A Civitas Lemavorum: estudio arqueohistorico

Page 1



ÍNDICE 1. INTRODUCCIÓN 1. 1. Obxectivos, plantexamentos e ideas previas 1. 2. Metodoloxía e esquema xeral 1. 3. Fontes de estudio: acercamento xeral 1.3.1 Fontes escritas antigas 1.3.2 Fontes arqueolóxicas 1.3.3 Outras Fontes 2. O MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL 2. 1. Encadre territorial: Descrición xeográfica do Val Lemavo 2.1.1. Xeoloxía 2. 1. 2. Composición Litolóxica 2. 1. 3. Unidades de relevo da Terra de Lemos 2. 1. 4. Hidrografía 2. 1. 5. Climatoloxía e Edafoloxía 2. 1. 6. A vexetación e a fauna monfortina no cambio de Era 2. 1. 7. Recursos mineiros 3. HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS DA CIVITAS LEMAVORUM 4. ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS 4. 1. A organización interna na Cultura Castrexa: os Castella 4. 2. A Civitas Romana coma nova unidade de articulación 5. A CIVITAS LEMAVORUM Organización interna Economía dos lemavos Explotacións mineiras Vias prerromanas e romanas Administración e réxime da terra Poboación e territorio 5. 1. A Cohorte e Alae de soldados lemavos 5. 2. Inscricións Latinas alusivas á Civitas Lemavorum 6. O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS: CASTROS PRERROMANOS E ROMANOS NO VAL DE LEMOS 6.1 Catálogo de Castros da Civitas Lemavorum Fichas 6.2 Análise Toponímica 6.3 Os Castros e o seu entorno físico O castro e a súa altura Os Castros e a rede Hidrográfica Os Castros e a súa potencialidade agrolóxica 6.4 O Hábitat e as súas características O Emprazamento dos Castros Estructura dos Asentamentos Castrexos Sistemas defensivos Dimensións 6.5 Patróns de emprazamento e morfoloxía

Pax. 7 8 10 10 10 12 12 15 15 15 16 16 16 17 18 18 19 21 21 25 31 32 34 34 35 36 36 37 41 49 49 52 82 84 84 86 89 90 90 92 92 94 95


7. O POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO 7.1 Enclaves e vestixios romanos na Terra de Lemos CASTILLÓS Historia das investigacións Vestixios e achados romanos Estructuras constructivas Restos arquitectónicos Material epigráfico Útiles da vida cotiá Obxectos de uso social Contextualización e interpretación do xacemento PROENDOS Historia das investigacións Vestixios e achados romanos Contextualización e interpretación do xacemento TEMES Historia das investigacións Vestixios e achados romanos Contextualización e interpretación do xacemento OUTROS ACHADOS ROMANOS E OUTROS POSIBLES ASENTAMENTOS ROMANOS Tesouriño monetario e forno de s. Xoán de Tor – Monforte de Lemos A ponte de Monforte de Lemos – Monforte de Lemos Estela de Seoane Atán – Ferreira de Pantón Ara de Vilariño de Fión e posible asentamento – O Saviñao Estela e ara de Mourelos – O Saviñao Relevo paleocristián e mina romana de Licín – O Saviñao Achados en San Félix de Laxe – O Saviñao Forno de S. Cecilia de Freán – O Saviñao Ara de S. Martiño de Liñarán – Sober Ponte da Barxa Lor – Pobra de Brollón Complexos mineiros do Lor – Pobra de Brollón Complexo mineiro do Saá – Pobra de Brollón Outros posibles achados 8. CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM 8.1 Conclusións dos asentamentos e vestixios romanos en Monforte Economía Poboamento 8.2 Conclusións do poboamento castrexo prerromano e romano na Terra de Lemos 8.2.1 O Castrexo Clásico Distribución e Emprazamento Tamaño e Morfoloxía Terreos e Economía Materiais 8.2.2 Os Castros Romanizados Distribución e Emprazamento Tamaño e Morfoloxía Terras e Economía Materiais Recapitulación 8.3 A articulación do poboamento na Civitas Lemavorum: A Relación con Lucus Augusti e

99 99 99 100 102 102 105 107 109 110 111 115 115 116 118 121 121 123 130 136 136 137 139 142 143 145 148 149 150 151 152 152 155 155 155 157 158 160 161 161 163 164 165 166 167 169 171 172 173 174


Asturica Augusti 8.3.1 As vías romanas da Terra de Lemos 8.4 A temperá importancia do Cristianismo no Val de Lemos ANEXO I BIBLIOGRAFÍA ÍNDICE DE FIGURAS

176 186 191 201 217



INTRODUCCIÓN

1. INTRODUCCIÓN O camiño que agora comezamos vainos levar por diferentes vías e paisaxes á procura da identidade dun pobo e dunha rexión da Gallaecia antiga, os Lemavi. Este mecanismo non é o primeiro que avoga pola identificación e descrición dun populi dos Callaicos, pero neste caso as dificultades multiplícanse con diversos problemas que non teñen unha fácil solución. A todos eses problemas, que a continuación exporemos, vamos a intentar darlle solución dunha ou doutra maneira –aínda que non sempre con resultados satisfactorios, dentro do que nos é posible e soslaiando as trabas de máis laboriosa superación. 1. 1. OBXECTIVOS, PLANTEXAMENTOS E IDEAS PREVIAS O noso obxectivo principal é intentar achegarnos e dar unha caracterización o máis fiel e fiable posible sobre a Civitas dos Lemavi, definir a organización e estructuración do seu territorio xa dentro do marco da romanización, baseándonos e ratificándonos para este estudio nos datos que nos aportan os diversos xacementos arqueolóxicos correspondentes a esta rexión. Estes restos materiais son os que máis información nos aportarán para realizar o noso estudio, porque a posibilidade de chegar a un coñecemento profundo e particular dos Lemavos cas fontes escritas que posuímos actualmente é difícil. Para este último punto, realizamos unha fonda prospección, estudio de campo e traballo de gabinete no tocante á Terra de Lemos para determinar o valor destes asentamentos e achádegos arqueolóxicos. O obxectivo principal deste traballo é afondar no paso decisivo que sufriu a organización indíxena deste pobo, os Lemavi, cando pasou a formar parte do sistema imperial romano, repercutindo fortemente na planificación do seu territorio, plasmado na práctica coa reorganización e/ou creación de novos núcleos –“urbanos” ou non– que por suposto adquiren outras facultades e características. Afortunadamente para este estudio, a realidade arqueolóxica da Gallaecia antiga (e en xeral de todas as provincias romanas) mostra unha heteroxeneidade do poboamento romano no Noroeste hispánico, cunha fonda herdanza do mundo Prerromano, o que permite que se poidan distinguir distintos niveis de poboación, tanto en tamaño, densidade, facultades administrativo – políticas ou comerciais. Para este traballo, polo tanto, vemos básico e primordial investigar e coñecer ó máximo posible como era realmente o poboamento antes da chegada dos romanos, e en especial o poboamento do marco que se nos presenta, a Terra de Lemos, e ver como a organización imperial do territorio galaico pregouse a esas características anteriores e propias, para logo producirse un cambio progresivo na paisaxe ó enxertarse a ese modelo novo de organización romana e unha posterior evolución do mundo castrexo ó longo do Alto e Baixo Imperio ata o fin do poder romano. Deste xeito, como xa dixemos, tentaremos recoller a maior cantidade posible de datos acerca dos xacementos, das pegadas e do impacto da territorialización romana nas estructuras castrexas, tanto organizativas como materiais, para logo interpretar os datos extraídos e poder superar así o reduccionismo historiográfico e arqueolóxico que supón o esquema de cidade–villae. Dentro do que denominamos plantexamentos previos, imos falar de numerosos problemas extrínsecos á problemática das fontes. En primeiro lugar, temos que situar o noso pobo, os lemavi, dentro do seu contexto xeográfico, ante o que nos atopamos co noso primeiro problema.

7


INTRODUCCIÓN

A dificultade de discernir o ámbito xeográfico concreto que dominaban, ou mellor dito, que poboaban os Lemavi, fai que sexamos nós mesmos os que teñamos que pór fronteiras ó noso estudio: Claramente, a denominación deste pobo quedou atrofiada no topónimo da cunca sedimentaria que se encadra no que sería a cubeta depositada no Terciario e o val do Sil e do Miño respectivamente. Aínda que algúns autores estenden o territorio lemavo alén do Miño, incluíndo as terras de Chantada (RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p.228, 240), nós optamos por restrinxir esta zona, comprendida entre a Ribeira Sacra polo Sur (curso do Sil ó seu paso entre a actual fronteira provincial entre Lugo e Ourense), entre o Miño polo Oeste e o Macizo Galaico–Lucense Sudoriental polo Leste, mentres que polo Norte a súa definición é máis dificultosa, pero que restrinxiremos polas primeiras afloracións montañosas considerables (cotas de 600–750 metros) que separan a Terra de Lemos de Sarria e do seu entorno. Nesta situación, encadraríanse entón, no noso marco de estudio, os concellos actuais de Monforte de Lemos, Bóveda –ó Norte deste–, O Saviñao –ó Oeste–, Pantón –ó Sudoeste–, Sober –ó Sueste– e Pobra de Brollón ó Este. Pola súa parte, temos que aclarar que ó que atinxe propiamente ó noso estudio de campo, este quedou restrinxido á parte occidental da Terra de Lemos, é dicir, circunscribindo un eixo perpendicular á capital monfortina, paralela ó Miño, e collendo só os concellos do Saviñao, Ferreira de Pantón, Bóveda e parte do concello de Lemos e Sober. Este corte xeográfico realizado por nós non é en ningún caso aleatorio, escollendo esta zona pola maior potencialidade arqueolóxica e maior interese que para nós tiñan os xacementos destes concellos. A maior potencialidade arqueolóxica foi deducida gracias ó traballo bibliográfico e ó vaciado da cartografía e fotografía aéra que nos proporcionaron unhas directrices previas para a realización deste traballo. 1. 2. METODOLOXÍA E ESQUEMA XERAL En relación cos obxectivos que foron prantexados, os métodos que empregaremos para elo serán, en primeiro lugar, unha recompilación de todas as fontes directas e/ou indirectas (que trataremos no seguinte apartado) que nos sirvan para un coñecemento previo e “literario”tanto dos pobos Callaicos en xeral, coma dos nosos Lemavos en particular. A partir destas fontes, aínda que xa exporemos máis adiante o seu hándicap, poderemos saber tamén a súa estructura social, poboamento e organización dende época prerromana ata o baixo imperio. No apartado práctico, sinalemos deste modo as prospeccións e traballo de campo, que partiremos de dous presupostos segundo a estructura que busquemos: si nos referimos ó mundo castrexo, o noso primeiro paso será a prospección toponímica e cartográfica, para o que utilizaremos os mapas do Instituto Cartográfico Nacional referidos a nosa zona xeográfica (follas 155–156–188–189) coas súas respectivas escalas de 1:50000, 1:25000 e 1:10000 que foron as que consultamos. Nun segundo momento, realizamos o traballo de gabinete, indo á procura de calquera bibliografía e datos de anteriores prospeccións e escavacións, informes arqueolóxicos, simples noticias de prensa ou incluso testemuños de veciños, que nos poden clarificar moito o noso traballo. Un terceiro paso sería a consulta da fotografía aérea (voo americano de 1956/57 de escala 1:30000 e da Foto Aérea do IGN realizada en 1985 á mesma escala) para intentar

8


INTRODUCCIÓN

contrastar as correspondencias dos topónimos de posibles castros e a súa realidade sobre o terreo e mediante os estereoscopios poder intuír as súas formas e posible tipoloxía. Ademais intentamos localizar e analizar mediante a fotografía aérea o panorama que presentaban os asentamentos e vías romanas. Por último, a visita ó posible xacemento con fins arqueolóxicos para contrastar a súa existencia ou as súas estructuras, e, de darse o caso, poder recoller algún indicio material que nos axude a pescudar a súa orixe e cronoloxía. Tamén nalgúns casos, aínda que poucos, hai por exemplo castros de significativa importancia e que gozan de estudios individualizados (como o castro asociado ó xacemento de Castillós), dos que podemos extraer datos concretos e precisos que nos facilitan moito o noso traballo de campo. Nun segundo caso práctico para a catalogación, estudio e interpretación de xacementos arqueolóxicos, sobre todo para os de orixe romana, temos que recorrer ós achados espontáneos de pezas soltas ou estructuras que afloran na superficie, desenterradas debido maiormente ós labores agrícolas e ós achados fortuítos, ou non, que nos guiarán o coñecemento dese xacemento. Por iso, para nós tamén foi moi valiosa a recompilación de bibliografía, cartas arqueolóxicas, novas en prensa e demais datos de diversa índole, que nos axudaron e guiaron para o coñecemento do mundo castrexo, romano e tardorromano. O último paso é a visita ó xacemento, que algunhas veces, aínda que non sempre, nos foi moi enriquecedora para o noso traballo sobre todo por darnos unha visión máis global do territorio circundante. A continuación realizaremos a parte que para nós é a máis importante, ampla e novedosa para o caso dos Lemavi. Consiste na caracterización arqueohistórica dos xacementos e a análise dos seus materiais. Distinguimos dende un primeiro momento os núcleos de poboamento cos que nos vamos a atopar: os castros (antes e despois da chegada de Roma) e os aglomerados secundarios protourbanos, xa sexan vici, aedeficia, fora, conciliabula... (Ver PÉREZ LOSADA 2002, p. 23–58) ou poboamento rural, ben Villae ou castros romanizados. O estudio individualizado destes elementos será realizado dunha maneira integral, comprendendo primeiro cada xacemento como unha soa unidade para logo chegar a facer un compendio e unha unidade con todos os datos obtidos destes xacementos. Recorreremos polo tanto, e sempre que nos sexa posible pola entidade dos xacementos e achados con que nos atopamos, a facer unha breve referencia ás fontes e historia das investigacións, logo a caracterización dos restos arqueolóxicos e por último á contextualización e a posible interpretación dos vestixios. A parte final, a cuarta parte, destinarémola a buscar esa unidade achegando ás conclusións ás que chegamos, dirixidas a salientar a organización, evolución e as claves que configuran o territorio e a propia organización lemava antes e durante a dominación romana, onde xa podemos apuntar dous temas importantes como son as súas relacións coas zonas mineiras, Lucus Augusti e Asturica Augusti e a distribución viaria. En canto á bibliografía empregada por nós, optamos por citala ó modo americano primeiramente, para logo anotar ó pé si é necesario, algún comentario máis extenso ó referido na cita superior.

9


INTRODUCCIÓN

1. 3. FONTES DE ESTUDIO: ACERCAMENTO XERAL 1.3.1 Fontes escritas antigas. As fontes escritas antigas permitiron dende un primeiro momento a caracterización dos diferentes pobos que habitan a Península Ibérica cando chegaron os conquistadores romanos. Nas fontes referidas ó Noroeste, os pobos Callaicos, Astures e Cántabros aparecen retratados non só por diversos etnógrafos e xeógrafos antigos, senón que reciben un tratamento especial motivado pola súa eventual confrontación na guerra de conquista cos exércitos romanos. Estas diversas obras apórtannos datos sobre a súa situación antes e despois da conquista, o proceso desta e tamén sobre os aspectos particulares do territorium Galaico moi ó gusto latino, xa que non é unha excepción (CODOÑER 1997). Os traballos de análise e recompilación de fontes escritas sucedéronse en tódalas partes da Hispania antiga1, sendo estas as principais e case únicas –complementadas coas primeiras escavacións arqueolóxicas científicas– para o coñecemento das características e estructuración dos pobos hispánicos. Pero despois de traducir, analizar e definir os pobos da Gallaecia antiga, os críticos déronse conta que era pouco o que podían dicir en concreto de cada un destes pobos e as súas “subdivisións” en populi, que non foran definicións e datos comúns e característicos a outros pobos en contacto con Roma dende Tracia a Panonia. Progresivamente, a importancia das fontes clásicas escritas para o coñecemento da etnografía e política interna dos Populi do Noroeste vai declinando ó avanzaren outros campos de investigación e profundización como son a epigrafía ou a mesma arqueoloxía. Isto debeuse a que comezaron a localizarse erros, incongruencias (por falla de coherencia cos novos achados arqueolóxicos) e sinxelezas tópicas derivadas da lectura parcial e acrítica das fontes e da propia ideoloxía que verten os propios autores nas súas obras. Para resumir brevemente estas fontes agruparemos os distintos autores que escribiron sobre o Noroeste (OREJAS 1996, p. 35–38): 1. Xeógrafos, etnógrafos e compiladores que dende a época grega clásica nos deixaron referencias do Norte ibérico de certa xeneralidade enciclopédica dentro dos Itinerarios ou Periplos, pero cun nutrido número de datos acerca da xeografía, organización, costumes, ... Neste primeiro grupo encadraríanse as obras de Estrabon (que recollería datos de Artemidoro e Posidonio, que a súa vez facían referencia a Polibio), que como xa se sabe peca na súa obra de escribir sobre algo que nunca viu, xa que non estivo nunca en Hispania. Xunto a Estrabon destacan autores como Mela, Plinio o Vello ou Ptolomeo (estes últimos de gran importancia para o noso traballo). 2. Nun segundo grupo encadraríamos os autores que fan referencia á conquista do Noroeste da Península Ibérica, resaltando as peculiaridades da mesma (o tardío do seu control, a presencia de Augusto, ...). Autores como Tito Livio, Apiano, Dion Casio e Floro serían os mellores exemplos2.

1

Traballos como os de A. ROMERO e X.M. POSE “Galicia nos textos Clásicos”, Santiago, 1988 ou máis recentemente A. BALBOA SALGADO “Galicia nas fontes Clásicas”, Santiago, 1996, son o mellor exemplo de estudios sobre fontes escritas grecolatinas referidas a Galicia, ademais da clásica “Fontes Hispaniae Antiquae”. 2 Algúns dos mellores traballos de recompilación de información destas obras son laboura de SCHULTEN, 1943, p. 139–143 e de SYME, 1970, p. 90–92.

10


INTRODUCCIÓN

3. Por último, contamos coas obras tardías que fan referencia á Gallaecia xa dende a súa constitución como provincia “independente” en época diocleciana no ano 285. Estas fontes teñen unha orixe –creadora ou final– no cristianismo, xa que tratan temas relacionados coa extensión desta relixión, coa propagación das herexías (como o Priscilianismo) ou cos problemas da situación provincial (invasións suevas, crises, etc.) xa de ampla raigame medieval máis que antiga. Autores como Paulo Orosio, Hidacio e mesmo San Ignacio representarían esta etapa, dándonos testemuños directos da situación que vivía á Gallaecia no final do Imperio e comezos do medievo3, e a súa vez fan referencia ó pasado, as veces mítico, da situación deste terra dende a conquista. Cabe resaltar, aínda que sona a repetición, a forte mediatización destes autores por un lado, pola propia limitación dos seus coñecementos e por outra, polos seus grandes condicionamentos sociais, políticos e ideolóxicos presentes na maioría deles, o cal dá un senso moi relativizado e imparcial ás súas informacións, Isto xera que con obras máis ou menos precisas e ricas como a Naturalis Historia de Plinio o Vello convivan referencias típicas e tópicas dende épocas ancestrais sobre o territorio ó norte do Douro. Por estes motivos estas obras deben ser tomadas con moita cautela e deben contrastarse con outro tipo de fontes.. A documentación epigráfica antiga recibiu un pulo nos últimos anos para os investigadores xogando agora case que o papel principal de debate acerca das estructuras indíxenas e o impacto coa implantación romana e posterior evolución. Os seus principais inconvenientes serían a falta dunha datación axeitada e concreta, a difícil lectura que a súa vez complica a súa difícil interpretación e os baleiros na documentación, así como a perda dalgunhas pezas importantes. Pola contra, o incesante goteo de aparicións de epígrafes, as novas lecturas e interpretacións xogan ó seu favor, ata convertela de repente na base documental e ciencia auxiliar máis importante á hora de investigar o mundo indíxena, prerromano, e os cambios adoitados coa irrupción imperialista romana. Nós, en canto a esta disciplina, máis que o CIL II e os seus suplementos, utilizaremos o IRG (Inscricións Romanas de Galicia) dividido por provincias e o IRPL (Inscricións Romanas da Provincia de Lugo), que teñen un continuo engrosamento nas súas filas pola aparición de novas inscricións, sendo os seus estudios moitas veces publicados en revistas como Gallaecia ou Hispania Epigraphica. Como sinala Almudena Orejas (OREJAS 1996, p. 35) “ ... a documentación epigráfica no “extremo do mundo” pode ser considerada como unha forma directa de detectar os lazos que unían a periferia con Roma e a súa intensidade...”. Boa proba disto serían os pactos de hospitalidade e inscricións honoríficas en pos do Emperador que encontramos no Noroeste. Completarían o corpus as inscricións militares, as adicacións a divinidades, ora indíxenas ora romanas ou o sincretismo de ambas, epitafios e estelas (que nos mostran o origo e a estructuración da sociedade indíxena en transición á romanidade) ou aras votivas (que nos dan unha mostra da poboación da Gallaecia), así como marcas e grafitos en estelas ou outros materiais como por exemplo a cerámica.

3

Amplamente comentadas coa súa correspondente interpretación en obras de Blázquez (BLÁZQUEZ 1970) así como textos concretos en Sánchez–Palencia e Domergue (SANCHEZ–PALENCIA 1983, p. 771–809; e DOMERGUE 1990).

11


INTRODUCCIÓN

1.3.2 As fontes arqueolóxicas. As fontes arqueolóxicas deberían primar sobre o acercamento ó poboamento e ó territorio prerromano e romano, pero a falta de prospeccións, escavacións científicas e traballos de campo de certa relevancia por mor do desinterese das institucións, o bloqueo pola Lei do Patrimonio Galego e a falta de presupostos, fai que este aspecto coxee dentro da información antiga. Pese ás abondosas referencias a escavacións dende principios do século XX, estas son moi parciais e dispersas debido á precariedade dos métodos científicos ou precientíficos que foron empregados na arqueoloxía. Ademais, as interpretacións dadas ás exhumacións deste momento pecaron de falta de coñecemento ou de esaxeracións derivadas das correntes históricas dominantes, co que se fai necesario novas revisións e reinterpretacións que moitas veces é imposible pola desaparición de ditos achádegos. Sen embargo, as principais críticas e problemáticas da investigación arqueolóxica, como por exemplo as que realizou A. Tranoy no seu tempo –derivadas da venalidade do suposto método científico aplicado ás escavacións–, vanse superando pouco a pouco nas derradeiras décadas do século XX pola irrupción de novas técnicas e métodos, así tamén coma pola adopción dun maior rigorismo investigador nas exhumacións e nas prospeccións sistemáticas que se teñen producido non só na parte práctica propiamente dita, senón tamén na parte teórica– deductiva na fase interpretativa da disciplina. Na positiva evolución da arqueoloxía converxe o salto cuantitativo e cualitativo nos métodos e técnicas, como a escavación en área, a fotografía aérea, as análises de solos, poles ou as datacións de carbono 14, xunto cos avances no coñecemento en determinados aspectos como a cerámica (o fósil director) ou as composicións das pedras, materiais de construcción, etc. Por último, as actuacións, tanto de catalogación de xacementos (tanto de iniciativa pública como individual) como a súa protección, conservación e restauración, fai que o noso coñecemento sexa moito maior e especializado. Ademais, os fondos dos museos públicos, semipúblicos e de coleccións privadas revísanse constantemente e obtense maior cantidade de información destinada a facer reinterpretacións que deriven en explicacións históricas. 1.3.3 Outras Fontes. Derivadas das escavacións arqueolóxicas, os elementos numismáticos tamén nos aportan moita información non só da situación económica, senón da tardía ou temperá introducción do uso da moeda no Noroeste, as relacións comerciais entre diversas culturas ou o valor intrínseco das mesmas. Nembargantes, á fácil dispersión das pezas numismáticas por diferentes mans – debido ós achados ocasionais– provoca que moitas nunca poidan ser estudiadas ó estaren en coleccións privadas de difícil acceso. Pola mesma banda, moitas das pezas están moi deterioradas e son ilexibles co que gran parte da investigación e coñecemento pérdese. De tódolos xeitos, o estudio pechado de grupos numismáticos sen un bo contexto arqueolóxico e interpretativo, así como a imposibilidade de coñecer certos aspectos, fan das moedas unha fonte que hai que tomar con moitas precaucións. Máis complicadas son as aportacións das fontes etnográficas para o mundo antigo, pero pódense recoñecer, xa que habelas hainas. Sen caer en esaxeracións, analoxías e paralelismos pouco fundados, pódese recadar información deste xeito pola vía da antropoloxía social e a cultura etnográfica material e en certo modo, espiritual, que unirían

12


INTRODUCCIÓN

por finos lazos ós galaico–romanos coa nosa realidade actual (oficios, ferramentas, costumes e supersticións...). No mesmo senso, sempre con precaución, pode ter moito valor a información sacada do folclore rexional ou local que atribúe ós celtas, romanos ou os mouros certas construccións e tradicións. Nesta xeira tamén teñen gran valor os relatos de paisanos, veciños e mesmo “arqueólogos” e “historiadores” afeccionados, que xunto co relato e testemuño de investigadores de creto, quedan recollidos nas nosas liñas, e que nos agradecemos grandemente.

13



MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL

2. O MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL Antes de entrar en materia propiamente dita, daremos unhas breves notas acerca do espacio xeográfico no que nos movemos, tanto na antigüidade como presente, facendo referencia ós posibles condicionamentos4 que o clima e o relevo que puideron concorrer no seu poboamento. 2. 1. ENCADRE TERRITORIAL: DESCRICIÓN XEOGRÁFICA DO VAL LEMAVO O territorio que imos a investigar corresponde coa hoxe denominada Terra de Lemos que non fai referencia ao concello concreto senón a unha rexión moi característica da Provincia de Lugo e de Galicia. A Terra de Lemos é unha área de transición entre os peneplanos da Galicia setentrional e os acentuados relevos da meridional. Efectivamente, esta Comarca correspóndese cunha das depresións arcaicas e colmatacións terciarias e cuaternarias da meseta luguesa, situada nun dos bordos desta penechaira. O río Cabe recórrea de Noreste a Sudoeste e o val do Miño sepáraa doutra das depresións da meseta luguesa (a de Chantada). Polo Sur, o profundo corte do Sil establece a transición cara o conxunto meridional. Cara ó Norte, a divisoria de augas entre as concas do Miño e do Sil separa a depresión de Lemos da de Sarria; e cara ó Este, a comarca participa das características das serras orientais. A disposición do relevo é causa de que as maiores altitudes estean nos bordos, con alturas que superan os 600 m; de tódolos xeitos, no bordo oriental é onde se rexistra a máxima altitude (máis de 800 m. na Serra de Trapa, máis de 1000 m. na cima de Pías). O resto da depresión ten alturas entre os 600 e os 300 m. (similar, por outra banda, á meseta luguesa), a excepción do curso medio e baixo do río Cabe, onde a altitude media non supera os 300 m. É no fondo deste val onde se sitúa o núcleo de Monforte, emprazado sobre un outeiro. O citado Monforte de Lemos, O Saviñao, Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón e Sober son os seis concellos que forman parte desta comarca. 2.1.1. XEOLOXÍA A comarca da Terra de Lemos desde o punta de vista xeolóxico encádrase dentro do Macizo Hespérico, configurado por materiais precámbricos e paleozoicos, afectados, deformados e metamorfizados durante a Oroxenia Herciniana. As distintas litoloxías que a constitúen pertencen a tres zonas ou dominios diferentes. Así, de Oeste a Este os materiais pertencen á zona de Galicia–Tras–Os–Montes (dominio xistoso), á zona Centroibérica (dominio do Ollo do Sapo) e zona Asturoccidental– leonesa (dominio do Courel). Todos estes materiais atópanse instruídos por importantes plutóns graníticos hercinianos de diferente quimismo. Por último, cómpre cita–lo recheo das depresións orixinadas polo rexogo da fracturación herciniana durante o Terciario, dando lugar á cunca sediplana de Monforte.

4

Sen caer nin moito menos en determinismos climatolóxicos nin xeográficos.

15


MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL

2. 1. 2. COMPOSICIÓN LITOLÓXICA Os materiais xeolóxicos que se presentan na superficie da Comarca da Terra de Lemos son: lousa, xistos cuarcíticos e rochas graníticas cuaternarias de orixe aluvial ou coluvional. A maior extensión ocúpana rochas de alterabilidade media ou baixa. Así atoparemos solos máis esqueléticos nas terras que enmarcan a fosa de Lemos, preferentemente nas zonas máis elevadas. Mentres cara á parte central os solos vanse facendo máis profundos ata que se alcanza a depresión de Monforte propiamente dita, nela aparecen extensas formacións de materiais detríticos das Idades Terciaria e Cuaternaria. Desde o punto de vista litolóxico e a efectos da formación de solos, a comarca de Lemos inclúese dentro da Galicia Oriental. Os materiais metamórficos dominantes son as lousas moscovíticas e carbonadas, cuarcitas, e os xistos. Todas elas son rochas moi pobres en minerais alterables. Entre elas, localízanse materiais sedimentarios depositados durante o Terciario producidos pola dinámica fluvial, moi heteroxéneos en textura e cores, como as arxilas e areas. O grosor e distribución con que aparece o recubrimento cuaternario, moito máis rico en grixos e areas é moi variable, de xeito que o resultado final é un mosaico de sedimentos con grandes diferencias de granulometría. 2. 1. 3. UNIDADES DE RELEVO DA TERRA DE LEMOS. Dentro da Galicia interior, a comarca de Lemos encádrase dentro dun sector máis amplo situado ó Norte dos ríos Miño–Sil. Este sector, entre o val do Miño e as serras do oriente galego, descomponse nun nivel aplanado a 700 metros que se estira entre O Páramo e o Sil, de Norte a Sur, nunha franxa duns 6–7 km de ancho, e a depresión de Lemos, que enlaza polo norte coa de Sarria. Entre Sarria e Pobra de Brollón, e delimitado ó Oeste pola depresión de Lemos–Sarria e ó Este polas serras, atópase de novo o nivel a 700 metros. Diferentes niveis aplanados, en ocasións levantados seguindo liñas de fractura de dirección Norte Nordés – Sur Sudoeste, como se comproba claramente entre as depresión de Lemos e Sarria o na que afecta ó río Cabe, na súa cabeceira, por terras do Incio, son os rasgos fundamentais da área, xunto coa presencia do Miño. A intensa fracturación do terreo facilitou a saída á superficie de fontes termais, caso de Céltigos e O Incio. 2. 1. 4. HIDROGRAFÍA O límite Oeste comarcal vén definido polo río Miño. O Miño atópase encorado na presa de Belesar (ó Norte) e nos Peares, augas abaixo do anterior. Atravesa o río diferentes materiais, entre os que predominan os materiais metasedimentarios, principalmente xistos, contando na parte Sur do Saviñao materiais graníticos (macizo de Chantada). O Miño nos Peares recibe as augas do seu principal afluente, o Sil. O seu 2º afluente importante é o río Sardiñeira, que nace no Saviñao O Sil marca o límite Sur da comarca. Atravesa ó igual có Miño todo tipo de rochas, aínda que existe neste caso un predominio de rochas graníticas (encoro de San Estevo). Os materiais son xistosos no treito inicial ó seu paso pola comarca, ata os límites do concello de Sober. Os materiais que corta no treito final, na zona dos Peares, son os xistosos. O río Sil posúe como afluentes o Lor, que desemboca no Sil xa fóra da comarca, o San Xoán, que recolle as augas da zona sur do concello de Monforte, e o Cabe, que é o máis caudaloso. Estes ríos forman a outra morfoloxía reinante nos arredores de Lemos, xunto coa cubeta depositaria, que son os vales de certa profundidade, con ladeiras rochosas escarpadas

16


MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL

con pouca vexetación non herbácea nos cumes e bosques caduqucifolios nas ladeiras húmidas.

Figura 1.- Mapa da rede hidrolóxica da Comarca de Lemos.

2. 1. 5. CLIMATOLOXÍA E EDAFOLOXÍA O clima ó que pertence a Terra de Lemos é o Oceánico Atlántico húmido de latitudes medias que configura unha vexetación de frondosos bosques nas ladeiras e vales e certa vexetación de planicies como arbustos baixos e semi – praderías herbáceas. Na época ó que referimos o noso estudio a situación climática non debería ser moi distinta a da actualidade, cunha marcada humidade Atlántica, mais se cabe se o que reflexan os estudios paleoclimáticos demostran un certo quentamento dende mediados do I Milenio a. C. (400–300 a.C.) ate a cuarta centuria d.C. (DÍAZ–FIERROS VIQUEIRA 1996). Como sinala este mesmo autor a situación á que se enfrontaron os romanos coa súa chegada a Lemos non era moi distinta da que estaban acostumados, tanto climatolóxica como agrolóxicamente, podendo poñer na práctica as consideración e consellos de Varrón, Columela e Virxilio.

17


MARCO XEOGRÁFICO E MEDIOAMBIENTAL

Os solos serían podzólicos (AVILÉS 1995) cunha pouco considerable capa vexetal de humus, pouco lixiviados e con tendencia á formación de calvas e barrancos de escorrentía cando se producen chuvias fortes, así como asolagamentos estacionais (nas estacións húmidas, normalmente equinocciais) de pouca duración, na chaira monfortina. O color característico sería o grisáceo escuro e/ou parduzco sendo moi productivos para os cultivos de secano e de regadío se se acompañan da rega correspondente; mentres que os vales posuirían máis cantidade de humus e vida biolóxica nas capas edafolóxicas superiores, máis lixiviados pero de certo valor productivo, sen necesidade imperiosa de regadío. 2. 1. 6. A VEXETACIÓN E A FAUNA MONFORTINA NO CAMBIO DE ERA As análises polínicas (AIRA RODRÍGUEZ 1996) denotan o decrecemento dos porcentaxes de polen arbóreo no cambio de Era (índices 60–40% cara 40–20%) con certa preponderancia do castiñeiro (20–30% do total de porcentaxe arbóreo) xunto co carballo (Qercus Sp. que pasa de 50–20% a unha densidade a primeiros do s.I d.C. de 20–10%). Un gran dominio confórmano as gramíneas, debido ás condicións edafolóxicas (solos calcáreos de deposición e chairos) que ocuparían unha porcentaxe de entre o 30–40%, xunto con baixos índices entre o 1–5% de cereal, xestas, abeleiras, etc. e con nula presencia da vide e de bidueiros. Todos estes poles están ben testemuñados nos xacementos galegos do sur da provincia de Lugo (AIRA RODRÍGUEZ 1996). Pola súa parte, en canto á fauna, aparecen no rexistro fósil do Lugo húmido5 a maioría dos animais que hoxe en día contemplamos no zona luguesa (ALTUNA & MARIEZKURRENA 1996). Os porcentaxes máis pobres ofreceríannolos o can, o cabalo, coellos, gansos e galo/galiña entorno ó 10–20% aínda que cabe pensar que os datos non sexan o suficientemente representativos nalgúns casos coma no caso do cabalo, xa que o sur lugués é unha zona eminentemente ecuestre que conta con abondosas manadas destes cuadrúpedes. Os datos máis amplos aportaríanos os bois (50–60%), ovicápridos (30–40%) e os xabaríns (20–30%). Destaca que os animais posiblemente non domésticos só ocuparían o 8–10%. A zona é moi rica e apropiada para as cabanas de gando vacún e cabalar, tanto para consumo como para traballos agrícolas e de elaboración. 2. 1. 7. RECURSOS MINEIROS Por último facer simple referencia á riqueza mineira, da que posteriormente falaremos, na parte Este e Sureste da cubeta monfortina, nas serras do Courel e ás vetas de mineral anteriores a estas nas primeiras montañas antemacizas. Ó ouro dos cursos do Sil e pequenos regatos e arroios da mesma cunca, hai que sumar os filóns de diferentes minerais como estaño, cobre e volframio, xunto coas canterías de pedra, puideron estar en explotación dende antes e durante do cambio de Era. Destacan os xacementos secundarios de ouro entorno ós ríos Miño, Sil, Cabe, Saá e Lor (SANCHEZ – PALENCIA 1983, p. 380–401; DOMERGUE 1987, 2, 348 –350) e primarios – curso medio e alto do río Lor, Saá e Sil – (PEREA e SANCHEZ PALENCIA 1995) ben de ouro ou ferro, así como a comprobación en recentes prospeccións6 dun núcleo extractivo mineiro romano do ferro na parroquia de Licín, no Concello do Saviñao.

5 Datos cribados de xacementos de cambio de Era na cidade de Lugo e o entorno (ALTUNA e MARIEZKURRENA 1996, p.55-106). 6 Agradecemos o testemuño oral de D. Enrique Pérez Losada, antigo alcalde de Escairón, e de Felipe Arias ao respecto deste e outros xacementos. Tamén nos nas nosas prospeccións comprobamos o dito por estes bos informadores.

18


HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS DA CIVITAS LEMAVORUM

3. HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS DA CIVITAS LEMAVORUM As primeiras investigacións acerca da entidade dos restos protohistóricos que albergaban as amplas terras de Monforte, fixérona dunha maneira case indirecta os eruditos Castellá Ferrer (CASTELLÁ 1610, f. 144) a finais do século XVII e Ceán Bermúdez no primeiro terzo do século XIX (CEÁN 1832, p. 222), ó faceren referencia ós achádegos de materiais antigos e xa entendidos como romano en San Vicente de Castillós. Temos testemuño das súas observacións: “ Cerca desta Yglesia adonde se halló este mármol estavan unos Castillos antiquíssimos, algunos dizen eran tres, otros cinco, de los tres parecen ruynas, y por esto llaman a este lugar Castillones” (CASTELLÁ 1610, f. 144). “ San Vicente de los Castillones (...), construída sobre las ruínas de otro edificio romano que pertenecía á la región de los Lemavoros...” (CEÁN 1832, p. 222). Estes dous investigadores fixeron tamén un gran labor de recompilación de inscricións romanas da zona de Lemos, e a eles debemos o coñecemento e a transcrición dalgunhas estelas ou aras que hoxe desafortunadamente se perderon. Xa no século XIX e comezos do XX, unha serie de eruditos con afán historizante pero carentes completamente de rigor histórico e científico, aproximáronse ó mundo antigo de Lemos avogando por teorías panceltistas e referencias míticas (por exemplo, alusións á posible orixe grega dos Lemavi) propias do Romanticismo Rexionalista galego. Autores como Paredes Guillén e outros “afamados” etnógrafos confirman as referencias de Plinio e Ptolomeo á pertenza dos Lemavi ós Sarios, denominación celta aplicada ós criadores de gando, que dende a cabeceira do Teixo chegaron a ocupar ó Leste de Galicia. Pola súa parte, o historiador Pallarés Gayoso (HERMIDA BALADO 1987), conclúe na súa obra –“Argos Divina”– que a partir de Gárgoris os gregos fixeron incursións no territorio galego preferindo asentarse no antigo territorio lemavo. Alude tamén á formación mítica por parte do heroe grego Teucro dun poboamento na Terra de Lemos. A súa vez, no ano 1906, publícase no “Almanaque Galego” a noticia sobre os primeiros restos descontextualizados de Proendos por parte de Manuel Castro López. A primeira gran catalogación de xacementos e interpretacións para a comarca natural chegará da man do famoso “arqueólogo afeccionado”, D. Ramón Castro López, que actuou dende o seu curato aldeán de Vilar de Ortelle e investigou sobre a súa parroquia e o partido xudicial de Monforte de Lemos, publicando a súa obra titulada “Reseña Histórica descriptiva de la Parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca”e que publicou en 1929. Neste libro facía unha recompilación e estudio sobre os castros da terra dos lemavos, chegando a catalogar nada menos que setenta e catro. Dentro do Seminario de Estudos Galegos (SEG), tamén foron abondosos os estudiosos que se acercaron á zona para referenciar os achados espontáneos que se sucedían no lugar. Deste xeito visitaron Monforte, Castillós ou Proendos xente como López Cuevillas e Fraguas Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 306) chegando con eles as primeiras interpretacións consecuentes. A estes últimos debemos tamén un artigo sobre os castros do Saviñao no III Congreso de Arqueoloxía Nacional (III CAN) celebrado en Vigo no ano 1953. Será a mediados do século XX cando o Boletín de la Comisión de Monumentos de Lugo (BCPML II, 1946) e o Museo Arqueolóxico de Lugo –conscientes da importante

19


HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS DA CIVITAS LEMAVORUM

riqueza patrimonial que agocha a Terra de Lemos–, empezan a tomar cartas no asunto e deciden recoller datos e restos tanto castrexos, romanos como paleocristiáns para os seus fondos. Persoeiros como Nicandro Ares Vázquez, Chamoso Lamas ou Manuel Vázquez Seijas dan a coñecer dende o BCPML os seus traballos e investigacións sobre xacementos e documentos epigráficos aparecidos na Terra de Lemos. Como era de esperar, os descubrimentos casuais seguiron producíndose e xente de moi distintas ramas acometeron estudios, destacando o traballo de Jaime Delgado Gómez en relación á aparición dos restos paleocristiáns (un sartego de mármore e varios restos constructivos nobres como capiteis) na igrexa de Sta. María de Temes, en Carballedo, Lugo, (DELGADO GÓMEZ 1976) e de moitos outros vestixios arqueolóxicos aparecidos en Lemos, como a estatua de Mourelos ou Licín (Ver Logo). Nos anos 50 do século XX, os primeiros arqueólogos profesionais propiamente ditos de tendencia científica tomaron o rumbo das escavacións e interpretacións destacando nesa laboura o renomeado Chamoso Lamas (CHAMOSO LAMAS 1958–1959) ou Vázquez Saco (VÁZQUEZ SACO 1958–1959), facendo de enlace coas prospeccións e investigacións plenamente científicas realizadas dende mediados dos anos setenta ata os nosos días, destacando nese plano personaxes como Acuña Fernández, Arias Vilas e Pérez Losada. Nos últimos tempos, o Boletín do Museo de Lugo recuperou a xeira deixada pola Comisión de Monumentos de Lugo, realizando traballos de análise e síntese sobre o patrimonio prerromano e romano no Val de Lemos. Así mesmo, outras publicación como as revistas Larouco ou Gallaecia tamén teñen abondosas referencias ós vestixios aparecidos na nosa zona e a reinterpretación de achados anteriores (o profesor Rodríguez Colmenero realizou diversos traballos de catalogación e estudio do patrimonio artístico prerromano e romano de Monforte a traveso das publicacións periódicas antes citadas e tamén dentro de Hª Xeral da Arte de Galicia (Ed. Hércules), describindo pezas coma a Estela de Atán ou a tampa de Temes.

20


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

4. A ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS Antes de entrar na materia, temos que citar as fontes antigas que fan referencia ós pobos do Noroeste. Os principais autores válidos para o coñecemento do Noroeste son Estrabon, Ptolomeo, Plinio o Vello, Mela, Tito Livio, Floro e xa os máis tardíos como Dion Casio, Orosio e Isidoro de Sevilla. Os tres primeiros serán os máis importantes no noso traballo. A problemática das fontes á hora de coñecer o poboamento e o seu ordenamento como poder público radica en tres aspectos: A súa cronoloxía tardía en canto ó reflexo da sociedade e organización prerromana. Sesgo marcado que enfronta á grande, culta e civilizada Roma coa “barbarie” destes pobos, xa que a orixe destas fontes é eminentemente grecolatina. Carecen, excepto –en parte– Plinio o Vello, de datos administrativos e oficiais, e só nos transmiten referencias vagas recollidas por testemuños indirectos e pouco fiables en canto á obxectividade. 4. 1. A organización interna na Cultura Castrexa: os Castella A visión tradicional –que hoxe non pode ser mantida– sostiña que os populi eran a forma máis ampla de organización dos pobos do Noroeste, xa que eran a referencia “estatal” das diferentes comunidades que o integraban. Estes agrupaban a súa veza a varios castros, conformando unha organización que hoxe denominamos “Cultura Castrexa”. Non sabemos, pola súa banda, se estes populi facían referencia a un grupo étnico concreto ou, como parece máis verosímil –e máis para a zona dos castella–, esta segregación étnica é esaxerada e formaban parte tanto dos castella como dos populi varios grupos parentais ou gentilitates de certa homoxeneidade cultural e tal vez étnica. O debate sobre este tema segue hoxe aberto7. Ademais, a visión das entidades superiores dentro do mundo castrexo, non semella hoxe asumible (Ver Logo). Polo que sabemos hoxe en día, esta subdivisión xerárquica parece que non existía antes da época romana e que cada castellum ou comunidade que habita o populi tiña certo grao de independencia e autosuficiencia tanto económica coma “política” (OREJAS 1996, p.15–25). Esta moi probable autosuficiencia a tódolos niveis dos castella, fai que os populi sexan considerados meros marcos de referencia comarcal de varios castros, onde non se localizan nin xerarquías nin lugares centrais como moi ben observamos na nosa Terra de Lemos ou noutros estudios onde tampouco se reflicten (XUSTO RODRÍGUEZ 1993, AGRAFOXO 1994, CARBALLO 1986, LOPEZ BARJA 1999). A orixe do fenómeno castrexo parece terse liberado das teorías difusionistas de comezos do século XX, que consideraban que as invasións de pobos indoeuropeos (celtas primordialmente) durante a 1ª Idade do Ferro (1000/800 – 500 a.C.) forxaron o elemento étnico e material do mundo dos castros. Hoxe en día, a historiografía vén aceptando que estas invasións deben ó menos matizarse e ser consideradas só como ondeadas ou achegamentos de poboación centroeuropea, pero con ningún matiz bélico ou de confrontación. Por iso, coa chegada 7

Para ver estes debates historiográficos consultar as obras de PEREIRA 1988, 1992 p. 35–43; RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, GONZALEZ RODRÍGUEZ 1985–86 .p 373–382; DOPICO 1998 ou SASTRE 1998 – 2002.

21


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

pacífica destes pobos ás zonas menos poboadas, como o caso da Meseta Norte e a parte setentrional do Val do Ebro –área que será denominada polos romanos como Celtibera– recibiron certa cantidade de poboación indoeuropea Este cambio de rumbo nas interpretacións debeuse ás noticias aportadas pola arqueoloxía principalmente, e pola lingüística en parte, xa que a aparición de diversos tipos materiais e introduccións culturais indoeuropeas no Noroeste, derivadas dos Campos de Urnas e da Cultura Hallstatt, non presupón a existencia de invasións masivas, nin sequera dunha aculturación profunda, senón máis ben, aceptacións de novidades de culturas anteriores. Mentres, o mundo galaico sufriría unha evolución natural da súa cultura anterior, inscrita na Idade de Bronce, coa presencia tardía de certos afluxos de poboacións indoeuropeas e con arribadas de pobos do interior da Península Ibérica desprazados por loitas intestinas ou de confrontación cos romanos – como ultimamente sinalan autores como Jaime Alvar (ALVAR 1995, Cap. Cultura Castreña)–. Do que podemos extrapolar das fontes, hai que referenciar que poucos son os datos limpos que serven como propios dos galaicos e que non encontremos en referencia a outros pobos. Como sinala a profesora Sastre Prats (SASTRE 1998, p.14), pódese afirmar que as sociedades prerromanas do Noroeste non poden ser consideradas nin como tribos cerradas e de base parental exclusivamente nin xerarquizadas. Aínda que terían un certo desenvolvemento organizativo, este sería feble e só se consolidaría co dominio romano8. A xerarquización dunha sociedade prodúcese cando unha parte dela controla os recursos básicos da comunidade, establecendo unha relación, débil nun principio pero inxente no final, dialéctica de explotador–explotado. Este feito produciríase nas sociedades prerromanas do Noroeste cando a chegada dos romanos favoreza a unha determinada facción social desa organización, creando así unha “aristocracia” indíxena de relación permanente con Roma mediante o comercio. Cando o estado imperialista itálico teña a necesidade de controlar pouco a pouco, máis e máis este comercio, farao co control das forzas de producción e finalmente, tamén dos medios de producción mediante a conquista definitiva. Polo tanto, será a dominación romana a que defina e consolide a estructuración clasista e xerárquica das sociedades prerromanas a través do control da explotación a nivel local. Na prerromanidade, a existente complexidade organizativa durante os séculos III e II a.C.9 viría determinada pola distribución das diferentes funcións da comunidade cun certo grao de especialización. O maior exemplo desto serían as unidades de ocupación metalúrxicas en cada núcleo castrexo, e que podería ter dado lugar a unha “nobreza guerreira”, tendo que ser esta abastecida de productos agropecuarios xa que non os producía. Quizais sexa este aspecto, o de traballar con metais valiosos e dignos de por si, o que transmita esas características ós seus posuidores, véndose así reflexada graduación nos relatos de Estrabon (III, 3,7):

8

A plasmación deste feito, a continuación explicado, será a presencia de títulos como “princeps”, “magister” ou “pretores” entre as sociedades indíxenas que realizan pactos de hospitalidade ou clientela cos romanos (Ver RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p. 170–181). 9 Como o testifican as escavacións arqueolóxicas de castros con niveis prerromanos. Desgraciadamente, non son moi abondosas en Galicia, e temos que recorrer a maioría dos casos ó Castrexo do Nordeste, ó da Meseta Noroccidental, ó territorio astur e á zona das Médulas. Un bo exemplo da nosa afirmación son as aportacións de Sánchez – Palencia nesta última zona (SANCHEZ – PALENCIA 1996).

22


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

“Comen sentados sobre bancos construídos ó redor de paredes, aliñándose en eles segundo idade e dignidade” (en ROMERO MASIÁ e POSE MESURA 1988, p.36-38). A pesares de todo, estas sociedades poden ser consideradas complexas pero non eminentemente xerarquizadas. Estes individuos relacionados coa metalurxia preciosa, ben polos seus coñecementos técnicos, ben por representar os intereses da sociedade á que pertencen, gozaron de certo halo de prestixio que lle permitiu levar obxectos de ostentación como puideron ser os tesouriños de xoias castrexas. A través da guerra, da artesanía e do comercio non sería posible o control sobre os factores básicos da producción e a plena xerarquización social; esta tivo que producirse trala conquista no marco do dominio e dos intereses romanos. Ante esta organización comunal “natural” dos pobos do Noroeste, antes da conquista, debemos de facer distincións, xa que non todo o mundo galaico se situaba no mesmo estadio organizativo. Segundo algúns autores10, poderíase distinguir entre unha zona desenrolada en canto á formación de xerarquías e outra zona atrasada neste proceso dentro do mundo castrexo. No primeiro estadio encontraríanse as zonas que estableceron contactos con Roma , que como dixemos, no seu modo imperialista de relacionarse fomentaría as xerarquías. Neste grupo atoparíanse os Callaicos Bracarenses (localizados dende o Douro ata o Norte da Provincia de Ourense) e os Astures Trasmontanos. A zona intermedia (onde se situarían os nosos Lemavi), que encadraría o Noroeste da Meseta Norte, o Bierzo e o interior da Gallaecia, estaría ocupada polas sociedades alleas ó proceso de xerarquización antes da chegada romana. Outra das dúbidas que nos asaltan sobre estas comunidades prerromanas do Noroeste trala lectura das fontes, é a existencia ou non de institucións organizativas definidas como mostran algunhas citas textuais ó referirse a maxistrados ou ó Consilium. Non temos aínda hoxe suficientes datos que corroboren estas afirmacións pero, de tódolos xeitos, estas organizacións non implicarían necesariamente unha xerarquización ou no caso de existir puideron formarse co contacto con Roma. Derivado desto atoparíase a posible correspondencia dos pactos de hospitalidade de época romana co Hospitium indoeuropeo. A historiografía tradicional11 tendeu a igualar estas prácticas prerromanas coas de época imperial, equiparando os pactos de hospitalidade a un réxime de protección do estranxeiro en territorio alleo. Sen embargo, a obra de Sastre Prats (SASTRE 1998) rompe coa visión máis aceptada dos autores que investigaron as tabulas ou tesseras dos pactos de hospitalidade –ben entre comunidades veciñas supervisadas por Roma ou ben por Roma con algún populi (GONZALEZ RODRIGUEZ 1996) (DOPICO 1998)– e seguindo esta autora apóstase máis ben por unha orixe totalmente distinta, dubidando da posibilidade dun Hospitium indoeuropeo común á toda zona “celtizada”, e definindo estes pactos de hospitalidade como o paso encuberto cara un pacto de clientela. Baixo o manto de homoxeneidade que supoñen os termos de Galaicos ou Galaicos Lucensis, semella que se agocha unha realidade complexa e variada, onde as características da Cultura Castrexa, coa súa organización territorial, suporía o embrión da futura Gallaecia. As fontes literarias (Estrabon, Plinio e Ptolomeo como xa vimos), as inscricións e os restos arqueolóxicos axúdannos a aclarar o relatorio de nomes dos populi e dos seus 10

Entre os que se encontrarían os autores bercianos Orejas del Valle, Sanchez – Palencia e Sastre Prats. É case única neste aspecto, xa que son poucos os que tenden a rebater as teses de Alvar, Santos Yanguas, J. ou González Rodríguez. 11

23


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

núcleos urbanos –ou mellor pseudo urbanos–, ofrecéndonos unha panorámica do poboamento romano na etapa de transición cara a romanidade. Estes populi funcionaba ó xeito dun “Estado”, segundo se recolleu na literatura romana, pero dubidamos que a súa extensión político–administrativa, é dicir, a súa potestade, abranguese toda a territorialidade ou tódalas comunidades que o integraban no mundo prerromano (SASTRE 2002). Debaixo dos populi, encontraríanse sub–comunidades que articularían e organizarían o poboamento. Estes serían os castella ou castrum, que tiñan certa autonomía, un territorio e uns intereses propios, e con capacidade para establecer pactos de hospitalidade (ben entre eles ou xa con persoeiros romanos) e facer dedicacións ós deuses. Por este feito de certa autosuficencia político – administrativa as súas relacións co resto do populi non deben de ser postos en relación de dependencia absoluta. Estes castellum foron documentados por Mº Lourdes Albertos (ALBERTOS FRIMAT 1977) nas fontes epigráficas baixo o signo ), especie de C invertida, que aparecía nas inscricións correspondentes ás xentes da Gallaecia. Estas inscricións dataríanse entre o cambio de Era, e aínda que chegan a nós por medio de epigrafía latina, parece claro que proveñen do mundo prerromano e que foron empregados polos romanos na reorganización trala conquista.Pese ás dúbidas doutros investigadores como Le Roux ou Tranoy, que propuñan a lectura da ) como centuria, os estudios realizados pola mesma Lourdes Albertos, Pereira Menaut, Santos Yanguas, J. e Sastre Prats veñen a confirmar a tese de ) como castella12. A organización indíxena realizaríase a través destes castella, non como unha organización suprafamiliar de base parental, senón coma unha organización territorial propiamente dita, sen que esta organización supoña a desaparición das xentilidades inferiores13 cuxa proba poderíamola atopar nas “divinidades xentilicias”, onde unha xentilidade realiza votos privados alén do común do castellum (PEREIRA MENAUT 1983). Constan dun territorio de referencia máis ou menos definido (OREJAS 1996) no que dominaría o núcleo habitado, o castro propiamente dito. Este non posuía un tratamento urbanístico predefinido e claro, polo menos ata os primeiros contactos con Roma. Os castella ocuparon a esfera do público, das relacións civís, da propiedade e uso da terra, namentres que as OU, unidades organizativas, que remarcarían o compoñente étnico, atinxirían á esfera do privado, das relacións de parentesco (SASTRE 1998) Esta característica do poboamento indíxena propio da Gallaecia14, os castros, indicaría unha maior complexidade social da Gallaecia con respecto á zona indoeuropea das Unidades Organizativas. De tódolos xeitos, non debemos esquecer nin desbotar a posible base xentilicia dos castella, que ademais dunha referencia a un territorium, podían contar cunha certa homoxeneidade suprafamiliar. 12

Para observar este proceso historiográfico pódense consultar ALBERTOS FIRMAT 1977, PEREIRA MENAUT 1983 – 1988, GONZALEZ RODRÍGUEZ 1994, RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, SASTRE 1998 ou SANTOS YANGUAS, J. 1999 13 Sastre Prats matiza a existencia de Gens ou Gentilitates –cun marcado senso familiar– dentro dos Castellum plasmados na epigrafía, en pos dun poder aristocrático máis individualizado (ver SASTRE 1998, p. 83). 14 Nembargantes, a profesora Sastre Prats (SASTRE 1998) pon especial énfase noutras diferencias segundo sexan zonas desenroladas ou non no proceso xerarquizador, como vimos no epígrafe anterior. Esta é unha idea moi interesante e acertada ó noso modo de ver, pero que non vemos a ben comentala aquí (Ver SASTRE 1998, p. 81 – 83). De tódolos modos, a xerarquía das zonas desenroladas ou en proceso de xerarquización (área dos castella) correspondería con xerarquías incipentes, rurais e en proceso de dependencia co mundo romano.

24


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

Un individuo pertence principalmente a súa comunidade, é dicir, ó castellum, que probablemente agrupa a varias familias (clans ou gentilitates, xenitivos de plural ou cognationes)15. Estes castellum incluiríanse dentro dun populi que ás veces o máis importante podía actuar de capital –de ter un desenrolo facultitivo salientable–. Este, se conseguía amplas dimensións e un desenrolo urbano pronunciado, era denominado opiddum, dos que a penas se documentan na Gallaecia. Na epigrafía, as mencións ós castella fanse para referenciar o origo do personaxe que evocan, aparecendo maiormente cando esta inscrición se fai dentro do mesmo populi ou civitates de onde é o nomeado. O recén descuberto Edicto de Bembibre (SANCHEZ–PALENCIA 2001), aclara en certo xeito o panorama dos castella e das civitates: en primeiro lugar, certifica a correspondencia das ) cos castella (SANCHEZ–PALENCIA 2001, SASTRE 2002) e en segundo termo, establece a relación fiscal entre estes e as civitates –xa entidade romana–, ás que tiñan que pagar tributo para permanecer baixo a súa adscrición e manter o seu territorio. De tódolos xeitos, recordamos que esto sucede no momento da post–conquista, non podendo estender esta relación ó período anterior prerromano dos populi. 4. 2. A Civitas Romana coma nova unidade de articulación. No proceso de integración do Noroeste no mundo romano, a principal vía de enlace entre a anterior articulación sociopolítica e o modelo imperial romano, a civitas, xogou o papel fundamental. Quizais a palabra impacto non é a máis axeitada para tratar o proceso de integración na romanidade do Noroeste ibérico porque, de feito, os primeiros contactos e as primeiras transaccións culturais producíronse16 moito antes das Guerras Cántabras. Este proceso de simbiose cultural, aínda que leve nun principio, xa mostrou algunhas intromisións claras da administración romana que aceleraría certos procesos de conformación da sociedade castrexa. Por iso observamos, xa ós poucos anos da conquista, varias características do mundo latino nas estructuras sociais (como refrendarían os pactos e hospitalidade máis temperáns17 e as mencións institucionais epigráficas) e administrativas –e polo tanto mentais– na cultura castrexa18. Segundo Sastre Prats (SASTRE 1998) os contactos con Roma acelerarían a bipolarización social entre explotadores e explotados, xa que os únicos intereses de Roma no Noroeste son económicos, intentando controlar os factores de producción –neste caso mineira e agropecuaria– mediante o achegamento ás elites indíxenas que se encontraban nese momento sufrindo un lene proceso de xerarquización. Polo tanto, serían os contactos cos primeiros romanos os que potenciaron o desenrolo definitivo e a aparición das xerarquías indíxenas, constituídas a modo de nobreza ou casta que superaría a tradicional organización castrexa, e establecería os contactos con 15 Esta teoría pódese contrastar nas obras de GONZALEZ RODRÍGUEZ 1994, RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p. 150 – 170 e DOPICO 1998. 16 Non hai que esquecer as diferencias cronolóxicas dos contactos de Roma co Noroeste. A zona meseteña, o litoral costeiro Occidental e os Callaici Bracarenses terían unhas relacións moi anteriores ás da actual Galicia Central. 17 O máis antigo é o da Tabula Longeiorum do ano I d.C. que firman C. Asinio Galo e a Civitas Longeiorum (ver PEREIRA MENAUT 1985–86 e DOPICO 1988). Xunto a este hai que referenciar o recentemente descuberto Restitutio de Augusto do Bierzo probablemente do ano 15–16 a.C. (ver SANCHEZ – PALENCIA 2001 – SASTRE 2002). 18 Non nos referimos a un tipo de aculturación ou asimilación de tipo material só, senón a un proceso moito máis profundo, que afectaría dalgún modo á organización e poboamento, restrinxido ó século I a.C. no caso da Gallaecia.

25


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

Roma. Este proceso produciría (SASTRE 1998, p. 79), xunto con outros factores, o progresivo abandono da mención ós ) na epigrafía dende o século I d.C., xa que non era representativa da organización social dentro do poboado (como logo veremos). Neste contexto daríase a relación fiscal entre os Castella e as Civitates como reflexa o Edicto de Bembibre e como xa antes comentamos (ver arriba). Serán as Guerras Cántabras o proceso definitivo da integración castrexa na maquinaria imperial. A busca de beneficios económicos, o control dos pobos “bárbaros” que saqueaban as provincias romanas da península e o propio anceio de César Augusto de prestixio ante o pobo romano, farán que os seus intereses se dirixan ó Noroeste hispánico buscando fronteiras menos vulnerables. Hoxe as teses de Schulten parecen superadas e considérase que os Galaicos e o seu territorio non sufriron os ataques romanos19, senón que serviron de apoio loxístico e de intendencia ós exércitos lexionarios (MORILLO CERDÁN 1998)20. A cuestión da romanización entenderase polo tanto nunha relación imperialista– colonialista, pero non concibida ó xeito decimonónico. Por elo, as principais actuacións de Roma serán a dotación ó territorio dunha articulación de relación maior, como son as obras de enxeñería públicas (pontes, vías, etc.) e unha revisión da organización social do fenómeno castrexo. O mundo dos castros sofre unha perfecta “asimilación” dos contactos con Roma e mesmo recibe un pulo coa chegada do Imperio, tanto no proceso de xerarquización como de poboamento. Neste senso, o debate sobre a intensidade da romanización na Gallaecia parece un punto vital: nun primeiro momento, García y Bellido e o profesor Blázquez propuñan a pouca romanización do Noroeste, asociada á falta de núcleos urbanos que serían os promotores dese proceso. Sen embargo, autores como Rodríguez Colmenero, Arias Vilas ou mesmo Sastre Prats, partindo da nova visión do profesor Alberto Balil, supoñen unha máis ampla romanización asociada a esquemas empregados noutras provincias do imperio con máis semellanzas co Noroeste ibérico que co modelo de implantación Mediterráneo que se aplicou no resto da Hispania. A afluencia de “colonizadores”, non tanto romanos e itálicos propiamente ditos, senón funcionarios medios que traballaban na reorganización territorial–fiscal procedentes doutras provincias xa moi romanizadas (como a Hispania Citerior), xunto cos efectivos militares (e as canabae civís) que permaneceron aquí trala conquista, déronlle ó proceso de romanización da actual Galicia unhas características sui generis. Estes novos poboadores foráneos integráronse na organización público–territorial indíxena que xa fora reorganizada polo propio Imperio. É dicir, a vella articulación en castella, que superaba ás antigas e herméticas unidades suprafamiliares de marcado senso territorial, facilitaría a introducción neles de novos poboadores latinos. De tódolos xeitos, a actuación na administración pública do Noroeste por parte de Roma suplantou o tradicional orden social–territorial castrexo, pero valeuse e aproveitouno para a nova reorganización. Este primeiro proceso de integración, realizouse entorno a grandes núcleos urbanos de nova planta creados a propósito (Lucus Augusti e Asturica Augusta21), pero contando 19

Tan só nunha ocasión as fontes clásicas fan referencia á Gallaecia, no xa mítico Mons Medullium citado por Orosio (Historiarum…, VI, 21, 6–8). 20 Non cremos que sexa oportuno facer máis referencias ó proceso bélico, polo que recomendamos algunha bibliografía: MORILLO CERDÁN 1998, SANTOS YANGUAS, N. 1989 ou RODRÍGUEZ COLMENERO 1996. 21 Para observar a orixe destas cidades ver RODRÍGUEZ COLMENERO 1996 e FERNÁNDEZ OCHOA e MORILLO CERDÁN 1998.

26


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

cunha organización territorial menor dende a que se acometería o control e a romanización dun xeito máis directo: a civitas. As civitates están amplamente documentadas no mundo latino, tanto nas provincias hispánicas como no resto do Imperio. Estas serían a unidade básica que agrupaba ós antigos castella, onde recadaría os impostos para con Roma (son stipendarii). Polo tanto, os castella terían unha función censual e fiscal dentro do mundo romano, e en correspondencia tamén as civitates, células de dereito peregrini e stipendiarias. As súas obrigas estarían baseadas no pago do imposto ordinario e directo do 5% do seu patrimonio, o mantemento de soldados cando se atopasen de paso pola súa zona ou acampasen nela e xornadas de traballo comunitario para vías, pontes, etc.(MANGAS 2001). Os castros romanos non teñen ningunha entidade xurídica para que non bloqueasen as funcións das civitates, polo que os castellum romanos non foron exactamente o mesmo que os prerromanos e ás veces puideron agrupar a varios destes. A través das elites indíxenas en relación con Roma, daríase o paso da organización prerromana de castella á romana de civitates. A plasmación deste proceso presentaríasenos mediante os pactos de hospitalidade e clientela entre Roma e indíxenas ou entre estes mesmos. Deste modo, o sistema xerárquico de clientelas que noutrora obstruíra o mecanismo republicano romano, agora serviríalle ó Imperio de Augusto para afianzar a este mesmo. O termo civitates non debe reducirse á consideración de simple cidade (valor que adquiriu posteriormente), senón que tiña un amplo significado territorial (civitas + agrum ou territorium) ó cal organizaba e dominaba administrativamente, xa que as civitates dotáronse de potestades político–administrativas exercidas por un núcleo urbano (ou protourbano) de dentro da Civitas, a modo de capital “comarcal”. Xa se deixou entrever no epígrafe anterior que as civitates viñeron a substituír ós populi indíxenas tanto no seu plano organizativo como territorial, e que incluso adoptaron o mesmo nome22 nalgúns casos. Esta organización foi solapando á antiga organización dos castella, xa que pertencían á mesma esfera pública de organización, feito que explicaría a progresiva ausencia de inscricións con mencións de ) durante o transcorrer do século I d.C., xa que a mención do origo faríase directamente dende a civitas23, que absorbería as competencias públicas e de representación dos castella e dos populi ós que suplantarían. A pervivencia na área Indoeuropea das mencións ás Unidades Organizativas suprafamiliares nas inscricións durante os séculos III e IV d.C. demostrarían segundo algúns autores (PEREIRA MENAUT e SANTOS-YANGUAS, J. 1979, PEREIRA MENAUT 1983–87 e GONZALEZ RODRÍGUEZ 1986, 1997 P.97) as diferencias entre estas e a zona dos castella, xa que as OU teñen un marcado senso privado–familiar e os castros unha tendencia pública –territorial. Esta diferenciación, derivada da resistencia das OU, deberíase a un plantexamento previo que se basearía nunhas mesmas condicións romanizadoras para ó Noroeste hispano (implantación de Civitas, concesión do Ius Latii, explotación económica, importancia do exército, ...). Esta sería progresivamente anulada por Roma xa que bloqueaba a administración pública do territorio. 22

No noso caso parece lóxico que o populi Lemavi substituíuse pola Civitas Lemavorum. A epigrafía marca un claro cambio de rumbo polo que respecta ás referencias ó origo indíxena dende o século I. d. C., cambiando o símbolo ) ou a palabra castellum polas mencións directas ás civitas, agora xa romanas, de dobre procedencia: de nomes que precedían ós ), como Limicus, Interamicus, Lemavus...; ou pola utilización de termos rematados en –ensis formados sobre antigos topónimos de Castella, Avobrigensis, Valabricensis, Talabricensis, ... RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, SANTOS YANGUAS, J. 1999 ou PEREIRA MENAUT 1983–87. 23

27


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

As escavacións arqueolóxicas teñen aínda moito que demostrar nestas teorías, pero algunhas delas xa teñen constancia de certas reorganizacións urbanísticas dende época flavia (posiblemente antes?) nos grandes castella que puideron actuar de capital comarcal, como Santa Tegra, San Cibrán de Las ou Monte Mozinho, Dende mediados do século I d.C., poderiamos falar dunha Gallaecia que comezaría a transformar o seu modo de organización socio–política ó modo romano, crebando así o sistema indíxena e introducíndose nas estructuras político–administrativas imperiais. Como xa expuxemos anteriormente, no Noroeste ibérico a romanización acometeuse dende o mundo rural das civitates e non dende os grandes núcleos urbanos, aínda que estas terían unha maior dependencia das urbes que no mundo mediterráneo (PEREZ LOSADA 1995). Na mesma banda, hai que sinalar que o número de civitates na Gallaecia é moi superior ó do resto de provincias hispano–romanas, o que contrasta co moi inferior número de urbes (tan só tres: Lucus Augusti, Asturica Augusti e Bracara Augusti). Polo tanto, baixo a pervivencia indíxena, a reestructuración das novas comunidades galaico–romanas organizouse aproveitando e sobre algún dos núcleos poblacionais anteriores e inscritos nun populi / civitas ou ben dende o populi indíxena directamente24. O novo patrón de poboamento aplicarase máis rapidamente nas zonas que mantiñan contactos previos con Roma e/ou nas de gran interese económico–mineiro para o Imperio. Dende o principio, Augusto busca as bases para o control e integración do territorio mediante diversos mecanismos de aproximación ás elites indíxenas, como a conformación das civitas, etc. Para elo utilizou o exército, confundindo as súas facultades mediante unha interdisciplinaridade entre as potestades de administración civil e militar. O exercito foi polo tanto o encargado de levar a cabo o traballo de campo para a posterior reorganización imperial. Nomes como Antistio, Paulo Fabio Máximo ou Lucio Sextio Quirinal25, relaciónanse con accións administrativas e fundacionais na Gallaecia, como tamén ocorre coas accións de Agripa no 19 a.C26. Como sinala Xulio Mangas (MANGAS 2001, p.47–62) a laboura gromática e organizativa en civitates foi levada a cabo no Noroeste por Lucio Sestio Quirinal no seu mandato na zona entre o 23 e o 19 a.C. Como sinala o historiador Floro, os cántabros, os astures e os galaicos deixaron de ser Inmunes Imperii para integrarse no seo do Imperio romano (FLORO II; 33,46). Tradicionalmente, atribuíase a Augusto só unha operación consistente na dotación de infraestructuras nos terreos conquistados, sobre todo viarias, urbanas e militares, que actuaban como auxiliares da administración e da romanización. Estas infraestructuras estaban destinadas ás accións do exército, auténtico garante da seguridade. Pero hoxe, este discurso parece ser todo o contrario, xa que foi Augusto o que fixo xa dende un primeiro momento os cambios necesarios –a través incluso de varias reorganizacións–, e os traballos axeitados para elo, para introducir de igual modo ó Noroeste no Imperio. Estas accións 24 Non temos datos claros para falar de civitates plenamente indíxenas anteriores ós contactos con Roma. A historiografía, baseada ás veces nas fontes escritas –como Plinio ou Ptolomeo– non inxiren en demasía neste debate (posiblemente o Edicto Imperial do 16 a.C. pode esclarecer en parte esta problemática).Ata que se teñan máis datos, acéptase que populi e civitates responden a unha mesma realidade, polo menos no ámbito político– administrativo (ver RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, SANTOS YANGUAS, J. 1999). 25 A colocación das míticas Aras Sestianas (MELA, III, 13; PLINIO NH, IV, 111; PTOLOMEO II, 6,3) parecería corresponder á terminación dalgún traballo organizativo na Gallaecia por parte do Xeneral Lucio Sexto Quirinal, namentres que Paulo Fabio Máximo tivo un papel determinante na fundación tanto de Lucus Augusti como de Bracara Augusti, así como na introducción do culto imperial. 26 Considérase a Agripa como o protagonista da definitiva pacificación do Noroeste, da realización das primeiras accións de intendencia administrativa, dunha posible fundación protourbana e por último tamén levou a cabo os primeiros censos para a creación dos posteriores Conventus.

28


ORGANIZACIÓN SOCIOPOLÍTICA E TERRITORIAL DOS GALAICOS

consistiron sobre todo na fundación das tres capitais conventuais –Bracara, Lucus e Asturica Augusti–, na conformación en civitas, nas construccións viarias primarias –vía XVII, XVIII, XIX e XX– e na introducción nos costumes e no mercado romano mediante o uso de moedas, material cerámico, etc. Todo o traballo augustéo partiría do proceso xurídico que conlevaba a conquista: trala introducción do Noroeste no Imperio, o territorium pasou a ser considerado ager publicus de dominio imperial. Pero logo, só os enclaves de especial importancia mantiñan este status publicus –como as zonas mineiras– xa que mediante reditiones ou concesións do estado, devolvíanselle as terras ós indíxenas en réxime de possessio (entendido como usufructo) ou ager redditus. De tódolos xeitos, este estadio de posesión será transitorio, xa que pronto este territorium pasará a ser ager stipendiarii ou peregrini, é dicir, os posuidores estaban obrigados a pagar impostos a Roma a través das civitas, que serían as encargadas de repartir os montos que lle corresponderían a cada castellum. Deste modo queda exemplificado a función fiscal e organizadora das civitates, realizada gracias ou mediante as elites indíxenas que actúan de enlace entre Roma e os antigos castella. Os castella perden así as súas posibles facultades públicas anteriores e tamén o territorium que posuían, xa que baixo dominio romano, aínda que manteñen o seu agros destinado á explotación agropecuaria, perden a autoridade sobre eles (MANGAS 2001)27. A estructura organizativa máis importante no Noroeste serían os Conventus. Tradicionalmente, críase que os Conventus Iuridice eran creación Flavia, xa que se ben se tiñan testemuñados anteriormente, a característica de xurídicos e territoriais –e non referidos a un grupo de persoas–, correspondía cas reformas de Vespasiano e Tito e ca concesión á Hispania do Ius Latii. Pero tanto os achados arqueolóxicos como a aparición de máis documentos epigráficos (como o Edicto Augustéo de Bembibre ou a Tábula do Caurel) retrotraen as primeiras reformas latinas na Gallaecia ó consulado de Augusto e/ou Tiberio. Xa dende moi cedo, polo tanto, o aparello imperial toma cartas no territorio dos castella, baseando a súa administración nos Conventus, con facultades predominantemente militares e administrativas levadas a cabo sobre todo polo exército. Configuraríanse tres conventus28 para o Noroeste: o Bracarense, o Asturicense e o noso, o Lucensi, onde se inscribirían os Lemavi. Dende estes conventus estructuraríase o poboamento e a organización do mundo galaico enfocado cara os principais intereses romanos nesta zona, como son a explotación económica do territorio, o control do mesmo e da súa poboación stipendiarii e a expansión do comercio. Cada un deles tería unha capital urbana, as únicas no Noroeste, Bracara, Asturica e Lucus respectivamente. O Conventus Lucensis sería unha estructura, capitalidade dunha cidade principal, onde se centraliza a recadación fiscal pública, o control militar e defensivo, o recrutamento de soldados, a administración de xustiza – de aí o caracter de xurídico–, o culto relixioso imperial e o culto ó panteón grecolatino, a explotación mineira e agropecuaria do seu territorio, actuando tamén coma centro comercial e redistribuidor.

27

Este feito aparece perfectamente testemuñado no edicto de Bembibre, onde se referencia a devolución do agros ós Castellani Paemeiobrigenses (SANCHEZ – PALENCIA 2001, p. 19 e outras) 28 Os conventus non son exclusivos da Gallaecia, senón que abundan en tódalas provincias da Hispania.

29



A CIVITAS LEMAVORUM

5. A CIVITAS LEMAVORUM A conformación en época romana da Civitas Lemavorum remítenos irremisiblemente ó prerromano populus lemavorum. Son Plinio e Ptolomeo as fontes literarias as que xa os citan dende os primeiros anos da nova era, logo da conquista e a implantación do mecanismo imperial no Noroeste peninsular. Como xa vimos antes, Plinio O Vello cita ó pobo lemavo na súa obra ó facer referencia ós 16 populi que conformaban o conventus lucensis: “... Lucensis conventus populorum est sedecim, praeter Celticos et Lemavos ignobilium ac barbarae apellationis sed liberorum capitum...” (III,28)29. É Ptolomeo o que ademais de nomealos outórgalle unha capital, a mansio Daktonion (II, 6,25) núcleo que varios investigadores30 identifican con San Vicente de Castillós, lugar onde certamente proliferan numerosos achádegos constructivos romanos como logo veremos. Xunto con estas referencias textuais literarias temos tamén, como a continuación veremos, numerosas inscricións de referencia ós Lemavi/Lemavus (MANGAS–MATILLA 1981, p. 253ss) que nos certifican a existencia deste populi e a súa tempera e boa asimilación ó mundo romano, como o demostran as reclutacións de indíxenas para o exército romano (ver ROLDÁN 1974, pp. 130–153). Xunto con estas obras clásicas latinas, temos referencias na Alta Idade Media a mención que fan do territorio lemavo tanto o bispo Hydacio no seu Chronicon (Chronicon, 201: Dyctinium) como o topónimo Dactonium recollido nas Táboas de Barro de Astorga31, concretamente na segunda (ver ROLDÁN 1975, p. 164). Dende os primeiros tempos, tanto por razóns fonéticas (Lemavus > Lemos), como por razóns xeográficas, identificouse a Civitas Lemavorum co Val de Lemos, aínda que prevalezan as dúbidas acerca da localización da capital lemava, Dactonium. As razóns xeográficas dadas para esta deducción, refírense principalmente ó entramado viario, xa que na IIª táboa de Astorga (ROLDÁN 1975, p.164) sitúase a Dactonium posterior á mansio de Aquae Quintinae e Lucus Augusti, co que invertindo o percorrido, e recorrendo ó relatorio de Ptolomeo, que define a Aquae Quintinae como capital dos Suerros –e estes son encadrados na comarca de Sarria– é obvio que a comarca contigua é a do Lemos. A súa vez, numerosos epígrafes de persoeiros latinos ou galaico–romano testemuñan o poboamento da Terra de Lemos como logo veremos. Segundo a descricións de Ptolomeo e as interpretacións de diferentes autores32, podemos trazar as “fronteiras” dos Lemavi: pola parte Sur, sendo fronteira natural o río Sil, o territorium lemavo sería o límite entre o Conventus Lucensis e Bracarense. Alén deste, encontraríanse os Interamici dos Bracarense e os Gigurros xa Astures; ó Leste, o populus lemavorum lindaría co Conventus Asturicense, definindo o límite as serras do Courel e dos Ancares. Si se fixa no río Navia o linde entre os Callaicos Lucensis e os Astures e se seguimos a liña imaxinaria cara o Sur a través do río Lor e a desembocadura do Sil, o 29

Segundo ROMERO MASIÁ e POSE MESURA 1988, p.65. Como Chamoso Lamas, Arias Vilas ou Pérez Losada coinciden en equiparar o conxunto arqueolóxico de Castillós como o Daktonion Ptolemaico, ó noso modo de ver dunha maneira moi axeitada (Ver CHAMOSO LAMAS 1955, ARIAS VILAS 1992, PÉREZ LOSADA 1997, 2001 ou Ver Logo Castillós). 31 Liña 6–8: Via Luco Au[gus]ti a[d Dactonium]: Aqua[e] Quin/tia/[e]..., Dactonium IX… (Ver ROMERO MASIÁ/POSE MESURA 1988, p.156). 32 Como Tranoy (1981) e Rodríguez Colmenero (1996, p.228–244). 30

31


A CIVITAS LEMAVORUM

territorio Lemavo faría fronteira ó Leste coa civitas dos Lougei e dos Susarri, así constatado polo Edicto de Bembibre. Ó Norte, como xa dixemos, estarían os Suerri na terra de Sarria, mentres que no Oeste a situación é máis dificultosa xa que temos claro que da altura do río Búbal ata o Miño estarían os Bibali, e ó Norte destes aparentemente hai un oco que por exemplo Colmenero reenche cos Baedi, pero máis por falta dunha localización propia deste pobo que pola existencia de datos arqueohistóricos que constaten a súa presencia na marxe dereita do Miño. A inclusión da comarca de Chantada33 no populi Lemavi plantexa de momento serios problemas, non só pola falta de datos arqueolóxicos da capital desta zona, senón porque consideramos que a comarca de Chantada ten entidade por si mesma dentro da organización galaico–romana34. A orixe do termo Lemavi hoxe por hoxe non é clara. Para algúns eruditos do século XIX e principios do XX, como Manuel Murguía, Paadín y Bullet ou o Padre Flórez (recollidos en VÁZQUEZ 1990 p. 56 – 59), o nome de Lemavi derivaría da raíz celta Lem– Lim–Lym– que faría referencia a un terreo pantanoso ou asolagado como sucede noutros casos do Imperio como a Limia, Limoges, etc. todos eles cunha lagoa e unha meseta chaira como identidade xeográfica. O termo Lemavus/Lemavi faría referencia a un grupo étnico ou cultural concreto, ou ámbalas dúas cousas, asentado na Terra de Lemos e estructurado en múltiples castellum que conformarían o populus. Esas entidades suprafamiliares, os castella, irían perdendo progresivamente o compoñente étnico exclusivo, a traveso das relacións tanto cos seus veciños como con Roma, desembocando xa baixo dominio romano nunha comunidade organizativa de valor territorial e fiscal, a Civitas Lemavorum, pero xa cunha certa consolidación no período prerromano. ORGANIZACIÓN INTERNA Da organización interna do Populi Lemavi sabemos poucas cousas. Da primeira época trala conquista romana son os datos que nos aporta Plinio o Vello e logo Ptolomeo (PLINIO NH; III, 28; PTOLOMEO II, 6,25). Plinio, ó citar os diferentes populi do conventus lucensis, nomea ós Celtici et Lemavi “e dezaseis pobos de nomes escuros e bárbaros”. O feito de citar en contraposición ós Lemavi dos Celtici, pode ser unha maneira de diferenciar ós pobos de orixe celta dos lemavos, xa que estes últimos puideron ter unha orixe indíxena autóctona da zona que evolucionaron dende comunidades do Bronce Final, como xa sinalou Rubén García Álvarez (VÁZQUEZ 1990, p. 57 – 58). Por outro lado cremos que ó nomear ós Lemavi estanos dando a sensación dun certo coñecemento e trato de Roma con estes, incluso anterior ás Guerras Cántabras, xa que a complementación dos lemavi cos elementos celtici –ben coñecidos polos romanos dende a súa dispersión pola Galia e polo resto da Península Ibérica– podería supor unha equiparación a aqueles en canto o seu coñecemento por Roma. O contacto puido producirse antes da conquista polas relacións establecidas entre o interior galaico e Roma tralas operacións de Xuño Bruto, ou ben nas campañas bélicas da conquista que empregaría as terras lemavas como territorio de paso entre a zona de Lucus 33

Incluso algúns investigadores sitúan Dactonium na propia Chantada (ver MADOZ 1885, VIII p. 349) Ver o estudio sobre asentamentos romanos da zona que realiza Vidal Rodríguez (1987–88, p.342–351) na Revista de Guimarães. 34

32


A CIVITAS LEMAVORUM

Augusti (antes de que este existira) e a futura Vía XVIII (RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p.258–263). De tódolos xeitos, esta só é unha posible hipótese interpretativa da conquista. Deixando a parte a posible capitalidade comarcal en Dactonium, só coñecemos outra entidade poboacional na zona: o Castellum Eritaeco, citado dobremente nunha inscrición achada en Astorga que di así (MANGAS 2000, p. 54 e RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p.157–158 e nota 190): “FABIA EBURI / f(ilia) LEMAVA ) ERITAECO an(anorum) / XL VIRIUS CAESSI f(ilius) LE /MAVUS ) E O / DEM an(orum) VII hic s(iti) s(unt) CAESIUS” Este estela de certo tamaño está realizada con boa caligrafía de letras capitais, aínda que non están perfectamente aliñadas todas elas. Posúe unha flor hexapétala inscrita nun círculo xunto cunhas uves (V) pechadas a cada lado e dúas eles (L), unha delas invertida, debaixo da flor. A súa datación parecer ser temperá, entre finais do século I a.C. e principios do I d.C. Con esta inscrición estariamos diante un mundo indíxena en plena integración, xa baixo a tutela romana, e presente na capital do Noroeste, Asturica, durante o Alto Imperio. Tanto a boa calidade da peza coma a súa localización indican as importantes relacións da Terra de Lemos non só coa capital do Conventus Asturicense, senón con toda a Meseta relacionada coa explotación mineira. Ó estaren lonxe da súa civitas de orixe –xa que estamos en período romano– as posibilidades de identificación destas persoas amplíanse sen que poidamos constatar unha concreta: ¿son traballadores destinados ás minas ou á servidume? ou ¿son parte das elites indíxenas conformadas durante a integración en Roma?. Nesta peza aínda se fai referencia ó seu Castellum, polo que podemos afirmar que a peza foi confeccionada nun tempo onde os castros aínda valían de referencia para indicar o origo dos individuos, sendo aínda útiles para a estructuración da vida pública das poboacións prerromanas. Sabemos que os castella lemavus contaban con núcleos habitacionais de dimensións pequenas ou medianas, sumando a estes hábitats un territorium propio adicado á explotación agropecuaria. Figura 2.- Estela do ) Eritaeco.

Como logo veremos, non se produciu un abandono repentino dos castros cara as chairas como núcleo habitacional35 trala conquista, pero é verdade que o fenómeno castrexo comeza un declive dende o século I d.C. do que a penas se recuperará –sobre todo a nivel xurídico–administrativo36– no Alto e Baixo Imperio. A pesares diso, temos que dicir que en Lemos, os castros seguen tendo unha gran importancia no poboamento tardorromano e alto

35

Ó redor de 91 castros catalogamos nós mesmos, sendo unha cifra demasiado ampla para un poboamento só castrexo prerromano ou só romano. 36 De aí a desaparición do termo ) ou Castellum da epigrafía do Noroeste.

33


A CIVITAS LEMAVORUM

medieval37 mediante as perduracións, reedificacións, reocupacións ou fundacións ex novo deste tipo de asentamentos. Xunto a estes aparecen por suposto núcleos novos eminentemente romanos coma vicis (como posiblemente Castillós) e villae (como Proendos e posiblemente Temes) destinados á explotación e control do territorio e dos núcleos indíxenas. Faltan nembargantes núcleos senlleiros romanos noutras partes da Gallaecia coma os forum ou municipuim flaviae, con ese topónimo coma testemuño directo, aínda que posiblemente Dactonium recibiría un importante pulo flavio. ECONOMÍA DOS LEMAVOS A economía dos indíxenas lemavos en período prerromano estivo condicionada polo seu terreo fértil e apropiado para a agricultura –tanto de secano coma de regadío–, e polo clima e vexetación Subatlántica do cambio de Era, onde predominaban os castiñeiros, carballos, abeleiras e en menor proporción cereais como o millo ou a cebada –entorno ó 5% – (ver AIRAS RODRÍGUEZ 1996) . Non fai falla recordar o xa mítico pasaxe de Estrabon e o pan de belota. A economía agropecuaria fomentada pola existencia de xestas e plantas herbáceas que conformarían unha ampla pradeiría na cubeta sedimentaria lemava38, completaríase coa gran potencialidade gandeira da zona tanto de gando vacún, ovino ou cabalar agrupados en amplos rabaños. Dos datos extraídos polos estudios polinolóxicos e edafolóxicos de Arias Rodríguez (ARIAS RODRÍGUEZ 1996, p. 25–46), parece que é ca chegada de Roma cando se introducen definitivamente cereais e gramíneas na zona de Lemos a unha maior escala, aumentando tamén os pastos e o polen arbóreo destinado cecais a gandería. Polo que respecta á vide, non parece ser representativa na zona, ó menos polos estudios realizados (Ver Nota Anterior), e as noticias e mencións míticas do viño lemavo de Amandi en Roma, como por exemplo as dadas por Díez Sanjurjo (en VÁZQUEZ, G. 1990, p.86), non parecen ter fundamento e a posible asociación de epígrafes cerámicos encontrados por Hübner co nome de Amandi (AMOR MEILÁN 1918, tomo II p.38–39) con recipientes vinarios non son máis que un habitual nome de alfareiro galaico romano. EXPLOTACIÓNS MINEIRAS Cremos que riqueza mineira foi unha, por non dicir a primeira, das causas da conquista do Noroeste por parte de Roma. Concretamente para o Val de Lemos, os estudios de Perea e Sánchez Palencia (PEREA e SANCHEZ PALENCIA 1995) calculan para a explotación mineira do ouro en época romana nos xacementos secundarios uns 2.600.000 m3 de terra removidos e duns 100.000 m3 para os xacementos primarios de ouro na mesma zona, concentrados principalmente no Val do Saá e do Lor. Son abundantes os topónimos que aínda perviven e nos falan desa importante actividade extractiva, como Minas, Minería, A Mina ..., aínda que non todo son topónimos e contamos tamén cos xacementos propiamente ditos, como o da Lama ou Licín, que se ben algunha pode ser de época contemporánea, outras parecen corresponder á idade antiga. Cremos que tampouco fai falla recordar os xacementos senlleiros cercanos a Lemos como Montefurado en Quiroga ou a Mina da Toca no Courel. 37 Temos abondosas referencias a castros tardíos na zona, como por exemplo o Castro Actonium en Monforte de Lemos ou o Castellum Guítara coma división dos condados Lucenses altomedievais. 38 Con isto non queremos dicir que exista unha importante actividade comercial agropecuaria, senón máis ben referímonos ó restrinxido marco da autosuficiencia castrexa. As referencias en certos libros á fama da carne dos rabaños lemavos en Roma parécennos infundadas.

34


A CIVITAS LEMAVORUM

Destacan, como xa dixemos antes, os xacementos primarios de ouro e de ferro (entorno os ríos Miño, Sil, Cabe, Saá e Lor (SANCHEZ – PALENCIA 1983, p. 380–401; DOMERGUE 1987, 2, 348 –350)) e primarios – curso medio e alto do río Lor e Sil – (PEREA e SANCHEZ PALENCIA 1995) así como a comprobación en recentes prospeccións39 dun núcleo extractivo mineiro romano de ferro na parroquia de Licín, no Concello do Saviñao. Tamén non menos importantes son os xacementos secundarios ubicados no curso medio e alto do río Lor e Sil– (PEREA e SANCHEZ PALENCIA 1995), explotados xa en época prerromana mediante traballos manuais de cribado en praceres fluviais e logo extraídos a gran escala polos romanos mediante diversas técnicas máis perfeccionadas cás da etapa anterior, como o ruina montium ou a traveso das cortas mineiras e de furados estratéxicos (coma Montefurado). O transporte desta enorme riqueza a Roma é aínda tema de debate. A vía de transporte polo Miño abaixo do producto extraído nas minas parécenos pouco acertada, e nós coincidimos coa idea que sinala Carmen Fernández (FERNÁNDEZ OCHOA e MORILLO CERDÁN 1998, p. 89–99, 113–114) de que este material debería ir primeiro a Asturica Augusta, onde sería catalogado e repartido para o posterior envío a Roma, posiblemente pola calzada que unía a capital asturicense con Tarraco, para logo, ben por mar ou máis posiblemente por terra –través da Narbonense– ir a Roma. VIAS PRERROMANAS E ROMANAS O que si é característico para a zona de Lemos é o seu carácter eminentemente viario e de cruce de camiños tanto en época prerromana como posteriormente romana, moito máis vitalizada. O testemuño da existencia de vías e camiños prerromanos témolo no texto de Estrabon cando nos di que os pobos do Noroeste sacaban os enfermos ós camiños (ESTRABON, G, III, 3,7). . Como logo veremos, as vías, pasos e vadíos no mundo lemavo van marcar as estratexias poboacionais tanto dos indíxenas coma dos latinos (Ver Logo). No mundo prerromano, as vías de comunicación terían un trazado sinxelo e natural. Unhas realizábanse sobre os trazos naturais feito ó longo dos ríos como o Miño, o Cabe ou o Lor e dos vales de Lemos, de Pobra de Brollón ... Outras, que son as que Mañanes chama “vías étnicas” (MAÑANES 2001, p. 63–95), son tamén vías naturais que se converteron en étnicas polo paso milenario de xentes e animais que empregaron dende o mundo megalítico, omnipresente na Terra de Lemos – sobre todo no Saviñao–, ata o fin mundo castrexo. Estas vías normalmente estaban salpicadas de castros ós cales comunicaban e interrelacionaban. As vías romanas tiñan unha infraestructura moi superior e laboriosa. Incluso a un simple ramal aplicábanlle uns plans de construcción moi ben deseñados e planificados (ver MAÑANES 2001, p. 63–95). A súa construcción e mantemento era unha obriga e unha preocupación por parte dos emperadores e dos legados romanos xa dende o Alto Imperio, refrendado na abondosa cantidade miliarios no Noroeste de función propagandística40. Os seus constructores serían os mesmos soldados na hora da conquista e tamén eran axudados por man escrava ou de indíxenas das civitas stipendiarii, como parte do traballo comunal. 39

Agradecemos o testemuño oral de D. Enrique Pérez Losada, antigo alcalde de Escairón, e de Felipe Arias ó respecto deste e doutros xacementos. Tamén nas nosas prospeccións comprobamos o dito por estes bos informadores. 40 Na zona de Lemos non temos ningún miliario testemuñado pero si os temos das vías que atravesaban o val de Lemos antes de entrar no noso territorio, como o de Belesar (IRPL 93, 95 e 96) ou os dous recén descubertos da vía Lucus Augusti – Aque Querqennis e outro en Sá de Rodeiro (Pontevedra) da vía Aquis Celenis – Dactonium.

35


A CIVITAS LEMAVORUM

ADMINISTRACIÓN E RÉXIME DA TERRA Coa implantación romana na Gallaecia, o antigo populi dos Lemavi intégrase na administración romana mediante a conformación da Civitas Lemavorum, encadrada baixo a advocación do Conventus Lucensis e da súa capital, Lucus Augusti. Nembargantes, pese a súa inclusión no convento lucense, cremos que as relacións coa meseta Norte e en especial coa capital Asturicana non foron menos intensas, tanto no período prerromano como –e sobre todo– no romano, debido á explotación mineira do cercano Macizo Galaico Suroriental dirixida polas autoridades imperiais dende Asturica, como o Procurator Metallorum. É de supoñer que, como ocorreu con todos os territorios do Noroestes, as terras do populi lemavo pasaron a ser ager publicus pertencente a Roma; logo, mediante as reditio antes comentadas (Ver Arriba), as terras foron devoltas ós antigos donos en status de possessio, entendida como usufructo ou tenencia para explotación, pasando finalmente a ser Ager Stipendarii pendente de pago a Roma. Non sabemos, aínda que o podemos intuír, cremos que as zonas mineiras o Val do Lor, do Saá, do Cabe, do Miño e do Sil en menor medida, non sufriron estes procesos de tenencia e que puideron permanecer como ager publicus en possessio directa de Roma para a explotación imperial dos recursos mineiros. POBOACIÓN E TERRITORIO Por último, podemos extraer pare estimar a poboación, algún dato máis do censo de Plinio o Vello na década dos 70 d.C.41 O funcionario romano realiza un censo, quizais baseado nos de Agripa do 19 a.C., para a posible definición territorial e poboacional definitiva dos Conventus Iuridice do Noroeste. Nel outórgalle ó convento Lucense dezaseis populi cunha poboación total de 166.000 homes libres42. O censo de Plinio parece conter datos correctos (MANGAS 2001, p.57-60; LÓPEZ BARJA p.347-362) en canto a homes, mulleres e nenos libres e non cabezas de familia como se propuxo nun principio. A repartición racional da poboación, de simple modo cabalístico segundo cada populi, daríalle uns 10.500 habitantes a cada un. Tendo en conta a maior densidade de poboación no litoral costeiro atlántico –tanto nas rías baixas e medias– e noutros núcleos urbanos do territorio –coma Lucus Augusti ou Brigantium43– resultaríanos para ós Lemavi un poboación aproximada duns 8000–9000 homes libres. A cifra de homes libres debe de variar pouco con respecto á suma de poboación escrava, xa que na Gallaecia non houbo unha conversión masiva de indíxenas ó status escravo como premio á inoperancia e/ou o colaboracionismo galaico nas Guerras Cántabras. O que si parece claro é que trala chegada romana á Gallaecia produciuse un aumento considerable da poboación propia, xa que a presencia de persoeiros romanos ou romanizados –só un personaxe con trianómina (IRPL 67)– ou de escravos estranxeiros na Civitas Lemavorum, non parece ter tido un impacto nin sequera grande en relación coa explotación mineira, que emprega poboación libre peregrini maiormente. 41

Os datos que manexamos e as conclusións que extraemos son un pouco aventuradas, pero sendo conscientes delo, poden servirnos de referencia para unha posible poboación aproximada do Lemos prerromano. 42 O conventus Lucensis é con diferencia o menos poboado dos tres do Noroeste, xa que o Bracarense rexistra 284000 homes libres e o Asturicense 240000, así como o menos urbanizado e romanizado no cambio de Era (ARIAS VILAS 1992, p.32). 43 A posible poboación de Lucus Augusti e da zona costeira nesta etapa é moi difícil de cadrar, pero é de supor que sería un 10% máis de poboación en cada Populi respectivo.

36


A CIVITAS LEMAVORUM

Polo tanto, as causas deste aumento poboacional intuíble debe estar nunha mellora da explotación agropecuaria a traveso do modelo e técnicas romanas, do ingreso no entramado comercial romano e de posibles reaxustes e traslados poboacionais provocados por Roma. 5. 1. A COHORTE E ALAE DE SOLDADOS LEMAVOS. O elemento máis importante no proceso romanizador para o Populi Lemavorum foi o paso do exército romano polo val de Lemos. Como xa dixemos, os primeiros contactos do exército con Lemos puideron producirse na época da conquista e/ou da fundación de Lucus Augusti (RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p.258–263) empregando o paso natural que Lemos supoña no propósito. Os militares foron os primeiros colonizadores no Noroeste, levando a cabo tanto accións de carácter militar ou de defensa como actividades administrativas e gromáticas. Os militares romanos foron os primeiros administradores e administrativos da Gallaecia e do Conventus Lucensis cun importante rol social como grupo romano e romanizador, cun amplo poder e influencia no mundo indíxena castrexo e nos núcleos ex novo romanos. O estado romano levou dende moi cedo, posiblemente dende a metade do século I d.C., –no período Flavio ou xa no período Xulio–Claudio (como demostra a segunda inscrición)– unha acción recrutadora miliciana de indíxenas lemavos. As tropas, tras un rápido pero profundo adestramento nas accións militares romanas, eran incluídas ó corpo militar romano tanto nas lexións coma nas unidades auxiliares, ou ben formando unhas novas, acantonándose nos lugares conflictivos do Imperio e normalmente lonxe da súa casa. Tanto as Cohortes como a Alae tiñan un carácter itinerante polo mundo romano dispersando ós seus milicianos por todo o imperio. Este proceso foi un feito claro para a integración indíxena no mundo e na sociedade romana, mediante a asimilación de tradicións, costumes ou crenzas latinas e viría a demostrar unhas fortes e rápidas relacións entre indíxenas e romanos necesarias para formar estas unidades militares. Temos referencias claras da existencia directa dunha Alae I Lemavorum e dunha Cohors I Lemavorum Civium Romanorum (ROLDÁN 1974, p.130; LE ROUX, P. 1982, p. 193) gracias á aparición dunhas inscricións na Mauritania e e en Arjona, e os diplomas de licenciamento da mesma Cohorte na zona de Sala, na Mauritania. Ámbalas dúas fálannos da presencia de homes lemavos formando parte íntegra ou complementaria, pero na maioría, de dúas unidades auxiliares. Esta é a lectura e traducción da inscrición de Arjona (CIL II 2103, Arjona): C(AIUS) VENAECIUS P(UBLI) F(ILIUS) VOCONIANUS / FLAMEN DIVORUM AUG(USTORUM) / PRAEF(ECTUS) COH(ORTIS) I CHALCEDONEN(SIS) / TRIB(UNUS) LEG(IONIS) III GALLICAE FELICIS / PRAEF(ECTUS) ALAE I LEMAVORUM / FORTUNAE SIGNUM AUREUM P(ONDO) V ITEM / MERCURIO P(ONDO) V PATERAM P(ONDO) LIBR(AE) / EX VOTO / ET BASES II ARG(ENTAS) P(ONDO) V L(IBENS) S(OLVIT) Caio Venecio Voconiano, fillo de Publio, flamen dos Augustos divinizados, prefecto da cohorte I Calcedonense, tribuno da Lexión III Gálica feliz, prefecto da Ala I dos Lemavos, ofreceu con agrado á Fortuna unha estatua de ouro de 5 libras de peso, outra a Mercurio de 5 libras de peso, unha pátera dunha libra de acordo co seu voto, e dúas basas de prata de 5 libras (ROLDAN 1974, p.153).

37


A CIVITAS LEMAVORUM

A primeira incrición realízase dentro das honras que ten o Caio Venecius Vocanianus, praefectus ou xeneral ó mando da Ala I Lemava. Por outros datos (ARIAS VILAS 1992, p. 35–44) podemos saber que esta Alae Lemavorum estivo asentada na Mauritania posiblemente entre os anos 88 e 157 d. C. , e a cohorte tamén estivo neste mesmo lugar. Aparentemente as dúas xuntas estarían acuarteladas na Mauritania, e nun momento dado, que non podemos precisar –tal vez na segunda metade do século II d.C.– a Ala I que estaba acantonada en Sala foi trasladada a Arjona –a romana Urgavo– quizais debido a que nese século se estaban producindo na Bética as primeiras invasións mouras procedentes do Magreb (SANTOS–YANGUAS, N. 1988, p.178–180). As Alae compúñanse normalmente de 1000 efectivos aproximadamente, formadas pola infantería e máis polos prefectos e corpo de dilixencia. Na inscrición non se especifica se a Ala, e tamén a Cohorte, son milliaria ou quinquenaria. Narciso Santos–Yanguas, seguindo as fontes epigráficas e literarias – en gran parte a Hixinio– sinala que as quinquenaria abundarían maiormente no século I d.C., mentres que as milliaria se recoñecerían máis a partir de Traxano (SANTOS–YANGUAS, N. 1988, p.106–118)44. Os lemavos formarían parte dos denominados soldados rasos mentres que o resto de cargos, alomenos nun primeiro momento, estarían ocupados e dirixidos por cidadáns romanos45. A mostra deste feito é que pese ó temperán da inscrición, o individuo presenta un completo trianómina romano e desempeña uns cargos só posibles para un home da urbs itálica. Nun principio, a formación da Ala podería ser enteiramente de orixe indíxena lemava, pero como ben sinala Le Roux (LE ROUX 1982, p.276–277), a formación completa da unidade militar faríase en toda unha circunscrición feita polos romanos, neste caso posiblemente o Conventus Lucensis e proximidades da Meseta, sen corresponder a súa denominación étnico–popular cun senso puro, como veremos agora. Tralo acantonamento noutras partes do imperio, e pese a manter o nome Lemavorum, a súa composición cambiaría substancialmente no canto ó compoñente indíxena, remendando ás faltas con persoal local ou próximo, ou mesmo incluso mesturando e fusionando dúas ou máis unidades militares nunha soa. Da segunda inscrición, o diploma de licenciamento atopado en Sala dí así (LE ROUX 1982 – fig.79, Sala, Mauritania): VALERI V/ETONIS M(ILITIS) / C(OHORTIS) I LAM(AVORUM ?) / (CENTURIA) LUCANI / H(IC) S(ITUS) E(ST) / F(ACIENDIUM) CU(RAVIT) C(AIUS) FL/AVI(US) P(UDENS). (Ós deuses Manes) de Valerio Vetón, soldado da cohorte I dos Lemavos (?) da centuria Lucano; aquí está enterrado; procurou erixilo Gaio Flavio Pudente (AE 1980, nº 995). Nesta inscrición só temos referencia do acantonamento da cohorte na Mauritania.

44

A cuantía exacta das unidades militares tampouco nos é coñecido, xa que o número de centurias e turmae nas que se dividía é moi difícil de determinar, oscilando as milliaria entre 800 e 1000 soldados, e as quinquenaria entre 400 e 600 (Ver SANTOS–YANGUAS N. 1988, p.103–119). 45 No Alto Imperio o servicio militar e o ascenso polo seu Cursus Honorum aínda era un honor e un deber restrinxidos ós cidadáns de Roma, ó que non podían acceder facilmente cidadáns latinizados ou indíxenas, como logo será habitual no Baixo Imperio cando o mundo militar será ocupado polas altas familias romanas.

38


A CIVITAS LEMAVORUM

Nin o texto nin o epíteto Lamavorum están íntegros, e as tres letras que están nin coincidiría plenamente co nome do noso populi46, pero como ben sinala Le Roux ou Roldán Hervás (LE ROUX 1982, p. 193; ROLDÁN 1974, p.130), os cambios na epigrafía da letra a pola e son bastante habituais, á vez que temos documentado outra Ala e unha Cohors I Lemavorum civium Romanorum na mesma zona da Mauritania entre o 88 e o 157 d.C., testemuñada polos diplomas militares, sen un campamento claro aínda, avogaría por unha identificación válida a prol dunha leva no territorio lemavo. Esta última mención ós soldados lemavos da Cohors I como cidadáns romanos falaríanos da boa súa boa adaptación á administración e ó exército romano. A participación no exército romano, cos posibles ascensos básicos no seu Cursus Honorum ou Ecuestre, outorgaba non só a cidadanía latina senón tamén a romana, que no momento no que nos encontramos era un feito máis que salientable e definitorio para a sociedade e o poboamento do Lemos romano, xa que podía ser transmitido ós seus descendentes se mantiñan o Origo e o Municipium. O contexto arqueolóxico desta segunda inscrición permite datala entre os anos 50– 80 d.C., co que as levas produciríanse nun momento algo anterior, na época de Tiberio ou Claudio (LE ROUX 1982, p.336) ou quizais nunha época pouco posterior ás Guerras Cántabras. O protagonista do epígrafe, Valeri Vetonis, posúe un duanómina latinizado, cun praenomen de raíz latino romano e un nomen de eminentemente senso indíxena e de orixe hispano, do interior da meseta, posiblemente dos Vetóns, co que se recalcaría a diversidade interna das unidades pese ó título único de Lemavi. As Cohors romanas formábanse por uns 500– 600 militares como máximo e 400 como mínimo (aínda que tamén podería contar cun milleiro de soldados) ós que se lle sumaban os dirixentes ó mando. Ó non facer referencia ningunha nas inscricións nin nos diplomas á posible adscrición equitatae, é dicir, de cabalería, non podemos supor que estas estiveran formadas tamén pola cabalería lemava, que loitaría a cabalo nestas circunstancias, como supoñen outros autores (VÁZQUEZ, G. 1990, p. 43–85). Tendo en conta o cedo das levas, na primeira metade do século I d.C., e as consideracións poboacionais, aínda que cabalísticas, para os comezos da Civitas Lemavorum –cunha media de 10500 habitantes e unha reconsideración entorno ós 8000/9000– o impacto do alistamento indíxena sería moi importante, xa que cun máximo de 2000 homes e un mínimo de 1000 aproximadamente, segundo os casos, repercutirían gravemente na poboación de Lemos se non se compensara mediante outros medios, polo que seguindo a Le Roux, Roldán ou mesmo Santos–Yanguas, N. estas unidades non estiveron formadas en exclusiva polos homes lemavos. Como xa dixemos e repetimos, tanto as levas como a presencia do exército romano son un potente motor de romanización e introducción nos fastos do imperio dunha maneira directa, ou sexa, a presencia directa do exército e as súas consecuencias – aculturación material, cultural, lingüística ou mental, xentes que o acompañan e introducen elementos latinos...–, como dun xeito indirecto, é dicir, a traveso dos licenciados militares e/ou xubilados que, orixinarios de Lemos ou non, acaban os seus días nestas terras, vivindo, actuando e morrendo ó modo romano, sendo difusores romanizadores no mundo xa Galaico romano. Seguindo a Narciso Santos, era pouco habitual que os soldados que formaban as unidades militares menores e itinerantes, as Alas e as Cohortes, voltasen a súa casa, co que 46

Outras lecturas posibles da abreviación Lam– poden ser Lam(iana) ou Lam(ensium) orixinarias das provincias Lusitana ou Mauritana respectivamente.

39


A CIVITAS LEMAVORUM

quedarían asentados nas proximidades do seu acantonamento militar ou podían ir á mesma Roma (SANTOS–YANGUAS, N. 1988, p. 103–119; 178–190). Estes continxentes militares recoñécense por posuír un duanómina latino ou latinizado, ou mesmo un trianómina eminentemente romano ou formado por nomes indíxenas asimilados ó status romano. Os exemplos de nomes dos soldados orixinarios de Lemos puideron ser similares a este Valeri Vetonis, procedente da meseta, ou a Caius Iulius Hispanus da ara de Liñarán (IRPL 65) da que falaremos máis tarde. Algúns historiadores que abordaron estas inscricións militares, como Florentino L. Cuevillas ou Germán Vázquez, consideran probable a existencia de catro ou cinco unidades lemavas (VÁZQUEZ, G. 1990, LÓPEZ CUEVILLAS 1993). Nós non estamos de acordo porque a existencia do numeral “I” atribuído ás Alas ou Cohortes non implica necesariamente a existencia dunhas sen numeral ou con numeral “II”47; así como cremos tamén que a poboación da Civitas Lemavorum non soportaría unhas levas tan habituais e importantes48. Xunto cos militares, funcionarios públicos romano–latinos , comerciantes, colonos ou mesmo escravos chegarían a Lemos49, terra de importantes vías comerciais e de redistribución de productos debido ó seu carácter de cruce de camiños pola súa localización xeográfica. En conclusión, o proceso integrador dos indíxenas lemavos nas estratexias e na sociedade romana foi a modiño pese ás grandes accións das levas. Son as xerarquías superiores indíxenas lemavas, nacidas cos contactos con Roma, as que primeiramente agarrarían o beneficioso modelo romano (SASTRE 1998, p.81–83), diferenciándose rapidamente do resto de peregrini, podendo ocupar os novos núcleos habitacionais de sesgo romano –como Castillós– e colaborando coa administración e a burocracia dos colonizadores para o control do territorio e a explotación agropecuaria e mineira. Adoptan o modus vivendi latino como o mostran os materiais e as técnicas constructivas romanos, a cerámica ou a utilización da epigrafía de tradición grecolatina como mostra de aculturación mental. Por outra parte, documéntase unha continuidade poboacional nos castros de indíxenas lemavos pero xa cunha tendencia á romanización en aspectos culturais, materiais, constructivos ou mesmo epigráficos. En conclusión, a Civitas Lemavorum conformou unha célula organizativa plenamente recoñecida no mundo galaico romano do Conventus Lucensis, por unha parte similar ó resto de civitas pero por outra cuns rasgos propios da xeral romanización, non urbana, do Noroeste. O substrato castrexo tamén irá oscilando progresivamente cara unha romanización definitiva no Baixo Imperio e que posteriormente permanecerá logo da caída do Imperio Occidental cunha forte aportación dos elementos cristiáns, moi cedo arraigados na Terra de Lemos.

47

Temos referencias a numerosas unidades militares únicas con numeral elevado como a Cohors V Asturum ou a Cohors V Bracaerorum ou mesmo a Cohors III Lucensium, sen que poidamos documentar a existencia de toda a lista completa e sen que implique a súa existencia. 48 Provincias enteiras como a Lusitania terían as mesmas cinco unidades militares que as que supoñen estes autores para Lemos. Ó igual sucédelle ás cinco unidades de Astures, de toda Asturia, á que se lle sumarían dúas máis de Asturum et Callaecorum. 49 Os epígrafes de senso viario, como os dos Lares Viais, e relacionados con vías, coma á Aquis Celenis – Dactonium, ou núcleos viarios, coma Castillós / Dactonium, puideron ser feitros tanto por habitantes cercanos como por xentes de paso que atravesarían a Terra de Lemos e fixeron posta nas mansio ou albergues lemavos.

40


A CIVITAS LEMAVORUM

5. 2. INSCRICIÓNS LATINAS ALUSIVAS Á CIVITAS LEMAVORUM A epigrafía é unha das fontes máis importantes para observar o proceso de integración do mundo indíxena prerromano na cultura latina. Pero non hai que esquecer que a práctica epigráfica é unha tradición romana, non indíxena, polo que a información que nos aportan queda restrinxida a un momento concreto, o da integración no Imperio romano, e reflexa un posible sesgo social, xa que os protagonistas das lápidas poden corresponder só as elites romanizadas ou a persoeiros romanos mesmamente. Tamén temos que ter claro dende un primeiro momento que o intento dun estudio antropolóxico e teonímico para un xacemento determinado ou para toda unha civitas, en base ós epígrafes aparecidos, é lixeiramente arriscado, tanto polo escaso número destes como a moi posible pouca representatividade, xa que como apuntamos arriba, serían os colonos romanos ou as elites indíxenas romanizadas as que realizarían ou fomentarían estas obras, tanto por devoción ou superstición, polo que estes epígrafes teñen como protagonistas a romanos ou personaxes romanizados sen que poidamos albiscar moito ou pouco do puramente indíxena. De tódolos xeitos, imos facer un intento de estudio epigráfico. Dos epígrafes aparecidos, podemos diferenciar os achados na Terra de Lemos con nomina –sete en total– e nos que aparecen referenciados ós lemavi pero fóra do Conventus Lucensis –tan só tres–. Estas últimas inscricións son as mellor estudiadas e teñen unha cronoloxía máis tempéra, ó redor da metade do século I d.C. Unha destas inscricións atopadas fóra do noso conventus corresponde á inscrición xa mencionada nos capítulos anteriores (Ver punto 4) aparecida en Astorga (MAÑANES 2000, p.79–82): “FABIA EBURI / f(ilia) LEMAVA ) ERITAECO an(anorum) / XL VIRIUS CAESSI f(ilius) LE /MAVUS ) E O / DEM an(orum) VII hic s(iti) s(unt) CAESIUS” Caesio.

Os nomina son indíxenas ou latinizados: Fabia filla de Eburo e Virio fillo de

Esta inscrición de Astorga posúe a maneira indíxena empregada no primeiro tempos despois da conquista: indica o Origo, é dicir, o ) Eritaeco, aínda que fora da súa civitas de orixe. Constátase tamén o modo mixto, indíxena e romano, de citar a filiación –fillo de...– , cunha mestura de nomes indíxenas –Eburo e Virio– e latinos ou latinizados – Fabia e posiblemente Caesio –. Este último e o seu pai, Caesius, parecen latinizar o seu nome indíxena ata asimilalo ó latino César50. Namentres Fabia ten un nome plenamente latino, o seu pai –Eburo– ten un de orixe prerromana. O mesmo lle sucede ó fillo de aquela, Virio, cuxo nome seméllase moito ó grupo de prerromanos Viriatus/Viriatis. Tanto a asimilación dos nomes a termos latinos como a maneira de facer o epígrafe, conservando o ) invertido, fálannos da evolución progresiva da romanización– tanto mental coma social– reflexada no cambio da filiación propia do mundo indíxena cara o modelo romano, pero aínda lonxe da advocación latina co trianómina (praenomen, nomen e cognomen). En canto ós epígrafes aparecidos nas terras de Lemos (só oito teñen os nómina) destaca a primeira vista que a metade, catro, teñan aparecido no núcleo galaico–romano de 50

Nun epígrafe en Cícere (A Coruña) documéntase o paso progresivo do nome Cadrioco, que correspondo ó avó, a Caelo, que é o pai, e a Caesarus, o neto, nun intento de asimilalo ó César latino.

41


A CIVITAS LEMAVORUM

Castillós (IRPL nº 63, 64, 85 e 90 e ARIAS VILA 1992, p.231–232. Ver Logo), aumentando o número ata case 11 se consideramos os anepígrafos ou de imposible lectura. Destacan en primeiro lugar, o epígrafes no que o protagonista posúe trianómina romana. O primeiro deles aparece nunha inscrición atopada na igrexa de San Martín de Liñarán (IRPL 67), en Sober, preto de Proendos. Di así: LUCUBOS ARQUIENOBUS / C(aius) IULIUS HISPANUS / EX VOTO O adicante é claramente cidadán latino e romano –cos arquetípico Caio e Iulio–, cos tres nomina latinos, pudendo tratarse tal vez dun militar. O seu cognomen, Hispanus, fai referencia ó seu orixe ou a súa familia claramente ibérica, é posiblemente da Meseta onde este alcume é moi común. A segunda inscrición apareceu no contexto arqueolóxico de Castillós (IRPL ): LAREBVS / VIALEBVS / CL (audius?) GAVCE / ASCRIER / VS VEREN(i filius ou (sis?) Ós Lares Viais ¿Claudio? Gauce Ascriero (ou Gauceas Criero), fillo de Vereno (ou ¿Verense? Esta ara de granito (dimensións do altar50*27*16, do campo epigráfico, 23*22, 5*13) ten o fronte do capitel decorado con dúas incisións que separan un triple frontón. Na parte superior leva os característicos e moi comúns foculus. O zócalo está desbastado par fincar no chan. Con respecto á técnica empregada en conxunto a composición é mediocre, o lapicida non segue un eixo de simetría e o texto está desordeado, incluso unha letra sobrepasa o límite do campo epigráfico e escribe sobre o zócalo. Tamén as letras son desiguais, a pesar de servirse dunhos puntos que lle serven de guía. Esta ara tamén recolle esa variante gráfica na invocacións dos deuses, escribe LAREBVS VIALEBUS no canto de Laribus Vialibus. De todos os xeitos, esta variante é relativamente frecuente no N.O. O adicante leva os trianomina aínda que hai dúbidas con respecto a súa interpretación. O praenomen pode ser a forma abreviada de Cloutius?, sen embargo nomen e o cognomen son totalmente descoñecidos na epigrafía ibérica ata agora. A última palabra é de difícil interpretación, pode indicar filiación (Verenus sería entón o pai do adicante), pero tamén pode facer referencia ó seu origo (sería entón a forma Verensis). A maior problemática de interpretación é o grupo Cl–, que pode ser facilmente asimilable como o Claudius latino aínda que Ares Vázquez non descarta a orixe xermana relacionado como Clotius ou Cloutius asimilados ambos a Claudio. En canto ós nomina e ó cognomen a súa identificación é dificultosa: Gauce ou Gauceas parece ter relación cos meseteños Caucei, Canvici ou mesmo cos xermanos Cauci ou Chauci (ARES VÁZQUEZ 1973, p.84–88). Ascriero ou Criero non ten parangón en ningunha inscrición hispana nin do imperio. Ares Vázquez propón un significado de apelativo ó traballo sen valor de cognome. Tamén posúe unha particular advocación ós Lares, xa que na vez de utilizar a forma correcta Laribus Vialibus trócaa pola máis vulgar Larebus Vialebus, moi frecuente e característico do Noroeste. Por último, reflicte a súa orixe como fillo de Vereno ou directamente como Verensis do castelo Verense dos Limicos.

42


A CIVITAS LEMAVORUM

No IRPL datan esta inscrición ó redor do século II – III d.C. Estes dous homes, Caius Iulius Hispanus e Claudio Gauce Ascriero eran xa cidadáns romanos pero de moi distinta natureza, tanto do seu origo como na consecución da cidadanía. O resto de individuos da zona de Lemos (7, contando os de Castillós, Fión51 e a posible lectura de Temes52) posúen na súa maioría53 4 deles ( 57%) un duanómina con –ó menos– un termo latino54. No ano 1958 apareceu outra ara en Castillós de carácter votiva adicada ós Lares Viais (IRPL, p. 84, nº 63, lám. p. XXII).. Hoxe atópase no Museo Provincial de Lugo. Esta é a súa lectura: LARVIB[us] / V[ia]L[i] B (us) / IVULIV[s] / V(otum) S (olvit) [L(ibens) M(erito)] Ós Lares Viais cumpriu o voto gustosamente. Está feita de granito, o campo epigráfico está incompleto e o zócalo non se conserva (dimensións: 44*28*16). A parte superior da ara ten unha moldura decorado con dous arquiños paralelos e está decorada cos triplici foculus aliñados. O nome dos deuses dos camiños está escrito coa forma LARUI- no canto de LARI-, seguramente esta modificación gráfica sexa reflexo da pronuncia local (IRPL, nº 63). O adicante porta o nomen singulare tipicamente latino. A seguinte inscrición de Castillós (IRPL nº 85) é unha placa funeraria atopada en 1610 na igrexa de San Vicente, desgraciadamente, desaparece a fins do s.XVIII, foi transcrita e lida orixinariamente por Castellá Ferrer. A súa transcrición é esta: D (is) (hedera) M (anibus) (hedera) S (acrum) (hedera) / VALERIAE FLORINAE / AN (orum) (hedera) XXIII / POMPEIVS / LVPVLVS / VXORI (hedera) PI /ENTISSIMAE Lectura: Consagrado ós Deuses Manes, Valería Florina (morta ós) 23 anos, Pompeio Lúpulo (fixo este monumento) para a súa muller devotísima. Destaca esta ara pola súa aparente moi boa calidade epigráfica, tanto polo seu material de soporte –mármore– como polo empregando de letras capitais e das hederas, que permiten datala entorno ó século I d.C. Valeriae e Pompeius son nomes romanos, Florinae parece latinizado e Lupulus indíxena, tal vez fai referencia a un aspecto económico ou comercial. Móstranos polo tanto un ambiente culto e moi romanizado no xacemento de San Vicente de Castillós se temos en conta ó cedo da cronoloxía.

51

Recentemente aparecida (HERVÉS 2001, p. 267) nesta parroquia do concello do Saviñao o seu texto di: Vall[ius] / Seve[rus] / Ber(foni) F..? / [e]x [v(oto)] : Valio Severo adicou este altar a Berón para cumprir un voto que fixera. 52 A ara de Temes ofrecería esta lectura: Laribus Vialibus Aram M… f… ex voto, traducido como “ós Lares Viais puxo esta ara Marcelo por un voto que fixera”. 53 Catro deles que serían os dous do IRPL 85, unha na inscrición de ARIAS VILAS 1992, p.232, e outro na de HERVÉS 2001 p. 267. 54 Do total absoluto de xentes citadas con referencia ós Lemavi – 12 persoas incluídos os de Astorga – o 33% tería un duanomina como nome latino; O 50% posuiría un nomen – dos cales a metade serían latinos e a outra metade indíxenas – e só o 17% teñen trianomina latino romano.

43


A CIVITAS LEMAVORUM

esta:

A outra inscrición con duanomina en Castillós (ARIAS VILAS 1992, p.232) é (...?) ENT(i ?)A · DVROTA... / I · ET · FAMILIAE · ...

É moi difícil de interpretar: aparentemente parece o nome dunha muller –ENTA ou – ENTIA DUROTA aínda que tamén puidera ser unha divinidade. O seu primeiro nome pode cadrar cun latino ou romano, como Valeria ou Valentia, mentres que o outro, Durota, semella indíxena. Máis misterioso resulta a continuación ET FAMILIA, que segundo Arias Vilas (Ver Cita Anterior) faría referencia máis ben a persoal escravo ou a unha relación xurídica de dependencia có parentesco natural propiamente dito. A calidade da obra é moi alta e singular. A derradeira, ata o momento, inscrición romana coa que conta o núcleo de Castillós, é a de C • AMO, que pertencería ó grupo bastante habitual de nomes indíxenas do Noroeste Camo / Camulus (IRPL nº90) A recén descuberta inscrición de Fión (Ver Nota 75) semellar ter sido de gran calidade, pero hoxe está moi deteriorada, xa que foi reutilizada como cornixa. Esta é a súa transcrición:; SEVE[rus] / BER[foni] F...?/[e]X [V(oto)] Traducido sería así: “Valio Severo adicou este altar a Berón para cumprir un voto que fixera”. Vallius Severus é o adicante con dous nomes latinos, o último de vella tradición en Roma.– Vall[ius]. A “F” final na parte dereita da terceira liña podería corresponder a un epíteto doa divinidade ou ó termo fecit. O resto (outras 3) terían só un nomen, dominando de tódolos xeitos a seu carácter latino e incluso romano: Iulius (IRPL nº 63)55, Marcelo (ARES VÁZQUEZ 1980, p.312), mentres que só un é claramente indíxena – Camo / Camulus (IRPL nº90) – ós que se lle uniría o Caessius de Astorga. Estes dous, Camo e Caessius serían peregrini indíxenas en vías de romanización lenta pero progresiva. Polo visto ata agora, hai unha supremacía no conxunto de nomina de cidadáns latinos, tanto con nome singular (xa exceptuamos Camalus, Eburo, Virio e posiblemente Caessius), como con duanomina e trianomina. Non temos a profesión –ben romana ou indíxena– de ningún dos protagonistas, nin sequera mencións a funcionarios romanos a non ser os milites da Mauritania, que cremos orixinarios xa doutra terra diferente á lemava (LE ROUX 1980, p.193). No mesmo eixo, e tendo en conta a importancia das levas en Lemos, destaca a escaseza de epígrafes de militares, cidadáns romanos ou cargos do exército na zona. Comentario aparte merece o Praefetus Alae I Lemavorum, Caio Venecio Vocacionus, que non pode ser adscrito tampouco ó noso territorio por que non é máis cá un comandante romano ó mando dunha unidade militar –formada en maior ou menor medida por soldados lemavos– pero que non cremos que teña a súa orixe en Lemos, como outros propoñen (VAZQUEZ 1997, p. 44–67). A nivel formal, os epígrafes son de tipo romano provincial na súa maioría, votivos. Poucos quedan enteiros e mesmo algún perdeuse (como o de Castillós IRPL nº 85).

55

Respecto a este epígrafe Ares Vázquez propón a lectura LUCVBO ARQVIE/NIS BONOS (ARES VÁZQUEZ 1972, p.185–195) pero nós cremos máis acertada a lectura que fai Tranoy, Le Roux e Arias Vilas (IRPL nº 67).

44


A CIVITAS LEMAVORUM

Esta inscrición de Castillós seguramente achegaríanos á plena tradición romana. Outra inscrición procedente deste mesmo lugar (IRPL nº 63) sería de tipo votivo Iº, segundo a catalogación de Tranoy, Le Roux e Arias Vilas (1979, 114–115). O epígrafe funerario de Astorga é unha boa estela de dimensións grandes e boa feitura nas súas letras, con certas reminiscencias ó mundo indíxena na súa forma pese á latinización dos seus nomes. A ara de Liñarán (IRPL nº 67) estaría inscrita nun altar votivo do estilo IIº. Dos epígrafes a penas de deduce a composición social do Val de Lemos, pero a maioría dos personaxes que aparecen nas son de orixe local indíxena latinizados xa en certo grao. A progresión dende os nomina singulares indíxenas da estela de Astorga no século I d.C. cara os duanomina como os de Valeriae Florinae ou Vallius Severus no século II d.C. e os posteriores trianomina no século III coma Claudio Gauce Ascriero é unha proba irrefutable do mecanismo e proceso romanizador e integrador lavado a cabo polo imperio en Lemos. A escaseza de nomes e formas plenamente indíxenas respondería tal vez á falta de tradición de facer epígrafes ou a facelos en latín da poboación local, e enraizando coa pouca romanización destes, como tamén sinalan outros autores (ARIAS VILAS 1992 p.36–38). Así mesmo, os persoeiros romanizados poderían proceder non tanto de Roma senón doutras provincias, normalmente hispanas e moi romanizadas, como a Tarraconensis ou a Lusitania e tamén dos Conventus veciños. Estes recén chegados terían certa ascendencia pública e social así coma tamén relixiosa na sociedade indíxena na que se instalan. A análise da teonímia dos epígrafes pode aportar algún dato tanto do abano romanizador56 como das características das crenzas indíxenas. Destaca que das seis inscricións da zona con referencia a un deus, tres son invocacións ós deuses Lares Viais, asociados ós camiños e ós viandantes (CARDONA 1999, p.249), o que demostraría o carácter de cruce de camiños da Terra de Lemos. As inscricións ós Lares Viais encontrariámolas en Castillós, como acabamos de ver, e en Temes, próximo á vía Lucus Augusti–Civitas Auriense–Aquis Querquennae. A que adica Claudius? Gauce Ascriero, posiblemente orixinario do castelo Verense, pode determinar o carácter viario de Castillós e estar só de paso nel, facendo unha inscrición votiva ós deuses por algún suceso na viaxe ou para protección na mesma. A boa calidade da mesma peza, con dous arquiños e tres foculus no remate superior, mostraría a romanización do taller e do adicante, que contrasta ca xa mencionada anormal forma morfolóxica dos deuses –Larebus Viaelebus– na que se anota cecáis a pronuncia local. Ós tres foculus que presenta na parte superior, téñense asociado a un sincretismo entre tres divinidades indíxenas dos camiños e os tres deuses viais. A de Temes (Ver arriba) parece estar adicada por un Marcelo ?, mentres que a de Castillós (IRPL nº 63) está adicada por Iulius ante o paso da Mansio. Neste senso falariamos dunha ampla romanidade polo menos no que atinxe ás cercanías das vías que cruzan o Val de Lemos. A de Valeriae Florinae (IRPL nº 85) eríxese na honra duns deuses romanos, os deuses Manes, que representaban o culto ós antepasados (CARDONA 1999, p.250)

56

Para afondar nos estudios teonímicos do Noroeste, ver ALBERTOS FIRMAT 1974 p. 147–157; 1977, p.17– 23.

45


A CIVITAS LEMAVORUM

As outras dúas inscricións mostran certas pervivencias de deuses indíxenas na zona: a aparecida en Liñarán –Sober–(IRPL nº 67), levantada por un cidadán romano con trianomina, Caius Iulius Hispanus, curiosamente homenaxea ó deus indíxena Lucubo Arquienobo. Ares Vázquez propón a lectura Lucubo Arquieno Bono, co calificatívo Bono ó final, pero cremos que se debe a unha aventurada lectura e a unha B mal gravada polo lapidario (ARES VÁZQUEZ 1972, p. 185–195). Esta divinidade aparece tamén nunha inscrición en Rábade57 (A Coruña) cuxo adicante ten un duanomina latinizado amplamente utilizado polos indíxenas. Tranoy, Le Roux e Airas Vilas (TRANOY 1979, fig., 69) cren que puido existir nos arredores da rexión luguesa, onde os romanos logo construíron Lucus Augusti, un culto típico a esta divinidade. Recentemente, apareceron dúas novas inscricións con mencións a Lucubo na mesma cidade de Lucus Augusti58 (GONZALEZ FERNÁNDEZ. 2001, p. 244– 247), asociadas a un posible edículo adicado ós Lares Viais, pola súa situación ó pe dunha calzada. Tense considerado o termo Lucubo/Lucubos como sincretismo ós Lares Viais. Xunto con homologación teonímica, representaríanse materialmente ademais ás tres divinidades dos camiños nos foculus da cornixa do ara, como é habitual en moitas delas (Ver Arriba, Ver Temes) ben tres se é plural –Viais ou outros deuses plurais– oe ben un se é singular –como no caso primeiro de Lugo–. Parece que este último aspecto, que non podemos constatar en Liñarán por estar fincada no chan a ara, non parece realizarse sempre, xa que contamos con algunha excepción como a ara adicada a Reo Paramaeco –en singular– que posúe os tres foculus. Pero si é claro que o termo Lucus/Lucubo e as súas variantes, de aparente raíz indoeuropea con culto Solar (CARDONA 1999, p.251–252), é un apelativo indíxena a diversas divinidades ou do sagrado, como os latinos Deus/Dii sendo o epíteto ou segundo termo da divinidade o verdadeiro deus. Cremos axeitado recordar o significado da palabra Lucus como claro de luz no bosque que se relacionaría con ritos ou santuarios indíxenas naturais. A outra inscrición con deus indíxena é a aparecida recentemente en Fión, no Saviñao (HERVES 2001, p. 267, Ver arriba); nela aparece o deus Berfoni, variante dos aparecidos no santuario do Facho de Donón Bero, Breo ou Bero Breo conxuntamente. A letra seguinte F..? podería ser o epíteto da divinidade ou simplemente o termo Fecit. Pola súa parte, María Lourdes Albertos (ALBERTOS FIRMAT 1966) cre que estes sobrenomes divinos indíxenas de dous termos serían un reflexo de divinidades familiares ou xentilicias propias dunha comunidade ou familia. No caso do territorio dos castella estas divinidades plasmaríanse como deuses dun territorium, aínda que sen negar a súa base parental/privada. Faltan pola súa banda outras mencións a deuses romanos, como a tríade capitolina, Iovi, Marte e Venus así como a Mercurio ou a Diana. Pola contra, tampouco abondan as deidades indíxenas, como cabería pensar, nun lugar propicio debido ó seu illamento no interior. 57

A transcrició é esta: LVCOVBV / ARQVIENÎ / SILONIUS / SILO / EX VOTO. A lectura proposta é “A Lugubo Arquieno de Silonio Silo por un voto que fixo”. 58 A primeira di así: LUCOBO / AROUSA(ego) / V(otum) S(olvit) L(ibens) M(erito) / RUTIL[ia] / A – n – t – ian – ia; traducida como “Rutilia Antiania cumpriu o seu voto a Lugubo Arousaego con ánimo plácido”. A outra: LUC(ovis) G–UD/arovis / V–ALE[rius] / CLE[m](ens) / V(otum) L(ibens) S(olvit); traducida como “Valerio Clemente cumpriu gratamente o seu voto a Lucubo Gudarabos”.

46


A CIVITAS LEMAVORUM

Por último, destacaremos máis adiante a importancia dende moi cedo, xa principios do século IV ou incluso antes, do Cristianismo na zona, como o testemuñan os achados en Temes, Castillós, Licín, ou mesmo na veciña Quiroga.

47



O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

6. O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS: CASTROS PRERROMANOS E ROMANOS NO VAL DE LEMOS Neste apartado, trataremos de adentrarnos no mundo do poboamento en época romana e tamén na prerromana da Terra de Lemos. 6.1 Catálogo de Castros da Civitas Lemavorum. Esta parte do traballo que presentamos agora é o froito da nosa laboura de catalogación e inventarización de enclaves castrexos–romanos na Terra de Lemos por diferentes medios, ben por cartografía, ben por foto aérea ou senón polas nosas propias prospeccións de campo que fixemos abondosamente.

CASTROS DA TERRA DE LEMOS TdL

NOME

PARROQUIA

CONCELLO

1 Castro de Avide

Avide

Monforte de L.

2 Castro de Baamorto

Baamorto

Monforte de L.

3 Castelo Grande

Monforte de Lemos

Monforte de L.

4 Castelo Pequeno

Monforte de Lemos

Monforte de L.

5 Castro de Chavaga

Chavaga

Monforte de L.

6 Castro de Babela

Distriz

Monforte de L.

7 Castro do Castro

Distriz

Monforte de L.

8 Castro de Fiolleda

Fiolleda

Monforte de L.

9 Castro de Figueira/Mourindá

Fiolleda

Monforte de L.

10 Castro de Moreda

Moreda

Monforte de L.

11 Castro

Noceda

Monforte de L.

12 O Castro

A Parte

Monforte de L.

13 Castro da Penela

A Penela

Monforte de L.

14 Castro de Cornado

Reigada

Monforte de L.

15 Castro de Rozabales

Rozabales

Monforte de L.

16 Castro de Riaño

Chao de Fabeiro

Monforte de L.

17 Castro de Eivedo

Tor

Monforte de L.

18 Castro de Freituxe

Freituxe

Bóveda

19 Castro de Burtelo

Martín

Bóveda

20 Castro de Agrón / A Roda

Rubián

Bóveda

21 Castro de Ver

S.Vicente de Ver

Bóveda

22 Castro de Vilalpape

Vilalpape

Bóveda

23 O Castro

Vilarbuxán

Bóveda

24 Castro de Abuime

S.Xoán de Abuime

O Saviñao

25 Monte do Castro

Broza

O Saviñao

26 Castro da Torre

Freán

O Saviñao

27 Castro de San Vicente

Igrexafeita

O Saviñao

28 Castro de Pousada / Cavada

Sta. Eulalia de Licín

O Saviñao

29 Castro de Felón

Santa Mª de Marrube

O Saviñao

49


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

50

30 Castro de Vilaseco

Santa Mª de Marrube

O Saviñao

31 Castro Aira da Vila

S. Lorenzo de Fión

O Saviñao

32 Os Castros

S. Lorenzo de Fión

O Saviñao

33 Castro da Portela

S. Pelaio de Diomondi

O Saviñao

34 Castro da Ribada–Illón

S. Salvador de Vilasante

O Saviñao

35 Castro de Peago

S. Martiño de Vilelos

O Saviñao

36 Os Castros

A Chave

O Saviñao

37 Castro de Mourelos

S. Xulián de Mourelos

O Saviñao

38 O Castro

Santa Mª de Ousende

O Saviñao

39 Castro de Vilachá

Piñeiro

O Saviñao

40 Castro de Bugalla

Rebordaos

O Saviñao

41 O Castro

Reiriz

O Saviñao

42 Castro de Regueiral

S. Victorio de Ribas de Miño

O Saviñao

43 Castro de Corveixe

Santa Mª de Rosende

O Saviñao

44 Castro de Orxainza

S. Xoán de Sobreda

O Saviñao

45 Castro de Vilacaíz

Vilacaíz

O Saviñao

46 O Castro

S. Salvador de Vilaesteba

O Saviñao

47 Castro de Leira Rapada

S. Xoán de Vilatán

O Saviñao

48 Castro de Vilelos

Vilelos

O Saviñao

49 Castro de Berta

Vilelos

O Saviñao

50 A Cibdá

Santiago de Xuvencos

O Saviñao

51 Castro de Val ou Pol

S. Félix de Laxe

O Saviñao

52 Castro de Guende

S. Félix de Cangas

Ferreira de P.

53 Castro Pión da Serra

S. Félix de Cangas

Ferreira de P.

54 Castro da Xesteira

S. Vicente de Castillón

Ferreira de P.

55 Castro de Guítara

S. Xulián de Eiré

Ferreira de P.

56 Castro de Santa Mariña

S. Xulián de Eiré

Ferreira de P.

57 Torre do Castro

Espasantes

Ferreira de P.

58 Castro de Ferreira

Santa Mª de Ferreira

Ferreira de P.

59 Castro de Busungueiras

Pantón

Ferreira de P.

60 Castro de Pombeiro / Bazal

Regueiro

Ferreira de P.

61 Cornedo do Castro

Atán

Ferreira de P.

62 Castro de Amedo

Santa Mª de Toiriz

Ferreira de P.

63 Sitio dos Castros

Toldaos

Ferreira de P.

64 Castro de Ortelle

Santiago de Vilar de Ortelle

Ferreira de P.

65 Castro de Amboade

Santiago de Vilar de Ortelle

Ferreira de P.

66 Castro de Vilamelle

Vilamelle

Ferreira de P.

67 Castro da Lama

Barxa de Lor

Pobra de Brollón

68 Monte do Castro

Canedo

Pobra de Brollón

69 Castro de Santa Mariña

Castrosante

Pobra de Brollón

70 Castro de Alende

Cereixa

Pobra de Brollón

71 Castro do Piño

Piño

Pobra de Brollón

72 Castro de Montecelo

Fornelos

Pobra de Brollón


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

73 Castro Tras a Roda

Lamaigrexa

Pobra de Brollón

74 Castro do Xunqueiro

Outara

Pobra de Brollón

75 Castro do Fondorello

Coto do Castro / Saá

Pobra de Brollón

76 Castro de Domiz

Salcedo

Pobra de Brollón

77 A Roda do Castro

Salcedo

Pobra de Brollón

78 Castro de Castinande

Anllo

Sober

79 Agro do Castro

Anllo

Sober

80 Castro da Mota

Brosmos

Sober

81 Cotarro do Castro

Bolmente

Sober

82 Lugar do Castro

Doade

Sober

83 O Castelo

Doade

Sober

84 Castro de Gundivós

Gundivós

Sober

85 O Castro

Liñarán

Sober

86 Castro da Morería

Lobios

Sober

87 Castro de Proendos

Proendos

Sober

88 Castro de Sober

Sober

Sober

89 Castro de Ribas

Rosende

Sober

90 O Castro

Vilaescura

Sober

91 Castelo de Marce (castro?)

Vilar de Ortelle

Ferreira de P.

Os traballos bibliográficos realizados sobre a inventarización, catalogación e descrición de todos os aspectos dos asentamentos e hábitats castreños non son numerosos, máis ben ó contrario, xa que tan só a breve catalogación de castros do Saviñao de Cuevillas e Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955) e unha recente, pero pequena, guía arqueolóxica da Terra de Lemos realizada pola Xunta de Galicia baixo a supervisión do arqueólogo Felipe Criado Boado (XUNTA DE GALICIA 1997), valéronnos de apoio á hora de realiza–lo noso estudio. Ante a inxente cantidade de asentamentos encontrados –90 na comarca monfortina– así tamén para evitar confusións para identificar castros que teñen igual nome, decidimos empregar unha clave identificativa máis viable á hora de concretar un xacemento. A clave será a seguinte: TdL (Terra de Lemos) seguida do número correspondente que nós lle asignamos. Pese ás posibles coincidencias de emprazamento entre os antigos Lemavi e a transposición á actual da Terra de Lemos –cos seus cinco concellos– as fronteiras que nós trazamos no noso estudio non son definitivas nin definitorias por si mesmas, sendo un creación artificial que responde mais ás nosas necesidades que a outra cousa. A outra limitación do noso traballo é o propio alcance ata ó que chegan os nosos estudios e prospeccións, xa que o coñecemento que deriva deles non clarexan os problemas da cronoloxía e da adscrición cultural, podendo variar en calquera momento, e cando se realicen outros traballos neste eido, as nosas conclusións ó respecto do poboamento rural prerromano e romano. Nin sequera os achados substanciais de pezas representativas solucionan a problema cronolóxico e temporal, encubrindo ás veces unha realidade totalmente diferente. As cuestións máis candentes atoparíanse no relacionado ás perduracións dos hábitats castrexos na era romana e a contemporaneidade entre os diferentes enclaves tanto en época prerromana e/ou romana.

51


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Polo tanto, temos que coller os resultados das nosas exploracións nun senso laxo, ó igual que na maioría de datos, que poden ser totalmente recambiados a traveso da laboura arqueolóxica material. Por iso, na maioría dos casos debemos de conformarnos só con calibrar as condicións naturais e exteriores dos enclaves, como emprazamento, tamaño, morfoloxía, toponimia, materiais,... dando como resultado un acercamento á dinámica de poboamento na Terra de Lemos (TdL) e que esperamos que a outros investigadores lles poida servir de guía para logo afondar na medida do posible noutros aspectos moito máis controvertidos. FICHAS A análise de cada xacemento estructurámolo nos seguintes apartados: Nome do castro: Para a súa designación citamos o nome propio co que é coñecido cada núcleo, servíndonos para isto do microtopónimo ou macrotopónimo do lugar. Localización: Cítase o concello, parroquia e o microtopónimo do lugar máis próximo ó xacemento para unha máis fácil localización. Para as coordenadas xeográficas e para os apartados de altitude (cota sobre o nivel do mar), empregamos o Mapa Topográfico Nacional a escala 1:50.000. Emprazamento: Neste apartado temos en conta a característica topográfica que aproveita e define o emprazamento (situado nunha encosta, nun outeiro, etc.). Descrición: Este apartado define propiamente ó castro na súa estructura, describindo todos aqueles aspectos relativos á súa morfoloxía (recintos, defensas, dimensións,...) que lle confiren esa particular fisionomía. Achados: Recollemos asemade os achados móbiles que apareceron no castro e que se coñecen por noticias verbais ou escritas. Adscrición cultural: Incluímos en derradeiro lugar a posible etapa na que estivo ocupado o castro, aínda que sen facelo dunha maneira absoluta e definitiva, só referencial. Estado actual: Indicámos condicións naturais actuais nas que se atopa o xacemento, tanto dende o punto de vista da vexetación, como no relativo ó seu estado de conservación (alteracións ou destruccións). Bibliografía: Cítanse referencias a artigos nos que se fala ou fai referencia á existencia do xacemento. FICHA 1 NOME CASTRO DE BAAMORTO TDL 2 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Sta. María de Baamorto Lugar: Baamorto / Devesas Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 32´15´´ O / 42º 34´20´´ N Altitude: 456 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e baixo EMPRAZAMENTO Na lomba que se levanta o Norte do lugar de Baamorto, ocupando a media ladeira. Tipo B DESCRICIÓN O castro ten unha forma case circular con dous recintos case concéntricos ocupando as terrazas do outeiro, que se confunde coas curvas que deseña o monte. Recinto e defensas: A densa vexetación non deixa intuír nada máis que os terrapléns que serven para aterrazar e á vez defender a fronte Sur do Castro. Semella ser térreo e de cascallo. Dimensións: Os eixes semellan ter uns 70 metros N–S e 60 O–L, cun área

52


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Achados: Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

aproximada de 0´40 Ha Restos de material romano: tégulas. Etapa Romana A densa vexetación impide facer moitas máis apreciacións e incluso a súa localización a pé é dificultosa.

INÉDITO

FICHA 2 NOME CASTELO GRANDE TDL 3 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Monforte de Lemos Lugar: O Castelo Folla nº: 156–III, 1:25000 Coordenadas: Lonx. O.3º 48’”/Lat. N. 42º31’40” Altitude: 361 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo EMPRAZAMENTO Nun outeiro que se levanta na parte baixa e chá do val de Lemos. Tipo B. Domina a vía de paso cara Monforte indirectamente. DESCRICIÓN O castro ten forma alongada en dirección NO–SL. semellante ó seguinte, pero cuns eixes maiores: 100 por 50 metros. Recinto e defensas: Nos seus tercios NO–SE presenta dúas elevacións achairadas que se erguen sobre dous cavorcos de 1 m./h. Dimensións: 0´54 ha. Achados: Dous anacos de cerámica castrexa ocre nunha entulleira. Adscrición cultural: Etapa Castrexa. Estado actual de conservación: Non hai alteracións visibles se ben a vexetación non deixa acceder ó castro. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 3 NOME CASTELO PEQUENO TDL 4 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Monforte de Lemos Lugar: O Castelo Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 30´20´´O / 42º 31´40´´ N Altitude: 349 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo EMPRAZAMENTO Nun outeiro que se levanta na parte baixa e chá do val de Lemos. Tipo B. Domina a vía de paso cara Monforte DESCRICIÓN O castro ten forma alongada en dirección NO–SL cuns eixes de 85 por 40 m. Sobresae sobre a chaira a modo de moa. Recinto e defensas: Nos seus tercios NO–SE presenta dúas elevacións achairadas que se erguen sobre dous cavorcos de 1 m./h. Dimensións: 0´34 Ha. Achados: O topónimo que designa o lugar (Cerámica) é moi característico. Restos de cerámica común romana e medieval. Adscrición cultural: Etapa romana e/ou medieval. Torre vixía e defensiva. Estado actual de conservación: Non hai alteracións visibles, pero a densa vexetación baixa de xestas e toxos impide ó acceso fácil. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en XUNTA DE GALICIA, 1997, p. 41.

FICHA 4 NOME CASTRO DE BABELA LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Distriz Lugar: Babela

TDL

6

53


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 33´20´´O / 42º 30´05´´N Altitude: 336 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor EMPRAZAMENTO Nun outeiro destacado nunha zona baixa e chá. Tipo A. DESCRICIÓN O castro ten forma case circular de 70 m. de diámetro: A un nivel inferior esténdese un antecastro de 20 m. de extensión. Recinto e defensas: Érguese sobre un cavorco de 7 m./h ó N., reforzado por un parapeto de cascallo e de pedra nalgúns tramos. Dimensións: 0, 38 ha. Achados: Acubillo de machados de Bronce na súa faldra e cerámica castrexa. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: No interior da croa e das faldras S. e S–L localízanse cultivo de vide. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, en XUNTA DE GALICIA, 1997, p. 42.

FICHA 5 NOME CASTRO DE DISTRIZ TDL 7 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS (VER FIGURA 29 no ANEXO I) Parroquia: Distriz Lugar: Distriz Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 32´50´´O / 42º 30´30´´ N Altitude: 280 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de labor EMPRAZAMENTO Nunha veiga a escasa altura. Tipo A. DESCRICIÓN O castro ten forma oval cuns eixes que miden de N–S 50 m e de E– O 40 m. Recinto e defensas: As labouras agrícolas desvirtuaron o trazo defensivo do castro, que tampouco debeu ter unhas murallas moito máis alá de foxos e parapetos térreos. Dimensións: 0, 22 ha. Achados: Tégulas e dous anacos de cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: Os traballos de cultivo da terra confunden a percepción do castro, facilmente accesible pero desmontado. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 6 NOME CASTRO DE FIOLLEDA TDL 8 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: S. Cosme de Fiolleda Lugar: O castro ou Perdices Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 33´15´´O / 42º 34´40´´ N Altitude: 442 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo EMPRAZAMENTO Está situado nun contraforte dos Montes de Tor, rodeado polo meandro do río de Barrantes e polo regato de Perdices, configurándose no centro das teazas formadas polos regatos. Tipo B. DESCRICIÓN O castro ten forma oval e mide de N–S 80 m. e de L–O 60 m. Recinto e defensas: Posúe un terraplén de 3 a 13 m. de alto e un parapeto algo arrasado e un foxo. Dimensións: 0, 48 ha. Achados: Murallas e parapetos de esquisto. Adscrición cultural: Etapa castrexa

54


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

Moi desfigurado polos traballos agrícolas que sen embargo impediron recoller algún achado.

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.289. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.53.

FICHA 7 NOME CASTRO DE FIGUEIRA TDL 9 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: S. Cosme de Fiolleda Lugar: Figueira Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 32´10´´O / 42º 36´N Altitude: 512 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor EMPRAZAMENTO Está situado ó final dunha lomba, mirando polo Este cara o val de Bóveda e ó Oeste ten o regato/río de Xunqueira no fondo. Tipo B. DESCRICIÓN Ten forma oval e dobre recinto. Mide de N–S 100 m. e de L–O 160 m. Recinto e defensas: Posúe dous perímetros: o interior está rodeado por un terraplén e o exterior ten outro terraplén máis un parapeto de14 m. de altura.Queda outro terraplén que podería ser a defensa da entrada. Dimensións: 1, 16 ha. Achados: Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: Ocupado por terreos de labradío que se abandonaron en parte. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.290–291.

FICHA 8 NOME CASTRO DE MOREDA TDL 10 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: San Salvador de Moreda Lugar: Aldea de Ciudá Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 35´15´´ O / 42º 32´30´´ N Altitude: 419 m/h. Potencialidade agrolóxica: Monte alto e baixo EMPRAZAMENTO Está construído nun pequeno contraforte preto da aldea de Ciudá, por

55


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

onde descorre o regato de Torrente. Tipo B.3 Ten forma circular e mide de N–S 85 m. e de L–O 89 m. O recinto principal do castro está rodeado por un terraplén de 14 m. de alto, polo N.e N–E ten un parapeto de 19 m. de alto e 4 de ancho. O antecastro remata en terraplén de 9 m. Dimensións: 0, 63 ha. Achados: Pedras espalladas que proceden das casas do castro e posibles estructuras de casas circulares. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O castro atópase cuberto por unha profunda vexetación de árbores e arbustos. DESCRICIÓN Recinto e defensas:

BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.301–302. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 51.

FICHA 9 NOME CASTRO DE PARTE TDL 12 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Monforte Lugar: Cerámica Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 28´30´´ O / 42º 33´60´´ N Altitude: 390 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de pastos. EMPRAZAMENTO Sobre un penedío que se alza no extremo dunha lomba sobre o Canón do río Cabe. Tipo B. DESCRICIÓN O castro ten forma alongada en dirección NO–SL. Recinto e defensas: Boas defensas naturais, presenta só polos lados S. e O. dúas murallas hoxe arrasadas e derruídas. Dimensións: 0´50 Ha aproximadamente Achados: Restos de estructuras en pedra. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O xacemento está bastante alterado, xa que se colocaron torretas de alta tensión. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p. 40.

FICHA 10 NOME CASTRO DE RIAÑO TDL 16 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: Chao de Fabeiro Lugar: A Lomba Altitude: 398 m/h. Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 30´30´´O / 42º 33´40´´N Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e terras de labor EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro localizado no remate dunha lomba. Domina o Norte do Val de Lemos.Tipo A.

56


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

DESCRICIÓN Recinto e defensas:

O castro articúlase en torno a unha croa (80 m. de diámetro). Elévase sobre un cavorco de 4 m./h. que ten ós pés un aterrazamento de 20 m. de ancho. A entrada orixinal pode estar polo S. Ten tamén un pequeno antecastro e un parapeto pequeno Dimensións: 0, 50 ha Achados: Cerámica castrexa negra brunida e ocre Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: O castro atópase cunha densa capa vexetal que impide o acceso ó recinto, pero visualízase moi ben dende a chaira de Lemos. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 11 NOME CASTRO DE EIVEDO TDL 17 LOCALIZACIÓN MONFORTE DE LEMOS Parroquia: San Xulián de Tor Lugar: Eivedo Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 36´40´´O / 42º 33´10´´ N Altitude: 392 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo EMPRAZAMENTO Está construído ó final dun esporón montañoso franqueado ó S–O polo regato de Eivedo. Tipo B.3 DESCRICIÓN Ten forma alongada e mide de N–S 127 m. e de L–O 54 m. Recinto e defensas: O recinto principal do castro está rodeado por un terraplén de 10–16 m. coroado polo N. por un parapeto de 9 m. de alto, esta parte ten 3 foxos. Ademais disto, ten outros foxos e plataformas. Dimensións: 0, 69 ha. Achados: Tégulas, pedras soltas e cachos de ladrillos romanos. Tamén apareceu unha ánfora e varias moedas e tamén se constatou a presencia dun forno de ladrillo e un depósito de cinzas. Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: O castro posúe unha gran cantidade de arbustos e algunha árbore, que fan del unha bonita paraxe. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.300–301. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 50–51.

FICHA 12 NOME CASTRO DE RAMOS LOCALIZACIÓN BÓVEDA Parroquia: Freituxe Lugar: Freituxe Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 25´30´´ O / 42º 37´10´´ N

TDL

18

57


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Altitude: 401 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo. EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro na chaira. Tipo B. DESCRICIÓN Ten un pequeno recinto case circular duns 60 m. de diámetro.. Recinto e defensas: O recinto circular está delimitado polos restos dun posible parapeto de a penas 1 m. de altura. A croa tamén está defendida por un cavorco de 5 m. de altura. Dimensións: 0, 31 ha. Achados: Cerámica castrexa Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: A densa vexetación de arbustos baixos impide ó acceso a boa parte do xacemento BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.28.

FICHA 13 NOME CASTRO DA RODA TDL 20 LOCALIZACIÓN BÓVEDA Parroquia: Rubián Lugar: Rubián Folla nº: 156 Coordenadas: Lonx.. O. 7º 28’ 20”/Lat. N. 42º 39’ 20” Altitude: 419 m/h Potencialidade agrolóxica: Terra de pastos. EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro preto dunha capela. Tipo B. DESCRICIÓN Ten un pequeno recinto circular duns 60 m. de diámetro. Recinto e defensas: Ós pés do recinto circular esténdese ó N–O unha superficie aterrazada a modo de antecastro de 20 m. de lonxitude. Paralelo ó recinto transcorre un foxo de 5 m. de ancho. Dimensións: 0, 34 ha. Achados: Cerámica castrexa. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O castro percíbese ben xa que o terreo de pastizais fan que se arredonden as súas formas, concibindo sobre todo o seu parapeto. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.27.

FICHA 14 NOME SUCASTRO TDL 21 LOCALIZACIÓN BÓVEDA Parroquia: San Vicente de Ver Lugar: Ver Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 29’20” Altitude: 367 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de pastos. EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro na chaira, preto da igrexa parroquial. Tipo B. DESCRICIÓN Ten un pequeno recinto circular duns 50 m. de diámetro.. Recinto e defensas: Sobre o recinto esténdese un antecastro de 30 m. de extensión. Tamén conserva restos dun posible parapeto feito de terra levantado nos límites do antecastro Dimensións: 0, 23 ha. Achados: Cerámica castrexa, muíños barquiformes. Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: Unha estrada corta polo Noroeste o xacemento, e está ocupado por densa vexetación e unha Carballeira

58


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA,1997, p.26.

FICHA 15 NOME CASTRO DE ABUIME TDL 24 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Xoán de Abuime Lugar: Abuime Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 37´20´´ O / 42º 36´10´´ N Altitude: 612 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de labor e pradería. EMPRAZAMENTO Está situado nunha gran chaira. Tipo C DESCRICIÓN Ten forma alongada–oval e mide de N–S 70 m. e de L–O 100 m. Recinto e defensas: Posúe un terraplén de 20 m.e un anaco de antecastro e un parapeto.Tamén está documentado un muro de circunvalación destruído polos veciños. Tamén se aprecia unha rampla de terra que pode tratarse do acceso orixinal. Dimensións: 0, 77 Ha. Achados: Apareceron muíños de man, moedas romanas, cerámica varia e tamén un martelo mineiro de pedra posiblemente tamén romano.A 60 m. do S.do castro hai unha pía escavada na rocha de 2 m. de longo. Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: O interior do xacemento destínase intensamente á agricultura, con prados, carballos e castiñeiros adxacentes. O castro encóntrase practicamente arrasado nas súas estructuras. BIBLIOGRAFÍA

FICHA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.288–289. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.62. Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.25.

16

LOCALIZACIÓN Parroquia: Lugar: Folla nº: Coordenadas: Altitude: Potencialidade agrolóxica: EMPRAZAMENTO DESCRICIÓN Recinto e defensas:

NOME

CASTRO DE FREÁN ou DA TDL 26 TORRE O SAVIÑAO Sª Cecilia de Freán Torre 155 4º 40´40´´ O / 42º35´45 N 566 m/h. Terras de labor. Está construído na parte alta dun monte a 300 m. á esquerda da estrada Monforte–Chantada.Tipo A. Ten forma alongada e posúe un só recinto e ten de diámetro de N–S 107 m. × 69 m. de L–O. Só ten un terraplén que se confunde coa pendente da montaña.

59


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Dimensións: Achados:

Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

FICHA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 296–297. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.32, 63-64.

17

NOME

LOCALIZACIÓN Parroquia: Lugar: Folla nº: Coordenadas: Altitude: Potencialidade agrolóxica: EMPRAZAMENTO DESCRICIÓN Recinto e defensas: Dimensións: Achados: Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

60

0,74 ha. Pedras grandes e labradas, muíños de man (Catillus) e vasilla de cerámica enteira ou fragmentos de barro. Tamén apareceron un forno romano e unha ola con osos, once xerras de barro e diversos obxectos de ferro, tamén carbóns e grans torrados (tamén está documentada unha entrada subterránea cuberta pola vexetación) Etapa romana O castro, que conta cun asentamento romano ó pé (posiblemente unha Villae), encóntrase bastante desfigurado polos traballos agrícolas.

CASTRO DE POUSADA ou TDL 28 CAVADA O SAVIÑAO Santa Eulalia de Licín Cavada 155 7º 38´50´´ O / 42º 34´ N 594 m/h Terras de labor. Está construído sobre un pequeno montículo de pouca altura. Tipo B. É case circular e mide de N–S 27 m. e de L–O 26 m. Só ten un terraplén revestido de pedra de 3 a 5 m. 0, 06 ha. Cerámica castrexa negra brunida e gris. Está documentado, aínda que non localizado, un obxecto que podería ser unha espada. Etapa Castrexa. O castro encóntrase baixo o labradío dos veciños que fixo del un xacemento moi arruinado. Os carballos ocupan hoxe en día o castro na súa totalidade.

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, p. 298–299. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 64–65.


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 18 NOME CASTRO DE FELÓN ou MARRUBE TDL 29 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: Sª María de Marrube Lugar: Castro Folla nº: 155 Coordenadas: Lonx. O.3º 58’ 30”/Lat. N. 42º 36’ 20” Altitude: 586 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de labor e monte baixo. EMPRAZAMENTO Monte natural de fortes penedos. Tipo B. DESCRICIÓN Non se pode acceder o castro e non se percibe ningunha estructura defensiva nin de perímetro debido a destrucción do mesmo e a densa vexetación. Recinto e defensas: Non se observan pola súa destrucción Dimensións: Non se pode establecer. Achados: Non se atopou ningún vestixio de fortificación ou doutro tipo. Adscrición cultural: Etapa ?. Posiblemente castrexo. Estado actual de conservación: Totalmente desmontado e arruinado. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, p.297.

FICHA 19 NOME CASTRO DA AIRA DA VILA TDL 31 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Lorenzo de Fión Lugar: A Aira Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 39´30´´ O / 42º 34´ N Altitude: 599 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Está construído sobre unha lombada de pouca altura, a 300 m. ó E. da aldea que dá nome ó castro. Remata en ángulo a modo de baluarte. Tipo B. DESCRICIÓN Ten forma alongada e posúe un só recinto e ten de diámetro de N–S 64 m. × 112 m. de L– O.. Recinto e defensas: Só ten un terraplén cuberto de pedra pequena de 2–15 m. de alto. Dimensións: 0, 71 ha. Achados: Tres anacos de cerámica castrexa negra brunida e ocre. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O castro está bastante arrasado, xa que non se observa nin parapetos nin foxos. Unha densa vexetación ocupa o castro. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. E Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 295–296. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.64.

61


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 20 NOME CASTRO DE PORTELA TDL 33 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Paio de Diomondi Lugar: Da Portela Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 42´50´´O / 42º 35´55´´ N Altitude: 468 m/h. Potencialidade agrolóxica: Monte alto e labor EMPRAZAMENTO Está situado nos Cóbados de Belesar sobre un esporón con dous cumios separados por unha chaira, no comezo da pendente que baixa perpendicular ó río. Tipo B.3 Sitúase preto do camiño antigo Monforte–Santiago que pasa polos Cóbados de Belesar (Vía Romana). DESCRICIÓN Ten forma circular e mide o recinto central de N–S 34 m. e 37 de E– W e o 2º 20 m.e tamén ten un antecastro Recinto e defensas: Ten un terraplén de 1 a 20 m.de altura que coincide co parapeto. Ó S–L ten un foxo de 2 m. Dimensións: 0, 11 ha. Achados: Non atopamos nada de interese, o igual que en prospeccións anteriores Adscrición cultural: Etapa ?. Posiblemente Castrexo. Estado actual de conservación: O Castro posúe unha mesta vexetación de arbustos, xestas e silvas así coma carballos frondosos, que impiden a súa investigación interior. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.291. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 68.

FICHA 21 NOME CASTRO DE RIBADA–ILLÓN TDL LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Salvador de Vilasante Lugar: Entre Pacios e Licín Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 37´50´´ O / 42º 34´25´´ N Altitude: 563 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de labor e monte baixo e alto. EMPRAZAMENTO Ocupa unha pequena lomba. Tipo B.1 DESCRICIÓN É case circular e mide de N–S 140 m. e de L–O 130 m.

62

34


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Recinto e defensas: Dimensións: Achados:

Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

Só ten un recinto rodeado por un terraplén de 11 a 20 m. e conserva o parapeto en todo o seu perímetro. 1, 46 ha. Numerosos muíños barquiformes, de man (Catilllus), cerámicas enteiras ou fragmentos prerromana (negra) e romana (común), e tamén xerras con dúas asas e fusaiolas. Tamén se atopan numerosos fragmentos de palla barro, escorias de ferro, fogares e unha estela radial. Etapa Castrexa–prerromana e romana. O xacemento ocupa unha ampla lomba e vese encaixado pola densa vexetación baixa no seu parapeto e de árbores no seu interior

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, p.297. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.65.

FICHA 22 NOME CASTRO DE PEAGO ou AVESTA TDL 35 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO (VER FIGURA 28 no ANEXO I) Parroquia: S. Martiño de Vilelos Lugar: Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 39´ O / 42º 35´05´´ N Altitude: 601 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de Labor EMPRAZAMENTO Está situado ó final dunha pequena meseta dende onde se divisa Chantada.Tipo B.3 DESCRICIÓN Ten forma redonda e mide de N–S 90 m.e un pouco máis de L–O, e tamén ten un antecastro. Recinto e defensas: Posúe un recinto cun terraplén (3–10 m./h) e restos dun parapeto. Dimensións: 0´63 Ha. Achados: Cerámica castrexa Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O xacemento atópase cuberto hoxe por un cantidade considerable de árbores e follas que impiden unha percepción óptima do castro. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.286–287. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 65.

63


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 23 NOME CASTRO DE FIÓN ou ARXERÍZ TDL 32 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: Fión Lugar: Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 40´ O / 42º 33´50´´ N Altitude: 535 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Está construído sobre un esporón en forma de lomba que forma parte do borde superior da pendente do Miño. Tipo B. DESCRICIÓN Ten forma case alongada e dous recintos e mide de N–S 93 m. × 27 m. de L– O. Recinto e defensas: Ten tres recintos protexidos por tres terrapléns (o 1º úneselle polo N. un antecastro con terraplén de 3 a 12 m. de alto) de 8– 20 m., de 2–6 m. de alto e de 3–10 m., estes últimos cos seus foxos. Dimensións: 0, 34 ha. Achados: O castro atópase moi cuberto de vexetación que impide visualizar achado algún. Hai noticias do achado dun Catillus. Preto do castro, nun lugar chamado Vilares, apareceron tégulas, muíños de man e ladrillos romanos. Tamén se atoparon no castro pedras con debuxos e adornos. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana – romana? 59. Estado actual de conservación: O castro consérvase ben pero a densa vexetación impide que se fagan prospeccións máis a fondo, namentres o terceiro recinto áchase reenchido. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 294–295. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.64. Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.25.

FICHA 24 NOME CASTRO DE MOURELOS LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Xulián de Mourelos 59

TDL

37

O castro tería unha cronoloxía tamén romana si se lle atribuíse o Ara de Fión (Ver Logo Vestixios Romanos) e non ó posible asentamento vilego romano das súas cercanías, coma fai Herves Reigoso (2001, p. 267).

64


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Lugar: O Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 42’50” O / 42º34’35” N Altitude: 513 m/h. aprox. Potencialidade agrolóxica: Monte Alto e labor. EMPRAZAMENTO Está situado sobre un esporón da vertente do Miño que leva as súas ó remate do barranco de N–NW. Tipo A. DESCRICIÓN Ten forma case circular e mide de N–S 56 m. × 63 m.de L– O. Recinto e defensas: Ten un parapeto que hoxe se atopa arruinado polas construccións das casas e un terraplén. Dimensións: 0, 28 ha. Achados: Apareceron tégulas,soleiras, muíños romanos (Catillus) e unha estatua castrexa de factura romana.Tamén na igrexa cercana atopouse unha ara adicada ós Lares Viais e posibles sillares romanos na casa ó lado do cemiterio vello. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O castro atópase arruinado en parte pola instalación no seu interior e parapeto dunha casa privada, mentres no cavorco ó Sueste rompeuse a rocha para explotación particular. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.292–293. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 47–65.

FICHA 25 NOME CASTRO DE OUSENDE TDL 38 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: Santa María de Ousende Lugar: O Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 33´55´´ O / 42º 35´05´´ N Altitude: 552 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Está situado sobre o remate dunha lomba. Tipo B.3 DESCRICIÓN Ten forma elíptica e mide de N–S 96 m. e de L–O 111 m. Recinto e defensas: Posúe un recinto cun terraplén, restos de parapeto e máis un pequeno foxo desfeito. Dimensións: 1, 06 Ha. Achados: Atopouse un almirez con 2 agarres e un pao de ferro, restos de carbóns e de bronces, olas e tamén un xerra romana ademais de algún anaco de tégula e cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: O castro encóntrase baixo a explotación agrícola en parte, co que se atopa moi desmontado e arrasado. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.285–286. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 67.

65


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 26 NOME CASTRO DE REGUERAL TDL 42 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Victoiro de Ribas de Miño Lugar: Entre Troncada e Casa da Cerca. Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 43´20´´ O / 42º 39´40´´ N Altitude: 505 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Está situado nun pequeno outeiro que comeza a baixada da vertente do Miño e rodéao un regato. Tipo B. DESCRICIÓN Ten forma alongada e mide o diámetro maior de N–S 72 m. × 45 m.de L–O o menor. Posúe un antecastro de 24 m. Recinto e defensas: Ten un terraplén continuo e un pequeno parapeto polo Sur. Tamén conserva restos dun foxo. Esquisto. Dimensións: 0, 38 ha. Achados: Fragmentos de cerámica castrexa. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O castro está moi transformado polos traballos de aterrazamento para converter o xacemento en terras de labor. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.282–283. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.66.

FICHA 27 NOME CASTRO DE CORVEIXE TDL 43 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: Santa Mª de Rosende Lugar: Corveixe Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 40´10´´ O / 42º 35´ N Altitude: 652 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de Labor e Monte alto. EMPRAZAMENTO Está construído sobre unha chaira ó N–W da aldea de Corveixe. Tipo C. DESCRICIÓN Ten forma case circular e mide de N–S 80 m. × 74 m.de L– O. Recinto e defensas: Ten un terraplén de pedra de 8–16 m., un parapeto de 4 m. de alto (N–O) e un probable antecastro. Dimensións: 0, 47 ha.

66


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Achados: Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

Apareceron tégulas muíños de man, fogares con cinza e unha mina ou silo, madeiras queimadas e un obxecto de metal (non se localizaron). Etapa romana. Hoxe en día o castro tápase cunha cuberta arbórea copiosa.

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 293–294. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.63.

FICHA 28 NOME CASTRO ORXAINZA TDL 44 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Xoán de Sobreda Lugar: Castro Folla nº: 123 Coordenadas: 7º 36´40´´ O / 42º 41´15´´ N Altitude: m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e baixo EMPRAZAMENTO Está situado nunha pequena lomba plana. Tipo B. DESCRICIÓN Ten forma ovoide e mide de N–S 117 m. × 60 m. de L–O. Ten tamén 2 antecastros de 5 m. de desnivel, un mide 35 m. e outro 16 m. de SW. Recinto e defensas: O terraplén está completo e o parapeto, de 10 m. de alto, só se conserva de E–NW. Tamén conserva un foxo de 5 m. de ancho. Dimensións: 0, 75 ha. Achados: Atopáronse varios fragmentos de cerámica lisa negra e decorada alaranxada, uns muíños de man romano (1 Catillus) e un depósito de cinzas. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana Estado actual de conservación: Ó interior e croa do castro cobreo unha densa vexetación mentres que os antecastros están arruinados para aterrazamentos agrícolas e para construír o camiño moderno que leva a estrada de Rubián a Cruz de Forcados. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.283–284. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.66.

FICHA 29 NOME CASTRO DE VILLACAÍZ LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO

TDL

45

67


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Parroquia: Vilacaíz Lugar: O Castro Folla nº: 123 Coordenadas: 7º 36´ O / 42º 41´30´´ N Altitude: m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e baixo EMPRAZAMENTO Está construído nun punto alto e goza dun amplo dominio visual.Tipo A. DESCRICIÓN Forma regular e alongado de N–W a S–L e tamén conserva os restos dun antecastro no S–W de 50 m. de ancho. Recinto e defensas: Ten un terraplén de entre 7 e 10 m., un parapeto ó E. de 5 m de alto por 2–3 m de ancho (feitos de xisto) e un antecastro de 5 m. Dimensións: 0, 54 ha. Achados: Fragmentos de cerámica. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.280–281. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 68.

FICHA 30 NOME CASTRO DE VILLAESTEBA TDL 46 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Salvador de Vilaesteba Lugar: Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 40´10´´ O / 42º 39´45´´ N Altitude: 516 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor e pastoreo. EMPRAZAMENTO Está situado sobre unha pequena meseta. Tipo C. DESCRICIÓN Ten forma circular e mide, de N. a S, 74 m., e de L a O 93 m. Recinto e defensas: Ten un terraplén de 10 m. de alto e un pequeno parapeto (S– W) . e unha única cerca de 10 m. Dimensións: 0, 54 ha. Achados: Fragmentos de tégulas e cerámica castrexa. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana Estado actual de conservación: O castro mantén os seus perfís e é facilmente visitable, debido a súa cuberta herbácea. Ten algunha estructura defensiva arruinada, pese o que non perde magnitude. BIBLIOGRAFÍA

68

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.281–282. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.67.


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 31 NOME CASTRO LEIRA RAPADA ou VILATÁN TDL 47 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Xoán de Vilatán Lugar: Vilatán Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 39´50´´O / 42º 36´20´´ N Altitude: 604 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor EMPRAZAMENTO Está situado á esquerda do regato de Sobrelle e distante 200 m. de Vilatán. Tipo C. DESCRICIÓN Ten forma circular e mide de N–S 85 m. × 68 m de L–O. Recinto e defensas: Posúe un terraplén de 12 m. de alto e un parapeto, os dous de pedra, de 6 m de altura. Dimensións: 0, 57 ha. Achados: Apareceron restos de cerámica castrexa parda e negra Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O Castro é moi perceptible xa que destaca dentro da chaira destinada ó labor, ó igual que parte do xacemento BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.287–288. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 65.

FICHA 32 NOME A CIBDÁ TDL 50 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: Santiago de Xuvencos Lugar: A Ciudá ou Cibdá Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 38´40´´ O / 42º 35´05´´N Altitude: 635 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Está situado sobre un montículo de amplas vistas, rodeado polo río Sardiñeira e preto dos regatos de Longoira e Pito, ó S–E a montaña. Tipo B.2 DESCRICIÓN Ten forma alongada e mide de N–S 90 m. × 48 m. Recinto e defensas: As defensas son de tipo natural pero ademais disto ten 2 recintos superpostos e dous terrapléns de 6 m. e 15 m. de altura revestidos de pedra. Dimensións: 0, 43 ha. Achados: Atopouse unha casa rectangular e cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa romana.

69


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

O castro cóbrese en parte por monte baixo e alto polo abandono da explotación agrícola co que é difícil acceder .

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.284–285. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p.66.

FICHA 33 NOME CASTRO DE VAL ou POL TDL 51 LOCALIZACIÓN O SAVIÑAO Parroquia: S. Félix de Laxe Lugar: Mesón de Veiga Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 41´O / 42º 36´55´´ N Altitude: 502 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Está situado nunha chaira. Tipo C. DESCRICIÓN Mide de N–S 45 m. e de L–O 34 m. Recinto e defensas: Só posúe un terraplén de 16 m. de alto. Dimensións: 0, 15 m/h. Achados: Cerámica castrexa gris. Nunha finca próxima ó castro atopáronse muíños de man e fustes. A 400 m. de aquí, en Pena Moimento, localizouse un sartego antropoide escavado na rocha. Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: O castro conserva só un recinto defensivo e na súa totalidade cóbrese de carballos e xestas. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp.287. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 67.

FICHA 34 NOME CASTRO DE GUENDE LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: San Fiz de Cangas Lugar: Guende Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 38´30´´ O / 42º 28´45´´ N Altitude: 552 m/h

70

TDL

52


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Potencialidade agrolóxica: Terras de labor. EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro localizado nunha lomba que arrinca do monte de San Paio. Tipo B.3 DESCRICIÓN Ten dous recintos, o interior mide de N–S 80 m. e de L–O 50 m. de diámetro, e o exterior ten de ancho, polo N., 40 m.,polo O. 19 e polo L. 93 m. Recinto e defensas: O recinto interior ten un terraplén de 8 a 20 m. de altura e cortado por outro terraplén de 9 m. (con restos de parapeto). O exterior tiña tamén un terraplén de 5 a 20 m. de alto. O foxo ten 10 m. de profundidade. Apréciase un posible acceso á croa en forma de rampla. Dimensións: 0, 78 ha. Achados: Cachos de cerámica castrexa lisa de cor negra, romana común e tégulas. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O castro é ben visible polas súas magníficas defensas e está ben conservado a non ser pola estrada que o toca tanxencialmente e o amoreamento de pedras no interior da Croa. Hai fentos no seu interior e carballos e pinos nos redores. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 311–312. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 56. Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.25.

CASTRO DE CASTRILLÓN ou A TDL 54 XESTEIRA LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Vicente de Castillós. Lugar: A Xesteira Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 37’ 20” O / 42º 32´30´´ N Altitude: 540 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e terras de labor (polo N–O). EMPRAZAMENTO Está construído nunha lomba. Tipo B.1 DESCRICIÓN Ten forma oval. O recinto principal mide de N–S 79 m. e de L–O 94 m. O antecastro é de 16 m. de ancho e ten un terraplén de 10 m. Recinto e defensas: O recinto estaba protexido por un terraplén (12 a 30 m/h) e un parapeto de 13 m. Dimensións: 0, 74 ha. Achados: Tégulas, cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: A densa vexetación de xestas e fentos así como de arboredo impiden entrar máis alá do antecastro, pero as defensas parecen conservarse ben e a estrada que leva a Castillós bordea ó castro. FICHA

35

NOME

71


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 306–307. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 54.

FICHA 36 NOME CASTRO DE GUÍTARA TDL 55 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN (VER FIGURA 25 no ANEXO I). Parroquia: S. Xulián de Eiré Lugar: Guítara Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 40´55´´´O / 42º 30´30´´ N Altitude: 571 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e pastos. EMPRAZAMENTO Está construído no treito dunha faldra montañosa, de escasa pendente pero superficie lisa. Tipo B.2 DESCRICIÓN Ten forma circular e o recinto interior mide de N–S 53 m. e de L–O 57 m. Recinto e defensas: Ten 1 recinto circular duns 60 m. de diámetro defendido por un parapeto de 3 m. de altura, seguido dun foxo de 5 m. de ancho, e doutro parapeto. Por último ten outro foxo perimetral. Dimensións: 0, 24 ha. Achados: Restos de tégulas e cerámica castrexa Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: As súas defensas mantéñense ben visibles e en bo estado mentres que unha densa vexetación de xestas e toxos cubre o castro. Librouse da vía rápida Monforte – Ourense por pouco. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 309–310. Castillo López, A., Los castros gallegos, p. 6. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 57. Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.25.

FICHA 37 NOME CASTRO DE SANTA MARIÑA LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: S. Xulián de Eiré Lugar: Santa Mariña Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 39´ O / 42º 31´20´´ N

72

TDL

56


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Altitude: 604 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e terras de labor. EMPRAZAMENTO Está construído nun monte amplo de pouca elevación.Tipo B.1 DESCRICIÓN Ten 2 recintos circulares, o interior mide de N–S 97 m. (polo N. 44 m., polo S. 48 m., L. 34 e O. 29 m.e de L–O 94 m. O antecastro do O. É de 8 m. En total os eixes suman 211 N–S e 165 O–L. Recinto e defensas: Recinto dúplice, o central está rodeado por un terraplén de 3–8 m. de alto (ten un parapeto de 2 m.), e o 2º ten tamén un terraplén e ó seu pé corría un foxo. Dimensións: 3 Ha. Achados: Casas de planta circular articuladas sobre unha pequena rúa, tégulas, restos de cerámica castrexa e muíños de man (2 Catillus). Hai un alxibe e varias sepulturas nas proximidades do castro. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O castro resalta dentro das terras baixas polo que mantén ben as súas defensas, moi desenroladas. Está cuberto por herbáceas e algún árbore o seu pé. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 307–308. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 58–59.

FICHA 38 NOME CASTRO DE FERREIRA TDL 58 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Santa Mª de Ferreira Lugar: Castro Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 37´15´´ O / 42º 30´20´´ N Altitude: 424 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e terras de labor. EMPRAZAMENTO Ocupa un pequeno montículo. Tipo A. DESCRICIÓN Ten forma circular e o recinto mide de N–S 86 m. e de L–O 72 m. Recinto e defensas: Un terraplén de 30 m. de altura rodea todo o castro. O adarve e o foxo que tivo non se conservan.Dise que tiña paso subterráneos. Dimensións: 0, 62 ha. Achados: Vigas queimadas, pías de pedra, tégulas, cerámica castrexa negra e carbóns. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O castro está arruinado en parte, xa que só conserva o terraplén das súas estructuras defensivas. Por ende o castro encóntrase tapado con pinos e carballos en bo número. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 310–311. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 56.

73


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 39 NOME CASTRO DE POMBEIRO TDL 60 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Regueiro Lugar: Pombeiro Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 42´10´´ O / 42º 27´30´´ N Altitude: 560 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e terras de labor. EMPRAZAMENTO O castro está nunha escarpa no medio da ladeira no comezo de Pena Pombeiro, cara o regato do mesmo nome que remata no Sil. Tipo B.1 DESCRICIÓN O castro é oval, ocupando a enseada natural a media ladeira, e cunhas dimensións aproximadas de 70 m. N–S e 40 no O–L. Recinto e defensas: Non se observa máis que o parapeto terreo cara o río hoxe aproveitado coma bancal de viñedo. Dimensións: 0´28 Ha aproximadamente. Achados: Cerámica castrexa nun entullo. Adscrición cultural: Etapa Castrexa Estado actual de conservación: O castro está moi desvirtuado pola plantación de viñedos e os correspondentes bancais necesarios para aterrazar ó viñedo. A parte superior é monte baixo. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 311–312. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 56. Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.25.

FICHA 40 NOME CORNEDO DO CASTRO TDL 61 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Sta. Esteban de Atán Lugar: Cornedo do Casto ou Cima de Atán Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 41´50´´O / 42º 30´35´´ N Altitude: 571 m/h. Potencialidade agrolóxica: Terras de labor EMPRAZAMENTO Encóntrase na media–alta encosta do Alto de Atán, de costas a Seoane, e en parte do Miño. Tipo B.2 DESCRICIÓN O castro ten forma alongada con dous aterrazamentos, un interior ó outro, cuns eixes aproximados de 55 N–S e 85 O–L. Recinto e defensas: Percíbense os terrapléns ó Norte, Oeste e Este, namentres que na parte superior da encosta non se percibe defensa algunha. Dimensións: 0, 52 ha. Achados: Tégulas, cerámica castrexa e posible Estela Bifronte romana (Ver Logo Estela de Atán). Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O xacemento está desfigurado en parte polos traballos agrícolas levados a cabo no seu entorno. A densa vexetación na marxe superior tampouco deixa facer moitas precisións. BIBLIOGRAFÍA

74

INÉDITO


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 41 NOME CASTRO DE AMEDO TDL 62 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Santa Mª de Tuiriz Lugar: Edra Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 35´30´´ O / 42º 34´20´´ N Altitude: 579 m/h Potencialidade agrolóxica: Terras de labor e monte baixo. EMPRAZAMENTO Está construído a media ladeira do monte de Amedo e non tiña fácil defensa. Tipo B.2 DESCRICIÓN Ten forma ovoide e mide de N–S 42 m. e de L–O 32 m. Recinto e defensas: Só ten un pequeno parapeto de 3 m. de alto (seguramente feito de cascallo), e polo L. presenta unha superficie plana podía ser o antecastro. Dimensións: 0, 13 ha. Achados: Cerámica castrexa negra e parda. Adscrición cultural: Etapa castrexa Estado actual de conservación: A escasa entidade das defensas fan pensar nun orixe térreo polo que se desmoroaron facilmente, polo que quedou unha marca de castro de gran sinxeleza. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, p. 299–300. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, p. 59.

FICHA 42 NOME CASTRO DE ORTELLE TDL 64 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Santiago de Vilar de Ortelle Lugar: O Castro de Ortelle Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 41´40´´O / 42º 32´10´´ N Altitude: 552 m/h aprox.. Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Está construído no cumio dun dos montes máis elevados da comarca, dominando amplos horizontes. Tipo A. DESCRICIÓN Ten forma case circular. O recinto principal mide de N–S 68 m. e de L–O 81 m. O antecastro está sepárao 58 m. do recinto principal. Recinto e defensas: O recinto estaba protexido por un terraplén (14 m/h), un parapeto de 7 m. e un foxo de 3 m. de ancho. O antecastro (S– O) conserva tamén o terraplén, o parapeto (10 m./h) e o foxo. Dimensións: 0, 55 ha. Achados: Muíños de man (Catillus) e unha canle estreita e cuberta de lousas. Tamén se documentaron unha cabeza de guerreiro castrexo pero de estilo romano60. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana.. 60

As referencias a esta peza son mínimas. Nós non puidemos observala e ceñímonos a catalogación que fai dela Acuña Castroviejo no apartado da Cultura na Galacia romana (1977, p. 65) na Romanización de Galicia, 1977 Ed. do Castro.

75


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Estado actual de conservación:

BIBLIOGRAFÍA

O castro mantén o seu dominio sobre o val que o rodea é posúe aínda o esplendor das súas defensas e estructuras. Atópase moi pechado de vexetación baixa herbácea, xestas e toxos.

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 305–306. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 45 e 57–58.

FICHA 43 NOME CASTRO DE AMBOADE TDL 65 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Santiago de Vilar de Ortelle Lugar: Aldea de Amboade Folla nº: 155 Coordenadas: 7º 42´30´´O / 42º 31´50´´ N Altitude: 513 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Está construído sobre un montículo nos comezos da pendente do Miño e sobre a aldea de Amboade. Tipo B.2 DESCRICIÓN Ten forma case circular. O recinto principal mide de N–S 66 m. e de L–O 57 m. O ancho da torre é de 12 m. e de 13 antecastro. Recinto e defensas: O recinto principal está rodeado por un terraplén (8–10 m/h) que polo N–L ten forma de torre.Esta rodeado por un foxo aberta na rocha de 5 a 6 m. de ancho e hai restos doutro. Conserva a porta de entrada, aberta no foxo e controlada desde a torre. Dimensións: 0, 30 ha. Achados: Cerámica castrexa. Foi atopada unha fibela de metal en forma triangular con dúas feras que sostiñan unha especie de escudo. Hoxe está en mans privadas. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O castro atópase baixo unha densa capa de vexetación que impiden entrar sequera ó castro. BIBLIOGRAFÍA

76

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 304–305. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 53–54.


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 44 NOME CASTRO DE VILAMELLE TDL 66 LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN (VER FIGURA 27 no ANEXO I) Parroquia: Vilamelle Lugar: O Castro Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 35´35´´O / 42º 39´30´´ N Altitude: m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO O castro sitúase a media ladeira nas afloración montuosas que separan o Val de Lemos do comezo do Canon do Sil. Tipo B.2 DESCRICIÓN O castro é de forma oval–alongado e ten de diámetro 60 m. Recinto e defensas: Non se observou máis que un parapeto terreo e cascallo sen poder precisar máis do seu interior e estructuras. Dimensións: 0, 28 ha. Achados: Dous anacos de cerámica castrexa parda nun entullo. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O xacemento ocúpao unha densa vexetación baixa e arbórea que impide facer precisións. Ademais a estrada dende Ferreira a Sober pásalle cerca o igual que varias estradas secundarias que puideron estragar parte do Castro. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 45 NOME CASTRO DE LAMA TDL 67 LOCALIZACIÓN POBRA DE BROLLÓN Parroquia: Barxa de Lor Lugar: O Castro Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 20´40´´ O / 42º 30´50´´ N Altitude: 399 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e mato. EMPRAZAMENTO Sobre un pequeno outeiro elevado sobre o extremo dunha lomba que se asoma ó canón do río Lor. Tipo C. DESCRICIÓN O castro está formado por un recinto de forma circular duns 70 metros de diámetro. Recinto e defensas: Elévase sobre un cavorco natural reforzado por un foxo (S–O e O.). A muralla estaba feita de lousas e bloques de cuarcita. Boas defensas naturais. Dimensións: 0´38 Ha. Achados: Probable vinculación á próxima mina romana do Medo.Tamén está moi preto da ponte de orixe romana de Barxa de Lor e dun posible treito da calzada romana que irían a Pobra e Monforte. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Castro mineiro galaico– romano. Estado actual de conservación: O xacemento está cuberto de mato e caducifolias que impiden o acceso á croa. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.33.

FICHA 46 NOME CASTRO DE ALENDE LOCALIZACIÓN POBRA DE BROLLÓN Parroquia: Cereixa Lugar: Alende

TDL

70

77


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 24´40´´ O / 42º 33´30´´ N Altitude: 402 m/h. Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e mato. EMPRAZAMENTO Sobre unha pequena lomba da que parte unha elevación do térreo sobre o Val do Sá. Tipo B.2 DESCRICIÓN Ten forma elíptica alongada duns 45 m no eixe N–S e 110 m O–L. Recinto e defensas: Conserva unha muralla de pedra, aínda que construída ó L. con lousas de pizarra colocadas verticalmente.Ten tamén un parapeto de terra (N. e L.) de 2 m. de altura e un foxo complementado cun antecastro. Dimensións: 0´50 Achados: Un antigo camiño comunicaba o castro cun antigo escorial preto do río, unha mina romana na vertente da depresión. Preto topónimo A Ponte e explotacións mineiras cardadas (Ver Logo Minas do Saá). Cerámica castrexa parda e cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O xacemento está cuberto de xestas e a zona S. está ocupada por un prado. Está moi alterado pola presencia dunha mina de ferro polo S–O de época romana. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.31. Domergue, C., Catalogue des Mines et des fonderies de la Péninsule Ibérique, Ed. Casa Velázquez, París 1987 t.II p.349

FICHA 47 NOME CASTRO DO PIÑO TDL 71 LOCALIZACIÓN POBRA DE BROLLÓN Parroquia: Piño Lugar: Piño Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 26´30´´ O / 42º 35´40´´ N Altitude: 405 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo e pastizais (a parte da croa). EMPRAZAMENTO Na parte máis alta dun elevado outeiro localizado nunha zona amesetada sobre o val do Teixugo. Tipo A. DESCRICIÓN Ten un pequeno recinto circular (alterado pola acción antrópica) de N–S de 50 m. e de L–O de 70 m. Recinto e defensas: O recinto circular ten ó N. un profundo foxo e ó L. da croa hai restos de muralla. Boas condicións naturais de defensa e notable control visual do territorio circundante. Dimensións: 0, 35 Ha. Achados: Restos de catro vivendas circulares realizados en aparello de lousa, aínda que poden ser modernas. Cerámica castrexa ocre e gris. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: Na croa atópase unha capela derruída namentres no aterrazamento ó Nordeste cruza un camiño que arruinou parte do trazo defensivo. Os traballos agrícolas tamén contribuíron a desfigurar o castro. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p. 29.

FICHA 48 NOME CASTRO A MEDORRA ou de FORNELAS LOCALIZACIÓN POBRA DE BROLLÓN Parroquia: Fornelas / Eixón

78

TDL

72


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Lugar: O Castro Folla nº: 156 Coordenadas: Lonx. O.7º 25’ 30”/Lat. N.42º 33’ 40” Altitude: 370 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Sobre un outeiro localizado nun meandro do río Cabe, preto da súa confluencia co Sá. Tipo A. DESCRICIÓN Ten forma elíptica, case circular, con dous recintos concéntricos que aproveitan os desniveis do outeiro e uns 75 m de diámetro. Recinto e defensas: Conserva restos de muralla polo O. da croa e un foxo circunda o recinto. A entrada situaríase no N–O. Dimensións: 0´44 Ha Achados: Cerámica castrexa ocre e negra brunida. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: O xacemento está densamente vexetado de carballos e mato denso. Moi humanizado. Ó N. hai dúas minas. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.30.

FICHA 49 NOME A RODA DO CASTRO TDL 77 LOCALIZACIÓN POBRA DE BROLLÓN Parroquia: Barxa Lugar: A Roda Folla nº: 156 Coordenadas: 7º 20´10´´ O / 42º 31´50´´ N Altitude: 612 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo. EMPRAZAMENTO O castro domina o Val de cara ó río Lor, así coma toda a valgada de Barxa. Tipo A. DESCRICIÓN O castro é de forma oval e ten uns eixes de N–S m.110 e de L–O 70 m. Recinto e defensas: O castro conta con dous recintos defensivos concéntricos que pola densa vexetación non se ve a súa composición. Dimensións: 0, 79 ha. Achados: Cerámica castrexa gris e negra brunida. Cerámica común romana. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 50 NOME COTARRO DO CASTRO TDL 81 LOCALIZACIÓN SOBER Parroquia: Bolmente Lugar: O Cotarro Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 36´30´´ O / 42º 23´50´´ N Altitude: 747 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte baixo EMPRAZAMENTO Ocupa o curuto dun esporón que se verte sobre o canón do Sil, dominando a Este en parte. Tipo A DESCRICIÓN O Castro é circular, duns 90 m de diámetro, conta con dous recintos case concéntricos e de ten unha gran magnitude dominando ó Val. Recinto e defensas: Dous parapetos cos seus foxos, aínda que pouco definidos, defenden o castro, pero non se define a súa composición pétrea, pudendo ser só de cascallo. Dimensións: 0´63 Ha

79


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Achados:

Adscrición cultural: Estado actual de conservación: BIBLIOGRAFÍA

O pé do castro atopamos cachos de muíños circulares, cerámica castrexa negra e común romana. Ó lado do castro encóntrase a vía que leva dende Sober ó porto Senabreca. Etapa Castrexa–prerromana e romana O castro atópase desmoroado, polo que numerosos pedregais ocupan o xacemento, xunto cunha mesta vexetación que impide o acceso.

INÉDITO

FICHA 51 NOME CASTRO DE GUNDIVÓS TDL 84 LOCALIZACIÓN SOBER Parroquia: Gundivós Lugar: Seoane Folla nº: 189 Coordenadas: 7º 32´50´´ O / 42º 27´30´´ N Altitude: 409 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e baixo EMPRAZAMENTO Localízase na parte alta dun promontorio situado a modo de interfluvio no fondo dun encaixado val fluvial. Tipo A. DESCRICIÓN O castro está defendido por un cavorco de 4 m./h. O S. está defendido por un penedío e os seus eixes acadarían posiblemente os 60 m N–S e 90 m O–L. Recinto e defensas: Hai restos de posibles defensas: un cavorco de 4 m de altura de Sueste a Este mentres ó Sur a parede rochosa defende ó castro. Unha especie de antecastro, ó mellor só unha forma natural, defende ó castro ó Noroeste. Dimensións: 0´54 Ha Achados: Muíños barquiformes e cerámica castrexa brunida negra e gris Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: Densamente poboado de vexetación tanto de carballos coma matos impide moitas máis precisións. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 52 NOME CASTRO DE LIÑARÁN TDL 85 LOCALIZACIÓN SOBER (VER FIGURA 26 no ANEXO I) Parroquia: S. Martín de Liñarán Lugar: O Castro Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 34´ O / 42º 27´05´´ N Altitude: 455 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e pastizais. EMPRAZAMENTO Na baixa ladeira das primeiras afloracións cara o Val de Lemos entre a Ribeira Sacra. Tipo B.1 DESCRICIÓN O Castro presenta unha forma, oval, case circular de poucas dimensións. Ten un parapeto e un terraplén moi sinxelo. Recinto e defensas: As defensas non destacan na súa morfoloxía, e só conta cun sinxelo parapeto e un terraplén. Dimensións: 0, 20 ha. Achados: Cerámica castrexa ocre e restos de tégulas e parte dun muíño de man. Adscrición cultural: Etapa romana. Estado actual de conservación: O castro cóbrese por un bosque de pinos e está arrasado en parte pola construcción de dúas estradas. BIBLIOGRAFÍA

80

INÉDITO


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

FICHA 53 NOME CASTRO DE PROENDOS TDL 87 LOCALIZACIÓN SOBER Parroquia: Sta. María de Proendos Lugar: Castro Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 35´ O / 42º 27´N Altitude: 475 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto e labor. EMPRAZAMENTO No comezo da encosta despois da meseta onde se sitúa a probable Villae e a igrexa. Tipo B.1 DESCRICIÓN O castro ten forma oval, cuns 80 m. de diámetro, aproveitando a configuración da encosta. Un camiño empedrado rodea o castro e leva ata Villae. Recinto e defensas: Ten un parapeto e un foxo, ocupado pola estrada. Tamén se pode ver unha posible muralla ó O. pétrea e de cascallo. Dimensións: 0, 51 ha. Achados: Casas rectangulares e adosadas ás murallas. Tamén apareceron tégulas, cerámica castrexa ocre e dous muíños de man circulares. Adscrición cultural: Etapa Castrexa–prerromana e romana. Estado actual de conservación: O castro vese rodeado pola estrada que vai de Sober ata Monforte co que se arruinou parte do foxo e aterrazamento inferior. O conxunto central do castro posúe pinos e fentos que impiden a investigación. BIBLIOGRAFÍA

INÉDITO

FICHA 54 NOME CASTRO DE VILAOSCURA TDL 90 LOCALIZACIÓN SOBER Parroquia: Vilaoscura Lugar: Vilaoscura Folla nº: 188 Coordenadas: 7º 36´50´´ O / 42º 28´10´´ N Altitude: 345 m/h Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Sobre o punto de ruptura da pendente que marca o inicio do Canón do río Cabe. Tipo B.3 DESCRICIÓN O castro ten forma oval e mide de SO. 70 m e 50 m. de NE. Ten tamén un antecastro de 5 m. polo NL. Recinto e defensas: Ten un parapeto de 1’ 5 m. de NO–SL. reforzado por un cavorco de ó SO. Ten tamén outro parapeto de pedras e terra. Dimensións: 0, 35 ha. Achados: Cerámica castrexa negra brunida e gris. Parte dun posible muíño barquiforme. Adscrición cultural: Etapa castrexa. Estado actual de conservación: A maior parte das estructuras foron desmanteladas polos veciños do lugar. Tamén se pode apreciar unha fosa de violación. BIBLIOGRAFÍA

Precedo Ledo, A., Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia, En XUNTA DE GALICIA, 1997, p.45.

FICHA 55 NOME CASTRO DE MARCE LOCALIZACIÓN FERREIRA DE PANTÓN Parroquia: Santiago de Vilar de Ortelle Lugar: O Castelo ou Marce Folla nº: 155, 1:50000 Coordenadas: 4º 40´40´´ O / 42º 32´ N

TDL

91

81


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Altitude: 562 m/h. aprox.. Potencialidade agrolóxica: Monte alto. EMPRAZAMENTO Está construído nun coto sobre o Miño desde onde se divisa o Porto de Chouzán. Tipo A. DESCRICIÓN Non temos datos porque o castro foi derruído, se é que existiu. Recinto e defensas: O castro foi ocupado por un castelo medieval e non se conserva ningún resto para definir as súas características. Dimensións: Achados: No lugar chamado El Pedregal, hai amontoadas numerosas pedras, entre as que se atopou un muíño de man e anacos de tella e ladrillos. Adscrición cultural: Estado actual de conservación: O posible castro está completamente arrasado. BIBLIOGRAFÍA

López Cuevillas, F. e Fraguas Fraguas, M., “Los castros de la Tierra del Saviñao”III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, pp. 302–303. De Castro López, R., Reseña histórico–descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca, Monforte de Lemos, 1929, pp. 45–57.

6.2 Análise Toponímica A nosa tarefa de análise e catalogación do poboamento castrexo comezou por este apartado. O vaciado cartográfico dos mapas do IGN 1:50000, 1:25000 e 1:10000 valeunos para localizar e conseguir a gran maioría dos castellum, xunto co traballo de campo e gabinete que remataron por completar o corpus lemavo. Non podemos pór en dúbida a gran importancia que teñen os topónimos e microtopónimos á hora de catalogar hábitats de diversa índole en Galicia, pero a parte diso pouco máis podemos sacar en claro. Dous serían principalmente a clase de termos que nos encontramos: os topónimos onde dominan amplamente a denominación de “Castro”; e os microtopónimos que semellan estar máis preto dos nomes antigos pero que normalmente son mal coñecidos pola distracción lingüística dos veciños e pola certa indiferencia que tiveron ó longo dos séculos, permanecendo só en mapas máis antigos – como os do IGN con escala 1:50000 realizado nos anos ´50 do século XX ou nas comarcas ou parroquias con maior memoria histórica, onde o saber e a cultura popular manteñen vivas certas denominacións de núcleos senlleiros para a parroquia ou a localidade. Como xa indicamos, a denominación que máis se repite é a de “Castro” cun 77% de casos onde se reproduce, sendo quizais a transposición deste topónimo, definitorio destes lugares, producto do esquecemento do nome orixinario. De tódolos xeitos, baixo esta homoxeneidade subxacen variantes significativas coma “Coto do Castro”, “Agro do Castro”, “Sucastro”... A orixe deste topónimo evidencia a aparición e a percepción de estructuras e materiais característicos do mundo castrexo, como as murallas, foxos, casas circulares, material cerámico castrexo, etc. ou ben refírense ás formas en xeral do asentamento, ovais, elípticos ou seguindo as siluetas das montañas que por analoxía representan certos indicios para adscrición nese lugar dun poboado. O que si é certo é que nin “Castro” nin ningún outro topónimo poden valer por si mesmos para a identificación e calificación cronolóxica dun hábitat, senón contamos con algún tipo de morfoloxía ou situación definitoria. É constatable que moitos lugares denominados con topónimos filocastrexos responden ás veces a asentamentos romanos ou ben de perduración dunha etapa prerromana, pero non denotan emprazamentos da Idade de Ferro. E aínda ás veces poden

82


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

facer referencia a outro tipo de xacementos arqueolóxicos, como no caso do “Castro de Marce” (TdL 91) en Ferreira de Pantón, que semella pertencer só a un castelo medieval e/ou moderno –cun enclave romano? ó pé– e non a un hábitat de castro, ou tamén as referencias a “Medorras do Castro” –habituais en Brollón– ou outras variantes, que responden na súa maioría a xacementos tumulares. As similitudes entre os contornos e curutos dos montes con elementos castrexos fomentan a confusión e a imaxinación de veciños e ós viaxeiros que os observan. Noutros casos, a nomenclatura que recibe un lugar non se corresponde coa existencia de ningún xacemento, referíndose só a unha paisaxe natural que denota a inexistencia dun enclave arqueolóxico, ou ben aparece entroncada cun topónimo próximo que se refire a outro elemento arqueolóxico, coma no caso anterior das medorras. O segundo microtopónimo dominante é o da “Roda” ou “Rodela” –9´6%– que definen unhas características físicas e xeográficas evidentes (forma circular do enclave). En terceiro e cuarto lugar, a un nivel máis baixo, temos os microtopónimos de “Castelo” ou “Castillo” –cun 5%– e os de “Croa/Coroa” que rondan os 2´6%. Nos primeiros casos responden máis ben ás formas que teñen as ladeiras montañosas e a posibles hábitats medievais que á propia existencia dun castro, pese ás diverxencias, coma no caso do “Castelo Grande” (TdL 3) ou “Castelo Pequeno” (TdL 4). Nestes casos, o topónimo traspón a funcionalidade e carácter do castro, evidentemente defensiva. Mentres as “Croas ou Coroas” refírense principalmente ás cimas dos castros, que coinciden co núcleo central no que remata o castro a modo de anel circular no alto do emprazamento, perceptibles dende as chairas contiguas e incluso lonxanas. No final da lista sitúanse outros dous tipos de denominacións: son os “Castrillóns ou Castronelas”e as “Torres”, que sendo máis abundantes tampouco superan en moito a aqueles. Os primeiros aparecen no 1%, no caso de “Castro de Castrillón ou da Xesteira” (TdL 54) e as Castronelas tamén coinciden cos castelos, facendo referencia a enclaves fortificados e normalmente de época romana61 con perduración altomedieval. O nome de “Castrillón” aparece presente con certa asiduidade na toponimia da zona pero moitas veces representando un xacemento integral castrexo e romano como no caso de Castillós, cuxa toponimia medieval aínda era Castrillonis ou Castrilion (Ver Capítulo Castillós). Noutros foros (FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, p. 329– 413) este termo pódese relacionar co paso dunha vía romana, como tamén acontece no noso caso de Castillós. As Torres pola súa parte farían referencia a portas, bastións ou outras formacións defensivas sobresaíntes dos castros que semellan ter forma de torre, tanxibles dende o exterior. Só o 2´4% dos castros de Lemos teñen este topónimo. Por último, encontrariamos outros topónimos máis raros e locais, case exclusivos, á hora de referenciar xacementos castrexos –cun 2´4%– como poden ser Ruínas Celtas que atopamos un par de veces na Comarca.

61

Sen ser xeral, si semella unha adscrición clara destes enclaves a etapa poboacional e organizativa romana, tal vez debida ás melloras nas estructuras defensivas, como o encadramento das mesmas, o tecido en pedra ou as portas tipo torre ou bastión. Pese a elo, poden responder tamén a conxuntos altomedievais ex novo ou en continuación dende época romana, como acontece no devandito “Castelo Pequeno” en Monforte.

83


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Topónimos dos Xacementos Castrexos (%) "Castro / Sucastro" 77% "A Roda / A Rodela" 9,60% "Castelo" 5% "Croa / Coroa" 2,60% "Torre" 2,40% "Castrillón / Castronela" 1% Outros 2,40%

6.3 Os Castros e o seu entorno físico. O castro e a súa altura Dende un primeiro momento, atopamos unha maior densidade de asentamentos castrexos nas ladeiras medias–baixas que se verten dende os vales do Cabe, Sil e Miño cara a cubeta de Lemos, aproveitando as primeiras afloracións dende esta cara as correntes fluviais. Máis concretamente, o maior número de asentamentos nacen nas montañas que fornecen o Val do Miño dende o Norte do Saviñao ó Sur de Ferreira de Pantón ata Atán, estendéndose cara a chaira monfortina. Así mesmo sucede no Val do Lor, dende o Nordeste de Bóveda ata o Sur de Pobra de Brollón. A altura media dos castros da Terra de Lemos ronda os 480 metros, que representa á perfección a franxa onde se rexistran máis do 50% dos asentamentos, configurándose na altura media da zona, que oscila entre os 150 e os 750 metros. Outro dato que nos chama a atención é que un gran número de castros teñen unha altura menor de 400 metros – o 31´5%–, e máis concretamente, entre os 300 e 400 metros, unhas cotas realmente reveladoras tendo en conta que a altitude máis baixa da Terra de Lemos ronda os 200 metros. Pouco elevados móstranse estes castros se temos en conta que estes xa pertencen ós comezos de sistemas montañosos ante a chaira lemava. Polo tanto, os castros en Lemos elixen en moitos casos zonas baixas ou medias, ben en chairas ou ladeiras baixas ou lombas de escaso desenrolo. Nembargantes, a maioría absoluta de castros (26%) elixen os emprazamentos nunha altura entre os 400–500 metros. Isto débese á particular conformación dos arredores da cubeta de Lemos, pero tamén responde a un gusto por situarse en ladeiras medias, con boa visibilidade do seu territorium e intervisibilidade entre os castros veciños. Quizais este patrón de asentamento sufriu un pulo dentro xa da organización do poboamento romano, pola súa boa conxugación entre os antigos parámetros de asentamento castrexo e os novos gustos romanos por enclaves en chaira ou en transición e máis accesibles. Esta altitude, entre os 400–500 metros correspóndese cos pisos baixos e intermedios das montañas ou ben con pequenas lombas de baixo calibre e de boa disposición para a súa ocupación, sen necesidade de ter que realizar extensos traballos de acomodo, xa que contan con terrazas naturais de certa facilidade para o hábitat. A franxa de altitude entre os 500–600 metros non lle vai á zaga á categoría anterior, xa que conta con numerosos castros situados entre esas cotas –20´4%–. Estas zonas altimétricas requiren un maior traballo de aterrazamentos e operacións no entorno polo que

84


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

teñen unha maior superficie habitable.

Distribución de castros segundo a súa altitude (m/h) > 700 m 600 - 700 m 500 - 600 m 400 - 500 m < 400 m

3,6 18,5 20,4 26 31,5

Sen embargo, este feito non é exclusivo da Terra de Lemos en comparación con outras comarcas estudiadas, coma a Comarca de Lugo (FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, p. 329–413), as Terras de Trasdeza (CARBALLO 1986, p.55–58) ou en Viana do Bolo (XUSTO RODRÍGUEZ 1993, p.113–115, 152–165) onde temos tamén unha boa porcentaxe de castros nestas altitudes e incluso un certo número en cotas superiores, alén dos 700 metros. Pero este feito é máis significativo en Lemos porque o percorrido altimétrico é menor que nas terras antes referidas, xa que os 700 metros son case a cota máxima de altura, considerada xa coma de Alta Montaña dentro da topografía na que nos movemos, que se corresponden co emprazamento castrexo tipo A. Pese a isto, configúranse máis dun puñado de asentamentos en cotas superiores ós 700 metros –3´6%–, cun teito superior de por exemplo 747 m. no Cotarro do Castro (TdL 81), feito que por exemplo a penas temos representado na Comarca lucense (FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, p.329–413). Temos polo tanto ben representadas as tres dinámicas de poboamento do castrexo da Terra de Lemos: – Por unha parte atopamos un gran número de asentamentos en zonas baixas, ben de chairas ou de ladeiras de pouca transcendencia, feito moi salientable se consideramos que a cota mínima é soamente un pouco máis pequena. – Outro alto porcentaxe sitúa á maioría dos castros en ladeiras medias–altas, é dicir, na media montaña entre os 500 e 700 metros. – Por último, pese a que altura non é moi rechamante –máis de 700 metros–, contamos cun abano importante de castellum que poderiamos considerar autenticamente de Alta Montaña, mellor representada que noutras zonas (Ver Citas Anteriores) como por exemplo na Comarca de Lugo, onde non aparecen asentamentos a estas alturas (Ver Arriba). Estes asentamentos de 600–700 metros e incluso máis, teñen unha mellor e máis ampla representación na parte Leste de Lemos, en concreto no Concello de Brollón e especificamente no Val do Lor, relacionado por unha parte coa máis abrupta morfoloxía montañosa deste val e por outra pola explotación –directa ou indirecta, complementaria e suplementariamente– dos enclaves mineiros desta zona, ben de ouro ou de ferro, ben primarios ou secundarios. Non podemos sacar moitas máis conclusións en relación coa altitude, e moito menos para relacionalo a unha demarcación cronolóxica, se ben semella lóxico pensar cós asentamentos dunha menor altura (que como xa dixemos supoñen o 26%) veríanse multiplicados en época romana, mentres que nos asentamentos escarpados e de altura maior se corresponderían a unha etapa castrexa clásica ou prerromana.

85


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

A Terra de Lemos é unha comarca onde se representan ben as distintas dinámicas do hábitat castrexo debido a súa peculiar topografía. Sorprendentemente puidemos comprobar que o Miño e o Sil, cos seus respectivos vales, na maioría dos casos non se presentan coma un motivo aglutinador, senón máis ben como liñas delimitadoras á hora de situar un hábitat rural castrexo. En conclusión, e xa para rematar con esta cuestión, por debaixo dos 400 metros e incluso 500 metros temos abondosos castros dispersos por todo o territorio lemavo, aproveitando as numerosas zonas chairas e de ladeiras baixas cas que conta o partido de Monforte de Lemos. Fronte a estes, temos un numero similar ou maior de castellum ubicados en ladeiras medias e altas, incluso nos curutos dos montes, empregando as cimas montañosas dos Vales do Miño, Sil, Cabe, Saá e Lor. Por último, por liña xeral preferindo as liñas de cotas superiores que lle outorgan índices de intervisibilidade e visibilidade case absolutos entorno os 400º. É dicir, en termos xerais, prefírense na maioría dos casos as terras baixas e medias, ben chairas ou de ladeira, de pendentes suaves ou moderadas, con boas facilidades naturais para o hábitat, con comunicacións doadas cara os vales abertos de boa potencialidade agropecuaria e con tendencia a relacionarse con outros asentamentos. Fúxese polo tanto, de lugares céntricos e concorridos, das zonas baixas e encaixadas dos vales, coma a cubeta sedimentaria monfortina, de mala defensa e visibilidade, que dificultan os parámetros considerados positivos no hábitat castrexo. Estas tendencias representadas na Terra de Lemos teñen case unha perfecta transposición a outras comarcas castrexas estudiadas coma no Ulla (AGRAFOXO 1988), Trasdeza (CARBALLO 1988) ou as Terras de Trives (XUSTO RGUEZ. 1993). Os Castros e a rede Hidrográfica A cunca de Lemos atópase ben nutrida de cursos fluviais de moi diferente magnitude. Por un lado, temos dous ríos de importancia máxima, non só para a Terra de Lemos senón tamén para toda Galicia, como son o río Miño e o río Sil. Pola súa ubicación e disposición, ademais da súa entidade, estes dous ríos actúan de auténticos eixes de coordenadas á hora de situar e emprazar o poboamento desta comarca. O Miño, coa súa traxectoria Norte–Sur, supón o límite polo Oeste ó Partido de Monforte de Lemos, mentres que o Sil co seu paso de Leste–Oeste, implica non só a fronteira final da cubeta de Lemos cara ó Sur, senón tamén o máis que posible remate do antigo Conventus Lucensis. Pero pese ó que puidera parecer lóxico, estas dúas correntes principais e definitorias da topografía monfortina non son clave ou factor positivo á hora de levantar un poboado castrexo, ó contrario, ás veces semella cós antigos habitantes de Lemos escapan destas correntes fluviais e sitúanse de costas a eles. Castros como o de Portela en Diomondi (TdL 33), Mourelos (TdL 37) ou Fión (TdL 32), encóntranse preto do curso do río Miño, pero a unha certa distancia, 2–3 quilómetros reais, e pese a que se encaraman cara o Canón do Miño, o seu emprazamento non é directo, orientándose de costas ó mesmo. Pola súa parte, o Sil aínda conta cunha menor densidade de poboamento castrexo, o que pode deberse por ser o seu canón máis abrupto. Seguramente, os dous vales encaixados e o seu certo leito non facían propicio o emprazamento castrexo ás mesmas beiras do curso, actuando de límites auténticos cando se trata de construír un novo fogar. A rede hidrográfica secundaria, por denominala dalgunha maneira, si que presenta unha maior importancia cando se trata de trazar o poboamento castrexo.

86


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Estes ríos importantes, pero de menor magnitude con respecto ó Miño e ó Sil, si semellan ser un factor positivo á hora de emprazar cerca deles un castro. Neste segundo escalafón atoparíamos ríos coma o Cabe, o Saá, o río Mao – stes dous afluentes do Cabe –, o Lor, o Sardiñeira, o do Saviñao ou o de San Xoán. Nalgúns casos, esta preponderancia de aproximarse ás correntes fluviais secundarias estaría en relación directa coa explotación dos praceres fluviais mineiros en xacementos secundarios ou ben polo aproveitamento de recursos mineiros primarios coma ocorre no Cabe, Saá e Lor (Ver Capítulo 5). Os castros encóntranse aquí a unha menor distancia dos ríos que no caso da rede primaria, cunha media próxima os 500–1000 metros fronte ós 2–3 quilómetros da situación anterior. Nembargantes, as correntes máis positivas e definitorias á hora de emprazar o castellum semella ser a rede “terciaria”, que segundo a nosa opinión se correspondería cos pequenos regatos, arroios ou mananciais de curso máis ou menos constante todo o ano, e que se ben non presentan unha potencialidade excesiva no aspecto piscícola, si garanten a auga, non só para beber senón tamén para as labouras agropecuarias. Regatos coma o de Eivedo, Vilasante ou o de Torrente no Concello de Monforte, aglutinan no seu entorno a numerosos castros coma o de San Xulián de Tor (TdL 17) –coñecido tamén coma Castro de Eivedo, que tamén dá nome ó regato–, do que distas menos de 300 metros. Nestes casos incluso se ocupan terrazas ou veigas de posible inundación con chuvias ou na chea primaveral e estival que fornece a tódolos ríos da cunca de Lemos polo desxeo das montañas do Leste. Son polo tanto as correntes secundarias e maiormente as terciarias as que formalizan na práctica o poboamento castrexo e aglutinan a unha maior cantidade de hábitats. Podemos comprender claramente unha relación íntima entre a existencia de correntes de auga e o emprazamento castrexo, pero sen esaxerala, porque ben é verdade que a súa necesidade ás veces é menos salientable debido ós alxibes, pozos ou fontes que nacen dentro ou nas beiras dos propios castros, coma sucede no propio de Tor (TdL 17) que conta cunha fonte no mesmo monte do castro. Alxibes e fontes rupestres encontrámolos tamén en Proendos (TdL 87), en Ribada–Illón (TdL 34) ou mesmo no enclave romano de Castillós, por exemplo, que sen ningunha dúbida forneceron de auga ós poboadores e os fatos de animais dos habitante do lugar. As pequenas cuncas fluviais parecen funcionar coma pequenas compartimentacións territoriais organizadoras e articuladoras do espacio dos diferentes poboados, e semellan evidentes as relacións que unen ós castros da mesmas cunca, sobre todo nas relacións de proximidade, complementariedade e intervisibilidade. Cinco son os espacios hidrolóxicos que aglutinan e determinan unha maior concentración de núcleos castrexos pola propia proximidade das correntes de auga: 1. Cunca Superior do Río Miño–Belesar. Este espacio configurase dende a súa entrada na Comarca de Lemos ata os Cóbados de Belesar, cunha traxectoria xeral Norte–Sur e con numerosos meandros. Así mesmo, conta con varios ríos secundarios e regatos que verten a súa auga cara a cunca do Miño, como son o río Sardiñeira e o Saviñao. Fisicamente, esta cunca correspóndese co actual concello do Saviñao, e obsérvase unha disposición do hábitat dispersa e lineal paralela ó Miño e paralela ós ríos e regatos que se unen a el perpendicularmente.

87


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

2. Cunca Inferior do Río Miño. Esta célula transcorre dende os Cóbados de Belesar ata os Peares. Nela, como xa dixemos, a importancia do Miño como ente aglutinador e con tendencia á liñalidade perdeuse en parte, xa que os enclaves castrexos afástanse aínda máis cá no caso anterior debido ó abrupto do Canón do Miño nesta zona. Neste segundo traxecto, o río Miño conta con ríos de pouca importancia e escaso leito, case máis regatos que ríos. Fisicamente, esta cunca ocupa a parte Oeste do Concello de Ferreira de Pantón, As primeiras afloracións montañosas –os Montes de San Paio– que surxen ó Leste anticipan a depresión de Lemos e dan vida ós regatos perpendiculares que enlazan co Miño. 3. Cunca Superior do Cabe. O curso Alto do Cabe e os seus numerosos afluentes, como o río Mao, o curso medio do Veiga, o Barrantes e o Saá forman unha estancia ampla e de certa altitude, que demarca unha disposición peculiar dos castros nesta zona. Uns asentamentos claramente optan por situarse nas liñas dos vales fluviais susoditos, mentres que outros elixen veigas e chairas interiores de gran potencialidade agrícola. Destacan tamén castros da cunca do Cabe e do Saá con intencións mineiras coma o de Alende (TdL 70). O concello de Bóveda, ó Leste da Pobra de Brollón e ó Norte do concello de Monforte configuran esta zona. 4.Cunca Baixa do Cabe A depresión do Cabe o seu paso pola capital monfortina anticipa o curso Medio e Baixo deste río ata a súa confluencia co Sil. Xunto co Cabe, o río Carabelos, o de Sante e os numerosos regatos tanxenciais que se dirixen á corrente principal configuran varias liñas de ocupación entorno a eles, sen poder debuxar un trazo integral. O Sur e Sueste do concello de Monforte, o Leste de Ferreira de Pantón e o concello de Sober conforman esta rexión hidrográfica. 5. Cunca do Lor . O río Lor no seu transcurso de Norte a Sudoeste crea unha estreita franxa cara o Val de Lemos, que dá coma resultado un poboamento castrexo lineal e paralelo á corrente fluvial principal e aproveitando os regatos perpendiculares ó Lor coma o Regato de Auga Levada ou o Río San Xoán. Neste val é onde mellor se observa a disposición lineal do fenómeno castrexo, tal vez debido ós abondosos recursos mineiros desta zona, tanto en xacementos primarios coma en praceres fluviais. De tódolos xeitos, non hai que esquecer a importancia que tivo a cubeta sedimentaria cando se trazou o poboamento castrexo na Terra de Lemos, demarcando as preferencias dos poboadores por outros rexistros. Salientamos a máis que posible tendencia dos castros prerromanos a situarse fóra do alcance das cuncas fluviais principais e secundarias, con respecto a teima de escapar dos vales encaixados e terras de peor senso defensivo, mentres que os castros da etapa romana non semellan ter inconveniente en prostrarse próximos ós regatos, arroios e incluso ríos, coma por exemplo no caso de Eivedo (TdL 17) ou no castro da Lama (TdL 67) en Brollón, aínda que sen escapar da ocupación de terras baixas inundables ou pouco defendibles. Pero esta dinámica que acabamos de trazar non funciona de maneira absoluta e só as posteriores investigacións e escavacións arqueolóxicas deberán clarificar esta tendencia que se nos marca lixeiramente apoiándonos nos datos que temos.

88


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

A maior cantidade de castros a menos de 500 metros da cunca fluvial atopámola no Val do Lor e do Saá con numerosos asentamentos a beira das mesmas, que aproveitan dun lado a potencialidade agrícola destas terras de gran e gandeira (MINISTERIO DE AGRICULTURA 1988) e por outro lado terras de potencialidade mineira, co que a dinámica de complementariedade dos castros –intrínseca e extrínseca– debeu ser moi importante nesta zona, onde ademais os castros presentan normalmente unha ocupación romana. Os Castros e a súa potencialidade agrolóxica Os mapas do Instituto Xeográfico Nacional a escala 1:50000 (IGN 1950) e os mapas de cultivos e aproveitamentos do solo confeccionados polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación en 1988, apórtannos moita información sobre a potencialidade agrícola das terras sobre as que se asentan os castro e ás que dominan material e visualmente. Desta maneira observamos o emprazamento dos castros e as labouras agrícolas que puideron levar a cabo no seu entorno, e que sen dúbida tivo un valor determinante á hora de situar nese punto un hábitat. Temos catro tipos agrolóxicos básicos relacionados cos castros: 1. En primeiro lugar, temos as terras adicadas a labor, incluíndo nestas calquera tipo de cultivo, ben sexan cerealeiros, vitícolas, hortícolas,etc. Nembargantes, temos que facer unha distinción entre os cultivos de regadío e os de sécano: os primeiros prevalecen nos concellos de Monforte, Bóveda e no Oeste da Pobra de Brollón, mentres que os cultivos de secano encontrámolos case en exclusividade no Saviñao, Ferreira de Pantón e no Leste da Pobra de Brollón Son terras de laboura sistemática, que contan, pola configuración sedimentaria da cunca, cun amplo grado de fertilidade. Soen corresponder con terreos chairos e/ou de ladeiras suaves a non moita altura, capaces de soportar unha labor intensiva sen perder en moito a súa productividade. Son polo tanto as mellores terras de cultivo. Nos castros da Terra de Lemos, o asentamento e ocupación nestas terras de cultivo teñen un porcentaxe do 31´5% . 2. O segundo tipo de terras, as de pastos, correspóndense cas zonas de explotación menos intensiva e mais extensiva, adicadas ó mundo gandeiro. O seu destino vén propiciado por ser terras pouco drenables e pouco productivas con tendencia á erosión. Deste modo, as terras eran adicadas uns anos a cultivos pouco pesados e o resto do tempo á producción gandeira. Debido ás características hidrolóxicas da cunca de Lemos estas terras teñen un gran auxe e os paraderíos que circunda ós castella suman aproximadamente un 29%. 3. A terceira categoría de terras corresponden cos montes baixos, pouco apropiados para a agricultura debido ás súas pronunciadas pendentes ou por conter demasiados compoñentes rochosos ou de sábrego. Por iso manteñen un carácter secundario con respecto a súa explotación como pasto, debido a que contan cun tecido continuo e permanente herbáceo. Cando os traballos de acondicionamento e consumo se abandonan, aparecen as conformacións arbústicas e arbóreas de pequena magnitude, que á vez fornecen ó poboado de leña miúda e de material de construcción básico. Os castros constan dun 28´5% deste tipo de terras, que se encadran preferentemente nas ladeiras medias e altas así coma nos cumios montañosos das diferentes afloracións montañosas da cunca de Lemos.

89


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

4. O cuarto, é ultimo tipo de terras, representa as terras de monte alto, é dicir, situadas normalmente nas partes altas das montañas así coma en certas zonas baixas de gran densidade arbórea. Coma xa dixemos ó principio do traballo (Ver Capítulo 2), as árbores dominantes na Terra de Lemos serían os castiñeiros, abeleiras e as xestas. Estas terras non teñen productividade agrícola algunha, pero pola contra, posúen unha ampla importancia xa que fornecen ós poboados de leña arbórea tanto para cociñar, quentar,... coma de útiles de construcción de primeiro orden. Ademais contarían cunha gran importancia nas tarefas de recolección e en caso de extrema necesidade poderíanse realizar rozas para pór en cultivo estas terras. O 11% dos castros teñen estas terras dentro do seu territorium. Como puidemos comprobar, son poucos os castros que posúen en exclusividade unha soa categoría de terras, e a tendencia xeral é a de conxugar dúas ou ata tres tipos delas diferentes no quilómetro de radio que consideramos para o seu estudio. Os porcentaxes das terras, como vemos, manteñen uns índices paralelos, sendo as máis comúns as de pastos, aínda que tódolos castros contan con terras de labor a menos dun quilómetro de distancia.

Potencialidade agrolóxica das terras dos castros nun Km. de radio 11% 31%

Terras de Labor Terras de Pasto Monte Baixo

29%

Monte Alto

29%

As terras máis productivas e interesantes para a agricultura e a gandería na Comarca de Lemos, as de pastos e cultivo, dominan nos territorium castrexos, sendo un verdadeiro factor positivo á hora de elixir o emprazamento dos castros. Neste momento, acúdenos a dúbida de qué cronoloxía se corresponde coa elección de cada terra. Semella que en época romana os castros preferiron as terras baixas e de media ladeira máis propicias para a agricultura, así coma veigas ou terrazas que corren o perigo de inundación. 6.4 O Hábitat e as súas características. O Emprazamento dos Castros Na Terra de Lemos temos documentados os tres tipos básicos de emprazamento topográfico e as súas variantes, xa definidas en traballos anteriores (AGRAFOXO 1988, CARBALLO 1986). Tipo A: Corresponderíase cos castros localizados no cumios de montañas e outeiros dominando amplamente o espacio circundante. Normalmente coinciden cas cotas máis altas de elevación, polo que posúen boas defensas naturais e só necesitan leves retoques constructivos artificiais, coma un simple tecido de muralla circular rodeando o recinto para completar estas defensas. A este tipo pertencerían os castros de Vilar de Ortelle (TdL 64), o

90


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

de Torre (TdL 26), o de Ferreira (TdL 58), a Roda do Castro (TdL 77), o Cotarro de Bolmente (TdL 81), o de Vilaoscura (TdL 90) ou o de Mourelos (TdL 37). Tipo B: Pertencen a este tipo os castros emprazados nos esporóns e contrafortes a diferente altura e pendente, o que propicia que se consideren tres subtipos onde domina a diversidade. En xeral, son emprazamentos en sentido amplo de encosta con pendente suave ou moderada que aproveitan unha ruptura ou afloración natural para adecuar o hábitat á costa ó maior posible. –Subtipo B.1: localizaríanse nos cotos de media encosta aproveitando unha zona amesetada ou rachando a encosta nunha elevación rochosa natural. Podemos encadrar neste tipo de castros os da Xesteira en Castillós (TdL 54), o da Ribada–Illón (TdL 34), Proendos (TdL 87) e Liñarán (TdL 85). –Subtipo B.2: sitúase nas pendentes suaves ou ben no fondo da encosta, dominando un amplo territorio nunha soa dirección e sendo asequible pola encosta superior, tendo que reforzar as defensas nese lado. Son castros desta clase os de Amedo (TdL 62), o de Guítara (TdL 55), o de Atán (TdL 61),o de Alende (TdL 70), o de Orxainza (TdL 44) ou o da Cibdá de Xuvencos (TdL 50). –Subtipo B.3: rompe a liña de pendente da encosta, mediante esporóns, máis acusada na parte baixa desta. Neste senso, os castella teñen un dominio visual preferentemente nunha dirección, aínda que manteñan en xeral unha boa visibilidade. Resultan accesibles pola parte superior da encosta. Castros coma o de Ousende (TdL 38), Moreda (TdL 10), Eivedo (TdL 17), Fión (TdL 32), Peago (TdL 35) ou o de Guende (TdL 52) pertencen a este subtipo. Tipo C: Configuraríase en terreos chairos, ben nos fondos dos vales ou ben en terreos achairados con pouca altura e suave pendente. Temos este tipo de castros moi ben representados en Lemos coma nos casos de Abuíme (TdL 24), construído nunha gran planicie, o de Vilaesteba (TdL 46), o de Pol (TdL 51), o de Corveixe (TdL 43) ou mesmo o da Lama(TdL 67), pese a súa elevación. Pese a elo, o seu interior achairado encóntrase a máis altura que as terras circundantes debido fundamentalmente á pendente que debuxan os terrapléns e murallas, que por exemplo se levantan ata 7 metros en Abuíme ou Vilaesteba, e a 12 metros na Lama e Corveixe con respecto á cota da chaira antecedente. A función destes castros Tipo C semella máis vinculada á explotación agropecuaria. Xunto con elo, non son descartables outras funcións, sen ser excluíntes, coma vixía e control do territorio ou dunha vía, como puido acontecer na Lama (TdL 67) polo paso da ponte romana na Barxa Lor. Tipos de empramento dos castros da Terra de Lemos (%)

62

80

Tipo A

60 40 20

26

Tipo B

12

Tipo C

0

Polos achados obtidos, estes núcleos tiveron actividade en época romana, non podendo discernir se esto sucede por perduración dun antigo hábitat castrexo ou pola realización ex novo, como é máis probable.

91


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

En conxunto na Terra de Lemos, pese ás posibles destruccións polos labores agrarios, dominan o tipo B con case un 62% dos mesmos, repartidos nos tres subtipos comentados. Séguenlle os emprazamentos tipo A e C, os primeiros contan cun 26% mentres que os de chaira atópanse no 12% dos casos, que sendo máis habituais que noutras zonas (CARBALLO 1986, XUSTO RGUEZ. 1993, SIERRA FERRER e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996) deberían ocupar máis porcentaxe debido ás grandes chairas e veigas coas que conta Lemos, co que en proporción entre asentamentos en terras baixas e o total das mesmas aparece moi descompensada e de baixo índice. Estructura dos Asentamentos Castrexos Atendendo a súa morfoloxía externa podemos advertir dous tipos básicos de asentamentos: Tipo 1, onde predomina a curva, as formas circulares e ovais, mostrando estructuras aterrazadas a modo de antecastros que seguen os perfís curvos. Normalmente, estes mesmos contan cunha sinxela traza defensiva na dinámica parapeto–foxo ou simplemente terrapléns. Na Comarca monfortina dominan amplamente os castros circulares, elípticos ou oblongos xa que son máis do 90% dos enclaves da zona. Ttipo 2, que virían definidos por unha forma exterior de tipo cónico, con pendentes mais ou menos acusadas tanto no interior coma no exterior do núcleo, mostrando deste xeito unha adaptación á topografía natural. Os de forma cónica ou similar sería o da Xesteira (TdL 54), o de Pousada, o de Liñarán (TdL 85), o de Peago (TdL 35), o de Guítara (TdL 55) e o de Freituxe (TdL 18) ou o Cotarro do Castro en Bolmente (TdL 81). En conxunto, contemplamos coma a maioría dos castros teñen unha caracterización moi similar, realizada baixo os mesmos patróns xenéricos, onde os traballos de acondicionamento previos ó levantamento do hábitat mediante estructuras aterrazadas e plataformas horizontais son o común denominador. Dun xeito definitorio, apréciase unha certa correspondencia entre os tipos de emprazamento antes descritos e a estructura dos asentamentos. Normalmente os de Tipo B, de encosta a media ladeira, correspóndense cos castros circulares ou ovoides, mentres os castros de emprazamento en altura e nos cumios montañosos, os Tipo A, mostran unha tendencia cara as formas cónicas, como acontece no Castro de Vilar de Ortelle (TdL 64) ou o de Ferreira en Pantón (TdL 58). A falla de datos non permite unha posible adscrición cronolóxica segundo a estructura dos castros, pese a que semella que os de tipo cónico representan hábitats de época prerromana aínda que seguramente se manteñan na etapa romana. Tradicionalmente, os castros de chairas, circulares e alongados, adscríbense á época romana (ARIAS VILAS 1987), seguramente sendo castros agrícolas pola súa proximidade ás mellores terras de cultivo, e sen a penas obras delimitadoras ou de defensa. De tódolos xeitos, non debemos descartar as ocupacións destes castros nunha época anterior. Sistemas defensivos Non contamos con moitos datos apropiados para un estudio conxunto e preciso destes elementos defensivos. O amplo número de castros, a ruína das súas estructuras, a densa vexetación ou a falta de percepción dende a foto aérea, produce certas confusións á hora de sacar conclusións nestes aspectos.

92


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Polo que sabemos, a gran maioría dos castros de Lemos contan só cunha liña delimitadora, xa que tan só ó redor do 10% do total ten dous recintos ben definidos –como o de Santa Mariña (TdL 56), Guende (TdL 52), a Rodela da Figueira/Mourindá (TdL 9)–, mentres o de Guítara (TdL 55), sería o único que posuiría tres recintos. Basicamente, os sistemas defensivos constarían dun terraplén térreo, na maior parte dos casos de orixe natural, sobre o que se levantaría un parapeto (ben térreo, ben de cascallo) ou xa directamente a muralla de boa factura pétrea. Todo este conxunto estaría precedido por un foxo, que se pode repetir dentro do recinto, e con antecastros que calcarían o sistema defensivo no seu contorno. O 75% dos asentamentos contan con antecastros ou aterrazamentos exteriores, que ben puideron formar parte do sistema defensivo ou máis loxicamente serían tamén lugar de hábitat e/ou producción, ben gandeira ou manufactureira. Defensas dos castros da Terra de Lemos (%) 10 15 1 Liña 2 Liñas >3 Liñas

75

Tamén se aproveitan penedas, cavorcos e esporóns naturais a modo de defensa primaria, e o que non se consegue de modo natural constrúese e planifícase de xeito comunal, ó menos en época prerromana. Non se presentan muros rectangulares nas defensas ou torres defensivas, e semella que polo menos as estructuras básicas de parapeto–foxo rodean todo o perímetro cando non se constrúen murallas, no caso de existir estas localízanse só nas partes máis febles. Poden aparecer bastións en forma de pico, que se encarama a modo de proa sobre as terras inferiores coma sucede cos dous bastións frontais do castro de Babela (TdL 6) que se dispuñan ademais en forma de portas. As murallas pétreas con bo e regular tecido non son abondosas, cecáis só as teñan o Castelo Pequeno (TdL 4), o Castro da Lama (TdL 67) ou o de Alende (TdL 70) –estes últimos con lousas de xisto e pizarra– que deixan entrever as entrañas das súas murallas. É probable que outros castros, coma os de Guítara (TdL 55), Guende (TdL 52), e a Roda de Pobra de Brollón (TdL 77) contarían con bos tecidos de murallas, pero na maioría dos casos non se conservan debido ó espolio que os veciños fixeron delas para as construccións modernas. Só o 10% do total tería dúas liñas defensivas ben definidas –Santa Mariña (TdL 56), Guende (TdL 52), a Rodela da Figueira/Mourindá (TdL 9)–, mentres que o de Guítara (TdL 55) contaría cos tres elementos básicos de defensa: parapeto, muralla, e foxo triplemente repetido para conformar un auténtico bastión defensivo. Nos castros tipo B, de encosta e ladeira, as defensas priman nas zonas menos protexidos naturalmente, é dicir, na parte superior das encostas, polo que se concentran alí

93


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

os maiores esforzos defensivos á vez que se duplican ou triplican os elementos delimitadores, encontrando na parte baixa un simple foxo ou terraplén, e na parte superior un triple tecido de foxo, muralla e parapeto, protexendo desta maneira dunha maneira especial as formas ístmicas. Á primeira vista, os tamaños das defensas concordan co perímetro do poboado, xa que si este se amplía cun antecastro as defensas reprodúcense a mesma escala nesta terraza que no resto do castro, e inclusive ás veces nunha dimensión maior. No caso do castro de Aira da Vila (TdL 31) o terraplén aprovéitase para configurar un ángulo agudo ó Oeste a modo de baluarte, de senso defensivo e de vixía. En canto á altura destes sistemas defensivos, é moi difícil de determinar polo estado de ruína no que se encontran os castros, pero semellan ter un gran desenrolo debido ás anchas bases e cimentos que posúen. Dimensións Dos 90 castros inventariados na Terra de Lemos non puidemos medir nin aproximadamente unha cantidade deles debido á densa vexetación e mesmo a destrucción en parte polos traballos agrícolas. Nos que si fomos capaces de tomar medidas ás veces non fomos capaces de percibir, debido á profunda transformación na que hoxe se atopa o castro, a súa totalidade sen poder saber o seu verdadeiro tamaño coma no caso de Mourelos (TdL 37) que está cortado pola construcción de vivendas nel e do que só se conserva a croa, no de Figueira/Mourindá (TdL 9) ou no caso de Portela (TdL 33). Por outra parte, nos castros que posúen antecastros, estes son engadidos ó tamaño total do enclave, pese a que poidan corresponder a etapas cronolóxicas diferentes. As medidas máximas foron tomadas por nós dende o comezo do terraplén ou muralla tanto do recinto principal coma dos secundarios. A área inscrita dentro das defensas foron medidas segundo indican Puyol e Estebañez (PUYOL e ESTEBAÑEZ 1978, p.11). De tódolos xeitos, a lonxitude media dos eixes para a Terra de Lemos é de 82×70 metros, mentres que o seu tamaño medio ronda as 0´62 Ha, incluídos os antecastros . Estes resultados están en sintonía en maior ou menor medida cos datos obtidos noutras zonas castrexas. Por exemplo, nas comarcas exploradas polo Seminario de Estudios Gallegos (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 318) a Terra de Lemos ten uns castros máis pequenos que Celanova, Carballiño, Lobeira ou Mondariz, e superiores ós de Vilamarín e Melide. Pola contra, en estudios recentes nas terras de Lugo, Trasdeza, do Ulla, en Viana do Bolo, Lugo ou na cunca Noroeste do Douro, os resultados ó comparalos cos castros de Lemos foron os seguintes: Na comarca de Lugo o tamaño medio dos seus castros (FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, p.409) é de 0´44 Ha predominando nun 41% os castros cunha dimensión entre 0´5 e 1 Ha, os de menos de 0´5 Ha cun 35´9%, mentres que os maiores de 1 Ha ata 2 Ha só teñen o 2´5%. Nas Terras de Trasdeza (CARBALLO 1986, p.70–72) dominan os castros con extensión entre 0´5 e 1 Ha, sendo moi escasos os que superan a 1 Ha de tamaño. De media teñen uns 109×104 metros nos eixes principais e unha superficie media de 0´76 Ha moi próxima ós datos que temos de Lemos.

94


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Nembargantes, temos dous bloques diferenciados na Terra de Lemos: os que teñen unha medida igual ou inferior ás 0´5 Ha e os que superan amplamente estas medidas (só un 10 % superarían a hectárea de dimensión). O de Santa Mariña de Eiré (TdL 56) semella ser o máis grande, cuns eixes da 211×165 metros e unhas 3–3´4 Ha de extensión, sendo o único que supera as 2 Ha. Mentres o de Pousada (TdL ) é o máis pequeno, cuns eixes de 27×26 metros e unha extensión de 0´22 Ha. Evidentemente, dominan os núcleos iguais ou menores a 0´5 Ha representados nun 60%, mentres que os superiores non son moi abondosos, cun 40% do total, repartíndose o 10% os maiores dunha Ha e o 30% os situados entre 0´5 e 1 Ha. No primeiro caso estarían os de San Félix de Laxe (TdL 51), a Cibdá de Xuvencos (TdL 50), o Regueral (TdL 42) ou o de Fión (TdL 32). No segundo caso atoparíamos os castros de Abuíme (TdL 24), o de Ribada–Illón (TdL 34), o de Figueira / Mourindá (TdL 9) e o de Peago (TdL 35). Dimensións dos castros da Terra de Lemos (Ha) >1 Ha

10%

0,5-1 Ha

30% 60%

<0,5 Ha 0%

20%

40%

60%

80%

Por exemplo nos castros de Viana do Bolo o estadio entre 1 e 0´5 Ha representan o 27%, os menores de 0´5 o 36% – co que sumándoos teríamos a maioría –, os grandes entre 1 e 2 Ha o 18%, e os máis grandes entre 2 e 3 Ha, contan co 9%. Non podemos crear unha relación absoluta entre os tamaños e o emprazamento, pero sen radicalismos, podemos dicir que os castros de alta montaña –Tipo A– , que supoñen o 11% do total, contan con eixes de 116×79 metros e un tamaño de 0´91 Ha de media; os de media montaña –Tipo B–, que son o 80%, teñen 104 metros de longo e 90 de ancho cunhas dimensións de 0´94 Ha de media; mentres que os de chaira , –Tipo C– ( 9%) alcanzan os 54×57 metros e 0´31 Ha de tamaño. A modo comparativo, os castros de altura e media ladeira das terras de Viana do Bolo teñen de media 1´56 Ha mentres que os de baixa ladeira e chaira 0´44 Ha (XUSTO RODRÍGUEZ 1993, p.173). 6.5 Patróns de emprazamento e morfoloxía Os castros da Terra de Lemos mostran unha certa densidade debido a súa cantidade (90 castros catalogados) e as amplas dimensións dos concellos que o conforman. Así, atopariamos un castro cada 11´5 Km2, sendo estes datos maiores que os de Lugo, cada 8´5 Km2 (Ver Cita Arriba), as terras de Santiago, cada 8´2 Km2 e moito máis superiores cás de Xinzo, cada 5´2 Km2 (ACUÑA CASTROVIEJO et alii 1987), a ribeira do Avia, 1 por cada 7 Km2 (GARCÍA ÁLVAREZ 1953) ou en Carballo, 1 por cada 7´7 Km2 (CARBALLO 1986).

95


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

Segundo os Concellos, Ferreira de Pantón contaría cunha densidade dun castro por cada 8´93 Km2; Monforte atoparíase cerca da media e tería 11´2 Km2; Sober posúe un índice menor, cun núcleo cada 10´3 Km2, sendo o Saviñao62 o que posúe o índice máis baixo, cun castro por 7´7 Km2. Pobra de Brollón e Bóveda presentan a maior densidade, o primeiro concello ten un castro cada 15´90 Km2 mentres que Bóveda presenta un índice de 15´3 Km2. As distintas densidades radican na extensión particular de cada concello e o maior ou menor aglutinamento nunha ou outra parte. Curiosamente, o concello que máis castros posúe, O Saviñao, é o que menos densidade ten, fronte a Bóveda que lle ocorre o caso contrario, posúe 6 castros dispersos nunha densidade media de 15´3 Km.

Densidade de castros por Km2 20

10

15,9

15,3

15 8,93

11,2 7,7

10,3

5 0

F. Saviñao M. Bóveda Pantón Lemos

Sober

P. Brollón

Obsérvase claramente que son as rexións máis ó Leste e ó Oeste, Pobra de Brollón e o Saviñao, os que contan con máis núcleos castrexos, xunto coa cubeta central de Lemos. Como xa vimos repetindo, son numerosos os inconvenientes que temos á hora de atopar, localizar e mensurar certos castros de Lemos. A falta dalgunhas variables impiden sacar conclusións absolutas da relación dos castros co medio natural e destes entre si. Pero non por elo temos que arroxar a toalla e a beira dos datos que temos podemos realizar unha análise (por suposto, admisible de revisar) dos patróns de emprazamento que se seguen á hora de erguer estes castros.e erguen os castros. Na Comarca de Lemos, o poboamento castrexo, e polo tanto o seu emprazamento, é propenso a situarse nas terras máis fértiles e propensas á explotación agrícola e gandeira. Conxuntamente, a posición estratéxica e dominante sobre a contorna tanto material coma visualmente é o outro factor positivo á hora de emprazar o castro. Deste modo ocúpanse primordialmente os vales, lombas e ladeiras –o 65% emprázanse segundo o tipo B – que se encaraman sobre as veigas e as terras chairas moi abondosas en Lemos. Como xa se nos mostrou á hora de falar das cuncas hidrográficas, podemos considerar a localización espacial dos núcleos en función da configuración topográfica do relevo, constatándose a existencia dun certa compartimentación territorial relacionada con unidades fisiográficas determinadas coma as correntes de drenaxe, preferindo as cuncas dos 62

Tradicionalmente considérase para o Saviñao as cifras e datos extraídos da súa análise feita da zona por Cuevillas e Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 273–332), que aportaban unha densidade de poboamento para a zona dun castro cada 8´8 Km2. Nembargantes, esas prospeccións contaban con varias irregularidades, non tidas en conta por outros investigadores: en primeiro lugar, refírese á rexión natural do Saviñao, co que tamén inclúe parte Ferreira de Pantón e de Monforte de Lemos; por outra parte, fíxose na década dos ´50 do século pasado, cando o concello do Saviñao posuía unha maior extensión. O total da zona prospectada por Cuevillas contaba cuns 264 Km2 fronte ós actuais 204 que ten o concello.

96


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

ríos secundarios – Cabe, Saá, Lor, Sardiñeira...–. Esta dinámica constátase noutras zonas de Castella de Galicia (FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, p.411), (RODRÍGUEZ PUENTES 1987, p.179) e Portugal (BROCHADO DE ALMEIDA 1990, p. 279). CASTROS DE CHAIRA E MEDIA OU BAIXA LADEIRA: Este modelo amóldase máis perfectamente ós castros de chaira e media–baixa ladeira, de pendentes suaves e moderadas aproveitando a liña de rotura da encosta. Son os máis preponderantes e posúen malas condicións naturais de defensa, véndose obrigados a retocar mediante defensas artificiais a vixiar os flancos máis desprotexidos. Pese á elección en altura do castro, todos mostran unha proximidade relativa ás terras baixas e fértiles sobre as que se sitúan, propicias para a explotación gandeira e agricultura, pero estas terras concéntranse primordialmente nunha soa dirección ó igual que a visibilidade que mostra un flanco preferencial. Por regra xeral, son poboados de reducidas dimensións que non instan á visibilidade absoluta e intervisibilidade asequible, a non ser casos especiais de altura algo superior. CASTROS DE ALTA LADEIRA OU CUMIO DE MONTAÑA: Máis alonxados deste patrón de poboamento encóntranse os castros de alta ladeira ou cumio de montaña. Son menos numerosos en Lemos que os anteriores, posuíndo pendentes moderadas que dificultan o hábitat pero que resultan moi importantes á hora de establecer defensas naturais, de bastante magnitude e importancia. Posúen por definición, unha boa visibilidade e intervisibilidade sobre unha contorna ampla, incluso a longa distancia. Pese a ter unha maior distancia ás terras de cultivo, estas non están moito máis alonxadas do que cabería pensar, situándose dentro do quilómetro de radio nas partes baixas das ladeiras que controlan. As dimensións destes castros soen ser máis elevadas cás do resto coma no caso de Santa María de Eiré (TdL 56) e Vilar de Ortelle (TdL 64). Nestes núcleos castrexos o emprazamento semella responder máis positivamente ós parámetros e necesidades defensivas, primando sobre a potencialidade agrícola, sendo as funcións estratéxicas e de control territorial básicas na súa natureza fronte a un desenrolo económico. Pese a elo, estes castros pensamos teñen máis desenrolado a tendencia á autarquía e a autosuficiencia productivas, económica, comerciais e social que os castros de altitude menor. Estas diferencias xerais en canto á localización e concepción do espacio probablemente teñan a súa correlación a nivel cronolóxico (XUSTO RODRÍGUEZ 1992, p.35). É dificultoso cadrar unha cronolóxica concreta para calquera castro de Lemos, téndonos que conformar en dividir os castros entre prerromanos e romanos, percibindo no maioría dos casos perduracións dende o primeiros cara os segundos. Pero este apartado verémolo logo nas conclusións de poboamento castrexo e romano (Ver Capítulo 8). A primeira vista semella que os castros de altura presentan riscos e materiais máis acordes co mundo prerromano, mentres que os de chaira ou baixa ladeira soen corresponder cos denominados castros agrícolas de época romana –xa que aportan cerámica romana, tégulas, ladrillos...–, creados en época augustéa e abandonados en período Flavio (FERREIRA DE ALMEIDA 1986), máis acordes co contexto xeomorfolóxico que parece apuntar a súa roturación no momento final da Cultura Castrexa –período II e III da mesma (SILVA 1986, FARIÑA e Outros 1983)– fronte ós de altura que semellaban pertencer á fase antiga da Cultura Castrexa (Ver Cita Anterior). Este proceso confírese de modo rexional

97


O CASTREXO NA TERRA DE LEMOS

moi desenvolvido nas cuncas dos ríos secundarios da regio Gallaecia como sinala Brochado de Almeida no seu libro (BROCHADO 1990, p.297). Tipo B: Namentres os castros con emprazamento Tipo B, en ladeira ou encosta e con tres subtipos, perviven tralas transformacións acontecidas pola chegada e asentamento romano, tal coma se deduce dos seus sinais de prerromanización e romanización sendo case o 70% dos mesmos os que presentan estes datos. Os castros de altura e baixura responden a procesos ocupacionais baseados en diferentes parámetros, xa que estes últimos correspóndense e prefiren as vías naturais de penetración, logo aproveitadas polo entrabado viario oficial romano, e cos recursos agrícolas de primeira man, mentres que os castros de altura responden a outras necesidades máis relacionadas con factores xeoestratéxicos, defensivos e de control do territorio, e por suposto tamén económicos, que levarían a unha estricta relación entre estes e os vales secundarios. Tanto nos castros de altura coma nos de media ladeira, e incluso nos de chairas ou baixa ladeira, constátase un patrón de asentamento lineal ó tempo que unha disposición irregular con respecto a toda a área, optando por concentrarse alí onde os recursos naturais sexan máis abondosos e propicios para a súa explotación, maiormente os hidrolóxicos, agropecuarios e mineiros. Concibido deste modo, podemos definir o poboamento castrexo coma un hábitat disperso ó exterior, en tanto en canto non segue uns patróns ríxidos de comunicación e articulación global tendendo á autarquía e esparexemento, e á vez concentrado, ó interior onde se encontra reunida todo a poboación da contorna. O producto desta dinámica sería un fenómeno castrexo na cunca de Lemos baixo un modelo lineal, descontinuo e concentrado. Como xa ben sinalara Bouhier, a localización dos castros non obedece á ocupación das grandes altitudes en canto que non son fortalezas illadas senón zonas de control e dominio dun espacio de vida, ou sexa de habitación e explotación (BOUHIER 1979, p.1278). A preponderancia no rexistro dos castros que dominan e se verten sobre os vales e as terras baixas próximas ó asentamento, fronte os castros encaramados nos cumios e de certo illamento – pese a que posúen as mesmas terras nun radio de 1–2 Km, dos que ó mellor só podemos considerar menos do 10% en Lemos – constataría o enunciado anterior, considerando tamén que o seu illamento non chegou a ser absoluto nin tiveron un senso de fortaleza coma algunha historiografía deixou ver. Por outra parte, localizamos en moitos casos a presencia dun núcleo rural romano aberto nas faldras dos asentamentos castrexos, nalgúns casos de xeito coetáneo e noutros casos de xeito diacrónico. Este feito pese a rachar o marco xeográfico e físico do castro, perdendo o dominio absoluto sobre o seu territorium, non destruirá a estructura do poboamento anterior – os castros – pese a que os núcleos novos insértanse dentro deles, tal coma verifica Manuela Martins no castrexo portugués (MARTINS 1991 p.216). A estructura castrexa sufrirá algunhas transformacións, pero non a súa desaparición radical, debido á intervención dos enclaves romanos e o papel dinamizador e aglutinador que pasarán a desempeñar as creacións eminentemente romanas.

98


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

7. O POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO A ocupación e a organización do territorio e do poboamento romano na Terra de Lemos e de todo o Conventus Lucensis e a Gallaecia, non se levou a cabo só nas urbes máis importantes nin só nos castros para readaptalos ás necesidades romanas como xa vimos no apartado anterior, senón que xunto a estos tamén se crearon núcleos habitacionais propiamente latinos e de fundación ex novo. Aínda que o noso traballo opta por unha maior análise e importancia destes asentamentos, o noso coñecemento é aínda bastante feble, xa que a súa localización in situ é moi dificultosa e os datos dos asentamentos propiamente romanos que xa temos referenciado a penas poden darnos nin sequera rasgos da súa morfoloxía. A súa detección a traveso da fotografía aérea tamén é moi complicada debido á densa capa vexetal que na maioría dos casos agocha calquera silueta constructiva, tamén os seculares traballos agrícolas ou a superposición dunha nova ocupación sobre elas desmantelan, destrúen e tapan os antigos xacementos. A este feito, unéselle a falta de escavacións científicas dos mesmos63, xa sexan os plenamente coñecidos e localizados como os que se supoñen. 7.1 Enclaves e vestixios romanos na Terra de Lemos. CASTILLÓS O xacemento galaico–romano de Castillós atópase entre as igrexas parroquiais de San Vicente e Santiago de Castillón e pertence ó concello de Pantón, na provincia de Lugo. Castillós elévase a 560 m. alt.. e as súas coordenadas xeográficas son lonxitude Oeste 3º 56’ 22” e latitude Norte 42º 32’ 12” (mapa escala 1:50000, folla nº 155, Chantada MTN). Estas dúas igrexas, que distan entre si uns 200 m. , encerran o xacemento polo Norte e polo Sur. No tocante á extensión que ocupa este xacemento, está aínda por determinar, pero todos os investigadores aseguran a súa importante amplitude espacial, entre as 2´5 e 3 Ha aproximadamente. Quizais por ese motivo é polo que sabemos tan pouco deste xacemento, que aínda está por definir e catalogar. Certamente, só dúas veces foi minimamente escavado, pero sen dúbida trátase dun xacemento dunha enorme complexidade e do que se extraeron importantes datos, tanto intrínsecos (variados e significativos achados nas escavacións e en superficie), coma extrínsecos –a partir das fontes clásicas ¿podemos identificar Dactonium, a capital da Civitas Lemavorum, con Castillós? para concederlle a este xacemento unha importante actividade, non só económica, senón tamén política–administrativa. Esta riqueza –non só a sacada á luz, senón, e sobre todo, a que está agochada– converten este lugar nun punto clave para coñecer mellor a Historia Antiga do Noroeste e de Lemos.

63

Tan só Castillós e Proendos, en moito menor nivel, contaron con pequenas escavacións, algunhas nin sequera moi fiables (Ver Logo; Ver AIRAS VILAS 1991, PÉREZ LOSADA 2001).

99


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS O desenvolvemento das investigacións e estudios sobre Castillós non só é escaso e superficial, senón tamén confuso e ás veces incluso erróneo, porque en numerosas ocasións mesturan este xacemento co Castro da Xesteira, do que xa falaremos antes. As primeiras novas arqueolóxicas sobre Castillós veñen de moi antigo, aínda que soen ser moi breves. En 1610 Castellá Ferrer (CASTELLÁ FERRER, M., 1610, libro 2º, f. 144) na súa historia sobre o apóstolo Santiago e buscando as orixes familiares da señora Lupa – fundadora do primeiro templo compostelano– recolle todas as inscricións onde aparece calquera derivación ou variante dese nome. É por iso polo que escribe sobre Castillós, porque na súa igrexa, adicada a San Vicente, atopouse unha placa funeraria64 onde aparece o nome LVPVLVS. Esto é o que di: “..., en la pared de la Yglesia de San Vicente de los Castillones, está un hermoso marmol, que se halló allí junto, y le pusieron adonde está ahora, están perfecto que parece de los de Paros, y aunque he visto algunos en Galicia de sepulturas Romanas, ninguno como Este...”. Pero ademais, Este autor engade outros datos: “Cerca desta Yglesia adonde se hallo Este marmol estavan unos Castillos antiquissimos, algunos dicen eran tres, otros cinco, de los tres parecen las ruynas, y por esto llaman a Este lugar los Castillones” (CASTELLÁ FERRER, M., 1610, libro 2º, f. 144). Outros autores posteriores transmiten literalmente a información dada por Castellá Ferrer pero non aportan nada novo. Pero é a finais dos anos vinte do s. XX cando nos chegan importantes noticias sobre Castillós da man do cura da parroquia veciña de Vilar de Ortelle, Ramón de Castro. Este señor cóntanos que no ano 1912, preto do cemiterio da igrexa de Santiago, atopou unha extensa necrópole con moitas tumbas. El mesmo, anos máis tarde, por 1928, atopa tamén unha sepultura onde foi achada unha cabeza de pedra de granito que enviou ó S.E.G. de Santiago de Compostela (DE CASTRO LÓPEZ, R., 1929, pp. 118–119). Este párroco tamén nos fala do Castro de Castillón (CASTRO LÓPEZ, R. 1929, p.54)65 , ó que distingue claramente do asentamento romano propiamente dito.

64

Esta placa, que analizaremos máis adiante, aparece catalogada en numerosas obras. AEMILIUS HÜBNER recóllea no Corpus Inscriptiorum Latinarum II. Inscriptiones Hispaniae Latinae, Berlín, 1869, 2535. Esta obra será citada a partir de agora pola sigla CIL II. Tamén aparece catalogada noutras obra de FRANCISCO VÁZQUEZ SACO e MANUEL VÁZQUEZ SEIJAS titulada Inscripciones Romanas de Galicia II. Provincia de Lugo. CSIC e Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1954, p. 124, nº 72. Esta obra citarase como IRG II. E por último tamén aparece no libro de FELIPE ARIAS VILAS, PATRICK LE ROUX E ALAIN TRANOY titulado Inscriptiones Romaines de la Province de Lugo, París, 1979, p. 101, nº 85. En adiante citarase como IRPL. 65 Este castro hoxe tamén é coñecido co nome do Castro da Xesteira, por estar ubicado no pobo dese nome. Este poboado castrexo foi estudiado por Florentino López Cuevillas e Antonio Fraguas Fraguas e aparece recollido no artigo titulado “Los castros de la Tierra del Saviñao”, III Congreso Nacional de Arqueología (Galicia, 1953), Zaragoza, 1955, p. 306–307. Non imos falar del porque xa aparece recollido nas nosas fichas de castros da Civitas Lemavorum.

100


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

En efecto, o Castro da Xesteira está situado ó Norte de Castillós, a uns 400 m., e aínda que non forma parte do xacemento galaico–romano, probablemente nun principio estiveron estreitamente ligados66. Un pouco máis tarde, nos anos 50, Chamoso Lamas visita Castillós, e queda moi sorprendido polos vestixios que alí ve, tanto no terreo como na casa do propietario do terreo, como basas, fustes, muíños de man e cornixas (CHAMOSO LAMAS 1958–59, VI p.213–215). É por isto polo que decide facer unhas prospeccións no lugar xunto con Alonso del Real, aínda que os datos que el publica sobre os resultados desta escavación son escasos. Sabemos que atopa unha necrópole cun nº indeterminado de tumbas (máis de dúas) e unha construcción romana, posiblemente un muro, un hipocausto e unha sepultura (que debe ser a correspondente á fotografía publicada). Nas décadas dos anos 50, 60 e 70, descóbrense e publícanse algúns outros materiais como ponderais de cuarcita con marcas numerais (VÁZQUEZ SACO 1958–59, p. 272) pero sobre todo, epígrafes (VÁZQUEZ SACO 1958–59); (ARES VÁZQUEZ 1973; IRPL nº 63, 64, 90). Pero é a fins dos anos setenta e inicios dos oitenta cando saen á luz a maioría dos achados de Castillós, fundamentalmente producidos polos labores agrícolas dos propietarios dos terreos67, sendo precisamente o desenterramento (casual ou non) dun probable hipocausto o que determina que se efectúe nesta zona outra pequena escavación de urxencia. Nesta escavación, na que só se limpa e amplía minimamente a zona desenterrada, descobre unha pequena estancia que resulta ser un hipocausto de columnas pétreas e tamén, a escasos metros ó Leste desta, atopa unha sepultura e un esquinal de muro. Un ano máis tarde, en 1983, Felipe Arias, realiza outra escavación para exhumar outra sala de hipocausto que tamén xa fora descuberta polo señor Xosé Rodríguez –dono dos terreos que sempre tivo boa disposicións cos investigadores– aparecendo así máis restos importantes. Será este autor, Felipe Arias, o que en 1992 publique unha pequena obra monográfica sobre este xacemento, recompilando e analizando todos os restos aparecidos ata a data68 (ARIAS VILAS 1992). Nese mesmo ano, Fermín Pérez Losada describe nun artigo as dúas salas de hipocausto descubertas dez anos antes (PÉREZ LOSADA 1992, pp.136–137). Anos máis tarde, o mesmo autor, Fermín Pérez Losada adica un apartado no seu libro sobre xacementos rurais romanos de Galicia ó xacemento de Castillós (PÉREZ

66

Resulta estraño que en obras posteriores se sigan fusionando estes dous asentamentos, como na Gran Enciclopedia Galega, t.V, p.220, onde aparece que o Castro de Castillón se converte logo en mansión viaria; ou tamén nun traballo conxunto de P. Acuña Fernández e Felipe Arias Vilas titulado “Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Galicia baixorromana”, II Seminario de Arqueoloxía do Noroeste Peninsular, Madrid, 1983, p.266. 67 O señor Xosé María Rodríguez Losada, coñecido co alcume “Turulas” xa falecido, e agora o seu fillo, do mesmo nome, son os donos dun amplísimo terreo que seguramente coincidará unha gran parte co antigo xacemento, ocupando non só o espacio cultivado (é nesta zona onde se efectuaron todas as escavacións), senón tamén a zona boscosa da parte meridional. Nós tivemos ocasión de coñecer o señor Xosé María Rodríguez fillo ó que temos que agradecer enormemente tanto o interese que mostrou por descubrir e conservar o patrimonio arqueolóxico do xacemento, como por amosalo, abríndonos moi amablemente as portas da súa casa (sita trala igrexa de San Vicente) para ensinarnos tódolos “tesouros” (os que non foron entregados ó Museo Provincial de Lugo), cos que non dubida en “decorar” a súa casa. 68 Este traballo recolle todo o antes escrito sobre Castillós, resumindo tamén os informes inéditos que el escribiu sobre as escavacións de 1982.

101


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

LOSADA 2002, pp.279–291), coincidindo en moitos en puntos do seu traballo coas conclusións verquidas na obra de Felipe Arias. Serán estes dous últimos autores os que ata a data publiquen os traballos máis amplos e acertados do pouco que se escribiu sobre Castillós. Nós tamén nos basearemos case exclusivamente nestes traballos para facer o noso modesto apunte sobre Castillós, xa que non podemos dicir practicamente nada novo sobre el porque, por unha parte as escavacións foron insuficientes e pouco aclaratorias con respecto á catalogación deste xacemento, e por outra parte, non se realizou ningún outro traballo de campo en Castillós. En efecto, dende 1982 non se realizaron máis intervencións arqueolóxicas en Castillós e na actualidade, no 2004, o único visible in situ, é unha sala do hipocausto (aínda que sen ningunha estructura nin resto) parcialmente enterrada e cuberta de maleza. VESTIXIOS E ACHADOS ROMANOS Os restos arqueolóxicos de Castillós caracterízanse pola aparición dun número reducido de estructuras constructivas in situ que contrasta fortemente coas numerosas pezas soltas e materiais descontextualizados (tanto de elementos arquitectónicos, coma mobles e epigráficos) cos que contamos. Nós decidimos expoñer primeiro os restos de estructuras atopadas nas prospeccións de Castillós. ESTRUCTURAS CONSTRUCTIVAS Unha delas, e quizais a máis significativa, é o hipocausto. Esta estancia está situada a medio camiño entre as dúas igrexas parroquiais antes citadas, e quizais presumiblemente, tamén se ubique no centro do xacemento (PÉREZ LOSADA 2000, p.281). O hipocausto consta de dúas salas de calor contiguas que, como xa apuntamos antes, foron descubertas polo dono dos terreos nos anos 1982 (a 1º sala) e 1983 (a 2º sala) (VER FIGURA 10 en ANEXO I). A parte escavada da primeira estancia ten unha superficie de 12 m2 e está delimitada por tres dos seus lados (Sur, Este e Oeste) con muros de cachotería irregular de granito. Caracterízase pola presencia de pilae pétreas reutilizadas, sobre todo fustes e basas de columnas de diferentes tamaños e diámetros (25–40 cm.) (PÉREZ LOSADA 1992, p. 136). Polo lado Norte, onde non se conservaba muro, apareceron 2 posibles piares de ladrillo (ARIAS VILAS 1992, p. 228) sendo moi posible que quizais algunhas pilae tamén fosen feitas de ladrillo. A separación media entre columnas, dispostas regularmente, varía entre 20–50 cm. Estas pilae ían chantadas sobre un piso de base areosa sobre o que se superpuña unha capa de cinzas (residuos derivados do sistema de quecemento). Na parte superior delas levarían un capitel de ladrillo de tamaño considerable (PÉREZ LOSADA 1992, p. 136), onde apoiaría a suspensura colocada a uns 110–115 cm. da area69. Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p.228) apunta a existencia dunha posible escada de pedra que baixaba a estancia inferior, pero que non chegaba ata a base da area. Tamén no muro do lado Sur hai un pequeno oco semicircular que debe ser interpretado como o 69

Esta altura é similar a do complexo termal da vila romana de Riocaldo, Lobios (Ourense), onde a suspensura iría colocada a uns 96 cm. de altura (XUSTO RODRÍGUEZ 1996, p. 48).

102


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

comezo dunha cheminea de evacuación de fumes residuais que está presente tamén na villa de Riocaldo, pero de forma cuadrangular (XUSTO RODRÍGUEZ 1996, p. 49). Por esta característica podemos dicir que se trata da terminación ou cabeceira da estancia que ten anexa. Os achados nesta sala foron sobre todo cerámicos, tegulas e grandes ladrillos ou baldosas de barro, seguramente formarían parte da cuberta do edificio e tamén do pavimento da estancia superior que tiña que ser caldeada. Tamén apareceu preto do hipocausto un pequeno fragmento dun mosaico, polo que supoñemos que tamén podía estar decorado con el. A cámara nº 2 comparte o muro oeste da anterior sala (o seu Leste) e ten outro muro polo Sur. Este muro ten 50 cm. e non parece que existiran, polo menos na parte escavada, ocos de intercomunicación nin tampouco un fogar ou praefurnium necesarios para quecer a habitación superior. Esta sala estaba composta por máis de 28 piares de ladrillos cerámicos (bessales), dispostas en 4 fiadas regulares de 7 piares cada unha. Algúns destes piares teñen basa de ladrillo de maiores dimensións (sesquipedales?) e cunha altura semellante á das columnas graníticas da estancia anterior. Desgraciadamente non sabemos a organización nin o tamaño total desta sala70. Estas dúas salas son as únicas estructuras de Castillós minimamente interpretables. Como xa dixemos, non apareceu un praefurnium nin tampouco signos de relación entre as dúas salas, pero si contamos coa presencia de numeroso material descontextualizado que sen dúbida formou parte deste complexo (fragmento de mosaico, ladrillos con entalle, restos de canalización de granito e dous tubuli de cerámica) e que seguramente nos indiquen a presencia dun conxunto termal. Cremos moi necesario facer outras escavacións nesta zona porque estamos moi seguros que en Castillós van aparecer moitas estructuras e espacios diferenciados para poder definir este xacemento tamén como un complexo termal, similar os aparecidos na Praza de Santa María de Lugo ou tamén na Cigarrosa, Riocaldo ou Parada de Outeiro en Ourense. Tampouco podemos saber se o hipocausto do que falaba Chamoso nos anos 5071 é o mesmo que foi escavado nos oitenta por Felipe Arias ou se forma parte deste, polo que estariamos ante un hipocausto de considerables dimensións. As seguintes estructuras in situ escavadas en Castillós son un fragmento de muro de bo aparello pétreo e trazado lixeiramente curvo sito a uns 8 m. ó Sur do hipocausto, outro remate de muro a 20 mts. ó este do mesmo (pero cimentado xusto por riba da tumba escavada no 1982, polo que a súa romanidade é dubidosa) e o esquinal de muro exhumado por Chamoso (do que por desgracia non nos dá a súa ubicación concreta)72.

70

O señor “Turulas” desenterrouno parcialmente e levou para a súa casa gran nº de ladrillos deste lugar cos que construíu a base do seu forno, e tamén moitos están espallados polo patio da súa vivenda. Se todos proceden do hipocausto podemos supoñer que tiña grandes dimensións. 71

“a primera vista se apreciaban los pavimentos volados de un <<hipocaustum>> así como la numerosa colección de ladrillos de 0, 20 * 0, 20 m., que son característicos desta clase de construcciones ...” (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 214). 72

Esto é só o que el apunta: “la excavación minuciosa que efectuamos de una construcción de época romana en los lindes del campo ocupado por la necrópolis, nos permitió comprobar que la edificación fue incendiada y quizás asaltada violentamente, pues entre las cenizas se hallaron huesos humanos bastante calcinados” (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 214, fot. p.214).

103


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Polo que respecta ás estructuras funerarias atopadas, contamos coas referenciadas por De Castro López, contándonos o que atopou nos seguintes termos: “En la inmediata parroquia de Castillón, existió una necrópolis romana. Fué descubierta por mi, el año 1912, cuando se amplió el antiguo cementerio de Santiago. Hallándome yo presente en las obras de ampliación, observe que los obreros extraían de la tierra que iba a ser dedicada a cementerio muchas piedras, bien labradas unas y otras toscamente. De entre las primeras entresaque varios capiteis de columnas que en la actualidad aún se conservan en la caseta dedicada a guardar los enseres parroquiais. La necrópolis romana debió ser muy extensa, a juzgar por la multitud de sepulturas que aparecen en una gran porción de térreno, hoy dedicada a monte y dehesa. Corrobora la existencia de la necrópolis la lápida sepulcral que se conservó en San Vicente de Castillón (...) El pasado año, haciéndose un foso para la plantación de un árbol, frente a la iglesia de San Vicente, se descubrió una sepultura, y dentro fue hallada una cabeza de piedra granítica perfectamente construída. La envié al. S.E.G. de Santiago” (CASTRO LÓPEZ 1929, pp. 118–119). Tamén Chamoso Lamas nos fala delas, pero faino tamén dun xeito tan breve que a penas sabemos nada sobre a súa tipoloxía, orientación, organización ou cronoloxía73. Da outra necrópole atopada por Felipe Arias sabemos que consta dunha sepultura de traza antropoide sen recerco para a cabeza, feita de laxes de gran e cuberta de lousas de pizarra (as súas dimensións máximas no interior eran de 1,71 * 0,42 m.). No interior contiña restos óseos e craniais moi deteriorados. A tapa desta tumba (coa cabeceira orientada cara ó Oriente) estaba a 95/100 cm. da superficie e fora escavada no terreo natural pero asentada e calzada por pedra miúda e terra revolta. Arias Vilas tamén apunta que o solo natural subía sensiblemente de nivel desde a área do hipocausto cara á zona do enterramento (ARIAS VILAS 1992, pp. 228–229). Na parte da cabeceira atopouse unha moeda ilexible e no escombro unha pedra con cruz incisa. Tamén este arqueólogo descubriu, a uns 25 cm. por riba das lousas deste nicho, a cabeceira doutro (pero orientado máis ben de N.a S.), pero decidiu non escavalo para non danar o que estaba ó aire74. A última “estructura” in situ que podemos constatar é unha pía rupestre de forma circular un pouco alonxada do hipocausto e situada no comezo da caída cara o val do Lemos polo Oeste. Está situada nunha zona chea de maleza e posúe 1 m. de diámetro por 0, 60 m. de profundidade. Esta pía foi escavada na rocha, dificilmente podemos saber cando, pero seguramente xa foi empregada como fonte e alxibe polos habitantes do xacemento en época romana. Estes restos dos que acabamos de falar son os únicos estructurais que foron descubertos en Castillós, e contrastan fortemente en número, como xa dixemos, cos elementos que apareceron soltos, tanto arquitectónicos coma escultóricos e epigráficos. Nós decidimos comezar por analizar e describir os restos arquitectónicos máis significativos. 73

“… nos sorprendió el reconocimiento de una necrópolis, y en dos de las tumbas, la existencia de estelas descóideas perfectamente grabadas que ocupaban su centro (...). Carecían en absoluto de objeto de atuendo alguno persoal, lo que las identifica (...), como tumbas cristianas” (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 215). 74 Tamén apunta Felipe Arias que o dono da finca lle dixo que “máis abaixo” destas había outras tres “unidas coma nun abanico” (ARIAS VILAS 1992, p.229, nota 11).

104


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

RESTOS ARQUITECTÓNICOS Nas diferentes prospeccións apareceron numerosas basas ou capiteis de pedra granítica (polo menos 6 de tipo toscano, 3 reutilizados no hipocausto), asentados sobre un estereóbato paralelepípedo. Estas basas conservan o toro, a escocia e unha pequena parte do fuste. Tamén apareceu unha basa ática cun plinto, toro, escocia e toro. Tamén foron numerosos os fustes graníticos de diferentes diámetros aparecidos de maneira illada e tamén no hipocausto. Destaca un deles de considerables dimensións que ten unha ancha banda central resaltada, para recibir quizais unha cartela ou inscrición, e que hoxe se atopa reutilizado na casa do señor Rodríguez Losada (ARIAS VILAS 1992, p. 230). Chama a atención tamén pola súa beleza a parte inferior (sen basa nin plinto) dun fuste de pedra de tipo xónico que se caracteriza por unhas estrías grosas rematadas na base por sendas ovas convexas. Esta peza arquitectónica é sen dúbida das máis senlleiras de toda a Gallaecia, xa que non existe outra destas características. Tamén se conserva o remate dunha gran pilastra decorada cunha especie de toro– escocia–toro coroada por unha moldura onde descansaría o teito directamente ou ben unha trabe. Varios fragmentos de cornixas procedentes do xacemento tamén foron reutilizados como tal no forno dos donos (son tres, e constan dun ábaco, unha escocia e toro separados por listeis), e outros dous empotrados nun valado con sucesión de escocias e listeis múltiples. Outra peza tamén sen función moi clara é unha pedra de granito de forma rectangular con varios rebaixes quizais feitos para permitir abrir unha porta, polo que podo tratarse dunha soleira. Para rematar coas pezas de granito temos que mencionar a aparición dunha pedra tallada en forma canle75. Polo que respecta ó material latericio, xa apuntaron todos os que escavaron en Castillós que era moi abundante. Hai innumerables ladrillos de moi diversos tamaños, aínda que abundan os semipedais, procedentes do segundo hipocausto, e os de gran tamaño que servirían de lousas para o pavimento superior da 1ª sala. Tampouco podemos esquecer todos os ladrillos dispersos polo xacemento, e que algúns resultan moi orixinais. Un deles, (24,5×23,5×6,5 cm.) ten unhas dixitacións feitas na precocción e que foron interpretadas coma un sinxelo Crismón (ARIAS VILAS 1992, p. 231). O outro, de semellantes dimensións, tamén ten a pegada dun pé nunha das súas caras. Por último, tamén se descubriron dous tubuli cerámicos, circulares e encaixables, destinados á conducción da auga. Xa para rematar coa análise de todos os restos arquitectónicos atopados en Castillós, temos que apuntar a existencia dun fragmento de mosaico, que aínda que decorativo, formaría parte do pavimento da suspensura do hipocausto xa que se encontrou moi preto.

75

Temos que apuntar que a maioría do material que acabamos de citar atópase na casa dos donos dos terreos onde está o xacemento. É moi sinxelo ver espallado por todo o patio ou reaproveitado na fábrica da súa casa un gran nº de basas, capiteis, fustes, cornixas. Incluso puidemos comprobar como a base do seu forno estaba feito de ladrillos procedentes de alí.

105


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Este pequeno anaco de morteiro (50×26×6,5 cm.), que estaba feito de argamasa con pedriñas e barro, tiña adheridas unhas poucas tesselas brancas e grises que formaban un debuxo xeométrico a base de retículas e rectángulos. Agora pasaremos a falar de todos os restos escultóricos que proceden de Castillós, que tamén son numerosos. En 1928 aparece unha cabeza humana de granito que estaba dentro da tumba fronte á igrexa de Castillós, foi atopada polo párroco De Castro López, quen a enviou ó S.E.G. (Ver Arriba). Posúe rasgos da arte provincial romana76. Outro resto atopado é unha pedra, tamén granítica, decorada por unha especie de listonciño rectangular feito a base de liñas e ángulos oblicuos. No centro da bordura ten un debuxo romboidal. Apareceron dous trisqueis que hoxe se atopan embebidos no muro exterior da casa do señor Rodríguez. Un deles está gravado nunha pedra irregular de granito77. Segue un sentido sinistrorsum e por mor dunha crebadura da pedra, só conserva completos dous dos seus tres brazos. A conservación é moi mala, e a execución regular. O outro trisquel, de boa execución, está labrado nun bloque prismático e os seus raios, de profundo releve, seguen un sentido dextrorsum e rematan circundados por unha incisión circular lisa. Tamén nós tivemos ocasión de ver outro trisquel empotrado no muro dunha casa da parroquia de Santiago de Castillós. Puidemos comprobar que ten raios dextrosos e está rodeado por unha moldura circular lisa. Nas escavacións realizadas por Chamoso a fins dos anos 50, acháronse ocupando o centro das tumbas dúas estelas descóideas feitas en granito e cunhas basas ou pés para ser fincadas no chan, que hoxe se conservan no M.P.L. Estas estelas foron descritas primeiro por Chamoso Lamas e logo por Felipe Arias, pero máis recentemente publicouse un artigo no cal se aclaran os supostos erros, un con respecto á identificación e o outro en canto a súa cronoloxía. En efecto, cando Chamoso Lamas publica o artigo referente a Castillós acompaña dúas fotografías que en teoría son das dúas estelas, pero que en realidade se tratan do anverso e o reverso da mesma (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 215, fot. p. 213). Felipe Arias, presenta tamén dous debuxos desas pezas baseándose nas anteriores fotos, e describe así unha mesma peza como se fosen dúas (ARIAS VILAS 1992, p. 233, lám. p. 253). A1ª estela (na que se comete o erro), esta ten unhas dimensións de 58,5×41×17 cm., sendo 34 cm. o diámetro do disco (CASAL GARCÍA e RODRÍGUEZ GARCÍA 1996, p. 289). A peza está composta por unha basa rectangular e desbastada para ser fincado no chan, e unha cabeceira labrada en forma de disco. 76

Nós non puidemos ver a peza polo que a súa descrición recollémola de Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p. 232). 77 As medidas destes dous trisqueis son estas: 1º: lonxitude 64 cm., ancho, 31 cm., fondo, 30 cm. e diámetro do motivo, 35 cm. (CALO LOURIDO 1994, p.200). 2º: alto 23 cm., ancho, 21 cm., fondo, 20 cm. e diámetro do motivo, 19 cm. (CALO LOURIDO 1994, p.200).

106


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

O anverso desta cabeceira presenta un motivo gravado que consiste nunha cruz de brazos iguais enmarcados en todo o seu conxunto por unha liña cruciforme pero cos extremos romos. O reverso tamén ten unha cruz máis pequena na que o seu brazo inferior se desdobra en dous. Rodéaa unha liña incisa, salvo na parte inferior. A 2ª estela ten unhas dimensións de 32,5×29×12,5cm. (VER FIGURA 12 no ANEXO I); e o diámetro do disco ten 28,5 cm. (CASAL GARCÍA e RODRÍGUEZ GARCÍA 1996, p. 289). O corpo que sería enterrado está tamén descascado e ten forma de trapecio invertido, e a cabeceira ten forma helicoidal e a parte da coroa está decorada cunha grosa liña que percorre toda a superficie. A decoración do anverso presenta unha cruz latina, circundada na súa metade superior por unha ancha orla. O reverso leva unha liña vertical da que sae no seu centro outras dúas horizontais que se dirixen ós laterais do disco. Estas dúas autoras consideran outro erro a cronoloxía paleocristiá que se lle vén dando estas estelas. Para elas, están datadas entre os ss. IX–XII, pero ó noso parecer ofrecen un pobre argumento para soster esta afirmación: en Galicia apareceron outras dúas estelas descóideas en contextos medievais, polo que para elas, esta simple analoxía corrobora a data que ofrecen para Castillós. Pola nosa parte fiámonos máis do contexto arqueolóxico onde foron atopadas, un necrópole tardo romana. Nós non tomamos moi en serio esta cronoloxía porque, segundo palabras de Chamoso, nesta necrópole onde apareceron as dúas estelas, que está situada polo Sur e Este da igrexa de San Vicente, todos os vestixios achados alí son de época romana, sen que se puidera comprobar, nin en cerámica, construccións ou tumbas nada posterior á etapa tardo romana (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 215). Tamén podemos apuntar a existencia dun ladrillo que ten debuxado un crismón e un sillar cunha cruz gravada – pezas das que parecen esquecerse estas dúas autoras – e aínda que poden proceder da necrópole de Santiago (esta si parece ter continuidade medieval), nós cremos que son netamente paleocristiás. MATERIAL EPIGRÁFICO En canto ó material epigráfico tamén é relativamente abundante, e contamos así cunha placa funeraria, dúas aras ós Lares Viais e tres pezas fragmentadas tamén con inscricións, das que xa non imos comentar nada porque xa o fixemos no apartado epigráfico (Ver Epígrafe 4.2, ou IRPL nº 85, 63 e 64). Entre os anos 1954-1958, apareceu un pequeno fragmento dunha pedra de granito só con catro letras inscritas entre dúas liñas auxiliares (aínda visibles na actualidade). As súas dimensións son 37×25, 5×17 (IRPL nº 90, p. 104, lám. XXVII). Hoxe atópase no M.P.L. Esta é a lectura: C · AMO A datación desta peza é moi dubidosa, xa que non está moi claro que se adscriba á época romana (quizais medieval?). A interpunción entre o C e o A non está moi clara, por iso non se pode afirmar que estemos ante o grupo CAMALUS, ben representados no Norte de Portugal (Briteiros, Guimarães) (IRPL, nº 90, p. 104).

107


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Ademais das comentadas nese apartado, en 1982 apareceu outra pequena pedra informe de granito con letras gravadas nas súas dúas caras, aínda que practicamente son ilexibles. Nunha das caras pode lerse CIAD? (ARIAS VILAS 1992, p. 235). Por último, nese mesmo ano, tamén apareceu unha pedra de granito claro que tiña forma de ara, desbastada por unha cara seguramente para convertela en campo epigráfico. Ten na parte superior unha especie de capitel con incisións semellantes ás do IRPL nº 64, polo que non está moi claro se é unha imitación moderna desta lápida. Tamén no mesmo ano que se descubriu o 1º hipocausto, apareceu outra inscrición. É un fragmento de granito rectangular que conserva dúas liñas gravadas. Hoxe está gardada na casa dos propietarios dos terreos. A lectura é esta: (...?) ENTA? · DVROTA... / I · ET · FAMILIAE · ... O tipo de letra que se emprega é a capital. Parece unha inscrición de certa calidade. Ten o nexo NT. O nome Durota resulta raro dentro da onomástica coñecida. A 2º liña parece indicar unha situación social de dependencia xurídica do dous grupos sociais, é dicir, da posesión de escravos por un ingenuus. Despois de falar de tódolos achados epigráficos gravados en material granítico, imos pasar a falar das inscricións realizadas no “instrumenta domestica”. Por un lado temos dúas pedras de cuarcita (aparecidas entre os anos 1954–58) marcadas con numerais correspondentes a dous ponderais. Un, con forma de bloque horizontal, de 19×35 cm. e de 13, 08 Kg de peso, ten gravados XXXX (quadraginta librae). O outro, en forma case cadrada mide 22×19 cm. e pesa 11 Kg., tiña gravado XXX / IIII (triginta quattuor librae) e debaixo, un rasgo interpretado como un S. Nos dous casos o peso da peza coincide co numeral indicado, conforme o valor da libra romana de 0, 32 Kg. (ARIAS VILAS 1992, p. 235). Tamén a principios dos anos oitenta o dono dos terreos atopou un fragmento (12, 8×3, 3 cm. con pé de 7 mm. de alto) do fondo dun vaso de Terra Sixilada Hispánica (Dragendorf 15–17) que tiña unha marca do alfareiro (oleiro) dentro dun cartucho rectangular inscrito, pero descentrado, dentro de dous círculos paralelos, o interior inciso e o exterior sogueado de liña cortada. As letras están ben trazadas e a lectura é EX · OF · S · MAT78. Outro fragmento de T. S. H. (Drag 15–17) (cm: 6,3×5,8) ten outro grafito gravado entre a parede e o fondo do vaso. As letras que se ven son DVAR ou DMAR (emprego de nexo) o que leva tamén a varias interpretacións: Didius (ou Decimus, Domitus) Marcus (ou Varius) Por último, hai tamén a letra M gravada preto do borde dun fragmento de cerámica común romana de cor negruzca.

78 Pode tratarse dunha peza do alfareiro Maternus Blandinus (aparecido xa noutras pezas), ou pode ser o alfareiro de Tricio (así S (…) MA (…) T (ritiensis)) ou tamén S Maternus. A datación que se lle dá é do s. II d. C. (ARIAS VILAS 1992, p. 235).

108


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

ÚTILES DA VIDA COTIÁ Os útiles vencellados a tódolos aspectos da vida cotiá son, en efecto, os máis numerosos aparecidos en Castilllós. Dentro deste apartado, o elemento máis abundante e con diferencia, é a cerámica, sobre todo común; aínda que tamén apareceron moedas, muíños... Polo que respecta á cerámica, pode englobarse en dous grandes tipos: cerámica común e a cerámica de luxo importada, a terra sixilada. A cerámica común, segundo as mostras que se atopan depositadas no M.P.L. é fundamentalmente de pastas e superficies grises e ocres (nalgún caso negra ou brunida), e tamén arrubiadas, apuntando Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p. 237) que ás veces teñen un lixeiro engobe vermello79. Soen ser formas abertas, case todas fragmentadas, potes (un foi atopado nas columnas pétreas do hipocausto, entre as cinzas e ennegrecido), oliñas, xerras, tazas e tamén diversos fragmentos de grandes olas contedores (dolias e ánforas). Con respecto á decoración, algúns levan decoración estampada (rosáceas, circuliños, liñas de peite tipo castrexo) e incisa. Tamén temos que mencionar a presencia de dous anacos de cerámica gris decoradas con grinaldas ou arquiños rematadas con follas tipo imitación de cerámica estampada tardía. Con respecto á cerámica fina de mesa, foron depositados no M.P.L. vintedous fragmentos de terra sixilada de Castillós; 2 deles de sudgálica lisa e 14 de hispánica (unha cun selo de alfareiro e outra cun grafito, como xa apuntamos anteriormente).

Figura 3.- Distribución dos hachados cerámicos superficiais dos hipocaustos de Castillós. 79

Máis tarde apunta Pérez Losada (PÉREZ LOSADA 2002, p.285) que lle resultaba estraño que na mostra do M.P.L. o engobe vermello fose escaso, porque na prospección que el fixo este resultou maioritario. Nas visitas recentes que fixemos nós tamén ó lugar, tivemos a sorte que estaba recén arado o terreo e a simple vista tamén puidemos constatar a singular presencia de formas cerámicas con engobe vermello sobre calquera outro tipo, e tamén fragmentos de tegula e imbrices.

109


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

As formas decoradas son maioritariamente fragmentos de Dragendorf 37 e todas, agás unha metopada, levan motivos xeométricos, a base de círculos, e vexetais. É estrano que non aparecese, dada a cronoloxía que se deduce da necrópole cristiá, terra sixilada tardía nin as típicas fontes ou pratos de estampada alaranxada ou gris, propia ou de imitación. Tamén temos que incluír dentro deste apartado outros elementos de uso doméstico como son os muíños (nós documentamos 6 na casa do dono dos terreos, algúns deles fragmentados, todos eles circulares, excepto a base de gran tamaño dun deles que é plano ou barquiforme). Tamén puidemos ver na mesma propiedade morteiros fragmentados e pías. Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p. 239) tamén fala dun machacador ou pisón manual de anfibolita negra – que nós non observamos aínda que si vimos dous de pedra granítica – e un pondus troncopiramidal de barro para tear. OBXECTOS DE USO SOCIAL Polo que respecta á aparición de obxectos deste tipo temos que dicir que non foron moi abundantes en Castillós, podendo constatar só unha singular peza de bronce e varios numismas (dos que só se teñen documentado dous). Os fragmentos pertencentes a unha peza de bronce atopáronse no desterro feito en 1981–82, (VER FIGURA 11 no ANEXO I). Son seis fragmentos que non unían entre si pero que pertencían a un mesmo obxecto, unha lámina ou cinta ancha (5 mm. de espesor) que parece corresponder a algún tipo de aplique. Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p. 238) cre que puideran tratarse dun revestimento de cinturón ou un aplique de vestimenta. Esta peza formou parte da exposición “Bronces Romanos de España” (Madrid, 1990), polo que foi preciso levar a cabo un tratamento de conservación e restauración realizada polo Laboratorio de Conservación y restauración do Museo Arqueolóxico de Ourense. O fragmento maior presentaba dimensións máximas de 148×75 mm., e 93×62 mm. o máis reducido e pesaban todas as pezas 50, 16 g. Parecen corresponder co extremo esquerdo da cinta (FERNÁNDEZ IBÁÑEZ 1996, p.182). Estes fragmentos están totalmente decorados coa técnica do repuxado en frío. Polo anverso e utilizando diferentes tipos de tróqueles, sobre todo de cabeza punzante e redondeada, realizáronse círculos separados entre si mediante semiesferas enmarcadas nuns círculos de puntos, cunha aspa en releve no reverso ou zona interna. Enmarcado por ditos círculos –tres en total– e novamente mediante punzonado, foron realizados sendos bustos; un feminino – co seu peiteado propio da etapa tardorromana – e os outros dous masculinos – un parece levar un caduceo na man –. É moi probable que se trate de deuses (un pode ser Mercurio?), xa que o personaxe do fragmento máis pequeno posúe un par de alas sobre a súa cabeza. Sendas liñas de puntos enmarcan todo Este conxunto pola parte superior e inferior. Tan só o fragmento de maior tamaño presenta perforacións, cinco en total. Todo apunta a que esta peza procede dun tipo de obxecto de maior volume fundido en cobre ou ben en aleación dese metal, sendo batido posteriormente ata chegar a conseguir unha lámina repuxable (FERNÁNDEZ IBÁÑEZ 1996, p.182).

110


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Con respecto a súa función, Felipe Arias di que pode tratarse dun revestimento dun cinto ou un aplique dunha vestimenta, pero Este restaurador cre que en realidade se trata do forro decorado dalgún tipo de arqueta ou cofre (Cita Anterior). Polo que respecta ás moedas xa dixemos que só dúas foron documentadas, aínda que non localizadas, pero polas citas podemos saber que apareceron máis en Castillós: “... y no faltaron tampoco algunas monedas, llegando a nosotros una de César, acuñada en Zaragoza el año 3 de nuestra era” (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p. 214). En efecto, trátase dunha acuñación de Augusto, non de César, da ceca de Caesaraugusta. Na actualidade, non sabemos onde se atopa esta moeda. Tamén apareceu na escavación de 1982 dentro dunha tumba un follis ilexible datado entre os ss. II–III. CONTEXTUALIZACIÓN E INTERPRETACIÓN DO XACEMENTO Xa dixemos ó comezar o traballo sobre Castillós a complexidade e importancia deste xacemento, e cremos que expuxemos suficientes e sólidos elementos para ratificar esta aseveración. Cremos preciso facer agora unha especie de compendio para poder catalogar Castillós dentro do contexto galaico–romano. Xeograficamente, Castillós aséntase sobre a ladeira dun esporón de certa elevación que cerra o val de Lemos. No canto á extensión que ocupa, aínda hoxe é tema a debater. Por un lado, Felipe Arias (ARIAS VILAS 1992, p. 226) fala dunha ocupación de máis de 25 Ha, cifra que certamente nos parece un pouco esaxerada, coincidindo máis coas 2,6–3,5 Ha que propón Pérez Losada (PÉREZ LOSADA 2002, p.287). A distribución de vestixios polo terreo semella debuxar unha forma nuclear delimitada polas igrexas de San Vicente ó Norte e pola de Santiago ó Sur, aínda que evidentemente estas aparicións están completamente condicionadas pola acción antrópica e os diversos usos do solo – a maioría dos achados déronse entre o hipocausto e a igrexa de San Vicente porque esta zona é unha zona de cultivo, mentres que o outro sector é hoxe unha frondosa zona boscosa –. En canto á súa cronoloxía, Castillós parece ter sido ocupado durante longo tempo. Os elementos estructurais e arquitectónicos poden encadrarse entre os ss. I–IV – coma a moeda de Caesar Augusta ou a inscrición con hederae de Valeria Florinae (IRPL 85) –, e polo que respecta ós escultóricos, a cronoloxía está delimitada –a máis antiga– polos trisqueis – pódense datar en case todo o s. I, CALO LOURIDO 1994, t. II, pp.822–823–, e a máis recente, polo ladrillo co Crismón e a pedra coa cruz (propio da etapa paleocristiá, ss. IV–V). As inscricións e a cerámica tamén son propias dos ss. II–III–IV80, igual que as moedas, unha datada no cambio de era e a outra entre os ss. III–IV. A interpretación xeral do xacemento segue hoxe a ser un tema de discusión e nada claro, dubidando entre catalogala como castro, villae ou unha mansio viaria (VER FIGURA 9 no ANEXO I). Con respecto ás súas orixes, nós, coma Felipe Arias e Pérez Losada, desbotamos á idea de que se trate dun xacemento prerromano fortificado –a presencia de elementos de tradición indíxena, como os trisqueis ou a cerámica tan só indican certo indixenismo sociocultural dos seus habitantes–. 80

Le Roux, Tranoy e Arias Vilas concordan en datar a ara de IULIUS (IRPL 63) e a de Gauce Ascriero (IRPL 64) na primeira no século II d.C. e a segunda III d.C., respectivamente.

111


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Como xa apuntamos, este hábitat está perfectamente documentado e estudiado por Cuevillas e Fraguas no Castro de Castillón ou Castro da Xesteira, distante tan só a 400 m. daquel. En efecto, sería moi estraño que dous asentamentos castrexos se situasen tan preto, cando por término medio os castros veciños distan entre si uns 2 Km.. No que si cremos é na relación castro–villae como unidades complementarias na etapa romana, é dicir, o castro sería un lugar de habitación e defensa, e a villae un elemento de uso señorial, sen poder concretar a posible ascendencia do dominus sobre os habitantes do castro. Polo contrario, si cremos que temos argumentos de xuízo aceptables como para considerala unha villae de certa entidade. Por unha parte, a ubicación xeográfica e topográfica é favorable e hai suficientes elementos constructivos cultos –columnas, fustes, cornixas, as dúas salas de hipocausto...–, domésticos e relacionados coa agricultura (pondus para tear, numerosos muíños de man, morteiros ...) como para propoñer a existencia dunha edificación adicada á explotación agrícola, que combina perfectamente unhas habitacións luxosas e complexas, con outras máis pobres e rústicas. Fermín Pérez (PÉREZ LOSADA 2002, p.287) considera que o tamaño do asentamento é demasiado amplo como para ser só unha vivenda unifamiliar, polo que tamén apunta que pode tratarse dunha villae pero só a nivel físico, non só con funcións agrícolas ou residencias, senón tamén quizais con funcións termais. Por último, existe tamén outra posibilidade, pero que non elimina a teoría da villae, que sería a probable ubicación en Castillós dunha mansio viaria, tanto de facto – por enclavarse nun cruce de camiños probablemente – coma de Iure – coma o testemuña a IIª Táboa de Barro de Astorga. Para argumentar esa hipótese, contamos aquí tanto con datos intrínsecos –a aparición en Castillós de dúas aras adicadas ós deuses dos camiños–, coma extrínsecos, sacadas a partir de fontes escritas . As dúas aras adicadas ós deuses Lares Viais son un claro indicio de que por Castillós pasaba unha vía romana, na que non apareceron columnas miliarias, pero si que está perfectamente testemuñada polas diversas fontes literarias, tanto na II Táboa de Astorga (ROLDÁN 1975, p.163–175 ) como na documentación medieval, en concreto nun documento do ano 871 “Strata de Castellion” (ARES VÁZQUEZ 1973, p.85) e noutro de 968 no que se di: “in Lemos, in villa que vocatur Castilanis...sicut dividitur per antiquam carrariam” (FERREIRA PRIEGUE 1988, p229). O seu percorrido xeral máis probable é en sentido transversal Oeste– Este polo Sur da provincia de Lugo (Ver Logo Vías), sen descartar a existencia dun camiño directo cara Lucus Augusti. Esta vía que pasaba por Castillós, sería un ramal da vía directa Braga–Lugo. A calzada sería de carácter estatal primario, saía de Bracara e seguiría un camiño directo cara Lugo, pasando pola Auria e uníndose un pouco antes de entrar en Lucus á vía XIX na Ponte Vella, hoxe desaparecida (Ver Logo Vías). Esta vía romana, a partir de Ourense, facía directamente o traxecto pola banda dereita do Miño. Aínda que este camiño non está no Itinerario, a súa existencia é acusada gracias ó achádego de restos arqueolóxicos, sobre todo columnas miliarias, aínda que o seu percorrido exacto aínda sexa hoxe tema de estudio e debate.

112


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

De Chantada probablemente saía outra vía dirección Leste, baixando o canón do Miño polos cóbados de Belesar81, ascendendo por Buxán e Millarada, inconfundible topónimo que fai referencia a fitos ou “millas” do camiño. Esta vía logo descendía cara Belesar –onde se atopou unha ara ós Lares Viais hoxe desaparecida (IRPL 60)– cruzando o río Miño pola Ponte de Belesar (hoxe asolagada polo encoro do mesmo nome) para pasar á marxe esquerda do río –onde aínda hoxe se perciben uns 7 Km da vía antiga–. Logo remonta o canón do Miño seguindo por esta marxe con destino a Mourelos –onde se atopou unha ara e se localiza o topónimo de Vilariño entre Diomondi e Mourelos– ,Cerdeiro, Rosende, Vilariño de Fión –cun asentamento romano constatado e unha ara –, Vilaravides, Camiño Grande e Castillós. Este último traxecto coincide hoxe en día co trazo da estrada comarcal dende Castillós ata Rosende, e dende aquí a Mourelos. Dende Castillós continuaría o seu paso cara Monforte por Pacios e Avide, treito tamén aproveitado pola mesma estrada comarcal de Castillós á capital actual de Lemos. En Monforte cruzaría o Cabe pola Ponte Vella, para logo dirixirse ás terras orientais de Barxa Lor, pasando pola chaira configurada ó pé da Serra de Moncai a través de Reigada, o Castro de Chavaga, Estación e chegando a propia Barxa Lor polo Castro da Lama. Este paso mantén certa liñalidade e unha cota moi homoxénea, coma se pode apreciar na cartografía, coincidindo varios treitos da vía coa estrada Comarcal 533. Tras cruzar o Lor pola ponte romana, continua esta vía antiga –que aínda hoxe se percibe nuns 4 Km– cara Quiroga, onde hai un asentamento romano e se atopou un Crismón paleocristián, que seguindo por Sequeiros e Vilaste –por un decurso semellante ó que hoxe ten a Comarcal Autonómica 533– chega a Montefurado onde se ubica unha importante explotación mineira romana de ouro. Un pouco máis adiante, tras superar Montefurado, esta calzada encarámase cara as Terras do Bolo, para enlazar coa Vía XVIII á altura de A Cigarrosa/A Rúa de Petín, na Mansio Foro –seguramente o Forum Gigurrorum– pero sen necesidade de cruzar o Sil e facéndoo xa dentro da Vía Nova polo famoso viaducto de Pontóriga, con dirección a Asturica. Pero, ademais desta vía, nós tamén cremos que existe outra alternativa para chegar a Castillós dende Lugo, esta vez seguindo un percorrido N–S pero agora pola banda esquerda do Miño, pasando por terra lemava e seurra. Esta sería a vía secundaria citada na Táboa de Barro de Astorga que vai de Lugo a Dactonium, identificada anteriormente con Castillós, e que continuaría cara ó Sur, ben sexa cara Monforte (para chegar a Castro Caldelas), ou cara a cidade de Ourense (PÉREZ LOSADA 2002, p.289). Esta última opción é a que nos interesa, porque seguramente pasando por Atán – onde apareceu unha estela figurativa romana como logo veremos– chegaría ata o paso actual dos Peares cuxo topónimo, segundo algúns, constataría a existencia duns piares dunha ponte romana asolagada– cruzando o río Miño polo denominado Portu Palumbari. Outro problema relacionado con Castillós sería a identificación e ubicación de Dactonium. Tradicionalmente, veuse identificando Dactonium con Monforte de Lemos, non tanto nas fontes modernas como nas medievais. 81

VAZQUEZ SEIJAS, Manuel, afirma que en Belesar había unha ponte que era romana e que hoxe se atopa baixo as augas do encoro (en VÁZQUEZ, G. 1990, p.79–82). Tamén apareceu aquí unha ara ós Lares Viais (IRPL 60) que hoxe se atopa en paradoiro descoñecido.

113


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

O problema radica en que as fontes clásicas (PTOLOMEO II, 6,25 e a II Táboa de barro de Astorga) non lle dan unha ubicación concreta a esta mansío, polo que a localización exacta cos datos que hoxe temos faise imposible. As dúas principais adscricións, desbotadas outras que nos consideramos descabezadas ou pouco admisibles –coma situala no Incio (BLÁZQUEZ 1920) ou en Chantada (MADOZ 1886 Vol. II)– quedan reducidas a Monforte de Lemos e Castillós. A primeira delas realízase por un puro continuísmo capitalino tradicional desta vila con respecto ó Val de Lemos. Materialmente o único testemuño que temos do paso dos romanos por esta é a probable ponte que se levanta no curso do río Cabe e que foi destruída no século XVI polas riadas. Pola contra, conta con documentación escrita e con mencións medievais o castro Luctonio ou Actonium, de topónimo moi semellante a Dactonium, coma se pode apreciar nos textos dos anos 915, 1080 e 1104, referidos ambos ó Monte de San Vicente do Pino, onde se sitúa o mosteiro do mesmo nome, e orixe da actual vila de Lemos (GARCÍA ÁLVAREZ 1952, p. 80 e ss). Estes textos din o seguinte: o Ano 915: “[...] quae sunt fundatas in castrum Actonium, et Sancte Marie ad radicem ipsius castri, iuxta fluuio Cauis.” o Ano 1080: “ [...] in Castro Luctonio, quod dicitur Pina” o Ano 1104: “ [...] castro Luctonio: et ad radicem ipsius montis lemabuse (sic), edificare populatarum in hereditatem ipsius monasterii [Santo Vicentii], per consensum abbatis,...” Aínda que temos que apuntar unha pequena observación que nos parece básica para non deixarnos levar por esa analoxía toponímica: observamos coma Ptolomeo (II, 6,25: [...] Dos Lemavos: Dactonium [...]), Hidacio (Chronicon p. 201) ou na IIº Táboa de Astorga cando falan de Dyctinium non o referencian coma un castro, co que é moi estrano que dun núcleo aberto e moi desenvolvido como tiña que ser Dactonium como “capital romana da Civitas Lemavorum” se pasase a ver un castro na época medieval, cando o normal é que suceda ó revés. En Castillós, pola contra, contamos con datos arqueolóxicos para crer na existencia dun núcleo romano maior que unha villae e unha mansio –poboado que tranquilamente podería estar destinado a ser a capitalidade da Civitas Lemavorum que ademais ten unha cronoloxía que abrangue dende o cambio de Era ata o século VI d.C. Ademais, sitúase tan só a uns 9 Km de Monforte e posúe unhas grandes condicións de visibilidade e dominio sobre o Val de Lemos, ó Leste, e as afloracións montañosas cara o Canón do Miño. Nós cremos que o que ocorreu entre Monforte e Castillós e que levou a tanta confusión foi só un cambio toponímico entre Castillós e Monforte, como se testemuña noutras zonas e casos en época tardorromana, cuxo maior exemplo é a transposición de nome entre Conimbriga –actual Condeixa– e Aeminium –a actual Coimbra– cando aquela foi abandonada tralos ataques xermanos e se traslada a Aeminium a Sé episcopal. A dinámica, suxerida por F. Arias (1992, p.242) e recollida tamén por Fermín Pérez (2002, p.289–292), acaecería deste modo: Castillós exercería a capitalidade da Civitas Lemavorum durante o dominio romano, ou sexa, entre o século I e V–VI d.C., onde se situarían as mencións de Ptolomeo (s. II d.C. ) e Hidacio (s. VI d.C.). Xa a finais de época tardorromana, seguramente en momentos de crise, o asentamento reduce a súa extensión coma se observa na superposición das necrópoles sobre parte do xacemento.

114


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Pero por causas descoñecidas –tal vez a queima do asentamento como sinala Chamoso– o enclave abandónase completamente e desaparece da xeografía luguesa xa que curiosamente, e pese a ter dúas parroquias tan próximas, non aparece no Parrochiale Suevuum. Posiblemente, cando se decide crear un mosteiro no actual monte de San Vicente no século IX –que está reveladoramente baixo á mesma advocación cá igrexa de Castillós–, e logo se funda a vila de Monforte no século XII, os habitantes quixeron recoller o vello topónimo lemavo para xustificar historicamente a capitalidade do Val de Lemos. Cremos conveniente rematar apuntando a necesidade imperiosa de que se efectúe na zona de Castillós unha prospección e escavación intensiva e interdisciplinar, que sen ningunha dúbida poderá confirmar ou desbotar moitas das hipóteses que se escriben sobre el. Tamén nos axudará a adscribirlle unha necesaria catalogación a este importante xacemento. PROENDOS A riqueza arqueolóxica do entorno de Santa María de Proendos é incriblemente abondoso e rico tanto en pezas, variedade como cronoloxía, demostrando un poboamento ó menos xa dende a Idade do Bronce. Entre as posibles culturas que habitaron o lugar dende épocas inmemoriables, atopamos as súas pegadas como diversos petroglifos e piletas da Idade do Bronce, ó menos tres castros próximos (o de Babela –posiblemente da Idade do Ferro–, o de Proendos e o de Liñarán –de posible cronoloxía prerromana e tamén romana polos seus achados–), e por fin, o que máis nos interesa, a existencia dunha villae plenamente romana no mesmo lugar da parroquia de Proendos. O conxunto arqueolóxico de todos estes achados sitúase topograficacamente nun terreo chairo das primeiras floracións rochosas entorno a Ribeira Sacra, e máis concretamente, entre a actual igrexa de Santa María de Proendos e os seus campos circundantes, ó redor da casa Rectoral e o monte do Cura. Como na case total maioría dos casos do patrimonio lemavo, o xacemento ou xacementos de Proendos non teñen sido escavados máis que de maneira ocasional e fortuíta polos veciños do pobo e eruditos de principios e mediados de século que trataron de desenterrar tesouros que de ter un bo coñecemento mostrarían a magnitude e importancia do enclave. HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS Ó igual que sucede co noventa por cento do patrimonio monfortino, non contamos con ningún tipo de escavación programada, sistemática ou científica en Proendos. Ó contrario, só temos testemuños ó longo de máis de cen anos dos achados casuais que teñen aparecido nas fincas próximas á igrexa de Santa María de Proendos e nas súas inmediacións, ó se realizaren traballos agrícolas ou para a construcción de muros, postes, etc. A primeira nova dos vestixios aparecidos nesta zona datan do12 de Febreiro de 1867, cando o presbítero D. Claudio Guitián, veciño de San Esteban de Refojo, no partido Xudicial de Monforte, manda ó erudito lucense D. Xosé Teixeiro y Vaamonde unha misiva que logo será incluída no Almanaque Gallego para 1906 de D. Manuel Castro López (CASTRO LÓPEZ 1905, p.11). A nota di así: “ Entre la iglesia parroquial de Proendos y el lugar del mismo nombre, distante de Monforte cinco cuartos de legua, existen restos de un mosaico trabajado con piedrecitas de

115


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

colores, que se descubre con alguna extensión, al través del muro. Está en tierra labradía, y se percibe que el mosaico está cubierto cuna capa de carbón. A sus inmediaciones hay vestigios de un pueblo arruinado con restos de muralla, que la tradición del país supone se llama Proencia. La tierra donde está el mosaico es de D. Antonio Guitián y otros vecinos. [...]”. No mesmo século XIX, Manuel Murguía fai referencia ós achados de Proendos e engade outras novas míticas relacionadas coa da cidade de Proentia (MURGUÍA 1888, p. 50,1030). Así mesmo, pouco despois, Arias Sanjurjo trala visita á zona estima a extensión da cidade mítica de Proentia dun quilómetro, que contaba cunha ampla e grosa muralla e numerosos edificios, entre eles un circular de dez metros de diámetro, probablemente un templo (ARIAS SANJURJO, BCMOR V Y VII). Este autor outorga sen embargo a autoría destas obras a mans suevas e non romanas. É Amor Meilán quen confirma definitivamente os restos como romanos xa que di textualmente “ el mosaico no era cosa de los suevos, que no se sabe si llegaron a conocerlo, sino eminentemente de los romanos que lo prodigaban en sus construcciones” (AMOR MEILÁN 1918, t.II, p. 63–64). Ramón Castro López volve a nomear os achados de Proendos na súa obra (CASTRO LÓPEZ 1929, p. 61), informando ademais da aparición de fustes con basas, ladrillos e pedras labradas. A investigación no conxunto arqueolóxico de Proendos dá un salto cuantitativo e cualitativo na década dos ´40, gracias á laboura de Manuel Vázquez Seijas, que inscrito no Boletín da Comisión de Monumento de Lugo realiza unhas prospeccións na zona das que parten uns estudios aproximativos dos vestixios e da potencialidade do lugar (VÁZQUEZ SEIJAS 1945, p. 75–81 ; 1946 p.228–232), non só tendo en conta os restos romanos – aparecidos en novos traballos agrícolas na zona (NUÑEZ LÓPEZ 1945, 28–VIII)– senón tamén catalogando o entorno castrexo e das inscricións petroglíficas das penedas próximas. No ano 1973, Acuña Castroviejo inserta na súa obra de mosaicos de romanos de Galicia o de Proendos, facendo unha análise preliminar do mesmo (ACUÑA CASTROVIEJO 1973, p.38). A partir desta data, só encontramos referencias ós mesmos achados anteriores, repetíndose o conto unha e outra vez en diversas obras, sempre facendo simples descricións dos restos e nada máis (VÁZQUEZ, G. 1970, p. 37–53; 1990 p.83; FERNÁNDEZ. LLANO 1977, p.9–10, 100–108 ou mesmo no T–I–R, K–29, p. 89–90). VESTIXIOS E ACHADOS ROMANOS Os vestixios arqueolóxicos encontrados no entorno da igrexa parroquial e do “Monte do Cura” teñen unha importancia capital no coñecemento tanto do hábitat da zona como do poboamento ex novo romano do Sueste do Convento lucense, onde non se coñecen demasiadas villae. Sen chegar a ter a riqueza e abundancia de Castillós, ó menos en superficie, e sen realizar ningunha campaña de escavación científica, que amañaría o déficit sen dúbida, os materiais do campo de Santa María de Proendos móstrannos un ambiente romano, agropecuario e ás veces culto que non debe ser minusvalorado. Os primeiros restos dos que temos noticia como xa vimos (CASTRO LÓPEZ 1906, p.11) son un muro nas fincas contiguas ós terreos da rectoral do párroco de Santa María de Proendos, baixo o cal se encontrou un anaco de mosaico, seguramente in situ, formado por

116


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

teselas de cores ancorado nun morteiro duro e consistente. Nas súas inmediacións apareceron muros de gran grosor, que o párroco da igrexa asociou con murallas. Nas inmediacións destas fincas adxacentes á igrexa, atópase un alxibe rupestre – similar ó de Castillós polas descricións do párroco– de funcionalidade descoñecida. En posteriores prospeccións (Ver Arriba ou VAZQUEZ SEIJAS, 1946, p. 228–233), son encontradas sepulturas ó Leste da finca da casa Rectoral que contiñan restos humanos, das que non contamos con máis noticias. Xunto a elas apareceron laxas de pizarra, restos férricos, abondosas cinzas, anacos de ladrillos e restos de vasillas, que segundo o autor (Ver Cita anterior) eran quizais urnas funerarias A uns vinte metros en dirección Sudoeste destas, apareceron outras sepulturas de tapa de laxas caliza, sen gravuras e sen abrir gracias ó coidado que tivo con elas o do dono da finca, d. Manuel López. A pouca profundidade, ó igual que as tumbas, atopáronse adxacentes un par de campás pequenas a modo de cencerro de forma cuadrangular–prismática, con badalo e cadea de ferro de dous metros que segundo testemuño do propio Vázquez Seijas (Ver Cita anterior), desfíxose nada máis tocala. As campás, tamén oxidadas, foron depositadas no Museo de Lugo e hoxe o seu paradoiro é descoñecido. As dúas teñen forma de chocallo e están feitas por unha lámina de ferro de 5 milímetros de espesor dobrada sobre si mesma e punteada por un dos laterais máis estreitos a modo de engarce. Aparentemente, seguindo sempre o testemuño de Vázquez Seijas, estiveran bañadas no pasado por cobre ou bronce, ou algunha pintura semellante. Xunto con estas pezas de ferro, apareceu tamén un cravo ou grapa de ferro fortemente oxidado, con forma de U, aparecido ó facer unha xanza na finca contigua á anterior, tal vez servía para amarrar os chocallos a unha corda ou similar. Ó Norte de onde se atoparon as campás, aflorou a pouca profundidade un portalón duns catro metros cadrados, cun pavimento pétreo de lousas de granito, duns trinta centímetros de groso, con dous escalóns que a bordeaban. Ó pé acháronse dúas xambas de granito con sinais de apoiar o peche da porta e de emperlado, e tamén numeroso sillares de pedra, algúns careados –posiblemente almofadados dunha maneira moi sinxela ou rústica– e con lixeiras molduras. Polos traballos agrícolas de arado tamén se atoparon no mesmo lugar máis ladrillos, grandes e grosos –posiblemente bessalis romanos–, imbrices e tégulas, unha das cales case enteira que medía 42 centímetros de largo por 38 de ancho, contando case todas cos entalles propios da factura romana, rebordes e incluso marcas de alfareiro. Posteriormente, apareceron no lugar, seguindo os restos das sepulturas, tres esqueletos humanos, varias lousas de mármore branco e pezas de pizarra doutras sepulturas, unha das cales era unha tampa con insculturas pola parte superior (NUÑEZ LÓPEZ 1945, 28–VIII). Así mesmo, nós tamén puidemos comprobar a existencia de material romano reutilizado na construcción da Igrexa de Santa María de Proendos (VER FIGURA 13 no ANEXO I), como unha basa de columna simple con plinto e toro, tres fustes pétreos e outro marmóreo82 de clara factura romana e/ou tardorromana aproveitados como basamento do arco triunfal da igrexa, que non sabemos si algún corresponde cos descritos por Vázquez 82 Na nosa visita á igrexa observamos estas pezas como xa dixemos, pero segundo o sacristán, o párroco non permite sacar fotografías no interior da igrexa dende a restauración das pinturas medievais do ábside. As columnas pétreas non son de moita altura, uns 1´50 metros moi semellantes entre elas; só a basa da primeira a esquerda apunta a factura romana e a de mármore, cunha lixeira veta gris azulada é moi parecida por exemplo ás de Santa Comba de Bande.

117


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Seijas nas súas prospeccións. Tamén puidemos observar nos muros exteriores da igrexa dúas pequenas pezas de mármore local totalmente lisas e sen decoración. Nos muros que delimitan o camposanto tamén vimos empotradas varias pezas de muíños circulares e mesmo nos da casa rectoral abundan os anacos de ladrillos, tégulas, imbrices, etc. utilizados para reencher ou calzar á cantería dos edificios. Tamén puidemos observar unhas cornixas que nos parecían romanas situadas para decorar o portalón de entrada dunha casa contigua. En canto ó material moble aparecido, son abundantes os restos agropecuarios, como os muíños circulares, ó menos tres que saibamos, e as dúas campás antes reseñadas, así como cerámica común de grandes dimensións –ánforas, dolia– de posible uso na explotación do agro, así como dunha xerra de tradición galaico romana exposta no Museo de Lugo. Así mesmo, tamén aparecen pezas máis refinadas como vasillas de forte engobe vermello de cronoloxía baixoimperial e terra sigillata da que descoñecemos a cronoloxía e a orixe . Tamén aparecen obxectos de metal, como aneis de bronce e outros obxectos non identificados do mesmo material, entre os que destaca unha placa decorada cunha rosácea e un remate de vástago cuadrangular, posiblemente adscrito a un fíbula de longo travessao83 ou ó peche dunha arqueta. Por outra parte, Arias Sanjurjo (VÁQUEZ, G. 1990, p. 83) denota a existencia de murallas de gran espesor – que cremos identificar cos muros da vila – e dun edificio de planta circular duns 10 metros de diámetro, da que non sabemos a súa ubicación e da que nós dubidamos da súa existencia. INTERPRETACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO XACEMENTO A nivel xeográfico xeral, o xacemento arqueolóxico romano de Proendos sitúase nunha pequena chaira de altiplano nas marxes meridionais do Val de Lemos cara o canón do Sil. A cota das terras adxacentes á igrexa ronda os 460 metros mentres que a cota máxima corresponde co cumio do monte de Vilastrille cuns 490 metros, verténdose cara a Ribeira Sacra, incrementándose a pendente do val cara ladeiras máis acusadas en tanto en canto nos achegamos ó río Sil. A área que ocupan os vestixios non é moi grande, entorno as 0´5–1 Ha e sitúase no entorno da planicie da Igrexa de Santa María e da actual aldea, dando as costas ó monte de Vilastrille e situándose o castro de Proendos a 50084 metros da igrexa cara o Oeste (VER FIGURA 13 e 14 no ANEXO I). A fotografía aérea non aporta nada para a concepción do xacemento, xa que o terreo chairo e as accións constructivas antrópicas imposibilitan unha boa percepción incluso do Castro. O feito de que os achados aparezan maiormente nas terras ó redor da igrexa e da rectoral débese a que son campos de labor, abondosamente traballados ata os nosos días, o que posibilita os achados, e os numerosos muros e lindes entre fincas supuxeron unha máis

83

Non queda de todo claro a orixe e tipoloxía da peza, xa que de ser unha fíbula de travessao a súa datación oscilaría entre o século II – I a.C. 84 O castro situado nunha cota entorno ós 480 metros emprázase sobre a actual vila de Proendos ladeira abaixo, case en terreo chan, e cun parapeto térreo e foxo sinxelo, rotos polos diversos traballos agrícolas e constructivos levados a cabo polos habitantes de Proendos. Del proceden algúns achados cerámicos de tradición galaico romana e varios muíños circulares. A densa vexetación unha vez mais deixounos sen poder observar moitos detalles, incluído a existencia de murallas, pétreas ou non, e a disposición das estructuras.

118


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

profunda acción sobre a terra. Nos arredores a capa vexetal e boscosa aumenta de grao segundo nos diriximos cara o monte. A interpretación xeral dos vestixios indícannos a presencia dunha edificación de orixe romana – o material moble e constructivo romano, co seu característico mosaico– e que polas características dos elementos que arriba describimos podendo considerar como villae rural. Sen dúbida, a gran maioría dos vestixios encontrados non poden ser adscritos ó núcleo castrexo cercano e entran no repertorio de materiais constructivos eminentemente romanos –ladrillos, tegulas, fustes, basas,...–. Pola calidade dos mesmos, tanto dos fustes, do mosaico, das lousas de mármore branco así coma das pezas cerámicas semella unha casa de campo acomodada e instalada no rural, adicada tanto ó hábitat tranquilo e apartado, como á explotación agropecuaria da potencialidade do territorio. De feito, a zona é un pequeno val que se incrementa cara o Sur segundo nos aproximamos ó Sil, de gran potencialidade agrícola e gandeira aínda hoxe. O achado de muíños circulares, das campás e algunhas cerámicas indicarían este proceso. O resto de vestixios constructivos, muros grosos, chans empedrados, lousas de mármore, mosaico, basas, fustes, ... fálannos dunha pars urbana de construcción luxosa e de certa magnitude da villa. Ademais, a área que comprenden ós achados e a potencialidade dos mesmo lévanos a calcularlle ó xacemento 0´5–1 Ha como máximo de tamaño, co que entraría perfectamente nunha tipoloxía de villae romana de gran importancia e certa suntuosidade, a modo de quinta rural, de certa tendencia á explotación agropecuaria (pars rustica) pero tamén con ambientes máis cultos e refinados. Así mesmo, o gran portalón de entrada con fustes parece indicar a certa entidade constructiva da villae, cun posible corredor de estilo nórdico e dun enlousado no chan, rústico pero apropiado e traballado para a zona na que se encontra, á entrada da casa. A aparición do mosaico e ladrillos bessalis podería estar falándonos da existencia, en primeiro lugar, de habitacións luxosas e de importancia na casa, e en segundo lugar, da posible existencia dunha sala de hipocausto asociado a un complexo termal pequeno e privado da casa, pero por mor dos escasos datos e da pouca profundidade á que se atoparon os restos, hoxe non podemos corroborar se a sala constaba dun subsolo típico termal romano de columniñas pétreas ou pilae de ladrillos adicad a calefactar o chan superior. Todo parece indicar a existencia dun edificio netamente romano e minimamente monumental, con pezas moi elaboradas e cultas –como basas, columnas, mosaicos– conxuntamente con construccións máis sinxelas e de posible tradición indíxena. Da pars rustica da vila non sabemos moitas cousas, pero polo terreo chairo no que se empraza a vila, aquela debeu ter importancia en tanto en canto a riqueza agropecuaria da zona é abondosa. As campás aparecidas tipo chocallo afirman a existencia de rabaños domésticos así coma os muíños de explotación agrícola da zona, tanto para o consumo animal, dos habitantes da vila como para o comercio. Tamén quizais a estructura de 10 metros de diámetro que Arias Sanjurjo identifica como circular era un silo ou un pequeno depósito de cereal En canto ó material cerámico, destacan as pezas de forte engobe vermello – como en Castillós– e de Sigillata, as dúas de cronoloxía tardoimperial, que serían empregadas como vasillas domésticas para os habitantes da casa. Mentres os restos cerámicos de peor calidade, incluída cerámica de tradición castrexa ou xa galaicorromana –de peor calidade e pastas grises, negras–, destinaríase ó servicio da cociña e traballos agrícolas, como sucede cos dolia, potes e xerras amplas, ou mesmo o que semellan ser ánforas.

119


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Os outros achados de importancia, como aneis de bronce e fíbulas, demárcannos un mundo material eminentemente romano e de poder adquisitivo amplo, aparentemente xa nun momento Baixo Imperial. Chama a atención a falta doutras pezas senlleiras dos xacementos vilegos e romanos, como moedas ou vidros, pero cecáis estas si teñan aparecido pero se atopen en poder dos veciños da zona. O material moble dispensa e existencia dunhas actividades domésticas (cociñado de alimentos, traballo da terra, metalurxia, adorno persoal) sen que poidamos constatar, aínda que si intuír, a existencia doutras actividades como o comercio e o tecido. Todo elo fálanos dunha célula autosuficiente e autoabastecida polo menos no básico. O emprazamento da villae de Proendos relaciónase posiblemente co ramal da vía que saía da Vía Nova XVIII ó seu paso por Praesidium –Castro Caldelas– e que cruzaba o Sil pola Barca da Paradela (aquí o P. Sarmiento parecía ver os pilares dunha ponte romana) – e logo seguía o camiño da Lama e a Calzada (xa en Sober) cara Proendos. Aproximadamente esta vía seguiría a actual estrada comarcal que une As Trigaínzas con Sober. A partir de Sober seguiría dirección Castillós por A Ponte, A Lama de Abaixo e o Outeiro (Ver Logo Vías). Polo tanto, non sería estrano que a villae tamén puidera actuar como mansio ou albergue viario, realizando facultades de posta, hospedaxe, aseo e avituallamento dos viaxeiros que utilizaran esta vía. Ademais non hai que esquecer, nin desbotar a idea, que ás veces as mansio adoptan unha forma tipolóxica semellante á das villae, como no caso de Aquis Originis en Baños de Riocaldo (Lobios), xa que poden contar igual con corredores porticados, un espacio doméstico e un pequeno complexo termal, pero destinado a unha función pública –servicio a viaxeiros de función oficial– máis que de uso e explotación privada. As referencias míticas que sitúan a mítica cidade de Proentia en Proendos, como plasman nas súas obras os eruditos que trataron o xacemento (MURGUÍA 1880, p. 1030; AMOR MEILÁN 1918, t. II; CASTRO LÓPEZ 1929, p.61; VÁZQUEZ, G. 1990, p.83; e Outros) non teñen fundamento algún, e son producto da historia romántica que profesaban estes autores, xa que a cidade de Proentia non aparece mencionada nas fontes clásicas, nin literarias nin epigráficas (ROMERO MASIÁ e POSE MESURA 1988). En canto ás referencias ás tumbas, semella claro a existencia dunha necrópole de inhumación formada por tumbas con sartegos de laxas pétreas de pizarra, non sabendo si son as mesmas sepulturas as nomeadas por Ares Vázquez e as que cita Castro López (Ver ARES VÁZQUEZ 1945, p.75; 1946, p.228–233; CASTRO LÓPEZ 1929, p.61). As referencias que fai Ares Vázquez das urnas aparecidas na finca contigua á rectoral como posibles continentes de cinzas humanas, e polo tanto dunha necrópole de incineración, non nos parecen abondosas nin rechamantes para deducir tal feito, aínda claro, non tivemos unha visión de primeira man, pero sería estraño que se sobrepuxeran e coincidiran ambas necrópoles, como dá a entender Ares (Ver Cita Anterior). De tódolos xeitos, o espacio ocupado pola necrópole sitúase na finca da rectoral da igrexa e polas fincas adxacentes cara o Sudoeste–Oeste, situándose entre a villae e o castro de Proendos, e de cara ó posible paso do ramal da vía que unía O Burgo–Castro Caldelas e Castillós pode facernos pensar nunha aparente continuidade ou respecto romano latino de colocar as tumbas á beira das vías. A referencia á situación do portalón xusto ó lado das tumbas de laxas de pizarras contigua á aparición das campás (segundo ARES VAZQUEZ 1946, p.231) pode indicar certa penetración e amortización da necrópole sobre zonas orixinariamente habitadas.

120


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Ningunha das sepulturas foron escavadas, unhas deixáronse intactas –polo menos nas noticias que temos– e as outra apareceron desbrozadas polas labouras agrícolas, e aparentemente non contiñan enxoval funerario pero si ósos humanos calcinados. A relación das campaíñas como posible enxoval da necrópole como propoñen algúns autores (Ver Cita Anterior) non nos parecen axeitadas e aquelas parécennos máis tintinabula de uso gandeiro ou doméstico máis que para ritos funerarios. A cronoloxía da necrópole semella ser tardorromana, arredor dos séculos IV e V d.C., cronoloxía dada polos restos cerámicos cercanos e pola propia villa, tal vez xa de rito cristián, pola falta de enxoval en principio, situada no entorno da vía e cara o castro, e de posible continuidade en época medieval, como o demostraría a inmediata igrexa románica de temperán factura que aproveitaría os fustes, basa e ladrillos aínda superficiais daquela, o que produzo unha invasión da mesma na pars urbana da vila romana. En fin, a cronoloxía da villae en xeral non parece anticipar o século III a.C. e o V d.C. debido ós restos cerámicos aparecidos como a Terra Sigillata, a cerámica de engobe vermello ou a de tradición galaico romana de tipoloxía e decoracións baixoimperiais, ou mesmo a fíbula xa con anticipacións xermánicas. Logo dela, levantouse a contigua igrexa de Santa María de Proendos e a vila medieval no entorno actual do poboamento. A fin da Villae puido estar nun incendio e derrubo, como indica Murguía na súa obra cando fai referencia á cantidade de cinzas que cubrían o mosaico (en VÁZQUEZ, G. 1990, p.83). En canto ós ocupantes da villa, estes serían maiormente poboación galaico romana, quizais parte das elites que dende a fin da Cultura Castrexa víronse enriquecidos e ennobrecidos polo sistema de implantación romana ou tal vez por ser dirixentes da súa comunidade ou por realizar algunha tarefa que lle reportara certa riqueza, como o comercio, a explotación agropecuaria do territorio ou mesmo o aproveitamento da posible mansio ó paso da vía. É difícil de clarexar a relación da villae co Castro de Proendos, inmediato ó xacemento e a 500 metros ó Oeste. O castro semella ter unha ocupación prerromana – como o testemuñan numerosos restos petroglíficos, piletas ou coviñas semellantes por exemplo ó entorno do Castro de Santomé en Ourense– pero tamén unha ocupación en época romana, como nós mesmos testemuñamos na nosa visita coa recollida de cerámica común romana, pastas negras de imitación, pastas alaranxadas ou muíños de man, como xa se documentaran anteriormente. Non sabemos tampouco se a villae puido substituír ó castro no tempo, ou ben se estes conviviron coetaneamente a modo non só de complemento poboacional senón tamén de especialización laboral, relacionado tanto co poboamento do territorio como cos traballos agropecuarios e de explotación do fundi vilego, con posibles perduracións ou reocupacións como sucede noutros casos en Galicia. TEMES HISTORIA DAS INVESTIGACIÓNS As reseñas bibliográficas sobre o complexo de Temes son aínda moi reducidas, debido en parte ó relativamente recente descubrimento da importancia deste lugar. Nós decidimos ir citando os diferentes traballos sobre Temes seguindo unha orde cronolóxica. As primeiras novas arqueolóxicas témolas por primeira vez no ano 1974, cando o aínda hoxe párroco da igrexa, D. Segundo Capón Linares, descobre unha serie de pezas marmóreas cando se dispoñía a librar as paredes da capa de cal que as recubría.

121


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

De seguida espertan a súa curiosidade e o interese dun grupo de investigadores para saber máis sobre este achádego sen dúbida valioso. Nese mesmo ano, en varios artigos do diario El Progeso (os días 7 de Marzo, 23 de Abril e 3 de Maio), Nicanor Rielo Carballo publica as primeiras novas da existencia dunha tampa do que el xa cataloga como un sartego paleocristián e tamén doutras pezas que se atopan dispersas na igrexa. Nicandro Ares Vázquez, tamén en El Progreso (14 de Xuño de 1974), fai referencia ó complexo de Temes. Un ano máis tarde, en 1975, A Balil (BALIL 1975, p.313–316), escribe tamén sobre Temes, aínda que en moitos puntos dá unha información errónea. En 1976 Jaime Delgado, por encargo do párroco, centrará a súa tesiña na análise da tapa do sartego. Unha síntese desta obra será logo publicada en Roma polo Pontificio Instituto de Arqueoloxía Cristiá (DELGADO GOMEZ 1979, p. 129–149). Helmut Schlunk (SCHLUNK 1977, p. 193–236), no ano 1977, escribe un pequeno pero moi acertado traballo sobre a citada tapa, buscando analoxías con outras tapas peninsulares de factura romana, para así poder encadrala dentro do período artístico paleocristián non só da Galicia actual senón tamén de toda a Península Ibérica. Jaime Delgado volve publicar dous artigo sobre Temes no ano 1979 (DELGADO GOMEZ 1979, p.129–149; 1979b p. 129–149). No mesmo ano, Ares Vázquez (ARES VÁZQUEZ e Outros 1980, p.311–315) dá a coñecer o estudio sobre unha ara empotrada nos muros da igrexa. Xa no ano 1991 a tapa do sartego de Temes foi extraída do muro no que se encontrou para formar parte da exposición “Galicia no Tempo” (XUNTA DE GALICIA 1991) celebrada en Santiago de Compostela, sendo, xunto co tamén paleocristián Crismón de Quiroga, as pezas estrela representantes desta arte. Neste breve apunte bibliográfico teño que volver mencionar ó relixioso e arqueólogo Jaime Delgado que sen ningunha dúbida foi o que máis tempo e esforzo, case toda unha vida, lle adicou e seguramente lle segue a dedicar ó estudio do enigmático Temes. No ano 1997 publicou un libro (DELGADO GÓMEZ 1997), que se pode considerar a súa tese, que sen dúbida é o traballo máis extenso e con intencionalidade científica que se fixo sobre todo o conxunto arqueolóxico de Temes. Este libro é unha recompilación de numerosos artigos publicados, actas de congresos, coloquios... nos que el participou ó longo do tempo, polo tanto parécenos innecesario nomear un por un os títulos de cada un eles porque se atopan xa no antedito libro como títulos de capítulos. Tampouco nos parece que sexa o fin deste traballo citar a autores que aínda que tratan de Temes ( liñaxes, apelidos...) non aportan información moi fidedigna ou do noso interese, excepto Pita Andrade (PITA ANDRADE, tomo XII, pp. 329–332). Este autor recolle o testemuño dun descoñecido Antonio Perea que aló polo ano 1591 acercouse a Temes para indagar sobre a torre e a casa señorial do nobre señor Vasco de Temes –sita no solar onde hoxe se atopa a rectoral– e describe así o que viu: “He hallado que el solar deste Caballero es media legua de la Peroja en su jurisdición, junto a una iglesia que se dice de Santa María de Temes. Pero ahora no hay allí casa ni torre que tal demuestre mas de haberse hallado allí piedras labradas de gran edificio de alabastro y mármol y es notorio que de allí descienden los Temes”.

122


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

A casa e torre que este señor buscaba a finais do século XVI refírese probablemente á fortaleza construída na Baixa Idade Media e que foi derribada polos irmandiños no 1467. Probablemente o pouco que quedase en pé desta construcción foi levantada no mesmo sitio a casa rectoral que aínda hoxe serve de vivenda para o párroco da Igrexa. Sen embargo, o que a nós nos interesa é cando fala da existencia de pedras de alabastro e mármore labradas (o alabastro seguramente é o mármore veteado). Estas pezas seguramente formarían parte da igrexa visigoda consagrada no ano 805, erixida sobre os restos dun edificio romano que tiña pezas de mármore. VESTIXIOS E ACHADOS ROMANOS A época romana en Temes parece estar moi ben testemuñada gracias á cantidade de vestixios arqueolóxicos atopados na igrexa de Santa María. Estes vestixios tan importantes e moitas veces de descoñecida época, son os restos que foron empregados como material de construcción, fundamentalmente como sillares, para a fábrica do templo altomedieval fundado probablemente o 30 de novembro da era 852 (seguramente ocuparía o solar da actual igrexa), e reconstruído no s. XVIII na que, ante a pobreza de medios referida nunha nota dos libros dos arquivos parroquiais, reaproveitouse ó máximo o material existente. Actualmente algúns aínda hoxe forman parte dese contexto. Para facilitar o seu estudio cremos axeitado facer unha pequena división entre os materiais constructivos de granito e os feitos en mármore85 e facer tamén unha primeira enumeración. As pezas de mármore atopadas en Temes son as seguintes: catro capiteis, unha tapa dun sartego paleocristián, dúas pilastras, resto/s de columna/s e unha laxa rectangular e aplanada (VER FIGURAS 15, 16 e 17 no ANEXO I). En canto ó material granítico está formado por dous sillares epigrafiados (unha inscrición cristiá e unha ara votiva), un pequeno bloque cunha pomba esculpida e tamén restos de columnas embebidas na parede exterior do muro Norte. Temes.

A ara adicada ós Lares Viais86 é un dos dous materiais epigráficos que temos en

Esta peza foi descuberta no ano 1978 por d. Segundo Capón cando decidiu librar de cal as paredes da igrexa. Atopábase encaixada na parede interior do muro Sur, coma a dous metros de altura do chan e próximo ó arco triunfal. Hoxe atópase libre exposta na Igrexa. Esta ara de Temes só conserva a súa parte superior, coroada por tres focus circulares e aliñados. Ten 31 cm. de altura, 10 cm. corresponden á cabeza (esta mide 27 cm. de ancho por 20 cm. de profundidade).

85

Estas pezas que citaremos a continuación son as mais valiosas para o noso estudio, son tamén as máis accesibles, de tódolos xeitos, cremos que a igrexa actual está colmada de pezas de inestimable valor artístico e arqueolóxico, non só da época que nos ocupa, senón tamén posteriores. Desgraciadamente estas pezas aínda forman parte dos muros da igrexa polo que calquera análise sobre elas non deixa de ser meramente hipotético. 86 O primeiro estudio publicado sobre esta ara foi feito por ARES VÁZQUEZ e Outros, (1980). Foi necesario sacala do muro xa que antes só eran visibles os tres fogos. Tampouco aparece recollida na obra de ARIAS VILAS, F., LE ROUX, P., e TRANOY, A., Insriptions Romaines de la Province de Lugo , París, 1979; polo tanto, ás oito aras adicadas ós Lares Viais que catalogan na provincia de Lugo (corresponden cos nº 22, 60, 61, 62, 63, 64, 65 e 66) véñense sumando outras dúas novas, a de Temes, e a de Virís (atopada en 1980). Esta obra será citada como IRPL.

123


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

O campo epigráfico conserva catro liñas de letras maiúsculas de 3 cm. de alto. A erosión e o paso do tempo impiden ler satisfactoriamente as dúas primeiras liñas, sendo imposible distinguir algo nas dúas últimas. A lectura e interpretación que propoñen na publicación anterior (ARES VÁZQUEZ e Outros 1980, p.312) é esta: LARIBVS / VIALIBVS / ARA· PO / SV · M... É dicir: LARIBUS / VIALIBUS / ARA(M) PO / SU(IT) M.... E esta sería a traducción: Ós Lares Viais puxo a ara M(arcelo?)... O único garantible que podemos dicir desta ara é o que se extrae da lectura das dúas primeiras liñas, é dicir, trátase dunha ara adicada ós deuses Lares Viais87. Ten ademais os tres focus para as libacións (moitos autores sosteñen que estes fan referencia a tres divinidades indíxenas asimiladas ós Lares romanos88), como soe ser normal nas restantes aras deste tipo aparecidas na provincia de Lugo89. As letras das últimas liñas foron completadas por analoxía con outras aras de semellantes características, xa que a grosso modo todas empregan os mesmos recursos. O outro problema grave que se nos plantexa é o que se refire ó dedicante (M?). Este dedicante, como é sabido, cumpre sempre unha promesa ou voto dándolle as gracias ós deuses pola protección brindada en calquera empresa que vai realizar, sobre todo, nunha viaxe. Na obra de Ares Vázquez (o. c. na nota 5, p.312) propoñen Marcelo como probable antropónimo para completar ese nome lendario que recolle a tradición, aínda que lle parece moi estraño que fose ese o seu cognomen. Na nosa opinión a letra M tal e como está situada parécenos que fai referencia a un praenomen (pode ser Marco, Marcelo...), o cal non sería moi normal a abreviatura M .De todos xeitos, si se refire a un cognomen Marcelo non nos parece tampouco moi raro, porque sabemos que a partires de finais do s. II, tanto os ingenuus, coma os libertos e escravos, identifícanse só polo cognome, é dicir, polo seu nome propio. Esta interpretación entroncaría coa citada lenda sostén que Chantada foi o lugar onde naceu un cónsul romano chamado Marcelo. Esta familia de maxistrados romanos convértese ó cristianismo e adoptou como brasón as cinco cruces sen cabeza, signo da Tau. Este emblema foi logo empregado polos Temes, liñaxe distinguido de Chantada e considerados descendentes dos patricios romanos, os Marcelos90.

87 Nesta inscrición votiva e seguindo o esquema habitual faltarían seguramente dúas liñas, unha que poña o motivo da dedicatoria (ex voto, ex iussu) e na seguinte a fórmula final consagratoria (V.S.L.M, A.L.P…). 88 (BLANCO FREIJERO, 1976, pp. 107–122). Estes autores sosteñen que os númenes lusitanos e galaicos deberon ter orixinariamente un carácter tan similar ó dos Lares Viais que a romanización asimilou estes como algo consubstancial. (ARIAS VILAS, e Outros 1979 IRPL, p. 83), tamén apunta esa posibilidade, onde divinidades indíxenas dos camiños e encrucilladas serían asimiladas e substituídas polos Lares Viais. (NÚÑEZ GARCÍA e CAVADA NIETO, 2001, pp. 32–33) Estes autores defenden que en realidade existe unha convivencia, igualdade e respecto mutuo no panteón dos deuses indíxenas e os alóctonos. 89 VER LOGO. Só non se podería afirmar da nº 60 (da que non se tomaron datos de modo exhaustivo e que hoxe se atopa en paradoiro descoñecido) e da nº 62 (da que non se conserva a parte superior). 90 Ver “ CHANTADA” na Gran Enciclopedia Gallega, t. 8, p.179.

124


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

En realidade, lonxe de fantasiosas lendas (que poden ter certos visos de realidade) e de hipotéticas lecturas, o realmente valioso e seguro que nos proporciona esta ara é que por Temes, ou moi preto, pasaba un ramal dunha vía romana91. Dende Bracara sairía unha vía de carácter estatal primario, pero que non aparece coma tal no Itinerario Antonino, que seguiría un camiño directo cara Lugo, pasando pola Auria, uníndose un pouco antes á vía XIX á altura da mansión viaria de Marciae92. Esta vía romana, a partir de Ourense, facía directamente o traxecto pola banda dereita do Miño. Aínda que este camiño non está no Itinerario, a súa existencia é acusada gracias ó achádego de restos arqueolóxicos, sobre todo columnas miliarias, aínda que o seu percorrido exacto inda sexa hoxe tema de estudio e debate. Seguindo o recorrido de Norte a Sur, é dicir, de Lugo a Braga, de Guntín, seguía o camiño por Monterroso ata chegar a Chantada (a Plantata medieval). En Agrade, próximo a este municipio, foi escavada unha villa no ano 1992 e apareceron estructuras, mosaicos, elementos arquitectónicos, un tesouriño baixo imperial, unha ara anepígrafa e unha necrópole con mosaicos tumbais (VIDAL RGUEZ 1987–1988, p. 342–351). De Chantada probablemente saía outra vía dirección Leste, baixando o canón do Miño por Belesar93 ata Dactonium (Castillós?), de aquí iría a Monforte, cruzaría o río Lor pola ponte romana de Barxa de Lor ata enlazar coa vía XVIII en Valdeorras para chegar logo á zona mineira de Montefurado. É a que se dirixe cara Ourense a que nos interesa, xa que seguramente un ramal desta pasaría polas inmediacións de Temes. Logo seguiría pola Peroxa (aquí atopouse un sartego tardorromano cun epígrafe cristián) ata chegar á Civitas Auriensis . Pero, ademais desta vía, nós cremos que existe outra alternativa para chegar a Temes seguindo un percorrido N–S pero agora pola banda esquerda do Miño. Esta sería a vía secundaria citada na Táboa de Barro de Astorga (ROLDÁN 1974, ARIAS 1988) que vai de Lugo a Dactonium, identificada anteriormente con Castillós, e que continuaría cara ó sur, ben sexa cara Monforte (para chegar a Castro Caldelas), ou cara a cidade de Ourense (Ver PÉREZ LOSADA 2002, p. 289). Esta última opción é a que nos interesa, porque seguramente pasando por Atán (onde apareceu unha estela figurativa romana, Ver Logo) chegaría ata o paso actual dos Peares, cruzando o río Miño polo denominado Portu Palumbari. Non sería moi estraño polo tanto que de aquí saíse un camiño para subir cara Temes. Temos que recoñecer que aínda que o traxecto dos Peares a Temes non fose mais longo que o que sairía da anterior vía directa pola banda dereita do Miño, si cremos que é mais dificultoso pola pendente e ascensión que hai ata Temes. Con respecto a este sen dúbida pequeno peirao, chamado Portu Palumbari, contamos con dúas valiosas testemuñas confrontadas e complementadas moi interesantes para poder confirmar a súa existencia.

91

As aras adicadas ós deuses Lares Viais colocábanse nas vías públicas para confirmar así que a protección dos deuses fora eficaz e que o dedicante cumpriu así a súa promesa ou voto. 92 Os investigadores coinciden en situala na actual Marzán, que aínda conserva o topónimo case invariable (Ver ARIAS, G 1988, p.14–26). 93 VAZQUEZ SEIJAS, Manuel afirma que en Belesar había unha ponte que era romana e que hoxe se atopa baixo as augas do encoro. Tamén apareceu aquí unha ara ós Lares Viais (IRPL 60) que hoxe se atopa en paradoiro descoñecido.

125


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Son estas, por un lado, dúas fontes escritas (un texto latino e outro altomedieval) e, polo outro, a lingüística e a filoloxía, é dicir, a macro e a microtoponimía, aínda que non contamos coas necesarias informacións arqueolóxicas. En canto ás fontes clásicas Estrabon na súa obra titulada Xeografía escribe sobre a navegabilidade do río Miño no III, 3, 4: “... e este río vén do pais dos Celtiberos e Vacceos e o Bianis (que outros chaman Minio) segue a este e é o máis grande dos ríos da Lusitania, navegable 800 estadios... Na súa desembocadura hai unha illa e dous peiraos que teñen fondeadoiros...” (en ROMERO MASÍA, POSE MESURA 1988, p.31–33) Segundo eles, e facendo caso a Estrabon, o río Miño ( Minio ou Bainis ) sería navegable aproximadamente ata a confluencia do río Sil94. Este dato vennos a demostrar que sería navegable ata a unión dos dous ríos, é dicir, ata os Peares. Jaime Delgado (DELGADO GOMEZ 1997, ver nota 7, p. 40) tamén cre posible que esa navegabilidade continuase polo río Sil ata o val de Quiroga e poder embarcar así os minerais extraídos das minas de Montefurado e do Courel95. O apunte de Estrabon, de tódolos xeitos, non nos é tan valioso para saber cal era a extensión do treito navegable, senón mais ben o feito en si de que o Miño fose navegable. Polo que respecta á segunda fonte escrita que temos data de finais do século VI, pero aparece recollida nunha obra publicada no ano 1796 (RISCO 1992, p. 341–347). Trátase do contido do documento do II Concilio de Braga, celebrado baixo o reinado suevo do rei Mirón, fillo de Teodomiro. Neste documento confírmanse e delimítanse os condados que son propiedade episcopal e que no Concilio de Lugo do ano 569 só se mencionaban. O territorio adxudicado ó condado do Páramo (Comitatus Paramienses, pp. 346–347) aparece delimitado neste texto: “…concludens Castrum Quitar usque influmine Sile Portu Polumbari.” Traducido diría así: ... remataba no Castro de Guítara ata a desembocadura do Sil no Portu Polumbari . Esta fonte demóstranos así que nunha época moi temperá – finais do s. VI, un século despois da caída do Imperio Romano –, esta lugar chamábase, e probablemente seguíase chamando, Portu Polumbari, nome sen dúbida moi evocador. A forma latina de “pomba” é columba, pero tamén se emprega o termo “palumbes” para referirse a unha pomba torcaz. É desta segunda forma de onde sen dúbida procede o nome que se lle deu ó Portu Polumbari no latín medieval. Hoxe en día aínda subsiste para referirse a diferentes pobos desta zona este macrotopónimo con algunhas variantes debido ó proceso evolutivo do latín na Gallaecia. Temos así a parroquia de Pombeiro, Penapombeiro ou a Barca de Pombeiro, facendo sen dúbida referencia a un sinxelo paso fluvial.

94 Para eles non cabe dúbida de que o Minius é o Miño, algo que nós tamén compartimos. Algúns autores (P. FLÓRES, España Sagrada, XV, p. 40) identifican o Miño co Sil baseándose nunha simple coincidencia de carácter etimolóxico. 95 A nós parécenos moi estraño que estes materiais mineiros veñan Sil abaixo cando seguramente lles fose máis fácil e seguro levalos directamente a Asturica onde estaba o Procurator Metallorum.

126


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Para rematar e facer así unha pequena recompilación do dito ata agora cremos que a presencia da ara ós Lares Viais semella ser un claro indicio de que Temes estaba dobremente comunicada e tiña tamén preto un pequeno porto fluvial. A inscrición granítica está insertada na parte máis alta do muro Norte da Igrexa, xa no presbiterio. É un gran bloque rectangular de 1, 07 metros de largo por 0, 27 de alto e o seu campo epigráfico ten 0, 90 ms. Por 0,16 96. Un reborde funicular recorre toda a peza, e dentro del aparece esta lenda escrita nunha soa liña: FIDES SPES CARITAS. As letras son capitais de tipoloxía monumental cadrada romana, e o artista amosa unha moi boa técnica epigrafista e un coidadoso acabamento dos caracteres. Este título para esta peza ten un contido cristián claro e é un símbolo que se repite moito nas lápidas sepulcrais cristiás das primeiras épocas97. Jaime Delgado (DELGADO GOMEZ 1997, p. 96) ofrece para esta peza unha datación en torno ó 1ª tercio do século IV. Nós temos serias dúbidas sobre a datación que dá este historiador. Sen dúbida, o cordón sogueado que enmarca esta peza lévanos a propor unha datación altomedieval, concretamente na época visigoda98, pero desta época temos unha inscrición de consagración da Igrexa no s. IX e certamente as diferencias son notables no tocante ó deseño e perfección do artista, sendo este último máis tosco e rudimentario – non segue un eixo de simetría polo que non aproveita ben o espacio, o tamaño das letras é desigual...–, contrastando claramente coa elegancia e perfecta execución do primeiro epigrafista. A pesares disto, temos que recoñecer que tamén encontramos semellanzas moi reveladoras entre algunhas letras (sobre todo os A e os S) das dúas inscricións. De todos os xeitos, de confirmarse a datación proposta por Jaime Delgado, esta tabella converteríase no documento epigráfico mais antigo da actual Galicia, colocando nun 2º posto a que ata agora se considera a inscrición mais antiga de Galicia, a estela funeraria de Tins, hoxe no Museo Arqueolóxico da Coruña, datada aproximadamente sobre o ano 400. En canto a súa función Jaime Delgado cre que era unha especie de friso no muro principal do edificio que acollía o sartego do que falaremos máis adiante. O sillar esculpido cunha pomba é de pedra e atopábase formando parte da parede exterior do muro Norte da igrexa, coa cara esculpida cara fóra, polo que o párroco prudentemente decidiu trasladala a onde hoxe se atopa, no mesmo muro pero na parede interior. Trátase dunha peza pequena de gran fino e duro. Ten unha cor esbranquizada parecida á cor doutras pedras dispostas por todos os muros da igrexa, pero sobre todo, pola parte esquerda da porta meridional99. 96

As medidas están sacadas do libro de Jaime Delgado (Na Obra Citada ver nota 7, p. 91). A nos foinos imposible obtelas debido á altura na que se atopa a peza. 97 A FIDES simboliza a fe na que viviu o defunto, a SPES a esperanza de chegar ó Paraíso e a CARITAS e a caridade coa que a alma se une a Deus. 98 Son desta época gran número de pezas soltas atopadas na igrexa: dous modillóns, un de mármore e o outro de granito que seguramente foi unha ara (reutilizados da antiga construcción), un gran cimacio que hoxe serve de auga bendita (tamén cun adorno funicular), ou unha cruz esculpida nunha pedra. 99 A reconstrucción da igrexa actual data do ano 1776. Nesta obra, reaproveitáronse moitas pedras doutras construccións primitivas, sexan romanas, visigodas ou baixomedievais. Atopamos por isto, na fábrica actual, muros de certa calidade a base de sillares grandes de regulares, coma outros feitos cachotería de pequeno tamaño e moi irregular.

127


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

A representación da pomba sobresae do resto da pedra, que logo foi desbastada. As dimensións desta pomba son de 18 cms. de longo por 12 cms. de alto. O seu debuxo é moi esquemático e sinxelo, sen dúbida de factura local. A significación relixiosa da pomba de Temes é analizada por Jaime Delgado (DELGADO GÓMEZ 1997 pp. 71–90). Segundo el, a pomba é un tema moi recorrente na arte clásica romana, xa que era un elemento decorativo de gran contido simbólico, porque representa ó Espírito divino ou a Cristo no Paraíso. Ademais, o feito de representala nunha superficie plana e sen ningún adorno ou decoración, tamén lle recorda a outras representacións romanas. Este arqueólogo cita diversos monumentos funerarios paleocristiáns onde aparece representada unha pomba: o Sartego de Quintana–Bureba (datado a finais do s. IV) e tamén o sartego do Neno Itacio (datado por Palol entre os ss. V–VI). Outras pezas graníticas encaixadas nos muros son fragmentos de dúas columnas graníticas de 21 e 25 cms. de diámetro, unha é de cor vermella e ten forma ovoide, no extremo da única parte visible ten un burato posiblemente feito para encaixar mellor o outro fragmento de columna. Por último, hai outra que se atopa exenta dentro da igrexa formando parte desa pequena “colección” que ten exposto o señor cura, d. Segundo Capón100. Trátase dun bloque monolítico de granito que nas súas orixes debeu ser sen ningunha dúbida unha ara romana, aínda que hoxe atópase moi deformada e mutilada. Non sabemos o seu lugar de procedencia, nin as súas medidas. É unha ara exenta moi sinxela que segue un modelo clásico: ten unha parte superior saínte e decorada con tres molduras ou listeis escalonados. O dado que serve de campo epigráfico é mais estreito. A base tamén sobresae, como a cornixa, pero non ten ningún elemento decorativo. Cremos que esta ara era anepígrafa, ou no caso de conter algún texto ou letras é imposible a súa lectura, debido quizais ó desgaste pola erosión ou tamén a que puido ser borrado intencionadamente. Xa apuntamos ó principio que se atopa moi transformada, redecorada seguindo un estilo visigodo, e que seguramente fose empregada como modillón ou ménsula no edificio do s. IX. Esto todo é o que temos de vestixios arqueolóxicos con función arquitectónica de granito. En canto os restos marmóreos, a principal peza é a tampa do sartego paleocristián é o noso “fósil director”, a nosa guía que nos serve para identificar e datar as diferentes pezas atopadas e determinar así a etapa histórica concreta na que podemos encadrar o complexo arqueolóxico de Temes. Esta tapa foi descuberta, unha vez mais, por d. Segundo Capón cando desencalaba os muros interiores da igrexa. Hoxe aínda se atopa incrustada na parede formando o muro que separa a nave do presbiterio, é dicir, por riba do arco triunfal. Trátase dunha peza monolítica (aínda que esta fragmentada por dous sitios) de forma rectangular, feita dun mármore de gran moi fino e esbranquizado. 100 Dentro da igrexa, o párroco tamén ten almacenados nunha esquina do altar, debaixo do retablo barroco, restos de mármore e ladrillos (pedales) que vai atopando dentro e fóra do templo. Outros foron encontradas nas pequenas escavacións que se fixeron no chan da igrexa, segundo nos contou d. Segundo Capón. Algún deste material latericio tamén se atopa incrustado na parte exterior do muro Norte e no muro–altar que serve de apoio ó retablo.

128


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Desta tapa só é visible o seu frontis ou ática insculturada porque a parte plana que cubriría o corpo do sartego está empotrada no muro do arco triunfal. A parte frontal mide de longo 2,14 metros e de alto 0,25, sendo o seu grosor duns 10 cms. na parte superior e 12 cms. no punto de unión coa parte horizontal (Jaime Delgado, 1997, p. 108). Desta última parte non temos datos sobre a súa anchura. Helmut Schlunk (SCHLUNK 1977, p.194.) e Nicanor Rielo Carballo (o.c. na nota 1) apuntan que se trata dunha tapa a dúas augas, ou sexa, ática, pero esto é un erro porque non ten nada que ver que sexa a dúas augas con ter ática. Jaime Delgado non comparte esta idea e cataloga esta tapa como plana101. Nós tamén compartimos a opinión deste último autor, polo que se trata entón dunha tapa plana e non ática. Divídese en tres compartimentos con enmarque de listonciños, sendo o seu campo útil de 35 cms. de longo por 15 cms. de alto. No centro atópase a tabella, neste caso anepígrafa, xa que non se conserva ningún resto gravado nin esculpido, se acaso, pictórico, aínda que non temos indicios. No centro ten unha rotura.. En canto á temática esculpida, na súa dereita (esquerda do espectador, polo tanto) represéntanse dúas escenas bíblicas: O Misterio da Adoración e o Pecado Orixinal. A esquerda da tabella represéntase o ciclo de Xonás. Hai ademais dúas pilastras, que nós cremos que son idénticas; unha delas aínda se atopa embebida na parede interior do muro Sur do presbiterio sendo visible só un lateral. Está mutilada e fragmentada en dous anacos (aínda que non cremos que falte ningún), o máis grande de 1, 05 metros e o outro de 0,37, formando polo tanto unha pilastra de 1,42 metros de longo. Tamén non se conserva a parte sobresaínte do único lateral visible, xa que foi repicada para que non sobresaíse da superficie plana da parede. A outra pilastra é hoxe mesa do altar. Nun dos seus extremos atópase fragmentada, pero presumiblemente cremos que a parte que lle falta non é moi grande se a comparamos coa outra pilastra, porque mide 1,35 metros fronte a outra que mide 1,42. A parte saínte mide 25 cms. de ancho por 8 cms. de espesor, e a parte mais ancha 40 cms. de ancho e 6 cms. de espesor. Cremos posible que unha destas pilastras pertencesen ó capitel que se atopa debaixo do altar, certamente, as medidas de ambos son bastantes proporcionadas e tamén a textura e cor do mármore das dúas pezas son moi parecidas102. A presencia de todas estas pezas de mármore fan arquitectonicamente imprescindible a existencia doutras pezas que, aínda que hoxe en paradoiro descoñecido, formarían parte dunha mesma construcción. Botamos en falla, polo tanto, un capitel circular xemelgo do que está debaixo do altar, outro xemelgo para a outra pilastra e un par de pilastras para os capiteis exterior. En canto ós capiteis verémolos xa directamente na contextualización e interpretación.

101 (DELGADO GÓMEZ 1997 pp. 103–104). El tivo a oportunidade de comprobalo na igrexa e tamén no ano 1991 esta peza estivo nunha exposición, polo que cre non debería haber ningunha dúbida para catalogar a súa cuberta. Para telo aínda mais claro na p. 104 fai un debuxo dunha tapa como a de Temes. 102 (DELGADO GÓMEZ 1976, núm. 3–4 p. 30). Nesta obra apunta que estas pilastras puideron pertencer ó sartego paleocristián.

129


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

INTERPRETACIÓN E CONTEXTUALIZACIÓN DO XACEMENTO O emprazamento de Temes, tanto o igrexario como a zona circundante, a nivel xeográfico xeral, sitúase sobre un esporón de moderada ou pequena elevación (duns 480 m. s.n.m.). Temes está orientado ó Leste, cara os dous ríos (o Búbal e o Miño, o que non chega a ver) baixando suavemente en ladeira cara o val que forma o río Búbal, e a partir de aquí, descorre nunha acusada pendente determinada en gran medida por ese accidente xeográfico.Esta ubicación dota a este lugar dunha privilexiada situación de control sobre a importante encrucillada de camiños e ríos que son os Peares, onde conflúen os dous ríos anteditos e o Sil. Ademais, ó estar situado nunha zona levemente inclinada, está moi ben abrigado pola súa banda occidental. Pola súa conformación topográfica algúns autores (ARES VÁZQUEZ e Outros 1980, pp. 313) din que Temes lembra ós castros de ladeira ou esporón de media montaña e que etimoloxicamente Temes ten orixe indíxena. Segundo eles, este castro seguiría ocupándose na etapa romana e un personaxe romano e cristián, residente no poboado indíxena, mandou facer en Roma as pezas para o seu mausoleo. Nós, con respecto as súas orixes, non dubidamos da raíz indoeuropea de Temes, pero a suposta ubicación da igrexa nun castro de ladeira moi desdibuxado parécenos moi dubidosa – que saibamos, non apareceron nin hai noticias de restos mobles neste lugar –. Para nós, o castro arqueolóxico mais claro é o Castro da Roda en Campos (TdL91), resultando moi difícil supoñer que aproximadamente a menos 1000 m. de distancia de Temes existise outro poboado coetáneo similar, tendo en conta tamén a proximidade do Castro de Carballedo (TdL 92) de clara factura prerromana. Ademais, contamos cos achados soltos que aínda que insuficiente, consideramos moi valiosos para probar unha etapa romana no castro da Roda (TdL 91), como o son cerámica común e fusaiolas romanas. Polo tanto, e rescatando a idea citada no último párrafo do apartado anterior ¿pode ser o Castro da Roda, xa romanizado, o lugar onde viviría ese militar romano que encarga a Roma as pezas para construírse ese mausoleo? A nós parécenos unha teoría moi aceptable, aínda que certamente parécenos pouco probable que un personaxe tan importante habitase nun poboado castrexo e non se fixese construír unha acomodada casa de campo, ou sexa, unha villa103. Para afirmar esta hipótese podemos pór como exemplo, entro os moitos, o caso ourensán do asentamento de Santomé, onde ós pés dun castro tardío xa romanizado, situado nun alto e ben defendido e fortificado, sitúase unha villa que posúe todas as características para definila como tal, con funcións agropecuarias e residencias probadas, que se cre pertence a un importante militar retirado. De tódolos xeitos, non desbotamos tampouco a existencia dun sistema complementario entre castro–villa nunha etapa tardo romana, onde o primeiro asentamento serviría de habitación, de defensa e mesmo de estabulación ou outras actividades económicas, mentres que a villa se constitúese no elemento de uso “señorial” e refinado. O que si está claro é que a existencia de numerosas pezas arquitectónicas, xunto cunha pequena ara adicada ós deuses Lares Viais suxírennos a presencia dunha construcción romana, sexa unha villa ou un mausoleo – do que sen dúbida temos mais 103

Tamén coido importante recordar que nós atopamos na igrexa ladrillos de factura romana que tamén puideron formar parte desta hipotética edificación.

130


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

indicios para crer na súa existencia –, ou ben as dúas construccións e, polo tanto, dun pequeno grupo cristián en Temes xa a comezos do s. IV. Por unha parte, a ara e o mausoleo, son fieis e complementarios reflexos de que polas súas inmediacións pasaba unha vía, aínda que fora de carácter moi secundario. Xa é sabido que a tradición romana levantaba sempre os mausoleos dando ás vías públicas para atraer así a atención do viandante que ó ler así –e case inconscientemente– os títulos dos defuntos, estes eran recordados. Tamén as aras ós Lares Viais eran colocadas á beira dos camiños para demostrar así a todos os viandantes que a protección pedida ós deuses fora eficaz. Este camiño local quizais sexa a estrada que pasa por Temes e que tamén pasa polo castro da Roda ata chegar ó castro de Carballedo, mais lonxano, ó mellor, esta estreita estrada xa foi un camiño indíxena para comunicar estes asentamentos e logo foi empregado en tempos da romanización. A reconstrucción deste hipotético mausoleo foi feita por Jaime Delgado (DELGADO GÓMEZ 1997 p.156–160) baseándose noutros monumentos funerarios contemporáneos a este e dando a cada peza a súa posible función. Tería planta rectangular e na entrada situaríanse un par de capiteis (do que só coñecemos un ) coas dúas pilastras de mármore que están dentro da igrexa. Por riba da porta, a modo de friso, iría a inscrición FIDES SPES CARITAS. A fachada estaría coroada por un frontón, onde estarían empotrados o símbolo da pomba e tamén dunha palma esculpida nunha pedra granítica. O interior sería abovedado e os capiteis con columnas sustentarían os arcos faxóns da bóveda semicircular. Na cabeceira do mausoleo situábase o sartego. Tamén podía haber un pequeniño ábside con muros coroados polos dous capiteis rectangulares que se atopan hoxe no exterior da igrexa. Un punto importante á hora de tratar o complexo de Temes e a procedencia e datación da tapa do Sartego e o resto de pezas do antigo mausoleo. Para poder falar de datas temos que analizar sobre todo as súas características estilísticas, porque o estilo da tapa refírese tanto á temática escollida como a técnica empregada para efectuar esa temática e as dúas son indiscutiblemente exclusivas e froito dun período de tempo histórico determinado e concreto. Ese tempo é o que nós temos que pescudar. Para este estudio temático cremos necesario nomear outros sartegos ou fragmentos de sartegos paleocristiás saídos de talleres romanos que se atopan en España104 e que conteñen as mesmas escenas esculturadas na nosa tapa de Temes, e que nos axudarán para saber a súa posible procedencia e datación. Polo que respecta a 1ª escena, referente ó Misterio da Adoración, temos en España tres monumentos paleocristiáns que recollen case o mesmo modo de representar este tema,

104

Un estudio destes sartegos atopámolos en SOTOMAYOR 1975. Sotomayor establece unha lista cronolóxica para delimitar así a etapa preconstantiniana, que abarcaría desde os ano 305–312, a protoconstantiniana situaríase entre os anos 312–320 e a constantiniana iría desde o 315–335 (tamén recolle outras épocas posteriores pero nelas non se recolle ningunha temática igual cá de Temes).

131


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

aínda que hai que admitir, que existen sempre particularidades que individualizan cada obra e cada artista.Todos están datados entre os anos 315–320 ata os 340–350105. A escena da Xénese do pecado de Adán e Eva témola en 6 sartegos, aínda que nos é imposible establecer calquera comparación porque a nosa está moi mutilada (Ver Arriba). O ciclo de Xonás está representado en tres casos. Este tema aparece esculturado na fronte dun sartego de Córdoba (SOTOMAYOR 1975, nº 20, p. 122, láms 5. 1, 33, 34, 35) da etapa constantiniana (330–335), nun pequeno fragmento dun sartego de Sevilla (Los Palacios) (o.c. nº 21, p.129, lám. 10. 1), datado entre anos 330–335; e por último o ático da tapa de Martos (o.c. nº 27, p. 148, láms. 5. 3, 36), datado entre os anos 335–340. Polo que respecta á técnica empregada na tapa de Temes é moi similar o das tapas do grupo constantinianas citadas anteriormente. A pesares de que o estado ruinoso das escenas non nos permite realizar un gran estudio do modo de efectuar esa temática, albíscase claramente o trato da vestimenta das figuras, os pregues negativos que contribúen a crear efectos de realismo a través do xogo de luces e o claroscuro e a renuncia case total do artista a empregar o trépano, tan só para debuxar certas partes da cara e as mans. De todo isto, podemos supoñer que a nosa tapa de Temes tamén saíu de talleres romanos e foi logo exportada a Hispania. Temos tamén outro importante dato que nos fai confirmarnos aínda mais nesa teoría é que o mármore foi analizado polo enxeñeiro Mario Santamaría, profesor do Pontificio “Instituto de Archeología Cristiana”, e resultou ser mármore da canteira ateniense do Pentélico. En canto á datación Helmut Schlunk baseándose tamén en todas estas características estilísticas, data a tapa de Temes en tempos constantinianos, mais concretamente entre os anos 320–330 (SCHLUNK 1977, p.195). 325106.

Jaime Delgado considéraa de filiación protoconstantiniana, entre os anos 312–

Os Capiteis xemelgos empotrados nos muros exteriores, Norte e Sur, da igrexa. As medidas destes capiteis son de 44 cms. de ancho, 32 cms. de alto e de fondo ata as partes lisas laterais sobresaíntes uns 16 cms. Orixinariamente coroarían dúas pilastras, xa que polas rendixas do muro onde están ensambladas, pode verse no fondo, as lingüetas laterais que lle saen a cada lado para pegarse así ó muro. Os frontais e os laterais están decorados, pero a parte posterior é totalmente lisa posto que sería innecesario porque irían empotrados a unha parede e non sería visible. 105

(SOTOMAYOR 1975). Neste libro aparecen recollidas no nº 9, p. 73, láms. 2.2; no nº 15, p. 99, lám. 9 e no nº 33 p. 184, láms. 6. 2; 40; 41; 42 respectivamente. O 1º é unha caixa dun sartego que se encontrou en Layos pero hoxe está no Museo Federico Marés (Barcelona), figura co nº 9 no Catálogo do Museo de 1958. Sotomayor dátaa na etapa protoconstantiniana, entre o 315–320. O 2º trátase dun fragmento de tapa que se atopa no Museo de Historia de la Ciudad de Barcelona. Este fragmento, aínda que moi pequeno, mostra unhas similitudes moi acusadas co da tapa de Temes. Está datado na etapa constantiniana. O último é a caixa dun sartego que se atopa na igrexa parroquial de Castiliscar (Zaragoza), .datado entre o 340– 350. 106 (DELGADO GÓMEZ 1997, pp.101 e 146–147). Este investigador tamén fai un estudio comparativo da tapa de Temes coas tapas do museo do cemiterio de San Sebastián, o fragmento do “Cassale dei Pupazzi”, o operculum da catacumba de Marco e Marcelliano e o do cemiterio de Novaciano. Todas estas tapas considéranse preconstantinianas ou dos primeiros tempos da etapa constantiniana e para el ofrécenlle elementos idénticos ós da tapa de Temes.

132


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Os frontes, e en menor medida as partes laterais, foron intencionadamente repicadas e mutiladas para adaptalas e encaixalas mellor á superficie das paredes. tardía.

A pesares diso, estilisticamente poden considerarse corintio–romanos de época

Distínguense dúas ordes de follas de acanto nervadas e lixeiramente dobradas na punta; o ábaco ten tres pequenas incisións horizontais e sobresaíndo no centro, unha especie de florón. Non podemos dicir nada mais sobre eles con garantía. Os outros dous capiteis de mármore que temos atópanse no interior da igrexa e actualmente serven de “columnas” para soster a mesa do altar. Un deles, redondo, servía de soporte a un cimacio granítico de época visigoda transformado en pía de auga bendita. As súas medidas107 son de 28 cms. de diámetro na base e 42 cms. na parte superior, sendo a súa altura 35 cms. Atoparíase coroando orixinariamente unha columna circular, pero non podería tratarse da/s columna/s de mármore que se atopan no muro exterior porque esta ten só 24 cms. de diámetro (un anaco desta columna atravesa todo o ancho do muro ata ser visible pola parte interior do templo). Este está decorado por todo o seu contorno e segue un modelo corintio–romano similar ós anteriores. Ten unha dobre orde de follas de acanto nervadas e enroscadas na punta. Na 2ª orde saen uns arquiños decorativos, que apoian sobre uns singulares capiteis circulares, enmarcando as follas. O ábaco está decorado con pequenas incisións horizontais interrompidas por uns floróns ou rosetas. O outro capitel, que tamén se atopa debaixo do altar, foi tamén descuberto polo aínda hoxe párroco, cando aínda formaba parte do muro exterior Norte da igrexa pero coa parte lisa cara fóra. De aí foi extraído do muro e introduciuno no interior. Este é outro capitel que se unía a unha pilastra, coas tres caras visibles esculpidas e a parte posterior lisa. As súas medidas son: a anchura da fronte alta 38 cms. e o da base 24 cms.; a anchura dos dous laterais insculturados é de 11 cms. e 32 cms. a altura do capitel. grosor.

A parte lisa de atrás, ten 32 cms. de alto, 43 cms. de ancho e 8 cms. os do seu

O seu estilo é corintio–romano con dúas ordes de follas de acanto totalmente lisas e voltas na punta. Entre cada dúas das grandes follas da 2ª orde nacen outras dúas en forma de voluta totalmente enroscadas. O ábaco é liso excepto nas súas tres grandes frontes nas que sobresaen tres molduras. En canto á procedencia e a datación do resto de pezas marmóreas tamén é dificultosa. O mármore das dúas pilastras tamén foi analizado polo enxeñeiro Mario Santamaría, de Roma e resultou ser “cipolino grego” das canteiras de Caristio. Jaime Delgado cre que dada a semellanza do mármore das pezas deben proceder todas desa mesma canteira (DELGADO GÓMEZ 1997 p. 67). 107

(DELGADO GÓMEZ 1997). As medidas destes dous capiteis e tamén as da tapa do sartego sonnos ofrecidas por Este autor que tivo a oportunidade de velas e medilas exentas e de preto.

133


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Nós rexeitamos por completo esa teoría, en primeiro lugar, porque para facer unha afirmación semellante nun traballo que se considera “científico” é estrictamente necesario que previamente todas e cada unha das pezas sexa analizadas e non catalogalas seguindo calquera tipo de analoxías. En 2º lugar esas analoxías das que este autor fala non son tan claras. Sabemos que existe unha gran variedade de mármore nunha mesma canteira en diversos lugares e circunstancias, pero aínda así, vemos entre as pezas de mármore diferencias moi notables. Confesando que non nos apoiamos en nada sólido, cremos que, a parte desas dúas pilastras analizadas, proceden desa mesma canteira de Caristio a lastra rectangular e o capitel que se atopa debaixo da mesa do altar,que ten o mármore de cor amarelo con vetas grisáceas (esta compra non é nada éstrana en Galicia, xa que a introducción de mármores foráneos está tamén testemuñado nos sartegos de Santa Comba de Bande e da catedral de Tui). Sen embargo, o capitel interior para columna, como os dous capiteis que se atopan na parte exterior dos muros da igrexa xunto co resto de columna/s parécennos mármore local, quizais das canteiras do Incio, porque a pesares dos terribles estragos intencionados e ós factores climatolóxicos, este tradicional mármore é dunha calidade moi inferior, sendo a súa textura áspera e areosa e o seu cor azul beteado . Polo de agora, sabemos que algunhas pezas están feitas de mármore grego, a outra incógnita é saber onde se lle deu forma esas pezas108. Seguimos movéndonos no terreo das suposicións pero cremos que as pezas que nos parecían de mármore grego foron talladas completamente en talleres romanos e exportados a Hispania totalmente terminadas, o mesmo que a tapa do sartego109. Todas se caracterizan pola excelente calidade do mármore, un elegante deseño de corte clásico e moi boa factura, así tamén como unha sobresaínte calidade técnica, que sería moi difícil encontrar en calquera traballo artesanal dun taller local da Gallaecia. Sen embargo, os capiteis exteriores e a columna, que xa apuntamos que nos parecían de mármore local si nos parecen feitas aquí, seguramente traballados en obradoiros de artesáns, deambulantes ou fixos, que seguramente tamén farían os capiteis tardorromanos de mármore do Incio expostos no MPL e cos que teñen moitas similitudes. En canto á datación, tendo en conta a estructura estilística dos capiteis (todos eles, aínda que con diferencias, responden ó estilo corintio romano de época tardo–imperial) e o feito case seguro de vir a Temes co sartego, hai que datalas no 1º tercio do s. IV. A outra pregunta que nos facemos é ¿como chegaron ata aquí estas pezas de mármore? Manuel Sotomayor (SOTOMAYOR 1975, p.230) apunta que os sartegos romano– cristiáns están esparexidos por toda España e case sempre preto das costas e das cercanías dos ríos. Schlunk (SCHLUNK 1977 p. 195 e mapa pp. 215–216) tamén opina que os sartegos paleocristiáns que foron exportados de Roma a España chegaron en barcos, e os que non se atopan en lugares próximos da costa foron transportados ó interior polos grandes ríos, como 108

(SOTOMAYOR 1975 p. 230). Sotomayor apunta tres hipóteses no referido ós talleres de fabricación e ó lugar de procedencia dos sartegos de Hispania. A 1ª posibilidade pode ser que a peza se fabricase completamente nun taller romano e fose exportada totalmente rematada, a 2ª é que a peza fose esbozada en Roma pero rematada en Hispania e a 3ª que a decoración se fixese aquí pero por mestres romanos. 109 Sería absurdo, ó noso parecer, transportar por terra ou mar, bloques de mármore de considerable peso á Gallaecia e que logo aquí unha parte importante converteríanse en material de desfeito.

134


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

o Ebro e o Guadalquivir, preto dos cales se atopan a maioría dos mesmos. Preto de Lisboa tamén hai tres sartegos romanos de mediados do s. III que deberon ser transportados por mar ata a desembocadura do Sado ou do Texo. Nas zonas costeiras do Atlántico e do mar Cantábrico non se encontrara ningún sartego paleocristián, polo que o descubrimento da tapa de Temes foi unha auténtica sorpresa110. Xa apuntamos anteriormente que Temes está estratexicamente situada case ós pés do lugar onde conflúen tres ríos, un deles polo menos navegable, e no que quizais existise un pequeno porto fluvial (teoría sustentada tanto por documentos escritos coma pola toponimia). Non sería moi estraño que a este porto, chamado Portus Polumbaris, chegase de Roma un cargamento de pezas de mármore destinadas para construír, cando menos, un mausoleo privado. Esta opción sobre o transporte parécenos moi aceptable, aínda que poden existir outras múltiples posibilidades. Por exemplo, Schlunk e tamén Jaime Delgado, tamén apuntan a posibilidade de que fose traída por un nobre do lugar colaborador cos reis leoneses na Reconquista, trouxérao seguramente de Astorga reutilizándoo para a súa sepultura111. Esta posibilidade non nos convence moito polo mero feito de que esta peza de factura romana non se atopa soa, senón que tamén apareceron na igrexa outras pezas soltas de tradición romana e paleocristiá. Defendemos polo tanto a existencia (cando menos) dun rico e refinado mausoleo destinado a acoller o sartego dun importante personaxe local, senón romano, fortemente romanizado. A existencia doutras construccións tampouco nos parece nada estraño.... Este mausoleo logo tamén serviría como oratorio cristián ou como igrexa doméstica de culto e oración. Destas pequenas igrexa rurais seguramente nacería a mais primitiva igrexa lucense, xa recollida no Parrochiale Suevum. Como xa apuntamos anteriormente, seguramente este mausoleo, quizais logo convertido en oratorio, foi reformado ou ampliado no s. IX e a última reforma data do ano 1776. Voltando a ese pequeno grupo cristián, probablemente un mini–foco, estaría formado, polo menos, por un señor romano e o conxunto da súa familia. Estes, podían ou vivir no castro, ou ben noutro asentamento tipo villae mais probablemente. Sen dúbida, este señor xa cristián, sería un home moi poderoso e importante, cun alto nivel cultural e poder adquisitivo para poder permitirse o luxo de encargar e transportar desde Roma tan rico cargamento de material marmóreo. Este personaxe quizais fose militar de alta graduación. Este cristián podía vivir nun poboado indíxena, xa romanizado – esta idea non nos parece moi acertada, porque nos parece moi estraño que un personaxe desa categoría habite nun castro – ou ben nunha villa rústica.

110 Na Gallaecia existen dous sartegos mais de etapa paleocristiá: o da catedral de Braga e o de Oviedo. Non pertence a este grupo o de Vilanova de Lourenzá (Lugo) porque é de factura aquitana, non romana, datado no s. VI. O Conde Osorio Gutiérrez trouxo de Francia no s. X. 111 Xa apuntamos na nota anterior un caso igual en Vilanova de Lourenzá.

135


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Esta última posibilidade parécenos moi posible, vindo a sumarse Temes a esas comunidades cristiás que aparecen en torno o val medio e final do río Sil, como é o caso de Quiroga, aínda que esta é un pouco máis tardía. Pero o mais importante é que na mesma igrexa de Quiroga atopáronse tamén dúas basas romanas e dous capiteis corintio–romano de mármore, datados na mesma época do disco. Así, a posible existencia dun mausoleo en Temes, lévanos a pensar neste edificio como expresión pública da fe dun personaxe poderoso e influínte, o que se traduce nun elemento de propaganda e atracción cara as filas cristiás. Polo tanto, é claro que as elites colaboraron na difusión do cristianismo nos medios rurais nunha sociedade polarizada e xerarquizada, converténdose en referente para a poboación. Este mausoleo seguramente foise convertendo nunha especie de oratorio ou domus ecclesiae onde se celebraba o culto e concorría a xente do lugar. OUTROS ACHADOS ROMANOS E OUTROS POSIBLES ASENTAMENTOS ROMANOS Despois de ver os enclaves romanos plenamente identificados na Terra de Lemos, temos que facer referencia a diversos achados de diferente índole que apareceron na nosa comarca e que testemuñan unha romanización e participación da Civitas Lemavorum no mundo cultural e material romano. A maioría destes achados foron casuais, co que non temos ningún contexto arqueolóxico onde ubicalos, e incluso a adscrición a un xacemento próximo – como por exemplo un castro – faise dificultoso. Nembargantes, algunhas pezas implican a presencia dalgún enclave plenamente romano, pero as simples prospeccións que realizamos non bastan para confirmar a existencia deles, co que resulta aventurado dar por feito a existencia dos mesmos. Faremos un breve repaso dos achados máis salientables, cunha descrición dos mesmos e as posibilidades da súa colocación do mundo romano. TESOURIÑO MONETARIO E FORNO DE S. XOÁN DE TOR– MONFORTE DE LEMOS Na parroquia de S. Xulián de Tor, ó pé do Castro de Eivedo (TdL 17) e pertencente ó concello de Monforte, apareceron entre os anos 1846 e 1850 diversas moedas de ouro – non sabemos que cantidade de Aureos pondo – do Emperador Nerón, cuxo mandato se produxo entre os anos 54 e 68 d.C. Posteriormente, xa no ano 1861 encontráronse outras moedas de prata metidas nun cántaro cerámico e o seu estado de conservación era bo. A maioría delas pertencían á época do Emperador Galiano, que dirixiu os designios do Imperio entre os anos 235 e 268 d. C. A apesares diso, poucas referencias seguras temos destes dous achados en S. Xulián. Algúns autores recollen as novas de que o tesouriño foi levado ó Pazo de San Xoán de Tor, e dende alí perdéuselle a pista. Hoxe en día o pazo é propiedade privada e constitúe un centro de reserva de caza e piscícola da Xunta de Galicia e na nosa visita para poder recadar máis informacións sobre estas moedas, non se nos permitiu o paso.

136


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

No mesmo pé do castro apareceron varias ánforas romanas e un forno cerámico romano construídos con ladrillos, e cun forte depósito de cinsa. O emprazamento do lugar prodúcese en terras baixas – 392 m/h – ás beiras dunha veiga fluvial moi apracible que atravesa un arroio. As terras son destinadas ó pastoreo debido a súa gran potencialidade agraria, gandeira e fluvial. Xunto a el existen varios nacentes acuíferos, entre os que destaca nas proximidades do pazo a “fonte dos tres canos”. A temperá e ampla cronoloxía que nos advirten as moedas, das que o seu paradoiro nos é descoñecido, a potencialidade da veiga onde se sitúa e o posible paso da vía Lucus Augusti – Dactonium, quizais aproveitada logo para o trazado da estrada comarcal entre Castillós e o mesmo Tor, débennos advertir da posible existencia dun enclave romano na zona, probablemente emprazado debaixo do castro a modo de casal ou pequena villae agropecuaria. O enclave, a primeira vista, tamén podería cumprir as funcións de mansio ou mutation – emprazamento ó lado da vía, potencialidade agraria e fluvial, nacentes de auga... – aínda que a proximidade con Castillós a faría un pouco inútil. Nembargantes, pola cronoloxía que nos aportan os aureos de Nerón, poderíase tratar tamén –en complementariedade– dalgún enclave aproveitado para a construcción, acondicionamento ou delineación da mesma vía militar con destino a Lucus con base no castro de Eivedo (TdL 17) e as súas proximidades. Sen dúbida, o interese da zona e do enclave concreto para o coñecemento do mundo romano é importantísimo, pero cremos que as esperanzas da súa explotación neste senso son nulas. A PONTE DE MONFORTE DE LEMOS – MONFORTE DE LEMOS Na propia capital da comarca lemava, atópase a ponte vella que cruza o río Cabe nun pequeniño meandro que se forma no seu leito ó cruzar a vila. O seu aspecto actual non se corresponde coa obra orixinal, xa que a factura que observamos hoxe é eminentemente moderna e na que a penas se pode intuír a reforma medieval da mesma. A reforma foi levada a cabo no século XVI polo mestre de obra Rodríguez de Remberde, que nos transmite a súa laboura reconstructiva do ... puente veijo y antiguo... (MOURE-MARIÑO 1997, p.47). Segundo a maioría dos autores non hai dúbida sobre os seus cimentos romanos (MADOZ, AMOR MEILÁN en VÁZQUEZ, G. 1990, p. 85). A ponte cumpriría a función primordial de atravesar o río Cabe e estaría incluída na vía secundaria, máis que terciaria, que uniría a vía de Lucus con Bracara (por Ourense) coa vía XVIII á altura de Foro – A Cigarrosa ou Rúa de Petín – a traveso de Barxa Lor, cruzando tamén a súa ponte romana, de Quiroga atravesando o Sil e cara as Terras do Bolo. O trazado completo iría dende os Cóbados de Belesar por Castillós, Monforte, Barxa Lor, Quiroga e A Rúa. Nin no núcleo urbano nin nos arredores de Monforte temos algún dato da aparición dalgún achádego arqueolóxico, nin sequera descontextualizado do mundo romano ou castrexo. Esto sería ilóxico se pensamos na vila monfortina como a capital tradicional dos

137


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Lemavi citada por Ptolomeo (PTOLOMEO II, 6, 25), Dactonium, e que numerosos autores colocan na capital da actual monfortina112. Se ben creo que quedou o suficientemente explicada en anteriores epígrafes (Ver Castillós) a nosa teoría acerca do posible traslado toponímico e de capitalidade dende Castillós a Monforte, nembargantes cremos oportuno facer aquí algunha matización máis en canto á formación da vila condal. No primeiro termo, temos que repetir que non hai referencia material de ningún tipo, agás a ponte que cruza o Cabe –e xa sabemos no estado de indiferenciación no que se encontra– que nos leve a pensar no posibilidade dun poboamento ou fundación antiga da mesma vila. Por outro lado, tódalas referencias que se teñen ó Castrum Actonium ou Castro Luctonio referido a Monforte de Lemos son mencións altomedievais non anteriores ó ano 915 (non cremos necesario volver a reflexar aquí os textos medievais). Creo que tamén deixamos claro que dubidamos das mencións de Dactonium como un castro, xa que nin Plinio nin Ptolomeo referencian a capital dos Lemavi a un núcleo castrexo, cando noutros casos non tiveron ningún impedimento en facelo como no caso do Castellum Tyde. A pesares disto, tódolos autores antes reseñados (Ver Nota 137) centran Dactonium no monte de San Vicente do Pino, onde hoxe se encontra o mosteiro medieval de San Vicente do Pino (Ver GARCÍA RUBEN 1952) e o castelo dos condes de Lemos. Nós volvemos a insistir na nosa teoría de que, anque o monte de S. Vicente do Pino garda todas as características tipolóxicas castrexas (forma de castro, boa visibilidade ...), non apareceu nel ata a data nin un vestixio castrexo–romano, o que resulta bastante estrano se temos en conta a importante remoción de terra que supuxo a construcción do mosteiro e do castelo. Como xa sinalamos no caso de Castillós, cremos que nalgún momento, entorno ó século VI ou cecáis máis tarde, o núcleo de San Vicente desaparece113 e pasa ó entorno da ponte de Monforte, producíndose tamén un traslado da “capitalidade”, feito non pouco habitual no mundo alto e baixo imperial114, ocupando o curuto do monte onde se erixe o mosteiro de San Vicente do Pino no século IX. Polo tanto, e ó abeiro dos datos, concluímos que a vila actual de Monforte non contou cun núcleo habitado en época prerromana nin romana. A construcción da posible ponte romana debeuse producir durante os séculos I ou II d.C ou ben nas reformas viarias durante o Baixo Imperio –fins do s.III e principios do IV– sen poder precisar mási neste aspecto. Quizais púidose levantar algún pequeno núcleo viario romano no entorno da ponte, cecáis unha pequena mansio ou mutation, pero os castros máis próximos témolos que buscar no Castelo Grande (TdL 3) e o Castelo Pequeno (TdL 4), situados a tan só un

112

Son numerosos os investigadores que cren, non sen probas, que Monforte ten un núcleo orixinario castrexo e que se corresponde con Dactonium. Citaremos algúns, que na súa defensa temos que dicir que a penas coñecen a potencialidade do xacemento de Castillós: Amor Meilán, Germán Vázquez, López Cuevillas, Fraguas Fraguas ou mesmo Fermín Bouza–Brey Trillo. 113 ¿Tal vez asociado ás invasións bárbaras e a suposta destrucción dunha parte da villa, onde apareceron restos humanos queimados como sinalaba Chamoso Lamas nas súas escavacións? (CHAMOSO LAMAS 1958–59, p.215) 114 Xa se comentou o cambio de nome da sé episcopal na entrada da alta Idade Media sufrida por Aeminium (actual Coimbra) en pos de Conimbriga (actual Condeixa).

138


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

quilómetro de Monforte e de clara cronoloxía romana e medieval, ó menos no segundo caso115 (XUNTA DE GALICIA 1997, p. 41).

Figura 4.- Plano da reconstrucción moderna da ponte de Monforte de Lemos.

ESTELA DE SEOANE ATÁN – FERREIRA DE PANTÓN No lugar de Seoane de Atán, no concello de Ferreira de Pantón, ó Sueste da Terra de Lemos, apareceu aló polo ano 1990116 nun campo de labor unha placa de granito moi fino con relevos polas dúas caras e de senso romano. O achádego fortuíto, atopado por uns veciños ó labrar na súa finca, foi logo constatado polo profesor Colmenero –encargado do seu estudio (1993 p. 384 e ss.; 1994)– nas súas visitas (Ver nota abaixo), corroborando que a peza apareceu totalmente descontextualizada e sen atopar, ó igual que nas nosas visitas, indicio ou resto constructivo algún de material romano. A peza con decoración bifronte, foi feita en gran finoe apareceu fracturada polos seus tres lados excepto no dereito, sendo as súas dimensións 77 centímetros de longo, por 72 de ancho e 20 de fondo (VER FIGURA 20 no ANEXO I). Segundo as apreciacións de Colmenero (1993, 1994) o que se conserva da obra debeu corresponder ó corpo medio da estela, perdéndose o corpo superior e o inferior, onde iría a inscrición, como ocorre na maioría das estelas deste tipo, como a de Crecente (Ver comparación RODRÍGUEZ COLMENERO 1993 p. 340 e ss.; 1994). Tamén falta o lado dereito do relevo, co que descoñecemos o remate arredondado da obra. O seu anverso consta de dúas figuras decapitadas e sedentes vestidas con amplas túnicas de estilo romano con pregues ondulantes e pendentes, e cun certo desorde á hora de colocar as extremidades. As mans de ámbalas figuras apóianse nos seus xeonllos sostendo o que parecen páteras ou fontes –seguramente destinados ás libacións– que se mostran no seu regazo e se superpoñen ós pregues das togas, así coma tamén portan uns elementos cilíndricos de difícil identificación. A primeira vista, e ó estaren sen cabeza, non é fácil distinguir unha diferenciación do sexo das figuras, complicándose máis aínda se observamos as consideracións de Colmenero ó intuír a falta e/ou mutilación dunha terceira figura sedente, debido ós leves vestixios de pregues de roupas perceptibles no anverso. A presencia dunha terceira figura solucionaría algúns aspectos, xa que entón a representación sería probablemente dunha familia, formada por un home –a figura desaparecida–, a muller e a filla (segundo 115

Nalgúns casos, documéntase no cambio de Era a substitución dun castro prerromano ou romanizado coñecido polo topónimo de Castelo ou Castrillón Grande por un núcleo castrexo romano ou tardorromano denominado Castelo Pequeno ou similares (FERRER SIERRA 1996, p.392). Neste caso, o núcleo de Castelo Pequeno á beira de Monforte, ten materiais romanos soltos, cerámica, tégulas e ladrillos, coma constructivos como esquinais e mesmo un Corpus. Tamén son bastante abondosos os restos de material cerámico medieval. Conta a súa vez cunhas inmellorables características defensivas e de vixía, cuxa función parece ter sido fundamental no control da chaira de Lemos, a modo de castronela defensiva que controla o acceso a Monforte polo Leste. 116 Aparecida a nova en prensa, na Voz de Galicia o 26 de Maio de 1991: “Una estela funeraria romana en Atán”.

139


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Colmenero), figuras probables debido á colocación en ángulo agudo das pernas e a ocultación dos seus pés debaixo da Sedis. Nós coincidimos co profesor Colmenero (1994, p. 78–84) en que falta outra figura sedente na peza á dereita do espectador, pero observando detalladamente a obra, sobre todo de perfil, pódese constatar a diferenciación de tratado da figura central, máis grande, voluminosa e tridimensional con respecto a súa compañeira, sobresaíndo máis do plano, polo que nós non dubidamos en identificala como unha figura masculina. Ademais, noutras obras semellantes (Ver RODRÍGUEZ COLMENERO 1993, p. 380–395) é habitual que as figuras masculinas se sitúen á nosa dereita, coma na de Adai ou na de Vilar de Sarria, nas que tamén existen diverxencias con respecto á súa sexualidade, pero coido que non hai ningún caso no que nunha representación de tres figuras o paterfamilias apareza descentrado, como corrobora a estela de Crecente. Cabe a posibilidade de que sexan un home e un mozo, pero sexa como sexa, parece claro que as habilidades do lapicida para marcar unha diferenciación corporal entre o sexo masculino e feminino non foron moitas, levemente gravadas nos rostros e tamén nas roupas, xa que a indiferenciación da vestimenta complica a identificación do sexo dos persoeiros. Este feito tal vez sexa atribuíble a súa temperá cronoloxía, polo que os indíxenas romanizados, que podían pertencer a núcleos castrexos, aínda non tiñan claro o modus vivendi romano. Nembargantes, queda claro na representación a actitude oferente/recibinte de ámbolos dous personaxes a un modo moi romano, aínda que non sabemos se a intención do autor foi esta. No seu reverso, represéntanse dous rexistros separados por un baquetón. Na parte superior esculpíronse no medio dous xinetes sobre monturas que marchan ó trote, demarcando un lixeiro escorzo. O cabalo de diante encóntrase fracturado, polo que corroboraríase a sospeita de que a estela está partida nese extremo do cabalo e polo tanto faltaría unha terceira figura do anverso. Recoñécense algúns detalles cualificativos da obra e da época, como pode ser a montura do cabalo, de senso romano, os escudos elipsoidais dos xinetes e os stygmatas triangulares das pernas dos mesmos, que se apreman contra o ventre do cabalo. No rexistro inferior atópanse un xabarín e unha lebre escapando de algo ou de alguén, plasmando o autor perfectamente a sensación de movemento. Polas similitudes coas outras pezas semellantes da zona Lucense –o denominado Grupo Lucense117 por RODRÍGUEZ COLMENERO (Ver 1993, p. 380–395)– a parte de atrás da peza representaría unha venatio vencedora da morte, a xeito de escena ritual funeraria. De todas elas, a de maior calidade, e por tanto a máis próxima ó mundo romano, é a nosa de Atán, xa que os trazos das figuras e a técnica do esculpido é de gran perfección e naturalismo, conxugado cun gran volume escultórico tendente case ó vulto redondo. Por exemplo, os cabalos son traballados á semellanza dos relevos en materiais nobres como o mármore, debido a súa nitidez de liñas (VER COMPARACIÓN FIGURA 20 e 21 no ANEXO I). Por ende, garda unha semellanza xeral con todas as demais pezas, pero destacan os vencellos que a unen á de Vilar de Sarria e sobre todo á de Adai, podendo corresponder a un mesmo taller e/ou officia. 117

Son seis exemplares variados os encontrados no antigo convento lucense: a de Vilamaior de Adai, atopada preto de Lugo, a de Vilar de Sarria, a de San Martiño do Río en Láncara, a próxima á Ponte de Neira no Corgo, e a de Cidadela e a recentemente aparecida de Crecente.

140


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

As semellanzas con outras estelas bifrontes da zona do Conventus Lucensis como a de Crecente preto de Santa Eulalia de Bóveda ou a de Santa María de Adai, e outras da zona meseteña do Noroeste e do Imperio (Ver GARCÍA Y BELLIDO 1972, p. 383) –dende Emerita á Narbona– fálannos dun xeito común de facer inscricións de presumible senso funerario. Así mesmo, cóntanse con abundantes exemplos de estelas, ben frontes ou bifrontes, que representan banquetes funerarios familiares maiormente con cabalos ou diversos animais no reverso, de senso parecido á de Atán118. A estela representaría o modo de vida “á romana” dos personaxes mencionados na obra, así como certos aspectos do seu lecer como a caza ou a monta a cabalo e a posible incursión no exército, tal vez, do paterfamilias. Non resulta fácil dar unha datación ós relevos, xa que tanto a súa aparición descontextualizada como as mutilacións do campo representado, poderían situar á obra tanto no Alto como no Baixo imperio. Nembargantes, o profesor Rodríguez Colmenero, observando as similitudes no tratamento dos brazos espidos e das roupaxes con outras pezas próximas –como a de Crecente (Ver RODRÍGUEZ COLMENERO 1994, p. 78–84)– e xunto cos escudos elipsoidais aparecidos tamén en relevo tanto en Clunia (GARCÍA Y BELLIDO 1974, p. 10 e ss.) como no Sur da Galia (PICARD 1954, fasc. 1 e 3) fan datar á peza entorno a fins da primeira centuria tralo cambio de Era ou nos primeiros lustros do s. II d.C. En cambio, noutros foros como no Museo de Lugo, onde se atopa exposta a peza (MUSEO DE LUGO, 2003), a datación avanza ata o século III d.C. basándose exclusivamente en razóns analóxicas con outras obras. Nós optamos polo tanto pola datación da peza no século I e II d.C., xa que existe a tendencia no Conventus Lucensis de realizar estas obras bifrontes, ó igual que sucede noutras zonas próximas ó mesmo, como as de Xinzo ou Vigo e tamén son de cronoloxía similar. Estas estelas conxugarían aínda certos caracteres indíxenas, como escudos, armas, aficións, antroponimia, etc. cun modo de representar unha iconografía e iconoloxía eminentemente latina, o que nos volvería a indicar un certo progreso da romanización xa en épocas temperás no Noroeste. Así mesmo, constátase a existencia de talleres escultóricos –tanto nas inmediacións de Lucus, como Bracara ou Aquae Flaviae– , que mediante cartóns importados adaptan as súas obras ó medio local con máis ou menos éxito. A obra pertencería ó chamado arte plebeo provincial (BIANCHI 1967, 1970 p.52 ou ACUÑA CASTROVIEJO 1976, p.65–72) que chegaría ó Noroeste hispánico xunto coa conquista, abandonando o ríxido esquematismo romano académico, para acercarse a un naturalismo, tal vez de raíz indíxena, bastante ben logrado. O que reflectiría este feito é a existencia nesta terra lemava duns demandantes podentes e plenamente integrados na vida e nos modos romanos xa dende un primeiro momento, pese ó posible indixenismo dos encargantes e o medio rural onde se atopan. Pese a que a súa aparición non nos aporta nada a nivel arqueolóxico, e tendo en conta que a maioría das aparecidas na Gallaecia asócianse a núcleos romanos, tanto vici como villae ou incluso un campamento coma o de Cidadela, non nos estrañaría a posibilidade da existencia dunha villae na zona, pese á falta de achádegos romanos. 118

A máis parecida á de Atán, segundo Rodríguez Colmenero, sería unha de Constantinopla que no anverso representa un banquete familiar e no reverso un cabalo axadrezado.

141


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Nembargantes, a estela, a falta de indicios materiais dun enclave romano, podería ser orixinaria do gran castro de Atán (TdL 61), situado a penas a 300 metros do lugar onde se atopou a peza, nun emprazamento alto e discernible e de posible cronoloxía prerromana con perduracións durante o século I e II d.C. Como vamos observando ó longo do noso traballo, o castro foi empregado tanto ou máis no mundo romano que no prerromano, co que non é descabelado pór como orixe dunha peza eminentemente romana o castro de Atán, cunha poboación á vez indíxena e romanizada, como por exemplo sucede no caso do relevo de Nocelo da Pena. Así mesmo o lugar de Seoane de Atán era un paso clave na vía que unía Dactonium con Ourense pola marxe esquerda do Miño, polo camiño que posteriormente na idade Moderna era chamado Camino Real o Viejo como o demostran a cartografía e as fontes escritas desa época (ver MADOZ 1845, Vol. VI, Ver abaixo Vías). ARA DE VILARIÑO DE FIÓN E POSIBLE ASENTAMENTO – O SAVIÑAO A casa de Turismo Rural de Torre de Vilariño, na parroquia de Fión, preto de Monforte de Lemos pero pertencente ó concello do Saviñao, conta no seu xardín cun fragmento de cornixa dunha obra anterior, labrada sobre unha ara romana de granito de gran fino. Do epígrafe orixinal só restan as grecas e os verdugóns superpostos da área do capitel nun dos seus lados, quedando o espacio da inscrición na cara interior da peza e que a labra das molduras da cornixa non violou.

Figura 5.- Ara de Vilariño de Fión (extraida de Herves Reigoso 2001, p.267)

As súas dimensión oscilarían entorno ós 60 centímetro de longo, por 44 de ancho e 20 de fondo, sendo as letras de boa factura capital de 6 centímetros de alto. O epígrafe está totalmente erosionado no contorno do granito e na banda dereita maiormente, pese ó cal Francisco Hervés propón a lectura (HERVES 2001, p.267): VALL[IUS] / SEVE[RUS] / VER[FONI] F...? / [E]X [V(OTO)] Traducido sería así: “ Valio Severo adicou este altar a Berón para cumprir un voto que fixera”.

142


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

A “F” final na parte dereita da terceira liña podería corresponder a un epíteto do deus e sería entón o segundo elemento do teónimo, ou tamén podía ser o verbo Fecit. Ante estas dúbidas, o que queda claro é que o deus invocado no epígrafe é unha variante do deus indíxena Bero, Breo, BeroBreo,Biberabreo ou Berrobreo, e que segundo Rodríguez Colmenero, desembocou na sincretización que deu coma resultado a divinidade indíxena–romana de Lari Deo, que podía nomearse conxunta ou separadamente. Temos exemplos desta deidade tanto no santuario do Facho de Donón coma na mesma cidade de Lugo, onde aparece con grafía V. Segundo as apreciacións de Francisco Hervés, que foi o que deu a coñecer a ara recentemente (HERVES 2001, en Larouco 2001), a orixe desta peza é o inmediato Castro de Fión (TdL 32). Pola nosa banda, sen desbotar esta orixe, denotamos a posible existencia dun enclave romano no lugar de Vilares ó lado do castro e onde se localiza a Torre de Vilariño. Cuevillas e Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 294– 295) anotan na súa prospección sobre O Saviñao o testemuño dun veciño sobre o achado nesta zona de Vilares de muíños de man, ladrillos, tégulas romanas e pedras labradas, pero que eles xa non puideron constatar. As nosas prospeccións tampouco foron propicias neste senso, pero polo emprazamento nun lugar chairo e aberto á veiga de cara o Miño e a súa potencialidade agrícola e gandeira, non é descabezado pensar na existencia dun asentamento rural romano, tipo villae posiblemente. ESTELA E ARA DE MOURELOS – O SAVIÑAO. En Mourelos, próximo ós Cóbados de Belesar e a posible ponte romana que os atravesaba, encontráronse dúas pezas de singular importancia para o coñecemento do poboamento antigo local. A primeira delas é un epígrafe desaparecido, pero coñecido polas referencias literarias (Ver IRG, II, nº 81) de difícil interpretación a causa da súa fragmentación e posterior perda. A peza apareceu nos cimentos da Igrexa Vella de San Xulián de Mourelos cando foi levantada para o seu posterior traslado o seu lugar actual, a uns 100 metros de distancia. A posible transcrición do texto según Tranoy, Le Roux e Arias Vilas na súa obra sería (IRPL nº 91): LOCV / EN ES / ES SIH Esta inscrición a penas nos indica nada, cecáis na última liña podería conter a fórmula funeraria H(ic) S(itus) E(st) S(it) T(ibi) T(erra) L(evis), pero non é máis que unha posibilidade tralo incomprensible do texto. Nas nosas prospeccións indicáronnos os veciños o emprazamento da igrexa e do cemiterio vello, non observando ningún indicio máis de material romano, unicamente dous posibles –anque moi dubidosos– sillares almofadados empotrados a modo de banco na parede dunha casa deste pobo, nin no antigo lugar de emprazamento nin na nova Igrexa de San Xulián (separada uns 100 m. da antiga), totalmente encalada e de factura moderna.

143


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Por todo isto supoñemos que a súa orixe debeu estar no contiguo Castro de Mourelos (TdL 37), a menos de 500 metros, e cunha cronoloxía aparentemente prerromana e romana119 si se confirmara a orixe indíxena da ara. No ano 1991 apareceu tamén a estatua dun “guerreiro castrexo”que hoxe se atopa en mans privadas e descoñecidas, polo que non puidemos vela e contamos polo tanto para a súa descrición só coa fotografía da peza no xornal, pero crremos que se trata dunha obra galaico romana. Trátase dunha pequena estatua pétrea de 54 cm. de alto, dos cales 25 correspóndense coa súa cabeza e 26 co corpo esquemático e a penas definido sendo máis unha silueta, maiormente nas súas extremidades cuns brazos pegados e case desapercibidos. Sobre os seus ombreiros destaca un groso e liso torques. En conxunto,esta peza encádrase na estilística da iconografía castrexa (CALO LOURIDO 1994). A súa gran cabeza destaca pola súa tosquedade, tanto na súa forma coma nos seus riscos faciais, con ollos circulares, a súa nariz ancha e a boca pouco pronunciada. Destaca tamén a total ausencia de barba e pelo, só resaltando ó torques do colo. Na súa interpretación cremos que hai que cambiar de rumbo dende a tradicional adscrición a “guerreiros castrexos” (como o “torso de Ármea” en Ourense), cara unha correspondencia con xefes do poboado, antepasados comúns ou persoeiros célebres no eido político e social máis cá no militar. Nesta mesma situación e interpretación encontraríanse a “Cabeza de Rubiás”, a “Cabeza de Ocastro” ou a “Escultura de Vilapedre”. O mellor exemplo destas figuras–xefe como a de Mourelos sería a figura “Sedente de Xinzo de Limia” sentado na súa cadeira ou trono. A estatua de Mourelos garda unha gran semellanza tamén coa “Escultura de Vilapedre”, a non ser polo marcado falo deste que o converte nun auténtico ídolo fálico e que posúe tamén un colar ou torques ríxido ó pescozo. A súa datación cinguiríase no entorno do século I d.C. e é curioso a cercanía desta peza coa Terra de Lemos, xa que se atopou no Castro de San Miguel de Vilapedre, en Sarria, lugar dos Suerri conveciños dos Lemavi. Estas figuras, por outra banda, puideron ser representacións de deuses, xenios tutelares ou figuras divinas, figuracións nacidas a traveso dos contactos con Roma, como no caso das “Tres deidades de Nocelo da Pena” en Ourense. Tódalas pezas nomeadas no párrafo anterior catalóganse cunha cronoloxía plenamente romana, entre o século I e II d.C. pese a súa inscrición totalmente castrexa. No noso caso tamén parécenos acertada a datación nos séculos I e II da nosa Era, pero un dato singular fainos variar un pouco esta cronoloxía: a realización dos seus ollos, cunha talla profunda, debeuse irremediablemente a un escultor que manexou o trepanum, aparello de taller eminentemente romano similar ás brocas especiais destinadas a taladrar materiais duros e consistentes, co que retrasaríamos a súa cronoloxía non antes do século II d.C. Estas obras enmarcaríanse no proceso romanizador que produciu un certo desenrolo castrexo potenciado pola mesma Roma, forzando a asimilación da poboación indíxena ós costumes romanos, como por exemplo, a conformación e representación de elites que traban 119

Na nosa visita ó castro case non observamos ningunha estructura debido á densa capa vexetal, aínda que se intuía na croa, a única parte non invadida nin arrasada, algunha construcción circular e un pequenísimo anaco de cerámica gris, posiblemente castrexa. O castro non ten grandes dimensións, debido tamén á destrucción e ocupación por novas casas, cunha empalizada térrea anterior cecáis a modo de antecastro, invadido hoxe por unha casa moderna que aproveita a entrada orixinal do castro e cunha croa á que se accede a través dun terraplén cortado a modo de camiño situada nun afloramento rochoso. Tamén foi posible a existencia de murallas pétreas hoxe reaproveitadas para as fincas e casas.

144


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

os lazos senlleiros e definitivos entre ambos mundos, introducindo ós Callaicos no modus político romano xa dende o nivel máis baixo, os dirixentes locais. Hai que recordar, que o castro encóntrase preto da vía que dende Dactonium, polas proximidades dos Castros de Fión (TdL 32), Aira da Vila (TdL 31), a Torre en Freán (TdL 26), o castro de Felón en Marrube (TdL 29) e o propio de Mourelos (TdL 37) chegaba ata os Cóbados de Belesar, onde se atopaba a ponte de Belesar –mergullada baixo as augas do novo encoro–, e se conserva un tramo duns 7 quilómetros fosilizado no seu entorno (Ver COSTAS FIGUEIRAS en VÁZQUEZ 1990, p. 79–82). Esta vía dende Belesar, que ademais conta cunha inscrición adicada ós Lares Viais –deuses normalmente relacionados cos cruces de camiños e os pasos de vías– enlazaría coa importante vía secundaria, que sairía de Lucus Augusti, atravesando Chantada e Ourense, e ó chegar a Aquis Querquernis dividiríase en dous ramais: un iría a Brácara e o outro a Aquae Flaviae (Ver Logo Vías). Nas proximidades de Mourelos, a uns 500 metros da igrexa actual, atópase o topónimo de Vilar nun terreo meseteño dirixido cara Belesar o que pode indicar, con tódalas precaucións que a toponimia nos aporta, o posible paso da vía por aí, e incluso un pequeno albergue viario. RELEVO PALEOCRISTIÁN E MINA ROMANA DE LICIN – O SAVIÑAO O achado casual na Igrexa de Licín, a un quilómetro do Saviñao, dunha plaqueta de mármore con decoración en baixo relevo e de posible adscricións tardoimperial, móstranos, unha vez máis, a escaseza das pezas romanas na Civitas Lemavorum pero a importancia e singularidade das mesmas. A obra deuse a coñecer dunha maneira fortuíta cando un veciño da zona, Antonio Varela, Catedrático de Bioloxía, observou a peculiaridade do relevo e a falta de sintonía coa cantería xeral do templo e comunicoullo ós bos coñecedores do patrimonio local, en especial, ó ex–alcalde do Saviñao, Enrique Pérez Losada120, que mediante debuxos e fotografías puxo en coñecemento a obra ós especialistas en temática paleocristiá, como Jaime Delgado, amplamente citado no noso traballo, e máis en concreto no caso da tapa do sartego paleocristián de Temes. A peza (VER FIGURAS 18 e 19 no ANEXO I), empotrada no esquinal esquerdo da cabeceira da igrexa a uns dous metros e medio de altura, non se pode sacar do seu emprazamento, pero pola súa descrición é facilmente encadrable no mundo baixo romano e xa imbuído na primeira gran expansión do Cristianismo, que a súa vez, parece ter na Terra de Lemos e nos seus arredores un importante foco de arraigo e culto. O pequeno bloque marmóreo de cor grisáceo e con vetas brancas, podemos catalogalo polas súas características como mármore local procedente das minas do Incio (xa coñecidas e explotadas no mundo romano como vimos no caso de Temes), tendo unhas dimensións aproximadas de 64 centímetros de longo e uns 20 centímetros de alto, mentres que de fondo consta duns 22 centímetros. Os motivos esculpidos na placa constan dun xarrón ou crátera de tradición romana esculpida na parte inferiror (dereita do espectador) do que surxen uns motivos de tipo vexetal que recorren toda a peza, interrumpidos no centro por unha flor. A orixe deste tema é eminentemente oriental, xa que se identifica ca temática dos Vasos Manantes referido a divinidades femininas relacionadas ca fecundidade e a natureza,

120

Aproveitamos este punto para agradecer a información e os comentarios dos seus achados e prospeccións deste bo amigo da arqueoloxía que nos deu a súa información de bo grado.

145


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

así como cun certo senso de deusas da ultratumba (RODRÍGUEZ COLMENERO 1993, p.469), co que non sería estraño que a peza pertencera a un contexto funerario–relixioso. Todo o conxunto recorda á decoración romana de ton vexetal aplicada tanto nas pinturas murais como nos relevos en diferentes materiais, moi comúns dende a época de Nerón. Estes temas vexetais son coñecidos como grutescos polo seu emprazamento na cúpula da Domus Aurea de Roma do propio emperador, que quedou soterrada por outras construccións, e posteriormente foron redescubertas no Renacemento, sendo un motivo xeométrico vexetal moi abundante na decoración das fachadas dos edificios renacentistas e similares, coñecido como Candilieri. Neste caso, as formas son máis planas e naturais, con certa tendencia ó esquematismo e cunha identificación plenamente romana. A utilización desta decoración testemúñase polo tanto dende o Alto Imperio, sendo asumida pola iconografía cristiá dende a súa gran expansión no Baixo Imperio, posteriormente continuada na Idade Media xa dentro dun contexto relixioso. Temos obras moi semellantes ó relevo de Licín en Galicia como a talla do mármore de Amiadoso (Allariz, Ourense) na súa facies romana (ten outra facies que data de época altomedieval). A feitura ó modo romano é a que corresponde en dúas das súas caras, unha delas estreita, a da fronte, e outra máis longa, un dos lados maiores. A fronte menor está decorada cun cráter ou kantharos, redondeado na súa panza e estríado no bico, de borde amplo máis un lintel ondulado. O motivo é moi semellante a nosa peza de Licín, pero menos esquemática, xa que os talos de vide, acios, paxaros e correolas están mellor traballadas e con máis relevo. Na outra fronte máis alongada, ten na metade superior do recadro uns motivos vexetais moi exuberantes, do que penduran froitos redondos e pequenos acios nos que peteiran dous paxaros. Algúns investigadores do tema datan este mármore ó redor do século I desta Era. Pola contra, para Rodríguez Colmenero a cronoloxía desta peza, que coido que podemos estrapolar á nosa, xa que se podería tratar dun gardavento paleocristián a modo de xamba, estaría entorno ó século IV, dado que a totalidade da decoración que ten e que podemos observar, encaixa perfectamente dentro dos esquemas decorativos romanos do século IV que o cristianismo adapta ós seus templos e sartegos (RODRÍGUEZ COLMENERO 1993, p.469). Outro mármore semellante a este de Licín é o de Saamasas, que se considera unha columniña de parteluz ou xamba de capitel e está ornado con folliñas incipientes e coroado por un ábaco, tamén é atribuíble a estas mesmas datas. Fóra de Galicia, no sartego paleocristián da catedral de Braga, pódese contemplar unha crátera moi semellante ás aquí expostas, así coma no sartego paleocristián de Bracara Augusta (Ver Arriba Temes). Por outra parte, son evidentes as relacións que se establecen cos rexistros arqueolóxicos paleocristiáns da Provincia de Lugo, como o profusamente comentado grupo de Temes (Ver Nota Anterior), o sartego de Lourenzá, o crismón de Quiroga ou mesmo os vestixios cristiáns de Castillós. Segundo o dictame do veciño Enrique Pérez, a igrexa de Licín foi reconstruída en varias ocasións datando a última factura de finais do século XVIII e principios do XIX, nembargantes, a súa maior lonxevidade aparece constatada no testamento do Bispo de Lugo, Odoario, no que se menciona un templo neste lugar no século VIII, de factura visigótica como parecen testemuñar algunhas pedras con palmetas e outros motivos

146


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

visigodos que forman parte da cantería actual da igrexa. A peza de mármore tivo que ser reutilizada xa nese templo altomedieval e logo nas sucesivas reconstruccións ata a súa ubicación actual no esquinal da ábside. Polo que respecta á función, esta peza podería corresponder a unha pilastra, a unha liña de cornixa ou baquetón ou incluso a un pé dun cancelo. Cremos lóxico pensar na existencia dun mausoleo paleocristián de época romana tardo imperial, semellante ó que atopamos en Temes, anque de menor calidade e magnitude, mais sen dúbida froito dun núcleo social culto, refinado e de certo poder adquisitivo, aínda que nós outorgámoslle unha cronoloxía un pouco posterior. Jaime Delgado vai máis alá e non descarta a existencia dun templo cristián de certa importancia sobre as localidades na zona –reflexando logo o seu esplendor pasado na existencia de tres igrexas en menos de 800 metros-, polo que a peza illada formaría parte dun grupo maior de pezas de paradoiro hoxe en día incerto. Sexa posesión de toda unha comunidade cristiá ou ben dunha única persoa, é curioso a localización desta peza fóra dun ambiente plenamente romano e quizais cristián. Pero como xa vimos noutros capítulos do noso traballo, a romanización, e logo a cristianización no Noroeste e máis no Convento Lucense, levouse a cabo dende o rural. A orixe da peza temos logo que buscala nalgún xacemento próximo; nas nosas prospeccións non observamos ningún indicio que nos levara a pensar na existencia dalgún hábitat eminentemente romano, ben agrupado ou familiar. Polo tanto, e sen descartar a posible existencia no pasado dun poboado aberto romano ou ben unha villae rural –non hai que esquecer o topónimo inmediato “a igrexa de Vilanova”– o, ou os, patrocinador/es da empresa debemos buscalos nos castros próximos a Licín, como o de Ribada–Illón (TdL 34) seguramente, ou o de Peago (TdL 35), que está un pouco máis lonxe. O castro de Ribada–Illón, situado a penas uns 300 metros da igrexa de Licín, móstranos o parecer, segundo testemuño de Enrique Pérez Losada e a nosa propia visita, certa importancia, magnitude e cronoloxía prerromana, alto e baixoimperial, posiblemente relacionado ca explotación mineira de ferro da Mina de Licín –prospectada polo polifacético Enrique Pérez– e de orixe tamén romana, pese a un posible pasado prerromano. Na nosa visita ó castro e a suposta mina de ferro, puidemos corroborar a fractura nunha ladeira do monte a modo de explotación mineira primaria de ferro, e o amilladoiro de escorias e pedras extraídas da mesma formando un túmulo artificial ó pé da explotación e unha enseada de recheos cos materiais arruinados na mina. Móstrasenos coma un castro de gran entidade e importancia, cuns eixes centrais duns 140 por 120 metros, cun antecastro de 10 metros de ancho e uns 40 de largo, e un recinto interior a modo de croa con materiais plenamente castrexos e con aproximadamente 0´4 Ha. A rocha nai granítica presenta aínda hoxe vetas de ferro, cunha pureza entorno ó 31% – segundo estudios realizados por Enrique Pérez e que amablemente nos mostrou– e obsérvase o vacío producido pola explotación mineira, cun socabón de 10 metros de ancho e varios metros de longo. Son claras tamén as abondosas zonas depositarias de material extraído entorno ó castro, así coma a mina de arxila ó seu pé que puido abastecer de cerámica o núcleo castrexo e o entorno. Polo tanto, teríamos un importante núcleo romano e romanizador na comarca de Escairón, baseado na explotación mineira do ferro na mina de Licín, e cuxo poboamento conformaríase mediante un hábitat castrexo romano, semellante ó sistema empregado no Val do Lor. A cronoloxía deste xacemento mineiro–castrexo é difícil de situar, sendo necesario ó menos unha pequena campaña de escavación, pero tendo en conta os datos para

147


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

os resto da provincia, non é descabezado pensar nunha explotación dende o século I–II d. C. en continuación á etapa prerromana. O máis probable é a existencia dun tardío mausoleo ou templo paleocristián, máis posible do século IV e V d.C., que puido coincidir ca mina e co castro coetaneamente. ACHADOS EN SAN FÉLIX DE LAXE – O SAVIÑAO No libro de Ramón Castro López (CASTRO LÓPEZ 1929, p.67) reséñase a aparición de numerosos vestixios na zona de Veleipán, na parroquia de San Félix de Lage, no concello do Saviñao. Nas prospeccións de Cuevillas e Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 287) afínase máis na localización e fálannos da aparición nunha finca distante 400 metros do castro do Val ou Pol (TdL 51), na paraxe de Veleipan, de varios muíños de man – máis de tres – e uns fustes de columna aparentemente romanos, xa que non lles foi posible recoller ningún. Nas nosas prospeccións tampouco puidemos atopar materiais nin indicios da existencia dun núcleo romano, pero debido á fiabilidade nestes casos da obra de Castro López (Ver Cita anterior) e os testemuños recollidos por Cuevillas e Fraguas (Ver Cita anterior) cremos axeitado deducir a existencia dun asentamento romano de certa entidade, posiblemente unha villae tardoimperial, destinada á explotación dos bos terreos agrícolas e cun posible senso viario pola proximidade ó paso da vía dende Castillós cara os Cóbados de Belesar, a través de Ferreira de Pantón e Saviñao, por Marrube, Saviñao e Diamondi. Tamén nun penedo próximo a esta finca, a uns 400 metros do castro, aparece un sartego antropoide escavado directamente sobre a rocha chamada Moimento. A súa tipoloxía semella ser Alto medieval, moi parecido ós aparecidos noutras zonas de Galicia, como no mosteiro de San Pedro de Rocas en Ourense, datables entre os séculos VI e VIII d.C. FORNO DE S. CECILIA DE FREÁN – O SAVIÑAO No termo municipal do Saviñao, na parroquia de Santa Cecilia de Freán, a uns 200 metros ó Noroeste do lugar chamado Torre, temos referencias de achados romanos de certa magnitude próximos ó castro de Freán ou da Torre (TdL 26), situado na parte alta dun monte de pouca altura – cota máxima de 565 m/h–. Castro López (1929, p.32–64), transmítenos a noticia da existencia dun paso subterráneo dende o Castro ó lugar veciño chamado Torre, que lle transmitiu o topónimo ó casal máis perto. Esta noticia folclórica dá paso á enumeración de certos restos aparecidos no lugar de Torre, que levan ó propio Castro López e posteriormente a Cuevillas e Fraguas (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 296–297) a falar da existencia dun forno cerámico romano que desapareceu polo seu mal estado de conservación (Ver Cita Anterior). Xunto co forno, atopáronse once xerras de barro, unha ola con osos, obxectos de ferro, carbóns, grans tostados e todos aparentemente de factura romana. Polas descricións de Castro López (Obra Citada) e das noticias transmitidas polos veciños a Cuevillas e Fraguas (Obra Citada) –que non puideron observar nada porque o forno e o paso subterráneo xa non estaban á vista cando estes fixeron as súas prospeccións–

148


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

recoñecen que na inmediatez do lugar da Torre, había un paso subterráneo ó interior da torre, pero que se encontraba daquela xa tupida. A transmisión da noticia, así coma a referencia por parte dos veciños de varios foxos –chamados tamén “fornos”– nese mesmo lugar, fannos pensar nun conxunto arqueolóxico que vai máis alá dun simple forno cerámico, sendo probable a existencia conxuntamente do forno e dun enclave familiar romano, ben tipo villae ou casal. As similitudes destas descricións e mesmo do folclore con outros lugares próximos nos que tamén se fala de pasos subterráneos e fornos, como por exemplo na Terra Chá ca villae de Roupar, cuxo hipocausto era chamado “a boca do forno” (VIDAL RODRÍGUEZ. 1988, P. 342–351). Polo tanto, as mencións a diversos ocos puideran significar a existencia dun sistema de hipocausto sen dúbida adscrito a unha villa. Ademais, no entorno atópanse topónimos evocadores coma Agro da Vila ou Prado da Vila, que nos poden pór na pista, con tódalas reticencias, do xacemento que contemplamos. . Nas nosas prospeccións, non puidemos atopar nada de significado arqueolóxico debido á abondosa natureza, e os veciños tampouco nos puideron ser de moita axuda, xa que dado o paso do tempo, non coñecían noticia algunha e non nos souberon dar indicacións do mesmo. Cabe sinalar que o enclave sitúase á beira dunha vía que dende Monforte unía Licín, Marrrube, Freán e Diomondi, para logo cruzar o Miño por Belesar, aproveitando o camiño natural que entre estas ultimas poboacións se traza. ARA DE S. MARTIÑO DE LIÑARÁN – SOBER Na igrexa parroquial de San Martiño de Linarán, no concello de Sober e moi próximo a Proendos, encóntrase unha ara adicada a Lvcvbo Arquienobo (IRPL nº 67) da que xa falamos (Ver Arriba). A ara de gran fino posúe unha banda decorada cunha triple moldura, e pola súa disposición inversa como pedestal dun fuste de pedra (que cremos de factura romana) que sostén o teito que forma parte do patio lateral esquerdo da igrexa parroquial, non se pode percibir ningún feito máis salientable (VER FIGURA 22 no ANEXO I). As súas dimensións serían de 72 centímetros de alto, 44 de ancho e 35 de fondo. A base tería de fronte 38 centímetros e de fondo 18, medindo 12 cm. cara o chan onde se encontra afundida. A parte central correspóndese co campo epigráfico que mide 34×34 centímetros. Mentres que a cornixa superior do altar mide 44 cm. de fronte. Enriba dela hai unha columna, que mide 98 cm. de diámetro e 1´36 cm. de longo. Coroando a construcción atópanse outras dúas columniñas pequenas que miden 54 de alto por 80 cm. de perímetro. O seu campo epigráfico é amplo, cunhas letras gravadas nun estilo pouco elegante e de caracteres largos. O lapicida non ocupa na súa totalidade as liñas dispostas para a escritura, excepto na terceira liña, e escribe unha pequena “O” entre a “N” e o “B”, non sabendo se o fai a propósito ou por un casual. De tódolos modos, o xeito de facer o epígrafe non se corresponde ca forte romanización do adicante, e si tal vez co indixenismo do lapicida.

149


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

O resultado desta inscrición reflexa a existencia dun núcleo romanizado e culto, pero que se conxugaría, como xa vimos en tódolos xacementos dos que falamos, cun certo sabor de indixenismo pola deidade de clara raíz local e o tratamento epigráfico da peza. A orixe desta peza é incerta. A igrexa encóntrase no centro dun círculo de radio pequeno, duns 1000 metros, nos que se inclúen os castros de Proendos (TdL 87) e a villae romana, o de Liñarán (TdL 85) e os castros de Gundivós (TdL 84). Polo trianomina do personaxe a súa adscrición a priori correspondería ben ca vila ou ben co castro de Proendos (TdL 87), que conta con abondosos restos de época romana – muíños circulares, cerámica común romana e indíxena–. Pero con elo, non debemos de desbotar a posible adscrición ó castro máis próximo, o de Liñarán (TdL 85) ou a un posible enclave rural romano, debido á aparición de tres fragmentos de diferentes tamaños e diámetros de fustes pétreos (un deles conserva restos de cal) que soteñen a teitume de madeira do atrio lateral da igrexa O resto da igrexa aparece encalada co que non pudemos ver se contiña nos seus muros outros restos similares. Cabería a posibilidade, polo tanto, dun núcleo romano aberto, tipo villae ou quinta, ós pés da igrexa e do castro de Liñarán, pero fáltannos máis datos e referencias a materiais romanos na zona. Pese á falta de datos, debido á densa vexetación que incluso nos impediu o acceso ó castro de Liñarán (TdL 85), podería ter vida na época romana debido á influencia que podería ter a vía que dende Praesidium –Castro Caldelas– pasaba por A Calzada, logo por Proendos e Liñarán para tomar rumbo a Castillós/Dactonium. Nembargantes, faise difícil asumir que un cidadán romano, de claro trianomina e de posible orixe militar, puidera voltar e vivir nun castro, aínda que estivera fortemente romanizado. Por elo, as columnas que se encontran xunto coa lápida, poidérannos estar dando unha pista sobre a existencia dun nucleo vilego ou casal romano. PONTE DA BARXA LOR – POBRA DE BROLLÓN Nas inmediacións da parroquia de Barxa Lor, no concello de Pobra de Brollón, aparece tendida sobre o río Lor unha ponte de orixe romana que servía para salvar o seu curso e trazar así a vía que unía Dactonium/Castillós a traveso de Monforte de Lemos, con dirección a Quiroga pera enlazaría ca Vía Nova XVIII en Foro, hoxe identificado ca Cigarrosa ou Petín, na Rúa de Petín preto dá ponte da Cigarrosa sobre o Sil. No medievo e en época moderna este paso viario romano mantivo a denominación de Camiño Real (XUNTA DE GALICIA 1997, p.32) A ponte, posiblemente de orixe altoimperial romana, xa que é o período no que se levan a cabo as construccións das grandes infraestructuras viarias no Conventus Lucensis e Bracarense, consta de tres arcos desiguais sendo o máis occidental o maior, xa que é polo que transcorre máis profundamente o Lor. A ponte remodelouse posteriormente nos séculos XIV e XVIII, co que se distorsiona a visión da obra, que aínda hoxe aparece atravesada por unha calzada de orixe medieval. Os piares mantiveron a forma típica romana de tallamares fronte ó curso do río, para aliviar a presión da auga sobre os bastións mergullados. O carácter viario do mesmo é innegable e a súa función principal sería pór en contacto Asturica Augusta coas explotacións mineiras, tanto secundarias como primarias, auríferas do Val do Lor, onde destacaría a mina romana do Medo. A localización en Astorga ou León ata o século III d.C. do Procurator Metallorum per Asturia et Gallaecia –funcionario imperial ó cargo da explotación, recadación e

150


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

transporte da mineria do Noroeste–, inclinaría o transporte das materias extraídas, da burocracia imperial e dos traballadores relacionados cos mesmos –comerciantes, ... – de Barxa Lor cara a Meseta. Nas inmediacións da ponte existiu un importante núcleo de conformación castrexa habitado en época romana (nunha situación semellante á do castro da Cigarrosa na Rúa de Petín, Ver PÉREZ LOSADA 2002, cap. Foro), é o castro da Lama (TdL 67) na Barxa Lor e que aparentemente actuou de “centro organizador” da explotación mineira das minas do Medo–A Lama e a Filpeira, e tamén semella cumprir as funcións viarias dunha mansio en canto vixía, protección, albergue e fonda. COMPLEXOS MINEIROS DO LOR – POBRA DE BROLLÓN O río Lor o seu paso ós pés da Serra do Courel, vai debuxando un sinuoso percorrido configurando un val de abundantes recursos mineiros, sobre todo de xacementos primarios de ouro e estaño e de praceres fluviais auríferos (Ver Arriba, Ver PEREA e SANCHEZ–PALENCIA 1995). No caso que nos interesa, a Comarca de Lemos, temos un dos exemplo claros da minería romana sobre xacementos primarios, o enclave mineiro da Lama–O Medo e a Filpeira. O xacemento encóntrase ó Noroeste da vila de Lama, concretamente no Medo e a Filpeira. Consta dunha franxa alongada escavada formada por dous barrancos xustapostos orientados cara á ribeira do río Lor, nunha ampla superficie inferior achairada, de senso artificial, aberta sobre as terrazas fluviais de arxila. Obsérvanse os cortes feitos durante a explotación mineira, situados exactamente entre a confluencia do río Lor e do arroio da Velaira por unha parte, e do meandro de Barxa Lor na parte alta. As faldras de altitude media e alta do monte proxéctanse cara a parte inferior dende o norte–noroeste, sendo por esas pendentes por onde baixarían as augas para lavar e transportar o material extraído de riqueza aurífera. O conxunto do xacemento poderíase denominar como un lavadoiro a gran escala dos terreos arxilosos do val que desembocarían no cono de dexección para cribar e extraer o material aurífero, transportado por grandes afluxos de auga, canalizada por canles realizadas nas faldras do monte, que aínda hoxe podemos observar e coñecer polas referencias orais dos veciños, que chaman ós depósitos do cumio do monte que baixan polas ladeiras “o río”. O enclave sitúase moi preto do Castro da Lama (TdL 67), auténtico lugar dominador do entorno e da ponte romana da Barxa Lor; así mesm,o teñen gran importancia para o enclave mineiro e de abastecemento, outros dous castros coma o da Roda do Castro (TdL 77), e A Coroa (TdL 75), que parecen estar nunha situación vital para a explotación do lugar. Todos estes castros, xunto co de Domiz (TdL 76), aparentan ter vida durante a época romana, sen desbotar a súa posible orixe prerromana. Como observamos no apartado adicado ó mundo castrexo (Ver Arriba), nas zonas mineiras como no Val do Lor e do Saá, o poboamento romano establécese en circunstancias diferentes a outras rexións, creándose unha rede multirrelacional entre os castros de media ladeira e os de alta ladeira. Os primeiros, como os da Lama e a Coroa, sitúanse nunha cota inferior, entorno ós 390–360 metros, e relaciónanse directamente ca explotación mineira, tanto de traballo directo coma na conformación das infraestructuras hidráulicas destinadas á vertente de dexección. Os outros, como o Castro da Roda e o de Domiz, atópanse nunha cota bastante superior, ó redor dos 615–640 metros, e denotan certas relacións de

151


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

abastecemento ós outros castros, así coma de tratamento extractivo doutros xacementos no Val do Lor. O xacemento da Lama (Castro e Minas) non aparece illado doutras explotacións mineiras nin moito menos: temos os núcleos mineiros de San Pedro, Margarida, Santa Andrea e Parada, ou mesmo a mina da Toca, todos amplamente documentados (DOMERGUE 1982, p. 346–353) do outro lado do Lor, mentres que na zona inmediatamente inferior, e na mesma marxe do río, sitúanse nos enclaves mineiros de Torbeo e Monte Barreiro (DOMERGUE 1982, p. 346–353). Así mesmo, documéntase na toponimia local, preto do Castro da Roda (TdL 67) de Domiz e do curso alto do Lor, os nomes de Portela de Furados e o Nariz do Furado, que pese a que nas prospeccións non se puido observar nada debido á densa vexetación e as dificultades de acceso, puideran corresponder con explotacións a menor escala que no caso da Lama e A Filpeira, ou mesmo Montefurado. O COMPLEXO MINEIRO DO SAÁ – POBRA DE BROLLÓN Ó norte da Proba de Brollón, a un quilómetro e medio da mesma, encóntrase unha terraza fluvial na marxe dereita do río Saá, cunha altura aproximada duns 460 metro, de dous quilómetros de longo de entre 500–800 metros de profundidade, que conta con traballos extractivos de ouro en explotación de canteiras –cardadas ou peiteadas (DOMERGUE 1982, p. 349)– dispostas en tres niveis, sendo o superior o último en explotación e o único intacto. Pola contra, os outros dous niveis de traballo desapareceron baixo o desmonte. Máis abaixo, só son recoñecibles os conos de dexección mentres que unha pequena canteira atópase illada ó norte de Saá. Xunto con estas explotacións, tamén aparecen estructuras extractivas diferentes, como por exemplo o barranco artificial xerado sobre a vertente dun desfiladeiro rompendo o talude da terraza, que pertence curiosamente ó aterrazamento do castro de Alende (TdL 70). A estes xacementos mineiros necesariamente correspóndenlle uns xacementos arqueolóxicos de hábitat, que neste caso, identifícanse claramente cos castros próximos. Estes serían o Coto do castro (TdL 68), situado a tres quilómetros ó nordeste da Proba de Brollón, Castrosante (TdL 69) que está a un quilómetro ó nordeste e o propio castro de Alende (TdL 70), con explotación inmediata ó castro. Este último, de forma ovalada e rodeado de fosos abertos ó val, sitúase sobre o talude da terraza na marxe dereita do Saá e aparentemente presenta unha cronoloxía de época romana, pero non podemos aportar moitos máis datos. OUTROS POSIBLES ACHADOS Xunto con estes achados, temos outras referencias á existencia de vestixios romanos na Terra de Lemos, hoxe desaparecidos. –As novas transmitidas polo Padre Fita acerca dos posibles piares dunha ponte romana no entorno da Barca da Paradela no Canón do Sil (VAZQUEZ, G. 1990, p. 80) e de lavadoiros de ouro poden ser presuncións románticas ou feitos reais, que hoxe polo curso do río Sil e os encoros, non nos é posible documentar. Si é certo que a construcción nesta zona dunha ponte pétrea requiriría dunha obra de certa entidade, dificilmente perdida polo tempo, debido á morfoloxía do canón.

152


POBOAMENTO ROMANO NON CASTREXO

Máis probable sería que a natureza desta ponte, de existir, fose semellante á Pontóriga valdeorresa, de piares de cemento ou emplecton revestidos posiblemente de sillarexo, e cun corpo superior de madeira. –En relación con esta ponte, estarían os achados de ladrillos, tegulas, muíños de man e edificacións de vivendas ó delinear a calzada comarcal de Castro Caldelas a Monforte de Lemos, non sabemos en qué punto exacto apareceron, pero presumiblemente en ámbalas marxes do río, como sinala o propio Germán Vázquez (VAZQUEZ, G. 1990, p.81). -Os outros grandes testemuños da presencia romana na zona serían a existencia da calzada que dende os Cóbados de Belesar cruzaba o Val de Lemos ata Quiroga e Foro. Quédannos os restos do trazado duns 7 quilómetros nos Cóbados de Belesar, así coma das noticias da ponte vella, presumiblemente romana que cruzaba o Miño, pero que hoxe desgraciadamente está sepultada polo embalse de Belesar. -Tamén nas proximidades da ponte de Barxa Lor, xunto coas noticias de lavadoiros de ouro, temos outra marca do trazado orixinal da vía romana no seu entorno, duns 4 quilómetros, posteriormente denominado Camiño Real e empregado como camiño de peregrinación. –Tamén no lugar do Pedregal, en Ferreira de Pantón, ó pé do Castro de Marce que foi arrasado para construír na época medieval o Castelo de Marce, encontráronse muíños de man, tégulas e ladrillos romanos que puideron corresponder a un asentamento romano de incerta entidade.

153



CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

8. CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM. 8. 1 Conclusións dos asentamentos e vestixios romanos en Monforte. O primeiro que nos chama a atención dos núcleos eminentemente romanos na Civitas Lemavorum é a súa escaseza. A penas contamos cos asentamentos seguros de Castillós e Proendos, e San Xulián de Tor, Fión e Temes como moi probables, ós que temos que sumar tamén algún enclave en Liñarán ou Licín. Nomeando todos estes xacementos, é necesario que fagamos unha distinción entre a aparición de simples vestixios romanos descontextualizados e probablemente procedentes de castros ou semellantes, e os indicios evidentes de asentamentos máis ou menos contrastados materialmente. Parécennos moi poucos asentamentos para tan extenso territorio, e aínda incluíndo tódolos achados romanos e asignándolles un enclave, non se superarían os nove poboados romanos. O emprazamento destes novos asentamentos realízanse preferentemente en terras chairas, como Castillós e Proendos –non tanto Temes–, e San Xulián de Tor, ocupando terreos meseteños de certa amplitude e abandonando os antigos patróns de poboamento castrexo, preferindo os lugares abertos e accesibles. Óptase polas veigas abertas e suaves, aproveitando as terrazas actuais, incluso algunha con perigo de inundación fluvial dos terreos inmediatos a explotar, como no caso de S. Xulián de Tor. Outros casos a situación realízase en ladeiras medio–altas, como no caso de Temes, pero sobre terrazas lixeiras e pouco pendentes, nada que ver cos datos extraídos para o poboamento castrexo prerromano e romano.

Asentamentos romanos na Civitas Lemavorum 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13

ENCLAVE COTA TERRAS S. Vicente de Castillós 560 m. Terras de labor S. Xulián de Tor 390 m. Terras de pasto Vilariño de Fión 502 m. Terras de pasto Sta. María de Licín 580 m. Monte baixo Sta. María de Proendos 470 m. Terras de labor S. Martín de Liñarán 430 m. Terras de pasto Sta. María de Temes 580 m. Terras de labor ASENTAMENTOS DUBIDOSOS S. Félix de Laxe 530 m. Terras de labor Sta. Cecilia de Freán 545 m. Terras de labor Ponte de Lemos 300 m. Terras de labor Ponte de Barxa de Lor 156 m. Terras de pasto Seoane de Atán 313 m. Terras de labor S. Xulián de Mourelos 580 m. Monte baixo

FUNCIÓN Villae–mansio–Vici Forno, villae, mansio Villae?–Casal? Templo, villae–mansio? Villae?–mansio? Villae?–casal? Mausoleo–villae? Villae? Forno–torre?,Villae? Nó viario Nó viario Villae?, Mansio? Villae?, Mansio?

A súa cota de altitude é lixeiramente máis baixa cá castrexa, cunha media de 428 metros non moi baixa se temos en conta que a menor destas cotas correspóndese coas Pontes de Lemos e Brollón con 303 e 156 metros de altura respectivamente. Situaríanse por

155


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

riba só Temes e Castillós, cuxa orografía presenta afloracións montañosas nas que se emprazan en media ladeira, pero sempre en terreos chairos. De todas formas, a súa altitude é eminentemente máis baixa cós datos ofrecidos para os castros prerromanos e romanos –479 de cota media total–. Agora xa se perdeu a nitidez dos asentamentos, as posicións dominantes e de altura, obviando a condición de primacía e as posicións destacadas, feito ben representado en Castillós que pese a situarse nunha cota alta – 560 metros – sobre o val de Lemos colócase de costas á mesma. Altura media dos asentamentos da Terra de Lemos (m/h) 501

500 460

480 Castros prerromanos

449

Castros romanos

428 420

Asentamentos romanos Total castros

380

Pese a que algúns casos – S. Xulián de Tor, Temes – se sitúan preto de arroios ou correntes fluviais de certa entidade, non se nos mostra unha tendencia exclusiva a encaramarse cara vales ou ríos, encontrándose as veces próximos pero a vez orientados cara á solaina mais que o río ou xa directamente de costas a ambas. Entre os factores positivos para a elección do lugar de hábitat abandónase en fin a ladeira alta das afloracións montañosas do lugar por veigas abertas, con orientación ora á solaina –Castillós, Temes, Proendos, S. Xulián de Tor– ora non coma no caso de Licín. Cos datos que temos non podemos trazar morfoloxías concretas dos asentamentos, pero semella evidente polos aspectos que coñecemos que dominan as características vilegas romanas, sempre de non moi ampla extensión, entorno ás 0´5–2 Ha, pudendo á vez corresponder con pequenas mansio, mutationes ou casais dun entidade menor. A función dos enclaves romanos teñen dúas vertentes claras e non excluíntes, tan entrelazadas que non se poden pór en orde de primacía: a función viaria e a explotación económica do entorno. Cada asentamento romano ex novo na Terra de Lemos ten un marcado eixo viario, o que condiciona á vez o carácter lineal do poboamento romano, seguindo o trazo deixado pola rede viaria. Xunto con outras funcións ou facultades que puideron exercer estes poboados (e que non son para nada excluíntes), semella que tamén cumpriron funcións viarias a modo de mansio–albergue, para os viaxeiros, con estancias para tomar os baños e para o lecer. Quedou dito anteriormente o carácter de cruce de camiños que posúe Castillós, o mesmo que o posible enclave de San Xoán de Tor e a ponte de Monforte de Lemos, pertencentes ámbalas tres á mesma Vía Lucus Augusti–Dactonium. Pola súa parte, tanto Proendos como Liñarán atópanse no cauce da vía que unía Praesidium con Dactonium, un paso que puña en contacto o convento lucense co bracarense e co astur. Doutra parte, os achados de Mourelos e Fión, Atán ou Licín sitúanse ás beiras de

156


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

diversas vías de comunicación ou pasos, cara Belesar, Os Peares e Sarria, respectivamente. Deste modo, os camiños que recorrían Lemos tiñan unha orientación cara tódolos puntos cardinais, polo Sur enlazaba con Ourense, polo Oeste coas terras de Chantada e polo Leste coa Serra do Caurel e polo Norte cos Suerri. Deste modo, pese á lonxanía intrínseca entre cada asentamento romano, estes quedarían enlazados mediante o trazo das vías romanas que aproximarían a estes núcleos romanizadores e romanos. Estes asentamentos abertos presentan uns índices de relacións entre eles máis baixos que cos castros romanos ou mesmo entre estes só, demostrando unha menor densidade de poboamento eminentemente romano. Destaca que no entorno mineiro, tanto de ferro coma do ouro, no Leste monfortino, non se atope ningún indicio de poboado romano non castrexo. ECONOMÍA No apartado económico os poboados romanos proxéctanse cara unha explotación agropecuaria do seu territorio circundante cunha maior producción cuantitativa e cualitativamente, xa que, ademais de escoller as terras máis fértiles dos vales e veigas – anque máis pesadas–, a potencialidade explotadora e de laboura ca maquinaria e técnicas romanas provocou un salto substancial no cultivo das mesmas. Sen dúbida, o desenrolo tecnolóxico froito da presencia romana, posibilitou a aparición de novidades na producción agraria, ou ó menos isto semella, xa que a propia elección de terreos máis potentes e máis ricos –e polo tanto máis difíciles de traballar– esixe uns métodos e unha tecnoloxía máis avanzada. Trataríase das chairas ó redor de Castillós, Proendos, Licín ou nas ladeiras de pouca encosta de Temes. As explotacións agrícolas e gandeiras serían as que maior peso terían, xa que no 90% dos casos as terras circundantes son de labor, campos ou pastos, sendo aínda hoxe en día dominantes este tipo de explotacións. As chairas e mesetas onde se asentan son propicias para o cultivo, tanto de plantacións de regadío como de secano, xa que a certa sequidade dalgunhas zonas, como Proendos, compénsase con bos nacentes de auga próximos ás zonas de laboura. Así mesmo, queda demostrado esta tendencia agropecuaria no material moble aparecido nos xacementos, como os diversos muíños circulares e incluso barquiformes, olas, potes, elementos férricos ou campás tipo chocallo destinados ós rabaños de animais. O resultado destas explotacións sería o autoabastecemento do poboado e un máis que posible comercio dos excedentes cara os territorios circundantes. Resulta curioso a pouca importancia das grandes chairas e vales entorno ás maiores correntes fluviais, o Sil e o Miño e sobre todo da zona pantanosa entorno a Monforte, preferindo na súa vez as pequenas veigas fluviais de arroios ou de ríos máis amplos coma o Cabe ou o Saá. Esta peculiar elección, ás veces tamén fóra de calquera rede fluvial secundaria – coma Castillós– ou ben, demasiado preto dela, necesariamente suporía a realización de traballos de irrigación, contención de enchentas, control de asolagamentos e evacuacións, pero sen dúbida, necesitariamos máis datos para elaborar un estudio máis concreto de cómo se cultivaban os terreos e a proporción de pastos que no caso da Terra de Lemos semellan ter moita importancia e magnitude. Ademais, algúns enclaves contarían con outros recursos debido a súa situación, como por exemplo, o posible núcleo de San Xulián de Tor, que contaría cunha ampla devesa con potencialidade cinexética e pecuaria no río inmediato.

157


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

O que si é innegable, é que a maioría dos territorios adxacentes ós poboados romanos non castrexos son cultivables e de gran potencialidade agrícola, sendo os enclaves romanos productores de certo nivel. POBOAMENTO Non podemos considerar a existencia de agrupacións e/ou xerarquías entre os núcleos, quizais o único trazo de aglomeración estribaría nos enclaves de Castillós–San Xulián de Tor–Monforte debido á certa ascendencia da capital lemava como núcleo aglutinador, pero nada comparable a outros casos dentro do Noroeste ibérico. Quizais a lonxanía da capital conventual ou a inexistencia dun foco aglutinador – entorno as explotacións mineiras, por exemplo– fixo da dispersión o feito diferencial da Civitas Lemavorum. Poucos son os asentamentos romanos que teñen un veciño a menos de 3–4 Km., tan só Proendos e Liñarán, se consideramos para este último un máis que dubidoso enclave non castrexo, e en maior distancia situaríanse o resto cunha medida mínima de 8–10 Km no caso de Castillós e San Xulián de Tor ou Monforte. Polo tanto, non podemos falar de agrupamentos ou dependencias entre eles como anteriormente falábamos para o mundo castrexo, configurándose núcleos realmente illados coma Temes, Proendos ou Licín de non ser polo seu encaramento viario. A súa extensión non é moi ampla, cun máximo posible en Castillós cunhas 2´5–3 Ha e cuns mínimos de 0´5 Ha para os núcleos vilegos ou casais, co que a poboación que albergarían non debeu ser moi ampla, téndose que apoiar noutros núcleos próximos de cara a explotación, comercio e reestructuración poboacional logo da integración no estado romano, que evidentemente deberon ser os castros. Tampouco podemos desbotar no estudio dos núcleos romanos ex novo ós “vellos” castros, xa que se presentan coma un corpus substancial no coñecemento do poboamento e organización do territorio, sendo máis que un complemento secundario dentro do mundo galaico romano, e máis, na Terra de Lemos. O que si se demostra é a menor densidade de poboamento romano non castrexo como diciamos ó principio, e máis se o comparamos cos datos extraídos dos castros xa que dende un máximo de 10–11 para os asentamentos romanos atoparíamos uns 88–90 enclaves castrexos. Máis evidente, é a relación de tódolos enclaves cos castros próximos, configurándose a maioría deles como auténticos núcleos ó pé dós castros. Temes e o Castro da Roda, Castillós e a Xesteira (TdL 54), Proendos e o Castro de Proendos (TdL 87), S. Xulián de Tor e o Castro de Eivedo (TdL 17) ou Licín co da Ribada– Illón (TdL 34) son varios exemplos de asentamentos romanos que posúen a menos de 200 ou 300 metros un castro con cronoloxía romana ou tardorromana, complementándose entre eles para a explotación e a organización do territorio, xa que ambos elementos, o asentamento romano e indíxena, parecen vinculados para a explotación dos labores próximos, xestionando directamente os recursos circundantes. A presencia dun núcleo aberto romano nas proximidades dos castros supón a ruptura física do marco espacial castrexo, xa que a existencia de estructuras de maior ou menor entidade ó seu carón complementaría o poboado castrexo, convivindo nun mesmo mundo inmediato pero con distintas formas de hábitat. Fronte á aparente crise á que se ve abocado o fenómeno castrexo noutros territorios anteriormente pertencentes á Cultura Castrexa, no mundo de Lemos, como xa vimos, nada

158


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

parece indicarnos unha crise na utilización da morfoloxía e emprazamento típico dos antigos castros121, pervivindo máis alá dos séculos III, IV e V inclusive. No noso caso, o baldío de xacementos romanos no entorno mineiro é unha deficiencia pouco habitual no poboamento romano en núcleos mineiros, como por exemplo, na cunca Noroccidental do Douro (OREJAS 1996, p.166–170), tendo que cambiar a estructura organizativa cara a dialéctica castro de baixa–media ladeira e castros de media– alta montaña. Por último, debemos resaltar que a descompensación habitcional entre o Oeste e o Leste lemavo, sendo a parte occidental onde se establecen a gran maioría dos enclaves romanos ex novo, mentres que no oriente, e quizais marcado polo seu carácter maioritariamente mineiro, a poboación do territorio lévase a cabo dende núcleos castrexos galaico romanos, cunha dinámica diferente ó resto do Val de Lemos, nunha dialéctica relacional de castros de baixa–media ladeira, coma o da Lama (TdL 67), cos castros de media–alta montaña, coma o de A Roda do Castro (TdL 77), preto xa dos límites nivais, adicados tamén a traballos mineiros, pero máis específicos –como canles, minas ou encoros– destinados a arruinar os montes inmediatos sobre os que terían certa ascendencia os castros de cota inferior. Este feito é semellante ó sucedido noutras zonas mineiras, cuxo maior exemplo sería a zona arqueolóxica das Médulas ou na nosa zona do enclave mineiro de Licín. Esta diferencia sería máis marcada co devir do tempo, o cal non quere dicir que sexa unha zona menos romanizada, senón todo o contrario, xa que nesta zona chegarían máis burócratas e militares romanos dispostos a organizar, dirixir e explotar as minas. Pero no tocante a núcleos de poboamento do Leste monfortino, ten unha débeda de enclaves romanos abertos ex novo tanto de hábitats agrupados como familiares, dominando os poboados castrexos–romanos– en toda a zona de Pobra de Brollón, e o Leste de Sober e Bóveda. Esta dualidade dentro da Civitas Lemavorum, puido derivar na división da mesma na entrada na alta Idade Media, no Reino Suevo da Gallaecia, en dúas rexións amplamente diferenciadas: unha occidental, máis inmersa nos patróns de poboamento romano, e a outra ó Leste, onde persisten os núcleos castrexos máis tradicionais pese a achega de grupos latinizados no entorno mineiro.

121

Como xa viñemos falando en moitos apartados do noso traballo, si mudarían as características sociopolíticas e administrativas dos castros.

159


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Figura 6.- Mapa de asentamentos e/ou vestixios romanos da Terra de Lemos.

Tampouco son moitos e fiables os datos cronolóxicos dos asentamentos romanos non castrexos. Castillós, Tor e Liñarán por exemplo, presentan unha cronoloxía máis temperá, xa dende o século I d.C. e ocupando unha ampla franxa de ocupación no tempo polo menos no caso de San Vicente de Castillós ata o século V–VI d.C. Namentres o resto de enclaves –Temes, Proendos ou Licín– posuirían unha cronoloxía máis tardía, entorno ós séculos III, IV e V d.C. 8.2 Conclusións do poboamento castrexo prerromano e romano na Terra de Lemos. Ó longo do noso traballo xa quedou patente a carencia de certos datos cualificativos e cuantitativos á hora de abordar no só o poboamento castrexo da Terra de Lemos senón da súa posterior ocupación e da súa evolución. Sendo conscientes delo, por outra parte, temos algúns indicios que nos dan pé para falar de aproximacións e proxeccións do noso coñecemento cara o poboamento antigo na Terra de Lemos. Non era, por outra banda, o noso principal obxectivo ó principio deste traballo o de realizar un estudio profundo dos xacementos castrexos, pero coa dinámica que foi levando o noso estudio e o afán investigador que nos acolleu, pareceunos necesario para realizar unha análise o máis integral posible co fin de extraer a maior cantidade de datos do fenómeno dos

160


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

castros no ámbito monfortino, sendo conscientes da precariedade e lagoas nalgúns ámbitos e polo tanto o noso estudio é susceptible de revisión. 8.2.1 O Castrexo Clásico Comezaremos polo mundo prerromano: A maioría dos datos que obtivemos para os xacementos castrexos, non falan normalmente dunha única ocupación prerromana, senón que se constata unha reutilización e reocupación posterior deses mesmos enclaves (aínda que como xa expuxemos anteriormente tamén temos indicios de castros que só presentan unha ocupación ou fundación tardía, como o castro da Lama (TdL 67) ou o Castelo Pequeno (TdL 4)). Realizando na maioría das veces unha laboura máis deductiva que inductiva, e sempre coas precaucións coas que deben ser tomadas as adscricións cronolóxicas, moitas veces extraídas de simples achados e estructuras superficiais, puidemos facer certas catalogacións en etapas culturais, fundamentalmente prerromana e romana. Deste xeito, e sen poder facer categorizacións absolutas, si que extraemos numerosas conclusións que se nos poden presentar como certeiras e moi próximas á realidade que se viviu na dinámica organizativa e poboacional na Idade Antiga no Sur lucense. Os primeiros datos que temos sobre a ocupación do territorio na segunda Idade de Ferro, e máis en concreto, o período que nós delimitamos entre os séculos III e I a.C., marcan unha tendencia moi homoxénea, tanto á hora de escoller un emprazamento e localización dos hábitats, así como boa parte do rasgos morfolóxicos que se mantiveron incluso logo do cambio de Era. Distribución e Emprazamento A distribución dos enclaves semella corresponder a pautas xenerais estendidas non só na comarca de Lemos senón tamén na maioría do territorio ocupado pola Cultura Castrexa, maiormente nas zonas onde os contactos con Roma teñen unha datación máis tardía, como sucede no Convento Lucense (Ver AGRAFOXO 1986, CARBALLO, XUSTO RODRÍGUEZ 1993, FERRER SIERRA e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ 1996, ou OREJAS 1996). A elección do lugar onde se vai situar o futuro núcleo, tende normalmente ó alto das veigas e dos vales, ós cumios e ladeiras altas das montañas, cunha accesibilidade moi baixa e cun certo distanciamento das zonas chairas, das veigas propiamente ditas e das principais correntes fluviais –coma no caso do Castro da Aira da Vila (TdL 31), de Ribada-Illón (TdL 34) ou de Mourelos (TdL 37)–. Elíxense polo tanto, as rexións topográficas máis elevadas e illadas, que dan como resultado uns accesos ós mesmos complicados gracias ás defensas naturais fáciles cas que contan. Ocupan unha cota máis alta en correspondencia coa media xeral de tódolos castros –uns 501 m.de altura fronte ós 479 m. en total e os 449 m. dos castros romanos–, tendo como característica distintiva con respecto ós castros romanos unha maior intervisibilidade, que nun 90% dos casos tratados roza ós 400º. Dominan así os territorios circundantes, que lle valen de lugar de explotación agropecuaria, e relaciónanse visualmente cos veciños próximos, aínda que non en tódolos casos, como no nivel prerromano de Ribada-Illón (TdL 34) ou no de Fión (TdL 32). Sendo propicias e abondosas as relacións visuais entre castros prerromanos, estes parámetros cobran maior importancia se os comparamos cos valores romanos, onde deixan de ser característicos e positivos á hora de emprazar unha aldea castrexa ou dominar o territorio. Non debemos tampouco infrinxirlle unha importancia excesiva á altitude absoluta, debido á diverxencia de cotas máximas en cada zona da comarca lemava. É dicir, en lugares como a cubeta deposicional monfortina a cota máxima oscila entre os 300 e 450 metros, namentres que no Val do Lor chega ata os 725 m. Pero dentro dunha zona determinada, os castros prerromanos tenden case sempre a elixir os lugares máis altos e de encosta superior por termo xeral.

161


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

A situación elevada e aillada esixe un emprazamento determinado, ben en terrazas altas –como o caso de Castro Felón en Marrube (TdL 29)–, ou directamente en cimas de montes, como o de Vilar de Ortelle (TdL 64)– apreciando en ámbalas dúas tendencias un gusto polos escarpes acusados ou encostas marcadas que faciliten o illamento.

Distribución dos castros prerromanos segundo o seu Tipo de Emprazamento (%)

9

Tipo C

54,7

Tipo B Tipo A

36,3

0

10

20

30

40

50

60

A visibilidade dos castros prerromanos ronda na maioría dos casos os máximos posibles – 400º– coma nos casos de Moreda (TdL 10), Guende (TdL 52), Mourelos (TdL 37), o de Riaño (TdL 4), Fión (TdL 36),o Castelo Grande (TdL 3) ou o de Vilar de Ortelle (TdL 64), mentres que noutros casos a súa capacidade visual redúcese nun ou en dous cuadrantes –entorno ós 275º-300º como sucede no caso da Ribada-Illón (TdL 34) e de Leira Rapada en Vilatán (TdL 47)– pero sempre mantendo uns amplos índices de percepción sobre as zonas baixas, dominando os vales e as veigas, ó menos dende dous puntos de vista. Podemos falar polo tanto no caso prerromano, por un gusto pola visibilidade absoluta, tanto nos graos como na distancia, sempre que sexa posible, feito que se busca xa dende a fundación do castro en emprazamentos elevados e dominantes, o que se demostraría cuns índices de visibilidade máis grandes que os resultados para o mundo romano. Non é doado tampouco trazar as liñas de relación directa entre os castros máis cercanos entre si, debido a gran densidade de castros – 90 na Terra de Lemos – e polas interferencias que as perduracións e núcleos romanos inflixen á comarca. Nembargantes, nalgúns casos precisos podemos observar unha maior distancia entre os castros prerromanos que os que logo atopamos na época romana, onde se poría máis énfase na densidade castrexa. As distancias eran moito máis amplas e os niveis de accesibilidade propio e intervisivilidade de cada castro –por exemplo Mourelos (TdL 37), Fión (TdL 32) ou Amboade (TdL 65)– non semellan facer fácil nin propicio a comunicación habitual aberta e de bo grao entre as comunidades. Este feito estaría en correlación polo tanto co senso autárquico e illado, tanto da economía como do emprazamento castrexo clásico, pese a que outros castros aportan datos máis favorables como o de Amedo (TdL 62), o de Peago (TdL 35) ou o do Val en Laxe (TdL 51). A distancia ás veigas e correntes fluviais, sobre todo ás principais, ofrece datos superiores ó que sucede en época romana –entorno os 2-3 quilómetros fronte ós 500-300 metros no mundo romano–, non sendo a proximidade ás vertentes dos ríos un feito positivo á hora de elixir ó emprazamento dos mesmos, e incluso ocorre as veces que os castros semellan escapar dos vales fluviais encaixados. De tódolos xeitos, os cursos fluviais e os seus vales provocan unha configuración lineal do poboamento castrexo, tanto prerromano coma romano, como xa vimos antes. No tocante ó abastecemento de auga este feito non é relevante, xa que os castros da nosa zona que se atopan illados das correntes fluviais superiores, contarían con nacentes acuíferos, alxibes, fontes e regatos de auga de diferente gradiente e estacionalidade. Non é, polo tanto, a proximidade ós ríos un feito decisivo a hora de levantar un castro en época prerromana, máis ben escápase dos grandes vales curvos e encaixados, feito máis representado no curso do Sil e do Miño que no resto de ríos lemavos.

162


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Nembargantes, nos casos de ríos con posibilidades mineiras, os praceres fluviais en xacementos secundarios –como ó Lor, o Saá ou o Cabe– os emprazamentos castrexos non se distancian tanto –entorno ós 1´5-2 quilómetros–. Tamaño e Morfoloxía Como xa vimos, a media xeral do tamaño destes asentamentos é escasa, entorno ás 0´62 Ha. En época prerromana, o tamaño descende ata as 0´46 Ha, sendo realmente poucos os asentamentos desta época que sobrepasan esta cifra, debido á ocupación de escarpes apuntados e complicados que dificultan a extensión, non sendo tampouco indicativo da existencia de desequilibrios favorables á dominación / dependencia duns sobre outros. Pola pouca extensión da maioría dos castros, semella lóxico pensar nunha ocupación total do interior do recinto amurallado, non sendo así nos casos romanos. Os tamaños variarían dende as 3 Ha de Santa Mariña de Eiré, ás 1´6 Ha de a Rodela de Figueira (TdL 9) ou 1 Ha do nivel prerromano do castro da Ribada-Illón (TdL 34), os únicos que superan a hectárea de extensión en período prerromano, ata a penas os 0´06 do de Pousada (TdL 28). Só o 31´6% supera a media hectárea de extensión, e só o 10% supera a hectárea. No caso das defensas ou estructuras defensivas, o seu significado debe ser matizado xa dende a súa propia denominación. A consideración de defensivas é unha lixeireza, sendo pouco probable esa función xa que para ter ese valor, debería ir acompañado o rexistro fósil por armas, destruccións,... contar con inimigos claros, xerarquizacións dos enclaves máis poderosos, etc. que non aparecen nos horizontes castrexos. Ó noso parecer, que compartimos con tódolos autores que tratan hoxe en día o poboamento castrexo, estas estructuras son formas de delimitación e/ou aprehensión do territorio como recoñecemento interno da propia comunidade, semellante ó simbolismo que tiñan as construccións tumulares. É complicado por outra banda falar dunha xeneralización destas “defensas” en canto morfoloxía, materiais e cronoloxías. Tanto murallas pétreas, fosos ou parapetos –terrapléns de diversos compoñentes configuran e separan o interior do exterior dos hábitats castrexos prerromanos, non encontrando ningún enclave que non teña ó menos unha destas construccións. Estas vense favorecidas, e polo tanto minimizadas, en tanto en canto teñan unha mellor protección natural mediante penedos, cavorcos e outras formacións naturais. En relación coa liña de murallas – fosos está a configuración da planta dos asentamentos, a súa morfoloxía. Non se poden xeneralizar cronoloxías ou funcións entorno ós datos que obtemos da prospección das defensas, e só podemos establecer que a maioría dos casos no mundo prerromano –próximo ó 75% entre os casos que coñecemos– só teñen unha liña de defensas, correspondendo ó resto a núcleos con dúas trazas, normalmente xustapostas, ou con máis formacións –normalmente dúas liñas completas pechadas e outra máis de antecastro–. A todos estes medios defensivos artificiais habería que sumar as condicións positivas naturais para elo, facendo innecesaria unha delimitación externa de gran calibre. As plantas, segundo os datos extraídos da foto aérea e as nosas prospeccións, e pese ás confusións creadas polas intervencións modernas nos castros ou a densa vexetación, tenden sempre á curva, con tendencia ás configuracións regulares sempre que sexa posible a adaptación á topografía irregular do seu emprazamento, xa que non se opera sobre esta. A morfoloxía oscila entre as construccións plenamente circulares –Castro de Leira Rapada (TdL 47) ou Cotarro de Bolmente (TdL 81)–, as oblongas ou ovoides –Castro de Fiolleda (TdL 8) ou o de Figueira/Mourindá (TdL 9)–, ou elípticas alongadas –Castro de Regueiral (TdL 42)–. Pese a que se observa un predominio case absoluto dos perfís circulares ou ovoides, estes aparecen ás veces alterados por posteriores reocupacións e operacións dos galaico romanos, distorsionando a súa morfoloxía orixinal. Retócanse as condicións naturais –que a súa vez son fáciles e propicias para a defensa e a reclusión–, e fanse obras de acondicionamento a gran ou pequena escala, ben con

163


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

aterrazamentos, cortes nas rochas, traballos en penedos, retoques nos cerros de pouca transcendencia constructiva ou ben cos fosos, parapetos e murallas por suposto de maior envergadura. Exemplos deste tipo témolos nos castros de ladeira media–alta como no caso de Vilar de Ortelle (TdL 64), no de Babela (TdL 6), ou no de Guende (TdL 52). Estes aterrazamentos incrementaríanse en número e calibre en época romana, como ben documentamos no caso de Ribada-Illón (TdL 34). En canto á distribución e natureza interior dos castros, tanto prerromanos coma romanos, non temos ningún tipo de dato que poida ser analizado en extensión. Só referenciamos o gusto polas casas e construccións circulares sen obviar as cuadrangulares, máis proclives en época romana. Os materiais tamén semellan cambiar co paso co tempo, feito ben testemuñado no Castro da Ribada-Illón (TdL 34), onde no nivel prerromano encontramos abondosos cachos de pallabarro cocido namentres que na época romana do castro observamos a xeneralización da pedra nas construccións. No castrexo é un feito asumido o paso das construccións en material deleble a material pétre, debido ós contactos co mundo romano, pero sen poder precisar a cronoloxía deste fenómeno. Con tódolos datos que manexamos, e pese a posible tendencia ó control visual tanto de veciños como dos seus terreos circundantes, a intervisibilidade, é nos moi difícil falar para os castros prerromanos da Terra de Lemos da existencia de xerarquizacións ou configuracións de lugares centrais típicos en outras etapas e zonas. Tampouco os tamaños deles teñen unhas diferencias significativas, nin se observan datos que mostren a existencia de centro locais, rexionais ou supra rexionais, que dirixan a economía, política, administración ou mesmo as crenzas relixiosas, polo menos ata xa entrados en época romana. Terreos e Economía Na distribución agrolóxica dos terreos correspondentes a un radio de 1 quilómetro entorno ós castros prerromanos, estes corroboran a predominancia de monte alto e baixo –case que o 65% – xunto con terreos agrícolas e de pastos en menor medida. Por ende, algúns dos castros situados nos vales do Cabe, do Saá e do Lor, así coma na proximidades do Canón do Sil e Montefurado, tiveron unha proxección mineira sobre o ouro e o ferro principalmente, xa en época castrexa clásica pero dun modo artesanal e a baixa escala, como xa teñen sinalado outros autores (SANCHEZ – PALENCIA 1983, p. 380-401; DOMERGUE 1987, 2, 348 -350; PEREA e SANCHEZ PALENCIA 1995). Explotacións rudimentarias de elementos mineiros encontrámolos nos castros da Ribada-Illón (TdL 34), de Alende (TdL 70), o Coto do Castro (TdL 68) ou mesmo a Roda (TdL 20). Pero os restos de escorias e materiais metalúrxicos non son exclusivos dos castros mineiros, xa que encontramos estes indicios en castros alonxados de recursos mineiros como en Vilar de Ortelle (TdL 64), Ousende (TdL 38) ou Mourelos (TdL 37). Non cabe polo tanto esaxerar e caer nun reduccionismo en canto á unicidade da producción agraria dos enclaves castrexos, xa que nalgúns casos pódese observar a posible especialización cara a minería e traballos metalúrxicos –coma no Leste da Comarca monfortina ou en Licín– ou ben cara a producción de manufacturas cerámicas, de tecidos –non foron poucas as fusaiolas referenciadas nas prospeccións– ou doutro tipo a nivel local, coma nas minas de arxila no entorno do Castro da Ribada-Illón (TdL 34). Outro dato salientable é o feito do dominio que exercen os castros sobre as súas terras inmediatas. As crecentes distancias entre asentamentos e o carácter propicio á hora de buscar terras non moi alonxadas do castro para non caer nun traslado e traballo a certa distancia que dificulte a producción, fainos crer nunha posesión –comunal?– das terras do entorno do castro nun radio ó menos de 2 quilómetros, podendo chegar a 3 ou 4 nalgúns casos de illamento acentuado.

164


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

A gran maioría destes castros foron aproveitados en época posterior, romana para a explotación a gran escala dos recursos mineiros sobre todo do Leste de Lemos, cando unha auténtica protoindustrialización afecte o mundo da minería galaico romana. En conclusión, os datos extraídos semellan representar unha tendencia clara á autarquía e á autosuficiencia económica, ó menos no que respecta ás actividades agropecuarias e comerciais - non parecendo esta unha actividade fundamental e desenrolada –, que se poderían traspoñer a outros aspectos da vida “pública” castrexa. Non debemos supravalorar tampouco á autosuficiencia das comunidades castrexas xa que o seu potencial, resultado do seu tamaño e dominio, debeu de ser suplementado por outras vías, das que aínda nos falta saber a súa dinámica. Hai que falar máis ben dun respecto territorial con diferentes aportes entre ás comunidades, documentado polos índices de visibilidade, intervisibilidade e dominio territorial entre os castros, que semella definir as súas relacións espaciais como mostran as distancias máis amplas entre os asentamentos que o que logo veremos para a etapa romana, xunto co factor positivo que a proximidade ós recursos lle outorgaba á localización do hábitat. Intuímos para os castros prerromanos un mantemento entre si dunhas distancias considerables (Ver Arriba) que lle garantían unha certa independencia favorecida por un bo acceso ós diferentes recursos, auto subministrándose un abastecemento habitual. Xunto co respecto territorial, hai unha certa delimitación do espacio que ocuparían de forma permanente cada grupo, sen que esto implique unha falta total de relacións entre as comunidades, xa que cada castro –pese ás distancias– soen outear ós seus diversos veciños, segundo os poucos datos que temos. Detectamos tamén unha distribución irregular do poboamento no espacio, cunha estreita relación coa dispoñibilidade dos recursos e unha adaptación á compartimentación da zona que permiten considerar células rexionais ou micro rexionais –cecáis artificiais– pero sen xerarquizacións nin lugares centrais propiamente ditos, polo menos ata época romana. Materiais Polos achados que nós mesmos encontramos ou referenciamos –muíños barquiformes, circulares, pezas cerámicas pertencentes a potas, olas, fusaiolas ou algún outro apeiro de labranza...– a tendencia económica destes núcleos tendeu evidentemente á explotación agropecuaria da natureza que tiñan ó seu redor, destacando as labouras agrícolas122, gandeira, cinexética – pesqueira e de recolección123. Este último aspecto debeu ser importante na economía monfortina, non tanto polos xa míticos pasaxes estrabonianos, senón polos datos polínicos anteriores ó cambio de Era nos que os árbores con froitas tiñan moita representatividade - abeleiras, carballos,...– (Ver Capítulo 2 a.6, ou AIRA RODRIGUEZ. 1996); xunto con elo, o entorno natural tamén subministrou outros materiais primarios para a construcción dos núcleos castrexos, coma as pedras, arxilas ou a mesma madeira, tanto como combustible como para material de construccións, como ben se testemuña nos pallabarro das pallozas prerromanas. Estes suministros buscaríanse no entorno próximo, ó redor de 1 quilómetro de radio do castro, xa que teñen un ambiente proclive para elo, e só os recursos concretos e moi localizados se rebuscan a unha maior distancia como se testemuña noutros casos (CARBALLO e LÓPEZ COTA 1988). A cerámica desta fase ten unha serie de características básicas a toda a comunidade cultural castrexa, como o son o tipo de pastas – grises, negras ou ocres – a decoración – incisa, cardial, brunida,...– e os motivos das mesmas – círculos, liñas serpentexantes,... – ou mesmo as formas – abertas, oblongas, amplas,...– que dotan de certa unidade o rexistro fósil cerámico, 122

Pese ós poucos datos polínicos que temos de cereais no entorno da Terra de Lemos (Ver AIRA FERNÁNDEZ 1996 ou capítulo 2 do noso traballo), recollidos en Toiriz e Outeiros, temos primeiro a presencia de millo miúdo e millo vello, así coma de mixo ou panizo nas análises referidas; e por outra banda ó déficit pódese deber como xa dixemos á gran acidez do solo que non permita conservar os poles cerealísticos. 123 A recolección de belotas ou abelás así coma outros productos semellantes téñense amplamente documentados noutras zonas castrexas da antiga Gallaecia (Ver VÁZQUEZ VARELA 1974 – 1975, 1980, 1986).

165


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

cunha táboa tipolóxica moi reducida a todo ó ámbito cultural, e que mesmo perviviron en época posterior dando lugar a denominada cerámica galaico ou castrexo romana. Aparecen tamén algúns acubillos de obxectos metálicos, como de machados de bronce en Babela (TdL 6), ou útiles de ferro ou cobre semellantes a espadas, coitelos ou directamente inclasificables –por exemplo no Castro da Pousada (TdL 28) ou a posible fibela de Amboade (TdL 65)–. As moedas que atopamos nestes castros corresponden xa á etapa romana, e algúns castros contan con esculturas de tradición castrexa pero aparentemente de época romana, entre o cambio de Era e o s. I-II d.C. como o Xefe castrexo de Mourelos (TdL 37) ou a cabeza de guerreiro de Vilar de Ortelle (TdL 64)124. 8.2.2 Os Castros Romanizados Falando xa dos castros de época romana, é innegable que tamén na Terra de Lemos se producen perduracións ou construccións ex novo dos castro, cecáis nunha das comarcas que máis se deu, baixo dominio e supervisión romana. Pero como xa dixemos estas continuidades prodúcense exclusivamente no senso material observable na análise constructiva e nos fósiles cerámicos pero cunha significación e funcionalidade totalmente distinta. Os castros lemavos dos que podemos intuír un poboamento en época romana son os que corresponde ás TdL: 2, 4, 7, 12, 17, 24, 26, 34, 36?, 38, 37, 43, 44, 45, 46, 50, 51, 54, 55, 56, 58, 61, 64, 67, 68, 70, 77, 81, 85, 87, 91? ; Uns posúen un emprazamento diferente á etapa anterior, posiblemente por ser ex novo, fronte ós puramente castrexos de continuación en época romana que continúan cos vellos canons de situación e morfoloxía. Unha gran mostra disto é a perda do senso comunal e respectable da muralla, á que agora se lle adosan as vivendas utilizándoa como un muro máis, feito ben visible no Castro de Proendos (TdL 87), o de Guítara (TdL 55) ou o de Ribada-Illón (TdL 34). Alén disto, considerar as murallas como mostra dun espírito combativo e guerreiro, ou sexa de carácter defensivo–militar, non semella que sexa o máis adoitado, coma xa intuíamos nos casos prerromanos, sendo máis ben unha perduración material da aprehensión do territorio por parte da comunidade, feito que non molestaba na nova organización romana, e que si puidera ter trabado as relacións entre o estado romano e a sociedade lemavo romana no caso contrario ó ter un senso militar. Nin sequera nos casos en que intuímos certa tendencia á conformación de lugares centrais castrexo romanos –cunha xerarquización incipiente–, como os castros da Lama (TdL 67), Alende (TdL 70) ou mesmo Ribada-Illón (TdL 34) as murallas non se presentan como feito diferencial e definitorio. Pero as diferencias entre uns e outros castros de época romana son salientables, pese que a dificultade de datar un xacemento a traveso de prospeccións superficiais é farto aventurado, e con elo tampouco solucionamos gran cousa. Os cambios que puideron sufrir ó longo da súa ocupación distorsionan á simple cronoloxía, xa que non é o mesmo un castro de tradición castrexa con perduracións, incluso alongada no tempo, en período romano, cun castro ex novo do cambio de Era ou da Baixo romanidade. O que queda claro é que pouco a pouco vanse abandonando os criterios de planificación castrexa, tanto a nivel externo –emprazamento, senso defensivo, illamento,...– como interno – vivendas agrupadas illadas, barrios de especialización ou respecto da muralla– mudando a simple espontaneidade protourbanística por unha programación urbana máis definida, 124

Obra citada por ACUÑA CASTROVIEJO 1976, p. 65. Só a adscribe á escultura romana provincial con restos de tradición castrexa. Chama a atención que non apareza referenciada nin no libro de plásticas castrexa e romana de Calo Lourido (1994) nin no Tomo de Arte Antigo de Galicia de Ed. Hércules (RODRÍGUEZ COLMENERO 1993).

166


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

fomentando unha distribución espacial máis regular incluso soslaiando desniveis topográficos, realizando aterrazamentos, como ben se anota nos castros de O Castelo Pequeno en Monforte (TdL 4) ,o de Abuíme (TdL 24), o de Corveixe (TdL 43) ou o de Guítara (TdL 55). En fin, como tamén apunta Fdez. Posse e Sánchez Palencia, as perduracións son meramente formais debido a que o seu significado social e funcional xa se diluíra (FDEZ. POSSE 1996, p.174). Son continuacións residuais do castrexo, dende a elección do emprazamento que xa non reponde ós canóns anteriores, sendo agora ubicacións topográficas máis variables, e dun menor tamaño. Distribución e Emprazamento En primeiro lugar, notamos un máis que probable aumento de xacementos castrexos, xa ben sexa por perduracións de poboados antigos ou por novas fundacións –por exemplo, O Castelo Pequeno (TdL 4) como así se testemuñan na comarca–. Esta maior densidade débese particularmente a unha ocupación, e posta en laboura, das terras baixas, veigas e gándaras, agricolamente moi productivas, e que en época prerromana non se vían como potencialmente habitables. Maiormente sitúanse nunha altitude normalmente máis baixa, entorno ós 449 m. de cota media fronte a un parámetro máis superior para os castros eminentemente da Idade de Ferro – cota media 504–. A súa plasmación no territorio, así como outros datos arqueolóxicos e da paisaxe, fannos pensar na tendencia á xerarquizacións entre hábitats, entre castro e enclaves romanos (Ver Castillós, Proendos) ou entre os mesmos castros, neste caso sen unhas dependencias afogantes, senón máis ben convertendo a determinados enclaves en lugares centrais de certa entidade ó estilo clásico, como poden ser os castros de Castelo Pequeno (TdL 4), Alende (TdL 70), Ribada-Illón (TdL 34) ou o da Lama na Barxa Lor (TdL 67). O seu emprazamento cambia substancialmente abandonando progresivamente tanto as cotas altas como a situación nos curutos dos montes, cerros escarpados ou picos illados – dos que temos varios exemplos prerromanos no noso estudio como o Castro de Fiolleda (TdL 8), o de Babela (TdL 6), o de Castelo Grande (TdL 3), en Amboade (TdL 65) en Pantón ou Gundivós en Sober (TdL 84)–. Agora os emprazamentos castrexos sitúanse nas medias ladeiras, nas baixas ramplas dos montes ou incluso nas chairas directamente, como poden ser os castros de Corveixe (TdL 43) no Saviñao, o de Proendos (TdL 87), Ferreira (TdL 58), ou o de Alende (TdL 70), respectivamente. Pero non se agotan os de altura nos curutos, ou sexa, os Tipo A, coma o de Vilar de Ortelle (TdL 54) ou o Cotarro de Bolmente (TdL 81). Así mesmo, facendo unha porcentaxe simplemente cabalística dos castros de posible adscrición romana, ocuparían no 15% os cumios e ladeiras altas, 54´2% as ladeiras medias e o 30´8% as terras chairas ou baixo ladeiras. Polo tanto, seguen dominando a situación Tipo B, pero agora cunha tendencia a descender uns metros ladeira abaixo, e coa aparición e asentamento definitivo en chairas. Os castros en cumios altos semellan responder á dinámica de perduracións de hábitats prerromanos, mentres que os de chaira serían núcleos ex novo romanos. Non se produce, sen embargo, unha baixada radical ás chairas abandonando ós curutos dos montes, senón que se amplían as variantes, é dicir, o emprazamento dos castros pode realizarse agora en calquera lugar propicio, tanto sexa nunha cota alta e na cima do monte, como o Castro da Xesteira (TdL 54) cunha cota de 560 metros ou o de Vilar de Pantón (TdL 64) con 671 metros. É dicir, mantéñense nalgúns casos os castros en altura, dominando os vales e chairas dende curutos ou lombas altas pero manifestándose unha maior diversidade e amplitude de ubicacións, creando así un maior repertorio á hora de ubicar un castro romano.

167


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Constátase, polo tanto, por un lado unha continuidade no emprazamento e morfoloxía dos castros romanizados, e por outra parte aparecen novos lugares e claves de emprazamentos noutros casos. Si no mundo prerromano a distribución dos castros polo seu emprazamento e altura respondía a unha dialéctica entre castros en cerros illados –36´3%– , ladeiras altas –54´7%– e ladeiras baixas e chairas – 9% – agora os datos demostran unha maior diversificación entre os castros en cerros – 15% – os de ladeiras medias e baixas – 55% – e chairas – 30% –. Distribución dos castros romanos segundo o seu Tipo de Emprazamento (%)

30,8

Tipo C

54,2

Tipo B Tipo A

15

0

20

40

60

As terrazas altas e outeiros seguen ocupando unha posición destacada, aínda que aparecen situacións novas, como os de ladeira baixa en terrazas e/ou directamente emprazados en chairas, que lle comen terreo aceleradamente. As ladeiras altas e cumios dominan na parte Leste da Comarca de Lemos, debido seguramente a súa peculiar e propicia orografía e o traballo na minería como sucede no Castro da Roda ou o de Alende en Brollón (TdL 67 e 70 respectivamente). Pero tampouco supón ningún inconveniente agora acampar sobre terreos sedimentarios e/ou gándaras e veigas con tendencia ou perigo de asolagamentos e doutros inconvenientes habitacionais. É evidente que na maioría dos casos concernentes ás ladeiras altas e curutos dos montes soen corresponder con perduracións de poboamento de hábitats castrexos a núcleos romanizados, pero non conforman aparentemente, pese a súa condición dominante, lugares centrais ou xerarquías como lle ocorre a Vilar de Ortelle (TdL 64) ou a Roda do Castro en Brollón (TdL 77) en pos de castros próximos de máis baixa altitude como o de A Lama (TdL 67) ou o de Alende (TdL 70). Ou sexa, móstrase unha maior predispoñibilidade a ocupar as veigas baixas e situarse nas proximidades das correntes fluviais, preferindo os regatos e ríos de índole secundaria –a uns 300-500 metros como mínimo– fronte o case abandono das grandes vertentes coma o Miño e o Sil, onde localizamos un certo respecto a situarse nas súas cercanías –situación mínima a uns 2 quilómetros–. Observamos, por outra parte, maiores labores de aterrazamento e operación sobre o terreo elixido para o hábitat. A anterior adaptación á topografía natural en época castrexa, supérase mediante unha programación do núcleo poboacional máis intensa e cun maior e máis amplo número de aterrazamentos internos e externos ó castro. Pérdese por tanto a espontaneidade que caracterizaban ó castrexo clásico. Parámetros coma visibilidade e a intervisibilidade perden agora a importancia que tiñan no período anterior, xa que en moitos dos castros romanos –máis dun tercio– sitúanse nos vales encaixados do Cabe, Saá e Lor ou de regatos e arroios de certa entidade. A súa situación é proclive a relacionarse entre si, pero non visualmente, aparecendo ás veces ás costas uns

168


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

enclaves de outros cercanos, ou accidentes xeográficos que impiden a visibilidade directa entre dous ou máis castellum, como por exemplo sucede entre o castro de Proendos (TdL 87) e o de Liñarán (TdL 85), xa que a menos de quilómetros e medio encóntranse os dous totalmente de costas. Semella entón que prefiren os vales encaixados e certa tendencia á ocultación. O dominio das terras baixas e veigas, sen desaparecer, deixa de ter un senso positivo e definitorio para o emprazamento do castro. Pese a situase en terreos elevados na maioría dos casos, os grados que dominan visualmente os castros a penas superan a metade do seu campo visual –200º– deixando un costado practicamente a cegas na maioría dos casos. Bo exemplo desto son o Castro da Xesteira (TdL 54) ou o de Liñarán (TdL 85) que só dominan un fronte visual. Nembargantes, non sempre sucede esto, xa que tamén temos exemplos de emprazamentos en altos cumios dominando as terras baixas en tódolos ángulos de visión, cuxos maiores exemplos serían o Castelo Pequeno (TdL 4) – con clara función de control visual–, Abuíme (TdL 24), A Cibdá de Xuvencos (TdL 50) ou Guítara (TdL 55). Pero estes datos que acabamos de comentar non inciden nunha tendencia ó illamento, como encontrabamos no castrexo prerromano, senón que se deixan de usar parámetros antes positivos e, pese ó que poda parecer, analizados en conxunto ou en células micro rexionais observamos unha clara mostra e proclividade ás relacións entre eles, acentuado tamén pola maior densidade de poboamento, rompendo a voluntariedade do illamento na etapa anterior. Por unha parte, seguimos tendo datos de asentamentos castrexos con valores positivos de emprazamento segundo patróns da etapa prerromana e por outra banda temos a situación oposta, con castros con parámetros realmente negativos na súa natureza e pese a elo teñen certa magnitude, importancia e desenrolo. Polo seu emprazamento as terras que dominan reducen o seu radio, perdendo aparentemente a autoridade sobre as terras –non só visual senón tamén territorialmente– debido á maior densidade e proximidade doutro asentamentos. Delo deriva a nosa consideración dunha complementariedade poboacional e productiva, así coma outros autores cren observar un paso da posesión comunal da terra cara a privada, podendo estar estes fundi castrexos repartidos de maneira descontinua. Por último, os castros romanizados semellan crear un tecido máis lineal na súa distribución especial en conxunto, acusando o proceso que xa se percibía no poboamento prerromano, amoldándose ós cursos fluviais e ás vías de comunicación, aínda que neste último caso pode suceder ó revés, que as vías pasen a carón de núcleos xa habitados como A Lama (TdL 67), Marrube (TdL 29), Vilar de Ortelle (TdL 64) ou Mourelos (TdL 37). Tampouco se pode esquecer por outra banda a tendencia máis que probable a conformar grupos ou células micro rexionais –con auténticos lugares centrais– que aglutinarían a castros de senso complementario, cun nivel organizativo conxunto a nivel local, como semella suceder no Leste de Lemos, no Val do Lor e nas explotacións mineiras, suplementándose uns a outros nas tarefas productivas e comerciais. Tamaño e Morfoloxía O tamaño dos castros aumentan tamén nos posibles castros romanizados, pese a que a maioría deles son menores a 0´5 – 1 Ha, co 49%. Rara vez o tamaño do castro supera as 3 Ha de tamaño máximo, como rondan os castros de Ribada-Illón (TdL 34) ou o de Sta. Mariña de Eiré (TdL 56), correspondéndolle o 12%. O 39% encontraríanse entre as 0´5 e 1 Ha, como lle ocorre ó castro de Proendos (TdL 87), Abuíme (TdL 24) ou o de Eivedo (TdL17).

169


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Tamaños dos castros romanos (Ha) >1 Ha

12%

0,5-1 Ha

39% 49%

<0,5 Ha 0%

10%

20%

30%

40%

50%

60%

O tamaño medio destes enclaves é de 0´73 Ha, sensiblemente máis grandes ca media xeral – 0´62 Ha – e ca media prerromana – 0´46 Ha –.

Tamaño medio dos castros da Terra de Lemos (Ha) 0,8 0,6 0,4

0,46

0,73

0,62

0,2 0

Castros Prerromanos

Castros Romanos Total Castros

Curiosamente, se achamos a media do tamaño dos castros que aparentemente só presentan un nivel de ocupación, romano, é dicir dos deductivamente núcleos ex novo, esta sitúase nos 0´63 Ha a penas 0´01 Ha da media xeral. Por isto debemos de pensar que se produciu unha dobre dinámica nos tamaños dos castros romanizados de Lemos: en primeiro lugar, unha serie de castros presentan un tamaño maior á media, que se corresponden con núcleos que presentaban un poboamento prerromano, ou sexa, móstrase un crecemento deste castros coma por exemplo detectamos no castro de Ribada-Illón, que pasa de 0´51 Ha a 1´40 Ha en época romana ou o similar ampliación sucede en Vilar de Ortelle (TdL 64), Sta. Mariña de Eiré (TdL 56) ou Guende (TdL 52). Namentres, os núcleos ex novo son máis pequenos –0´62 Ha– que as perduracións, situándose nunha media semellante ó fenómeno castrexo xeral de Lemos. Pero este maior tamaño non se observa tanto no núcleo central do castro –o recinto interior e a croa– pero sobre todo en numerosos e amplos aterrazamentos, a modo de antecastros125, que consideramos desta etapa polos materiais recollidos. De tódolos xeitos, a mutación nos tamaños dos castros non supón un cambio substancial e espectacular, como sucede noutros casos (OREJAS 1996, p.126-133), respondendo tal vez a unha reorganización, reagrupación e/ou aumento poblacional na etapa romana.

125

Queda aquí a dúbida se estes antecastros formaron parte en igualdade de condicións ó do resto do castro, é dicir, se funcionaron só para labores secundarias –estabulación, defensa, unidades productivas,...– ou tamén foron habitados. Nós no noso caso non temos datos para afirmar unha ou outra posibilidade.

170


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Encanto ás morfoloxías dos castros, non mostran un cambio representativo, respondendo ós vellos patróns castrexos dominando a curva nos perfís, debuxando siluetas circulares, ovais ou elípticas, e mostrando, eso si, certa tendencia ó alongamento da figura dos castros debido ós antecastros e aterrazamentos que se lle adosan á figura central. Non son polo tanto as morfoloxías romanas do castrexo definitorias para unha diferenciación cronolóxica, xa que temos castros circulares, a maioría coma o de Ferreira (TdL 58), alongados coma o de Guende (TdL 52) ou cónicos coma o Cotarro do Castro en Bolmente (TdL 81). As murallas mantéñense nas siluetas dos castros romanos pero non podendo constatar un cambio no perfís desta, como a tendencia á regularidade ou a escuadra dos bastións que se nos mostra noutras partes. Nembargantes, chaman a atención certas defensas de castros romanizados, auténticas estructuras defensivas completas con muralla pétrea, parapeto térreo e de cachotes e foxos, de composición circular–oval e de triple recinto como sucede nos castros de Guítara (TdL 55) ou Guende (TdL 52), verdadeiros fortíns rurais. Tamén é salientable a morfoloxía defensiva do Castelo Pequeno en Monforte (TdL 4) que actuaría de castelo ou castronela defensiva durante o baixo imperio e inclusive en época altomedieval. Dentro dos castros romanizados da comarca de Lemos non temos a penas datos, só podendo constatar en algúns casos a aparición de recintos ou casas rectangulares en boa cantería e as veces con morteiro. De tódolos xeitos, as escavacións deberan indagar neste aspecto, e na máis que probable tendencia á urbanización interior dos poboados castrexos (Ver FARIÑA e Outros 1993, OREJAS 1996 ou FERNÁNDEZ POSSE e SANCHEZ PALENCIA 1996). Terras e Economía Xa vimos á hora de ver a rexionalización castrexa na Terra de Lemos (TdL), o poboamento castrexo romano agora configúrase en tres tipos de emprazamento –fronte ós dous tipos basicamente prerromanos– segundo a súa funcionalidade: os castros destinados á explotación agropecuaria e gandeira das súas pedanías, que se situarían maiormente na chaira de Lemos e a pé de monte tanto cara o Val do Miño, do Sil e do Cabe –como o son os castros de A Parte (TdL 12), a Xesteira (TdL 54 ou o de Liñarán (TdL 85)–. Outro grupo de castros estarían destinados á explotación mineira directa ou indirecta; estes sitúanse maiormente no Leste da Terra de Lemos no Concello de Proba de Brollón. Tal vez os castros de Ribada-Illón (TdL 34) en Escairón que estivo na base productiva das minas de Licín, A Lama (TdL 67) e a Roda do Castro (TdL 77) para as minas do Lor ou o Castro de Alende (TdL 70) e o Coto do Castro (TdL 75) para as minas de ferro e ouro do Saá. Estes castros mineiros terían como obxecto a explotación dos xacementos primarios e secundarios entorno os ríos Sil, Lor e Saá (DOMERGUE 1987, p. 342-357). As minas romanas de A Lama–Filpeira ou as do Medo, que contan con auténticos lavadoiros de ouro típicos da minería galaico romana, e as explotacións férricas de Alende ou Licín, así coma o aproveitamento dos praceres fluviais parecen ser o propósito das xentes destes castros, ben dunha maneira directa traballando nas explotacións, ou ben abastecendo de productos comestibles ou técnicos a outros castros. Por último, outro grupo de castros estarían dirixidos na súa ubicación a prestar diferentes servicios, como a protección das vías, vixía, fortaleza ou simple lugar de lecer e servicios de hospedaxe de viaxeiros e comerciantes..., sen que esto supoña unha relación excluínte das outras actividades, ben extractivas mineiras, ben agropecuarias. Castros como o da Lama na Baixa Lor (TdL 67) adscrito á ponte e a vía romana, o de Proendos (TdL 87) encaramado sobre a vía, o de Mourelos, preto dos Cóbados de Belesar (TdL 37), o Castelo Pequeno (TdL 4), posible fortaleza tardo romana e alto medieval, ou o Castro da Roda en Rubián (TdL 20) situado tamén no rastro da vía a Lucus, poden corresponder con estes tipos de castros que xunto coa explotación primaria conxugan outros planos de servicios terciarios. Outro bo exemplo é o Cotarro do Castro de Bolmente (TdL 81), preto do Porto Senabreca.

171


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

De tódolos xeitos, tampouco debemos caer nunha radicalización desta tripolarización tanto de modo interno –non tódolos castros dun mesmo grupo teñen porque ter as mesmas condicións e caracterizacións–, coma no eixo externo –xa que un mesmo castro pódese incluír nun grupo, en varios ou en ningún –. Nembargantes a súa especialización económica e productiva é máis evidente que nos castellum prerromanos onde a autosuficiencia confería unha multiproductividade a cada enclave. A súa condición de complemento poboacional xunto cos enclaves romanos non castrexos semella claro, levando o papel dominante no poboamento ó menos en cantidade, xa que algúns dos núcleos romanos situados autenticamente a pé de castro, puideron exercer tutela sobre os poboados castrexos a modo de organizador/rexedor local e comarcal con potestades organizativas e político–administrativas, como no caso de Castillós – A Xesteira (TdL 54) ou entre a villae e o Castro de Proendos (TdL 87). Os castros polo tanto, en época romana, deixan de ser o único hábitat de poboamento existente e pasan a ser un suplemento, moi importante no caso de Lemos, na organización do hábitat, pero deixando de ser unha unidade autónoma sendo agora dependente en diversos aspectos doutros núcleos. Materiais Os castros romanos da Terra de Lemos presentan un rexistro fósil moi semellante ó resto de enclaves deste tipo nas diferentes comarcas castrexas da Gallaecia. Por un lado, observamos unha forte e gran perduración do repertorio cerámico prerromano, caracterizado por amplas, grandes e abertas potas, xerras e fontes, de pasta parda, grisácea ou negruzca con tendencia á asimilación de formas, decoracións e preparacións ó modo romano. Por outra banda, aparecen as cerámicas características romanas, a común de mesa e a de construcción, formada a primeira por formas máis pechadas e pequenas que as prerromanas, de pasta compacta e homoxénea con desgrasantes máis miúdo e con compoñente arxiloso de maior calidade. A pasta ten unha cor máis clara, parda, laranxa rematada con engobes vermellos ou claros. Atopámolas en castros coma os de A Cibdá de Xuvencos (TdL 50), Orxainza (TdL 44), Ousende (TdL 38), Ribada-Illón (TdL 34), Abuime (TdL 24), Sta. Mariña de Eiré (TdL 56), Guítara (TdL 55) ou Guende (TdL 52). A súa orixe pode ser de carácter local ou ben –pese ó escaso valor– semellan ser de importación dende zonas calizas da Península coma a Tarraconense ou a Lusitania, traídas ca conquista e comercializadas por mar ou terra polas vías xa coñecidas que chegaban ó interior de Lugo. Tamén temos achado anacos posiblemente de ánfora romana –en Eivedo (TdL 17) por exemplo–, pero non puidemos determinar o seu modelo e procedencia. O material de construcción, tegulas e imbrices e ladrillos, soen ser os fósiles máis abondosos que nos encontramos, tendo a súa forma e composición característica. Por exemplo, atopámolas en Vilacaíz (TdL 45), Vilaesteba (TdL 46), Mourelos (TdL 37), Eivedo (TdL 17) ou a Xesteira (TdL 54). Pola contra, non temos novas da aparición de Terra Sigillata, pero si de cerámica de imitación de vermello pompeiano –na Xesteira (TdL 54) ou no castro de Proendos (TdL 87) – atopado en algunha estación castrexa. Multiplícanse pola contra os achados de obxectos metálicos, ben sexan moedas –no caso de Abuíme (TdL 24) ou Eivedo (TdL 17), ou obxectos indeterminados de ferro e bronce – coma os obxectos de Ousende (TdL 38), Ribada-Illón (TdL 34), un martelo mineiro en Abuíme (TdL 24) ou mesmo as posibles espadas de Corveixe (TdL 43)–.

172


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

De tódolos xeitos, tendo a riqueza da zona lemava, non se atoparon en demasía obxectos de metal se comparamos con outras zonas coma Lobeira (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955), Trasdeza (CARBALLO 1986) ou Viana do Bolo (XUSTO RODRÍGUEZ 1993). Por último destacamos a existencia de material variado coma fusaiolas e muíños de man –sobre todo o Catillus– atopados por nós mesmos en castros coma os de Sta.Mariña (TdL 56), Ribada-Illón (TdL 34), Mourelos (TdL 37), da Torre (TdL 26), Vilar de Ortelle (TdL 64) ou Orxainza (TdL 44), entre outros. Recapitulación A Terra de Lemos sofre un tecido castrexo durante a dominación romana, debido a diversos factores que máis podemos intuír que contrastar: un presumible aumento demográfico producido pola redistribución de poboación e polo pulo productor agropecuario das terras de cultivo e cunha maior intensificación na productividade do medio trala chegada das novas técnicas e métodos latinos; a mesma explotación intensiva e extensiva dos campos, tanto agrícola e gandeira, xera o nacemento de novos poboados castrexos, xa que o mundo romano aborda o traballo de terras fermas, pesadas, laboriosas, montes, bosques, ou touzas que antes non interesaban ou non se dispoñía dos mecanismos axeitados para a súa laboura. Así mesmo testemúñase, tanto nas fontes literarias como arqueolóxicas, o traballo de zonas asolagadas ou aterrazadas e a introducción de novos productos agrícolas a gran escala sobre todo no que respecta a tríade mediterránea. Os patróns do poboamento prerromano mudaron na etapa romana dunha maneira progresiva pero radical incidindo na agonía do fenómeno castrexo xeral. Polo tanto, non se pode concibir e comprender os castros de época galaico romana sen o seu contexto xeral e concreto en tanto en canto á organización e poboamento do territorio se refire. A diferencia da Cultura Castrexa Clásica na que o castro era a célula básica e única, agora os enclaves castrexo–romanos son complemento do resto da organización territorial, social e económica cunha maior ou menor incidencia segundo as zonas nas que se presentaba o fenómeno castrexo, ou mesmo nunha mesma zona dentro desta, como ocorre entre o Oriente e Occidente da Terra de Lemos, sen que elo supoña un maior ou menor índice de romanización e integración, como xa se veu sinalando en canto romanización no Noroeste non é só urbanización, xa que os parámetros urbanísticos latinos serían pouco amoldables a certas zonas do Noroeste, como o Val de Lemos, que aínda hoxe en día, no poboamento actual, teñen problemas para ser consideradas como urbanas, protourbanas ou de hábitat agrupado. Quédanos por saber, e non é pouco, se o poboamento castrexo na maioría dos casos levouse a cabo dunha maneira sincrónica ou diacrónica cos veciños. Se fose o primeiro caso, abriríasenos a dúbida do por qué se sitúan hábitats tan próximos, e se é dunha maneira diacrónica a nosa pregunta sería por qué elixen un lugar de similares condicións de emprazamento, situación e relacións co entorno. Os castros subsisten máis alá da caída do Imperio Romano de Occidente e a entrada dos Suevos e Visigodos na Gallaecia, como o demostran as fontes literarias sobre a advocación ou ocupación de castros maiormente ante ataques musulmáns –caso de San Vicente do Pino e a súa proclamación de Castro Actonium, ou as noticias de reocupación do Castro de Sta. Cristina polos enfrontamentos entre Alfonso II e os exércitos árabes (por GÁNDARA recollido en VÁZQUEZ, G. 1990, p.103)126, así coma tamén se documenta no rexistro fósil, cando aparecen cerámicas de adscrición medieval no Castelo Pequeno (TdL 4) ou mesmo o broche de ouro e pedrería aparecido no entorno do Castro de Baamorto (TdL 2), de clara tendencia e cronoloxía – s. VI d.C. – xermana (MUSEO DE LUGO 2003).

126

A fonte deste enfrontamento provén da Chronica de Alfonso III, sucesor do Rey Casto.

173


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

8.3 A articulación do poboamento na Civitas Lemavorum: A Relación con Lucus Augusti e Asturica Augusti. A Civitas Lemavorum foi inscrita dende a súa conformación dentro do convento lucense, pero pola súa disposición estivo moi relacionada co convento astur e a súa capital, e co Norte do convento brácaro, feito que se mantivo ata os nosos días, como proba a inclusión da parte Oriental do Caurel á Diocese de Astorga ou as relacións directas entre Monforte e Ourense. Xa falamos anteriormente do senso “fronteirizo” da Serra do Courel e do río Sil con respecto ó mundo astur, xa que nas afloracións montañosas do Leste tivo unha presencia importante o persoal militar e administrativo romano –como o demostran os numerosos achados cuxo maior exemplo é a aguia militar do Courel–. Esta presencia astur está claramente provocada pola riqueza mineira desta zona, e foi a que levou a cabo o control e a organización das explotacións mineiras, así coma a dotación de infraestructuras necesarias –poboados, canles ou depósitos,...– para elo. Este persoal viría principalmente dende o convento astur á zona de Astorga e León, onde se encontraban os funcionarios e oficiais do imperio relacionados ca minería e un gran número de soldados destinados permanentemente en Hispania. Ademais, non fai falla recordar a proximidade da maior explotación mineira a gran escala do Noroeste, ou sexa, as Médulas, e de explotacións menores coma a Mina da Toca e outras no Courel. A cunca do Saá, do Cabe, do Lor e do Sil tiveron abondosos recursos mineiros coma xa vimos (Ver apartado minería, ou DOMERGUE 1987, t.2 p.349; SANCHEZ – PALENCIA 1983, p.387–396) explotados polos romanos. Este aspecto económico e comercial estivo controlado dende Asturica Augusta xa que ademais de contar con técnicos, administrativos, burócratas, funcionarios e persoal militar para a prospección e explotación nela, asentábase dende o período flavio, aló pola década dos 70, ata a fins do século II d.C. o Procurator Metallorum per Asturia et Gallaeciae. Supoñemos que aínda tería un pulo importante a explotación mineira no Noroeste porque esta será o principal obxectivo polo que Caracalla crea a Provincia Nova Antonina Citerior no ano 212, aínda que con escasa vida, desaparecendo como moi tarde nos anos 20 dese mesmo século (SANTOS–YANGUAS, N. 1988, p. 45–90). É no século III d.C. e definitivamente no IV cando entre en crise, perdendo así a capitalidade do Noroeste e favorecendo o ascenso de Bracara. Ademais, a explotación e o control mineiro do ouro requiría unha retagarda militar que proxectase, controlara e protexera tanto ás minas coma ós seus recursos, incluído o sistema viario que lle dese saída –e entrada– ós productos extraídos e importados. Estas características si aparecían nas cualidades de Astorga o pouco do cambio de Era e non na capital conventual á que pertencían os Lemavi, Lucus Augusti. Esta dicotomía fixo que a Terra de Lemos sufrira unha leve compartimentación xeográfica debida á polarización efectuada polas capitais conventuais e os seus recursos, cunha parte Leste con tendencia a relacionarse co convento Astur e ca Civitas dos Gigurros maiormente, mentres que a parte Oeste e Norte teñen unha clara vocación orientada cara o interior Gallaico e Lucus Augusti. Este feito móstrase en lixeiros detalles, observando así un poboamento máis intensivo no Oeste, cunha maior presencia de asentamentos romanos abertos –ben vici, villae ou casais–, mentres que a parte Leste contaría cun maior poboamento castrexo–

174


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

romano sen case percibir núcleos romanos abertos, e onde as explotacións mineiras se levan a cabo dende Castros coma o da Lama (TdL 67), A Roda do Castro (TdL 73) ou Alende (TdL 70), aparentemente moi romanizados. O feito de explotacións dende castros romanizados documéntase ben nas Médulas ou máis preto de Lemos no Castro de Vilar no Courel. Nembargantes a parte Oeste da Terra de Lemos posúe un maior poboamento tanto castrexo, castrexo romano coma de núcleos abertos romanos, namentres que a parte Oriental ten un menor número de asentamentos castrexos e castrexo romanos –sen apenas documentación arqueolóxica de núcleos eminentemente romanos– pese a súa preponderancia en xeral e a unhas máis que presumibles maiores perduracións nos hábitats prerromanos cara época romana. Esta dinámica puido estar na base da posterior separación en condados diferentes na época xermana cando o Oeste de Lemos quedou encadrado no Comitatus Paramiensis cuxa fronteira se trazou por Baamorto. Estas relacións co mundo astur quedaron reflexadas, por exemplo, na placa epigráfica aparecida en Astorga (MAÑANES 2000, p.79–82, fig.54) que teñen como protagonistas a personaxes lemavos –traballadores emigrantes ou elite que se traslada á nova capital?– ou na vía que se dirixe dende Castillós e Monforte cara Barxa Lor e Foro, para logo chegar a Asturica pola vía XVIII. Precisamente, esta vía é a máis probable pola que marcharían os productos extraídos da explotación mineira cara Astorga, e ó contrario do que se cre tradicionalmente, non cremos que sexan embarcados polo río Sil e Miño abaixo. O transporte efectuaríase pola vía que cruza transversalmente Lemos (Ver Logo) – de mellor trazo que o resto e ca importante ponte romana de Barxa Lor aínda hoxe en pé – para utilizar a Vía Nova militar con dirección á capital astur. Dende aí, o transporte dos materiais extraídos, unha vez traballados, contabilizados e repartidos entre os beneficiarios da zona astur, partirían cara Roma pola vía terrestre que cruzaba toda a Meseta Norte por Zaragoza –Caesar Augusta– cara Tarraco de onde, ben por mar ata Ostia ou ben terra por Marsella e os Alpes, chegarían a Roma as ansiadas riquezas do Noroeste hispano. A tradicional preferencia da viaxe por mar, ben polo Atlántico dende o Miño ou dende Tarraco, non sería tan propicia como se pensa polas dificultades de navegación do Atlántico e do Mediterráneo, sobre todo en inverno, e pola existencia de piratas e a tardanza no seu transporte; mentres a vía terrestre sería segura e máis rápida (FERNÁNDEZ OCHOA E MORILLO CERDÁN1988, p.90). Xunto con ela, non é descartable que os bens mineiros ascenderan ata Lucus pola vía que achegaba Dactonium e a capital conventual, para logo dende alí dirixirse cara o porto marítimo de Flavium Brigantium –A Coruña– que testemuña tamén o transporte de material mineiro pertencente ó Estado Imperial (como sinala PÉREZ LOSADA 2002, p.136 notas 232 e 233). Namentres, Lucus Augusti tivo a capitalidade do seu convento dende a súa creación, sendo o referente político–administrativo, económico e incluso cultual para as súas Civitas, entre ela a lemavorum. Lucus Augusti, pese a ter as mesmas facultades que as outras capitais conventuais, o seu desenrolo non chegaría a ser tan importante como o de Bracara e Asturica,. A capital era a encargada de fiscalizar nun nivel superior ás civitas, é dicir, tiñan que facer o mesmo que as civites realizaban cos seus castella, pero a unha maior escala. O cobro e recadación de impostos era a función principal, pero non a única, xa que era a

175


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

capital conventual a encargada de controlar, organizar e prestar axuda ás unidades organizativas inferiores. Lucus era o enlace entre Roma e as civitas,con dobre dirección e sentido, polo que a inspección e vixía converteríanse nunha facultade primordial. Pero xunto con esto, a outra principal función da capital conventual sería a de acomodar o substrato indíxena ó mundo romano, é dicir, romanizar, mediante os diversos mecanismos xa coñecidos e mencionados anteriormente. A difusión da cultura, tradición e modos de vida romana, espalláronse progresivamente dende os centros urbanos e non urbanos, xa que no Noroeste, como vimos repetindo, romanizar non é urbanizar nin é tarefa exclusiva destes núcleos. Outro dos mecanismo máis apropiados para esta romanización é a creación e/ou potenciación de enclaves comerciais, coma mercados rexionais e locais xestionados por cada localidade ou civitas, pero administrados dende á capital. Lucus exercería, polo tanto, as facultades propias de capital conventual sobre as súas civitas, entre elas as lemavas, destacando o cobro de impostos, a creación de mercados para colocar productos nas dúas direccións e o exercicio de xustiza, a nivel local, xa que os Legatus Iuridice foron unha institución xeral para toda a Asturica et Gallaecia. Deste modo, Lucus recibiu productos agropecuarios e manufacturados dende o mundo lemavo, potenciando a explotación intensiva e extensiva das terras monfortinas, e Lemos fornecíase doutros productos e aspectos dos que carecía, coma productos mariños, aceite, viño ou mesmo cerámica romana. Nembargantes, falta hoxe en día saber cómo era e ata onde chegaba a articulación entre campo e cidade no Noroeste, e en concreto no Convento Lucense. Polos datos que manexamos, non podemos establecer unha articulación e organización campo–cidade de gran magnitude, a modo de dependencia, senón máis ben dun xeito natural, superando á anterior autarquía e autosuficiencia pero sen chegar ós extremos de subordinación que se dan na Idade Media. Ademais, a elección das terras máis ou menos propicias para os labores agrícolas estaría provocada polas necesidades de avituallamento das grandes urbes do Noroeste e de comarcas veciñas, xa que xunto ca provisión de recursos gandeiros, a agricultura sería un piar básico da economía e comercio de Lemos. Superaríase deste modo, a autosuficiencia productiva do mundo prerromano para dirixirse xa a unha economía productiva de senso comercial. Tamén, as relacións con Lugo e Astorga marcaron o poboamento romano na Civitas Lemavorum, tanto castrexo–romano coma dos poboados eminentemente romanos abertos, en tanto en canto os asentamentos tenderon a concentrarse ó redor e seguindo as liñas marcadas polas vías principais que dende Lemos levaban a estes núcleos. 8.3.1 As vías romanas da Terra de Lemos. A organización romana do territorio recén incluído no aparello imperial, non foi definitiva ata que se trazou un plan completo para a creación dunha rede xeral viaria, que puxera ós pobos conquistados en relación con Roma e viceversa, o que significaba enlazar a Civitas Lemavorum ca súa capital conventual, Lucus Augusti (VER FIGURA 21 no ANEXO I). Estas relacións introducirían ós novos territorios no entramados comercial mediterráneo, onde Roma ocupaba o cumio xerárquico, co seu senso explotador. Esta dobre dinámica posibilitou unha maior e máis rápida asimilación e cohesión entre ámbolos dous mundos, o indíxena e o romano.

176


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

O carácter interior e case illado da comarca monfortina, apartada das grande vías de comunicación romanas do Noroeste –a XVII, XVIII, XIX e XX– non impediu que a cubeta lemava estivera ben cuberta de vías de comunicación, que a levaron a converterse nun auténtico cruce de camiños,uxo maior expoñente sería a súa mansío–capital: Dactonium. A ausencia de vías principais, referímonos ás recollidas principalmente no Itinerario de Antonino, converte a calquera vía que pase por Lemos nunha calzada secundaria ou terciaria, sendo por iste motivo pouco coñecidas nos repertorios viarios da época, como o propio Itinerario Antonino ou a Táboa de Peutinger ... Sen embargo, temos constancia da súa existencia por diversos métodos: primeiro, pola saída á luz dos vestixios das propias vías (como pudemos observar nós mesmos nos Cóbados de Belesar ou no entorno da ponte da Barxa Lor); en segundo lugar polo achado de diverso material romano á beira de camiños antigos (caso de miliarios), e por último, pola simple intuición dun paso orixinal das calzadas gracias á aparición de material epigráfico, sobre todo aras adicadas ós deuses Lares Viais, que com xa dixemos en varias ocasións son divinidades asociadas ós camiños e encrucilladas. A maior ignorancia e descoñecemento destas vías débese presumiblemente a que non foron vías militares –coma tódolos historiadores locais queren ver– nin de utilización oficial, polo que non se efectuaron nelas moitas obras de infraestructura. Como vimos ó longo do noso traballo, e no epígrafe anterior, estas comunicacións eran necesarias para comunicar a tódalas Civitas do Noroeste con Roma, a traveso das súas capitais conventuais, que no noso caso lemavo significaba poñerse en contacto con Lucus Augusti e Asturica. O carácter militar destas vías, aducido pola historiografía de tintes románticos e lendarios do século pasado –e que basean esta interpretación na existencia das Cohorte e Ala dos cidadáns lemavos romanos (VAZQUEZ, G. 1990, p.79–82)–, non concordaría co desenrolo e magnitude das mesmas, xa que de selo, deixarían unha maior impronta arqueolóxica –maior trazo e aterrazamento da vía, miliarios, pontes,... A importancia das vías á hora de organizar o territorio é fundamental, xa que ademais de permitir a relación entre unha maior cantidade posible de poboacións, as calzadas funcionan coma un factor positivo cando se establecen os novos núcleos poboacionais, coma xa vimos, tanto romanos coma prerromanos. Estas relacións estableceríanse tanto a priori coma a posteriori, é dicir, o trazo das calzadas efectuaríase enlazando enclaves xa habitados, pasando polas beiras dos castros ocupados no cambio de Era, ou ben, unha vez trazadas as novas vías romanas, as villae e asentamentos romanos abertos así coma nos castros romanizados erguidos ex novo, emprazaríanse ó carón dos diferentes pasos de comunicación, como xa vimos ó analizar estes núcleos. Esta ubicación do poboamento entorno as vías é a rúbrica da función para a que servía o Estado romano: –Primeiro, controlar e administrar ás poboacións prerromanas e posteriormente facilitar a integración e participación das civitas nos seus respectivos Conventus. –En segundo lugar, introducir estas mesmas Civitates no círculo comercial romano, e primordialmente, no abastecemento de productos primarios e doutro tipo ás capitais conventuais, Lucus e Asturica. Na outra dirección tamén se actuaría comercialmente, introducindo e aportando materias e manufacturas alleas á terra lemava, como o denotan a introducción de moedas romanas, Terra Sigillata ou mesmo a cerámica común de Proendos.

177


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

A cubeta monfortina foi unha comarca moi propicia para a producción cerealística e gandeira que posiblemente fomentou as transaccións comerciais coas máis poboadas e necesitadas capitais conventuais. A orixe destas vías estaría xa no comezo da conquista e integración do Noroeste, proxectadas e realizadas por guarnicións militares posiblemente, e cuxo maior pulo debeuse producir en período flavio, como se testemuña en xeral na futura Gallaecia. Dúas serían as direccións principais que trazarían as calzadas romanas que cruzan o Val de Lemos, unha en dirección Norte–Sur, que uniría probablemente Lucus Augusti con Dactonium, que nós anteriormente identificamos en Castillós; mentres a outra percorrería a cubeta en sentido transversal de Oeste a Leste, unindo a vía Lucus Augusti–Aquis Originis– Bracara, que pasaba por Chantada e logo Quiroga, ca Vía Nova XVIII na mansio de Foro Gigurrorum. En canto á primeira, a de Lucus a Dactonium, temos un documento excepcional na segunda, e posiblemente a que se cre verdadeira, das Táboas de Barro de Astorga. Na parte inferior da táboa fálanos da seguinte vía (ROLDÁN 1975, p.163–175): VIA LUCO AUGU[S]TI A[D] / AQVAE QUIN[...] / DACTONIUM [IX...]

Figura 7.- 2º Placa de Barro de Astorga.

No fondo da placa aparece a firma de C. Lépido M. duunviro, que segundo á análise de Roldán Hervás (Obra Citada anteriormente), que nós cremos acertada, é falseada ó igual que as tres táboas restantes, feito pouco contrastable pola súa dubidosa aparición127. A orixe militar do “autor” da placa queda así en entredito, e o máis lóxico é pensar, como fai Roldán, nun comerciante da zona coma o promotor da obra, a modo de ofrenda pola boa sorte tida no comercio por esas vías. Eso si, temos que deixar claro que nós só dubidamos da autoría da táboa, pero non do seu contido. A identificación desta vía está no centro da polémica dende o principio debido á localización dubidosa de Dactonium, e por se fora pouco, tamén de Aquae Quintiae, como a maioría dos autores acertan a ver na liña intermedia gravada na táboa. 127

Como soe suceder nestes casos, á súa orixe é incerta, e o seu descubridor viu un bo negocio na venda desta placa, co que decidiu falsificar o resto, creando un nexo común entre todas –a firma de C. Lépidus–, dándolle un carácter militar ás calzadas nomeadas.

178


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Creo que deixamos zanxada a ubicación de Dactonium en Castillós no capítulo correspondente, aínda que se a ubicamos en Monforte para este estudio tampouco traería moitos inconvenientes, xa que quedan a pouca distancia, e as dúas están claramente ó Sur da actual Provincia de Lugo. O caso de Aquae Quintiae é aínda máis dificultosa. Tradicionalmente sitúase (SCHULTEN 1962, p. 238; BLÁZQUEZ 1920, LXXVII p. 98–107) na localidade de Baños de Guntín. Namentres outros autores coma Cuevillas e Fraguas dubidan desta adscrición, negando a relación toponímica entre Quintiae e Gudín e indicando tamén que mananciais termais abundan nas terras de Sarria, xustificando así o topónimo Aquae, ser ter que ser concretamente este (LÓPEZ CUEVILLAS e FRAGUAS FRAGUAS 1955, p. 272–333). Aprecia tamén Gonzalo Arias que o manancial de auga en Gudín atópase a uns 10 quilómetros do mesmo, no lugar de Torre, no caserio de San Salvador de Francos, co que Guntín non tería unha identificación propicia (ARIAS BONET 1988, p.42–48). As coordenadas que Ptolomeo nos dá para esta poboación veñen a complicar máis a cousa, xa que segundo o autor grecolatino, pese a nomear Aquae Quintiae coma cidade dos Suerri, normalmente ubicados nas terras de Sarria ó Leste do Miño (RODRÍGUEZ COLMENERO 1996, p.241) as súas coordenadas sitúana moi ó Norte e ó Leste (TRANOY 1981, ROMERO MASIÁ e POSE MESURA 1988, p.102,106), difícil emprazamento para que poidamos trazar nós un camiño unitario común entre Dactonium, Lucus e Aquae Quintiae. Outras versións sitúana en Vilaquinte, como fai Cornide (citado en MURGUÍA 1888, Tomo II p. 499 e Nota), mentres que Madoz ubícaa en Sta. María de Quintela. Sexa como sexa, e asumindo que Dactonium encóntrase ó Sur de Lugo, tanto polas coordenadas de Ptolomeo coma polos achados arqueolóxicos e toponímicos, é difícil trazar unha vía que estea en consonancia ca placa e cos traxectos posibles desta vía. Temos nembargantes dúas opcións: unha, considerar a vía Lucus–Dactonium en dous tramos diferenciados, un dende Lugo a Chantada –pertencente a Vía Lucus–Aquis Originis – e outro de Chantada a Castillós, a súa vez ben directamente pola marxe esquerda do Miño atravesando a Sarria. A primeira, na que logo entraremos en detalle, está amplamente documentada dende Lucus Augusti por Entrambasaugas, preto de Guntín –onde apareceu un miliario (IRPL 96)– , por Esperante, onde tamén apareceu un miliario recentemente (ÁLVAREZ ASOREY 2001, p.257–259), Seteigrexas en Monterroso –que tamén conta cun miliario (IRPL 95)–, Vilela, onde tamén apareceu outro novo miliario anepígrafe (ÁLVAREZ ASOREY 2001, p.257–259), ata chegar a Chantada, para logo dirixirse polos Cóbados de Belesar (VER FIGURA 24 no ANEXO I), semellantes ós de Larouco na Vía XVIII, a Terras de Lemos, e máis concretamente, a Dactonium. No segundo caso, o de considerar un camiño interior pola marxe esquerda do río non debe de ser desbotada nin moito menos. A primeira vista chámanos a atención a existencia dunha calzada que saíndo de Lucus pola vía XIX e XX, abandona ese trazo cara ó Sur paralelo ó Miño, cunha disposición semellante ás vías romanas típicas: orientación constante, tendencia á liñalidade e adaptación ás cristas orográficas. Esta vía é nomeada por Coello e recollida por Gonzalo Arias na súa obra (ARIAS BONET 1988, p.42–48). Dende Lugo vai paralela ó Miño, como dixemos, ata cruzar o Río Neira, posiblemente por unha ponte antiga –romana?– de catro arcos, coma sinala Madoz na súa obra. Nas inmediacións desta ponte, concretamente na parroquia de San Xoán de Cela, no Concello do Corgo, apareceu un busto dun persoeiro romano de cabeza espida, pescozo

179


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

alongado, fronte avultada, ollos amendoados e unha boca marcada por unha lixeira fenda, e estaba ataviado cunha túnica de esquemáticos pregues prendida por un broche no medio do peito. Esculpido en granito de 46 cm. de alto, puido formar parte dunha estela funeraria coma a de Atán ou Vilar de Sarria, moi semellante a aquelas na súa factura, pudendo pertencer á mesma escola ou taller (Ver Estela de Seoane de Atán). Hoxe atópase no Museo Provincial de Lugo e o mesmo Vázquez Seijas no seu Libro Lugo Baixo o Imperio Romano (páxina 36), recolle o seu achado deste modo:“No ano 1935, encontrouse no Camiño Real de Lugo a Monforte, nas inmediacións da Ponte de Neira,...” (Recollido no IRG II, p. 110). Ó chegar a Vilamosteiro, a vía dirixiríase cara o Leste cruzando por Saá, Leimán, Vilar de Sarria –onde se atopa un asentamento romano, posiblemente unha villae, con diverso material constructivo e a estela bifronte xa comentada asociada a unha necrópole (Ver Estela de Atán)–, seguindo por Rubián, baixando ben a Castillós por Baamorto –onde se atopa o castro romanizado e un broche xermano do século VI–, San Xulián de Tor – forno, fonte, asentamento romano e tesouriño monetario (Ver Arriba S. Xulián de Tor) e por último Castillós; ou ben directamente a Monforte de Lemos, posiblemente en época posterior. Esta vía aparece testemuñada co nome de Camiño Antigo tanto en Madoz (1845, Vol. VI) coma nos mapas de 1:5000 (follas 155 e 124) catalogado como un Camiño Real e/ou Camiño Antigo, co que a súa veracidade acentuaríase. O camiño Real coincide ca probable vía romana no curso Norte da mesma, e é corroborado polo párroco de Vilamosteiro (ARIAS BONET 1988, p.45). Tamén Gonzalo Arias documenta este mesmo camiño (ARIAS BONET 1988 p.45) mediante a correspondencia mantida cos párrocos de San Xoán de Cela –que lle aseguran a existencia da ponte antiga sobre o río Neira– e o párroco de Fornadeiros, onde corrobora a existencia aínda dos vestixios da vía romana e doutros restos, coma un busto romano que nos xa citamos no capítulo adicado á Estela de Atán (Ver Arriba ou RODRÍGUEZ COLMENERO 1993, p.380–395). Outra posibilidade é a existencia dunha vía polo Oeste dende Vilamosteiro, que segue un trazo máis paralelo ó Miño e seguindo unha liñalidade maior, baixando por Adai e, tras cruzar o río Loio –ben por Sta. Cruz de Loio ou preto do castro de Barán, que son lugares moi propicios que ademais contan con epigrafía romana –, cara Castro de Rey seguindo dirección a Martín, Baamorto –castro tardío con material romano– e San Xulián de Tor –castro de Eivedo e forno romano asociado, ó mellor, cun enclave maior– e polo veciño de San Xoán de Tor –que ademais conta ca Fonte dos Tres Caños e outras de menor entidade – para chegar a Castillós e/ou Monforte. Nembargantes este camiño, que aparece nos mapas de Coello e na obra de Madoz, semella ser máis tardío que de época romana, sen estar contrastada a aparición de vereas antigas nas cartas dos párrocos de Castro Rey e Martín dirixidas a Gonzalo Arias. Ó chegar a Castillós/Dactonium esta vía seguía en dirección Sur por diferentes camiños, bifurcándose en tres ramais principais, pero menos desenrolados que o tramo ata agora descrito. A primeira bifurcación dirixiríase dende Castillós á Civitas Auriense, posiblemente por Estrada –de evocador topónimo–, Ferreira de Pantón, polo alto de Santa María –onde se atopan no lugar de Ferreira augas termais–, Seguín, Seoane de Atán – ca xa descrita estela bifronte– cara os Peares, onde cruzaría o Sil polo Portus Polumbari, nomeado así na documentación medieval.

180


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Cabe recordar que algúns historiadores e eruditos cren na derivación do topónimo de Peares dende o antigo Pilar ou Piar, facendo referencia á existencia dunha antiga ponte romana da que só permanecían os piares (G. RODICIO 2000, p.18–22), como sucede no caso da Pontóriga no Barco. Con respecto a este pequeno peirao, chamado Portu Palumbari, contamos con dúas valiosas testemuñas confrontadas e complementadas moi interesantes para poder confirmar a súa existencia. Son estas, por un lado, dúas fontes escritas (un texto latino e outro altomedieval) e, polo outro, a lingüística e a filoloxía, é dicir, a macro e a microtoponimía, aínda que non contamos coas necesarias informacións arqueolóxicas. En canto ás fontes clásicas, Estrabon na súa obra titulada Xeografía (escrita aproximadamente entre o 29 e 7 a. C., pero posiblemente retocada no 18 d. C.) escribe sobre a navegabilidade do río Miño no III, 3, 4 (recollido por ROMERO MASÍA e POSE MESURA 1988, p.31–32): “... e Este río vén do pais dos Celtiberos e Vacceos e o Bianis (que outros chaman Minio) segue a Este e é o máis grande dos ríos da Lusitania, navegable 800 estadios... Na súa desembocadura hai unha illa e dous peiraos que teñen fondeadoiros...” Segundo estes autores, e facendo caso a Estrabon, o río Miño (Minio ou Bainis) sería navegable aproximadamente ata a confluencia do río Sil128. Este dato vennos a demostrar que sería navegable ata a unión dos dous ríos, é dicir, ata os Peares. Jaime Delgado (DELGADO GÓMEZ 1997, nota 7, p. 40) tamén cre posible que esa navegabilidade continuase polo río Sil ata o val de Quiroga e poder embarcar así os minerais extraídos das minas de Montefurado e do Courel129. O apunte de Estrabon, de tódolos xeitos, non nos é tan valioso para saber cal era a extensión do treito navegable, senón mais ben o feito en si de que o Miño fose navegable. Polo que respecta á segunda fonte escrita que temos, data de finais do século VI, pero aparece recollida nunha obra publicada no ano 1796 (en RISCO, Fr. 1992, p.341–347). Trátase do contido do documento do II Concilio de Braga, celebrado baixo o reinado suevo do rei Mirón, fillo de Teodomiro. Neste documento confírmanse e delimítanse os condados que son propiedade episcopal e que no Concilio de Lugo do ano 569 só se mencionaban. O territorio adxudicado ó condado do Páramo (Comitatus Paramienses, pp. 346– 347) aparece delimitado neste texto: “…concludens Castrum Quitar usque influmine Sile Portu Polumbari.” Traducido diría así: ... remataba no Castro de Guítara ata a desembocadura do Sil no Portu Polumbari . Esta fonte demóstranos así que nunha época moi temperá (finais do s. VI, un século despois da caída do Imperio Romano), este lugar chamábase, e probablemente seguíase chamando, Portu Polumbari, nome sen dúbida moi evocador.

128 Para eles non cabe dúbida de que o Minius é o Miño, algo que nós tamén compartimos. Algúns autores (como p. e. o P. Flórez, España Sagrada, XV, p. 40) identifican o Miño co Sil baseándose nunha simple coincidencia de carácter etimolóxico. 129 A nós parécenos moi estraño que estes materiais mineiros veñan Sil abaixo cando seguramente lles fose máis fácil e seguro levalos directamente a Asturica.

181


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

A forma latina de “pomba” é columba, pero tamén se emprega o termo “palumbes” para referirse a unha pomba torcaz. É desta segunda forma de onde sen dúbida procede o nome que se lle deu ó Portu Polumbari no latín medieval. Hoxe en día aínda subsiste para referirse a diferentes pobos desta zona este macrotopónimo con algunhas variantes debido ó proceso evolutivo do latín na Gallaecia. Temos así a parroquia de Pombeiro, Penapombeiro ou a Barca de Pombeiro, facendo sen dúbida referencia a un sinxelo paso fluvial. Dende o Portu Polumbari continuaría con dirección Sur por Meliás e Vilariño ata Ourense. Esta vía continuaría ben a Chaves, ben a Braga, que Colmenero identifica como as vías secundarias XI e XIV nos seus traballos, Lucus–Dactonium–Caeliobriga e Lucus– Dactonium–Aquae Flaviae, respectivamente (RODRÍGUEZ COLMENERO 1977). O ingreso desta vía en Lugo témola testemuñada na cartografía 1:50000, mediante o Camiño Real Antigo que atopamos nas follas 188 e 155, que dende os Peares cruzaría a beira do Castro de Pombeiro en Bazal ata chegar ó Castro de Guítara e Vilamirón, dividíndose aquí en dous ramais: un cara Atán e Seguín, e dende aquí a Ferreira de Pantón, alto de Santa Mariña e Castillós; e outro cara Babela, Distriz e Monforte de Lemos. Este camiño foi aproveitado maiormente polo trazado actual da Nacional 120 que une Ourense e Monforte e a vía rápida de recente trazo. Os outros ramais irían de Castillós ós dous pasos principais do Sil no sector Sueste, é dicir, o Portus Senabreca e a Barca de Paradela. Ámbalas dúas terían un desenrolo similar ata Sober, polo Alto de Santa Mariña de Eiré –co seu castro–, Castro de Guítara, Ferreira, Deade, Castro de Vilamelle, Castro de Vilaoscura e o propio Sober, co seu castro. Dende Sober seguirían camiños diverxentes, un cara o porto Senabreca, pola marxe dereita de Proendos, Bolmente, os Montes de Nogueira e pola marxe esquerda do Cotarro do Castro, ata a mesma Barca de Xábrega, clara fosilización do topónimo latino. O Portus Senabreca aparece citado na documentación altomedieval, concretamente nun documento datado no ano 921, no privilexio de restauración do mosteiro de San Estevo de Ribas de Sil polo monarca Ordoño II (en DURO PEÑA 1977, p.247) dicindo así: “ ... o Portus Novum inter Portus Senabreca e Palumbario...” Este porto sitúase na derradeira curva á esquerda antes do actual encoro de San Estevo, na desembocadura do regato de Lamateiro pola parte ourensá e do regato Camilo pola parte Lucense, na marxe dereita do Cotarro do Castro (TdL 81). A súa composición toponímica parece reflectir un pasado antigo, xa que o sufixo – breca é facilmente asimilable ca raíz indoeuropea Briga, cuxo significado xa famoso é “lugar elevado ou fortaleza”. Transmítenos Antonio G. Rodicio a noticia da aparición de muíños de man e restos cerámicos ó pé do Castro, antigo fondeadoiro, cando se acondicionou un peirao novo para o acceso ó catamarán do Sil (G.RODICIO 2000, p.20), polo que o castro puido funcionar de auténtico punto de control do peirao, con carácter tamén viario a modo de fonda e aduana. Ó cruzar o Sil, dirixiríase probablemente a Chaves, por Vilar de Cerreda, Pardeconde, Cabeza de Meda, Xunqueira de Espadañedo, Santiago da Costa, Baldrei, Baños de Molgas –onde cruzaría a Vía XVIII na mansio de Salientibus– e dende alí pola marxe dereita da Serra de San Mamede –aproveitando o “Camiño de Xé” semellante as “Xeiras” da Vía XVIII o seu paso por Portugal– cara o Val do Támega (G. RODICIO 2000, p.17–24). A outra vía continuaría por Proendos, Liñarán, Castro de Gundivós, Vilachá e polo evocador topónimo de A Calzada, ata chegar á Barca da Paradela –onde se atoparon muíños

182


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

de man, material latericio romano e “casas” ó trazar a estrada comarcal entre Castro Caldelas e Monforte coma sinala o Padre Fita (VAZQUEZ, G. 1990, p. 80)–, aproveitando este tramo pola estrada comarcal polo tanto. Ó vadear o río, ben por barca ou pola ponte da que intuía os pilares Díez Sanjurjo, a vía entroncaría ca Vía Nova XVIII preto do Burgo en Castro Caldelas, na mansión de Praesidium.

Figura 8.- Fotografía do Portus Senabreca e do Cotarro do Castro en Bolmente (TdL 81).

Todas estas vías sufrirían un forte reaxuste cando sucedeu o máis que posible cambio da capitalidade de Dactonium entre Castillós e Monforte de Lemos, posiblemente a fins da época imperial ou xa na Alta Idade Media, coma sucede con esta última vía, que uniría a Barca da Paradela directamente con Monforte, pola marxe esquerda de Doade, Marcelle e Gullade, aproveitado hoxe pola estrada comarcal citada; ou dende o porto Senabreca ata Proendos, Sober, Arroxo, Refoxo, Piñeira e Monforte. Antonio G. Rodicio cree inadmisible a existencia da vía polos Peares e do Portus Senabreca á vez, feito que nós cremos máis que probable, xa que temos constancia das múltiples vías secundarias e ramais terciarios que se teceron na Gallaecia antiga durante o Alto e Baixo imperio, xunto ca importancia e esforzo que puxeron os emperadores do século III e IV na creación e recuperación de vías nesta zona. Ademais, dende o cambio de Era ata o século V d.C., hai tempo máis que suficiente para realizar varias vías sen ter que conformarse cun paso só, e de ser un primixenio, sería precisamente o paso dos Peares polo Portus Polumbari, documentado paleograficamente dende o século VI d.C. moi anterior ás referencias do Portus Senabreca, coma agora vimos. Para falar da vía transversal que cruza a cubeta lemava, temos que primeiro facer referencia á vía principal da que procedía este ramal. Ámbalas dúas témolas ben documentadas dun ou outro xeito. A vía secundaria, pero de importancia principal, partiría de Lucus Augusti cara Bracara pola Civitas Auriense, enlazando ca vía XVIII ben en Aquis Originis ou Baños de Bande, polo que algúns autores noméana directamente Lucus–Aquis Originis (RODRÍGUEZ COLMENERO 1977). Esta vía partiría de Lucus Augusti pola ponte Vella, da que hoxe non queda ningún indicio, con dirección a Esperante –onde na actualidade se atopou un miliario e distintos restos marmóreos na igrexa de Sta. Eulalia –, e non pola Vía XIX como se cría. A continuación cruzaba o Porto do Picato, Monte Meda – polo “camiño das Zancas”–, Vilaméa, Entrambasaugas – que tamén conta cun miliario de Caracalla (GOMEZ VILA

183


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

2001, p.148 e IRPL nº 96 p.109) – co que o paso do regato de Nespereira pola Ponte Cabalar sería un pouco a desmán preferindo cruzar o río Ferreira pola Ponte Vella preto de Sanfiz e dentro do concello de Guntín pasar por S. Román de Retorta –paso testemuñado polo miliario de Calígula (IRPL nº 93 p.107), para logo dirixirse cara Seteigrexas en Monterroso que conta cun miliario de Marco Aurelio (IRPL nº 95 p.108). Logo continuaría cara Bío, Narón, Taboada, Vilela –con outro miliario anepígrafe aparecido ultimamente (ÁLVAREZ ASOREY 2001, p.257–259)– e Chantada, a Plantata medieval que conta con restos de villae romanas próximas coma a de Agrade, preto da vía. Dende aí tense menos documentado materialmente o paso da vía, pero presumiblemente seguiría pola marxe dereita da Barrela, Carballedo –preto de Temes–, Cambeo, Venda Nova –que ten na zona un miliario anepígrafo– Cudeiro e Ourense, continuando por S. Cibrán de Las –conta cun miliario de Carino–, A Merca, Barxiña – miliario de Caracalla–, Celanova, preto da antiga Coeliobriga situada en Castromao, Cañón –onde apareceu un miliario de Constancio II–, Verea, Bande e Aquis Querquernnis e Aquis Originis onde confluiría ca Vía XVIII. Voltando a Chantada, partía unha vía cara Monforte coma xa dixemos. Esta descendía cara Belesar –onde se atopou unha ara ós Lares Viais hoxe desaparecida (IRPL nº 60)– polos cóbados da marxe dereita para cruzar o Miño –onde aínda hoxe se perciben uns 7 Km da vía antiga– pola Ponte de Belesar, asolagada polo encoro actual do mesmo nome. Logo remonta o canón do Miño pola esquerda polos Cóbados da outra marxe con destino a Mourelos –onde se atopou unha ara e se localiza o topónimo de Vilariño entre Diomondi e Mourelos– cara Rosende, Vilariño de Fión –cun asentamento romano constatado e unha ara–, Vilaravides, Camiño Grande e Castillós. Este traxecto coincide hoxe en día co trazo da estrada comarcal dende Castillós ata Rosende, e dende aquí a Mourelos, seguindo unha traxectoria de certa liñalidade e aproveitando terrazas dunha mesma cota, coma se observa na cartografía e na foto aérea. Dende Castillós continuaría o seu paso cara Monforte por Pacios e Avide, treito tamén aproveitado pola mesma estrada comarcal de Castillós á capital actual de Lemos. En Monforte cruzaría o Cabe pola Ponte Vella, para logo cruzar a cubeta oriental cara Barxa Lor, a traveso da chaira configurada ó pé da Serra de Moncai pola Reigada, o Castro de Chavaga, Estación e a propia Barxa Lor polo Castro da Lama. Este paso mantén certa liñalidade e unha cota moi homoxénea, coma se aprecia na cartografía, as veces utilizada pola estrada Comarcal 533, polo que o trazo da vía nesta parte sería moito menos dificultoso. Hoxe vese un pouco desdebuxado polo sistema de canais e drenaxe da cunca monfortina. Tras cruzar o Lor pola ponte romana, pola vía antiga que aínda hoxe se percibe nuns 4 Km, continuando cara Quiroga –asentamento romano e Crismón paleocristián– e Montefurado –explotación mineira romana de ouro– a través de Sequeiros e Vilaste, por un decurso semellante ó que hoxe ten a Comarcal Autonómica 533. Un pouco máis adiante, tras superar Montefurado, esta calzada encarámase cara as Terras do Bolo, para enlazar ca Vía XVIII á altura de A Cigarrosa/A Rúa de Petín, na Mansio Foro –seguramente o Forum Gigurrorum– sen cruzar o Sil, facéndoo xa dentro da Vía Nova polo famoso viaducto de Pontóriga, con dirección a Asturica. En Foro, tamén confluiría unha vía procedente de Chaves, a traveso de Viana do Bolo, como indicaría o miliario hoxe desaparecido de Alberguería en A Veiga, e como sinalan diversos autores (FERRER SIERRA e RODRÍGUEZ COLMENERO 2001, p.112).

184


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

Desta maneira comunicaríanse as Terras de Lemos, sobre todo a parte Oriental de grandes recursos mineiros, ca capital conventual astur, Asturica Augusta, da que dende Foro a penas quedarían 63 millas. En Chantada confluirían ademais outras dúas vías con destino a Lemos xunto ca de Lucus–Bracara por Ourense. Trátase das vías secundarias denominadas Aquis Celenis– Dactonium e Iria Flavia –Dactonium. A primeira partiría dende Caldas de Reis, identificada claramente ca Aquis Celenis romana polos numerosos restos alí establecidos (PÉREZ LOSADA 2002, Capítulo Aquis Celenis), con dirección a Cuntis –tamén con importantes achádegos romanos (Ver Cita Anterior)– logo polo Sur de A Estrada –de evocador topónimo– e cara Silleda, que nas súas proximidades conta con dúas aras ós Lares Viais. Dende aquí, partiría cara o Val do Deza, cruzando este río pola Ponte de Taboada, rumbo a Lalín, atravesando o río Camba para chegar a Rodeiro, concretamente a Saá, onde se localizaron ultimamente tres novos miliarios anepígrafos (SOBRADO VÁZQUEZ 2001, p.261–263). A continuación enlazaría pola Serra do Faro directamente con Chantada. A segunda destas vías, que está menos estudiada, partiría de Iria Flavia co mesmo percorrido cara o Norte–Nordeste da vía XIX dirixíndose cara Asseconia –posiblemente Santiago de Compostela– por Sisto eo Castro Lupario. Pero o pouco de acadar a traxectoria Leste–Oeste abandona esta calzada oficial para desviarse cara o Sueste, concretamente pola Grela e Reis cara Gándara onde apareceu un miliario de Calígula (IRG I 2)–época preflavia–, cruzando posteriormente o río Ulla, tras superar o angosto cauce do mesmo130, por Pontevea –cuxo topónimo mostra a existencia dunha ponte antiga nas inmediacións– para dirixirse ó Val do Deza, onde enlazaría á altura da Estrada ca vía anteriormente descrita de Aquis Celenis – Dactonium. As dúas vías puñan en contacto á Gallaecia atlántica ca interior mediante o seu traxecto Noroeste – Sueste atravesando o Val do Ulla e do Deza, de gran potencialidade agropecuaria que se engadirían ós recursos mariños da costa galega. Co dito aquí e no epígrafe de Castillós, queda claro o forte senso viario que teñen tanto Lemos como Dactonium sendo a súa esencia principal romana. O senso viario da capital monfortina é indiscutible, así coma centro neurálxico sobre o que pasan tódalas vías importantes da Civitas Lemavorum e por tanto do Sur do Convento Lucense. Non semellan ser estas vías militares nin de primeiro orde, pese á importancia que puideron alcanzar algunhas coma a de Barxa Lor a Belesar, xa que os achados e testemuños que quedan non son de primeiro orde, e as vías fosilizadas a penas contan con regulares aterrazamentos e uns cinco metros de ancho, caracteres de pouca magnitude se os comparamos cos datos das vías antoninas. Cando Roldán (1975, p.163–175) sinala a orixe das Táboas de Barro cun adicante comerciante danos xa unha pista sobre a principal función destas vías monfortinas, o comercio tanto a nivel exportador – de manufacturas, productos mineiros e productos agropecuarios a gran escala – e como importador de materias das que carecerían os 130

Tense testemuñado arqueolóxicamente o paso da vía polo Monte Lapido e Carcacía, con incluso referencias escritas: “...restos imponentes de la antigua calzada...” (recollido por PÉREZ LOSADA 2002, p. 107 nota 163. A magnitude deste tramo de vía –que conta cun miliario de época temperá, bo trazado e asento– débese probablemente a que formou parte nun principio da Vía XIX que cubriría o tramo de Iria a Lucus. A hipótese, recollida por Pérez Losada (2002, p.108 nota 164), apunta a posibilidade dun trazo orixinal de época augustotiberiana dende Iria por Pontevea, Reis, Baamonde, Gándara –miliario de Calígula– Foxáns, Dombodán e Melide, para dende aquí continuar polo ramal Melide–Lugo por Ponte Ferreira e Retorta –miliario curiosamente tamén de Calígula (IRPL nº93)–. Esta vía de primeira época semella ser abandonada pronto –en época Flavia– polo trazado alternativo do Norte que quedou fosilizado como camiño medieval e de peregrinación, así como no Itinerario Antonino, quedando aquel como camiño secundario e comarcal.

185


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

comercios locais lemavos – coma productos mariños, aceite ou cerámica característica romana coma a Sigillata, a Común e as Paredes Finas – dende os centros productores e redistribuidores máis importantes coma Lucus, Iria ou Aquis Celenis. Sen dúbida, habería outras vías ou camiños de moita menos importancia, que aproveitarían pasos prerromanos ou non, pero de máis difícil localización. Por exemplo no entorno de Licín semella encontrarse unha vía menor que conduciría o paso de Belesar, entre Mourelos e Diomondi, polo Castro de Felón en Marrube (TdL 29), por Freán –onde se atopa o xacemento romano de Torre –e na outra dirección cara S. Xulián de Tor (TdL 17), por Vilasante, para dirixirse dende alí a Castillós. O outro proceso xeral que observamos é o de reaxustar o trazo das vías cando Monforte tomou a capitalidade de Lemos en pos de Castillós, posiblemente entre época baixo romana e alto medieval, co que o trazo orixinal dalgunhas vías sufriu un certo desaxuste con respecto á súa conformación inicial se ben é certo que o entorno de Monforte e de San Vicente do Pino foi un enclave viario de importancia primaria dende o comezo da ocupación romana por ter un paso estable do río Cabe, ou sexa unha máis que probable ponte pétrea. A cronoloxía das vías é difícil de determinar, xa que a penas temos datos cronolóxicos dos achados referenciados a eles. Cabe pensar nun trazo temperán polo menos das vías máis necesarias para pór en contacto a Civitas ca Capital conventual e con Asturica, rexedora da minería lucense. Os datos cronolóxicos aportados por Castillós lévannos a datalo xa no século I d.C. – pola moeda da ceca Caesaraugustana ou a inscrición funeraria de Valeria Florinae (IRPL nº 85) por exemplo – e as pontes tanto de Belesar, Monforte e da Barxa Lor puideron estar construídas durante este mesmo século inicial da Era cristiá, como sucedeu ca maioría das infraestructuras viarias do Noroeste. Ademais tanto a de Monforte coma a de Barxa Lor deberon ter moita e temperá importancia xa que as explotacións do ouro no territorio astur prevaleceron durante o período que vai entre o cambio de Era e o século III d.C. 8.4 A temperá importancia do Cristianismo no Val de Lemos. A Terra de Lemos e o seu entorno posúe abondosas manifestacións da relixión cristiá dende os primeiros anos do Baixo Imperio que poñen en apuros ós investigadores á hora de explicar esta temperá extensión do mundo cristián. O cristianismo penetrou en Hispania en dous fases: a primeira, durante o século II e III d.C., e que afectaría principalmente ás grandes cidades e núcleos importantes ben romanizados, posiblemente procedente do Noroeste africano, namentres a segunda etapa realizouse a traveso dos núcleos rurais a comezos do s. IV d.C. (SANTOS YANGUAS, N. 1991, p.411). Neste século, a figura de Prisciliano xogou un papel fundamental na expansión do cristianismo, ou mellor, na expansión da súa propia ortodoxia alonxada dos intereses dos grandes terratenentes e bispos hispanos, sobre todo nas comunidades rurais do interior da Gallaecia (CABRERA 1983). Así mesmo, as invasións bárbaras do século V atraeron ó Noroeste a xentes da meseta Norte e da Lusitania, que axudaron a aferrar o rito cristián fronte á paganidade dos suevos. Posiblemente, á propagación do Cristianismo na Comarca lemava realizaríase mediante as conversións de núcleos familiares acomodados e de orixe romano, latino ou moi arraigado na cultura itálica. Estes pequenos grupos cristiáns, probablemente uns mini–

186


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

focos, estarían formados, polo menos, por un señor romano e o conxunto da súa familia. Estes, podían ou vivir en castros, ou ben maiormente en asentamentos tipo villa. Sen dúbida, estes señores xa cristiáns, serían homes moi poderosos e importantes, cun alto nivel cultural e poder adquisitivo para poder permitirse o luxo de realizar, encargar ou transportar dende Roma ou dende a Península Ibérica, de pezas ricas e senlleiras, algunhas verdadeiros cargamentos de material marmóreo de alto valor pecuniario e cultural (como vimos en Temes). Estes personaxe quizais fosen militares de alta graduación, burócratas ou señores con grandes posesións agropecuarias, que estenderían ós seus empregados, colonos, servos, ou conveciños as súas novas crenzas, como antes fixeran ca latinización e ca romanización. De feito, no Baixo Imperio romanizar e latinizar converteuse principalmente en evanxelizar, ou viceversa, a conversión cristiá realizouse mediante os mecanismos antes utilizados na Romanización. Habería polo tanto pequenos núcleos cristiáns dende os que se iría estendéndose ós poboados indíxenas, xa romanizado, ou ben ó resto de villae rústicas. As primeiras comunidades cristiás no Sur do Convento Lucense aparecen no Oeste da chaira monfortina, en Castillós e Licín, e no entorno do val medio e final do río Sil como é o caso de Temes e Quiroga, aínda que neste último caso é un pouco máis tardía. En Quiroga existirían unhas células romano–cristiás xa a comezos do s.V como indicaría o Crismón de mármore local, datado pola maioría dos autores cara o ano 400 ou os primeiros decenios do s. V e que seguramente serviría de mesa de altar. Atopouse na igrexa da Ermida. Mentres, e como xa vimos en Proendos (Ver Arriba), a instauración do cristianismo semella moito máis temperá, ó redor da primeira metade do século IV d.C. A elo habería que unir as estelas discoideas de Castillós con cruces cristiás insculturadas nas dúas caras e unha tégula romana no mesmo lugar cunha posible marca de crismón, estando tódalas pezas asociadas a unha necrópole Baixo Imperial en torno ó século IV d.C. Trátase de dúas estelas discoides feitas en granito, ambas son anepígrafas e só teñen unha cruz insculturada. Tamén outra pedra de forma prismática irregular leva gravado nunha cara unha sinxela cruz de brazos desiguais. Felipe Arias Vilas data todas estas pezas de Castillós na época paleocristiá (ARIAS VILAS 1992, p.225–256), aínda que existen dúbidas ó respecto. Conxuntamente, quedaríanos por sinalar a peza marmórea, posiblemente paleocristiá, de Santa María de Licín, que demostraría a existencia dun mausoleo ou templete cristián anterior á igrexa visigoda. A presencia de todas estas pezas tamén nos pode estar confirmando a existencia nestes lugares e as súas proximidades de mausoleos, capelas funerarias ou igrexas primitivas vinculadas a un primeiro cristianismo, e a persoeiros dunha villa, como ocorre en Temes, Castillós ou Quiroga. Lemos.

Chama a atención a gran calidade das pezas paleocristiáns atopadas na Terra de

Non nos corresponde aquí neste traballo analizar todo ó referido ó nacemento e expansión do cristianismo na Gallaecia no s.IV, aínda que cremos necesario facer unha breve análise das conclusión ás que chegamos no referido a este tema que cremos moi ligado ó noso. O cristianismo no Conventus Lucensis, e máis na nosa zona, sofre un arraigo e un dispersamento rural, xa sexa no ambiente castrexo, xa sexa no ambiente de colonato e

187


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

servidume das villae, fortemente documentado entre o grupo socialmente elevado que presenta un forte carácter romanizado. Así, a posible existencia dun mausoleo en Temes, Licín, Quiroga ou incluso Castillós –e as súas necrópoles–, lévannos a pensar nestes edificios como expresión pública da fe dun personaxe poderoso e influínte, o que se traduce nun elemento de propaganda e atracción cara as filas cristiás dos poboadores próximos. Polo tanto, é claro que as elites colaboraron na difusión do cristianismo nos medios rurais nunha sociedade polarizada e xerarquizada, converténdose en referente para a poboación. Estes centros seguramente fóronse convertendo nunha especie de oratorio ou domus ecclesiae, onde se celebraba o culto e concorría a xente do lugar, espallando a modo de lixeiras ondas a marca cristiá polos campos galaico romanos. A maioría das numerosas pezas paleocristiás foron atopadas en ambientes rurais, exceptuando o xacemento romano de S. Vicente de Castillós, unha villa que se vén identificando ca mansión viaria de Dactonium, cunha posible vertente urbana. Pero de todos modos, de ser un vici este estaría máis próximo ó mundo rural que ós das cidades, como xa argumentamos (Ver vici, Castillós). Sen ningunha dúbida, estes lugares serían o xermolo onde se organizou e desenrolou a primeira igrexa lucense, completamente unificada e organizada xa no século VI, tal e como aparece no Parrochiale Suevum. A orixe, polo tanto, débese buscar nunha extensión do rito cristián dende outros núcleos difusores, como ben puideron ser as capitais conventuais, Braga, Lugo e sobre todo, e máis no caso de Lemos, Astorga, así coma de núcleos secundarios romanos do Noroeste, como Iria ou Tui, mediante a transmisión oral, evanxelización –directa ou indirecta- do interior da Gallaecia. Así mesmo, as primeiras incursións xermanas, que levaban arraigada a herexía arriana, a laboura de persoeiros míticos como Prisciliano e máis tardiamente Hydacio, axudaron e fomentaron o espallamento relixioso filo–xudío por Lemos. Xunto con elo, non hai que esquecer a laboura e importancia que acadou o movemento eremítico e regular que a Ribeira Sacra tivo dende o pasado cristián máis remoto, que sembrou ambas ribeiras do Sil de numerosos mosteiros e eremitorios, pero que non semellan actuar ata ben entrados no s.VI, coma no caso de S. Pedro de Rocas. Por outra banda xa é tópico destacar que na maioría dos casos os castros e o seu entorno contan cunha igrexa, ermida ou capela cristiá conmemorativa. No noso caso tamén os núcleos romanos, como Castillós, Temes ou Proendos atópanse cun edificio relixioso nas súas cercanías. Moitos destes templos datan de época visigoda, coma o de Licín ou Temes, o que nos fala da continuidade do rito e o pulo que a coroa visigoda lle deu ó cristianismo unha vez convertidos a súa fe a realeza goda. Este feito tense considerado como un fenómeno de Cristianización de lugares pagáns e os seus cultos, que nalgúns casos aínda seguen vixentes ata o século XIII ou mesmo ós nosos días, como acontecía na primeira metade do século XX co Folión de San Xoán no Castro de Peago (TdL 35) ou no caso da realización do Folión castrexo nas festas parroquiais de Vilar de Ortelle no propio castro de Ortelle (TdL 64). Como ben sinala Abel Bouhier (BOUHIER 1979, t.II 1279–1280), o cristianismo non só asimila ó seu seo os cultos pagáns que non pode reprender e aniquilar, senón que a

188


CONCLUSIÓNS DO POBOAMENTO NA CIVITAS LEMAVORUM

propia concepción da parroquia cristiá é unha asimilación directa e estreita entre o espacio que ocupan e o o pasado organizativo castrexo romano, como área de dominio. A romanización non acabou nin prohibiu o culto cara as divinidades indíxenas, senón que introduxo o panteón grecolatino e sincretizou ós deuses locais, fundindo nunha mesma tradición deuses de diferente raigame. Polo tanto, o Cristianismo debeu loitar tanto cos pagáns romanos, co seu panteón característico e abertos á tolerancia, así como a poboación indixenizada que aínda proclama votos e culto ós deuses máis antigos do lugar. Na Terra de Lemos plásmanse bos exemplos desto. Dende as igrexas de San Vicente e Santiago de Castillós, Santa María de Proendos ou de Licín, San Martín de Liñarán ou mesmo o complexo de Santa María de Temes, ata as capelas situadas dentro ou no entorno dos castros de Abuíme (TdL 24) e as igrexas de Sta. María de Marrube e de Seteventos; o Sucastro en Ver (TdL 21) e a súa igrexa parroquial; o do Piño (TdL 71) e a igrexa de San Xiao de Veiga ou o Castro de Alende (TdL 70) que hoxe só conta cos cimentos dunha antiga capela sobre a súa croa. Son moitos máis os exemplos deste tipo para Lemos, como Guítara (TdL 55), Riaño (TdL 4) etc. que demostran a superposición do mundo cristián ó mundo pagán e galaico romano, tanto nas cercanías dos castros coma dos núcleos romanos. Xunto con elo, non hai que esquecer a importancia como xa demarcamos antes dos mosteiros altomedievais na Ribeira Sacra lucense, no entorno do río Sil, con mosteiros tan importantes como Santa María de Ribas de Sil, ou dos mosteiros da chamada ruta do románico que dende o Canón do Miño, con obras como San Paio de Diomondi, ata Pobra de Brollón cruza toda a chaira monfortina pasando por Santa María de Eiré ou o mesmo núcleo fundador e aglutinador da capital actual de Lemos, Monforte, San Vicente do Pino. Ademais moitos mosteiros localízanse en lugares onde nós atopamos vestixios romanos de importancia como o de Atán, o de Lobios en Sober ou o de Ferreira en Pantón, que contan cun presumible orixe visigótico (VAZQUEZ, G. 1990, p. 97).

189



ANEXO I



Figura 9.- Fotografía aéra e área de ocupación do xacemento de Castillós (Fonte elaboración).

Figura 10.- Hipocaustos, latericio e de columnas pétreas, do Complexo termal de Castillós.

193


Figura 11.- Placa – cinto de broce aparecido nas excavacións de Castillós

Figura 12.- Estelas discoideas aparecidas en Castillós.

Figura 13.- Restos da muralla, parapeto e foso do Castro de Proendos (TdL 87).

194


Figura 14.- Catillus e columnas romanas na Igrexa de Sta. MarĂ­a de Proendos.

Figura 15.- Capiteis de pilastra incrustados na Igrexa de Sta. MarĂ­a de Temes.

195


Figura 16.- Un capitel de pilastra (esquerda) e outro de columna (dereita) en Sta. María de Temes.

Figura 17.- Placa marmórea do sartego de Sta. María de Temes.

196


Figura 18.- Localización e mármore romano en Sta. Eulalia de Licín.

Figura 19.- Perspectiva do mármore de Licín e comparativa co de Amiadoso (Ourense).

197


Figura 20.- Estela bifronte de Atán.

Figura 21.- Estela bifronte de Vilar de Sarria.

Figura 22.- Ara de Liñarán.

198


Figura 23.- Mapa das principais calzadas romanas que afectan 谩 Civitas Lemavorum.

Figura 24.- Calzada romana 贸 seu paso polos C贸bados de Belesar.

199


Figura 25.- Foto aérea do Castro de Guítara.

Figura 26.- Castro de Liñarán (TdL 67).

Figura 28.- Castro de Peago (TdL 38).

200

Figura 27.- Castro de Vilamelle (Tdl 66).

Figura 29.- Castro de Distriz (TdL 7).


BIBLIOGRAFÍA



BIBLIOGRAFÍA

A.A.V.V. Actas del Coloquio Internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977. A.A.V.V. Comarca da Terra de Lemos. Plan de desenvolvemento comarcal de Galicia. Ed. Gabinete de Planificación de desenvolvemento territorial. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1995. A.A.V.V. GALICIA NO TEMPO (libro-catálogo), Xunta de Galicia, Arcebispado de Santiago, 1991. A.A.VV. Galicia Terra Única. Galicia Castrexa e Romana, Lugo. Ed. Xunta de Galicia, Lugo, 1997. A.A.V.V. (Precedo Ledo, A. director) Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Ed. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia – Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997. A.A.V.V. Guía do Museo Provincial de Lugo, Ed. Deputación Provincial de Lugo, 2003. A.A.VV. Terra de Lemos, Ed. Sociedade para o desenvolvemento comarcal de Galicia, Santiago de Compostela, 1997. ABEL VILELA, R. e ARIAS VILAS, F., Guía arqueológica de Lugo y su provincia. Lugo, 1975. ACUÑA CASTROVIEJO, F., Mosaicos romanos de Hispania Citerior II. Conventus Lucensis. Univ. Santiago/Valladolid (Studia Archaeologica 24), Santiago, 1973. ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando, "La cultura en la Romana", en La Romanización de Galicia, Ediciós do Castro (Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos 16), Sada, 1976. ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando; CAAMAÑO GESTO, Xosé Manuel, "Un miliario romano procedente de Seteiglesias (Monterroso, Lugo)", Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo X, nº 87-90, pp. 29-33, 1977 – 1978. ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando (Coord.), Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, Univ. Santiago, Santiago, 1992. ACUÑA CASTROVIEJO, Fernando, “Urbanismo Castrexo en el Noroeste Peninsular” en Los Finisterres atlánticos en la Antigüedad. Época prerromana y romana, p.45-49, Gijón, 1996. ACUÑA FERNÁNDEZ, Paloma; ARIAS VILAS, Felipe, "Algunhas cuestións sobre os asentamentos na Baixorromana", en II Seminario de Arqueología do Noroeste peninsular, pp.263-271. AGRAFOXO PÉREZ, Xerardo, O poboamento castrexo na rexión occidental da provincia da Coruña, Ed. Grafisant, Santiago. 1989. AIRA RODRÍGUEZ, María Jesús, “La vegetación gallega durante la ocupación romana a través del estudio del polen fósil” en Lucus Augusti. 1. El amanecer de una ciudad, Edita Fundación Pedro Barrié de la Maza, p.25-45, A Coruña, 1996. ALARÇAO, Jorge de, "As civitates do Norte de Portugal", en Cadernos de Arqueología, 12-13, pp. 25-30, 1995 1996. Editorial Verbo (Col. Historia Mundi 33), 3ª ed. revisada, Porto. 1983 ALTUNA, Jesús e MARIEZKURRENA, Koro, “Estudio arqueológico de los restos óseos hallados en las excavaciones romanas de Lugo” en Lucus Augusti. 1. El amanecer de una ciudad, Edita Fundación Pedro Barrié de la Maza, p.55-106, A Coruña, 1996.

203


BIBLIOGRAFÍA

ALBERTOS FIRMAT, María Lourdes, La onomástica personal primitiva de Hispania Tarraconense y Bética, Salamanca, 1966. ALBERTOS FIRMAT, María Lourdes, “El culto a los Montes entre los Galaicos, Astures y Betones, y algunas divinidades significativas” en Estudio de Arqueología Alavesa 6, 1974, p.147-157. ALBERTOS FIRMAT, María Lourdes, Organizaciones suprafamiliares en la Hispania Antigua, Universidade de Valladolid (Studia Archaeologica 37), Valladolid.1975 ALBERTOS FIRMAT, María Lourdes, “Perduraciones indígenas en la Galicia romana: los castros, las divinidades y las organizaciones gentilicias en la epigrafía” en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, p.17-29. ALBERTOS FIRMAT, María Lourdes, “Organizaciones suprafamiliares en la Hispania Antigua”, en Boletín del Seminario de Estudio de Arte y Arqueología 47, 1981, p.208-214. ALTUNA, Jesús e MARIEZKURRENA, Koro, “Estudio arqueológico de los restos óseos hallados en las excavaciones romanas de Lugo” en Lucus Augusti. 1. El amanecer de una ciudad, Edita Fundación Pedro Barrié de la Maza, p.55-106, A Coruña, 1996. ÁLVAREZ ASOREY, Rubén, “O miliario de Santa María de Franqueán – O Corgo (Lugo). Novo fito das vías XIX e XX do Itinerario de Antonino no tramo Lucus Augusti – Timalino” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.253257. ÁLVAREZ ASOREY, Rubén, “Dous novos miliarios anepígrafes da vía Aquae Querquennae – Lucus Augusti na Provincia de Lugo” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.257-261. AMOR MEILAN, M., Geografía General del Reino de Galicia. Provincia de Lugo, Ed. Alberto Martín, (Dir. Carreras Candi), Barcelona s/d. AMOR MEILÁN, M., Historia de la Provincia de Lugo. T. II Dominación romana, 1919, Lugo. ARES VÁZQUEZ, Nicandro, "Hallazgo de tres lápidas romanas", Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo, IX, nº 79-80, pp. 75-96, 1973. ARES VÁZQUEZ, Nicandro; ARIAS VILAS, Felipe; DELGADO GÓMEZ, Jaime "Unha ara aos Lares Viales no conxunto arqueolóxico de Temes (Carballedo-Lugo)", en Boletín Auriense, IX, pp. 311-315, 1979. ARIAS BONET, Gonzalo; BOUZA BREY, Fermín, "Materiales para el estudio de la segunda tableta de Lépidus", no Miliario Extravagante, 3, pp. 43-49, 1963. ARIAS BONET, Gonzalo, "Los caminos del duumviro Lépidus y otras vías romanas III. Segunda tableta B) Vía de Lucus a Dactonium", no Miliario Extravagante, VI, pp. 134-138, 1964. ARIAS BONET, Gonzalo (Ed.), Repertorio de caminos de la Hispania Romana, Ed. G. Arias, Madrid. 1988. ARIAS SANJURJO, Joaquín, “Una excursión a la Ribera Sagrada y De re geográfica, no Boletín da Comisión de Monumentos da provincia de Orense, nº V e VII ARIAS VILAS, Felipe, “Lugo, ayer y hoy. Breve historia de su poblamiento”, En Guía ilustrada de Lugo y su provincia p. 11-54, Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 1982.

204


BIBLIOGRAFÍA

ARIAS VILAS, Felipe, "Aspectos de la economía rural en el Conventus Lucensis", en Memorias de Historia Antigua VII, 1986, pp.43-49. ARIAS VILAS, Felipe, "Castros lucenses de época romana", en Memorias de Historia Antigua VIII, Oviedo, 1987, pp-7-16. ARIAS VILAS, Felipe, "Apuntes sobre a ocupación do territorio na Galicia Baixorromana castros e vilas", en Galicia: da romanidade á xermanización. Problemas históricos e culturais. Actas do encontro científico en homenaxe a Fermín Bouza Brey (1901-1973), Ed. Museo do Pobo Galego, Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do I.P.S.E.G., Depto. de Historia I (Univ. Santiago), Santiago, 1992, pp. 201-208. ARIAS VILAS, Felipe, "O xacemento galaico-romano de Castillós (Lugo)", en Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, pp. 225-256, 1992. ARIAS VILAS, Felipe, A Romanización de Galicia, Ed. A Nosa Terra , Vigo, 1992. ARIAS VILAS, Felipe, “Poblamiento rural: la fase tardía de la cultura castreña” en Los Finisterres atlánticos en la Antigüedad. Época prerromana y romana, p.181-189, Gijón, 1996. ARIAS VILAS, Felipe, “O urbanismo Galaicorromano” en Historia da Arte Galega, Fasc. 18, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2000. ARIAS VILAS, Felipe; CAVADA NIETO, Milagros, "Galicia Bajorromana", en Gallaecia, 3-4, pp.91-108. Santiago, 1977-1978 ARIAS VILAS, Felipe; LE ROUX, Patrick; TRANOY, Alain; Inscriptions romaines de la province de Lugo, Ed. Boccard (Centre Pierre París 3), París, 1979. Lugo BALIL ILLANA, A., “Frammenti di sartego cristiano nel nord-ovest della peninsola iberica” na Rivista de Arqueología Cristiana, nº 51, 1975, p.313-316. BALSEIRO GARCIA, A., “Aproximación a la minería aurífera del Noroeste Peninsular”, en Boletín del Museo Provincial de Lugo, Lugo, 1993-94. BALSEIRO GARCIA, A., El oro prerromano de la provincia de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 1994, Lugo. BIANCHI Bandinelli, Rannucio, Roma, centro de Poder, col. El Universo de las Formas, Ed. Aguilar, Madrid, 1970. BLANCO FREIJERO, A., “El Panteón Romano de Lucus Augusti”, Actas del coloquio internacional sobre el bimilenario de Lugo, Lugo, 1976, pp. 107-122. BLÁZQUEZ, Antonio, "Vía romana de Braga a Lugo por el interior", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Orense (Ourense) VI, nº 126, pp. 111-115; nº 127, pp. 133-136, 1918. BLÁZQUEZ, Antonio, "Cuatro tesseras militares", Boletín de la Real Academia de la Historia, LXXVII, pp. 98-107, 1920. BLAZQUEZ, J. Mª, “La romanización del Noroeste de la Península Ibérica” en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, p.67-83. BOUHIER, Abel, La Galice: essai geographique d´analyse et d´interpretation d´un vieux complexe agraire, Ed. Le Roche-sur-Yon (Vendée), 1979, 2 vol. e material gráfico anexo. BOUZA BREY, Fermín, "Nova hipóteses de traballo para o estudio das vías romanas", en Rev. Grial II, pp. 191-193, 1963.

205


BIBLIOGRAFÍA

BOUZA BREY, Fermín, “Materiales para el estudio de la segunda tableta de Lépidus", no Miliario Extravagante, 3, pp. 43-49, 1963. BOUZA BREY, Fermín, "Prenotando tópicos para el estudio de las vías romanas de Dactonium", no Miliario Extravagante, 7, pp. 151-152, 1964. BROCHADO DE ALMEIDA, Carlos Alberto, Proto-História e Romanizaçao da bacia inferior do Lima, Centro de Estudos Regionais, Viana do Castelo. 1990. CAAMAÑO GESTO, José Manuel, "Las mansiones de la vía XVIII en su tramo orense", na Gallaecia, 3-4, pp.109-135, Santiago, 1977-1978. CAAMAÑO GESTO, José Manuel, "Posible reutilización de caminos prerromanos en época romana", na Gallaecia, 3-4, pp. 281-285, Santiago, 1977 1978. CAAMAÑO GESTO, José Manuel, As vías romanas, Museo do Pobo Galego (Cadernos 3), Santiago, 1984. CAAMAÑO GESTO, José Manuel, "As vías romanas", en Historia I, pp. 389-403, 1991. CAAMAÑO GESTO, José Manuel; NAVEIRO LÓPEZ, Juan Luis, "Aportaciones al estudio de la red viaria romana de la provincia de La Coruña", en Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, pp. 207-224, 1992. CABRERA, J., Estudio sobre el Priscilianismo en la Galicia antigua, Granada, 1983. CALO LOURIDO, Francisco "Manifestacións da plástica castrexa na provincia de Lugo” en Croa, Boletín da Asociación de Amigos do Museo do Castro de Viladonga 4, p. 10-11, Lugo, 1994. CALO LOURIDO, Francisco A plástica da Cultura Castrexa Galego – Portuguesa 2 tomos, Ed. Fundación Pedro Barrié de La Maza, Conde de Fenosa e Museo de Pontevedra, A Coruña, 1994. CARBALLO ARCEO, Luis Xulio Poboamento castrexo e romano da terra de Trasdeza, Ed. Xunta de Galicia, Santiago, 1986. CARBALLO ARCEO, Luis Xulio, e LÓPEZ COTA, M., “A área de abastecemento de recursos pétreos na Cultura Castrexa: o caso do Val do Deza” en Trabalhos de Antropología e Etnología, 28, 2-4, 1988, p.275-290. CARDONA, Francesc Ll., Mitologías y leyendas europeas, Ed. Olimpo, Barcelona, 1999. CASAL RODRÍGUEZ, Raquel e RODRÍGUEZ GARCÍA, Purificación, “As estelas discoideas do Museo Provincial de Lugo” en Larouco 2, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova,, Ed. do Castro, 1996, p.289-292. CASTELLÁ Y FERRER, Mauro, Historia del Apóstol de Jesús Christo Santiago Zebedeo, patrón y capitán de las Españas, Ed. Alonso M. de Balboa, Madrid, 1610. CASTILLÓS (Voz): Gran Enciclopedia Galega V, p. 220, 1974. CASTRO LÓPEZ, Manuel, "Antigüedades de Proendos", en Almanaque Gallego para 1906, p. 11, Buenos Aires, 1905. CASTRO LÓPEZ, Ramón, Reseña histórico-descriptivo de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca y de los monumentos protohistóricos del Partido de Monforte de Lemos, Imp. F. Rodríguez, Monforte, 1929.

206


BIBLIOGRAFÍA

CASTRO PÉREZ, Ladislao, "As fibelas de besta fibela de Aquis querquennis" en Larouco II Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, pp. 89-107, Santiago de Compostela, 1992. CAVADA NIETO, Milagros, "Hallazgos monetarios en castros de Galicia", en Boletín del Seminario de Arte y Arqueología, XXXVIII, pp. 211-248, 1972. CAVADA NIETO, Milagros, "Recientes hallazgos monetarios en Galicia" en I Congreso Nacional de Arqueología, pp. 183-190, 1974. CAVADA NIETO, M., La crisis económico-monetaria del siglo III ¿un mito historiográfico?. Avance del resultado de los análisis metalográficos sobre los tesorillos de la provincia de Lugo, Tórculo edicións, Santiago de Compostela, 1994. CHANTADA (Voz) na Gran Enciclopedia Gallega, t. 8, p.179. CEÁN BERMÚDEZ, J.A., Sumario de las Antigüedades Romanas que hay en España, Imp. de D. Manuel de Burgos, Madrid, 1832. CHAMOSO LAMAS, Manuel, "Sobre hallazgos arqueológicos en Castillones", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo VI, pp. 213-215, 1958 1959 COELHO FERREIRA, Armando, “A cultura castreja no Noroeste de Portugal: integraçao no mundo romano”en Los Finisterres atlánticos en la Antigüedad. Época prerromana y romana, p.49-57, Gijón, 1996. CRIADO BOADO, F., “Asentamiento megalítico y asentamiento castreño: una propuesta de síntesis” na Gallaecia 11, 1989, p.109-137. DELGADO GÓMEZ, Jaime, “Tapa del sarcófago paleocristiano en Santa María de Temes, Carballedo (Lugo-España)” na Revista de Arqueología Cristiana, Anno LII, núm. 3-4, 1976, pp. 303-324. DELGADO GÓMEZ, Jaime, “El Complejo de Temes, ¿un monumento paleocristiano?” XV Congreso Nacional de Arqueología (Lugo, 1977), Zaragoza, 1979, pp. 129-149. DELGADO GÓMEZ, Jaime, “La paloma en la icongrafía paleocristiana y su aparición en el monumento de Temes”, no Boletín Auriense, tomo IX, 1979, pp. 129-149. DELGADO GÓMEZ, Jaime, El Complejo de Temes: los dos documentos cristianos, iconográfico uno y epigráfico otro, más antiguos de Galicia. Hércules de Ediciones e Consellería de Cultura e Comunicación Social, Sempre no Camiño, Santiago de Compostela, 1997. DELGADO GÓMEZ, Jaime, "El más antiguo testimonio cristianismo de I-VIII” El Progreso, 30Marzo (I), 31-Marzo (II), 1-Abril (III), 3-Abril (IV), 5-Abril (V), 6-Abril (VI), 7-Abril (VII), 8-Abril (VIII), Lugo, 1983. DÍAZ Y DÍAZ, M. C., "La cristianización de Galicia" en ROMANIZACION 1976, pp. 105-120, 1976. DÍAZ Y DÍAZ, M.C., "Orígenes cristianos en Lugo" en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, pp. 237-250. DÍEZ SANJURJO, Manuel, "Los caminos antiguos y el Itinerario nº 18 de Antonino en la provincia de Orense", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Orense (Ourense), II (1902-1905), nº 37 (1904), pp. 221-228; nº 39 (1904), pp. 269-275; nº 42 (1905), pp. 319-324; nº 43 (1905), pp. 338-342; nº 44 (1905), pp. 350-353; nº 45 (1905), pp. 366-371; nº 48 (1906), pp. 3-12; nº 51 (1906), pp. 49-53; nº 52 (1906), pp. 65-75. 1904-1905-1906.

207


BIBLIOGRAFÍA

DIEZ SANJURJO, Manuel, "Los caminos antiguos y el Itinerario nº 18 de Antonino en la provincia de Orense. Apéndice El manuscrito del Padre Sarmiento", en BOLETÍN DE LA COMISIÓN DE PROVINCIAL DE MONUMENTOS HISTÓRICOS Y ARTÍSTICOS DE ORENSE (OURENSE)r, vol. III, nº 53 (1906), pp. 94-95, nº 54 (1907), pp. 107-111, nº 56 (1907), pp. 139144, nº 57 (1907), pp. 152-156, nº 58 (1907), pp. 170-174, nº 59 (1907), pp. 187-192, nº 60 (1908), pp. 202-208, nº 62 (1908), pp. 236-240, nº 63 (1908), pp. 247-252. Ourense, 19061907-1908. DOMERGUE, Claude, Catalogue des mines et des fonderies antiques de la Péninsule Ibérique, 2 vols., Ed. Casa de Velázquez (Serie Archeologie VII), Boccard, Madrid. 1987. DOPICO Caínzos, Mª Dolores, La Tabvla Lovgeiorum. Estudios sobre la implantación romana en Hispania, Vitoria, 1998. DURO PEÑA, Emilio, El monasterio de S. Esteban de Ribas de Sil, Ourense, 1977. ESTEFANÍA ÁLVAREZ, María del Dulce Nombre, "Vías romanas de Galicia", Zephyrus XI, pp. 5-103, Salamanca, 1960. FARIÑA BUSTO, Francisco; CALO LOURIDO, Francisco; ACUÑA FERNÁNDEZ, Paloma voz "Escultura Castrexa. Escultura Romana", en Gran Enciclopedia Galega 10, pp. 116-132, 1974. FARIÑA BUSTO, Francisco; ARIAS VILAS, Felipe; ROMERO MASIÁ, A.; “Panorámica General sobre la cultura castrexa”, en Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia p. 87-127, Santiago de Compostela, 1983. FERNÁNDEZ BAL, M.L., Las villas romanas de la provincia de Lugo, Traballo de Curso inédito, Univ. Santiago, Santiago, 1982. FERNÁNDEZ IBAÑEZ, Carmelo, “El proceso de restauración de una placa metálica aparecida en Castillós”, no Boletín do Museo Provincial de Lugo, Lugo, 1996, p.180-187. FERNÁNDEZ OCHOA, Carmen, Asturias en la época romana, Monografías Arqueológicas I, Universidad Autónoma de Madrid, Madrid, 1982. FERNÁNDEZ OCHOA, Carmen, "El impacto romano sobre el hábitat del Noroeste (Estado de la cuestión sobre los fenómenos de transición y articulación del territorio)", en I Congreso peninsular de Historia Antigua (Santiago 1986), vol. II, pp. 345-362. 1988. FERNÁNDEZ OCHOA, Carmen (Coord.), Los Finisterres Atlánticos en la Antigüedad.. Época prerromana y romana, Ed., Electa/Ayto. de Gijón, 1996. Gijón. FERNÁNDEZ OCHOA, Carmen e MORRILO CERDÁN, Ángel, La tierra de los Astures. Nuevas perspectivas sobre la implantación romana en la antigua Asturia, Ed. Varia, Gijón, 1999. FERNÁNDEZ-POSSE , Mª Dolores e SANCHEZ-PALENCIA, F. José, “Consideraciones sobre la estructura social y el territorio en la Asturia prerromana y romana”en Finisterres atlánticos en la Antigüedad..Época prerromana y romana, p.45-49, Gijón, 1996. FERRER SIERRA, Santiago e GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, E., “Sustrato poboacional prerromano de Lucus Augusti” en Lucus Augusti. 1. El amanecer de una ciudad, Edita Fundación Pedro Barrié de la Maza, p.329-419, A Coruña, 1996. FERRER SIERRA, Santiago e RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, “La Vía Nova Romana (XVIII del Itinerario de Antonino). Bases de partida para su investigación” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.95-115. FITA, Fidel; FERNÁNDEZ GUERRA, Aurelio, Recuerdos de un viaje a Santiago de Galicia, Imp. Lezcano y Cía., 1880, Madrid.

208


BIBLIOGRAFÍA

FITA, Fidel "Monumento romanos de San Juan de Camba", no Boletín de la comisión provincial de monumentos de Orense (Ourense) II, Nº 33, pp. 157-160. 1903. FLÓREZ, Enrique Fernando, España Sagrada XIX. El estado antiguo de la Iglesia Iriense, y Compostelana, hasta su primer arzobispo, Ed. Viuda e Hijo de Marín, 2ª edición, Madrid. G. RODICIO, Antonio, “O Porto Senabreca e a posíbel vía romana Chaves – Monforte” en Raigame nº10, 2000, Ourense. GARCÍA ÁLVAREZ, Rubén, "En torno a los orígenes del monasterio de San Vicente del Pino", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo, V, pp. 80 ss. Orense, 1952. GOMEZ VILA, J., “As vías romanas na provincia de Lugo. Achegamento a súa problemática” en Historia Nova. Asociación Galega de Historiadores, vol 2. Santiago de Compostela, 1993, p.15-30. GONZALEZ FERNÁNDEZ, Enrique e RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, “Dos hallazgos singulares en las recientes excavaciones de Lugo: un edículo sacro y un alfabeto latino de época romana” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.243-253. GONZALEZ RODRÍGUEZ, M. C., “Las unidades organizativas indígenas del área indoeuropea de Hispania” en Veleia anejo 2, Vitoria, 1986. GONZALEZ RODRÍGUEZ, M. C. y SANTOS YANGUAS, J., “El caso de las llamadas Gentilitates, revisión y propuestas” en Veleia 2-3, Vitoria, 1985-86, p.373-382. GONZALEZ RODRÍGUEZ, M. C., “Reflexiones sobre las unidades organizativas indígenas del área indoeuropea” en Revisiones de Historia Antigua I., las estructuras sociales indígenas del norte de la península ibérica, Vitoria, 1994, p.139-166. GORGES, Jean-Gérard, Les villas Hisp-Romaines. Inventaire et problématique archéologiques, Ed. Publications du Centre Pierre París 4, Boccard, París, 1979. HERMIDA BALADO, M., Monforte de Lemos, Ed. Everest, León, 1987. HERVES REIGOSO, Francisco M., “El ara de Vilariño (Fión , O Saviñao)” en Larouco nº 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía Nova, Lugo, 2001, p.267. IRG: Inscripciones romanas de Galicia, I BOUZA BREY, Fermín; D`ORS, Alvaro Santiago de Compostela, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1949. ISup. CASTILLO LOPEZ, Angel del; D`ORS, Alvaro Suplemento al Fascículo I. Provincia de La Coruña, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1960. II VAZQUEZ SACO, Francisco; VAZQUEZ SEIJAS, Manuel Provincia de Lugo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1954. III FILGUEIRA VALVERDE, Jose; D`ORS, Alvaro Museo de Pontevedra, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1955. III Sup. ALVAREZ BLAZQUEZ, José María; BOUZA BREY, Fermín Suplemento al Fascículo III. Vigo, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1961. IV LORENZO FERNANDEZ, Joaquín; D`ORS, Álvaro; BOUZA BREY, Fermín Provincia de Orense, Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago, 1968. IRPL: Inscriptions romaines de la province de Lugo, ARIAS VILAS, Felipe; LE ROUX, Patrick; TRY, Alain; Ed. Boccard (Centre Pierre París 3), París, 1979. LE ROUX, Pierre "Lucus Augusti, capitale administrative au Haut-Empire", en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, pp. 83-101.

209


BIBLIOGRAFÍA

LE ROUX, Pierre, L'armée romaine et l'organisation des provinces ibériques d'Auguste a l'invasion de 409, Ed. C.N.R.S.- Centre Pierre París, París, 1982. LOPEZ BARJA, Pedro, “El censo provincial, los populi y los castella de la Gallaecia” (Universidade de Santiago), na Gallaecia 18, Ed. do Castro, 1999, p.347-362. LOPEZ BARJA, Pedro, “La provincia Transduriana” en El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania, Ed. Fenosa – Fundación las Médulas, León, 2001, p.31-47. LÓPEZ CUEVILLAS, Florentino; LOURENZO FERNÁNDEZ, Xoaquín "Catálogo dos Castros Galegos. Terra de Lobeira", en Rev. Nós t. V, nº 116, pp. 174-182; nº 117, pp. 189-200; nº 118, pp. 211-224. 1933, Santiago de Compostela. LÓPEZ CUEVILLAS, Florentino; FRAGUAS FRAGUAS, Antonio, "Los castros de la tierra del Saviñao", en III Congreso Nacional de Arqueología, pp. 273-332, 1955, Zaragoza. LÓPEZ CUEVILLAS, Florentino, La civilización céltica de Galicia, Colegio Universitario de Ediciones Istmo, 2ª ed., Madrid, 1988, Reedición 1993. MADOZ, Pascual, Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, 6 Vol. Ed. facsímil (Libros, Santiago, 1986) Madrid, 1845. MALUQUER de Montes, J., “El mundo indígena del Noroeste hispánico antes de la llegada romana” en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, p.7-17. MANGAS, Julio, “Castellum, gens, civitas en Edicto de Augusto (15 a.C.)” en El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania, Ed. Fenosa – Fundación las Médulas, León, 2001, p.47-63. MANGAS, Julio e MATILLA, E., “Nueva inscripción romana de Astorga” en Memorias de Historia Antigua 5, 1981, p.253-256. MAÑANES PÉREZ, Tomás, El Bierzo prerromano y romano, Ed. Fuentes y Estudios de Historia Leonesa 27, León, 1981. MAÑANES PÉREZ, Tomás, Astorga romana y su entorno. Estudio arqueológico, Valladolid., 1983. MAÑANES PÉREZ, Tomás, Inscripciones latinas de Astorga, Ed. Universidad de Valladolid, Valladolid, 2000. MAÑANES PÉREZ, Tomás, “Asturica Augusta como epicentro viario” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.63-95. MURGUIA, Manuel, Historia de Galicia 5 vols. (I 1901(2ª), II 1906(2ª), III 1888, IV 1891, V 1913), Ed. Librería de D. Eugenio Carré, A Coruña, 1888-1891-1901-1906-1913. Edición Facsímil La Gran Enciclopedia Vasca, Bilbao, 1979 (vols. III a VII) MARTINS, Manuela, Povoamento proto-histórico e romanizaçao da bacia do curso médio do Cávado, Univ. Minho (Cadernos de Arqueologia Monografías 4), 1991, Braga. MINISTERIO DE AGRICULTURA, Mapa de cultivos y aprovechamientos en la Comarca de Lemos, Ed. Ministerio de Agricultura – Dirección General de la producción agraria, Madrid, 1988. MONTEAGUDO GARCÍA, Luis, "Galicia en Ptolomeo", en Cuadernos de estudios Gallegos t. II, fasc. VII, pp. 609-653, 1947.

210


BIBLIOGRAFÍA

MONTEAGUDO GARCÍA, Luis, "Vía romana entre Betanzos y Guitiriz (Coruña-Lugo)", en Archivo Español de Arqueología XXVIII, nº 91, pp. 300-305, 1955. MOURE-MARIÑO, Luís, Apuntes para la Historia de Monforte de Lemos, Ed, Xunta de Galicia, 2ª Edición, 1997. NAVEIRO LÓPEZ, Juan Luís, El comercio antiguo en el NW. Peninsular, Ed. Museo Arqueolóxico da Coruña (Monografías Urxentes 5), A Coruña, 1991. NÚÑEZ GARCÍA, O. e CAVADA NIETO, M., El nacimiento del cristianismo en Gallaecia: Manifestaciones pagano-cristianas en los siglos I-IV, Ourense, 2001, pp. 32-33. OREJAS Saco del Valle, Almudena, "La cuenca noroccidental del Duero el impacto de la presencia romana", en III Congreso peninsular de Historia Antigua (Preactas), vol. II, pp. 513530, 1994. OREJAS Saco del Valle, Almudena, Estructura social y territorio. El impacto romano en la cuenca noroccidental del Duero Ed. CSIC – Centro de Estudios Históricos, Madrid, 1996. OREJAS, Almudena; SASTRE, Inés; SANCHEZ-PALENCIA, F. José; PLÁCIDO, Domingo; “El edicto de Augusto del Bierzo y la primera organización romana del Noroeste peninsular” en El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania, Ed. Fenosa – Fundación las Médulas, León, 2001, p.63-113. PEREA, A. e SANCHEZ-PALENCIA, F. José, Arqueología del Oro astur: Orfebrería y minería, Oviedo, 1995. PEREIRA MENAUT, Gerardo, "Los castella y las comunidades de Gallaecia", en Zephyrus XXXIV-XXXV, pp. 249 ss. Salamanca, 1982. PEREIRA MENAUT, Gerardo (Ed.), Estudos de Cultura Castrexa e de Historia Antiga de Galicia, Ed. Universidade de Santiago-Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Santiago, 1983. PEREIRA MENAUT, Gerardo, "Las comunidades galaico-romanas. Hábitat y sociedad en transformación", en Estudos de Cultura Castrexa e Historia Antiga de Galicia, pp.199-212, 1983. PEREIRA MENAUT, Gerardo, "La formación histórica de los pueblos del Norte de Hispania. El caso de Gallaecia como paradigma", en Veleia I, pp. 271-287, Vitoria, 1984. PEREIRA MENAUT, Gerardo, “Nueva Tabula Patronatus del Noroeste de Hispania” en Veleia 2-3, 1985-86, p.299-303. PEREIRA MENAUT, Gerardo, "Cambios estructurales versus romanización convencional. La transformación del paisaje político del Norte de Hispania", en Estudios sobre la Tabula Siarensis, Anejos de Archivo Español de Arqueología IX, pp. 245-259. Madrid, 1988. PEREIRA MENAUT, Gerardo, “Aproximación crítica al estudio de etnogénesis: la experiencia de Gallaecia”, en Paleoetnología de la Península Ibérica, (Univ. Complutense de Madrid), Complutum 2-3, 1992, p.35-43. PEREIRA MENAUT, Gerardo; SANTOS YANGUAS, J., "Sobre la romanización del Noroeste de la Península Ibérica las inscripciones con mención del origo personal", en III Seminario de Arqueología do Noroeste peninsular vol. III, pp. 117-129, 1979. PÉREZ ALBERTI, Augusto, “Xeografía de Galicia. Xeomorfoloxía” na Gran Enciclopedia Gallega tomo 3, pp. 40-41.

211


BIBLIOGRAFÍA

PÉREZ LOSADA, Fermín, Aproximación al poblamiento rural romamo del Conventus Lucensis: las villae, Tese de Licenciatura inédita, Univ. Santiago, Santiago, 1986. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Sobre o concepto de villa no mundo romano" en Cadernos de Arqueología. Serie II, vol. 4, pp. 79-110, 1987. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Sobre a toponimia das villae romanas en I. Nomes de comúns", en IV Coloquio Galaico-Miñoto (Lugo, 24-27 Set. 1990), Resumes, t. II, p. 179, 1990. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Os asentamentos na galicia romana", en Galicia Historia I (Prehistoria e Historia Antiga), Hércules Ed., pp. 403-441, A Coruña, 1991. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Hipocaustos na Galicia Romana", na Gallaecia 13, pp. 129-176, Santiago, 1992. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Sobre a toponimia das villae romanas en possessores", en Actas Sampaio, pp. 153-188, 1995.

II. Topónimos de

PÉREZ LOSADA, Fermín, "Arqueoloxía e Arte no mundo rural hábitat e arquitectura das villae galaicorromanas", en Arqueoloxía e Arte na Galicia Prehistórica e Romana, A Coruña, 1995, pp. 165-188. PÉREZ LOSADA, Fermín, "Hacia una definición de los asentamientos rurales en la Gallaecia poblados (vici) y casas de campo (villae)", en Los Finisterres Atlánticos en la Antigüedad. Época prerromana y romana, pp. 189-197, 1996. PÉREZ LOSADA, Fermín, Poboamento e ocupación rural romana no Noroeste Peninsular (Núcleo agrupados romanos secundarios en Galicia). Tese de Doutoramento, Universidade de Santiago de Compostela, 2000. PÉREZ LOSADA, Fermín, Entre a cidade e a aldea. Estudio arqueohistórico dos “aglomerados secundarios” romanos en Galicia, Ed. Brigantium-Museo Arqueolóxico e histórico Castelo de San Antón, A Coruña, 2002. PÉREZ LOSADA, Fermín e CAAMAÑO GESTO, J. A., “A arquitectura romana” en Historia da Arte Galega Fasc. 19, Ed. A Nosa Terra, Vigo, 2000, p.289-304. PITA ANDRADE, J.M., “Texto y documentos. Más noticias acerca de Vasco de Temes”, en Cuadernos de Estudios Gallegos, tomo XII, pp. 329-332. PROENDOS (Voz): Gran Enciclopedia Galega ,p.240, 1974. PUYOL, R. e ESTEBAÑEZ, J. Análisis e interpretación del mapa Topográfico nacional, Madrid, 1978. REBOREDA MORILLO, Susana; LÓPEZ BARJA, Pedro (Eds.), A Galicia e o Mundo. Romanización e cambio social, Ed. Excmo. Concello de Xinzo de Limia (Biblioteca Arqueohistórica Limiá, Serie Cursos e Congresos 4), Xinzo de Limia, 1996. REINHART, W., Historia general del reino hispánico de los suevos, Madrid, 1952. RIELO CARBALLO, Nicandro, voz “Castillós”, “Chantada” e “Proendos”, na Gran enciclopedia Galicia, 1974. RISCO, Fr. Manuel, España Sagrada. Antigüedades de la ciudad y Sta. Iglesia de Lugo, tomo XL, ed. Facsímile, 1992. RIVAS FERNÁNDEZ, Juan Carlos, "Adenda al catálogo y al estudio de los miliarios orensanos", en Boletín Auriense IV, pp. 91-146, Ourense, 1974.

212


BIBLIOGRAFÍA

RIVAS FERNÁNDEZ, Juan Carlos, "La vía romana por Tamallancos (Orense)" en Boletín Auriense II, pp. 152-166, 1972. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, La red viaria romana del sudeste de Galicia, en Anejos de Hispania Antiqua, Valladolid, 1976. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, Galicia Meridional Romana, Univ. de Deusto, Bilbao, 1977. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, Augusto e Hispania. Conquista y organización del Norte Peninsular, ed. Cuaderos de Arqueología de Deusto 7, Univ. Deusto, Bilbao, 1979. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, Aquae Flaviae I. Fontes epigráficas 2 vols., Ed. Cámara Municipal de Chaves, Chaves, 1987. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio; CARREÑO GASCÓN, Covadonga, "Sobre Paulo Fabio Máximo y la fundación de Lucus Augusti. Nuevos testimonios", en Finis Terrae. Estudios en lembranza do Prof. Dr. Alberto Balil, pp. 389-416, 1992. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, Corpus-catálogo de inscripciones rupestres de época romana del cuadrante noroccidental de la Península Ibérica, Ediciós do Castro, Sada, 1993. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, "Historia da Arte Romana de Galicia", en Galicia Arte, t. IX (Arte Prehistórica e Romana), pp. 235-501, 1993. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio (Coord.); CARREÑO GASCÓN, Covadonga; GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Enrique; HERVES REIGOSO, Francisco; FERRER SIERRA, Santiago; ALCORTA IRASTORZA, Enrique; CASAL GARCÍA, Raquel; NAVEIRO LÓPEZ, Juan; Lucus Augusti, Urbs Romana. As orixes da cidade de Lugo, Concello de Lugo, Lugo, 1995. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, "El nacimiento de la ciudad en el Noroeste Hispánico", en III e IV Semanas de Historia de Galicia (A Guerra en Galicia / O rural e o urbano na Historia de Galicia ), pp. 267-276, Santiago, 1996. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio (Coord.), Lucus Augusti. 1. El amanecer de una ciudad, Edita Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña, 1996. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, Aquae Flaviae. I Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior, Ed. Cámara Municipal de Chaves, Chaves, 1997. RODRÍGUEZ COLMENERO, Antonio, "A organización sociopolítica do espacio etnias e territorio", en GCR, pp. 85-91, 1997. ROLDÁN HERVÁS, J.M., "Sobre el valor métrico de la milla romana", en XI Congreso Nacional de Arqueología, pp.225-314. 1970. ROLDÁN HERVÁS, J.M., Hispania y el ejército romano, Ed. Universidade de Salamanca (Acta Salmanticensia, Filosofía y Letras 76), Salamanca, 1974. ROLDÁN HERVÁS, J.M., Itineraria Hispana. Fuentes antiguas para el estudio de las vías romanas de la Península Ibérica, Madrid, 1975. ROLDÁN HERVÁS, J.M., "El ejército como factor de romanización de Asturia", en Indigenismo y romanización en el Conventus Asturum, Ministerio de Cultura/Universidade de Oviedo, Madrid, 1983, pp.107-122. ROMERO MASIÁ, Ana María.; POSE MESURA, Xose Manuel, Galicia nos textos clásicos, Ed. Museo Arqueolóxico Provincial (Monografías Urxentes do Museu 3), A Coruña, 1987.

213


BIBLIOGRAFÍA

SÁNCHEZ PALENCIA, F.J.; FERNÁNDEZ POSSE, M.D.; FERNÁNDEZ MANZ, J.; OREJAS SACO DEL VALLE, A., La zona arqueológica de Las Médulas, León, Salamanca, 1996. SÁNCHEZ PALENCIA, F.J.; OREJAS SACO DEL VALLE, A.; FERNÁNDEZ POSSE, M.D. "La mano de obra en la minería romana del NW peninsular", en Trabalhos de Arqueología e Etnología XXIV, 3-4 (Actas I Congresso de Arqueologia Peninsular), pp. 243-256, 1994. SÁNCHEZ-PALENCIA RAMOS, Francisco Javier "Minería y metalurgia de la región astur en la Antiguedad", en Astures, pp. 141-157, 1995. SANCHEZ-PALENCIA, F. José e MANGAS, Julio (Coords.), El Edicto del Bierzo. Augusto y el Noroeste de Hispania, Ed. Fenosa – Fundación las Médulas, León, 2001. SANTOS YANGUAS, Juan (Coord.), Historia de Asturias, Ayalga Ed. Salinas, 1978. SANTOS YANGUAS, Juan, "Cambios y pervivencias en las estructuras sociales indígenas", en Indigenismo y romanización en el Conventus Asturum, Ministerio de Cultura/Universidade de Oviedo, Madrid, 1983, pp.89-106. SANTOS YANGUAS, Juan, Comunidades indígenas y administración romana en el Noroeste hispánico, Vitoria, 1985. SANTOS YANGUAS, Juan, Los pueblos de la España Antigua, Ed. Historia 16, Madrid, 1999. SANTOS YANGUAS, Narciso, El ejército y la romanización de los Astures, Univ. Oviedo, Oviedo, 1981. SANTOS YANGUAS, Narciso, "Organización socio-económica de Asturias durante el Bajo Imperio", Historia General de Asturias vol. I, Gijón, 1982. SANTOS YANGUAS, N., “Las cohortes de los lucenses en el ejército romano” no Brigantium vol. 1, A Coruña, 1980, p.107-124. SANTOS YANGUAS, N., “Soldados lucenses en el ejército romano” no Brigantium vol. 5, A Coruña ,1984-85, p.41-64. SANTOS YANGUAS, N., “Las tropas mixtas de Astures y Galaicos en el ejército romano” en BIEA, Num. CXIV, 1985, p.173-198. SANTOS YANGUAS, Narciso, El ejército y la romanización de Galicia, Univ. Oviedo, Oviedo, 1988. SANTOS YANGUAS, Narciso, La romanización de Galicia, Colegio Universitario de Ediciones Istmo 6, Madrid, 1991. SASTRE PRATS, Inés, Las formas de dependencia social en el Noroeste peninsular. (transición del mundo prerromano al romano y época Altoimperial), Ed. Ayuntamiento de Ponferrada Dirección General de Patrimonio y promoción Cultural, Junta de Castilla-León, Institutos de estudios Bercianos, Ponferrada, 1998. SASTRE PRATS, Inés, Las formaciones sociales rurales de la Asturia romana, Ediciones Clásicas, Madrid, 2001. SCHULTEN, A., Los Cántabros y los Astures y su guerra con Roma, Madrid, 1943. SCHULTEN, A., Geografía y etnografía antiguas de la Península Ibérica, Madrid, 1958-61. SCHLUNK, Helmut, "Los monumentos paleocristianos de Gallaecia, especialmente los de la provincia de Lugo", en Actas del coloquio internacional sobre el Bimilenario de Lugo, Ed. Patronato del Bimilenario de Lugo, Lugo, 1977, pp. 193-236.

214


BIBLIOGRAFÍA

SILVA, A.C.F. A Cultura Castreja no Noroeste de Portugal, Paços de Ferreira, 1986. SOBRADO VÁZQUEZ, J. Manuel e ÁLVAREZ ASOREY, Rubén, “Os miliarios de Saá de Rodeiro (Pontevedra) e a posible vía secundaria Aquis Celenis – Dactonium” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.261-263. SOTOMAYOR, Manuel, Sarcófagos romano-cristianos de España. Estudio iconográfico, Granada, Facultad de Teología, 1975. SYME, R., “The conquest of North-West Spain” en Legio VII Gemina, León, 1970, p.79-101. SYME, R., “A governor of Tarraconensis” en Epigraphische Studien 8, 1969, p.125-133. TABOADA CHIVITE, Jesús, Escultura Celto-Romana, Ed. Cuadernos de Arte Gallego III, Vigo, 1965. TABOADA CHIVITE, Jesús, "La romanización del hábitat castreño", en Trabalhos de Arqueología e Etnología . XXII, pp. 237-247, Porto, 1973. TIR K-29 UNIÓN ACADÉMICA INTERNACIONAL (COMITÉ ESPAÑOL) Tabula Imperii Romani, Hoja K-29 (Porto, Conimbriga, Bracara, Lucus, Asturica), I.G.N./C.S.I.C./Ministerio de Cultura, Madrid, 1991. TRANOY, Alain, Chronique d`Hydace 2 vols., Ed. Centre Pierre París (Sources Chrétiennes 218-219), París, 1974. TRANOY, Alain, "Gallaecia romana historiografía y problemática", en Xornadas de Historia de Galicia IV (Ourense 1988), DE JUANA, J.; CASTRO, X. (Eds.), Ourense, 1988, pp. 61-103. TRANOY, Alain, La Galice Romaine. Recherches sur le nord-ouest de la péninsule ibérique dans l'Antiquité, Ed. Publications du Centre Pierre París 7, Diffusion de Boccard, París, 1981. VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, Germán, Historia de Monforte y su tierra de Lemos, Vol. I, Monforte, 1970 e Edición renovada de 1990. VÁZQUEZ SACO, Francisco, "Nuevas inscripciones romanas de la provincia de Lugo", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo, VI, nº 49-52, pp. 270-273, 19581959. VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel, "Aportación de la Provincia de Lugo al Corpus Petroglyphorum Gallaeciae", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo II, nº 14-15, pp. 7581, 1945. VÁZQUEZ SEIJAS, Manuel, "Nuevos hallazgos en Proendos", en Boletín de la comisión provincial de monumentos de Lugo II, nº 19, pp. 228-232, 1946. VÁZQUEZ SEIJAS, M., Lugo bajo el Imperio Romano, 1989, Lugo VÁZQUEZ VARELA, J.M., “Hallazgo de bellotas en el Castro de Vixil: Reflexiones sobre la agricultura castreña” no Boletín da Comisión provincial de monumentos de Lugo, tomo IX, nº8184, Lugo, 1974-1975, p.195-198. VÁZQUEZ VARELA, J.M., “La arqueología castreña al Norte del Miño” nas Actas do Seminario de Arqueoloxía del Noroeste Peninsular, vol. II, Guimarâes, 1980, p.197-204. VEGA AVELAIRA, Tomás, "Las aglomeraciones civiles (vici y kanabae) de los campamentos roms aspectos urbanísticos", en OCNH, pp. 1265-1289, 1998.

215


BIBLIOGRAFÍA

VEGA AVELAIRA, Tomás, “La participación del ejército romano en la construcción de la red viaria” en Larouco 3, Ed. Grupo Arqueolóxico Larouco e Fundación Aquae Querquennae Vía nova, 2001, p.177-195. VIDAL RODRÍGUEZ, José, “Villas Romanas de Terra Chá” en Revista de Guimarâes XCVII – XCVIII, 1987-88, pp.342-351. XUNTA DE GALICIA, (A.A.V.V.; Precedo Ledo, A. director) Guía de Recursos Arqueolóxicos de Terra de Lemos, Ed. Sociedade para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia – Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997. XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel, Territorialidade castrexa e galaico-romana na Suroriental a terra de Viana do Bolo, Ed. Museo Arqueolóxico Provincial (Boletín Auriense Anexo 18), Ourense, 1993. XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel, "Romanización en el valle del Río Caldo", en Revista de Arqueología 126, pp. 22-31, 1991. XUSTO RODRÍGUEZ, Manuel, "Arquitectura termal en la villa romana de Riocaldo", en Revista de Arqueología, 187, pp. 46-55, 1996.

216


ÍNDICE DE FIGURAS



Figura 1.- Mapa da rede hidrolóxica da Comarca de Lemos. Figura 2.- Estela do ) Eritaeco. Figura 3.- Distribución dos hachados cerámicos superficiais dos hipocaustos de Castillós. Figura 4.- Plano da reconstrucción moderna da ponte de Monforte de Lemos. Figura 5.- Ara de Vilariño de Fión (extraida de Herves Reigoso 2001, p.267) Figura 6.- Mapa de asentamentos e/ou vestixios romanos da Terra de Lemos. Figura 7.- 2º Placa de Barro de Astorga. Figura 8.- Fotografía do Portus Senabreca e do Cotarro do Castro en Bolmente (TdL 81). Figura 9.- Fotografía aéra e área de ocupación do xacemento de Castillós (Fonte elaboración). Figura 10.- Hipocaustos, latericio e de columnas pétreas, do Complexo termal de Castillós. Figura 11.- Placa – cinto de broce aparecido nas excavacións de Castillós. Figura 12.- Estelas discoideas aparecidas en Castillós. Figura 13.- Restos da muralla, parapeto e foso do Castro de Proendos (TdL 87). Figura 14.- Catillus e columnas romanas na Igrexa de Sta. María de Proendos. Figura 15.- Capiteis de pilastra incrustados na Igrexa de Sta. María de Temes. Figura 16.- Capitel de pilastra (esquerda) e outro de columna (dereita) en Sta. María de Temes. Figura 17.- Placa marmórea do sartego de Sta. María de Temes. Figura 18.- Localización e mármore romano en Sta. Eulalia de Licín. Figura 19.- Perspectiva do mármore de Licín e comparativa co de Amiadoso (Ourense). Figura 20.- Estela bifronte de Atán. Figura 21.- Estela bifronte de Vilar de Sarria. Figura 22.- Ara de Liñarán. Figura 23.- Mapa das principais calzadas romanas que afectan á Civitas Lemavorum. Figura 24.- Calzada romana ó seu paso polos Cóbados de Belesar. Figura 25.- Foto aérea do Castro de Guítara. Figura 26.- Castro de Liñarán (TdL 67). Figura 27.- Castro de Vilamelle (Tdl 66). Figura 28.- Castro de Peago (TdL 38). Figura 29.- Castro de Distriz (TdL 7).

219


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.