Dosier dinosauros

Page 1


NOVA TEMÁTICA NA ESCOLA DE BERDILLO Chegamos das vacacións de Nadal e xa moitos preguntaban que íbamos a aprender. Entre todos propuxemos temas: vehículos, animais de África, o mar, dinosauros e insectos…. Votamos!!

INFORMAMOS ÁS FAMILIAS


QUE SABEMOS DOS DINOSAUROS? NOA F: Saen de ovos, primeiro saen os pequenos e despois os grandes JAVI: Primeiro houbo personas e despois dinosauros. Tamén había casas. LEO: As persoas eran cavernícolas na época da prehistoria. TEO: Extinguíronse hai mil anos e cando caeu o meteorito extinguíronse e enterráronse os osos. DARIO: Cando outros dinosauros non estaban había outros dinosauros con pes que comían bichos e nadaban como cocodrilos. JAVI: Dari ten razón. VALERIA: Os dinosaruros fai moito moito tempo que existiron SILVIA: Unha vez onde están as galiñas había un hueso de dinosauro SABE: Son pequenos os dinosauros. XABI: Non me acordó do que sei, hai sí, os hai carnívoros e herbivoros. MANU: Eu non sei nada. BRUNO: Os dinosauros son esqueletos vivindo no museo. IZAN: Os osos dos dinos son blancos. ALBA: Son animais pequenos. ADRI: Todos os dinosauros atacaban a terra, viviron na prehistoria. MÍA: Cando os dinosauros están mortos os museos poñen os seus esqueletes. TEO: Os dinosauros atacaban uns a outros. Cando peleaban os que tiñan pinchos na espalda saían correndo. VALERIA: Hai moito tempo que lles caiu unha pedra encima. TEO: Eso é o meteorito. NICO: Os dinosauros atacan. PROFE: A quen? NICO: A outros dinos e as personas. ADRI: Si, porque os dinosauros vivían na prehistoria LEO: Son reptiles. Profe: Ah, claro, por iso a palabra dinosauro significa Terrible Lagarto. ADRI: Uns son máis baixos e outros máis grandes. JAVI: O meteorito saltou tan forte que fixo salir a lava.


QUE QUEREMOS SABER? JAVI: Como medran e como nacen? XABI: Como traen os osos dos dinosauros os museos? MÍA: Quero saber todo dos dinosauros! ADRI: Como un dinosauro mata a outro? VALERIA: Que comen os dinosauros? MARÍA: Como salen do cascaron? HUGO: ¿Por que los dinosauros son unos más bajas y otros más grandes? LEO: Son todos os dinosauros rápidos? MÍA: Eu quero aprender os seus nomes. MANU: Como son os ósos dos dinosauros? BRUNO: Canta herba comen? NICO: Como nacen? MÍA. Quen son os novios dos dinosauros? VALERÍA: Como saen do cascaron? NOA F: Como traen os esqueletos o museo? VALERIA: Como morreron? XABI: Dirás como se extinguiron non como morriron! PROFE: Pero, como sabemos que exitiron? TEO: Porque eran moi perigosos. LEO: Vino nun programa de arqueólogos, limpaban os osos. ADRI: Desterran os dinosauros e despois os limpaban LEO: Claro, o esqueleto enteiro. ADRI: Non, non, cando les desterran están soltos.


COMO SON? Unha das rutinas durante o proxecto foi ler cada día as características dun dinosaurio escollido polo encargado do día. Logo de levar moitos lidos pregunteilles. CÓMO SON OS DINOSAURIOS?


COÑECIMOS MOITOS DINOS

E MOITOS MÁIS...


ONDE VIVÍAN?


QUE COMÍAN?

FIXEMOS A LISTA DA COMPRA RECORANDO DE REVISTAS DE SUPERMERCADO AQUILO QUE PODÍA COMER CADA DINOSAURIO


COMO É O SEU ESQUELETE?

SON AS COSTELAS DO DINOSAURIO SON UN APATOSAURIO


OVIRAPTOR

VALERIA TROUXONOS OVOS DE DINOSAUROS PARA QUE AXUDÁSEMOS A MAMA DINOSAURIA A COIDAR DELES. DEBÍAMOS SEGUIR OS PASOS DA CARTA.

1º QUITAMOS O ENVOLTORIO MOI AMODIÑO

2º COLLEMOS O OVO CON MOITO CARIÑO E QUITÁMOSLLE A PALLA

4º POÑÉMOSLLE NOME O NOSO BEBÉ DINOSAURO

5º CONTÁMOS OS DÍAS QUE TARDA EN NACER

3º BOTAMOS AUGA NO VASO E METEMOS O OVO.


NUNHA ASAMBLEA, POR QUE SABEMOS QUE EXISTIRON OS DINOSAURIOS? “Por que eran moi perigosos”

“Vino nun programa de arqueólogos. Son os que limpan os osos dos dinosaurios.”

“Primeiro os desenterran e despois os limpan”

“Si, o esqueleto enteiro” “Por que morreron as plantas que o vín na tele”

“Non, cando os desenterran están separados e despois os xuntan”

“Pero está o esqueleto enteiro”


PALEONTÓLOGAS MOI ESPECIAIS FACEMOS FÓSILES DE OVOS DE DINOSAUROS

GRAZAS FAMILIAS


DESCUBRIMOS OS DINOSAUROS, SOMOS MOI BOS PALEONTOLOGOS!

UNHA VEZ DESCUBERTOS, OS PALEONTÓLOGOS ENVOLVÍANOS EN XESO PARA TRASLADALOS AO LUGAR DE ESTUDO. NÓS TAMÉN O FIXEMOS!!


INVESTIGAMOS OS DINOS QUE APARECERON NOS OVOS FÓSILES

ASÍ DE LONGO ERA UN TRICERAPTOR

ESCRIBIMOS O SEU NOME. COLLEMOS AS LETRAS IMANTADAS CONTAMOS AS LETRAS QUE TEN. BUSCAMOS INFORMACIÓN NOS LIBROS DA BIBLIOTECA


AS PEGADAS DOS DINOS

AS PEGADAS DOS DINOSAURIOS ATOPADAS PERMITIU OS PALEONTÓLOGOS COÑECER MOITAS COUSAS SOBRE ESTES TERRIBLES LAGARTOS.

Creamos un dinosaurio herbivoro coa pegada da nosa man pegadas

Marcamos pegadas en plastilina cos dinosauros do recuncho.


EXISTEN OS DINOSAURIOS VOADORES E MARIÑOS?


Os Tiranosauros arrincaban grandes anacos de carne de dinosauros herbívoros e engulíaos sen masticalos.

O Spinosaurus controlaba a temperatura co seu veo. Para quecerse expúñao ao sol, absorvendo a calor. E cando quería refrescarse, dirixíase cara ao vento fresco.

O Troodon era o que tiña o cerebro máis grande, en relación co tamaño do corpo. Posiblemente foi o dinosauro máis intelixente do plameta.

As cristas de Dilophosaurus só as tiñan os machos e as empregaban para atraer as femias.

O Struthiomimus non contaba con medios de defensa fronte aos carnívoros. Ao menor indicio de perigo fuxía a fume de carozo xa que era moi veloz. Non tiña dentes.

O Diplodocus non mastigaba a comida. Para facilitar a dixestión, engulía pedras que, ao rodoar polo estómago, trituraban as plantas máis duras.


A cola so Ankylosauro era moi temible. Remataba nunha bola enorme que parecía un mazo. En caso de ataque, lanzábaa violentamente.

O Pteranodon tiña un peto baixo o bico. Servíalle para almacenar os seus peixes antes de comelos, como fan os pelícanos.

O Kronosaurus tiña unhas mandíbulas moito máis poderosas que as Tyranosauros, o que o convertía nun dos máis temibles depredadores dos mares.

Un dinosauro moi lento era o Stegosauro que procuraba orientarse cara o sol para quecerse. Só cando conseguía suficiente calor comezaba a desprazarse.

Os cornos do Triceratops servíalle para defenderse e para intimidar os outros machos durante os combates para converterse en xefe da manda.

O Elasmosauros tiña o pescozo máis longo de todos os réptiles mariños. Medía entre 7 e 8 metros.

O Apatosaurus levantábase sobre as súas patas posteriores e mantíñase apoiado sobre a súa cola para coller agullas e piñas das cumes das árbores.


DÍA DA MULLER

ICTIOSAUROS

MARY ANNING


NA ÉPOCA DOS DINOSAUROS HABÍA MOITOS VOLCÁNS EXPERIMENTAMOS CON

TÉCNICA

BARRO

SOPLADO


EXPERIMENTO VOLCÁN

BICARBONATO DETERGENTE LAVALOUZA COLORANTE ALIMENTICIO VINAGRE

SON VOLCÁNS ACTIVOS


Todos sabían que fora un meteorito o motivo da extinción pero buscamos nos libros da biblioteca a explicación. Ademais, limos unha recente publicación no periódico xa que este ano cúmprese o cuadraxésimo aniversario dun dos descubrimentos xeolóxicos máis comportantes “O impacto que acabou cos dinosaurios”

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2018/02/21/spanlanggl-impacto-acabou-cos-dinosaurosspan/0003_201802SE21P7991.htm

O po producido polo meteorito impediu que durante moitos anos a luz do sol chegase o planeta. Sen luz, as plantas morreron provocando a interrumción da cadea alimentaria. Morreron os herbívoros o que produciu a desaparición dos carnívoros.


EXPERIMENTO XERMINACIÓN DE LENTELLAS PROPOSTO O EXPERIMENTO PREGUNTEILLES: “QUE OCORRERÁ? MÍA e VALERIA dixeron que nos tres vasos ocurriría algo. LEO, NOA V., ALBA, BRUNO, SILVIA, ADRI apostaron que nacería algo no vaso que tiña auga e que escondimos nun armario para que non lle dese a luz. XABI, DARIO, MARÍA, MANU, TEO, NICO, JAVI crían que nacería algo no vaso con auga e o que lle daba a luz.

IMPORTANCIA DA LUZ E DA AUGA


...TODO O ANTERIOR LEVOUNOS A FALAR DA IMPORTANCIA DA NATUREZA ….

SOMOS “ A PATRULLA BASURA”

SAÍMOS AO REDOR DA ESCOLA . CANTA BASURA NO CHAN!!!


PINTAMOS CON ELEMENTOS DA NATUREZA… ÁRTE PÓVERA QUE É ARTE? NOA F: Unha escultura XABI: Un cadro ADRI: Un dibujo que é moi bonito. VALERIA: Unha estatua. BRUNO: Un artista que pinta cuadros. DARÍO: Un señor que pinta con pintura. TEO: Un edificio NOA V. Un cuadro


Non nos olvidamos de coidar a nosa TERRA


PROPUXERON IR DE EXCURSIÓN A UN MUSEO DE DINOSAUROS PERO TODOS QUEDABAN MOI LONXE ASÍ QUE...


VISUALIZAMOS VIDEOS NA PANTALLA

CANTAMOS E DRAMATIZAMOS DINOSAURIO FELIZ (SUSA HERRERA)


EXEMPLIFICACIÓN DE

PROPOSTAS DE XOGO SUMAMOS DINOS TIRANDO DADOS

PESAMOS COMIDA DINOS: TIRAMOS O DADO E VEMOS CANTAS CULLERES TEMOS QUE PESAR PARA DARLLE DE COMER. ANOTAMOS O RESULTADO NA FOLLA.

MEDIMOS OSOS DE DINOSAURIO E ANOTÁMOLO NA FOLLA DE REXISTRO.

VALERIA TROUXONOS BOMBÓNS DE DINOSAUROS QUE FIXO CON MAMI. CONTÁMOLOS, CANTOS PODEMOS COMER CADA UN DE NÓS? CANTOS NOS SOBRAN?. HOXE VEN A PROFE ANA, SÓBRANOS ALGÚN PARA ELA? E SE LLE DAMOS, CANTOS NOS QUEDAN AGORA...


CREANOS DINOSAURIOS CON PEDRAS

MESA DE LUZ INVENTAMOS HISTORIAS COLOCAMOS PARTES DO CORPO

LECTOESCREITURA ESCRIBIMOS NOMES DE DINOS DEBUXAMOS AS SÚAS CARACTERISTICAS OU ESCRIBIMOS ALGUNHA DELAS.

VOCABULARIO. COLOCAMOS DEPRESORES CO NOME DEBAIXO DA IMAXE.


GALLETAS CON PEGADA DE DINO FARIÑA MANTEQUILLA AZÚCAR VAINILLA


GRAZAS FAMILIAS POLAS VOSAS APORTACIONS


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.