As paisaxes

Page 1


Paisaxe: conxunto de elementosque podemos ver nun lugar: montañas, ríos, praias, edificios, estradas,… Elementos naturais: Relevo: conxunto de formas que pode presentar a superficie terrestre. A auga: que se pode presentar de diferentes formas. A fauna: os animais que viven na zona. A flora: a vexetación do lugar. O Solo: a superficie da paisaxe na que viven fauna e flora. Os elementos construídos polo ser humano poden ser edificios, pontes, estradas,…


Serra: conxunto de montañas aliñadas. Cordilleira: conxunto de serras que están ao carón unhas de outras. Macizo: conxunto de serras dispostas de forma irregular. Chaira: extensión de terreo case chan. Meseta: chaira situada a certa altura. Páramo: chaira seca e con pouca vexetación. Val: terreo chan situado entre montañas.


Paisaxes de montaña Hai terreos elevados e en pendente. As montañas poden estar agrupadas formando serras. Entre as montañas hai vales que son terreos chans. As montañas teñen tres partes: o é, a cima ou cume e a ladeira. Paisaxes das chairas

Extensos terreos planos. Poden ter pequenas elevacións: outeiros.  Pode haber zonas máis afundidas ca as terras do arredor: depresións. Os terreos cercanos aos ríos son as veigas.


A costa pode ser alta ( con acantilados) ou baixa ( con praias). As costas poden ter varias formas: Cabo: parte de terra que entra no mar. Península: terreo rodeado de auga menos por unha parte. Illa: terreo rodeado de auga. Arquipélago: conxunto de illas. Ría: val flluvial inundado polo mar. Baia: entrada do mar na terra. Golfo: entrada grande do mar na terra. As persoas poden modificar a paisaxe da costa contruindo hoteis, pontes, estradas, portos,…


Río:Corrente continua de auga que nace nas montañas. Afluentes: rios que desembocan noutros ríos. Leito ou canle: terreo polo que corre o río. Caudal: cantidade de auga que leva o río. Curso: percorrido dende o nacemento ata a desembocadura: curso alto( estreito, pouca auga é moi rápido), curso medio (ancho, moita auga e despacio), e curso baixo ( lento cara a desembocadura.


Gran extensión de auga doce. Se é pequena chamámoslle lagoa.

Lago feito polas persoas, cun muro ou presa que retén a auga.


A paisaxe na costa A costa é moi ampla e está moi recortada por cabos, enseadas e rías. Pódese dividir en catro partes moi diferenciadas: Mariña Lucense, Rías Altas, Costa da Morte e Rías Baixas. A paisaxe no interior As serras non soi moi elevadas e teñen cumes suaves. Destacan as serras centrais, setentionais e orientais. As chairas esténdense por toda Galicia. Entre as montañas hai numerosos vales polos que discorren moitos ríos.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.