A COMPAÑA OU ESTADEA

Page 1

A COMPAÑA OU ESTADEA Recollida polas alumnas Antía Mariño e Anabel Vilas, de 1º ESO Narradora: Ana García Peón, unha amiga de Antía e Anabel, que á súa vez recibiu a historia de outras persoas da vila.


Conta a xente vella do lugar que hai moitísimos anos, cando aquí aínda non existía electricidade, había xente que dicía ter visto a Estadea ou Compaña. As visións da Compaña sempre se producían en zonas próximas ao lugar onde ía morrer alguén

Algúns afirman ter visto comitivas de xente vestida de branco a vagar polos camiños; outras, viron como a Estadea tiraba da súa casa a persoa que ía falecer para se apoderar da súa alma. Aquela vítima pasaba a facer parte da comitiva fúnebre todas as noites até ao día da súa morte que acontecía ao cabo de 12 días.


O camiño da Compaña era o seguinte: primeiro pasaba por frente da casa da persoa que ía falecer á procura da súa alma; logo percorría os camiños até chegar á igrexa.

Neste percurso, a xente que afirma tela visto comenta que quen se cruzar con ela no bosque non pode fitarlle aos ollos, e para nos protexer dela é preciso deseñar un círculo no chan e meterse dentro.

Outra maneira de protección é lanzarlles un gato negro e botar a correr.


Aqueles que non se protexían, eran apañados pola Estadea para a acompañar na procura das almas dos que ían morrer, e non ficaban libres até encontraren alguén que ocupase o seu lugar.

As persoas maiores din que estes fenómenos como o Acompañamento, o Tardo e outros, xa desapareceron. O porqué non se sabe, mais xa ninguén se encontra con ela polos camiños da noite.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.