Ictus

Page 1

ICTUS


QUE É UN ICTUS? O ictus é un conxunto de enfermidades que afectan os vasos sanguíneos que fornecen o sangue ao cerebro. Este grupo de patoloxías, coñecidas popularmente como embolias, tamén se denominan accidentes cerebrovasculares ( ACV) e maniféstanse subitamente. O ictus é o equivalente a un infarto de corazón, pero no cerebro.


TIPOS DE ICTUS Existen dous tipos principais de ictus: Ictus hemorráxicos ou hemorraxias cerebrais, que se producen cando un vaso sanguíneo ou vea rompe, e os ictus isquémicos ou infartos cerebrais, que ocorren cando unha arteria se obstrúe por un coágulo de sangue. A miúdo, isto orixínase no corazón e desprázase ata o cerebro, onde interrompe o fluxo sanguíneo.


CAUSAS ●

Idade avanzada: Pasados os 55 anos, cada década vivida dobra o risco de padecer un ictus. Isto non quere dicir que as persoas novas non sufran o problema.

Sexo: Prodúcense, máis ou menos a mesma cantidade de ictus nos dous sexos. Con todo, máis da metade das mortes padécenas as mulleres.

Sufrir un ictus recentemente: Unha vez sufrido un accidente cerebrovascular as posibilidades de padecer outro aumentan considerablemente.

Ter a presión sanguínea elevada: A hipertensión arterial é o factor de risco que mellor predice o ictus. De feito, outros riscos dependen deste. Aproximadamente un 70 % dos ictus ocorren por mor da hipertensión. Padecer diabete: A diabete é un factor de risco independente e está relacionada en gran medida coa presión sanguínea elevada. Aínda que a diabete se pode tratar, padecela incrementa o risco de ictus.

Contador de glóbulos vermellos alto: A razón é que os glóbulos vermellos provocan que o sangue se espese, o que pode provocar coágulos máis facilmente.

A estación do ano e o clima: As mortes por ictus ocorren con máis frecuencia con temperaturas extremadamente frías ou calorosas.


SÍNTOMAS En xeral, os ictus son de inicio súbito e de rápido desenvolvemento, e causan unha lesión cerebral en minutos . Con menos frecuencia, un ictus pode ir empeorando ao longo de horas, mesmo durante un ou dous días, a medida que se vai necrosando unha área cada vez maior de tecido cerebral. ●

Confusión repentina, dificultade para falar ou para entender.

Repentina dificultade para andar, mareo, perda de equilibrio ou coordinación.

Problemas repentinos para ver nun ou os dous ollos.

Dor de cabeza repentino sen que se coñeza a causa.

Estilo de comportamento enlentecido, ou polo contrario, acelerado.

Perda de memoria.


CUIDADOS XERAIS DURANTE A HOSPITALIZACIÓN. 1) Posición: Repouso en cama con 30-40º. 2) Cambios posturais: Cambios posturais e colocación de almofadas baixo membros, dado que un problema frecuente dos pacientes con ictus é o desenvolvemento de dolores no corpo. 3) Dieta: Manterase dieta absoluta durante as primeiras 24 horas naqueles casos de ictus extensos ou en progresión.


TRATAMENTO Nos últimos anos realízase a trombolisis nalgúns centros especializados, que consiste en inxectar un medicamento que disolve o coágulo e consegue a restauración das funcións neurolóxicas perdidas durante o ictus. Ten risco de sangrado, polo que os neurólogos deben seleccionar minuciosamente aos pacientes que se beneficiarían deste tratamento, en función da idade, o tempo de evolución do ictus e outras características.

Rehabilitación Outra parte importante do tratamento do ictus é a rehabilitación. É frecuente que, tras algúns ictus, o paciente deba acudir a rehabilitación, en especial se chegou a producirse a morte dalgunha rexión do cerebro. Xeralmente, a rehabilitación debe comezar en canto o paciente está estable. Os pacientes con ictus que non puideron tratarse con trombolisis poden chegar a recuperar a capacidade para comunicarse, para camiñar ou para utilizar o brazo paralizado novamente grazas a unha boa rehabilitación.


PREVENCIÓN Na actualidade, existen tratamentos preventivos eficaces. Varios estudos mostraron un tratamento de prevención primaria como secundaria para os infartos cerebrais. Estes medicamentos reducen as cifras de colesterol e entre os seus efectos beneficiosos destaca o aumento da circulación cerebral e a capacidade neuroprotectora. Tamén se dispón doutras terapias eficaces como os anticoagulantes recomendados para o control da fibrilación auricular en calquera paciente de máis de 75 anos ou con varios factores de risco, os antihipertensivos e os antiagregantes. Como por exemplo: Etastina

Dous tipos de Etastina



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.