Viaxe a Euroeume

Page 1

EXCURSIÓN A EUROEUMEME


Os alumnos de 2º e 3º ciclo de Primaria fixemos esta saída a´s terras do Eume. No camiño cara esas terras tivemos a oportunidade de pasar ao lado da central térmica das Pontes de García Rodríguez e do lago artificial feito no que fora a antiga mina de carbón. Despois dirixímonos a Moeche para visitar o castelo. Este castelo está situado nunha cota moi baixa e para defendelo dos posibles ataques tiveron que facer uns muros de case 3 m de ancho e un foxo exterior.


Nos muros observamos varios escudos de armas: o dos Osorios, o dos EnrĂ­quez e os dos Castro de Lemos.


Sábese da súa destrución na segunda revolta Irmandiña, a mediados do século XV,cando pertencía á Casa de Lemos máis poderosas de Galicia.As sentenzas obrigaron aos derrotados a reconstruír o mesmo.Hoxe é propiedade da Duquesa de Alba. Estivemos nas distintas dependencias da fortaleza e subimos ao adarve,situado a uns 18 metros de altura.Desde alí divísase unha bonita panorámica do val de Moeche.


Máis tarde visitamos a Casa do Mel,en Goente.Alí vimos moi ben un enxame encerrado nunha vitrina; tamén nos explicaron todo o proceso de elaboración e envasado do mel, clases de abellas, distinto tipos de colmeas, vimos o traxe do apicultor,distintas figuras feitas de cera...


A saída rematou coa visita ao Museo Etnográfico do pazo,situado na antiga Casa Rectoral,que foi rehabilitada. A maior parte das ferramentas e mobles alí expostos foron aportados polas familias dos alumnos do colexio da localidade.


Neste lugar tivemos a oportunidade de contemplar as distintas dependencias e mobiliario da tradicional casa rural galega;tamĂŠn observamos detidamente ferramentas utilizadas polos zoqueiros, xastres, tecelĂĄs, paragĂźeiros, carpinteiros...



Logo nun alpendre anexo á casa puidemos ver unha máquina de mallar e outra de limpar de fai case un século. Que ben o pasamos e canto aprendemos!

(3º Ciclo de Primaria)


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.