SE ES AUTÓNOMO, SE PRECAVIDO

Page 45

Se es autónomo, se precavido

tados 1 e 2 serán de aplicación respecto dos traballadores autónomos que desenvolvan actividades nos devanditos centros de traballo. Real Decreto 171/2004, polo que se desenvolve o artigo 24 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, en materia de coordinación de actividades empresariais. Artigo 4. Deber de cooperación. 1. (...) O deber de cooperación será de aplicación a todas as empresas e traballadores autónomos concorrentes no centro de traballo, existan ou non relacións xurídicas entre eles. Artigo 9. Medidas que deben adoptar os empresarios concorrentes. 1. As medidas a que se refiren os apartados anteriores serán de aplicación a todas as empresas e traballadores autónomos que desenvolvan actividades no centro de traballo, existan ou non relacións xurídicas entre o empresario titular e eles. Real Decreto 1627/1997, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e de saúde nas obras de construción. Artigo 2. Definicións. 1. Para os efectos do presente Real Decreto, entenderase por: Traballador autónomo: a persoa física distinta do contratista e do subcontratista, que realiza de forma persoal e directa unha actividade profesional, sen suxeición a un contrato de traballo, e que asume contractualmente ante o promotor, o contratista ou o subcontratista o compromiso de realizar determinadas partes ou instalacións da obra.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.