A ESTRUTURA DA PALABRA

Page 1

REPASO DE MORFOLOXÍA 1. A ESTRUTURA DAS PALABRAS: As palabras están formadas polos seguintes elementos:  LEXEMA ou RAÍZ: parte que aporta o significado léxico da palabra. ( Pasteleiro, lata)  MORFEMA: é a parte da palabra que lle aporta o significado gramatical (xénero, número, desinencias verbais) ou completa o seu significado léxico  GRAMATICAIS OU FLEXIVOS:  DERIVATIVOS: son os morfemas que ligados ao lexema forman palabras novas o PREFIXOS: que van antes do lexema. o SUFIXOS: cando van despois do lexema.  SUFIXOS DERIVATIVOS: modifican o significado da palabra e poden modificar tamén a súa categoría gramatical.  SUFIXOS ALTERATIVOS: modifican o significado da palabra sen alterar a súa categoría gramatical  DIMINUTIVOS: (-iño/a, -echo/a, -ete/a)  AUMENTATIVOS: (-azo/a, -ón/ona, -ote/a)  DESPECTIVOS: (-acho/a,-ucho/a, -exo/a)

2.CLASES DE PALABRAS SEGUNDO A SÚA MORFOLOXÍA:    

SIMPLES: están formadas por un único lexema e poden conter tamén morfemas flexivos. DERIVADAS: están formadas por un lexema e por morfemas derivativos (prefixos e sufixos); tamén poden conter morfemas flexivos. COMPOSTAS: están formadas por, cando menos, dous lexemas. Tamén poden conter morfemas flexivos. PARASINTÉTICAS: están formadas por dous ou máis lexemas e por morfemas derivativos. Tamén poden conter morfemas flexivos.

3.AS FAMILIAS LÉXICAS: Unha familia léxica é un conxunto de palabras que comparten o mesmo lexema.  

FAMILIA LÉXICA REGULAR: se todos as palabras comparten un lexema sen ningunha variación na forma (porta ,porteiro, portal ,portela) FAMILIA LEXICA IRREGULAR: cando as palabras presentan algunha variación na forma do lexema. o Xerar, xeral, xeración, xeneral, dexenerar, xeneralizar, xeneralidade, xénero... o Son, soar, resoar, consonante, consonantismo, resonancia, disonante... o Orde, desorde, ordenar, ordenación, ordinario, ordinal... o Dor, doer, dorido, doenza, doente, dolorido, indolente, indoloro...


o o

Leite, leiteira, aleitar, lรกcteo, lactancia... Ceo, celeste, celestial...


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.