Charetas 2015

Page 1


Editorial ..............................................................................

2

Letras Galegas 2015.......................................................

3

Visita ao Parlamento (6º A )...............................................

5

O pan (6º B) ................................................................

8

Gústannos os animais (3 anos ) ......................................

10

E I 4 anos.....................................................................

12

E I 5 anos ....................................................................

14

Visitamos os Bombeiros de Vilalba (1º )..........................

16

O gran libro do toxo (2ºA) .............................................

22

De maior quero ser (2º B).................................................

24

A lagoa, o cormorán e a filloa (2º B) ...............................

25

Os pequenos xardineiros (3º A) ......................................

26

As plantas carnívoras (4º A) ...........................................

28

Coñecedes a Rosetta??? (4º B) ......................................

30

Oficios tradicionais (5º) ...............................................

32

Poemas de Nadal (5º) ....................................................

38

Entrevista a Uxía (6º) .....................................................

40

Soños para escribir (3º B) .............................................

42

English corner.. .............................................................

43

Técnicas de estudio (Orientación).....................................

44

APA .............................................................................

47



17 de maio Día das Letras Galegas Xosé Fernando Filgueira Valverde Xosé Fernando Filgueira Valverde, fillo da granadina Araceli Valverde e do médico galego José María Filgueira, naceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906 e faleceu, case aos 90 anos, o 13 de setembro de 1996 En Pontevedra realiza os seus estudos primarios e de bacharelato, trasladándose posteriormente á Universidade de Santiago para seguir os estudos de Dereito, que remata co Premio Extraordinario.Nesta mesma época realiza estudos de Filosofía e Letras en Santiago e Zaragoza, cos que acada a titulación de doutor en Historia. Traballou como profesor no Instituto de Pontevedra e levando durante moitos anos a súa dirección. Nos últimos tempos da ditadura franquista exerceu de alcalde da súa cidade natal durante nove anos. Tivo unha actividade cultural moi importante: fundou o Seminario de Estudos Galegos, dirixiu o Instituto Padre Sarmiento e o Museo de Pontevedra, presidiu o Consello da Cultura Galega, foi membro da Real Academia Galega, historiador, arqueólogo e escritor. Este ano 2015 adícaselle o Día das Letras Galegas polo seu labor a prol da cultura e o idioma galego.


O día das Letras Galegas A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega. “Cantares Gallegos", está considerada como a obra literaria que inicia o "Rexurdimento" da literatura e da cultura galega moderna. A proposta de celebrar ese Día foi formulada por tres membros da Real Academia Galega, Manuel Gómez, Xesús Ferro Couselo e Francisco Fernández del Riego. A primeira escritora homenaxeada, no ano 1963, foi a mesma Rosalía de Castro seguíndolle en anos posteriores: Alfonso Castelao, Eduardo Pondal, Francisco Añón, Curros Enríquez, López Cuevillas... Dos 52 anos que se levan celebrando as Letras Galegas só tres deles foron adicados a mulleres que foron: a anteriormente citada Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido no1987 e María Mariño no 2007. A Real Academia Galega celebrou o pasado 2006 os seus cen primeiros anos de historia. Fontenla Leal e Manuel Curros Enríquez, dende Habana, deron os primeiros pasos para a creación dun organismo que loitara pola lingua e a cultura galega e así, un 30 de setembro de 1906 celebrouse no salón de actos da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos da Coruña a constitución e primeira reunión da Real Academia Galega. A primeira sede foi no Pazo Municipal de A Coruña, pasando posteriormente a un edificio da Rúa Tabernas, propiedade dunha das académicas, a condesa de Pardo Bazán. O seu primeiro presidente foi Manuel Murguía, marido de Rosalía de Castro.


CONSTITUCIÓN E ESTATUTO DE AUTONOMÍA O día da Constitución, 6 de decembro de 2015, os alumnos e alumnas de 6ºA decidimos que non ía ser un día corrente. Lembramos a actual Constitución que foi aprobada 29 de decembro de 1978 e reformados dous dos seus artigos o 28 de agosto de 1992. No seu preámbulo fala do marco dentro do que teñen que estar as Leis e Normas que se vaian facendo e fala do desexo de establecer a xustiza, a liberdade e a seguridade de todos os cidadáns de garantir a convivencia democrática; protexer a todos os españois e aos seus pobos no exercicio dos dereitos humanos, das súas culturas e tradicións, as linguas e institucións así como promover o progreso da cultura e da economía para asegurar a todos una digna calidade de vida. A primeira Constitución de España foi a Constitución de Cádiz, firmouse o 19 de marzo de 1812, sendo Rei Fernando VII coñecida popularmente como “A Pepa”. Fixemos una visita virtual ao Congreso dos Deputados, un conxunto de cinco edificios situados en “La Carrera de S Jerónimo” en Madrid.

Tamén visitamos o Palacio do Senado, situado na Praza da Marina Española, tamén en Madrid.

As visitas gustáronnos moito e soubemos datos dos edificios onde están situadas ambas Institucións e a súa localización e Madrid.


O seguinte paso foi pasar á nosa Autonomía e ao Parlamento de Galicia, situado en Santiago, na rúa do Hórreo, onde están os parlamentarios elixidos cada catro anos nas eleccións autonómicas que se realizan en Galicia. Temos a sorte de que un compañeiro noso é neto de D. José María García Leira que foi Presidente do Parlamento de Galicia. Decidimos facerlle algunhas preguntas sobre o Parlamento e a súa vida. Josito.- Benquerido avó: Os meus compañeiros e compañeiras queren que che faga algunhas preguntas referidas á túa etapa como Presidente do Parlamento. Estás disposto a respondelas? D. José Mª.- Por suposto, Josito. Cales son as funcións do Presidente do Parlamento? Son, entre outras, ostentar a representación oficial da Institución. Manter o orden na sede do seu organismo. Propoñer o presuposto parlamentario. Presidir as reunión da Mesa, da Xunta de Portavoces e dos Plenos da Cámara. Conformar as ordes do día dos debates e dirixir e presidir os mesmos. Aprobar os presupostos da Cámara para dar traslado dos mesmos á Xunta de Galicia e manter a fluída relación do Parlamento co Goberno.

En que ano se fundou o Parlamento? No ano 1981, unha vez aprobado o Estatuto de Autonomía de Galicia. Canto tempo estivo vostede como Presidente ? Dúas Lexislaturas, é dicir, oito anos. Dende 1997 ata 2005 Como conseguiu chegar a este posto? Por que cree que o elixiron? Para poder ser Presidente do Parlamento primeiro hai que ser elixido Deputado entre os membros dos partidos políticos que se presentan ás eleccións autonómicas. Unha vez elixido e xurado o cargo, o Grupo Parlamentario propón un dos seus membros para que sexa elixido e votado como Presidente. A elección dunha ou doutra persoa depende do propio Grupo.


Cantas horas de traballo tiña habitualmente? As horas é unha cuestión que non se calcula ao ser unha dedicación permanente ao cargo. Tiña vostede moito tempo libre? No meu caso creo que tiña o suficiente para levar unha vida normal aínda que coas limitacións propias da atención permanente ao cargo que, sen dúbida, influía na vida familiar. Cal foi a situación máis difícil ou complicada que viviu como Presidente do Parlamento? Ao longo de todos eses anos é normal que xurdan situacións ou problemas que poden presentar máis ou menos dificultade, pero, polo menos para min, o que me resultou máis complicado e molesto foi ter que expulsar da Cámara a algún Deputado, dado o seu incumprimento do Regulamento. Isto resulta moi molesto. De pequeno pensaba en dedicarse á política? Nin de pequeno nin xa de bastante maior se me pasaba pola imaxinación o meterme en política, pero a vida foi rodando así, e rematei onde rematei. Cantos Presidentes houbo no Parlamento de Galicia? Pois foron Rosón, Pérez Vidal, Victorino Núñez, García Leira, a Sra Villarino e a Sra. Rojo, que é a actual Presidente. Avó, neste curso faremos unha viaxe a Santiago e visitaremos o Parlamento. Pois alí hai uns cadros con fotos de todos os presidentes e tamén dos parlamentarios. Chama a atención a completa biblioteca de que dispón. Aproveitade a visita que pode ser ben interesante. Graciñas avó de parte dos meus compañeiros e compañeiras. Un bico grande.

O día 28 de maio visitaremos o Parlamento, en Santiago, e tamén a TVG, o Museo do Pobo Galego e o MUPEGA. Un día que promete ser intenso e sumamente interesante. Procuraremos ir cos ollos ben abertos para aprender moitas cousas e pasalo moi ben.



Gallete ou forquito

Varredoiro

Rascadoiro Rodo

Pa


@S NEN@S DE 3 ANOS GÚSTANNOS OS ANIMAIS







Vimos:



Ensinรกronnos que:




Traballo realizado polo alumnado de 1ยบ de primaria


Os nenos e nenas de 2º A presentávosmos “ O gran libro do toxo ”

Despois de realizar un traballo de investigación coas nosas familias e traballando en diferentes grupos na clase, elaboramos un libro xigante con cartolinas desplegables na que se mostra a información que recompilamos.

Hai tres clases de toxos ( toxo arnal, toxo gateño e toxo femia ) que florean en distintos momentos e, por iso, se pensa que o toxo está en flor todo o ano. O toxo é unha das 100 plantas máis invasoras do planeta. Cada planta pode producir ata 20.000 sementes e poden estar ata 70 anos sen xerminar. Coa madeira do toxo pódense facer mangos de coitelos, caiados, pezas pequenas de lámpadas … A espiña do toxo inspirou algunhas obras de arte como foron o Mural do casino de Ferrol ou a decoración dunha vaixela de Sargadelos.





OS PEQUENOS XARDINEIROS Neste curso estudamos, entre outras cousas, as principais características das árbores, arbustos e plantas. Coñecimos algunhas especies e froitos propios da nosa zona e plantamos algunhas sementes para ver o seu crecemento. Con algunhas tivemos sorte pois medraron outras sen embargo non xermolaron nin xurdiron, aínda que non lles faltou terra, luz, agua e calor: Que son as árbores, arbustos e plantas? As árbores teñen un único talo groso e duro. Chamado tronco do que saen as pólas a certa altura do chan. Son as plantas de maior tamaño. Os arbustos teñen un ou máis talos duros, que se dividen en pólas moi preto do chan. Son as plantas de tamaño medio. As herbas teñen un talo verde delgado e flexible. Son as plantas de pequeno tamaño.

Algunhas árbores e os seus froitos: O CARBALLO: Árbore das fagáceas (Quercus robur). É unha árbore de folla caduca que pode vivir en calquera tipo de terreo. É unha árbore robusta, que pode vivir varios séculos e chegar aos 40 metros de altura con pólas que saen xa da parte inferior. O bosque que está formado só por carballos, chámase carballeira. A madeira de carballo é de boa calidade. Emprégase para fabricar mobles, toneis de viño e como combustible nas cociñas de leña. É a árbore máis abundante en Galicia. Temos unha vila en Ourense que fai referencia a esta árbore: O carballiño. O seu froito é A LANDRA, que serve de alimento a moitos animais. En Galicia emprégase para cebar os porcos. É un froito anual do carballo e doutras árbores cupulíferas, de forma oval, de cor verde que cambia a marrón no outono. Está cuberto polo cascabullo, un carapucho formado por unha casca dura e unida á árbore. A landra madura entre outubro e novembro.

O CASTIÑEIRO: Unha das árbores maís fermosas que podemos atopar en Galicia. É unha árbore nobre, querida e venerada nas zonas templadas do hemisferio norte dende hai uns 40 millóns de anos, estendéndose por Europa, Asia e América. É unha árbore que vive centos de anos. O seu tronco é forte, groso con moitas pólas. Mide de 25 a 35 m. É de folla caduca. As súas follas teñen forma alargada e de serra polos bordos. Son de cor verde escuro polo haz e verde grisáceo polo envés. Florece entre maio e xuño. A súa flor é unisexual. A flor masculina é amarela e a feminina amarelo verdoso. O seu froito é A CASTAÑA que esta recuberta de ourizos que se visten de picos para defender o seu tesouro interior das mans dos impacientes. Cando maduran as castañas, os ourizos van abrindo, e as castañas caen. Algúns ourizos caen enteiros ó chan sen abrir. Podénse comer de moitas maneiras: asadas nun tixolo, cocidas nunha pota con auga e un pouco de sal, cocidas con leite, ou os famosos marrón glacé…..- Que boas están!!! Algúns arbustos: O TOXO: É unha das plantas arbustivas máis abundantes e representativas do noso rural en Galicia e é a que máis contribuiu durante milenios a que o cultivo das nosas leiras fose máis rico e perfectamente equilibrado. Planta arbustiva da familia das papilonáceas (Ulx europaeus) de 1 a 2 m de altura, con follas reducidas a pontas espiñentas e flores amarelas e axilares. Os toxos poñense preciosos cando están coa flor, chamada chorima, tamén chamada ás veces alecrín, é como popularmente se coñece á flor deste vexetal. Dín que a flor do toxo cocida (infusión) é moi boa para o fígado. En sentido figurado, dise da persoa intratable, cardo.

O ACIVRO: Tamén chamado xardón. É un arbusto ou como moito unha pequena árbore, da familia das aquifoliáceas de follas perennes, duras, onduladas e espiñentas nos bordos, de cor verde escura e moi brillante, con flores brancas e froitos en forma de boliñas vermellas. No Nadal úsase como adorno en non se debe arrancar xa que é unha especie protexida. Ten unha altura duns 2 a 5 m, aínda que hai exemplares de ata 15 m. As follas úsanse como laxantes, e os froitos como purgantes. O acivro tamén é bo, como diurético e contra a bronquite, a reuma e a artrite. Tamén podese utilizar no tratamento das frieiras.

Algunhas plantas aromáticas que plantamos: Tomiño (Thymus vulgaris): é unha planta aromática, vivaz, leñosa de 10 a 14 cm de altura. Posúe numerosas pólas leñosas, compactas, de cor parda ou branco. As flores son rosadas e brancas. Florece a partir de marzo. Pode cultivarse en maceta. A parte útil da planta son as follas. Utílizase en farmacia, veterinaria, cociña e perfumaría. Predomina no leste, centro e sur da Península Ibérica, así como nas Baleares. A orixe do tomiño remóntase ao Antigo Exipto, onde era empregado como ungüento en embalsamentos e queimado como purificador do aire durante as epidemias. Os gregos coñeceron as súas propiedades para os males do peito, xa que é bo para tratar infeccións do sistema respiratorio. Expectorante e antiéptico, ou contra as dores das articulacións. Ten propiedades antioxidantes e combate o avellentamento. O nome provén do verbo grego Thym, perfumar.


Pirixel : É unha planta herbácea da familia das umbelíferas (Petrosilenum sativum). Ten talos finos e follas brillantes de cor verde escuro partidos en tres gallos. Ten flores brancas ou verdosas. Crece ata uns 7 cm de altura. Distribúese amplamente por todo o mundo. É unha planta moi aromática e xeralmente cultívase para ser usada como condimento na cociña. Encóntrase naturalizado en hortas, xardíns e incluso ás veces nas marxes dos xardíns. Tamén vimos unha canción adicada ao Alecrín, a flor do toxo, ca artista Uxía ten no seu repertorio.

Alecrín Alecrín dourado que naceu no monte sen ser sementado (bis) Ai, meu amor quen che dixo a ti que a flor do campo era o alecrín? (bis) Alecrín do meu corazón por causa de ti fixen esta canción (bis) Ai, meu amor quen che dixo a ti que a flor do campo era o alecrín? (bis)

CONSELLOS PARA PLANTAR NUN TESTO SEMENTES Podemos plantar sementes ou pebidas de froitas como as de laranxa, mazás, uvas, melocotóns … xa que teñen sementes ou pebidas que podemos plantar e cultivar. Nós na clase plantamos tomiño, perexil, pipas de cabaza e de sésamo, landras e castañas. Se queredes plantar unha semente de aguacate: 1 – Nun vaso de auga, deixade a remollo o óso do aguacate durante 24 horas. Poñede un pouco de terra nun recipiente e engadide un pouco de auga para humedecela. Removede a terra e poñedea no testo. 2 – Plantade o óso do aguacate, co extremo máis afiado cara a arriba, de xeito que asome pola superficie da terra. Convén enterrar as pebidas pequenas de froitas a 1 cm de profundidade. 3 – Etiquetade cada testo e poñédeos nunha bolsa de plástico. Atade as bolsas para que non escape a humidade e logo poñede os testos nun lugar cálido e escuro. 4 – Pasadas entre dúas e oito semanas, deberíades empezar a ver sinais de vida. Sacade os testos das bolsas e poñédeos nun lugar con moita luz. 5 – Mantede a terra ben regada e observade como crecen as raíces. Se as raíces empezan a saír polo fondo de cualquer testo, é hora de trasplantar a planta a outro testo maior.

OS NENOS E NENAS DE 3ºA


AS PLANTAS CARNÍVORAS As plantas carnívoras, tamén chamadas insectívoras, obteñen parte ou a maioría dos seus nutrientes mediante a captura e o consumo de animais, sobre todo insectos. Están presentes en tódolos continentes e normalmente medran en lugares onde o solo é pobre e por iso obteñen os nutrientes das súas presas.

As plantas carnívoras teñen diferentes mecanismos para cazar insectos. Nalgunhas especies o insecto póusase nas follas, a trampa péchase e queda atrapado nela. Outras especies teñen pelos pegañosos nos que queda enganchado. Aproximadamente están contabilizadas unhas 620 especies diferentes.

A Venus atrapamoscas e a Drosera son dúas plantas carnívoras.


A Venus atrapamoscas Atrapa presas vivas, principalmente insectos e arañas. Cada folla ten na punta dous lóbulos cuns pelos diminutos no interior, cando a presa toca un destes pelos, a trampa pecha.Tarda uns dez días en facer a dixestión. É a planta carnívora máis cultivada e podemos mercala nas floristerías. Necesita humidade para vivir, xa que o seu hábitat natural son os pantanos.

A drosera Tamén é coñecida como “Rocío do Sol”, polas gotas brillantes que ten na punta de cada folla e que parecen o orballo da mañá. Atraen e capturan insectos usando unhas glándulas que teñen nas follas. Son plantas que poden chegar a vivir cincuenta anos.

Alumnos/as de 4º A


O día 21 de xaneiro de 2014 enterámonos de que un ano antes de nacer nós, o 2 de marzo de 2004, a Axencia

Espacial

lanzara

ao

Europea

espazo

unha

(ESA) sonda

espacial chamada Rosetta, dende a Guayana francesa. A súa misión era chegar

a

un

cometa

chamado

67P/Churiumov- Guerasimenko para estudar a súa estrutura rochosa xa que os cometas conteñen os materiais da época na que se formaron o Sol e os planetas, fai 4600 millóns de anos. Por iso querían descifrar a orixe da auga, e pode que mesmo da vida, na Terra.

Un dos problemas cos que se atoparon foi o aforro de enerxía, que os obrigou a planificar unha complexa traxectoria de vo que incluíu tres

achegamentos

á

Terra

para

“coller

enerxía”: o 4 de marzo de 2005, o 13 de novembro de 2007 e o 13 de novembro de 2009 e un a Marte o 25 de febreiro de 2007. O

9

de

xuño

de

2011

entrou

en

hibernación, da que saíu case tres anos máis tarde, o 20 de xaneiro

de 2014. Foi nese

momento cando nós a coñecemos, xa que nos xornais apareceu a nova de que Rosetta acababa de espertar e mandaba unha mensaxe de twitter dicindo: Ola, mundo!


Aquel día marcamos no noso calendario o 12 de novembro de 2014 porque esa era a data sinalada para que o módulo de aterraxe Philae fora lanzado dende Rosetta para pousarse na superficie do cometa e levar a cabo a súa misión. A Rosetta aínda lle faltaban uns meses de aproximación ao afastado cometa 67P/ Churiumov- Guerasimenko!!!

Ese día chegou, e estivemos atentos aos medios de comunicación para saber o que pasaba. Pronto soubemos que o robot se desprendera ben pero ao chegar ao chan despois de rebotar dúas veces foi caer a un lugar cun pronunciado relevo que fixo sombra aos paneis solares cos que tiña que recargar as súas baterías. Coas baterías primarias esgotadas, a sonda tiña orde de poñerse

en hibernación, con todos os instrumentos

científicos apagados e a maioría dos seus sistemas de a bordo desconectados. Por iso non se descarta que esperte se empezan a cargarse as baterías ao aumentar a exposición solar dos paneis dentro duns meses, cando se acerquen máis ao Sol. Mentres, a nave Rosetta, en perfecto funcionamento, ademais de estar pendente da sonda na superficie de 67P/Chyriamov-Gerasimenko, continúa a súa misión científica de observar o cometa a medida que se acerca ao Sol. Está previsto que siga operativa polo menos ata finais de 2016 e, moi posiblemente, un ano máis.

Alumnado de 4º B






UN POUCO SOBRE OS OFICIOS TRADICIONAIS: OS ZOQUEIROS

O oficio de zoqueiro era propio de campesiños, que tallaban a madeira con precisión, para así facer zocas para home e para muller, axeitadas ao pé de cada persoa. A madeira facía de aislante da humidade e do barro, e ao mesmo tempo tíñase o pé quente e confortable. As zocas eran totalmente de madeira e feitas dunha soa peza, diferenciando planta e tacón. Como madeira principal usábase ribeira, porque era branca, lixeira e fácil de traballar. Para facer zocas, a madeira debe cortarse no mes de agosto, no minguante da lúa, e deixala ao aire 2 ou 3 semanas a deszumar. Elementos para a fabricación dunha zoca: 1. MADEIRA: ribeira, abidueira, ameneiro... 2. CEPO: é un tronco de madeira dura, que se usa para darlle forma á estela. Dáselle unha forma medio redondeada e alongada. 3. BROS: ten unha forma especial, por un dos lados é recta e polo outro ten corte. Ca bros, iníciase a forma da zoca. 4. AIXOLA: con ela faise o formato da zoca, sen o furado, xa que é unha ferramenta con un corte moi fino e preciso. 5. RIPEIRO: especie de tronco con patas e con un furado, no que se mete a forma da zoca e amárrase poñéndolle aos lados unhas cuñas, feitas da mesma madeira. 6. GUBIA: con ela faise o corte para empezar a furar, faise todo ao redor, que é o sitio por onde vai entrar o pé. 7. MALLICO: especie de martelo de madeira, co que se lle peta á gubia, para poder ir facéndolle o corte á peza todo ao redor. 8. TRADE: esta ferramenta ten a punta retorcida, por iso ao metela na madeira, vaille sacando pedazos, ata facer o furado.


9. A LEGRE OU LEGRA: esta ferramenta remata no fondo da zoca, xa que do trade sae co furado, pero non liso, por iso lle pasan a llerga, para que quede suave e non manque no pé. 10. CEPILLO: úsase para alisar e rematar a zoca pola parte de fóra. Saca esguizos, nós e verrugas. 11. PUNTEIRO: con este aparello fanse os debuxos e adornos que se queiran na zoca xa rematada. 12. LIXA: cada zoqueiro usa unha diferente. 13. BARNIZ: ás zocas bótaselles unha capa de barniz para que estean máis suaves e brillantes e incluso lles poñen cor, eso xa depende do gusto de cada quen. Este proceso foi explicado por Paco, un zoqueiro de Muimenta, a quen lle agradecemos a atención. ALUMNOS E ALUMNAS DE 5º




ENTREVISTA Aproveitando

a visita que Uxía fixo ao noso colexio co gallo da celebración do Día das Letras

Galegas, despois de rematar a súa estupenda actuación, coa que nos divertimos moito, fixémoslle unha breve entrevista para coñecela un pouco máis. P-Con cantos anos empezaches a cantar? R-Desde moi pequena xa me subía enriba das mesas para cantar. P-De onde che vén a túa paixón pola música? R-Meu pai é músico, e sempre houbo na miña

casa un ambiente musical.

P-Cal foi a túa primeira canción? R-Chamábase “Na noite espero” P-Tivo éxito? R-Pois si; gañou o primeiro festival de Bergantiños. P-Que estudos musicais tes? R-Son autodidacta. Empecei no conservatorio pero deixeino para aprender pola miña conta

tocando a guitarra.

P-Tocas algún instrumento? R-A guitarra e percusión

P-Por que elixiches o folc galego? R-Porque me gusta moito cantar en galego, e porque a nosa música tradicional é moi rica, moi

interesante e divertida.


P-Con quen gozaches máis como compañeiro/a musical? R-Con este compañeiro brasileiro que hoxe me acompaña, Sérgio Tannus

P-Por que cantas con frecuencia en portugués? R-Porque tamén sinto que Portugal é a miña terra e o portugués unha lingua irmá.

P-Admiras a algún/ha cantante en especial? R- Si, a unha cantante galega e ademais amiga miña.Chámase Guadi Galego e canta unhas

cancións tan bonitas…. Decídelles aos profes que volas poñan.

P-Ademais de cantar, tes outra actividade profesional? R-Non, só

me dedico á música, pero tamén escribo, fago radio e dou charlas sobre a historia

da música galega.

P-Cal consideras o teu mellor traballo musical? R-Sempre o último é o mellor. “Meu canto”, gravado no Brasil.

P-Como ves o futuro da música folc en Galicia? R-Hai un panorama musical moi interesante, así que auguro un bo futuro.

P-Actuaches antes en Vilalba? R-Si, nunha homenaxe a Manuel María, en setembro de 2013, convidada polo IESCHA

P-Até cando pensas seguir cantando? R-Até que morra, antes non paro. Vou morrer coas zocas postas. (ri)

Pois nós desexámosche que o sigas facendo por moito tempo para podermos gozar das túas cancións. Moitas grazas pola túa presenza hoxe no noso centro e por esa magnífica actuación coa que tan ben o pasamos todos.


Soños para escribir 3ºB Ao comezo de curso andaba a sachar na horta de meus país no Sucurro, cando de súpeto encontrei un misterioso e antigo caderno. Quen sabe porque estaba alí! Axiña tirei o sacho ao chan e mirei por se me vía alguén. Corrín para a miña habitación, pechei a porta e saqueino do peto: non podía crelo. Limpeino con moito coidado e ao pouco fun distinguindo unhas misteriosas inscricións. Abrino e puiden ler un estraño conto chinés, o Conto de Pai-Yu. E ao final, Edmundo López pedíanos axuda. Estaba atrapado nun soño e non era quen de espertar. Aquelo era unha misión para as nenas e nenos de 3º B. A solución estaba clara: todo dependía dos soños desta clase. Tiñan que soñar i escribilo, e así axudar a Edmundo. Puxémonos man á obra, e cada nena/o escribiu un soño no estraño caderno. Saíron soños de futbolistas, soños de fociños, soños de viaxes espaciais, de golfiños no mar, de boxeadores, cousas moi estrañas e fantásticas e ademais pintámolos. Que xeito de escribir! Daba gusto lelos!

O caso foi que Edmundo decatouse de que non só era el quen soñaba, e de que os soños non eran un lugar onde se sentir prisioneiro, senón un lugar que nos axuda a cambiar a realidade. Hai pouco recibín unha carta, viña da China. Edmundo López dáballe saúdos aos nosos soñadores, e dicía que lles estaría eternamente agradecido. Grazas ás nenas e nenos de Vilalba, que se lanzaron a escribir tan ben, Edmundo López xa nunca máis se sentiría atrapado nos seus soños.



¡¡¡ TÉCNICAS DE ESTUDO!!! ¡¡¡ TÉCNICAS DE ESTUDO!!! ¡¡¡ TÉCNICAS DE ESTUDO!!! …

As Técnicas ou Estratexias de Estudo son unha Qué son serie de procedementos implicados directamente no proceso de estudo: PLANIFICACIÓN, Técnicas ou SUBLIÑADO, ESPAZO, TEMPO…asemade un de estratexias coma poden ser Estratexiasconxunto de APUNTES, MAPAS CONCEPTUAIS…

Estudo

AQUÍ TEDES ALGUNHAS TÉCNICAS E ESTRATEXIAS DE ESTUDO PLANIFICACIÓN Lugar de Estudo: O mellor lugar de estudo é unha habitación persoal, á que debes procurar dotar das condicións de iluminación, silencio, temperatura, ventilación, e.t.c, que favorecen as sesións de estudo. Temperatura: A temperatura debe oscilar entre os 18 e os 22 grados centígrados. A distribución da calor deberá ser homoxénea. O foco de calor non debe estar centrado na mesa de estudo. Iluminación: A iluminación máis aconsellable é a natural: aínda que ás veces precisase artificial. Debe estar distribuída de modo homoxéneo e evitaranse resplandores e contrastes de luz e sombra. Mobiliario: A mesa deberá de ser ampla. A altura da mesa deberá estar en relación á altura da cadeira e do/a estudiante, de forma que as pernas formen un ángulo recto e os pés descansen no chan. TEMPO DE ESTUDO Deberás:  Marcar obxectivos concretos a longo prazo. Un exemplo podería ser: “ Este curso aprobarei tódalas materias cunha media de notable”.  Planificar que podes facer cada semana para lograr ese obxectivo a longo prazo. Un exemplo podería ser: “Estudar tres días á semana unha hora ou unha hora e media”  Tras ter claros os días organizar un horario os domingos para toda a semana deixando ocos para posibles imprevistos.


MOTIVACIÓN E AUTOMOTIVACIÓN Podes probar aquí tes o exemplo dunha tarefa que che pode axudar:  Realiza unha lista con ideas que comecen “ Non son capaz de ……” “ Resúltame difícil…….”  Agora realiza unha lista con ideas que comecen “ Son capaz de …..” “ Gústame……” 

A continuación analiza a primeira das listas e pensa se podes cambiar e que podes facer para logralo.

Por último risca todas as frases da primeira columna e escribeas na segunda columna.

Coloca estas listas e ponas no teu lugar de estudo e repíteas en voz alta de vez en cando.

ATENCIÓN E CONCENTRACIÓN Dentro dos procesos de Atención e Concentración afectarán tanto Factores Externos como Factores Internos. Dentro dos Factores Externos están moitos dos que falamos ata o momento: Lugar de Estudo, Iluminación, Tempo de Estudo e.t.c. Dentro dos Factores Internos podemos falar de Falta de concentración nos obxectivos, Cansancio ou Nerviosismo. Cando perdas a Atención, debido a factores Internos, aquí tes algunhas opcións que che poden ser útiles:  Ponte máis en serio, céntrate na tarefa animándote a ti mesmo/a a continuar.  Cambia a estratexia de estudo procurando que o que fagas sexa máis activo;  Cambiar da lectura ó subliñado.  Cambiar dun resumo a un mapa conceptual.  Cambia a materia ata outra que che apeteza máis.  Descansa uns minutos e prosigue logo coa tarefa.


ACONTINUACIÓN DE PREPARAR O TEU LUGAR DE ESTUDO, MOTIVARTE E CONCENTRARTE DEBES

ACTIVAR OS TEUS COÑECEMENTOS PREVIOS

Para activar os teus coñecementos previos podes realizar unha lectura rápida de Títulos e Subtítulos adicando un tempo en pensar cal é o contido. SKIMMING. Lectura veloz que nos permite comprender o esencial do texto mediante un ritmo acelerado no que pasamos únicamente os ollos por tódalas páxinas para procurar captar o básico do texto. ( Temas, Estructuras Básicas,…)

SCANNING: Lectura veloz que permite a extracción de información específica, axúdanos a buscar aquelo que nos interesa, que estamos buscando. Para elo procuramos detectar palabras que teñan que ver co tema que nos interesa no texto, prestando atención nos párrafos.

E POR ÚLTIMO, AQUÍ TEDES ALGUNHA ESTRATEXIA DE RECOLLLIDA E SELECCIÓN DA INFORMACIÓN: 

TOMA DE APUNTES: O obxectivo é extraer as ideas máis importantes dunha exposición e reflexalas con claridade, orden e brevidade. Deixar márxenes, letra clara, organizar visualmente as ideas...

LECTURA COMPRENSIVA: Trátase dunha lectura lenta, profunda, reflexiva e exhaústiva. Ás veces é convinte unha segunda lectura en función da complexidade do texto.

SUBLIÑADO: É unha das Técnicas de Selección e pode ser unha das máis tradicionais e das máis efectivas. Condicións dun correcto subliñado:    

Nunca se debe subliñar sen ler o texto enteiro. Nunca se debe subliñar máis do 50% do texto. O subliñado debe ter sentido por si mesmo. Non se subliñan preposicións, artigos ou conxuncións senón é estrictamente preciso.

Un saúdo. A Orientadora



ATOPA AS DIFERENCIAS



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.