Renacemento

Page 1

O Renacemento


Por Renacemento coñécese un período das historia do arte que comprende os séculos XV e XVI. Utilízase este termo porque os artistas de esta época fixeron “renacer” o interese pola antigüidade grecorromana. En tódalas cidades importantes fixéronse edificios que imitaban templos gregos e romanos. As casas das persoas mais importantes estaban decoradas con luminosas pinturas e asombrosas esculturas. É común atopar xente culta que practica a música como algo natural e cotiá, como é o caso dos artistas da talla de Leonardo da Vinci. 


A

música nas escolas inglesa e flamenca A primeira gran escola musical, acontece en Inglaterra no século XV. Os seus músicos con John Dunstable como mais importante, buscaban as harmonías máis suaves e dulces angelic sweetness (dulzura anxelical). A influencia sobre a escola flamenca foi moi notable.


A expresión “Flamenca” neste caso, non ten que ver co folclore andaluz; refírese a rexión de Flandes en Bélxica, onde floreceu, durante o século XV, unha importante escola de compositores que renovaron o modo de facer música. A súa polifonía era moito mais suave e transparente que toda aquela que se oracticaba con anterioridade, incluso que a da Ars Nova. Algúns compositores importantes foron Guillaume Dufay (1400-1474), Josquin des Pres (1450-1521) e do século XVI Orlando di Lasso.


Josquin Des Prez

Guillaume Dufay

Orlando di Lasso


 Principais

características da polifonía renacentista: • Composicións a varias voces, normalmente a 4

voces • Empregase a imitación: unhas voces repiten ou imitan ás outras • Equilibrio entre as voces: ningunha destaca ou é mais importante que as demais.


A escola Italiana Dende o Concilio de Trento, a igrexa católica desexaba facer fronte as ideas dos protestantes, polo que solicita os compositores que a música relixiosa sexa moi clara e que, aínda que sempre en latín, o texto fora ben entendido. 

En Italia atópanse algúns dos centros musicais mais importantes, e alí viaxan case tódolos músicos europeos que poden. Así, en Roma, compositores como Giovanni Pierluigi da Palestrina (1525-1594), Orlando di Lasso ou o español Tomás Luis de Victoria (1545-1611) compoñen exemplos das mais perfectas obras de polifonía relixiosa.

En Venecia foron famosos Andrea Gabrielli e Giovanni Gabrielli


Palestrina

T. L. de Victoria


O

Renacemento en España No século XV, é mais forte a influencia de compositores flamencos na música relixiosa española, xa que o emperador Carlos V, naceu en Flandes e trouxo consigo algúns dos mellores músicos daquelas terras. O xa citado Tomás Luis de Victoria hai que engadir Cristóbal de Morales y Francisco Guerrero. No obstante, é na música profana onde España, aporta repertorio mais orixinal: villancicos vocais, tientos, fantasías instrumentais, etc...


 Partitura

época

de la


A importancia dos instrumentos Ata o de agora os instrumentos musicais empregábanse para acompañar o canto (lémbrate dos trovadores) ou para reforzar as voces, tocando as mesmas melodías que estas. No renacemento comeza a empregarse dunha nova maneiras. No comezo, serán meros acompañantes da voz, para pasar mais tarde a interpretar a “solo”, con teclados, laude ou vihuela, as voces das composicións corais. Xorden así hábiles instrumentistas que deciden crear música expresamente para o instrumento que tocan. Componse principalmente para instrumentos polifónicos: laude, vihuela,etc... Son numerosos os laudistas en Inglaterra e Alemaña e os vihuelistas e organistas en España; e nace unha importante escola de virxinalistas en Inglaterra. Créanse danzas e libros que divulgan a práctica instrumental. 


• Virginal

Vihuela


 As

principais formas musicais Atopamos dous ámbitos para analizar as formas: a música profana e a relixiosa. - Música profana - Vocal - Madrigal: maioritariamente de carácter descritivo sobre un poema de coidado refinamento - Chanson: peza cultivada en ambientes franco-flamencos - Villancico: non ten porque tratar sobre a nadal, é característico de España. - Instrumental - Fantasía: peza de carácter libre - Danzas: pavana, zarabanda, gallarda, etc...


 Música

relixiosa

• Motete e misa dentro da igrexa católica • Salmos e corais dentro da igrexa protestante


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.