O sono nocturno

Page 1

O sono nocturno

Gabriel Ambrossio Miguel Lorenzo Peral Arรกnzazu Merodio Franco 1ยบ Bacharelato A


ÍNDICE: 1. Introdución...........................................................................................................1 2. Desenvolvemento.................................................................................................2 3. Conclusión............................................................................................................5 4. Opinión persoal....................................................................................................7 5. Bibliografía...........................................................................................................7


1. INTRODUCIÓN: O sono nocturno é fundamental para unha boa saúde. É un comportamento ancestral e primitivo imprescindible, restaurador, complementario e fisioloxicamente necesario. Durante as etapas da adolescencia o corpo está en proceso de regulación hormonal, polo que é común que o sono se descontrole. Por iso, no desenvolvemento do traballo traballaremos as etapas deste comportamento desde que nacemos, e trataremos as enfermidades máis comúns. En cada enfermidade trataremos as causas e síntomas. Na conclusión indicaremos as terapias máis efectivas e común ante estas. 2. DESENVOLVEMENTO: O reloxo biolóxico é quen de establecer a que hora aumenta e diminúe a propensidade para durmir. Ao activarse, o reloxo biolóxico envía un sinal á glándula pineal (situada xunto ao cerebro) para que esta comece a producción de melatonina. Esta coordina a adaptación das tratantes funcións do organismo para comezar o período do sono. O sono organízase en catro ou cinco ciclos duns 90-120 minutos. A Fase I é a somnolencia, á que se pasa ao sono lixeiro, que constitúe a Fase II. O sono lento ou profundo é a Fase III, e finalmente o sono MOR ou Fase IV. As proporcións aproximadas son dun 5%, 50%, 20% e 25%, respectivamente.

Isto corresponde a un adulto san que dorme entre 5 e 9 horas, pero non durante toda a vida tes as mesmas proporcións. As necesidades do sono varían segundo a idade. Así, un neno recentemente nado dorme case todo o día, cunha proporción próxima ao 50% do sono MOR. Ao longo da lactancia os períodos de vixilia son progresivamente máis prolongados e consolídase o sono de noite.


Entre os 4 ou 5 anos ata a adolescencia os nenos son hipervixiantes. Moi poucos dormen a sesta pero teñen un sono estruturado de 9 horas en cinco ciclos ou máis. Xa na adolescencia reaparece en moitos casos a necesidade de durmir sestas. Isto é debido a que durante a noite non durmimos as 9 horas necesarias. Por que? Durante a adolescencia o ritmo circadiano interno reaxústase e indica ao corpo que se durma máis tarde e que non se levante cedo. Os adolescentes fabricamos a hormona cerebral melatonina máis tarde que os adultos e nenos. Os estados e fases do sono humano defínense segundo os patróns característicos que se observan mediante o electroencefalograma, electrooculagrama e electromiograma de superficie.

A partir desta polisomnografía diagnostícanse os trastornos. Os trastornos do sono son problemas relacionados con durmir. Estes inclúen dificultades para conciliar o sono ou permanecer durmidos, quedar durmido en momentos inapropiados, durmir demasiado e ter condutas anormais durante o sono.


A. HIPERSOMNIO: É unha afección na que os enfermos teñen unha somnolencia diúrna excesiva, o que significa un cansancio constante durante o día. Tamén pode incluír situación nas que a persoa necesita durmir demasiado. As causas desta enfermidade inclúen afeccións médicas como a fibromialxia e baixo funcionamento de tiroides, mononucleose e outras enfermidades virais, narcolepsia ou obesidade. B. SÍNDROME DA APNEA DO SONO: Hai persoas que sofren de maneira repetida pausas de respiración cuxa duración pode ser variable. Teñen maior importancia médica aquelas cuxa duración é superior a 10 segundos. En ocasións poden alcanzar os 60 ou 120 segundos. A aparición deste síndrome débese á existencia dun colapso total ou case total no interior da farinxe. As apneas supoñen un cesamento transitorio da respiración e non deben de confundirse coa parada cardiorrespiratoria, xa que durante estas pausas o corazón segue latexando. Ao cesar a respiración, con frecuencia prodúcese unha caída transitoria nos niveis de osíxeno no sangue. Se as apneas son moi frecuentes, a persoa afectada permanecerá boa parte da noite con concentración de osíxeno no sangue baixas. Unha das consecuencias máis significativas da apnea é a fragmentación do sono: cada vez que se produce unha apnea, o sono finaliza cun alertamento de escasos segundos de duración, inferior ao tempo necesario para lembralo á mañá seguinte. A sucesión de apneas fai que a persoa que os padece se esperte coa sensación de non descansar, aínda que non lembre estes microalertamentos. Adoita sentirse dor de cabeza e sequedade de boca. Ao longo do día séntese cansancio e nótase somnolencia en situacións sedentarias. Aumenta en moitos casos o risco de accidentes de tráfico e laborais. O risco de padecer este cadro aumenta coa idade, alcanzando un valor máximo entre a quinta e a sétima década da vida. A proba esencial para diagnosticar apnea do sono é un estudo mediante a polisomnografía. Require pasar unha noite nun


centro de sono. O esencial non é tanto estudar como se dorme, senón como se respira mentres se dorme. Realízase unha medición do fluxo respiratorio, do esforzo que se fai para respirar e da osixenación da sangue principalmente. Sen esta proba é imposible diagnosticar este síndrome. C. NARCOLEPSIA: É un trastorno de sono de orixe neurolóxico caracterizado por excesiva somnolencia diúrna, acompañada na maioría dos casos de cataplexías (crise de hipotonía muscular). A prevalencia da enfermidade en Europa é dun 3-5 por 10000 habitantes, manifestándose, en xeral, entre a segunda e terceira décadas da vida. Existe un compoñente xenético importante, polo que varios integrantes dunha mesma familia poden verse afectados. Hai unha incidencia de 1-2% en familiares de primeiro grao. Os enfermos de narcolepsia, ade mais da somnolencia e as crises de hipotonía muscular que lles impide en moitos casos levar unha vida normal, teñen alucinacións hipnagóxicas ou hipnopogómicas (percepcións irreais auditivas, visuais ou táctiles), parálise do sono (imposibilidade de movemento antes de quedar durmido ou ao espertarse) e o sono fragmentado. As fases de sono MOR aparecen de maneira prematura. D. INSOMNIO: É o trastorno máis frecuente na poboación xeral. Consiste nunha redución da capacidade para durmir, podendo manifestarse de diversos modos que dan lugar a diferentes tipos de insomnio:  Insomnio de inicio: Problemas para iniciar o sono en menos de 30 minutos.  Insomnio de mantemento: Problemas para manter o sono. Prodúcense espertares nocturnos de máis de 30 minutos de duración, ou espertando definitivamente de maneira precoz conseguindo un tempo total de sono escaso. A falta de sono afecta de modo negativo á vida da persoa que o sofre, provocando deterioro social, ocupacional ou doutras áreas importantes da súa vida. As principais causas do insomnio son a ansiedade, depresión, cefaleas e interupcións do sono pola necesidade urxente de micción, como a próstata.


Este trastorno pode ser transitorio ou crónico. Este último non se desenvolve da noite para a mañá. Practicamente sempre está predecido por un insomnio situacional como resultado de acontecementos vitais estresantes, pero que non consegue mellorar. Pode evolucionar de maneira gradual, de modo que esteamos cada vez máis preocupados polo problema de sono e o seu suposto impacto sobre o funcionamento diario. E. PARASOMNIAS: Son unha categoría que implican movementos anormais e antinaturais, comportamentos, emocións, percepcións e sonos que se producen mentres queda durmido, durante as fases do sono ou na privación do sono. A maioría de parasomnias son estados do sono disociados que presentan espertares parciais durante a transición entre a vixilia e a somnolencia, ou a vixilia e sono MOR. Son máis frecuentes en nenos, aínda que poden persistir ata a idade adulta, na que teñen un maior significado patolóxico. F. SONAMBULISMO: É un trastorno que ocorre cando as persoas realizan unha actividade estando aínda durmidas. O ciclo normal do sono ten etapas, desde a somnolencia leve ata o sono profundo. Durante o MOR, os ollos móvense rápidamente e son máis comúns os sonos vividos. Todas as noites, as persoas pasan por varios ciclos de sono non MOR e sono MOR. Camiñar durmido ocorre con maior frecuencia durante o sono profundo non MOR, nas prmieiras horas da noite. O sonambulismo é máis frecuente en nenos que en adultos maiores. Isto débese a que a medida que as persoas envellecen, teñen menos sono profundo. Este trastorno adoita ser hereditario, aínda que inflúen factores como a ansiedade, o consumo de alcohol ou sedantes, convulsións ou trastornos mentais. 6. CONCLUSIÓN: A orixe dos trastornos do sono nocturno é moi variado. En ocasións aparecen como efecto doutras enfermedades e outras constitúen factores de risco que favorecen á aparición doutras patoloxías. Por isto, o correcto diagnóstico e tratamento destes pacientes necesita un enfoque multidisciplinar.


Por exemplo, no trastorno do insomnio o tratamento levado a cabo de forma xeral inclúe medidas comportamentais, tratamento doutras doenzas concomitantes que poidan precipitar ou agravar o cadro e a recurrencia a medicamentos cando sexa necesario. Un paciente que sofre insomnio debido a unha depresión non ten o mesmo tratamento que se o problema é que está enfermo de obesidade. Un sonámbulo actualmente non ten un tratamento específico. Adoita bastar con comunicarlle que xa rematou a actividade que estaba a facer. Cando se presenta con patoloxías pódese suministrar un tranquilizante. Un paciente de apnea pode chegar á ciruxía. Esta solución implica moitos riscos, polo que antes óptase á presión positiva e continua na vía aérea ou o tratamento binivel, que simplemente é unha presión máis elevada. A narcolepsia agora mesmo presenta un tratamento farmacolóxico específico. Ademais, debe haber unha hixiene do sono, cun horario regular, exercicio físico, redución de bebidas alcohólicas e os fármacos depresores do sistema nervioso central. O problemas principal dos tratamentos farmacolóxicos ante os trastornos do sono son a adicción que crean ao paciente. Por isto, agora mesmo, antes de recurrir aos fármacos, aplícanse técnicas psicolóxicas que axudan a mitigar o estrés previo a durmir, ou pola contra, controlar o cansancio.

Benzodiazepinas, fármaco usado para o trastorno do insomnio.

Un dos actuais fármacos consumidos por universitarios para non durmir, antes recetado aos pacientes con narcolepsia.


7. OPINIÓN PERSOAL: O sono é un proceso fundamental para o bo funcionamento do corpo, e en consecuencia, do transcurso da nosa vida. Os adolescentes adoitamos non durmir as horas necesarias debido ao desaxuste hormonal. Moitas veces, por iso, non lle damos importancia. O problema é cando esta antihixiene do sono perdura ao longo da nosa vida. Enfermidades tan preocupantes como a diabete ou a obesidade teñen como factor importante a falta de sono e o cansancio que isto produce. Por iso mesmo cremos que debemos concienciarnos máis en canto a importancia de ter un horario nocturno no que deixemos descansar ao noso corpo, para que logo non corramos o risco de sufrir insmonio ou narcolepsia, dous trastornos que impiden aos pacientes ter unha vida normal sen recurrir a fármacos. Ademais, é moi soada a controversia destas pastillas. Está comprobado que crean unha enorme dependencia sobre o paciente, o que quere dicir que impiden que poidan alguna vez na sñúa vida recuperar o sono nocturno como un adulto san. No caso de que nos encontremos ante un trastorno como estes ou dubidemos en que podemos sufrilo, é necesario acudir a un especialista, pois co tratamento necesario pódese chegar a solucionalo, sen chegar á farmacoloxía. 8. BIBLIOGRAFÍA: https://www.resmed.com/es-xl/consumer/diagnosis-and-treatment/sleepapnea/sleep-apnea-treatment/sleep-apnea-treatment-options.html https://www.webconsultas.com/mente-y-emociones/trastornosmentales/tratamiento-del-sonambulismo-12175 https://www.cun.es/enfermedadestratamientos/enfermedades/trastornos-sueno https://www.einstein.br/doencas-sintomas/insonia https://www.smarter.com/es/web? o=761456&l=dir&qo=serpSearchTopBox&q=insonia http://www.iis.es/narcolepsia-sintomas-somnolencia-tratamiento-ataquesde-sueno/


https://es.wikipedia.org/wiki/SueĂąo


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.