ADAPTACION DA GALIÑA AZUL DE CARLOS CASARES

Page 1

por



Unha galiña especial é unha adaptación, feita polos alumnos de 1º de primaria e súa mestra , sobre o conto “ A GALIÑA AZUL” de Carlos Casares.

Agradecemento os meus alumnos polo interés posto neste proxecto. Debuxos dos alumnos de 1º de primaria. Idea e montaxe: Concepción Arias Neira.


Nunha pequena aldea de Galicia vivĂ­a Lourenzo un rapaz que amaba os animais.


Na súa casa tiña un galiñeiro con moitas galiñas e un fermoso e fachendoso galo.


Unha primavera saíu dun ovo un pitiño de cor azul. Cando ese pitiño medrou converteuse nunha fermosa galiña azul con cinco plumas vermellas nas ás.



Pero tiña un pequeno defecto, non dicía cacaracá coma o resto das galiñas, senón que dicía cocorocó, pero iso a Lourenzo non lle importaba. El pensaba, que se as persoas aprendían idiomas, a súa galiña falaba un idioma diferente.

Cocorocó


Lourenzo daba de comer ás galiñas e recollía os ovos. Cal foi a súa sorpresa cando viu ovos marelos, vermellos e verdosos. Eses, eran os da galiña azul.


Cando Lourenzo quería comer ovos fritos con patacas, a súa nai sempre lle fritía os ovos de cores da súa galiña.


Chegaron a facerse moi amigos. A galiña ía con el a todos os sitios, ao prado, ao monte e incluso á vila os días de feira. O rapaz medraba cando toda a xente quedaba mirando para ela que ía subida no seu ombro ou o seu carón coma se dun can se tratase.


Era fantástico toda a xente da contorna sabía quen era debido a aquela galiña.


Unha mañá, ao pouco de rematar unhas vacacións do colexio, Lourenzo recibiu unha carta do Concello que lle poñía o seguinte:

Estimado Don Lourenzo Campos, temos que comunicarlle que ten vostede unha galiña moi rara e que cando vostede ven a feira entorpece o bo funcionamento do mercado. Os tendeiros e comerciantes queixanse de que a xente so mira para a galiña e non pensa en mercar. Comunicámoslle pois que dentro de quince días irá a Garda Civil a buscala para matala. Asinado:

O alcalde


O rapaz quedou moi triste despois de ler a carta. Non sabía que facer nin a quen acudir. Cando voltou ao colexio, despois das vacacións, chegou moi pesaroso e a mestra e os compañeiros preguntáronlle

que lle

pasaba. Lourenzo levantouse e púxose a ler a carta que lle enviaran. Os compañeiros empezaron a dicir que non había dereito e que non ían permitir que mataran a galiña.

Estiveron pensando o que poderían facer e despois de moito debater chegaron a conclusión que ían ir a todas as casas da aldea para que pintaran todas as galiñas do pobo de cor azul coas

cinco plumas das ás de cor vermello. Os que non tiñan galiñas foron mercar unha e tamén a pintaron.


Chegou o día en que a garda civil foi á casa de Lourenzo para buscar a galiña.


Alí estaba toda a xente do pobo, e os compañeiros de Lourenzo, protestando contra tal atropelo. AS GALÍÑAS AZUIS TEÑEN DEREITO A VIVIR


Os gardas apartaron a xente e entraron na finca. Non crían o que vían: Un prado grande cheo de galiñas azuis! Que curioso! Todas as galiñas do pobo eran azuis, sorprendente! Que bochorno!!! Non souberon que facer e marcharon.


Os compaĂąeiros de Lourenzo saltaban de contentos, e pasaron un rato divertido xogando e falando coa xente do pobo.


Deste xeito foi como a galiña se salvou dunha morte segura. E aínda, o máis curioso desde entonces o pobo coñecese coma “O pobo das galiñas azuis”


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.