Charetas 2017

Page 1

N BLANCO

1



ÍNDICE Editorial ................................................................................................. 2 Letras Galegas 2017 – Carlos Casares (6º A – 6º B)

...................... 3

Unha alimentación sá para una boa saúde (5º A)................................ 9 Creacións a partir da realidade (5º B).................................................. 12 Un curso en imaxes (1 ºA - 1º B)..........………………………………….. 14 Un paseo outonal (2º A)......................................................................... 18 Experiencia con sementes (2º B) ……………………………………….. 20 Saída á Escola Habaneira (3º B)............................................................ 22 Salvade os ameneiros (3º A) ..……………………………….…..……... 24 El grito (4º A)......................................................................................... 26 O entroido no noso cole (4º B).............................................................. 28 As nosas emocións (4º Ed. Infantil)…….............................................. 30 Conmemoracións no cole (5º Ed. Infantil)………………….……….……. 32 A galiña azul (6º Ed. Infantil)................................................................ 34 Fixemos e faremos………………………………………………………… 36 As nosas charetas…………………………………………………………. 37 English cormer………………………………………………………….….. 38 Música.................................................................................................. 40 Aprendizaxe cooperativa ( Dep. Orientación)...................................... 42 ANPA………………………………………………………………………... 44

1


Nesta primavera de 2017, como afanados artesáns, imos tecendo palabra a palabra, imaxe a imaxe, un novo exemplar da nosa revista Charetas. Na presente edición, fundamentalmente ilustrativa, queremos ofrecervos unha pequena mostra do noso traballo ao longo deste curso. Como cada ano, un autor galego recibe mención especial no día das Letras Galegas, neste caso Carlos Casares Mouriño, quen tamén teceu con palabras os seus pensamentos, as súas ideas, para ofrecernos unhas marabillosas obras que engrandecen o patrimonio literario galego. Carlos Casares consideraba que “a sinxeleza é elaboración”, este principio guiou a súa obra e foi quen de chegar a lectores moi diversos. Desexamos compartir con todos vós o noso tecido. Esperamos que o gocedes. Vilalba, maio de 2017

2


CARLOS CASARES Autor homenaxeado o día das Letras Galegas 2017

Naceu na Limia (Ourense) o 24 de agosto de 1941. Aos 4 anos marchou para Xinzo de Limia porque seu pai traballaba de mestre, 8 anos máis tarde ingresa no Seminario ourensá. A continuación trasládase a Santiago de Compostela para estudar Filosofía e Letras, onde entra en contacto co grupo de estudantes galeguistas. Carlos Casares casa con Kristina Berg en 1971[ unha rapaza de Halmstad, Suecia. Alí naceron os

seus fillos Håkan (1974) e Christian (1976)

O 27 de maio de 1978 ingresa na RAG.

Foi crítico, literario, político e escritor en lingua galega. No ano 1985 faise cargo da dirección xeral da Editorial Galaxia. Faleceu o 9 de marzo de 2002, e foi soterrado no camposanto de San Fiz de Nigrán, concello no que residía había máis de vinte anos.

Casa de NIGRÁN

3


LUGARES IMPORTANTES PARA CARLOS CASARES

Ourense : Foi onde naceu e onde máis adiante ingresa no seminario. Xinzo de Limia : Foi a comarca da Limia o territorio no que pasou a súa nenez e deixou unha gran pegada nel . Alí aprende o nome das árbores, paxaros e escoita historias da guerrilla antifranquista . Tamén inicia unha relación moi natural e divertida co cine e a radio, coa lectura, co fútbol , co xogo e cos xoguetes en miniatura que el mesmo construía . Santiago de Compostela: Coñece a Ramón Piñeiro e alí escribe ”A Galiña Azul´´ e ”Cambio en Tres ´´ uns dos libros máis importantes para el. Tamén porque coñece a Kristina Berg, que máis tarde se convertería na súa esposa. Suecia Suecia era como a Galicia soñada para el . Aprende o idioma e os costumes do país .

4


CURIOSIDADES  Un ano Carlos Casares caeu a un río, no que por pouco afoga se non fora polo seu irmán que o salvou. Ao seginte ano o seu irmán por pouco afoga no mesmo río e Carlos Casares salvouno.  Carlos Casares é unha cidade ubicada no centro oeste da provincia de Buenos Aires, Argentina.  Coñece a súa muller no tren “TER” de Ourense a Santiago.  Na familia materna de Carlos Casares había varios cregos, mesmo algún arcebispo, que influiría na súa nai para que o ingresaran no seminario de Ourense .  A súa firma:

5


6


ALGUNHAS OBRAS LITERARIAS

7


A galiña azul foi publicada no ano 1968 e foi unha das primeiras obras editadas Galicia cando tiña 2 anos. Foi enviada para que ela non esquecese a súa terra e para que soubese as cousas que acontecían na súa ausencia...Nel aparecen persoaxes inesquecibles coma Leoncio, a abnegada formiga esquiadora e a galiña azul que ten 5 plumas vermellas nunha a e que pon ovos de cores.

8


9


10


11


CREACIร NS A PARTIR DA REALIDADE Maquetas feitas polo alumnado de 5ยบ B

12


13


14


15


16


17


18


19


20


21


22


23


OS ALUMNOS DE 3º A TRABALLAMOS A SEMANA DA AUGA E DAS ÁRBORES, ESTA É A NOSA PARTICULAR VISIÓN DO LIBRO: SALVADE OS AMENEIROS.

24


25


EL GRITO

“El Grito” é un cadro do pintor noruegués Edvuard Munch. Munch naceu en Loten (Noruega) no ano 1863 e finou en 1994. Esta é a súa obra máis importante, pintouna en 1893 despois de ver un atardecer cando paseaba cos seus amigos. Contou que cando camiñaban, o ceo púxose vermello e tivo que pararse canso e asustado. Cando vemos o cadro transmítenos esa angustia que sentía. Para debuxar a figura humana inspirouse nunha momia dun guerreiro peruano. No ano 1994 roubaron o cadro, pero recuperárono semanas despois.

Nós fixemos as nosas propias versións, esperamos que vos gusten.

26


Alumnos e alumnas de 4ยบA

27


O ENTROIDO NO NOSO COLE Este

ano “mandáronnos”

disfrazar de

culturas e países do mundo. Cada grupo, clase, curso, nivel….. elixiu o país que máis lle gustou, o que lle pareceu máis fácil, aquel que estaban traballando no momento, ou, coma no noso caso, o país de dous dos nosos compañeiros de clase. Houbo representantes de distintos países: indios americanos, exipcios, masais africanos, mexicanos, italianos, marroquís, franceses, brasileiros, xaponesas, outras tribos africanas, ianquis, caribeños…

Na maior parte dos casos a elaboración do disfrace foi a partir de materiais de refugallo e a axuda das nosas familias. Moitos mercaron algún complemento e outros fixéronnos na clase: colares, coroas... En xeral, o que máis nos gustou do noso disfrace foron os complementos dos traxes, as pinturas, os bailes.... Da festa que fixemos gustounos moito o desfile, pasámolo moi ben bailando e xogando todos xuntos e tamén no xuízo do Meco. O xuízo presentárono dous compañeiros

de

sexto

que

foron

os

encargados de ler as coplas que fixeramos nas clases (algúns compañeiros din que lles gustaría que cada curso tivera un representante para ler as súas coplas).

28


AQUÍ TEMOS AS COPLAS QUE FIXEMOS PARA XULGAR AO ANTROIDO Xa chega o Entroido, días de ilusión, pois pódome disfrazar con moita imaxinación.

Ímonos lanzar a aventura e pedirlle ó Entroido a pintura. O colexio máis colorido, sería alegre e divertido.

Ei rapaces, buscade os disfraces, todos a bailar, todos a cantar!

Estes do concello, non saben arranxar, porque as goteiras seguen a pingar.

Os que pasamos a primeiro este ano temos aulas novas, un recuncho na Biblioteca no que gozar horas e horas.

Por fin puxeron pizarras dixitais, a nos gústanos un montón vemos vídeos xeniais e aprendemos mogollón.

No día de Rosalía sacamos fotos cun gaiteiro tocamos a pandeireta con Julián de tamborileiro.

Non queremos máis deberes non nos gusta traballar cando chegamos á casa queremos descansar.

Este Entroido foi moi malo levounos ao noso Agustín, xa non temos novos libros nen historias que descubrir.

Nin pistas, nin porterías nin xoguetes para o recreo, o chan cuberto de pedras. moito mal nos fai o meco.

Pablo estivo no hospital triste e moi maliño, sustituiuno Xusto e xogamos un pouquiño.

Este meco queremos queimar e todos xuntos ímolo celebrar.

Arredor do lume queremos bailar e pedirlle ao Entroido por favor que dunha vez por todas leve os berros que hai no comedor.

Adeus meu meco! Choramos de loito. Ata o ano que vén Non facemos outro.

Alumnado 4ºB

29


30


31


AMAR, ACEPTAR, RESPETAR, COMPARTIR, AGRADECER, FOMENTAR, EDUCAR, VALORAR, CRER. APOIAR, ALCANZAR, CONSEGUIR, ANIMAR, COLABORAR, LOGRAR... QUERER...!

ADEMAIS, NESTE CURSO... COMEMOS CASTAÑAS

SEMPRE... 8 DE MARZO

EDUCACIÓN INFANTIL 4 ANOS CELEBRAMOS O SAMAÍN

DÉMOSLLE A BENVIDA AO INVERNO ...

32


... E PREPARÁMONOS PARA O NADAL

DÍA DA PAZ

PARTICIPAMOS

... E PLANTAMOS

DISFRUTAMOS NO ENTROIDO

... E PASÁMOLO COMO INDIOS

33


34


35


Fixemos e faremos Aló por setembro empezamos con bo ritmo presenciando no cole un concerto didáctico que ofreceu o conservatorio de Vilalba.

Tamén nos achegamos ao IES Lois Peña Novo e puidemos ver diferentes obradoiros e aulas onde o alumnado aprende electricidade, mecánica… Asistimos a charlas ofrecidas por COGAMI, pola DGT. Realizamos paseos polo Paseo dos Soños e pola contorna observando e estudando a natureza.

Tamén en setembro os nenos e nenas de 6º foron ao Gaiás para asistir a un obradoiro sobre informática e robótica.

O alumnado de 4º acudiu á casa da cultura para visitar a exposición “Mirar con tacto”.

Celebramos o Magosto, o Nadal, o día da Paz, o Entroido, o día da árbore, da auga…

Achegámonos á escola habanera de Santaballa para entender un pouco mellor como era a escola nos tempos dos nosos avós. Estivemos en Champivil comprobando como os productos da terra se convirten en conservas e teñen unha boa acollida incluso no estranxeiro. Visitamos a imprenta Junor onde nos mostraron a maquinaria e as técnicas de impresión.

36

Falamos moito de Rosalía, participamos en concursos (e gañamos moitos premios). Desplazámonos ata Vegadeo para participar en diferentes obradoiros. E tamén traballamos un montón nas clases e aprendemos moito. Agora estamos na semana das Letras Galegas e de aquí ao remate do curso aínda nos quedan saídas e moitas actividades por facer e máis por aprender


A FILLOA TRIANGULAR Érase una vez unha filloa triangular que se chamaba Trinki. Vivía no país das filloas redondas, pero ela como era doutra forma non encaixaba moi ben alí. Quería ser redonda coma as outras filloas porque se rían dela e dicíanlle:”ja,ja,Trinki pareces un queixo de San Simón”. Pero non só ten inimigos, tamén tiña amigos, a súa mellor amiga chamábase Azucre. Azucre era moi doce e todos eran amigos dela, como era tan boa era a mellor amiga de Trinki. As dúas pasábano xenial, cada vez que estaban xuntas cavilaban un pouco para ver como podían facer para que Trinki se convertera nunha filloa redonda. Trinkiera famosa por ser triangular, pero a ela non lle gustaba ser famosa. Moitas filloas doutros países ían alí só para vela, porque as filloas triangulares non eran nada comúns, e a Trinki dáballe moita vergoña. Despois de moito pensar a Azucre veuselle unha cousa á cabeza: recordou que unha vez na televisión saíra que no país de Filloacadrada había un mago. Pero Trinki preguntoulle como ían chegar alí. Azucre díxolle que podía reservar uns billetes de avión para o domingo á noite. Aceptou. Cando Azucre chegou á casa púxose a facer o que tiña que facer e Trinki púxose a preparar a equipaxe. Ao día seguinte Azucre imprimiu os billetes e tamén fixo a equipaxe, despois chamou a Trinki por teléfono para dicirlle que xa tiña os billetes listos e este díxolle que xa ía buscalos. O día seguinte xa era o día no que se ían a Filloacadrada. Trinki e Azucre xa estaban no aeroporto. A viaxe foi moi ben. Cando saíron do aeroporto viron todo moi cambiado, todas as filloas eran cadradas! A Trinki deulle un ataque de risa pero concentrouse no mago, foron na súa busca e cando o atoparon puxéronse moi contentas. Entraron ao castelo onde vivía e viron que era moi amable, contáronlle o que querían, o mago díxolles que tiña o feitizo adecuado que se chamaba “o feitizo cambia formas”. Puxéronse mans á obra, o mago murmurou o conxuro e ... plaf!!! Trinki convertíuse nunha filloa redonda! e desde aquel día foron moi felices para sempre. Natalia León (4ºB)

AS NOSAS CHARETAS

A FILLOA TRAVESA O ano pasado fomos á feira da filloa a Muimenta, con toda a familia. Puxémonos á cola para probar as filloas, cando estabamos a piques de probalas vimos que nun prato non había filloas e unha señora andaba correndo detrás dunha. A filloa saltaba de prato en prato. Ao final toda a xente estaba mirando para a filloa e a señora que corría detrás dela. Aos meus curmáns e a min tívonos tanta graza que decidimos chamarlle a filloa travesa. A feira fíxose un absoluto desastre, pero a xente que estaba alí, polo menos eu creo, que o pasou bastante ben ou moi ben. A pesar de todo, a min gustoume moito e gustaríame volver este ano, probar as filloas e participar no concurso que fan sobre a festa da filloa. María Otero (4ºB) 37


ENGLISH CORNER When’s your birthday?

38

January

February

March

April

May

June

Jully

August

September

October

November

December


30 Days has September Rhyme 30 Days has September, April, June and November. All the rest have 31, except for February, it´s the one which only has 28 days clear and 29 in each Lap Year.

Some riddles: 1

I’m there once in a minute, twice in a moment, but never in a thousand years. Who am I?

2

I’m big and yellow. I’m in the sky. I’m very hot. What am I? 3

I’m full of holes. I can hold water. What am I?

4

What kind of tree you can carry in your hand? 5

What kind of room has no doors or windows?

6

What is the end of a rainbow?

39


Música Como cada curso escolar, os/as alumnos/as de sexto nivel de primaria convertémonos en luthiers, é dicir, construtores de instrumentos. Pero esta actividade non tivo como único obxectivo artellar con todos eles unha exposición; ademais, aprendemos a reutilizar materiais de refugallo, a darlles nova vida en forma de obxectos con un fin fermoso: facer música! Mais, acaso, a finalidade última foi contar coa colaboración das nosa familias na realización dunha actividade lúdica e ao mesmo tempo formativa. A nosa exposición estivo montada no patio do cole dende o 13 de xaneiro até o 24 de marzo. Non obstante, se alguén non se lembrou de ollala a tempo, imos agasallarvos con unhas fotos da mesma. Agardamos que vos guste!

40


De seguro que algúns papás e mamás que ollen estas páxinas lembrarán neste momento ao grupo arxentino “Les Louthiers” e os seu magníficos instrumentos inventados : Tubófono Parafínico Cromático, Bajo Barriltono, Contrachitarrone da Gamba, Alt-Pipe a Vara, Glisófono Pneumático... e un longo etc.

Nós tamén poderiamos pórlles nome aos nosos instrumentos, non demos niso, mágoa. Sairían uns nomes ben acaídos! De todos xeitos, aquí tedes maracas, paus de auga, bongós, kelongtons, caixas rítmicas, baterías, carillóns de auga, guitarras, tambores, banjos, e moitísimos máis. Convidámosvos a todos/as a facer de louthiers!

41


A APRENDIZAXE COOPERATIVA Definición de aprendizaxe cooperativa

Unha estrutura cooperativa na aula é aquela organización da situación de aprendizaxe que xera interacción e interdependencia entre o alumnado dentro de grupos de traballo que perseguen un mesmo obxectivo. Desde os anos setenta e ata este momento, non só hai múltiples experiencias de aprendizaxe cooperativa en todo tipo de contextos, senón que existe unha ampla evidencia científica acerca da súa efectividade: a aprendizaxe cooperativa promove tanto a aprendizaxe coma o desenvolvemento das competencias básicas do alumnado. Neste sentido, por exemplo, é unha ferramenta fundamental para aspectos como a competencia social e cidadá, aprender a aprender ou a competencia en comunicación lingüística, e resulta moi útil para darlle realismo e sentido ao resto das competencias.

Principios fundamentais

David W. Johnson e Roger T. Johnson desenvolveron cinco principios para unha aprendizaxe cooperativa de calidade: 1. Interdependencia positiva: resúmese no lema "Nadar ou afundirnos xuntos" e implica facerlles comprender aos estudantes que un non ten éxito, a menos que todo o mundo teña éxito na aprendizaxe e na realización da tarefa. 2. Interacción cara a cara: a interacción dentro do grupo busca ofrecer un sistema de apoio académico e persoal que garanta a interdependencia e a dispoñibilidade de recursos e de axuda para todos. 3. Responsabilidade individual e grupal: cada membro do grupo debe responder ante os demais e ante o docente en relación co seu esforzo individual e a súa achega á tarefa desempeñada; o obxectivo é educar individuos autónomos que saiban vivir en sociedade e traballar en equipo.

42


4. Desenvolvemento de destrezas interpersoais e grupais: a aprendizaxe cooperativa supón para os estudantes un dobre reto; por unha banda, a realización das súas tarefas académicas e, por outra, o propio traballo en equipo, para o cal tamén han de ser preparados. Desde a toma de decisións ata a resolución de conflitos, o traballo en equipo é unha aprendizaxe complexa, pero absolutamente valiosa, para a escola e para a vida. 5. Avaliación grupal: o grupo (xunto ao docente) debe valorar como se está a realizar o traballo, se se están alcanzando as metas e se o grupo mantén unha relación de traballo efectiva. Esta valoración, ademais, debe levar consigo decisións e cambios para que o funcionamento do grupo mellore.

Beneficios da aprendizaxe cooperativa

 Contribúe ao desenvolvemento cognitivo.  Reduce a ansiedade.  Fomenta a interacción, a autonomía e independencia.  Permite a adecuación dos contidos ao nivel do alumnado.  Desenvolve destrezas complexas de pensamento crítico.  Favorece a integración, a comprensión intercultural e o desenvolvemento socioafectivo.  Aumenta a motivación cara a aprendizaxe escolar.  Mellora o rendemento académico.  Reduce a violencia na escola.

Por todo isto, queremos invitarte a que o COÑEZAS e o PROBES na túa AULA!! 43


ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS DO COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA MANUEL MATO VIZOSO. Como todos os anos levamos a cabo entre todos un novo nº da revista “Charetas” e tamén, como todos os anos, aproveitamos a ocasión para contarvos un pouco do traballo que facemos en esta Asociación. Somos arredor de 123 familias, con 167 nenos, os que formamos parte desta A.N.P.A. e durante este ano levamos a cabo as seguintes actividades: -Natación: con 40 nenos. -Zumba infantil: con 13 nenas. -Inglés Oral: con 35 nenos. -Pintura: con 10 nenos. -Informática: con 24 nenos. -Patinaxe: con 39 nenos. -Hípica: con 4 nenos. Dende o día 9 de xaneiro de este ano, puxemos en marcha, xunto coas A.N.P.A.S dos outros Colexios de Vilalba, un SERVICIO DE MADRUGADORES, para unha maior conciliación da vida familiar e laboral. En este curso 2016-2017, e coa colaboración de todas as familias, estamos a traballar para conseguir un espazo cardiosaudable para o noso Centro, a través do proxecto Salvavidas. Estamos a traballar ademais, para ofrecer unha maior variedade de actividades para o próximo curso e ampliar as horas das que xa temos. Antes de rematar, queremos dar a benvida ós nenos e nenas que chegaron ó noso Colexio por primeira vez, e unha agarimosa despedida aos alumnos/as que rematan os estudios neste Centro desexándolles a todos que continúen pola senda do coñecemento. Moitas grazas.

44




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.