2 minute read

A billarda

Hai moitísimas variantes do xogo. O que teñen en común todas é que hai un pau pequeno afiado nos extremos (que se chama billarda ou p incha) e que se golpea con outro máis grande que se chama p a lán. O golpeo realízase en dúas fases: 1º O pinche (ou billarda) colócase no chan e golpéase co palán nun dos extremos para elevalo no aire. 2º Golpéase co palán para tentar lanzalo o máis lonxe posible. A partir de aquí é onde o xogo varía segundo o/a informante.

:

Advertisement

•A partir de 2 xogadoees ata 10 ou 12. •Dous paus, un pequeno (billarda ou pinche) e outro máis grande (palán)

: Segundo Rosa, de 104 anos, de Soigrexa, xogábase por equipos e gañaba o equipo que máis pinchas recollera no aire. Porén, na maior parte das versións, como a de Ramón, de 77 anos, do lugar da Portela, en Barro, ou a de María, de 62 anos, de Valga, se ninguén atrapaba a pincha no aire, o xogador que golpeaba tiña que calcular os “paláns” que había de distancia entre o lugar de lanzamento e onde caía a “pincha”.

Se o xogador acertaba (sen pasarse) conseguía os puntos para o seu equipo, e se fallaba, os puntos ían para o equipo contrario. Pilar Torre (73 anos) da Pobra de Brollón, xogaba cunhas regras un pouco diferentes. 1. Había que conseguir 300 puntos (300 medidas de billarda). 2. Para conseguir os puntos, contábanse as billardas de distancia dende o lugar do lanzamento (portería) ata onde caía a billarda. Se o lanzamento era moi longo, para non contar coas billardas, contábanse as billardas que cabían nun palán e medíase co palán. 3. Se algún xogador do equipo contrario collía a billarda no aire sumaba 10 puntos. 4. Unha vez caía a billarda e se contaban os puntos, un dos xogadores do equipo contrario daba dous pasos cara a “portería”, para lanzar a billarda. Se a billarda golpeaba o palán o equipo lanzador perdía os puntos do último golpeo en favor dos contrincantes e o equipo que estaba “bateando”, perdía o turno. Noutros sitios o lugar de golpeo chamábase “reinado” ou “meta”, e no outro extremo do campo facían unha marca (algo así como a portería no fútbol) que se chamaba “ varal”. Se o xogador consiguía introducir a billarda no varal (acción que se denomina “varado”), o seu equipo gañaba a partida automaticamente

Iso si, o outro equipo tiñ a dereito a réplica, e se consiguía outro varado, a partida quedaba en empate.

:

A maior parte dos informantes xogaban na rúa, ou nuha eira. Josefina de Longás, de 98 anos conta que xogaban no monte, cando ían coas vacas, e Rosa de Soigrexa, recorda que xogaban no adro da igrexa os domingos despois da misa. Tamén María de Soar dá conta de que xogaban na escola, á hora do recreo.

Barro, Valga e Moraña.

This article is from: