REVISTA DON CUCO 2020

Page 1

Nº 28

CEIP PLURILÍNGÜE SAN BARTOLOMÉ TREMOEDO VILANOVA DE AROUSA


Ola cuquiños e cuquiñas: Todos os días usamos os medios de comunicación nos nosos fogares. Por iso, o profesorado considera importante que a escola estea ao día cos “medios” que existen e formar ao alumnado no coñecemento dos mesmos. Vivimos unha época, na que os novos medios de comunicación permítenos estar conectados con todo o mundo, e transmitir e recibir noticias no momento en que están sucedendo. Con tal cantidade de información dispoñible, consideramos necesario formar ao noso alumnado para que, co tempo, poida diferenciar a que é falsa da veraz, intentando conseguir que as alumnas e os alumnos sexan máis críticos e menos manipulables. Esta é a razón de que o proxecto deste curso, tivera como eixe central “Os medios de comunicación”, que foi abordado polos diferentes niveis de xeito diverso: exposicións orais, podcast, vídeos…, sendo a nova aula de Radio Escolar un lugar fundamental para que se realizaran os mesmos. Pero ademáis, este curso vivimos unha situación insólita. A pandemia provocada pola COVID 19, fixo que tivesemos que abandoar o cole o 12 de marzo e confinarnos nas nosas casas. Durante o confinamento, puidemos comprobar o papel tan importante que teñen os medios de comunicación. Gracias a eles, non só puidemos continuar o curso de forma telemática e comunicarnos co profesorado, tamén a TV, radio e internet nos animaron e fixeron que tantas horas que pasamos na casa foran máis divertidas. Ademáis, gracias a eles puidemos oír e ver a familiares e amigos aos que non podíamos visitar. En definitiva, fixeron posible seguir en contacto na distancia con aqueles que máis queremos. Desexando volver a vervos en setembro, lede moito, escoitade a radio, ide ao cine se é posible, informádevos e, sobre todo… COIDÁDEVOS MOITO E PASADE UN BO VERÁN!!!


Este 3º trimestre pasámolo confinados na casa por mor da pandemia pola COVID 19. Esperamos voltar á “normalidade” en setembro. Moito ánimo ás familias!!

Despídense de nós @s profes: Marga, Vanessa, Ana, Noela e Ramón. Desexámoslles moita sorte a Vanessa no seu novo destino e aos demáis esperamos velos axiña!!

O noso agradecemento para o escritor Antonio García Teijeiro pola súa estupenda sesión de animación á lectura que nos ofreceu na biblioteca.

Contamos este curso coa axuda da auxiliar de conversa Alicia Ortiz, unha hawaiana tola polo “polbo á feira”. Esperamos verte de novo o vindeiro curso!!

Chegou a TVG a Tremoedo, onde os nen@s de 1º e 2º participamos na gravación do programa “Brauliotuber” presentado polo bolecha Braulio.

Tivemos a sorte de recibir este curso no cole a visita da Conselleira de Educación Carmen Pomar, onde puido comprobar o bo facer de toda a comunidade educativa. Parece que marchou encantada coa visita!!

Dámoslle a benvida ao centro como orientadora definitiva á profe Loli. Moitas felicidades!!

Agradecemos a tod@s os voluntari@s de 5º e 6º a súa participación no servizo de “mediación escolar” e a súa implicación na mellora da convivencia no centro.

Os chanzos das escaleiras do cole quedaron moi coloridos con mensaxes motivadoras nas 4 linguas utilizadas no centro e coas táboas de multiplicar para que non se esquezan.

Despois de toda unha vida adicada ao ensino, xubílase o profe Manolo. Desexámoslle que disfrute moito nesta nova etapa da súa vida que a ten ben merecida. Gran profesional e unha gran persoa!! Botarémolo moitísimo de menos!!



PLANTANDO NARCISOS Os nenos e nenas de infantil convertémonos en xardineiros con esta actividade que se enmarca dentro do programa Voz Natura. Para plantar os nosos narcisos utilizamos material de refugallo a modo de testos: uns pneumáticos pintados de diferentes cores. Despois enchémolos de terra coa axuda das palas, botamos as sementes, tapámolas ben e regamos con auga para que medrasen. Pasámolo en grande!


Coa chegada do bo tempo achegรกmonos ao invernadoiro para plantar amorodos. Aos nen@as encรกntalles plantalos, coidalos e, por suposto, comelos. Un xeito diferente de ensinarlle valores como a responsabilidade e o coidado da natureza.

Agora toca esperar a que medren!!!


Durante o segundo trimestre o alumnado de Educación Infantil gozou cun importante proxecto titulado "Benvidos ao circo". Este proxecto aproximou aos nenos e nenas a "Os pallasos da tele", eses personaxes tan divertidos que marcaron a infancia de varias xeracións. Gaby, Fofó e Miliki deleitáronnos de novo con cancións tan divertidas como "En el auto de papá" ou "Había una vez un circo". Tanto nos gustou que contaxiamos a maxia do circo a todo o centro, sendo esta temática a elixida para celebrar o Entroido.


Rematamos infantil

Como non nos puidemos despedir como me gustarĂ­a, desĂŠxovos o mellor

A dos comezos o vindeiro curso. Botaremos de menos os vosos sorrisos.








PERIODISTAS E REPORTEIROS DE 3º EP Este curso o noso PDI titúlase: “Os medios de comunicación: Radio Chans” e como actividade de motivación, o alumnado de 3º e 4º visitamos as instalacións do Diario de Arousa. Alí ensináronnos o funcionamento interno e o proceso básico para a elaboración de noticias ademais do arquivo fotográfico, dixital e en papel entre outras cousas. Resultou unha visita moi interesante xa que se trata dunha experiencia nova para todos nós, que nos permitiu saber un pouco máis sobre a elaboración dun xornal.


Os periodistas e reporteiros de 3º atrévense cunha entrevista para “O Faro da Escola” á campioa de España de esgrima, a cambadesa Araceli Bugallo. Aínda que xa non está no noso centro, ela é ben coñecida por todos no CEIP Plurilingüe San Bartolomé: “a profe Araceli”.

Ademais puxémonos a traballar para gravar no 3ª trimestre un podcast en “Radio Chans” para dar a coñecer a toda a comunidade os beneficios das plantas medicinais e aromáticas. Comezamos buscando información das plantas que podemos atopar na nosa contorna e coñecer así as súas propiedades para a saúde de todos. O mural no que se mostra o noso traballo pódese ver no Centro e tamén nas redes sociais como Instagram. Para completar a nosa búsqueda, conseguimos ter no noso “xardín de aula” un exemplar de cada unha delas: aloe vera, herba luisa, macela, menta, lavanda… ás que coidamos con moito agarimo!!

Esperamos que vos sexan útiles para curar as vosas doenzas!!



Este curso os alumnos de 4º investigamos na prensa escrita sobre os plásticos e a súa presencia nas nosas vidas.

Primeiro fixemos un traballo de campo, analizando na nosa casa a cantidade de lixo que xeramos nunha semana. De media unha familia de catro persoas produce dúas bolsas de residuos plásticos nese tempo, sendo os bricks de leite e os envases de comida elaborada os máis comúns. Ademáis hai que engadir os botes de deterxente, xel de ducha, aceite... Despois buscamos noticias nos xornais relacionados con este tema para tomar conciencia do problema e como nos afecta. Sabiades que os plásticos poden chegar a tardar en biodegradarse entre 150 e 1000 anos? Ademais tamén descubrimos que son os microplásticos e que están presentes nos organismos de moitos animais mariños e mesmo nos nosos propios corpos. Isto nos fixo poñernos mans á obra e buscar alternativas para sustituir o plástico na nosa vida. Aprendimos a facer Kefir para sustituir os envases de iogur polos de cristal. E ademais é moi sano, rico e natural! Tamén reutilizamos os envases de plástico que tiñamos na casa para darlles outros usos: maceteiros, lapiceiros...

Para rematar o proxecto recollimos as nosas conclusións nuns murais que fixemos nas nosas casas durante o confinamento. Agora que xa sabedes un pouquiño máis sobre o problema, esperamos que nos axudedes nesta loita. Xuntos podemos!


Lavamos as mans con frecuencia

Usamos mascarilla

Tusimos e esbirramos no interior do cóbado

E mantemos a distancia social en espazos públicos: no colexio, na rúa... Tamén cando vaiamos a cafeterías, supermercados... Sslkdjjf



CHARLA SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO NAS COSTAS GALEGAS O pasado 13 de febreiro recibimos no noso cole a visita de Toni Padín, oceanógrafo, químico e investigador do CSIC que nos falou sobre o cambio climático na costa galega e sobre as consecuencias que ten para as nosas rías. O CSIC é o Consello Superior de Investigacións Científicas, un organismo estatal que se adica á investigación e ten varios centros en toda España. Estes centros están especializados en diferentes temáticas.

Toni contounos que no de Vigo adicábanse ao estudo dos ecosistemas mariños, enfermidades de organismos acuáticos e problemas medioambientales. Neste instituto traballan conxuntamente todo tipo de profesionais da rama científica: químicos, físicos, matemáticos, biólogos… Explicounos tamén a importancia e a riqueza da flora e da fauna das Rías Galegas, que se debe fundamentalmente á gran cantidade de fitoplancton que conteñen estas augas.


As rías están a ser alteradas pola contaminación. Proba disto son os numerosos “síntomas” que amosan: o aumento da temperatura das augas, a presenza de especies invasoras que veñen a eliminar ás autóctonas, a diminución dos ventos do norte ou o incremento das mareas vermellas son algún deles. Debemos recordar que esto ten un gran impacto económico para a nosa comarca, tanto no sector pesqueiro coma no marisqueiro. O traballo de Toni consiste no estudo detallado das causas desta contaminación para tratar de paliar esta situación. Casi un tercio das emisións de dióxido de carbono que botamos á atmosfera acaban no mar, incrementando deste xeito o efecto invernadoiro.

Para nós non era un tema descoñecido, xa que son moitas as iniciativas que se teñen posto en marcha desde o noso colexio para coidar o medio ambiente. Somos cada vez máis conscientes de que o máis eficaz é empezar por pequenos esforzos a nivel persoal como o aforro enerxético ou a reciclaxe do lixo. Esta charla está enmarcada dentro do proxecto Faro da Escola e ten como obxectivo acercar a ciencia ás aulas, propósito que Toni conseguíu porque foi unha charla moi interesante e participativa.

A verdade é que nunca tiveramos un científico no cole e pareceunos unha persoa moi cercana e divertida. A charla rematou cunha entrevista na nosa recén estreada Radio Escolar.

5º CURSO






EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA Os escolares de Tremoedo artellaron mil xeitos de seguir realizando actividade física pese ao confinamento. Os primeiros días vimos como os telexornais e redes sociais como whatsapp, facebook, twitter, instagram ou tik tok se enchían de propostas, actividades e retos que se podían facer tanto en espazos pequenos como pisos ou noutros algo máis grandes como unha casa con xardín. Dende a área de educación física (EF) recollemos algunhas das propostas máis interesantes e fixemos un compendio de xogos e actividades que os nosos rapaces e rapazas podían realizar nas súas casas. Pouco a pouco foron chegando fotos e vídeos dese proceso de transformación da EF na escola á EF na casa. Isto, non foi máis que o xermolo para desenvolver un concurso de talentos. As formas de participación dos nenos e nenas da escola foron variadas: -

-

Explicando como fabricar xogos ou xoguetes con material de refugallo. Realizando bailes e coreografías. Realizando circuítos de habilidades motrices, coordinación e equilibrio. Practicando xogos populares coma bolos, trompos, zancos ou canicas. Practicando actividades deportivas como patinaxe, natación ou ciclismo entre outras. Propoñendo retos físicos ou de habilidades.

Esta última modalidade foi a que máis gustou entre o alumnado. Consistía en que un neno ou nena da escola desafiase aos demais explicando e mostrando nun vídeo un reto a conseguir.


UN CURSO DE EF EN IMAXES Este curso fixemos unha morea de actividades. En canto ás deportivas destacamos o cross escolar celebrado no concello de Portas e as xornadas de deporte escolar con outros centros da comarca.

Con respecto aos xogos populares e tradicionais, contamos na escola cos xogos prestados polo concello de O Grove e ademais desenvolvemos unha unidade didáctica que tivo o seu colofón na conmemoración do día do Trompo e a celebración do Magosto.

Por último e non menos importante, destacaremos que o alumnado de 4º, 5º e 6º formouse en técnicas de reanimación cardiopulmonar (RCP) e primeiros auxilios. Para elo contamos coa colaboración da Cruz Vermella, á cal lle damos ás grazas dende esta humilde publicación. Para o curso que ven máis e mellor.



A RELAXACION O alumnado de Educación Infantil traballou a relaxación a través da música e coa axuda dos compañeiros. Ter unha actitude tranquila é un paso previo imprescindible para a concentración.

O NOSO CORPO EN MOVEMENTO Ao longo do curso todas as clases practicaron a coordinación dos movementos do corpo e executaron danzas de diferentes estilos.


A NOSA VOZ,: O PRIMEIRO INSTRUMENTO QUE TEMOS Fixéronse moitas interpretacións de pezas vocais de diferentes estilos. Aquí podemos ver, por un lado, ao alumnado de 3º e 4º cantando unha canción sobre a paz e, polo outro, aos nenos e nenas de 1º a 4º coa canción que se compuxo sobre un poema de Antonio García Teijeiro para cantarlle na súa visita e que comezaba: “Baila o vento coas nubes…”.

Estes nenos aventúranse cunha multitude de retos que se lle propoñan. Aquí mesmo se atreveron cun rap. Facíano xenial!


OS MAIOS Este ano, por mor do estado de alarma, os maios celebrรกronse desde a casa e o alumnado de 5ยบ e 6ยบ foi o encargado de amenizar a celebraciรณn coas coplas que crearon desde os seus fogares.


INSTRUMENTOS YOURSELF”

“DO

IT

Encántanos tocar os instrumentos musicais como os que hai na aula ou os que podamos ter na casa. Pero cando interpretamos un instrumento feito coas nosas mans… iso xa é outra cousa, un sénteo como algo moi especial. Nesta ocasión, o alumnado creou tambores con botes de lata e flautas con palliñas reutilizando materiais de refugallo.



PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜÍSTICA- ENGLISH

WEEK

O alumnado de 6º curso participou no programa da Consellería, o pasado mes de outubro Os nenos e nenas de 6º curso, acompañados da mestra de inglés, viaxaron ata Os Peares para participar, durante una semana, no Programa de inmersión lingüística, que consistíu nunhas xornadas de convivencia con alumnado doutros centros de toda Galicia, durante a cal participaron en distintas actividades, guiados por profesorado nativo, onde co emprego do inglés como lingua de comunicación , participaron en proxectos, talleres, exposicións, xogos, andainas, concursos,… e ata sesión “disco” na xornada de despedida. A temática principal foi o coidado do medio ambiente e a reciclaxe, rodeados dun entorno natural á beira do río Sil.

REDUCE-REUSE-RECYCLE


Language assistant 2019-2020: Alicia Ortiz (Hawaii) Este curso, a nosa auxiliar de conversa ven dende Hawaii. Ao nomear este lugar pensamos no paraíso, praias de área branca e música de fondo! Por iso, decidimos facer unha entrevista para a nosa radio Chans e preguntarlle sobre o lugar onde vive. Contounos cousas moi curiosas sobre as praias, volcáns ou comidas típicas. O entrevistador nesta ocasión foi Eloy, coa axuda de Ana no control de son. Aquí vos deixamos a entrevista completa, traducida tamén ao galego, pero se a queredes escoitar na radio, podedes facelo en ivoox no seguinte enlace: https://www.ivoox.com/entrevista-alicia-ortiz-auxiliar-conversa-audiosmp3_rf_50999224_1.html -Eloy: What is the traditional food of Hawaii? (cal é a comida tradicional de Hawaii?)

-Alicia:: The traditional food of Hawaii is a dish called Loco Moco. It is a dish with rice on the bottom, a meat patty in the middle covered with gravy and a fried egg on top. It is delicious! (A comida tradicional de Hawaii é un prato chamado Loco Moco. É un prato con arroz na base, carne picada no medio, cuberta con salsa e un ovo fritido na cima. É delicioso!) ∞

Loco Moco

-Eloy: Where do you think is the best beach of Hawaii? (Onde crees que está a mellor praia de Hawaii?) - Alicia: I think the best beach is on the island of Maui where I live. It is called Ho’okipa Beach. It is the best beach for surfers and to watch the Sea Turtles resting on the sand. (Creo que a mellor praia está na illa de Maui, onde eu vivo. Chámase Praia Ho’okipa. É a mellor Praia para os surfistas e para ver as tartarugas mariñas descansando na area) ∞

Ho’okipa Beach (Maui)

-Eloy: What are the names of the Volcanos in Hawaii? (Cales son os nomes dos volcáns de Hawaii?)

-Alicia: There is a Volcano on Maui called Haleakala (House of the Sun) and one on Big Island called Mauna Kea (White Mountain). They are considered Spiritual sites for the Hawaiian people. ( Hai un volcán en Maui chamado Haleakala (Casa do sol) e un en Big Island (Illa Grande) chamado Mauna Kea. Son considerados lugares espirituais para os hawaianos) Haleakala (Maui) ∞

-Eloy: Are there castles in Hawaii? (Hai castelos en Hawaii?) -Alicia: There are no castles in Hawaii but there is a Royal Palace called the ‘Lolani Palace. It was the home of Native Hawaiian King Kamehameha III. It is located on the Island of Oahu in the famous City of Honolulu. (Non hai castelos en Hawaii, pero hai un Palacio Real chamado ‘Lolani Palace. Era o fogar do rei nativo hawaiano Kamehameha III. Atópase na illa de Oahu, na famosa cidade de Honolulu) ‘Lolani Palace (Honolulu)





NOVOS VOLUNTARIOS O curso comezou coa selección dos novos voluntarios por medio da revisión dos seus currículos e da realización de entrevistas. Logo, procederon á firma dos contratos e á formación. Este ano contamos con: Noelia, Sofía, Valery, Marcos, Celia, Aida, Miguel e Natalia. Por suposto, tivemos a colaboración dos veteranos de 6º.

APERTURA DA BIBLIOTECA Coa apertura da biblioteca Mouchán agasallou aos seus fieis usuarios cunha sorpresiña. Os voluntarios da biblioteca foron os encargados de explicar o funcionamento e resolver as súas dúbidas.


ESTREAMOS RADIO ESCOLAR O noso centro foi seleccionado para

incorporarse

ao

proxecto

"Radio na biblio”. Ademais o PDI deste curso levaba por título "Os medios de comunicación: RADIO CHANS". Pasaron xa polas nosas ondas

moitos

nenos

e

nenas,

persoas relevantes da ciencia, da literatura, da educación…

NATURIZO Unha colección que gusta moito aos nenos e nenas polas súas aventuras e polo respecto que transmite cara ao medioambiente é “Naturizo”. Os voluntarios foron os encargados de presentar os libros, actividades e cancións.

ANA E CARLA PRESENTAN. . . Estas

dúas

voluntarias

de

desfrutan moito ao dar a coñecer novas coleccións como esta de animais.


ANTONIO TEIJEIRO

GARCIA

Ter a este destacado escritor na nosa biblioteca

foi

algo

verdadeiramente

destacable. Recitamos con el, xogamos, rimos co seu bo humor, cantámoslle, fixemos unha entrevista en Radio Chans... Un pracer!

Contacontos dos maiores do cole Os nenos e nenas de 5º e 6º fixeron de Padriños Lectores do alumnado de Educación Infantil.

UN 23 DE DIFERENTE

ABRIL

Este ano celebramos o Día do Libro cada un desde as súas casas. Lonxe pero á vez sentíndonos moi preto acompañados dos nosos libros favoritos e achegándonos aos demais a través dun vídeo. Aquí unha pequena escolma da enorme participación que houbo nesta actividade.



SAMAÍN


SAMAÍN


DÍA DO TROMPO


MAGOSTO


MAGOSTO

CALENDARIO 2020


VIOLENCIA DE XÉNERO

CHARLA CRUZ VERMELLA


BRAULIOTUBER

VISITA DIARIO E RADIO AROUSA


NADAL


NADAL

DÍA DA

PAZ


RADIO ESCOLAR


VISITA ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


ENTROIDO


ENTROIDO


OS MAIOS


OS MAIOS


LETRAS GALEGAS


LETRAS GALEGAS


Boas vacaciรณns a todos/as! Botaremos o cole de menos!



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.