Page 1

A VOZ D@S NEN@S Colexio Alborada Curso 2013/2014

PublicaciÓn ANUAL COORDINADA POLO EQUPO DE DINAMIZACIÓN da lingua galega DO CEIP “ALBORADA”


LIMIAR Saúdos para toda a comunidade educativa e demáis lectores e lectoras de “A Voz d@nen@s”. Outro curso máis, estamos aquí cun novo número deste xornal que, como cada ano, sae a luz grazas ao traballo conxunto de alumnado, profesorado e familias. Sen esta colaboración non sería posible a súa publicación. Por iso, dende estas páxinas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, damos as grazas a todos e todas os implicados, polo traballo desenvolvido e que amosaremos ao longo destas páxinas. Un dos obxectivos fundamentais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega é a promoción do noso idioma porque consideramos que é o signo de identidade do noso pobo. Para lévalo adiante, amosaremos algunha das actividades feitas para tal fin. Unha delas, é o proxecto “Contos a carón da lareira”, onde as familias colaboran desinteresadamente relatando contos na nosa lingua, ao alumnado dos Ciclos de Educación infantil e Primaria. Este curso ten como novidade que ampliamos, tamén a cantos ou cantigas, e denominámola “ Cantos e contos a carón da lareira”. Con esta actividade queremos manter viva a tradición oral, tan presente na nosa cultura. Desde estas páxinas queremos dar as grazas as familias colaboradoras e emplazar esta actividade para o vindeiro curso, porque, é a nosa intención darlle continuidade. Tamén nestas páxinas queremos reflectir o labor desenvolvido polo profesorado, fóra do seu labor docente. Desde o Colexio Alborada queremos transmitir valores como o respeto e coidado do medio natural, o respecto ás diferentes culturas e formas de aprender e para isto o profesorado organiza grupos de traballo sobre estas temáticas para reflexionar e formarse. Este curso os grupos xiraron en torno a: Participación noproxecto“Voz Natura.”:coa temática“Recordamos os nosos ríos soterrados.” O río Monelos e o río Mesoiro. Os proxectos de traballo en Educacion Infantil, outra aposta metodolóxica de innovación educativa e as novas tecnoloxías. E non podemos esquecer a festa da exaltación da cultura e das Letras Galegas, que este ano está adicado o poeta de Guitiriz, Xosé María Diaz Castro . Non podía faltar, nestas páxinas, a homenaxe a este autor, figura clave da poesía galega. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega queremos enviar un agarimoso e esperanzador saúdo a toda a comunidade educativa e unir a nosa voz a dos nenos e nenas máis pequenos do colexio, para reivindicar, escola pública de tod@s e para tod@s.

O EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA


Festas e festiñas CELEBRAMOS AS FESTAS POPULARES: O MAGOSTO… Este curso non so comemos castañas. Tamén realizamos xogos populares para celebrar o magosto. Pasámolo de ben…!


E tamen festexamos O samain e…

O Nadal COS REIS MAGOS E…


Cantamos Panxoli単as


Celebramos o dia da Paz e da non violencia

E non podiamos esquecer o antroido, que este ano foi adicado ao mundo labrego


Patacas, pementos, uvas, labregos e espantallos desfilaron polo patio facendo as ledicias das familias que viñeron vernos

Contos a caron da lareira Unha das actividades nas que participan as familias é “contos a carón da lareira”, e das que nos sentimos moi orgullosos porque cada vez a participación das familias é maior. Considerámola unha das actividades de referencia para o fomento da nosa língua. Sabemos do esforzo que fan algúns participantes e, por iso, damos as grazas desde estas páxinas. GRAZAS A TODAS E TODOS : PAIS, NAIS, AVOAS, TÍAS…!!!


.


Grazas familias, por colaborar en “contos e cantos a caron da lareira �!


PREMIOS DE III CONCURSO DE DEBUXO 3 anos As aulas de 3 anos A, B, C, son ganadoras da modalidade de debuxo pola súa composición reivindicativa da escola pública.

4 anos Os rapaciños e rapaciñas de 4 anos son os premiados na modalidade de debuxo pola súa composición sobre a primavera: bolboretas, paxariños e flores dan a benvida a primavera.


5 anos a, b, c e d


Premios do 1º ciclo

1º curso Gabriel Freire, de 1º A, foi o premiado polo seu retrato de Xosé Mª Díaz Castro

2º curso Resultou premiado Anthony de 2º A polo seu debuxo, onde plasma as pistas deportivas do colexio.

Premios do 2º ciclo


Premios do 2ยบ ciclo 3ยบ curso

Noa de 3ยบ A, foi a premiada

Premio de 4ยบ

/


Premios de 5º curso

O premio desta curso foi para Nerea

6º curso Carolina Núñez Tasende foi a agraciada co premio de debuxo de 6º curso

PREMIOS DO III CONCURSO DE RELATO CURTO


PREMIOS DO IIi CONCURSO DE narrativa Premio de 2º curso A gañadora foi lucía de 2º A, por este contiño.

Premio de 3º curso O premio foi para Jorge, de 3º A


Premio de 4ยบ curso Foi para Alejandra Landaeta de 4ยบA


PREMIOS DO III CONCURSO DE poesia 1º CICLO DE PRIMARIA Rima, rimando cos nomes, rimando… Os premiados de 1º nivel son as dúas aulas polos pareados cos seus nomes:

1º A


1ยบ B


Premio de 2º curso Pablo Ramos García, de 2º B, é o premiado do 2º nivel, por esta composición sobre a primavera.

Premio de 3º curso Silvia, é a premiada deste nivel


Premio de 4º curso Alba de 4º foi a gañadora.

5º curso De autoría colectiva ( Brais,Martín, David, Teresa e Borja), este poema foi o galardonado co premio de 6º

6º curso A premiada foi Ana Cristina Cara més Rodriguez.


Premios de banda deseñada Premio de 3º curso O premio é para Antía Mayán García de 3ºB

traballos dos diferentes cursos


os proxectos de traballo de E. infantil Os pequerrechos e as pequerrechas de 5 anos fixeron moitos proxectos de traballo. VelaĂ­ unha mostra.


O traballo por proxectos é outra aposta metodolóxica, na que se investiga sobre determinados temas, partindo dos coñecementos previos ata chegar o que quereremos saber e aprender. Os nenos e nenas de Educación Infantil traballaron proxectos, nos que investigaron sobre determinados temas nos que estaban interesados,tales como o universo, os diversos paises do mundo, a arte a través de diferentes pintores e moitos temas máis.


2ยบ curso visita a biblioteca Gonzalez Garces


Falemos A nosa lingua !


Programa voz Natura No presente curso participamos na XVII edición do PROGRAMA VOZ NATURA que se titulou “Ríos e praias en boas mans” e que tivo como finalidade o estudio e coidado da contorna e a biodiversidade das nosas costas e sistemas fluviales. O título do noso proxecto para este curso foi: “RECORDAMOS OS NOSOS RÍOS SOTERRADOS BAIXO O ASFALTO”. A cidade de A Coruña non dispón de grandes ríos pero si, de pequenos cursos de auga que cruzaban historicamente a nosa cidade. O río Mesoiro e o río Monelos formaban parte esencial da vida e da cultura dos nosos barrios. A construción da Avenida Alfonso Molina a mediados dos anos cincuenta e máis tarde as edificacións, rúas e barrios que nos rodean, supuxeron a CANALIZACIÓN destes ríos que discurren por debaixo dos nosos barrios, soterrados baixo o asfalto. O que pretendimos con este proxecto foi: ensinar aos nosos alumnos e alumnas o coñecemento e estudio da existencia destes ríos e traer a memoria dos nosos maiores o recordo destes regatos onde de pequenos xogaban e lavaban a súa roupa. Dentro deste proxecto levamos a cabo moitas actividades cos nenos e nenas dentro e fora da aula (unha presentación informativa, manualidades con materiais de refugallo, poesías ao río Monelos, estudio dos ríos, visita aos regatos que todavía discurren, etc…) tamen preparamos unha exposición de fotos antigas que nos recordan a existencia destes ríos. Para facer esta exposición pedimos a axuda de todas as familias que poidesen aportar algunha foto da súa xuventude (sobre todo os avós e as avoas) onde se puidaeran ver o río Mesoiro ou o río Monelos. Dita exposición estivo aberta ao público durante o mes de maio, para que todo o que quixera visitala puidese facelo polas tardes fora do horario escolar.


DIA DAS LETRAS GALEGAS 2014, ANO de xose maria diaz castro Xosé María Díaz Castro naceu nos Vilares de Parga-Guitiriz no ano 1914. De orixe labrega, ingresou no Seminario de Mondoñedo aos dezasete anos, mais abandonou a formación eclesiástica en 1936 para se dedicar ao ensino privado en Vilagarcía de Arousa. Cursou a carreira de Filosofía e Letras na especialidade de linguas modernas e en 1948, unha vez licenciado, marchou a Madrid, onde residiu a maior parte da súa vida, para traballar como tradutor en diferentes institucións oficiais e editoras. En 1961, quince anos despois de lle ser premiada a composición Nascida dun sono nun certame en Betanzos, viu a luz o seu único libro, Nimbos, que o convertiu nunha das voces poéticas máis destacadas das letras galegas do século XX. O universo lírico de Díaz Castro xira á volta do ser humano, o amor, a vida, a morte e o tempo. Tamén encontran espazo na súa escrita a relixiosidade e a preocupación por Galiza; por veces, recorre á paisaxe dunha maneira simbólica para introducir a súa visión da realidade do pais. Tras unha vida entregada á investigación, ao ensino e á tradución, o poeta lugués faleceu en Lugo en 1989. O seu poema Penélope é unha definición lírica de Galicia, unha das máis fermosa da poesía galega.

Penelope Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A esperanza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron, Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén ¡Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados coma sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡Un paso adiante e outro atrás, Galiza!


Despedimos a 6Âş curso que comeza unha nova etapa na sua vida estudiantil

Non esquezades os valores aprendidos neste colexio: a amizade, a tolerancia, o respeto AOS DEMAIS, A COOPERACION, o esforzo, a responsabilidade‌

SORTE, rapazas e rapaces !

Revista 2014  
Read more
Read more
Similar to
Popular now
Just for you