2 minute read

A chave

Next Article
O bixe

O bixe

A c hav e

Segundo Xosé Manuel, veciño de Paraños, este xogo consiste nunha chave, unha forcada ou galleta de ferro, que leva entre as dúas gallas un eixo ao redor do cal viras as pas ou chave. Para xogar, lánzase uns disco, tipo ferraduras, dende unha distancia determinada co obxectivo de darlle a chave, peza que está enterrada. Cada vez que unha ferradura dá na chave facéndoa virar unha volta completa como mínimo, o equipo anota un tanto. Gaña o xogo quen máis chaves faga.

Advertisement

:

•Dous equipos Xogábase na carballeira e feiras da •Chave e discos. parroquia. Paraños e Portonovo. 31

A petanca

A petanca consiste en lanzar nove bolas o máis cerca posible dun boliche, lanzado con anterioridade. A puntuación depende do número de bolas que máis cerca estean do boliche.

•De dous ata varios xogadores. •As nove bolas e o boliche

O Buelo.

:

Normalmente no verán en tempos de lecer.

O tira tacos

Para realizar este xogo precísase un espazo aberto para poder escapar. Cada xogador terá un tiratacos.Para lanzar os tacos temos que introducir primeiro un taco ata que chegue á punta do canón provocando así que a bala quede no extremo. Pero non sae porque a baqueta non chega a empuxala para que saia. Para que poida saír disparada hai que meter unha segunda bala ou taco para así facer que a primeira comprima o aire que hai no tubo e saia con maior presión cara ao exterior.

:

Na rúa na época da primaveira e do verán

•Tiratacos que se fai cunha rama dereita de bieiteiro (bianteiro) córtase un anaco entre os dos nós do pau para que constitúe os límites do obxecto. Débese extraer todo o material interior do pau cunha navalla. Constrúese outra baqueta con calquera outro pau recto de tal xeito que cando este está dentro do pau anteriormente fabricado queden uns dous centímetros libres na parte sobresaínte. Manuel Pereira de Moraña.

O T RO MPO

Para realizar este xogo precísase dunha buxaina e unha corda así como dun espacio para botar a buxaina. Os participantes enrolan a buxaina co cordel. A continuación lánzana (a buxaina) e tírana á terra para que baile. O gañador do xogo será o que lance a buxaina e esta aguante máis tempo bailando.

:A guerra dos trompos. Esta variante consiste en debuxar un círculo na terra. No centro do círculo colócase un trompo vello. A continuación, cada un dos xogadores ten que tirar o seu trompo para conseguir quitar o trompo vello do círculo e conseguir a recompensa. Se algún dos xogadores no seu tiro se lle toca ao trompo, que está bailando no círculo doutro xogador terá que colocar o seu trompo tamén no medio.

:

•Nº de xogadores indeterminado •Unha buxaina e unha corda. Moraña. : É un xogo típico do outono. Xógase nun terreo duro, xeralmente de terra

This article is from: