Impactos ambientais

Page 1

IMPACTOS AMBIENTAIS

María Pérez Luis Sara Rodríguez Manso Lorena Rodríguez González

4º ESO-C


ÍNDICE

1. Introdución.

2. Que son os impactos ambientais?

3. Tipos de contaminación.

4. Tipos de impactos ambientais.

5. Consecuencias.

6. Práctica de laboratorio.

7. Datos obtidos.

8. Conclusión.

9. Bibliografía


1. Introdución:

Escollemos este traballo porque parécenos realmente importante a situación na que está o planeta Terra debido á acción humana, a cal, poderiamos de algún xeito controlar para diminuír os seus efectos negativos no medio ambiente. Así como exemplos do noso entorno podemos citar: contaminación da atmosfera, do solo, da auga… Despois de comentar os tipos de contaminación e de impactos ambientais, así como as consecuencias que ten nas nosas vidas, tamén vos amosaremos o deseño dunha práctica para analizar a vida que hai nunha charca de auga estancada, e como inflúen nela os diferentes tipos de contaminantes.

* Todos nós somos testemuñas da situación da Terra.


2. Que son os impactos ambientais?

Son as alteracións (positivas ou negativas) do medio ambiente xeralmente provocadas por actividades humanas (tamén poden ocasionarse naturalmente). Por exemplo: unha presa, a deforestación, a reforestación, vertidos de residuos… Normalmente estes impactos son de carácter negativo e numerosas veces son causados pola contaminación. Denominamos contaminación a calquera tipo de substancia dentro dun entorno ó cal non pertence; abarcando fundamentalmente o medio ambiente.

*Presa

*Vertido de residuos

*Deforestación debido a un incendio.

3. Tipos de contaminación:


Podemos presenciar distintas clases segundo o lugar no que se dea e o tipo de axente contaminante. Diferenciamos:

● Contaminación atmosférica: Tamén é coñecida como contaminación do aire debido á liberación dunha gran cantidade de substancias que son emanadas ata a atmosfera, conseguindo alterar de diferentes modos a capa protectora do planeta. É provocada polos gases que se liberan nas fábricas, medios de transporte, incendios…

*Fume das fábricas

*Ceo de China

● Contaminación da auga: Ten lugar logo da liberación de residuos xa sexan de lixo ou de vertidos químicos no medio acuático. Por exemplo: vertidos de industrias; emprego de pasticidas, que por medio de regatos e ríos chegan ao mar; vertidos de medios de transporte acuáticos…

*Vertido de petróleo

*Lixo dos humanos

● Contaminación do solo: Xeralmente é causada por calquera tipo de produto químico liberado, xa sexa por derrame ou a través de filtracións. Os compostos químicos que a


producen son por exemplo: os hidrocarburos, as herbicidas, praguicidas, desfeitos de obras…

*Desfeitos de obras

*Uso de pasticidas na agricultura

● Contaminación radioactiva: É causada totalmente pola dispersión de materiais radioactivos (aqueles que ao desintegrarse de forma espontánea xeran radiacións), coma o uranio.

*Barriles con materiais radiactivos

*Uranio

● Contaminación acústica: Esta ten a súa orixe no ruído que provocan todas as actividades humanas, dende as industriais ata as sociais ou de transporte.


*Exceso de tráfico

● Contaminación lumínica: Fai referencia a luz artificial que efectúa un reflexo incandescente no ceo nocturno, xerando unha difusión da luz artificial sobre os gases da atmosfera e as partículas do aire. É provocada por unha intensidade elevada ou de mala calidade.

*Exceso de iluminación nas cidades.

● Contaminación visual: Esta ten a súa causa no abuso dunha serie de elementos clasificados como "non arquitectónicos" o que provoca a alteración da estética e a imaxe do medio ambiente.

4. Tipos de impactos ambientais:


Dacordo coa duración e efectos que producen no medio ambiente, podemos clasificalos en:-

● Directos ou indirectos: O impacto ambiental directo será o que ocasione cambios inmediatos e perceptibles a corto prazo no ecosistema, mentres que o indirecto será o que o afecte colateralmente, sen que se note a primeira vista.

● Temporal ou permanente: O impacto temporal é aquel que no tempo se pode revertir debido á propia natureza o a intervención humana, mentres que o permanente é para sempre.

● Acumulativos ou sinérxicos: Os acumulativos son aqueles que agravan o seu efecto, pouco a pouco, a medida que se van acumulando; non obstante, nos sinérxicos distintos impactos colaboran para xerar un mismo efecto moito maior.

●Actual ou potencial: O impacto actual é aquel que ocorre de inmediato e o potencial podería ocorrer nun futuro se non se toman as medidas preventivas necesarias.

● Local ou diseminado: Isto depende de se o efecto ten lugar nunha pequena rexión (local) ou se se dispersa cara outros ecosistemas (diseminado).

5. Consecuencias:


Como calquera cambio que se leva a cabo na vida cotiá, tamén os impactos ambientais conlevan unha serie de repercusións:

● Destrución do medio ambiente, así como, do entorno natural que nos rodea. ● Efectos nocivos sobre a saúde física e mental. ● Escaseza de auga potable. ● Intensificación da fame e da pobreza. ● Alteración da cadea alimenticia. ● Alteración dos ciclos hidrolóxicos e bioxeoquímicos. ● Debilitamento da capa de ozono, e polo tanto, efecto invernadoiro. ● Desertificación da paisaxe. ● Desequilibrios na natureza. ● Desaparición de moitas especies animais e vexetais, e a posta en perigo de moitas outras.

*Sequía

*Desaparición da capa de ozono

6. Práctica de laboratorio:

*Falta de H2O potable


Para mostrar os impactos ambientais que pode exercer a contaminación no medio ambiente realizamos a seguinte práctica. Nesta simulación comprobaremos se os contaminantes afectan á vida dos seres vivos e á calidade neste caso da auga.

● Material necesario:

-Auga rica en microorganismos (auga estancada).

-Derivado do petróleo (gasolina).

- Ácido clorhídrico (HCl).

- Hidróxido de sodio (Sosa).


-

4 vasos de precipitados.

-Medidor de pH e temperatura.

-Pipeta.

-Microscopio รณptico.

-Portaobxectos e cubreobxectos.

- Contagotas.


● Procedemento:

1. Introducimos 150ml de auga estancada coa axuda da pipeta en cada un dos vasos de precipitados. A continuación, engadimos en cada vaso unha pequena cantidade dun contaminante (excepto nun) e deixámolo actuar durante aproximadamente 15 minutos.

2. Collemos un portaobxectos e co contagotas botamos unha pequena cantidade de auga sen contaminante, cubrímola co cubreobxectos e co microscopio observamos os microorganismos que habitan nese medio.

3. Mentres unha compañeira mide o pH e a temperatura de cada unha das substancias outra investiga xunto co microscopio a cantidade de vida que queda en cada unha das substancias contaminadas.

4. Anotamos os resultados e elaboramos unha conclusión, avaliando o número de microorganismos que queda en cada vaso de precipitados e o tipo.

7. Datos obtidos:


Logo de analizar e de observar todas as cubetas de auga, obtivemos os seguintes datos segundo o tipo de contaminante que tiñan.

Tipo de contaminante

Nivel de pH da auga

Temperatura (ºC)

Sen contaminante

6.6

17.2

Hidróxido sódico

11.8

19.4

Ácido clorhídrico

1.5

17.6

Gasolina

6.3

17

Que é o pH? O pH é a forma na que se expresa a acidez ou a alcalinidade dunha substancia a partir da súa concentración de protóns (ións positivos).

● Na auga sen contaminar puidemos observar unha gran variedade de seres vivos microscópicos coma os seguintes:

*Fragmentos de algas.

*Protozoos


● Non obstante, cando analizamos a auga con cada un dos diferentes contaminantes, comprobamos que a vida que antes presenciáramos agora xa non se aprecia; xa que non atopamos ningún ser vivo e os que puidemos ver non se movían (como podemos ver nas seguintes imaxes), existe a posibilidade de que algúns se desintegraran pola acción de contaminantes coma a sosa cáustica, empregada moitas veces para eliminar os corpos das vítimas en numerosos asasinatos.

*Agora só se observan burbullas

● Os seres vivos non puideron sobrevivir porque o pH apto para a vida é de aproximadamente 7 (pH neutro); polo tanto, non viven na disolución coa gasolina nin co HCl porque o pH é acedo (6,3; 1,5) e tampouco na de NaOH porque o pH é alcalino (11,8).

● Tamén debemos de ter en conta que as variacións da temperaturas en numerosos ecosistemas (feito que actualmente está ligado ao cambio climático) alteran a vida dos seres vivos que nel habitan.


8.Conclusións:

Ao longo deste traballo puidemos observar os diferentes tipos de contaminación e de impactos ambientais que hai no noso planeta (a meirande parte deles provocados polo ser humano). Coa práctica, comprobamos como inflúe a contaminación (neste caso da auga) na vida dos seres vivos acuáticos. Desta forma, queremos mostrar á sociedade que os impactos ambientais causan importantes efectos negativos como os anteriormente vistos (desaparición da biodiversidade da auga estancada).


9. BIBLIOGRAFÍA:

Para realizar o noso traballo empregamos as seguintes fontes:

● https://psicologiaymente.com/miscelanea/tipos-de-contaminacion

https://www.ecologiahoy.com/impacto-ambiental

https://conceptodefinicion.de/ph/

● http://www.semarnat.gob.mx/temas/gestion-ambiental/impactoambiental-y-tipos


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.