Charetas 2016

Page 1


ÍNDICE Editorial .................................................................................................. 2 Letras Galegas 2016 – Manuel María (6º)

....................................... 3

4º Centenario falecemento Cervantes (1º) ........................................... 10 As aventuras de Don Quixote e Sancho pola Chaira (1º)...................... 11 Roedores (2º)......................................................................................... 12 A Lúa (3º A)............................................................................................ 18 O Paseo dos Soños…………………………………………….…..……… 20 Mitoloxía (4º A)....................................................................................... 22 A boneca (4º B)...................................................................................... 26 A árbore máxica (4º B)………………………………………………..……. 27 Entrevista a Eli Ríos (5º)………………………………………………....... 28 O marabilloso mundo das abellas e a elaboración do mel (5º).............. 30 Alumnos/as de Educación Infantil 3 anos.............................................. 32 A primavera chegou e a clase de 4 anos así a pintou………………….. 34 Educación Infantil, 5 anos..................................................................... 36 Un recanto para a lembranza (5º B)....................................................... 38 Até sempre, profe! (6º A)......................................................................... 41 Os cogomelos do bosque (6º)................................................................. 43 Música...................................................................................................... 45 English corner.......................................................................................... 46 Que é a ximnasia cerebral? (Orientación)............................................... 47 APA…………………………………………………………………………..

49


“Non hai nada no mundo, nada tan fondo, lúcido e fermoso como a nidia claridade da palabra.” Versos que, con gran atino, Manuel María lle adica á palabra en “Os lonxes do solpor”. Sen dúbida el foi consciente da grandeza da palabra e así quedou reflexado na súa extensa obra poética. E, con palabras e imaxes, queremos mostrar nesta nova edición de Charetas unha pequena parte do acontecer deste curso no colexio. Un curso no que se están a producir cambios xa dende o comezo co nomeamento dun novo equipo directivo, novos profes, arranxo do pavillón, … E non nos podemos esquecer da consecución dun logro que levábamos solicitando dende fai moito tempo, o derribo do frontón. Temos que mencionar especialmente a xubilación de Mª José López Paz, unha profe que levaba con nós moitos anos, que lembramos con cariño e a quen lle desexamos moita sorte na súa nova etapa. Agardamos que a vindeira primavera agrome de novo Charetas como agroman as follas nos carballos. Como dicía Manuel María: “Agromou a folla. Naceu para ollar con asombro ao universo e para clarificar á primavera.”


MANUEL MARIA Manuel María Fernández Teixeiro, naceu en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e morreu en A Coruña o 8 de setembro de 2004. Foi un poeta e académico da lingua galega. Fillo de dous labregos acomodados, Antonio Fernández Núñez, que foi o alcalde de Outeiro de Rei, e Pastora Teixeiro Casanova. En 1942 trasladouse a Lugo para estudar o Bacharelato. En 1950 publicou o seu primeiro poemario “Muiñeiros en Brétemas”. Froito da decepción por suspender os exames de ingreso á Universidade de Santiago o seu segundo poemario “Morrendo en cada intre”. Fixo o servizo militar en Santiago de Compostela, e cando rematou, volveu a Lugo, para prepararse como procurador. En 1958 instalouse en Monforte de Lemos como Procurador dos Tribunais. Deu clases nunha academia e colaborou nunha emisora de radio, e ao ano seguinte casou con Saleta Goi. Sendo a poesía o seu xénero preferido, tentou a man tamén co ensaio, a narrativa e o teatro. Elixido membro correspondente da Real Academia Galega en 1970, renunciou nunha carta pública que apareceu nos xornais galegos en 1975. Foi concelleiro en 1979 en Monforte, e en 1985 abandonou a militancia política para dedicarse á actividade literaria e cultural, asentándose na cidade de A Coruña. En 1997 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Volveu ingresar na RAG con 73 anos, o 15 de febreiro de 2003, nun acto celebrado en Vilalba, pronunciando o discurso “A Terra Chá: poesía e paisaxe”. Está enterrado en Santa Isabel (Outeiro de Rei). O día 4 de xullo de 2015 anunciouse que se lle adicaría o Día das Letras Galegas 2016.


A SÚA OBRA Manuel María é unha das personalidades literarias máis importantes das letras galegas do século XX. Autor de máis de cincuenta títulos de poesías, traducidos a varios idiomas, e máis de vinte obras teatrais. Se ben o seu idioma foi o Galego, tamén escribiu unha poesía en castelán, no ano 1.960, titulada “Sermón para dicir calquera cosa”. Na súa obra destaca a súa forma de ser, galego de carácter combativo e compromiso político. Dentro da poesía, o seu xénero predilecto, fixo poesía social, poesía paisaxística, poesía de escarnio, incluso de temas relixiosos, pero destacan os adicados ao amor. A súa primeira obra foi o poemario “Muiñeiro de Brétemas “publicada en 1.950. Moitas das súas creacións foron musicalizadas e cantadas por solistas ou grupos como Fuxan os Ventos, A Quenlla, Suso Vaamonde, María Manuela… Manuel María era un poeta da vida que o rodeaba, das cousas pequenas; un poeta do pobo para o pobo, de aí que tiña unha sintaxe sinxela directa, nada rebuscada e; desta maneira todo o mundo o poida ler e entender. Da súa extensa obra podemos destacar:

POESÍA · MUIÑEIRO DE BRÉTEMAS (1.950)

·VERSOS PRA CANTAR EN FEIRAS E ROMAXES (1.969)

·TERRA CHA (1.954) ·CANCIÓS DO LUSCO AO FUSCO (1.970) ·OS SOÑOS NA GAIOLA (1.968) ·99 POEMAS DE MANUEL MARÍA (1.971) ·BARRIGA VERDE (1.968) ·VERSOS PRA UN PAÍS DE MINIFUNDIOS (1.969)

·ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI (1.982) ·CAMIÑOS DE LUZ E SOMBRA (2.000)…

TEATRO · AUTO DO TABERNEIRO (1.957) ·BARRIGA VERDE (1.970) ·AUTO DO MARIÑEIRO (1.961) ·AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA (1.979)…


NARRATIVA ·CONTOS EN CUARTO CRECENTE E OUTROS PROSAS (1.952) ·KRICOI , FANOI E DON LOBONIS (1.973)

Comentamos algunhas obras poéticas: TERRA CHÁ “Terra chá” é un libro de poesía lírica, que foi modificado e ampliado, do que xa se publicaron varias edicións. É o libro que máis amou o autor. Nel fai cantos as súas romaxes, á xente, aos prados e animais, ao tempo, ás árbores e aos paxaros. A última publicación inclúe poemas como “Louvanza aos queixos de San Simón” e “Os capós”. Algúns poemas están adicados a Vilalba e a Terra Chá. TERRA CHÁ A Terra Chá somentes é: un povo aquí, outro acolá mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá. VILALBA

POEMIÑA DO RÍO MADALENA

Vilalba, dona da Chaira soportando un ceo gris: ¡sobre a gracia da abelaira anda a cantar o malvís...!

Madalena é o teu nome, a palabra que che cadra. ¡O teu nome é Madalena mais apelídaste Ladra!

¡Vilalba, vella planura gallopada dos Andrade! ¡Raíña da fermosura nun trono de señardade!

De nacencia eres chairego, vilalbés de profesión, ¡a túa fala é a labrega e galega a túa canción!

¡Ouh, Alonso de Lanzós e Rui López de Aguiar! ¡Nombres e claros varós! ¡Flor de romance e cantar!

Eres claro e cristalino, voz sinxela e cantareira, ¡limpo espello que reflexa a gracia da abidueira....!

Ouh Vila do Amencer, misteriosa, silandeira: ¡fírgoa de lúa a tremer da color da abidueira...!

Estás feito de cantigas pois só cantar vale a pena. ¡O teu apellido é Ladra e o teu nome é Madalena!


OS SOÑOS NA GAIOLA Neste poemario lembra a súa lonxana infancia labrega. Desas lembranzas foron nacendo estos versos. Canta a Galicia, aos homes e ás terras, aos nenos e nenas, aos animais e aos paxaros. O autor di: Para que os leades na casa e os disfrutedes na escola escribín con moito amor os meus “Soños na gaiola”.

O libro empeza con este fermoso poema a Galicia: GALICIA Galicia docemente está ollando o mar: ¡ten vales e montañas e terras para labrar!

Ten portos, mariñeiros , cidades e labregos ¡cargados de traballos , cargados de trafegos!

Galicia é unha nai velliña e soñadora: ¡na voz da gaita rise , na voz da gaita chora!

Galicia é o que vemos a terra, o mar,o vento... ¡Pro hai outra Galicia que vai no sentimento!

Galicia somos nós: a xente e maila fala. ¡Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!


ELEXÍAS Á MIÑA VIDA PEQUENIÑA Libro de poemas escrito por Manuel María no ano 1.950 dedicado a Álvaro Cunqueiro. As Elexías son poesías que expresan sentimentos de tristeza e dor. Escribiu este libro entre os dezanove e vinte de idade. Nel descubrimos os desacougos da mocidade angustiada, desnortada e inconformista daquela época. Este libro ten trece poemas onde o poeta escolle a elexía para dar contido a todas as angustias, soidades, sofrimentos e contradiccións que viña sufrindo naqueles anos. Este é un dos mellores documentos persoais do autor porque é coma un escáner persoal, social e poético, xa que dá fe de sí mesmo e da Galicia dos anos 50. Neste libro Manuel María considérase un imbécil, e incluso “cínico” porque aínda non ten arranxos para escribir o que verdadeiramente pensa e sente. No poeta aboian os sentimentos hacia a necesidade de que Galicia se erga da súa miseria social e escribiu versos que non debía, polo que lle podían pasar factura. Esta loita entre o que escribe e o que quixera escribir lévao a alégrarse ante a morte porque pensa que ten que pasar este momento tan negativo, para él e para Galicia. O seu desexo era poder cambiar o sistema político (ditadura) e a influencia da igrexia, que o dominaba todo, e así poder sacar á nosa terra e as nosas xentes da miseria.

CANCIONEIRO DE MONFORTE A

paisaxe de Monforte de Lemos impresionaba

fondamente a Manuel María e cando ollaba unha terra que o impresionaba deixaba as súas emocións nuns versos que gardaba como souvenirs. Este cancioneiro de Monforte de Lemos é un canto de amor a esta cidade e a estas terras nas que viviu varios anos.

Estatua adicada a Manuel María, en Monforte de Lemos, co Colexio de “Nuestra Señora de la Antigua” ao fondo.


ESCOLMA DE POETAS DE OUTEIRO DE REI Neste libro Manuel María tivo a fermosa idea de recoller as principais produccións poéticas dos poetas de Outeiro de Rei desde Xohan de Gaudioso (s XIII), Pepe da Costa, Manuel de Paderna.... ata Manuel María. Todas elas contan os mesmos temas: o amor,

a paisaxe, a morriña e a dor de sentirse

alonxados dos seus eidos natales.

No ano 2001 publicouse en dous tomos a súa Obra Poética Completa, que mereceu o Premio da Crítica de Galicia, o Premio “Irmandade do Libro” e o premio da Asociacion de Escritores en Lingua Galega. Do libro “Cancións para lusco ó fusco” é esta escolma poética en defensa da nosa lingua. CANCION PARA CANTAR TODOS OS DIAS Hai que defender o idioma como sexa: con rabia, con furor, a metrallazos. Hai que defender a fala en loita rexa con tanques, avións e puñetazos. Hai que ser duros, peleóns, intransixentes cos que teñen vocación de señoritos, cos porcos desertores repelentes, cos cabras, cos castróns e cos cabritos. Temos que pelexar cos renegados, cos que intentan borras a nosa fala.

Temos que loitar cos desleigados, que desexan matala e enterrala. Seríamos, sen fala, uns ninguén, unhas cantas galiñas desplumadas. Os nosos inimigos saben ben que as palabras vencen ás espadas. O idioma somos nós, povo común, vencello que nos xungue e ten en pé, herencia secular de cada un, fogar no que arde acesa a nosa fe.

A VERDADEIRA HISTORIA DE MANUEL MARÍA DE PADERNA O día 11 de marzo fomos ao Auditorio Municipal de Vilalba a ver unha obra de teatro titulada “A verdadeira historia de Manuel de Paderna”. É un espectáculo teatral basado nos textos do poeta Manuel María e que puxo en escena a compañía de teatro Lucecús.


Manuel de Paderna era algo poeta e traballaba de barbeiro e de alguacil no Concello, pero gustáballe máis facer poesía que traballar. Estaba namorado dunha rapaza do pobo chamada Teodora, que era sobriña do alcalde. Manuel íalle facer rimas a Teodora cada noite e, un día acabou conquistando o seu corazón. Don Capitón, (xefe de Manuel) ao que non lle gustaba nada a poesía, pillouno facendo versos no traballo e advertiulle que se o pillaba rimando outra vez o despediría. Os habitantes da vila non tiñan río e Manuel recitou uns versos e comezou a brotar o río. Ademáis coas súas rimas facía cambiar o rumbo dos ríos e comunicábase cos paxaros. Don Capitón odiaba as rimas ata o punto que un día colleu un coitelo para matalo; pero Manuel coas súas rimas conseguiu quitarllo porque Paderna posuía o don da palabra e era capaz mesmo de brotar as fontes e curar ás persoas. Un día foi á súa perruquería a señora Abade, díxolle que tiña unha reunión moi importante e pediulle peiteados que non sabía facer; Paderna finxiulle que tiña uns bichos na cabeza para asustala e así non facerlle o traballo. Os persoaxes, ás veces, dirixíanse ao público para que a obra fose máis divertida, o que facía que participaramos todos os presentes. Na función falouse do amor e dos traballos que hai que facer para saír adiante. Esta obra trata de ensinarnos que a violencia non é a solución. Explica que Paderna, debaixo dunha oliveira, ensinoulle a Manuel María a facer versos. A obra rematou unindo as catro caixas que había no escenario para formar un puzzle no que se visualizaba un gran retrato de Manuel María. MURAL DE AULA

ALUMNOS E ALUMNAS DE 6º




ROEDORES O día 8 de marzo, con motivo do Dia Internacional da Muller, os nen@s de 2º A e 2ºB fomos ver unha obra de teatro titulada “ROEDORES” ó auditorio Carmen Estévez de Vilalba. Recordamos algunhas escenas da obra cos debuxos de cada un dos nosos alumn@s.

2ºA




2ยบB




A Lúa é o único satélite da Terra e xira arredor dela. Tarda 21 días en dar unha volta completa.Nun ano a Lúa da 12 voltas arredor da Terra. A Lúa non ten luz propia, vémola porque reflexa a luz do Sol. Podémola ver de catro formas, son as catro fases da Lúa: Lúa chea, Lúa nova, cuarto crecente e cuarto minguante. Na Lúa non hai atmosfera, entón non chove nin fai vento, por iso seguen alí sen borrarse, as pisadas dos astronautas.

O primeiro home en pisar a Lúa foi Neil Armstrong en 1969.

Sen ser rica teño cuartos e sen morrer nazo nova e a pesar de que non como hai noites que luzo chea.

Si de tarde unha roda envolve a lúa Antes de media noite,vento e chuvia.

O que moito mira a lúa nunca enche o bandullo.

A lúa de xaneiro é a máis clara do ano enteiro.


A LÚA A señora Lúa inda está solteira. ¡ A señora Lúa, a Lúa lueira! A a ¡ e

Lúa lueira, señora Lúa: ten gana de troula quere ir de rúa!

¡E quere ir de rúa, de troula ir quería, que sente morriña e melancolía! A señora Lúa, a Lúa rueira, como anda de noite, sempre está tristeira. Sempre con tristura e melancolía que anda pola noite e dorme polo día. Que a señora Lúa co Sol quér casar. ¡E ándao buscando sen podelo achar! A señora Lúa, a Lúa tristeira: ¡ se non dá co Sol quedará solteira! Manuel María

3º A


O PASEO DOS SOÑOS O martes 10 de novembro os alumnos e alumnas de terceiro percorremos un paseo que moitos vilalbeses fan a miúdo aínda que non saiban que dende fai xa uns dez anos foi bautizado pola Irmandade Manuel María da Terra Cha e a Asociación Xermolos como “Paseo dos Soños”. Dende o ano 2006 érguenlle un monólito cada 100 metros a un escritor chairego. Alí acaban os grandes das letras chairegas sendo propietarios dun hectómetro literario neste paseo e dun monólito que así nolo lembra. Saímos do colexio e camiñando dirixímonos ao muiño do Rañego, alí poidemos ver como a forza da auga movía aquelas grandes pedras que fai anos convertían os grans en fariña.

Despois dirixímonos ao paseo que ten a súa entrada presidida polo monumento dedicado a Paco Martín e ao seu personaxe Ramón Lamote.

Seguimos o percorrido fixándonos tamén nas árbores que viamos: salgueiros, ameneiros, carballos... Moi contentos chegamos á gaiola que nos lembra ao escritor ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas: Manuel María e os seus Soños na gaiola.

Un pouco máis adiante atopamos o monólito ao vilalbés Agustín Fernández Paz que representa un montón dos seus libros.

No ano 2009 colocaron un monumento conmemorativo da obra de Xavier P. Docampo.

Cen metros máis adiante outro chairego, Darío Xohán Cabana, tamén é lembrado cunha escultura feita en pedra por Valdi, coma a maioría das obras do paseo.


Chegando ao seguinte muíño, o dos Pasos, atopamos ao que nos lembra ao cura-mago de Castro de Rei co sombreiro, os aneis e a baralla, a Xosé Manuel Carballo.

Despois do muiño, a carón da pasarela de madeira que nos separa do chan enlamado, vemos o metacrilato adicado a Margarita Ledo Andión.

E, un hectómetro máis adiante, dous inseparables: Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes teñen o seu lugar dende o ano 2013.

E xa chegando ao remate, atopamos o do Xosé Chao Rego, que xa non está con nós, pero que sempre estará neste noso paseo cunha obra de dous vilalbeses, un artífice e outra a deseñadora.

Un pouquiño máis adiante chegamos ao remate da nosa andaina ao divisar o fermoso piano do que case que escoitamos a melodía que nos toca Ramón Chao Rego.

Neste 2016 colocarán outro monólito e así, pasiño a pasiño, chegaremos ata o muiño dos Freires e dende alí voltaremos, hectómetro tras hectómetro sen cansarnos de lembrar aos nosos escritores chairegos. Nenos e nenas de 3º B


MITOLOXÍA: OS ANIMAIS FANTÁSTICOS Queres coñecer animais fantásticos? Adéntrate connosco na mitoloxía, ese mundo de fantasía cheo de néboa onde non faltan historias fabulosas de deuses, semideuses, animais e heroes da antigüidade ou os mitos dun pobo e descubrirás animais diferentes que atoparás en contos e películas. Comeza a túa aventura: O Cérbero Non é un can calquera que se acobarde na pelexa. Ten tres cabezas para xamais ser vencido. A súa misión é vixiar toda a vida ás portas do inferno.O mundo ao que pertence é de sombras, non de luz, é estreito e limitado.

O DRAGÓN Este animal fantástico é paxaro e serpe, bota lume pola boca e polos narices. Animal temido aparece en fábulas, contos de guerreiros, de princesas e castelos. Pero os chinos adórano e organizan festas para agradalo.

O BUCÉFALO É o máis real dos animais fantásticos xa que foi un cabalo de combate e cabalgou sen deterse. Morreu vello e canso. Era valente e gozou de honores e fama por iso lle fixeron unha escultura.

O UNICORNIO É un cabalo cun corno na fronte, cheo de maxia que ten o poder de protexer aos homes contra os peores velenos e enfermidades. Animal perseguido polos homes pois buscaban eses dons consumindo o corno en forma de pó, tamén chamado Bezoar, na comida e na bebida. Como cabalo, gústalle vivir na espesa floresta entre pétalos e cantos baixo a luz das estrelas.

O FAUNO É unha divinidade popular dos campos e das selvas. Unha estraña criatura mestura de home e macho cabrío, con cornos na cabeza. Vive nos bosques, nos contos e lendas onde persegue as rapazas, da medo e fascina. Ten moitos poderes como o da seducción.


O OGRO Chamánlle monstro, criatura asombrosa, díse que devora aos nenos baixo a luz da lúa. Ten nos ollos unha mirada feroz e na súa enorme boca hai unha fame insaciable que permanece a través dos séculos. Noutros países dise que só morre cando lle cravan frechas no corazón. Pero non fai dano a ninguén porque é unha gran mentira. PEGASO Foi o primeiro cabalo que conseguiu estar entre os deuses da mitoloxía grega. Pegaso era o cabalo de Zeus, o Deus soberano e amo do ceo e da Terra. O seu pai foi Poseidón e a súa nai Medusa. Pouco despois do seu nacemento, o máxico corcel golpeou cun couce o chan do monte Helicón e no acto comezou a fluír un manancial, que é a fonte da inspiración poética. Pegaso era un fermoso exemplar de tipo ``sículo´´, cruzamento do ario e do persa, de cor branca e gran poderío. Estaba dotado de ás e voaba polos aires, cando non corría ``coma o vento´´ pola terra. Zeus encargoulle que lle levara o trono e mailo raio, os símbolos do seu poder. Posteriormente os deuses transformaron a Pegaso nunha constelación. Pegaso foi o cabalo máis rápido que endexamáis existiu e o símbolo da velocidade e foi tamén, o primeiro medio de transporte que se elevou polos aires.

A PÍNTEGA É un anfibio uródelo que se atopa en habitats acuáticos de media e alta montaña. Sae do seu agocho cando o tempo é frío e húmido. Vese nos camiños e ás veces agóchase baixo as pedras. A cor deste animal é negra con pintas amarelas. A súa pel ten substancias tóxicas para evitar ser atacada por outros animais. É un símbolo máxico que abonda moitísimo en Galicia e en toda Europa. O aspecto é gordocho, con cabeza grande e glándulas á vista xunto á cabeza. A píntega era venerada como símbolo da pureza, da permanencia e do lume. Metade dragón, metade serpe.

A SERPE MARIÑA Descrita como unha serpe xigantesca polos mariñeiros, capaz de envolver a un veleiro, é un animal temido dono dos mares, maoir cas baleas e que todos os animais da terra. Aparece en cadros, gravados, nas visións dos adiviños e nas historias dos naufraxios. Sempre rodeada de misterio.

O CÍCLOPE Na mitoloxía grega eran os membros dunha raza de xigantes cun so ollo na metade da fronte. Fortes, testarudos, de bruscas emocións. O cíclope é sinónimo de forza e poder. Había dúas xeracións de cíclopes. Pero o máis coñecido foi Polifemo, un dos protagonistas da Odisea de Homero. A primeira eran fillos de Urano e Gea, son os chamados ``artesáns principais´´. A segunda xeración está formada por un grupo de cíclopes que vivían en Sicilia. A primeira xeración estaba formada por Arges (o resplandor) Brontes (o trono) e Steropes (o relampo) foron os ferreiros forxadores do Olimpo mentras ca segunda xeración, adicouse o pastoreo en Sicilia.


A HIDRA É un personaxe da mitoloxía grega que tiña nove cabezas. Cando alguén lle cortaba unha das cabezas, outra lle crecía. Conta a mitoloxía que foi Hércules o que o venceu. Para facelo tivo que ter coidado porque a Hidra era moi velenosa incluso o seu alento era mortal. Hércules foi queimando as cabezas que cortara para que non volveran crecer.

A SEREA É metade muller e metade peixe. Coñece os antigos donos das profundidades. Cristobal Colón no seu diario de a bordo, relata que as viu saltando por riba das ondas coma peixes brillantes. Cos seus cantos hipnotiza aos mariñeiros que atraídos polo engano acaban en horrores e naufraxíos.

O LOBISHOME Son os protagonistas de moitas lendas populares galegas e de fóra. O lobishome é un home que se cre convertido en lobo e se comporta como tal, de noite cambiase en lobo de distintos xeitos. Ten as cellas unidas por unha grosa mata de pelo, semellante ao seu cabelo. Os que lle teñen medo, fan ben escondéndose, se a noite dos xoves coincide coa lúa chea.

O CENTAURO É metade home e metade cabalo. Co nome de Quirón, vive no país dos mitos e cabalga polos soños dos que soñan fantasías. Habita nun mundo imaxinario e son nobles, non abandonan a aventura porque aprenderon dos deuses o segredo dos valentes. Son veloces coma un relampo.

O GRIFO Ten cabeza de aguia e corpo musculoso. O seu corpo é dun león e no lombo ten unhas ás que permiten voar. E nas catro patas ten unhas garras afiadas. É o grifo dos soños e dos contos, a quen os máis vellos ían a facerlle ofrendas.


O AVE FÉNIX É un paxaro mítico da mitoloxía grega que se consumía pola acción do lume cada 500 anos, para logo rexurdir das súas propias cinzas. Cando chegaba a hora de morrer, facía un nido de especies e herbas aromáticas, poñía un so ovo que chocaba durante tres días, e ao tercer día ardía . O Fénix queimábase por completo e ao reducirse a cinzas, rexurdía do ovo a mesma ave, sempre única e eterna. Poseía varios dones, as súas bagoas eran curativas e tiña o poder de transformarse en un paxaro de lume e tiña o tamaño dunha aguia.

A ESFINXE Vive escondida e durmida no deserto. É a esfinxe de Exipto, a de Akhenaton e Ramsés. O seu corpo é de leoa coa cabeza de faraona. Agarda preguntar a quen pase se o futuro será venturoso ou cheo de desgrazas.

O MINOTAURO O touro de Minos era fillo de Parsífae e Minos, rei de Creta. O Minotauro vivía recluído nun palacio laberinto que seu pai mandara construír pois tiña vergoña da súa aparencia. De todos era temido e cada ano sete rapazas e rapaces eran conducidos e sacrificados. Teseo, un xoven guerreiro seguindo os consellos da princesa Ariadna, logra vencer o Minotauro e saír victorioso do laberinto coa axuda dun nobelo de seda.

O BASILISCO É unha estraña mestura dun galo e unha serpe que é capaz de converter a un sapo nun valente animal. Hai gravados que o amosan nun febril movemento, en maniobras envolventes de auténtico feiticeiro. Pois ninguén se pode fixar nos seus ollos.

4º A




ENTREVISTA A ELI RÍOS DOS ALUMNOS DE 5ºA E 5ºB. Aproveitando a visita de Eli Ríos ao noso colexio para falarnos do seu libro “Bicha”, fixémoslle unha breve entrevista para coñecela un pouco máis. P: Comezamos por onde e cando naciches? R: Nacín en Londres e agora vivo en Ordes. P: Foiche moi difícil mudarte a Galicia? R: Non me acordo porque era moi pequena. P: Cando eras pequena, xa soñabas con ser escritora? R: Naquel momento non o sabía, pero de maior quixen ser escritora polo meu avó, era un contador estupendo. P: Pensas que aos nenos de hoxe nos gusta o mundo da lectura como vos gustaba antes? R: Eu tiña poucos libros. Vós tedes moitos. Ter un libro era un tesouro. P: Cando e onde escribiches o teu primeiro libro? R: O primeiro libro non está publicado. Na clase de lingua. P: Por que che gusta escribir? R: Porque é a maneira máis barata de viaxar. P: Cantos libros escribiches? R: Publicados oito. P: Cal dos teus libros che gusta máis ou é máis especial para ti? R: Os que estou traballando neles. Cando sae é voso. Agora teño un só para min. P: Axudouche alguén a escribir algún libro? R: Moita xente. Bicha naceu nunha clase de quinto. Axudoume “menciña” porque é unha palabra de vellos. P: Que che gusta máis, a poesía ou a novela? R: Leo todo. Gústame todo. P: Cantos premios gañaches? R: Oito ou nove. P: En que te inspiraches para escribir “Bicha”? R: Inspireime en que me picou un neno de quinto. P: Por que este libro se chama así? R: A xente nova tedes moito que contar como grupo. O equipo fai que as forzas son enormes. Tedes un problema de soidade. P: Haberá unha segunda parte de “Bicha”? tal vez.


P: Xa que o teu libro ten tantos animais, tes algunha mascota? R: Teño dous gatos, unha gata e unha cadela. P: Que supuxo para ti gañar o premio Pura e Dora Vázquez? R: Só son premios o máis importante é estar aquí. P: Gustaríanos saber cal vai ser o teu próximo libro? R: Marta e a píntega Gorrovella. P: De todos os lugares aos que viaxaches, cal che gustou máis? R: Cabo Verde. É moi parecido a Galicia. Os costumes son moi parecidos. É como estar en casa. P: En que che influíu vivir en lugares distintos e con culturas diferentes? R: As diferenzas fannos únicos. Abre a mente. P: Poderíasnos contar como son as Illas Azores? R: Son un auténtico paraíso. Hai zonas nas que a auga sae da Terra. Teñen xofre (ole a ovo podre). Teñen unhas piscinas enormes que te podes bañar. É un paraíso… P: Onde aprendiches a falar portugués? R: Fixen a carreira de portugués. P: Xa que naciches en Londres, sabes falar inglés? R: Gústame máis tirar cara a África.


“O MARABILLOSO MUNDO DAS ABELLAS E A ELABORACIÓN DO MEL”

Que é a apicultura ?

A apicultura é unha actividade adicada á crianza das abellas coa intención de obter os produtos que elas son capaces de elaborar e recolectar. O principal produto que se obtén desta actividade é o mel, pero tamén se conseguen outros como: o pole, a xalea real, a cera ou o propóleo.

Habitantes da colmea

A raíña É a nai de toda a colonia e a encargada de poñer os ovos dos que nacerán as obreiras e os zánganos. A raíña produce unha substancia (feromonas da raíña) que se distribúe por toda a colmea por medio das obreiras que a coidan e que axuda a harmonizar o comportamento da colonia. Os zánganos Son as abellas macho. Teñen un tamaño superior ao dunha obreira. A súa función principal é fecundar á raíña. As obreiras As obreiras teñen moitas tarefas porque son: limpadoras, nodrizas, arquitectas, albaneis, almacenadoras ...

A vestimenta do apicultor/a A práctica da apicultura é unha actividade que require do uso dunha vestimenta especial. As cores das prendas deben ser claras para evitar a agresividade das abellas. O mono é a primeira prenda que debe poñerse para protexer todo o corpo de posibles picaduras. O calzado debe ser forte e o máis alto posible. A carauta é outra parte fundamental do traxe que illa a cara do apicultor das abellas, permitíndolle unha perfecta visibilidade da contorna. Para rematar de vestirse, o apicultor debe poñer as luvas. Agora xa está listo iniciar a súa actividade !


A extracción do mel

Cando a floración foi adecuada, as abellas fabrican grandes cantidades de mel como reserva para os meses de outono e de inverno. O duro traballo das abellas é aproveitado polo apicultor ao sacar o mel. Un dos utensilios que se empregan á hora de extraer o mel é o afumador. Este utilízase para

botar fume e tranquilizar ás abellas, conseguindo que estas se volvan menos

agresivas. Os cadros que teñen gran cantidade de mel almacenado son extraídos da colmea. Algúns dos mellores poden chegar a producir ata 7 quilos de mel.

O primeiro paso a levar a cabo é o de quitar cun coitelo os upérculos, é dicir; a cera coa que as abellas taparon as celas cheas de mel. Os cadros desoperculados métense na máquina estractora que, grazas a forza centrífuga, o mel sae das celas dos panais ata que se almacena no recipiente da máquina. Cando este está cheo baleirase e almacénase en bidóns. Tras un proceso de decantación onde se separan as impurezas do mel este estará listo para ser almacenado nos recipiente s adecuados para a súa definitiva almacenaxe.

TRABALLO REALIZADO POLOS ALUMNOS/AS DE 5ºA E 5ºB








Un recanto para a lembranza A memoria dos pobos nunca debe esquecer aos seus devanceiros e a aqueles que traballaron polo ben das persoas. Os mestres das escolas unitarias merecen todos unha especial lembranza. Sen dúbida, a vocación de mestre creaba o sistema, porque a pesares de careceren de moitos recursos, eran quen de transmitiren aos seus alumnos interese por aprenderen, capacidade para dominaren os seus impulsos e sentimentos e serenidade para reflexionaren e pensaren. A miseria dos locais das unitarias era moi importante. Faltaba a luz eléctrica e alumeábanse coa luz do candil. Non había calefacción e nos meses de inverno os veciños da casa máis próximas á escola preparaban un braseiro para poñer debaixo da mesa da mestra e que os alumnos por grupos podían disfrutar. O espazo non era suficiente para o número elevado de alumnos/as que usaban a escola (uns 80 de todos os niveis nunha aula bastante reducida). Os medios eran insuficientes: non tiñan bolígrafos, e en cada mesa había un buraco onde se metía o tinteiro que contiña a tinta para mollar a pluma e así escribir no caderno; as contas facíanse na pizarra escribindo cun pizarrillo, que se borraba con facilidade, pois non había folios; Outro problema era a carencia de hixiene: como non había retrete ían a facer as necesidades ao campo de cerca da escola e polas noites á corte do gando da casa onde vivían. Naquela época só os máis ricos podían dispor dun vater. Se aínda engadimos a falta de locais complementarios: biblioteca, ximnasio, comedor...; a escaseza de mobiliario axeitado, de libros apropiados, de material didáctico de todo tipo. E todo isto nunha época na que, por suposto, aínda non existían as fotocopiadoras e os ordenadores. Temos que admitir que a labor dos mestres era moi complicada e tiñan que gañar día a día o corazón dos nenos e así, mediante o amor e o sacrificio, vencían todas as dificultades que se atopaban, pedindo en ocasións a colaboración dos alumnos/as maiores ou máis adiantados para sacar a diante aos máis pequenos. Sen dúbida o/a mestre/a era unha autoridade no pobo, querido, respectado, valorado e apreciado polas familias. Era un referente en canto a cúmulo de sabedoría: desde cubicar unha árbore ata cubrir calquera documento. Así llo facían saber os veciños de Corbelle a Da. Emérita Rico nunha homenaxe que lle fixeron no ano 2006. Os mestres educaban no máis amplo sentido da palabra e iso chegaba o fondo da alma dos alumnos/as e axudáballes a superar as dificultades da vida. Desde Charetas queremos que esta homenaxe sexa para todos os mestres e mestras das unitarias e moi especialmente para os últimos que deixaron a súa pegada no C.E.I.P. MATO VIZOSO e que nós levamos no corazón, pero que xa subiron o Ceo: Da. Emérita Rico, Da. Pilar Cendán, D. Andrés


Devesa, D. Juan Ramil, D. José Vidal, Da Pepita Otero, D. Manuel Carballeira, Da. Pepita Mato, as irmáns: Da, Marisa, Da. Antoñita e Da. Esther Orosa Peña.... Este poema para todos eles: Naquelas escolas inesquecibles Aos seos alumnos axudaban E aínda que eran moitos A imaxinación deles espertaban. Nas vosas numerosas clases Traballastes nestas terras E distes moita esperanza Os nenos que asistían a elas. Ensinabades a ler e a escribir Debuxando e amando, Alegrabades a vida aos nenos Rezando e cantando. A vida e moi breve E nela moito loitaron, Pero debemos agradecerlles A educación que aportaron

Un día Deus chamouvos E tivestes que nos deixar, Con pena e tristeza Un adeus vos fomos dar.

Nas reunións de claustro Demostrabades ser valentes, Comprensivos, amables, Traballadores e competentes.

Onde queira que vos atopedes O noso corazón con vos está, Porque fixestes ben ás xentes E Deus volo recompensará.

A nosa mestra quixo lembrarnos o exemplo de Da. Esther Orosa, que foi a súa mestra na escola unitaria de Goiriz, e que nos deixou no ano 2002, despois dunha longa e intensa vida profesional. A súa dedicación diaria e exclusiva ao ensino e as súas profundas características humanas obríganos a recordala con moito cariño. Sempre sentiu a súa profesión como un deber e como unha servidume que lle permitiu alcanzar a gratitude dos seus alumnos e incluso a súa amizade posterior; e para os alumnos e compañeiros que a coñecían, a súa preparación, os seus bos consellos, as súas conversas... eran un verdadeiro pracer. Así nos transmitiu a nosa profe o seu sentir pola súa mestra e engadiu: ”debo dar grazas a Deus por coñecela como alumna na unitaria e como compañeira neste colexio; no traballo diario sobresaía o consello oportuno, a palabra acertada cun sorriso amable e teño que agradecerlle eternamente que soubera chegar aos pais para implicalos na preparación do futuro dos seus fillos, e todo froito do seu bo facer e do sacrificio diario. Hoxe quero deixar constancia de todas estas virtudes que a adornaban reiterando a amizade que nos unía”. Alumnos e alumnas de 6º A


Até sempre, profe! Este curso despedimos a unha das profes máis queridas do noso colexio, María José López Paz. Os seus alumnos/as deste derradeiro 6ºA queremos –en nome tamén de todos cantos pasaron polas súas aulasrenderlle unha pequena homenaxe. Pensamos que como a súa voz ímola ter para sempre na lembranza, sería un complemento perfecto contar coas súas palabras. Por iso lle fixemos esta breve entrevista; cada vez que a leamos, estarémola escoitando. Pregunta.- María José, por que estudaches Maxisterio e non outra carreira? Resposta.- Porque sempre me gustaron os nenos, xa de nena xogaba moitas veces a ser a mestra; o meu irmán máis novo e as miñas veciñas máis pequenas eran os alumnos. P.- Cando comezaches a dar clases, a profesión era o que agardabas ou levaches algunha sorpresa positiva ou negativa? R.- Cando comecei a dar clase no CEIP de Paradela sentíame moi feliz, os nenos e nenas de aquela época eran máis cohibidos, pero moi obedientes; agora son máis espontáneos, máis creativos, exprésanse sen complexos... pero estanse perdendo valores, custa adaptarse a unhas normas. Os primeiros cursos neste colexio para min foron máis duros porque daquela había moita matrícula e non estaba en vigor a ratio por aula. Unha sorpresa positiva que me deparou o destino foi atoparme neste colexio coa que fora a miña mestra na Escola Unitaria de Goiriz, Dona Esther Orosa Peña, á que sempre lle estarei eternamente agradecida; pois tivo moi bos consellos para min, para poder enfrontarme ás dificultades que eu atopaba naquelas clases tan numerosas de 8º de EGB. Recordo que daba clases nas dúas aulas, unha con 42 alumnos/as e outra con 43, era o ano 1981. Para todos os meus alumnos/as un abrazo moi forte. P.- En cantos colexios impartiches clases? R.- Impartín clases en dous colexios: no CEIP de Paradela de Portomarín e neste colexio, levo aquí 35 anos, practicamente toda a miña vida laboral. P.- Non é moi aburrido estar tantos anos no mesmo cole?


R.- Para nada é aburrido estar moitos anos no mesmo colexio, porque acabas sentíndote como na túa casa; ademais, cada curso é diferente e novo: novos alumnos/as, algún compañeiro/a novo... Eu nunca utilicei a palabra “abúrrome”, non tiven tempo a iso, non sei o que é. Cada día da nosa vida é distinto para canto máis no mundo da ensinanza; todos os días estamos vivindo experiencias novas nas que aprendemos moito uns dos outros. P.- A que nenos ou nenas che gusta máis dar clases, aos pequeniños, aos de 3º e 4º ou aos maiores? R.- Gústame dar clase a todos os niveis, canto máis pequeniños máis paciencia se require porque a aprendizaxe en xeral é máis lenta; pero os nenos/as son mais cariñosos, consideran ao mestre como un referente ao que hai que imitar e créase un vínculo de familiaridade máis forte entre os nenos/as o o mestre/a. Pero optei, ao longo da miña etapa como mestra, polos nenos/as maiores porque xa son máis autónomos no estudo, xa dominan técnicas de traballo, teñen máis interese por ampliar os campos de coñecemento, traballan mellor en equipo, comprenden antes os temas e vense antes os resultados do traballo. P.- Que asignatura é a que máis che gusta impartir? R.- A miña asignatura preferida sempre foron as Matemáticas, aínda que disfruto en calquera outra clase porque, como xa dixen, desde nena gustoume a ensinanza. P.- Sempre tiveches moita paciencia con nós. Pensas que é indispensable para desempeñar esta profesión? R.- Si, por suposto, para ser mestre hai que ter moita paciencia e tamén moito cariño e amor aos nenos/as; penso que son os ingredientes básicos para que os nenos e nenas aprendan ben. P.- Para rematar, profe, aconsellaríasnos que estudásemos para mestres a día de hoxe? R.- Por que non, é necesario que siga habendo persoas con vocación de mestre porque é unha profesión moi digna e necesaria que esixe moita responsabilidade xa que a labor educativa é moi importante para sentar as bases da sociedade do futuro. Aconséllovos que vos preparedes ben e estudedes para aquela profesión que consideredes que vos gusta máis e na que vos vaiades sentir máis felices desempeñándoa.

Querémoste, grazas!


OS COGOMELOS DO BOSQUE Este outono os alumnos e alumnas de 6º recollimos cogomelos de distintos lugares e especies para expoñer nas nosas clases. Primeiramente andivemos a busca nos nosos montes e así puidemos atopar diversos tipos: trametes versicolor, boletus edulis, boletus radicans, anmillariella mellea, clitocy adora, lactarius rufus, cortinarius crassus, rusula emetica, scleroderma polirhizun, sparassis cirspa, stroptaria…

Despois fixemos un estudio micolóxico para poder expoñer o nome, as características… e así poder preparar as exposicións no centro.

E, como non, non podía faltar probar os nosos froitos de outono, elaboramos diferentes receitas entre as que saíu escollida a seguinte. RECEITA DE CANELÓS DE COGOMELOS Ingredientes: ½ kg de cogomelos, ½ placas de canelóns O Pavo, 2 peitugas de polo, 1 vaso de viño oloroso, 2 cebolas, 1 sobre de salsa bechamel, ½ litro de aceite, 1 pizca de avecrem de polo, pementa e un pouquiño de aceite. Elaboración: Cocer as placas de canelóns O Pavo. Arrefriar e reservar sobre papel de cociña. En aceite quente sofreír o polo, botar a cebola picada e a pementa. Engadir o viño e deixar cocer uns minutos. Agregar os cogomelos e deixar outros quince minutos para que cozan e servir quentes.


A MELLOR EXPOSICIÓN DE COGUMELOS DO MUNDO Durante as 3ª xornadas de micoloxía “Do monte ó prato”, o Instituto Basanta Silva convidounos a ver unha exposición na que puidemos observar diferentes tipos de cogumelos. Había de todos os tipos. Por exemplo amanita muscaria, hydnum repandum, amanita panterina, boletus pinícola, boletus edulis, chantarellus cibarius, rusula aurígena, rúsula kromholtziii, rusula sorroria… O profesor Xavier ensinounos a diferenciar os tipos, os velenosos, os comestibles. Tamén detalles importantes como onde atopalos… Durante a foto estamos tomando apuntes e escoitando as súas explicacións.

Un sentir xeral é que o pasamos xenial, que aprendemos moito e que a experiencia foi moi positiva.


MÚSICA De todos é sabido que as mulleres sempre estiveron agochadas detrás de moitos prexuízos, de xeito que é moi difícil o coñecemento das súas achegas en case todos os campos do saber. Na música tamén, pero pouco a pouco vanse descubrindo a través de estudos dalgunhas musicólogas como Patricia Adkins Chiti ou María Luísa Ozaita. A continuación imos mencionar as compositoras catalanas, valencianas, bascas, navarras, murcianas, castelás, madrileñas,... e tamén galegas, máis salientábeis dos séculos XIX e XX. Quen as quere contar? Madame de Mazarredo y Moyúas (s. XIX) Soledad Bengoechea de Carmena (1849-1894) Dolores Bennis de Bermúdez (1850-1920) Cecilia Preciados (1850) Aurelia Rosa Clavé (1856-1940) Cecilia Arizti (1860-1937) Narcisa Freixas Cruells (1860-1926) Luisa Casagemas y Coll (1863) Carmen Karr de Alfonsetti (1865) Asunción Martínez y Ramírez (1868-1934) María Luisa Chevalier Supervielle (1869-1951) Mercedes Ubach (1878) Amada Muguerza Goxema (?) Etelvina Ofelia Raga y Selma (?) Martiriam Pigem Plá (?) Carmen Criado Vilches (?) Antonia Sánchez Jiménez (?) Blanca lozano (?) Carolina Mena (?) Luisa Bosch i Pages ( 1880-1961) Onia Farga (1882-1941) Blanca Selva (1884-1949) María del Carmen López y Peña (1885-1941) Emma Chacón Lausanca (1888-1955) María Rodrigo (1888-1967) Emiliana de Zubeldia (1888-1987) María Victoria Figuerido Torija (1893) Pilar Castillo Sánchez (A Coruña, 1895) Carmen Ibáñez (1895) Concepción Badía (1897-1975) María Luisa Ponsa (1898-1919) Paquita Madriguera (1900) Josefina Paulet (1900) Montserrat Campmany (1901) María de Pablos Cerezo (1904) Rosa García Ascot (1906) María Teresa Pellegrí (1907) María Teresa Prieto (1910-1982) María Andrés Blasco (1910-1992) María Ascensión Jiménez García (1910) Carmen Santiago de Merás (1917) Matilde Salvador (1918) Teresa Borrás i Fornell (1923) María Teresa Oller Benlloch (1923) Elena Romero (1923) Pepita Llunell Sanahuja (1926) Montserrat Mikofalvy (1929) Mercé Torrents (1930) María Dolores Malumbres (1934) Carmen Marina Manteca Pascual (1936) Ángeles Rexach Erra (1936) Concepción Lebrero (1937) Ángeles Alabert i Feliú (1937) Carolina Ayuda Montanés (1938) María Ángeles López Artigas (1939) María Luisa Ozaita (1939) Montserrat Pujolar (1939) Montserrat Bellés (1942) Leonora Milá Romeu (1942) María Guadalupe Aspiazu Aranguren (1943) María Assumpta Codina Gubianis (1943) Esperanza Abad (1944) Ana Bofill Leví (1944) María Rosa Rivas Munné (1944) María Rosa Calvo Manzano (1946) Mercedes Capdevilla i Gaya (1947) Juliana Murillo Caballero (1947) Encarna Beltrán-Huertas López (1948) María Pilar Couceiro ( A Coruña, 1948) María del Rosario Carrillo Puch (1950) Teresa Catalán (1951) María Isabel Ureña Cuadrado (1951) Mercedes Padilla Valencia (1952) María Escribano (1954) Carmen Miró Manero (1956) María Luisa Machado (1956) María Consuelo Giner Tormo (1957) Margarita Soto Viso (A Coruña, 1958) Alicia Coduras (1958) Zulema de la Cruz (1958) María Consuelo Díez Fernández (1958) María Isabel Garvia Serrano (1959) Teresina Jordá (1960) Concepción Remio (1961) María Lourdes Astrain (1962) Mercedes Zabala (1963)... ...e moitas máis!


START

English Roll the dice and move your counter. corner Say or write the words.

Go back

Go ahead Accordion-drum guitar-harp-piano-recorder-saxophone-tambourine-violin

FINISH

Miss 1 turn


¿QUE É A XIMNASIA CEREBRAL? A xinnasia cerebral ou Brain GYM é un conxunto de diversos exercicios que teñen como obxectivo estimular e desenvolver habilidades e capacidades cerebrais, creando conexións entre cerebro/corpo, a través do movemento logrando armonía entre aspectos emocionais, físicos e mentais.

Queres ofrecer un bo entrenamento ao teu cerebro?

Aquí che facemos algunhas propostas!!  Forma con estas

froitas letras:

Pomelo non é válido porque non hai dúas letras O. Cada vez que formes unha nova palabra podes utilizar todas outra vez.

Solución: limón, melón, lima, pera

 Forma con todas

unha palabra estas letras:


Solución: habitación

Descifra a seguinte mensaxe:

Solución: Cuando te acostumbras a pensar en positivo será un maravilloso hábito en tu vida.

E para @s máis atrevid@s!!  Le a seguinte frase. Quizais a primeira vez che custe pero verás que en dúas, tres, catro veces... o cerebro vaite sorprender e verala clarísima! 

Solución: Soy únic@, hermos@, talentos@ y amable. Acepto que todo lo que hago, digo y siento en el camino de mi vida es parte de mi crecimiento a estados superiores de comprensión y conciencia. Veo el mundo como un parque maravilloso para expresar mi magnificencia.

Agardamos que vos gustara e a seguir practicando...



ASOCIACIACIÓN DE PAIS DE ALUMNOS COLEXIO DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA MANUEL MATO VIZOSO DE VILALBA (LUGO)

Chega o fin do curso e aparece un novo número da revista “Charetas” e como sempre aproveitamos a ocasión para contarvos un pouco o traballo que facemos. Somos 124 familias (152 nenos/as) as que forman parte desta APA e durante este ano desenvolvéronse as seguintes actividades: -Natación (51 nenos/as) -Inglés (13 nenos/as) -Informática (15 nenos/as) -Patinaxe (45 nenos/as) -Hípica (13 nenos/as) Logo de moitos anos, procedeuse o arranxo da cuberta do pavillón de deportes e os nenos/as poideron desenvolver con normalidade, e durante todo o ano, a súa actividade deportiva. Fixemos unha fermosa viaxe de Fin de Curso ao encoro de Belesar, subindo nun catamarán, e ás poboacións de Escairón e Ferreira de Pantón, e tamén unha festa de Fin de Curso para os nenos/as, que desexamos que fose do voso agrado. Temos pensado facer algún espectáculo ou actividade cultural en conxunto co Centro, para todos os alumnos/as.


Despois de catro anos, a presente Directiva pide a colaboración para renovar a mesma, pois membros dela teñen que cesar nos seus cargos. Estamos a traballar para seguir ofrecendo actividades aos nosos nenos e nenas agradecendo calquera colaboración ou suxestión. Antes de rematar queremos dar a benvida aos nenos/as que chegaron ó centro por primeira vez e unha agarimosa despedida aos alumnos/as que rematan os estudos neste centro desexándolles a todos eles que continúen pola senda do coñecemento, e que “a forza vos acompañe, sempre”, así mesmo o agradecemento á profesora Dª María José López Paz por toda unha vida adicada a ensinar. Moitas grazas.


PASATEMPOS


O MATO VIZOSO CON MANUEL MARÍA O noso alumnado realizou uns murais sobre Manuel María para compartir a figura do poeta con todos os chairegos. Estarán expostos, xunto cos dos outros centros, na Praza da Constitución de Vilalba.




Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.