movemento feminista e os colectivos afectados pola área de intervención? Con que estruturas e recursos institucionais se conta? Queremos desenvolver accións para que as voces de referencia en materia de xénero e desigualdades múltiples sexan escoitadas e incorporadas ao goberno. Abrir espazos para a súa participación como elemento chave para avanzar en igualdade e na calidade da nosa democracia.

Antía Pousa Martiño Alcalde


A educación é a mellor ferramenta contra a violencia Seguridade para todas e por todas. Afastándonos da concepción tradicional de seguridade cidadá

Estamos acostumados a vincular o concepto de seguridade cidadá cos corpos profesionais municipais (bombeiros e policía), pero a verdade é que se trata dunha área de intervención moito máis ampla e que debe ser obxecto de traballo por parte de tódolos cidadáns de Ourense. “Vivir seguros” non significa simplemente atender e respectar a normatividade lexislativa.

cación, o traballo dos corpos profesionais e o apoio persoal.

Solidariedade, participación

No que respecta á educación, a seguridade cidadá construírase desenvolvendo programas encamiñados a formar cidadáns socialmente responsables e dirixidos tanto a escolares como a adultos en temas como seguridade viaria, emerxencias, sexismo, xenofobia ou lgtbifobia. Mediante esta formación poremos en valor outra das ideas fundamentais nas que se fundamentará a nosa proposta de cidade segura, a prevención. A educación é a mellor ferramenta para previr comportamentos insolidarios ou violentos.

transversalidade

e

Ser solidarios supón entender que na nosa cidade existe un amplo colectivo de persoas que necesitan unha especial atención polas súas circunstancias vitais e que somos tódalas ourensás a través do Concello quen pode paliar tales carencias para mellorar as súas condicións de vida. Transversalidade significa entender que son moitos os servizos do Concello os que deben compartir a tarefa de construír unha seguridade efectiva, duradeira e ampla, que acaia ao concepto de saúde bio-psico-social. Para deseñar este traballo conxunto e transversal será fundamental o establecemento de equipos de traballo multidisciplinar formados por traballadoras sociais, educadoras socias, pedagogas, policías, bombeiras, etc. Participación significa que todas as ourensás deben ter ao seu alcance os mecanismos para ser axentes activos na construción dunha cidadá humana e habitable. Será tarefa das traballadoras públicas deseñar estes medios para promover a aportación da cidadanía. O noso programa propón canalizar esta proposta de seguridade a través de tres eixos fundamentais: a edu-

orenseencomun.gal

Tres eixos para construír a nosa seguridade: Educación, corpos profesionais e apoio persoal

Os corpos profesionais de extinción de incendios e policía sufriron durante os derradeiros anos un abandono sen contemplacións que propiciou unha perigosa minoración das súas capacidades. Viven en ambos casos tal penuria de medios humanos e materiais que os seus traballadores non poden xa garantir un axeitado servizo para a cidade. Pola nosa parte, ademais de dotar a estes corpos dos medios necesarios para cumprir coa súa encomenda, debemos ampliala. Debemos reconducir os nosos corpos profesionais cara un traballo diario baseado na pedagoxía cidadá. As visitas aos centros escolares, a elaboración de guías didácticas e o asesoramento aos cidadáns deben ser parte fundamental do seu desempeño. Para isto e para un traballo o máis efectivo posible no campo das emerxencias, debemos dotalos dun programa formativo continuo que nos garanta policías e bombeiras eficaces e eficientes.

Ademais de dotar a estes corpos profesionais de segurirade dos medios necesarios para cumprir coa súa encomenda, debemos ampliala Ourense é unha cidade cunha altísima proporción de persoas maiores de máis de 65 anos vivindo en soidade e con necesidades cotiás que en moitos casos superan a súa autonomía. A administración local non pode asumir unha tutela total sobre estas persoas, pero si pode aportar recursos de apoio ao seu día a día. Esta axuda é hoxe en día unha tarefa irrenunciable por parte dun goberno local que realmente aspire a gobernar unha cidade humana e habitable para todas. Crearemos servizos, por exemplo, de teleasistencia ou asistencia domiciliaria. A través do traballo multidisciplinar, a prevención e a participación, daremos aos nosos veciños unha cidade realmente confortable na que tanto as nosas mozas como as nosas maiores desexen vivir e se sintan participes da elaboración do ben común.

José Vaquero

11


Apostamos por un Ourense ecolóxico e social A ecoloxía política debe ser a solución aos problemas ambientais de Ourense

Actualmente, ninguén dubida da necesidade de preservar o medio ambiente co fin de garantir a calidade de vida das persoas. Máis de 30 anos despois da publicación do Informe Brundtland, titulado «O noso futuro común», no cal se advertía de que a destrución medioambiental constituía unha seria ameaza para a calidade de vida e a saúde humanas, concluímos que os gobernos non se comprometeron debidamente e tomaron o informe como unha mera declaración de intencións. A meirande parte da poboación ourensá reside no centro urbano e, a outra parte, nas denominadas áreas “rur-urbanas” en que o modo de vida é, basicamente, urbano. É innegable o impacto ecolóxico que padece o noso municipio o que conleva á merma da calidade de vida das veciñas e veciños, repercutindo na súa saúde, no seu benestar e na súa economía.

A sustentabilidade non é algo optativo Ourense en Común é coñecedor da situación socioeconómica e ambiental de Ourense. Impulsaremos unha serie de medidas tendentes a un cambio de modelo. Auga: a auga e os seus ecosistemas asociados son bens comúns. Defendemos que deben xestionarse con criterios de solidariedade, sustentabilidade ambiental, cooperación mutua, acceso colectivo, equidade e control democrático, sen que se deban contemplar expectativas de lucro. Agroecoloxía e alimentación: a política alimentaria urbana e periurbana ten unha presenza marxinal en Ourense. De aí que a transición agroecolóxica debe vir

12

acompañada de novas iniciativas produtivas, coordinadas entre a administración local e provincial. Espazos verdes: o reto está en incorporar a sustentabilidade a Ourense, apostando por un novo desenvolvemento urbano, onde os espazos verdes xoguen un papel primordial. Isto tradúcese nun efecto restaurador na vida das persoas mediante procesos de recuperación de zonas abandonadas, mediante a creación de novas zonas verdes, ou a adecuación e limpeza de zonas altamente degradadas. Ecofeminismo: a mirada ecofeminista permite tomar conciencia de oposición e conflito entre o capital e a vida, e pode axudar a reconfigurar a lóxica política e económica que se organizaron como suxeitos preponderantes sen ter en conta factores como a natureza, os recursos – finitos – e os coidados. Residuos: a xeración desbordada de residuos urbanos supón un dos problemas máis acusados aos que se enfrontan as institucións municipais. A xestión do lixo é unha das competencias ambientais de maior impacto no concello e máis susceptible de xestión directa. Benestar animal: considérase que un animal atópase nun estado satisfactorio de benestar cando está san, confortable e ben alimentado. Polo tanto, é necesario promover un cambio social que permita crear un mundo máis xusto e pacÍfico onde os animais tamén sexan tidos en conta. O compromiso institucional para garantir o benestar dos animais é fundamental, sobre todo ante unha sociedade que abandona e maltrata impunemente.

A divulgación da información e unha maior participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións resultan fundamentais para a protección do medio ambiente Participación pública en proxectos medioambientais municipais A participación da cidadanía na toma de decisións públicas que poidan afectar ao conxunto da sociedade, é un principio ineludible nas actuais sociedades democráticas. A participación real do público na adopción desas decisións permítelle expresar a aquel as súas observacións e opinións para que sexan tidas en conta polas autoridades públicas competentes quen deberán promover este dereito. A divulgación da información e unha maior participación dos cidadáns no proceso de toma de decisións resultan fundamentais para a protección do medio ambiente. Este acceso á información é inseparable da participación cidadá na toma das decisións de carácter ambiental.

Montse Valencia Martiño Alcalde


A política educativa e cultural precisa dun plan estratéxico Propoñemos O Plan Auria, que deberá nacer do debate e do consenso e permitir definir un horizonte claro a vinte anos vista

En materia de cultura, a xestión de Belén Iglesias á fronte da área só se pode calificar como desastrosa. A dimisión do concelleiro de Cultura, a desaparición da banda municipal de música, o asasinato do Outono Fotográfico, a aniquilación do festival de cine de Ourense, o escándalo dos maios 2017, a morte da Bela Auria, a polémica coa liberdade de expresión no FIB, o fracaso da Casa da Maxia, a insistencia en cobrar taxas de ocupación de rúa aos colectivos culturais, o abandono ás libreiras, o retraso no pagamento de subvencións, o incumprimento dos acordos do Consello Municipal da Cultura e unhas cantas máis. Tocar ler, en clave de fortaleza, a capacidade de resistencia do tecido cultural ourensán que o achega ao heroísmo, despois de aturar estes catro anos coa concelleira Iglesias á fronte.

Os retos para o periodo 19-23 O primeiro reto é devolver á concellería á normalidade, recuperando os proxectos abandonados ou paralizados. Normalidade que debe partir da posta en valor do equipo de traballadoras e traballadores da casa para, a continuación asumir o principal reto do mandato: O desenvolvemento dun plan estratéxico para a cultura en Ourense. O Plan Auria. Este plan deberá nacer do debate e do consenso e permitir definir un horizonte claro a vinte anos vista.

A cidade educadora Valoramos que as persoas aprendemos ao longo de toda a nosa vida e entendendo que a educación é a base do noso desenvolvemento pleno como persoas. Por iso dotaremos dos medios necesarios para a elaboración do Proxecto Educativo da Cidade de Ourense, actualmente parado. Este proxecto ha de converter Ourense nun espazo educador dando a coñecer a súa

orenseencomun.gal

historia, tradicións, patrimonio e recursos.

O Concello debe asumir o seu papel como axente educativo. Involucrando á cidadanía, conectándoa cos centros de ensino e sacando as aulas á rúa OUeC comprométese con este concepto de aprendizaxe permanente dentro da “cidade educadora” na que o Concello debe asumir o seu papel como axente educativo. Involucrando á cidadanía, conectándoa cos centros de ensino e sacando as aulas á rúa, coordinando e ampliando as actividades, compartindo recursos e enriquecendo os plans de estudo alí onde o currículo oficial non chega. A cidade educadora susténtase sobre valores de ensino público, gratuíto, en galego, laico, coeducativo, inclusivo e de calidade. Valores que teñen que ser transversais en todas as campañas que a concellería desenvolva en colaboración coa comunidade educativa.

Ourense fala galego Ourense é unha cidade historicamente comprometida coa lingua galega. A acción política institucional de Ourense en Común estará orientada desenvolver políticas

normalizadoras no uso da nosa lingua. Desenvolveremos todas aquelas accións que contribúan a asegurar que as xeracións futuras poidan facer un uso normal, en todos os ámbitos, do galego como lingua propia do noso país. Porque apostamos por unha sociedade galegofalante composta por persoas que respecten a multiculturalidade na sociedade galega do século XXI. OueC asume os principios recollidos na Lei Paz Andrade para o achegamento á lingua e cultura portuguesas.

Desenvolveremos todas aquelas accións que contribúan a asegurar que as xeracións futuras poidan facer un uso normal, en todos os ámbitos, do galego como lingua propia do noso país Por iso imos crear o Observatorio da Lingua do Concello de Ourense; unha área como espazo vertebrador onde se poida xestionar a política lingüística municipal de xeito dinámico, integral e participativo. Ademais será un obxectivo específico a busca da maior autofinanciación posible, aproveitando o traballo con outras áreas e aproveitando as axudas europeas a proxectos interrexionais, entre outras accións.

Martiño Ramos

13


O Concello ten a obriga de crear entornos saudables Temos unha responsabilidade ca saúde da poboacion e ca equidade en saúde, ambas cuestións son unha expresión de xustiza social

Tentarei de explicar como a saúde debe ser entendida transversalmente e debe impregnar todas as demáis políticas municipais, pasando a ser considerada un fio conductor ao igual que facemos cas politicas de xénero, debemos incluír a perspectiva da saúde na elaboracion de todas as politicas públicas do Concello. Non descubrimos nada novo cando falamos de incoporar a lente da saúde na planificacion e xestion urbana das politicas e o que se coñece como Saúde en Todas as Políticas.

En que consiste a Saúde en Todas as Politicas? Na súa definicion mais academica, Declaracion de Helsinki 2013, trátase de dar un enfoque político que considera sistemáticamente as consecuencias para a saúde das decisións en todos os sectores, buscando sinerxías e evitando os efectos adversos sobre a saúde das políticas alleas ao sector sanitario para mellorar a saúde da poboación e a equidade sanitaria. A Saúde e en Todas as Políticas é un enfoque colaborativo que busca mellorar a saúde incorporando un obxectivo sanitario á toma de decisións en todos os sectores e áreas da política, tamén na política municipal. É básico entender que a saúde non é so a ausencia de enfermidade, a OMS define a Saúde como un estado completo de benestar físico, mental e social e, polo tanto, non relacionado unicamente ca atención sanitaria ou cos Servizos Sanitarios senon que hai moitos elementos con un impacto significativo na saúde e nas desigualdades na saúde das persoas como poden ser: a contaminacion ambiental, o transporte, os espacios naturais, a alimentacion, a vivenda, a participación na comunidade e o aillamento social, o nivel adquisitivo, o

14

nivel educativo... Todos este determinantes sociais teñen un elevado peso na saúde das persoas e é obligacion dos Concellos telos en conta na elaboracion de calquera política que poida ter repercusión na saúde.

A saúde das persoas polo tanto non é só unha responsabilidade do sector saúde é unha responsabilidade compartida entre moitos responsables e actores politicos.

A Saúde e en Todas as Políticas é un enfoque colaborativo que busca mellorar a saúde incorporando un obxectivo sanitario á toma de decisións en todos os sectores e áreas da política, tamén na política municipal

Recoñecemos, polo tanto desde Ourense en Comun a necesidade de colocar a Saúde como unha prioridade politica con un cambio radical na forma de prestar servizos a traves de dúas estratexias: un enfoque colaborativo entre distintos sectores e a participacion comunitaria. Sabemos da necesidade de actuar sobre os determinantes sociais da saúde como a maneira de mellorar a saúde e a equidade en saúde.

No noso mundo interconectado, a saúde está determinada por moitas forzas poderosas, especialmente debido a cambios demográficos, rápida urbanización, desertizacion, cambio climático e globalización. Mentres algunhas enfermidades están desaparecendo ao mellorar condicións de vida, aínda hai moitas outras ligadas á pobreza ou a educación. Na nosa parte do mundo os estilos de vida e os entornos que habitamos e nos que traballamos están influenciados polo avance non controlado dos mercados e están suxeitos a modelos e patróns de produción de consumo insostible.

Conclúo como comenza a Declaracion de Helsinki 2013 reafirmando o noso compromiso ca equidade en saúde e recoñecendo que poder gozar do máis alto nivel de saúde posible é un dos dereitos fundamentais de todo ser humano sin distincion de raza, relixion, ideoloxia politica ou condicion economica ou social. Os responsables politicos teñen/temos unha responsabilidade ca saúde da poboacion e ca equidade en saúde, ambas cuestións son unha expresión de xustiza social.

Ángeles Faraldo Martiño Alcalde


Urxe activar un plan de emprego para frear a perda de poboación Os plans estratéxicos de desenvolvemento redactados pola Universidade de Vigo serán o manual de instrucións co que afrontar tal grande reto: frear o devalo demográfico de Ourense O rural ourensán afronta un verdadeiro reto de supervivencia. Non é unha hipótese, xa é unha realidade confirmada pola desaparición de 180.000 persoas en case 50 anos. A falta de oportunidades promoveu movementos migratorios campo – cidade sen que Ourense como capital de provincia fóra quen de absorber esa masa de poboación activa en favor doutras cidades como A Coruña ou Vigo. A Enquisa de Poboación Activa indica que Ourense ten os peores indicadores de todo o estado. Se ben a taxa de desemprego na provincia reducíase ata o 13,1%, baixando un 1,1% en relación ao derradeiro trimestre do ano 2018, a motivación desta caída pasaba máis pola perda de poboación activa que pola xeración de novos postos de traballo estables. A análise dos mesmos datos centrados no Concello de Ourense desprende unha tendencia semellante, aínda que moderada polo efecto de capitalidade, cabeceira comarcal e de servizos. A taxa de paro rexistrado na cidade na actualidade (17,40%) sitúase nas mesmas cifras que no ano 2007 (17,49%), deixando atrás as máis de 12000 persoas paradas no noso municipio no ano 2012 (24,61%). Cifras con todo aínda superiores ao 15,7% da anualidade 2006 e anteriores. Unha lectura fría destes datos en porcentaxes podería convidar a pensar que os peores anos da crise económica e financeira foron superados xa. Porén só un de cada dez contratos eran fixos no ano 2017, evidenciando como a ferramenta para recuperar esas cifras foi a precariedade laboral implantada por norma despois da reforma laboral de 2012. Igualmente alarmante é a evolución da propia poboa-

orenseencomun.gal

ción activa no noso municipio. Así é que se ben neste ano 2019 temos a mesma porcentaxe de paro rexistrado que no ano 2007 na actualidade o censo local reduciuse en máis de 2500 persoas.

Ourense ten unhas condicións óptimas para liderar o desenvolvemento do turismo na provincia O desemprego é en todas as enquisas de percepción cidadá a primeira preocupación para a veciñanza de Ourense. Catro de cada 10 persoas consideran que ese é o principal problema ao que ten que facer fronte a cidade segundo datos de Sondaxe. Cifras que aumentan ata case o 60% entre os menores de 30 anos e máis do 52% para aquelas veciñas de entre 30 e 44 anos. Sendo así a mocidade e as mulleres as principais vítimas da crise. Tanto o Patrimonio Cultural como Natural son recursos endóxenos e imposibles de deslocalizar. E nestes termos a Provincia de Ourense acolle no seu interior, e principalmente en ámbitos rurais, un recurso de incalculable valor sexa este científico, histórico, natural, simbólico e porque non tamén económico. Así o avalan entre outros 3 Parques Naturais, 3 Monumentos Naturais, 1 Paisaxe protexido, 2 Espazos Naturais de Interese Local, 2 Reservas da Biosfera, 10 Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais, 78 Bens de Interese

Cultural catalogados, infinidade de celebracións gastronómicas e etnográficas. As administracións locais ou supramunicipais, conscientes desta diagnose, cada día apostan máis pola explotación económica de todo este patrimonio como recurso turístico. As institucións son conscientes xa da oportunidade que supón este sector. Grandes e pequenas administracións, con ou sen capacidade orzamentaria, apoiadas a cotío por fontes de ingresos europeos queren poñer en valor o seu patrimonio sen que exista unha visión integral dos recursos para desenvolver unha oferta completa e sostible a longo prazo. Pois este tipo de turista, ademais de consumir cultura (nun sentido amplo: natureza, monumentos, gastronomía, etc.) durante unha parte do día, demanda outras necesidades como integrarse nunha comunidade viva, interactiva, coñecer e especialmente vivir experiencias únicas en contornas sociais recoñecidas baixo a filosofía denominada como Albergo Diffuso. O Concello de Ourense ten unhas condicións óptimas, por emprazamento, infraestruturas e recursos, para liderar o desenvolvemento deste sector na provincia. Ourense en Común propón decenas de propostas neste eido, pero a principal é atender as recomendacións dos expertos. O anterior goberno tivo gardados nun caixón durante todo o seu mandato dous plans estratéxicos de desenvolvemento redactados pola Universidade de Vigo. Co noso goberno eses plans e os seus redactores serán o manual de instrucións co que afrontar tal grande reto: frear o devalo demográfico de Ourense.

Martiño X. Vázquez

15


U C RE

M E R E P

O OS

Whatsapp | EnvĂ­a ALTA ao 694 474 736 Telegram | www.telegram.me/ourenseencomun Redes sociais | ourenseencomun

OURENSE 26M #recuperemosofuturo

Web | www.ourenseencomun.gal


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.