Frases feitas e refráns sobre o tempo.

Page 1

- Xaneiro xeadeiro, febreiro porraqueiro, marzo espanadeiro, abril augas mil, maio sen ballóns é como un home sen collós, xunio claro, a lama de agosto bota o home a pedir. - Xaneiro heloso, febreiro febroso, marzo airoso, abril chuviñoso, maio pardo, San Xoán claro, Santa Mariña clariña, agosto arder, setembro beber. - Xaneiro porraqueiro, nin boa meda nin palleiro. - Febreiro frebas dá; se non as deu xa as dará, ou no principio ou no final. - Se en marzo maiea, en maio marcea. - Marzo marcial, cara de lobo, cara de can. - Maio pardo, San Xoán claro, vale máis que a mula e o carro. - Marzo airoso, abril chuviñoso, sacan a maio florido e fermoso. - Se queres ter bo alleiro, bótao no mes de xaneiro. - Agosto, frío no rostro. - Se o cuco non vén entre marzo e abril, ou morreu ou non quere vir. - Se chove pola Ascensión, corenta días de ballón. - No San Blas, dúas horas máis. - Xaneiro que non enche o regueiro non é colleiteiro. - Se en marzo oes tronar, prepara a cuba e mais o lagar. - A lama de agosto e o vento de abril, Deus nos libre dil. - Auga en maio, pan para todo o ano. - Cando o Santiago é normal, pouca auga na fonte e menos no manantial. - Á par do río non plantes viño nin merques caserío. - A chuvia no mes de agosto, non é auga; é mel e mosto. - En xaneiro sete lobos no carreiro, en febreiro cada chouta seu regueiro. - Marzo espigarzo. - En San Xoán, anda o cabalo ruán no pan. - En maio, aínda a vella quenta o tallo. - As castañas en agosto arden e en setembro beber. - Marzo marzán, pola mañá cara de risa, pola tarde cara de can. - En Santos, neve nos campos. - Febreiriño corto, cos seus 28; se tivese máis catro, non quedaba can nin gato, nin rato no burato, nin cornas ao carneiro, nin orellas ao pigureiro. - O un de xaneiro, o salto dun carneiro. - Se xea o día de San Blas, sesenta xeadiñas máis. - Arco da vella, tempo de merda. - Rubiais de tarde, sol de mañá.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.