Pautas fomento lectura pais

Page 1

oPAUTAS PARA FOMENTAR HÁBITOS LECTORES NOS FILL@S  Entre os 8 e 12 anos créanse moitos hábitos e afeccións, sendo unha idade axeitada para desenvolver un hábito lector que pode consolidarse despois na adolescencia.  A animación á lectura non se consegue coa imposición, senón cun tratamento positivo, obrando indirectamente para propiciar un clima favorable, pois a afección a ler créase en parte por contaxio, tratando de conseguir que o hábito naza dos nen@s e fomentando as condicións favorables.  Na adolescencia a liberdade e a obriga da lectura compleméntanse, para non fomentar só a lectura fácil e os esquemas coñecidos e repetidos, levantando o listón para acercarse a libros con argumentos máis complexos, linguaxes máis elaboradas… que requiren máis concentración e esforzo pola súa parte, deste xeito desenvolveremos a capacidade crítica e o xuízo, necesarios para lecturas obrigatorias tanto no segundo ciclo da ESO como no Bacharelato.  Liñas de actuación para fomentar este hábito lector: 1. Crear un ambiente de lectura na casa.Os pais teñen que ler diante dos seus fillos. 2. Ler libros conxuntamente para poder falar sobre eles ,pois existe unha oferta rica e variada. 3. Converter a tele en aliada lendo, ás veces, libros que son levados ás pantallas. 4. Regalar libros en datas concretas, pero sempre tendo en conta os seus intereses e os seus gustos e afeccións. 5. Acompañar os seus fill@s ás bibliotecas, ou animalos a ir ás actividades culturais e de animación á lectura. 6. Participar na biblioteca do centro como lector, ou a través doutras actividades. 7. Controlar as lecturas obrigatorias, comentando e preguntando sobre elas. 8. Incluír nas saídas a visita a algunha librería animandoo a que escolla algún libro. 9. Respectar os ritmos e o tipo de lector, non se deben impoñer os nosos propios gustos. 10. Fomentar a lectura ó deitarse, aínda que sexa mínima. 11. Cando o hábito está adquirido non deixar que se abandone. 12. NON debemos impacientarnos se vemos que fallan, ó principio ,estas estratexias, pois moitas veces non funcionan á primeira.


Son Tobías, a mascota da biblioteca, encántame leer!!

Estimados pais e nais: Benvidos a nosa biblioteca, un dos lugares máis visitados polos alumn@s. Queremos ofertarvos o servizo de préstamo de libros, CDs e DVDs porque é algo que debe estar a disposición de toda a comunidade escolar. Este curso a biblioteca está tamén ao servizo de toda a xente de Carballiño que desexe facerse soci@. Pensade que si vos ledes, os vosos fill@s tenderán a ler, algo imprescindible para comprender e aprobar as distintas materias. Tamén vos queremos invitar, a través da ANPA, a colaborar nas distintas actividades que se poden facer ó longo do curso, como podedes ver –nos taboleiros e na biblioteca- cada mes celebramos unha data representativa: o mes de novembro estará adicado a loita contra a violencia de xénero, decembro os Dereitos Humanos, xaneiro a Paz….. e así todos os meses. Cada trimestre mercaránse novos libros que saen nun boletín para dalos a coñecer aos usuarios da biblioteca, podendo consultalo na conserxería ou na oficina. Na folla posterior ofertamos pautas lectores para o alumnado, cousa que podemos conseguir entre tod@s. Animádevos a facer o carnet da biblioteca para disfrutar do servizo de préstamo, para iso podedes mandar os datos polos vosos fill@s, ou acercarvos pola biblioteca. Un cordial saúdo Maíta (coordinadora da biblioteca)


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.