2014 02 17 Seguimento uso circular informativa familias alumnado

Page 1

17/02/2014 Informe para as familias CURSO 2013/2014 - INFORME SEGUIMENTO USO DA AXENDA NAVEGANTES 1ª e 2ª AVALIACIÓNS A AXENDA ESCOLAR COMO ELEMENTO DE MELLORA EDUCATIVA No curso 2011/2012, o IES Canido decide crear a axenda escolar Navegantes, como ferramenta para mellorar o proceso de ensino-aprendizaxe e facilitar a comunicación entre o alumnado, as familias e o profesorado. Obxectivos Alumnado 1. Mellorar a organización e planificación do estudio 2. Usar a axenda escolar como ferramenta de mellora do estudio 3. Valorar, practicar e empregar as Técnicas de Estudo (TE) 4. Valorar e participar na mellora da axenda escolar 5. Responsabilizarse do seu uso Profesorado A. Poñer en valor a axenda B. Promover o seu uso entre o alumnado e as familias C. Controlar o uso correcto da axenda nas aulas D. Facer que a titoría sexa o axente

O tripartito en educación

dinamizador do uso da axenda E. Poñer en práctica co alumnado as TE traballadas con eles

profesorado

familias

Familias -

Recoñecemento da importancia do emprego das TE para a mellora do

alumnado

IES Canido. Técnicas de Estudio

1

éxito escolar -

Implicación nas TE de estudo en canto a favorecer un entorno o máis axeitado posible

-

Revisar e facer uso da axenda como un xeito de comunicación e información efectivo entre: alumnado, profesorado e familias, e como un método de implicación no estudo dos seus fillos/as

Páxina 1 de 4


17/02/2014 Informe para as familias SEGUIMENTO de USO da AXENDA  Observamos no alumnado, fundamentalmente de ESO, serias dificultades para afrontar o estudo diario, o que inflúe nos resultados da aprendizaxe.  Despois de poñer a andar este curso a Axenda Escolar Navegantes, debemos avaliar a súa funcionalidade e ver de mellorar calquer aspecto que non obteña unha valoración positiva ITEMS VALORADOS Horario estudo Criterios de avaliación Lecturas Traballos Exames Pendentes Uso diario

% de uso

Uso da axenda 77,83 53,39

22,95

16,07 13,80 0,00

A D SO U

38,69

36,88

1,81

AX EN D Tr A ae n ax en H or da ar io es tu C do rit er io s av al . Le ct ur as Tr ab al lo s Ex am es Pe nd en te s U so di ar io

90,00 80,00 70,00 60,00 50,00 40,00 30,00 20,00 10,00 0,00

Páx. da axenda 6 30-38-46 31-39-47 33-41-49 34-42-50 36-44-52 Semana á vista

Apartados da axenda cubertos

Páxina 2 de 4


17/02/2014 Informe para as familias CONCLUSIÓNS Observación xeral: só utilizan a axenda 1 de cada 5 alumnos/as (22,95%)  Conclusión: debemos potenciar o uso da axenda como ferramenta de traballo escolar. Observación: a metade dos alumnos/as que traen a axenda ao instituto, só a levan na mochila, non a utilizan  Conclusión: as familias deben controlar a utilización da axenda. Observación: valoramos que teñan cuberto o Horario de estudo como unha forma de organización e planificación do estudo, fundamental á hora de enfrontarse ao traballo diario eficazmente.  Conclusión: é importante que llelo fagamos ver, facendo que o cubran e/ou revisen nesta 2ª avaliación así como na 3º avaliación. Observación: o alumnado non ten cubertos os Criterios de avaliación de todas as áreas.  Conclusión: como instrumento de comunicación coas familias, os criterios de avaliación son unha información relevante que axudará a entender a nota dos controis e das distintas avaliacións. Podedes consultalos na páxina web do instituto. Observación: o alumnado non apunta as lecturas e traballos a realizar cada trimestre  Conclusión: a nota da avaliación tamén é o resultado das valoracións que o profesorado fai das lecturas e traballos, ademais dos exames, actitude, traballo na aula/casa... Observación: se só apuntan os exames 1 de cada 3 alumnos/as, como vai facer a familia un seguimento do estudo do seu fillo/a?  Conclusión: preparar os exames o último día, non é un bo método de estudo. Observación: a utilización da axenda diminúe significativamente na 2ª avaliación.  Conclusión: o alumnado perde interese, témoslle que axudar a mantelo e aumentalo. Observación: o uso da axenda é menor nos últimos cursos da ESO  Conclusión: se a axenda é un instrumento de traballo, debemos continuar promovendo o seu uso sexa o curso que sexa.

Páxina 3 de 4


17/02/2014 Informe para as familias

RECOMENDACIÓNS 

Potenciar a utilización:  Familias e profesorado temos ao noso dispor un instrumento de traballo útil como é a Axenda Navegantes, debemos estar dispostos a estimular que os fillos/as a utilicen diariamente

Recomendacións diarias para o alumno/a:  Axenda aberta enriba da mesa de estudo  Apuntar diariamente os deberes na “semana á vista”  Recomendamos que, no caso das tarefas diarias, apunten deste xeito: MATERIA, páx. nº, ex. nº (por exemplo: LG, páx.35, ex. 3, 4 e 5)  Se o profesor/a non pon tarefas para o día seguinte, sobreenténdese que debemos repasar ou refacer os exercicios dese día, os do final do tema,..., ou elaborar aqueles traballos e lecturas pendentes  Se aínda houbese tempo, podemos ir lendo as materias do día seguinte

Recomendación semanal para as familias:  Sentarse cos fillos/as e revisar os seguintes apartados • Lecturas • Traballos • Exames • Pendentes • Uso diario

Recomendación final:  Consultar na páxina 5 o Horario de estudo persoal  Páxinas 10 e 11, Técnicas de estudo  Páxina 12, Normas para cada sesión diaria de estudo

Podedes consultar o informe completo e obter máis información sobre Técnicas de estudo en: http://www.edu.xunta.es/centros/iescanido/  Orientación

Presentación de resultados finais á comunidade educativa en xuño 2014.

Páxina 4 de 4


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.