Valentín Paz Andrade

Page 1


VALENTÍN PAZ- ANDRADE


Edita: IES. María Casares. Equipo de Normalización e Dinamización Lingüistica Concello de Oleiros. Concellería de Cultura e Normalización Lingüística ANPA "os Pazos"

Texto: Marisa Díaz Couce Fernando Díaz-Castroverde Gómez Sabela Echevarria Franco Raquel Guimarei Taibo Carmela Moure Lema Coordinadora: Pepe taboada Pérez Deseño gráfico e maquetación: Manuel Álvarez Parada


Limiar Persoas hai que brillan coma estrelas no mundo das artes plásticas, na música, na literatura. Persoas das que coñecemos as obras, mesmo algunha data. Autores indiscutibles que, aínda sen saber moito sobre eles, nos resultan familiares. Persoas hai que, silandeiramente fan isto e aquilo, aglutinan ao seu redor a aquelas que brillan de seu, comparten, impulsan, emprenden. Vémolas nas fotos, nun recanto ou á beira deste ou daquel, pero sempre están aí. Valentín Paz Andrade: avogado, xornalista, escritor, empresario, político... foi, en resumo, un humanista do século XX, amigo de todos aqueles que tiveron a Galicia como tarefa.

Autores Este caderniño está escrito por todos os compoñentes do departamento de Lingua galega e Literatura do IES María Casares. É a nosa vontade respectar o estilo e o enfoque que cadaquén lle deu á parte da súa autoría. Manuel Álvarez é o responsable da maquetación e ilustración. Agardamos que o voso descubrimento sobre este autor resulte tan gratificante e sorprendente como resultou para todos nós. 1


Semblanza: Valentín Paz Andrade. Era un tempo de entusiasmo… Difícil sempre entender os estraños mecanismos que manexan os académicos para elixir unha ou outra persoa como motivo de homenaxe nos sucesivos Días das Letras Galegas. Difícil resulta tamén saber cales son as claves ou resortes que se activan e cara onde nos levan. Difícil. Sexa como for este é o ano de Valentín Paz Andrade e, como case sempre, trátase dunha escolla xusta. Seica se barallaron unha vintena de opcións para desembocar finalmente en Valentín. Por que? Sen dúbida unha resposta complexa que trataremos de aclarar nesta aproximación de urxencia, pero véñennos de contado dúas ou tres ideas á cabeza. Por unha parte Valentín transporta as luces que aló na caverna do primeiro terzo do século XX acenderon os escritores de Nós (Castelao, Otero Pedrayo…) nun tempo de proxectos plurais e entusiasmo. Por outra parte Paz Andrade (permítaseme a asociación) é un Land Rover, un todoterreo, un intelectual polifacético que domina unha chea de rexistros e estratexias: poeta, narrador, ensaísta, ideólogo, xornalista, empresario... Finalmente, porque sempre antepón os intereses globais galegos sobre os seus propios, como certifica o título dun dos seus ensaios: Galicia como tarefa. Pero imos por partes: 2

Paz-Andrade visto por Miguel Acón


Aló, polo Lérez.

Na fin do século (1 898) nace en Lérez (Pontevedra). Realizou os primeiros estudos en Pontevedra para despois licenciarse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exercer como avogado na cidade de Vigo a partir do ano 1 921 . Entre o ano 1 922 e 1 926 dirixe o xornal Galicia, xornal no que colaboran moitos dos escritores da época como Castelao, Rafael Dieste ou Roberto Blanco Torres e que se ergue como unha das primeiras ventás críticas sobre a realidade galega. Nesa época comeza tamén o compromiso público co seu país, participando activamente en diferentes proxectos políticos como a redacción do Estatuto de Autonomía en 1 936 ou ben sendo secretario do Partido Galeguista a partir de 1 934. A guerra (in)civil e o rexime ditatorial dan paso a un período de escuridade e penuria que desfai todas as conquistas que se consolidaran con anterioridade. Uns son asasinados, outros marchan para América e outros, como Valentín, experimentan o exilio interior. Paz Andrade é desterrado á vila de Verín e sofre tamén diversas detencións pola súa actividade política e o seu compromiso galeguista. Rematada a ditadura participa no camiño á transición democrática, sendo mesmo elixido senador pola provincia de Pontevedra. Río Lérez ao seu paso por Pontevedra

3


Un discurso plural.

Paz Andrade introdúcese na literatura a partir da figura de seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade e convértese nun autor de horizontes abertos, moi distante daqueles que constrúen pequenas leiras creativas, compartimentos estanco onde non corre o aire, espazos de materias específicas e claustrofóbicas… El procura o pensamento crítico, a análise trascendente pero tamén a emoción dos perdedores e desposuídos. Como poeta publica Pranto matricial, un libro doído que lembra a figura do amigo desaparecido, Castelao, e a súa figura patria ou ben Cen chaves de sombra e Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo na memoria do outro amigo ido. Ademais unha biografía sobre Castelao, Castelao na luz e na sombra, ou diversos textos ensaísticos que sitúan sempre a Galicia no cento do foco: Galicia como tarefa, La marginación de Galicia… A esta actividade creativa cómpre engadir o seu labor xornalístico, colaborando en diferentes medios como El Pueblo Gallego, Grial, El País ou La Vanguardia… 4

Paz-Andrade visto por Castelao


Sementador. E como todo aquel que procura altos horizontes, como sementador de palabras de ouro chega o momento farturento da colleita e do recoñecemento: foi elixido membro da Real Academia Galega, recibiu o premio “Pedrón de Ouro” ou o “Premio Trasalba” e mesmo foi vicepresidente, un compromiso máis, da FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura) que ten por principal obxectivo erradicar a fame no mundo. A morte chégalle en Vigo un 1 9 de maio de 1 987, nunha noite sen estrelas. E que saibamos ten unha rúa en Pontevedra e un IES de Vigo tamén leva o seu nome e aínda un Foro de Actividades Pesqueiras e un Día das Letras Galegas do ano 201 2. Por que? Porque era un tempo de entusiasmo…

Imos afondar agora no que foi o percorrido de Valentín Paz-andrade ao longo da súa vida tendo, como xa dixemos, a Galicia na proa do seu navegar. Para isto dividimos a súa viaxe en tres etapas: os anos anteriores á guerra civil española; a guerra e a posguerra e os tempos da democracia.

5


Infancia. Mocidade. Amigos que serán dende entón e para sempre. Do río Almofrei (que disque soa a ouro e ole a néveda…)

Un non escolle o seu lugar de nacemento pero ás veces ese lugar de xénese determina de xeito indiscutible os pasos que habemos dar na vida. Valentín Paz Andrade naceu en Galiza. No Lérez, na provincia de Pontevedra. O río Lérez comeza na serra do Candán e discorre lenemente durante 60 quilómetros ata desembocar no Océano Atlántico, conformando a ría de Pontevedra, onde verte 432hm. cúbicos de auga. No Lérez está tamén o santo máis milagreiro, o San Bieito de Lérez, que fai desaparecer as verrugas ou espullas a todos aos que alí acoden (Se vas ao San Benitiño/ non vaias ao de Paredes /que hai outro máis milagreiro,/ o San Benito de Lérez)

6

Río Almofrei ao seu paso por Cotobade


Pois ben, (volvemos ao choio) alí, nese medio, nace Valentín finalizando o século XIX, en 1 898 e a súa vida vai ter tantos meandros e afluentes como ten o río Lérez (que, por certo, ten por afluentes o Salgueiro, o Cabaleiros, o Grande, o Castro, o Quireza e o Almofrei). É posible que só escoitándoos Valentín ou calquera persoa observadora de Lérez e a a súa contorna saiba distinguir de que río se trata, porque cada un ten o seu propio son, a súa cadencia. Hai ríos que soan a ouro e outros a estalo. Tamén olen diferente. A que ulirá e soará o río Almofrei? Volvemos ao rego: O inicio do século XX pode definirse como un tempo de proxectos e entusiasmo. Supéranse os corsés que cinguían o século XIX e agora cómpre mirar máis alto. O ano 1 91 6, no que se fundan as Irmandades da Fala, marca o compás do primeiro terzo de século. As Irmandades son a órbita necesaria arredor da cal xira calquera iniciativa que se tome no século. É tamén tempo de aspiracións e o nacionalismo galego, tanto cultural como ideolóxico, comeza a coller forma acompañado pola obra e a disposición de autores como Ramón Cabanillas ou os homes da Xeración Nós (Castelao, Otero Pedrayo ou Vicente Risco) dos que Valentín estivo tan próximo. E todo este traballo plural e entusiasta vénse abaixo a partir do ano 1 936, cando se produce a guerra (in)civil española e a posterior instauración dun rexime ditatorial e vingativo. Pois ben como o río Almofrei bebe doutros regatos que conflúen nel (o Pego, o Chan das Latas ou o Borela) tamén Valentín bebe de todas as augas e mananciais que abrollan neste inicio de século XX e eses sons marcarán xa para sempre a súa vida. Os afluentes de Valentín serán as Irmandades, Castelao, Otero Pedrayo e todos os estalos que trouxo o século e que desembocan nun tempo de entusiasmo

7


De como o Tempo ataca disciplinadamente.

Castelao visto por Begaría

8

Cando un se decata deixa de ser neno e o tempo con perfecta mecánica, vai traendo o seu exército de días, meses e anos. No universo Paz Andrade as luces mestúranse coas sombras. Sendo aínda cativo morre a nai e trasládase a realizar os primeiros estudos co seu tío, o poeta Xoán Bautista Andrade, que influirá de xeito decisivo na súa formación intelectual e literaria. Logo continúa a súa preparación en Pontevedra, na desembocadura do Lérez, nunca época, por volta de 1 91 6, na que comezan os primeiros contactos coa figura, xa para sempre omnipresente de Daniel Afonso Rodríguez Castelao, quen naquela altura traballaba en Pontevedra. Son tamén os primeiros contactos coa causa galeguista, un dos eixos vertebradores da súa vida. Pouco despois marcha a Santiago a cursar a carreira de Dereito que remata en 1 921 . E o 25 de xullo (Día da Patria Galega) de 1 922, un meandro no río: ve a luz a revista Galicia, coordinada e dirixida por Paz Andrade. A revista pretendía encher un baleiro de comunicación e compromiso coa nosa lingua, nunha época na que era preciso construír espazos de uso deshabitados ata entón. A listaxe de colaboradores no proxecto (Vicente Risco, Roberto Blanco Torres, Antón Villar Ponte…) dan boa conta da dimensión da iniciativa. A revista Galicia, loitando contra tantos imprevistos, logrou manter a súa singradura certa ata setembro de 1 924, ano no que o naufraxio foi inevitable. En anos sucesivos Valentín dedícase profesionalmente ao exercicio da súa profesión, avogado, e participa activamente na organización do nacionalismo galego, chegando a presentarse mesmo como Deputado ás Cortes Constituíntes por Pontevedra no ano 1 931 , formando parte dunha candidatura encabezada polo propio Castelao.


Desembocadura e desembarco sen luces. O río Almofrei e todos os afluentes aceleran o seu curso para procurar a desembocadura e fundirse nun océano incerto que xa non distingue de onde chega cada pinga de auga que se incorpora. Alí ninguén distingue xa, nin probando con copa de prata, de onde proceden as augas anónimas e precipitadas e os ríos perderon as luces que transportaban, lamendo prados e montes, ameneiros, salgueiros e demais testemuñas do frescor esguío… O río Paz Andrade e todos os seus afluentes tamén desaparecen a partir do ano 1 936, golpeados por unha guerra escura, irracional e absurda que descoñece vítimas nin perdón. Uns optan por marchar, o longo camiño do exilio (Castelao, Rafael Dieste…), outros sofren a persecución ou o asasinato (Alexandre Bóveda, Ánxel Casal…), outros son condenados ao silencio e todos os proxectos erguidos con esforzo ao longo do primeiro terzo do século, véñense definitivamente abaixo. Son os anos escuros, sen luz nin candil, as longas noites de pedra. E hai que prepararse para navegar en augas confusas nunha gameliña que algún día será dorna, trasatlántico ou vapor. Que aló ben lonxe quedou o río Almofrei, a infancia roubada, Paz-Andrade con Blanco Amor que soa a ouro e ole a néveda, meu capitán. O pequeño regatiño perdido no mar maior.

9


Anos de guerra, anos de fame. Historia convulsa de aquí e de acolá. 1 936 Allea ao lume que ameazaba prender en Europa, nos EEUU o acontecemento do ano é a inauguración da ponte de San Francisco, a famosa Golden Gate, a máis longa do mundo no seu momento e un alarde de enxeñería. Mentres, Inglaterra asiste abraiada á abdicación do seu rei Eduardo VIII para poder casar cunha divorciada norteamericana. En España corren tempos revoltos. O ano comeza coa triste nova do pasamento do escritor galego Valle Inclán. A fin de ano tamén perderá a Unamuno O popular porteiro Ricardo Zamora retírase do fútbol (na súa honra o título anual de porteiro menos goleado leva o seu nome) No terreo político o “Frente Popular”, coalición de partidos de esquerdas e nacionalistas, trunfa nas eleccións celebradas en febreiro. Unha das primeiras medidas será declarar ilegais todas as organizacións fascistas.

10

Golden Gate


Neste ano, Valentín, ademais da súa actividade política asesora como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros e mantén a súa actividade periodística escribindo os editoriais do xornal “El Pueblo Gallego”. Cando se convocan as eleccións, o Partido Galeguista formará parte da coalición Frente Popular coa condición, entre outras, de apoiar a celebración dun referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia. Dado que a Frente só concedía un posto de deputado por Pontevedra para os galeguistas, tómase a decisión estratéxica, de que Valentín se presente como candidato ao Parlamento polo Partido Republicano de Centro de Portela Valladares, dándose de baixa do Partido Galeguista. Non sairá elixido polo roubo das actas da votación. O galeguismo quedará, entón, con tres representantes no Parlamento de Estado, entre os que se encontra Castelao. A vitoria en toda España da Frente popular permite poñer en marcha os mecanismos para que as forzas galeguistas propoñan a celebración da consulta do Estatuto, que finalmente quedará fixada para o 28 de xuño. El colabora activamente na campaña a prol da aprobación, e dende as páxinas de “El Pueblo Gallego” fai un chamamento á mobilización co artigo Autonomía, fe civil: “¡Crer na Galiza, galegos! Primeira afirmación da nova fe” .

Cartel electoral da Fronte Popular, 1936

11


Ao estoupar a Guerra Civil e comezar a represión, axuda a fuxir a diversos intelectuais galeguistas buscados polos sublevados e, como avogado, intenta defender a outros das condenas que lles foran impostas, non podendo facelo por seren xuízos militares. Malia todo fixo xestións para salvar a vida de Alexandre Bóveda, que resultaron infrutuosas. Nos tres primeiros días da sublevación o xornal “El Pueblo Gallego” é incautado pola chamada Prensa do Movemento. A intuición do redactor xefe, que non lle publica o editorial de defensa da democracia que escribira, sálvalle a vida. Cesa na súa colaboración, e o xornal pasará a denunciar a destacados galeguistas como Risco de seren responsables da forza acadada polo nacionalismo galego. El mesmo está en perigo “o medo andaba solto como o demo no mito pontevedrés da véspera de San Bartolomeu” e dorme en sitios distintos cada noite. En setembro é desterrado a Verín onde sofre outro atentado contra a súa vida, o segundo. A situación política agrávase cada día, o 1 2 xullo a extrema dereita asasina ao tenente da Garda de Asalto (hoxe Garda Civil) José Castillo. En resposta, un día despois, a esquerda asasina ao deputado dereitista Calvo Sotelo. O 1 8 de xullo comeza o levantamento militar que inicia a Guerra Civil española e racha o país en dous bandos: o Nacional e o Republicano. Ao día seguinte entre os moitos mortos que a represión dos dous bandos sementa por toda España está o poeta García Lorca. A guerra desencadeada seguirá causando vítimas como a de José Antonio Primo de Rivera, fundador do movemento fascista Falange Española, ou o líder anarquista Durruti.

12

Simboloxía da Falanxe


Neste ano, Valentín, ademais da súa actividade política asesora como avogado ás asociacións de armadores pesqueiros e mantén a súa actividade periodística escribindo os editoriais do xornal “El Pueblo Gallego”. Cando se convocan as eleccións, o Partido Galeguista formará parte da coalición Frente Popular coa condición, entre outras, de apoiar a celebración dun referendo sobre o Estatuto de Autonomía de Galicia. Dado que a Frente só concedía un posto de deputado por Pontevedra para os galeguistas, tómase a decisión estratéxica, de que Valentín se presente como candidato ao Parlamento polo Partido Republicano de Centro de Portela Valladares, dándose de baixa do Partido Galeguista. Non sairá elixido polo roubo das actas da votación. O galeguismo quedará, entón, con tres representantes no Parlamento de Estado, entre os que se encontra Castelao. A vitoria en toda España da Frente popular permite poñer en marcha os mecanismos para que as forzas galeguistas planteen a celebración da consulta do Estatuto, que finalmente quedará fixada para o 28 de xuño. El colabora activamente na campaña a prol da aprobación, e dende as páxinas de “El Pueblo Gallego” fai un chamamento á mobilización co artigo Autonomía, fe civil: “¡Crer na Galiza, galegos! Primeira afirmación da nova fe” . Ao estoupar a Guerra Civil e comezar a represión, axuda a fuxir a diversos intelectuais galeguistas buscados polos sublevados e, como avogado, intenta defender a outros das condenas que lles foran impostas, non podendo facelo por seren xuízos militares. Malia todo fixo xestións para salvar a vida de Alexandre Bóveda, que resultaron infrutuosas. Nos tres primeiros días da sublevación o xornal “El Pueblo Gallego” é incautado pola chamada Prensa do Movemento. A intuición do redactor xefe, que non lle publica o editorial de defensa da democracia que escribira, sálvalle a vida. Cesa na súa colaboración, e o xornal pasará a denunciar a destacados galeguistas como Risco de seren responsables da forza acadada polo nacionalismo galego. El mesmo está en perigo “o medo andaba solto como o demo no mito pontevedrés da véspera de San Bartolomeu” e durme en sitios distintos cada noite. En setembro é desterrado a Verín onde sofre outro atentado contra a súa vida, o segundo.

13


1 937 O mundo vai esgotando o tempo da paz. En oriente, outra das potencias do Eixe, con fortes aspiracións imperialistas, o Xapón, comeza a guerra contra China. En Europa, desacougado polos acontecementos o papa Pío XI publica unha encíclica coa que a Igrexa racha co nazismo diante do que mantivera unha posición tolerante, cando non de simpatía. En USA preséntase unha nova fibra téxtil: o nailon, que revolucionará a moda feminina poñendo ao alcance de todas as mulleres as medias. No segundo ano da guerra española, a aviación alemá proba tácticas de guerra bombardeando por primeira vez unha poboación civil indefensa: Guernica. O horror inspira ao pintor Pablo Picaso a súa obra fundamental e unha das máis importantes do s. XX, o “Guernica”.

Guernica. Pablo Picaso. 1937

14


En xaneiro, cando levaba tres meses de desterro en Verín, a Valentín cámbiano de localidade e irá a parar a Requeixo de Queixa. É na soidade do inverno deste lugar onde segundo el mesmo nos di “sentín a necesidade de me expresar no verso”. Posteriormente, en abril, é autorizado a vivir en A Pobra de Trives, onde coñece a Pilar, a que anos máis tarde será a súa dona. Durante este tempo de desterro escribirá poesía, moita dela publícaa en tres poemarios na década dos 70. En decembro levántanlle o desterro e pode volver a Vigo onde pouco a pouco reinicia a súa actividade como avogado.

15


1 938 Nos EEUU Orson Wells, polifacético artista recordado sobre todo como director de cine, causa o pánico nas rúas de Nova York e Nova Jersey ao emitir pola radio unha dramatización da novela A guerra dos mundos, que contaba, como se estivese ocorrendo na realidade, a invasión do mundo por parte de naves extraterrestres. En Europa soan tambores de guerra, o exército alemán ocupa totalmente Austria, e, posteriormente. os nazis asinan o Pacto de Munich con Inglaterra, Francia e Italia polo que, co argumento de que a maioría da poboación falaba alemán, anexiónanse territorios nos Sudetes que pertencían á República Checa. O presidente da República española, Negrín, publica un programa de 1 3 puntos para acabar coa guerra en España que fracasará. Durante este ano Valentín continúa en Vigo a súa actividade como avogado, atendendo asuntos relacionados coa situación de guerra que se está a vivir: o contrabando, o “boom” do wolframio…(mineral abundante en Galicia que Alemaña necesitaba para a fabricación de armas, e que disputado por Inglaterra, adquiriu un gran valor, desencadeando a “febre do wolfran”).

16

Portada do Daily News.


1 939 Europa encamíñase de xeito irreversible cara a guerra. Os alemáns invaden Checoslovaquia. Os líderes de Alemaña e Rusia, Hitler e Stalin, asinan un pacto de non agresión e, posteriormente, repártense Polonia. O 1 de setembro comeza a 2ª Guerra Mundial e Alemaña invade Finlandia Morre Sigmund Freud, o pai da psicanálise e investigador da mente humana. Europa arde en guerra e nos EEUU, lonxe da contenda, estréase unha das películas máis coñecidas da historia: “Levouno o vento” Mentres tanto, en España as tropas sublevadas ocupan xa toda Cataluña. Está rematando a resistencia das tropas fieis á República. O 1 de abril remata a Guerra Civil. Miles de persoas foxen cara o exilio, principalmente a Francia para salvar a vida da represión dos vencedores; un deles, o gran poeta Antonio Machado morrerá neste país... É o comezo dos “anos da fame” e do racionamento de comida que durará ata 1 952.

Entrada de Franco en Barcelona

17


Antes de embarcar rumbo ao seu país, desfilan polas rúas de Vigo 5.000 soldados que compoñían as tropas alemás da división Cóndor que viñeran a axudar a Franco a gañar a guerra. Valentín é detido novamente e desterrado, nesta ocasión, a Villanueva de la Serena (Badaxoz). Volve a Vigo sen autorización. A final deste ano casa con Pilar en Ourense.

1 940

18

Adolf Hitler

O exército alemán, imparable, está ocupando toda Europa, sen respectar países neutrais. Entra en París. Francia queda dividida: a parte norte ocupada polos alemáns, e a sur cun goberno títere establecido en Vichy. Só fracasa a ofensiva aérea contra Inglaterra. No norte de África España, que igual que Francia, tiña alí intereses territoriais, ocupa Tánger. Francia e Inglaterra, demasiado ocupadas cos seus propios problemas bélicos, desenténdense da iniciativa española. Trostki é asasinado en México por orde de Stalin que está eliminando a calquera que puidese facerlle sombra.


Lluis Companys, expresidente da Generalitat, capturado polas forzas franquistas é fusilado. Hitler entrevístase con Franco en Hendaya para lograr que España entre en guerra ao lado de Alemaña, pero fracasará por considerar inaceptables as esixencias españolas. Comezan as obras do “Valle de los Caídos”, unha basílica coroada por unha xigantesca cruz, concibida como un enorme cemiterio monumento aos mortos na guerra. O lugar converterase nun gran campo de traballo para os republicanos capturados. Nace o seu fillo Alfonso

1 941 -1 942 O mundo segue en guerra tanto en Europa, onde as conquistas alemás acadan a súa maior extensión, como en África, sur de Asia e no Pacífico. Para os xudeus europeos o destino é a persecución e eliminación nos campos de exterminio. Unha protagonista deste holocausto, Ana Frank, describe a súa historia nun conmovedor diario que verá a luz trala súa morte en 1 945. En agosto do 1 942 comezará a batalla de Stalingrado que marcará o cambio de rumbo da guerra. "Valle de los Caídos"

19


Nos EEUU, Orson Welles estrea a súa primeira película “Ciudadano Kane” que se converterá na que é unanimemente aceptada como película máis importante da historia do cine. Morre en Roma Afonso XIII que reinou en España ata que en 1 931 se proclamou a II República En resposta á axuda que os rusos prestaran ás tropas republicanas durante a guerra española Franco enviará en 1 941 unha división de voluntarios, a “División Azul”, a loitar ao lado dos alemáns na fronte rusa. Mentres que na rúa a fame, medo e miseria debuxan o panorama da posguerra, os cárceres españois están cheos de presos do bando derrotado non directamente acusados de delitos de sangue. Na de Alacant (1 942) morre o poeta Miguel Hernández. Estréase a película Raza, cun guión escrito por Franco baixo pseudónimo (1 942). Valentín consegue facerse un nome como avogado de prestixio en Vigo. No seu despacho traballará temporalmente Francisco Fernández del Riego. Mentres mantén a súa actividades como escritor. É nomeado director da revista Industrias Pesqueras, na que nomeará como redactor a Fernández del Riego. Tamén, e grazas á súa conexión cos artistas galegos, participarán na parte gráfica nomes como Maside, Sobrino e o mesmo Castelao.

20

Miguel Hernández (Virtual Company)


1 943-1 944 Conferencia de Casablanca entre o primeiro ministro inglés Churchill e o presidente estadounidense Roosevelt. Tomaranse decisións moi importantes para o futuro da guerra: recoñecer a De Gaulle e Guillot como representantes da Francia libre, iniciar o ataque a Italia, axudar a Rusia, non admitir máis que a rendición sen condicións das forzas do Eixe (Alemaña e Italia)… Morre o compositor musical Rasmaninoff, un dos grandes nomes da música clásica deste século. A situación nas frontes de combate de Europa está cambiando. En Italia cae o goberno fascista do todopoderoso Benito Mussolini que metera ao seu país na guerra. O novo goberno italiano asina a capitulación de Italia diante das forzas aliadas. Xuño de 1 944: as tropas aliadas desembarcan en Normandía, comeza o “Día D”, a invasión de Europa. En Alemaña os acontecementos desfavorables estanse precipitando, escomezan a moverse os que sabendo que a derrota está próxima queren rematar a guerra. Hitler sofre un atentado, do que sae ileso, cando estaba reunido co seu estado maior; altos oficiais do exército están involucrados.

Desembarco en Normandía

21


25 agosto, París liberada polos aliados. Os primeiros en chegar ata a alcaldía para liberala son republicanos españois nun carro de combate. Non se lles abrirán as portas Suicídase o xeneral Rommel, un dos máis prestixiosos do exército alemán, e o que dirixía as tropas en África, o “Africa Korps” O Partido Comunista no exilio organiza unha forza de 4000 homes armados que se introducen en España para loitar en guerrillas contra o franquismo, son o maquis. No exterior, os exiliados aínda conservan a esperanza de que a derrota das tropas nazis e fascistas arrastre ao goberno de Franco. En novembro Castelao crea o Consello de Galicia, un organismo para xuntar aos deputados galegos no exilio e para dar continuidade ás conquistas democráticas e autonómicas se caía a ditadura e se restauraba a República. Valentín recibe a orde pola que se lle prohibe asinar co seu nome os artigos periodísticos que publicaba. Para escapar desta censura asinará cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Por estes anos, e a pesar da censura, intenta manter correspondencia cos exiliados galeguistas, en especial con Castelao.

22

Liberación de París. John Downey


1 945 Conferencia de Yalta entre os líderes das potencias gañadoras para organizar a posguerra. Asiste o presidente de EEUU Roosevelt, moi debilitado pola enfermidade, e que este mesmo ano morrerá e será substituído por Harry Truman. A guerra en Europa está chegando á súa fin: Benito Mussolini é executado en Italia e Adolf Hitler suicídase. En maio prodúcese a rendición de Alemaña. Fúndase a ONU e no mesmo ano a UNESCO e a FAO, Organización das Nacións Unidas para a alimentación e a agricultura, encamiñada a erradicar a fame axudando aos países en vías de desenvolvemento e a modernizar e mellorar ás súas actividades agrícolas, forestais e pesqueiras. Con esta organización Valentín colaborará a partir do ano 1 951 . 9 agosto, EEUU lanza bombas atómicas sobre Hiroshima e Nagasaki. Xapón réndese. Tamén remata a guerra en Asia e no Pacífico.

Hiroshima despois da bomba atómica. U.S. Archivo Nacional

23


É hora da reconstrución e de facer xustiza: celébrase a Conferencia de Postdam para reorganizar as fronteiras europeas e comezan os xuízos de Nuremberg contra os máis salientables dirixentes nazis causantes de tanto desastre. España, simpatizante do réxime nazi e fascista, líbrase de ser atacada polo exército aliado, pero sufrirá un bloqueo internacional ao réxime de Franco que pretendía facelo caer. Non se conseguirá este obxectivo. Estableceuse de xeito informal no café Alameda en Vigo un parladoiro que perduraría durante uns vinte anos, e que Paz Andrade frecuentará xunto con outros escritores e artistas como Maside, Laxeiro, Urbano Lugrís... ocasionalmente aparecían por alí Otero Pedrayo, Anxel Fole, Francisco del Riego. Falaban de cultura galega e de novas do exilio entre outros temas. Aproveita as súas viaxes ao exterior para manter contactos cos exiliados

1 946-1 947 Aínda non se apagaron os lumes da guerra en Europa e xa se está comezando outro conflito. O mundo estase a dividir en dous bloques opostos: o capitalista, integrado polos EEUU e as potencias aliadas (Inglaterra, Francia...), e o comunista, encabezado por Rusia e China. En Europa, Albania e Xugoslavia proclámanse repúblicas marxistas. O discurso do presidente Truman consagra a doutrina que leva o seu nome: EEUU defenderá aos países ameazados polo comunismo. É o comezo da Guerra Fría. Os EEUU poñen en marcha un plan para axudar á reconstrución de Europa, o Plan Marshall. Pakistán e a India independízanse do imperio inglés

24


Perón chega ao goberno da Arxentina, acontecemento que marcará o futuro deste país. Será unha axuda e valedor para o goberno de Franco. A ONU condena o réxime de Franco, o que aquí é tomado como escusa para organizar grandes manifestacións de adhesión; pero a noticia que conmociona á sociedade española é a morte do toureiro Manolete, quizais o máis famoso da historia. Foi un acontecemento de gran impacto en España. Durante estes dous anos Castelao preside o Consello de Galicia e é nomeado ministro do goberno republicano no exilio. Viaxa a París onde poderá ter contactos con destacados galeguistas. As diverxencias entre galeguistas do exterior e do interior agrándanse, en especial despois da detención e encarceramento de Ramón Piñeiro en Madrid (1 946) Morre o seu pai Francisco en Pontevedra Mantén contactos cos republicanos e ten relación clandestina por carta con Castelao, a pesar da forte censura.

Manolete. J. Cross Estrems

25


1 948-1 949 Os dous bloques van preparando as súas estratexias, que parecen encamiñadas a desembocar nun enfrontamento: As tropas soviéticas comezan o bloqueo de Berlín, a cidade quedará dividida en sectores e posteriormente erixirase o Muro de Berlín. Alemaña quedará tamén dividida en dous estados: a República Democrática, do bloque comunista e a República Federal, do capitalista. En EU comeza a “caza de bruxas”, unha consecuencia da Guerra Fría: investígase a calquera persoa de esquerdas ou sospeitosa de ter simpatías cara a Unión Soviética, e que será moi intensa no mundo do cine. Para facer fronte ao perigo soviético nace a OTAN, pacto defensivo dos aliados ao que se incorporan as nacións máis importantes de Europa. España, que segue bloqueada, queda fóra. No bloque comunista a URSS proba a súa primeira bomba atómica e China proclámase República popular Continúa a reconstrución europea e vaise impoñendo a necesidade de deixar atrás as divisións que ocasionaron dúas guerras e avanzar no camiño da unión: asínase o Tratado de Bruselas entre Inglaterra, Bélxica, Holanda e Luxemburgo, que está considerado o inicio da futura Unión Europea. Posteriormente asinarase o Tratado de Londres, orixe do Consello de Europa

26

Bandeira da OTAN


Proclámase a independencia do estado de Israel. A ONU proclama a Declaración dos Dereitos Humanos Invéntase o transistor, un aparello sen cables que revolucionará a nosa forma de conectar co mundo. George Orwell, novelista inglés que participou como brigadista na Guerra Civil publica a súa novela “1 984” onde denuncia os perigos das ditaduras totalitarias. Toma como modelo o réxime de Stalin. Durante estes anos Valentín continúa coa súa actividade como avogado, escritor, e mantén contactos co galeguismo exterior

1 950-1 951

Os bloques continúan coas súas estratexias: Stalin e Mao asinan un pacto de amizade entre China e a URSS, para facer fronte común diante de Occidente. En Asia comeza a Guerra de Corea, a primeira dunha serie de conflitos onde os dous bloques intentarán impoñerse. Os EEUU envían tropas e sofren a súa primeira derrota militar. Corea quedará dividida ata os nosos días en dous réximes de ideoloxía oposta. Os EEUU fan a primeira proba da bomba de hidróxeno. A carreira nuclear abre o “equilibrio do terror”: calquera dos bloques que comece unha guerra pode levar ao uso de armas nucleares que destruirían a vida sobre o planeta. Europa continúa o seu camiño cara a unidade: asínase o Tratado de París (1 951 ) que crea a Comunidade Europea do carbón e o aceiro (CECA), primeiro precedente do Mercado Común

27


O 7 de xaneiro morre Castelao no exilio de Bos Aires, Arxentina O 1 7 de xaneiro Valentín publica o artigo "Castelao, el hombre y el artista" na primeira plana do suplememento do xornal conservador La Noche, de Santiago. É o primeiro texto de tipo ideolóxico na prensa dende a Guerra Civil. Aínda que a revista trata de minimizar o escrito, a censura pechará posteriormete o suplemento. No resto da prensa do país apenas se comenta a noticia. Viaxa por primeira vez a Bos Aires invitado polo Centro Galego para participar nas Xornadas patrióticas galegas. Pronunciará varias conferencias e será recibido polo presidente Perón. Tamén pronunciará conferencias en Sao Paulo, Santos e Rio de Janeiro e Montevideo. Relaciónase cos emigrantes e exiliados galegos na Arxentina e outros países de Sudamérica. Froito desta viaxe e da súa relación co mundo da arte, será a encarga de preparar unha exposición de pintores galegos contemporáneos que residían en Galicia, e que se celebrará no 51 en Bos Aires. Mostrouse obra de Maside, Díaz Pardo, Laxeiro... Fúndase a editorial Galaxia en Santiago de Compostela da que será accionista. A pesar da súa implicación económica quedará marxinado pola súa liña política. Intensifica a súa relación co mundo da pesca. En 1 951 a FAO trasladou a súa sede a Roma. Neste ano, a proposta dun pontevedrés exiliado, Valentín é designado para impartir cursos sobre economía pesqueira pola FAO.

28

Paz-Andrade e Castelao


1 952-1 953 Cartel da pelicula "Bienvenido Mister Marshall"

O mundo coñece a morte de Stalin (1 953) e a subida ao trono de Isabel II de Inglaterra. En Cuba prodúcese o asalto ao cuartel de Moncada encabezado por Fidel Castro contra o ditador Batista. Será o comezo da revolución cubana Comeza a relaxarse o bloqueo internacional ao réxime de Franco. A UNESCO acepta o ingreso de España. Asínase un novo concordato coa Santa Sede e posteriormente un convenio defensivo con EEUU. No interior tamén se dan pasos cara unha certa normalización: logo de máis dunha década suprímense as cartillas de racionamento. Nos cines españois estréase “Bienvenido Mrs. Marshall” de Luís García Berlanga, película que reflicte estes anceios da poboación por mellorar as condicións de vida Valentín lígase cada vez máis ao mundo da pesca e ás súas actividades para a FAO. Baixo este organismo dará cursos en Chile nos que defenderá a explotación dos recursos mariños propios para mellorar a alimentación e chegar ao autoabastecemento. Posteriormente as súas leccións foron publicadas pola propia organización no libro “Principio de esconomía pesquera” As súas actividades para a FAO servirán tamén para reforzar as relación cos exiliados galegos nos distintos países que visita: Luís Seoane, Arturo Souto, Blanco Amor... algúns deles axudarano posteriormente a editar a súa obra Pranto Matricial

29


1 954-1 955 Segue a política armamentística da Guerra Fría: Os EEUU botan o Nautilus, primeiro submarino a propulsión atómica. Na Europa Occidental créase a UEO (Unión europea occidental), brazo europeo da OTAN. En resposta a Europa Oriental crea o Pacto de Varsovia. Os dous grandes exércitos están separados por unha débil liña. Mentres, no mundo álzanse voces que apostan pola convivencia en paz dos dous bloques: o dirixente chinés Zhou Enlai e o hindú Nerhu proclaman os Cinco principios de coexistencia pacífica Morre Albert Einstein, creador da Teoría da Relatividade, e un dos maiores xenios da humanidade de todos os tempos. Morre o actor James Dean símbolo da rebeldía xuvenil Publícase o tratado Principios de economía pesquera. Nestes dous anos realiza viaxes por toda América: Nova York, distintas cidades de México, A Habana, Venezuela, Bogotá, Cartagena de Índias... Nesta época continúa a súa colaboración en El Pueblo Gallego e publica diversos artigos en El Faro de Vigo e La Noche, En 1 955 ve a luz, publicado polo Centro Galego de Bos Aires, o seu libro de poesía Pranto matricial, elexía á morte de Castelao. Nas ilustracións colaboran Seoane, Colmeiro, Maside, Souto e Torres.

30

Deformación do espacio-tempo nas teorías de Einstein


1 956-1 957 Os bloques militares deixan claro que non pensan tolerar disensións nas súas áreas de influencia: a URSS invade Hungría. O presidente de Exipto Nasser nacionaliza o Canal de Suez, o que desencadeará a intervención militar de Inglaterra e Francia e queda pechado á navegación estrangulando o tráfico marítimo. Case un ano despois reabrirase novamente. Europa segue camiñando cara a unidade: Asínase o Tratado de Roma: nace a Comunidade Europea (1 957). O Rock and Roll demostra a súa capacidade de fascinación entre a xuventude: nos EEUU Elvis Presley provoca un gran escándalo por unha actuación na televisión. Mentres a URSS conmociona ao mundo colocando no espazo o 1 º satélite artificial, o Sputnik. Comeza a carreira espacial. Un mes despois o Sputnik II levará ao espacio o primeiro ser vivo, a cadela Laika. España perde presenza en África: o Marrocos español independízase. Inaugúrase TVE, todo un acontecemento que cambiará a forma de entender o ocio, e o poeta Juan Ramón Jiménez recibe o premio Nóbel de literatura. A SEAT saca á venda o popular Seat 600. Paz Andrade volve outro mes á cadea por falta leve trala publicación na revista Industrias Pesqueras dunha noticia que a Armada consideraba irrespectuosa. Malia todo, pode asistir como convidado aos actos da celebración dos 50 anos da fundación do Centro Gallego de Bos Aires. Participa no coloquio que pecha os actos, intervindo xunto a outros galeguistas senlleiros como Díaz Pardo, Blanco Amor, Dieste, Seoane... Impartirá conferencias sobre temas galeguistas e temas mariños, estas últimas comporán a base do libro “Galicia como tarea” que verá a luz dous Seat 600 anos máis tarde.

31


Unha fiestra aberta ao mar da democracia.Traballo de moitos que foi e aínda é. A partir de 1 975, ano no que morre Franco, son moitos os cambios que se producen en España . Instáurase un réxime democrático que dará lugar a importantes avances no plano político, cultural e literario. Os partidos políticos, ata entón clandestinos , son legalizados e entre todos redactan a actual Constitución aprobada en 1 978. Esta recoñece a realidade plurinacional e plurilingüística de España. En 1 981 o pobo galego aproba en referendo o Estatuto de Autonomía que define a Galicia como comunidade histórica (por contar cun estatuto plebiscitado antes do comezo da Guerra Civil) e a lingua galega como lingua propia de Galicia, establecendo a súa cooficialidade . En 1 985 España ingresa na Comunidade Europea.

32

Selo conmemorativo da Autonomía de Galicia


Un nacionalista na transición No ano 1 976 constitúese unha Comisión Negociadora da Oposición antifranquista formada por representantes dos distintos partidos políticos e das tres nacionalidades históricas (Galicia, Euskadi, Cataluña ) para negociar co Goberno do Presidente Adolfo Suárez a transición á democracia . Galicia estivo representada por Valentín Paz Andrade, un nacionalista galego independente . A Comisión, chamada dos dez, senta as bases sobre as que deseñar o proceso de transición e a legalización dos partidos co propósito de garantir as liberdades públicas e unhas eleccións libres (estas primeiras eleccións celébranse o 1 5 de xuño de 1 977). Algunhas das súas propostas son: recoñecemento de todos os partidos políticos e organizacións sindicais, disolución de todo o aparato político franquista, liberación dos presos políticos a través dunha amnistía, necesidade de crear institucións que recoñecesen os países e rexións integrantes do Estado español … Valentín Paz Andrade declara daquela que o seu labor estaría centrado, sobre todo, na defensa da personalidade histórica e autónoma de Galicia, especialmente na loita contra a marxinación social e económica á que fora sometido o país galego . Nun semanario da época, Teima , di sobre a Comisión : “ A política é negociación . Non sei o que pode saír das reunións , pero o importante é que Galicia estea presente , que non quedemos marxinados nin acochados nos nosos tobos mirando como a historia pasa por riba de nós “. Tamén é o responsable da denominación Xunta de Galiza para o organismo que se había de formar máis adiante e que se decide na Comisión dos dez: “ Pensei en Reino de Galiza , que tiña antigüidade desde os suevos, pero supuxen que ía haber moita oposición e optei pola denominación que escollera Antolín Faraldo e defenderon Solís e outros Mártires de Carral cando o levantamento de 1 846 “.

33


As urnas: 1 977 En xuño de 1 977, o pobo español é convocado ás primeiras eleccións democráticas desde a Segunda República. En Galicia constitúese una candidatura unitaria para o Senado, integrada por forzas democráticas de centro esquerda galeguista . Esta coalición da que forma parte Valentín Paz Andrade, preséntase co nome de Candidatura Democrática Galega. Nela están representados partidos políticos e personalidades independentes e nas súas listas figuran personalidades como Francisco Fernández del Riego , Ramón Piñeiro , Isaac Díaz Pardo , Celso Emilio Ferreiro… A Candidatura Democrática Galega obtén tres escanos polas provincias de Pontevedra, A Coruña e Ourense. Valentín Paz Andrade sae elixido senador por Pontevedra con 67.207 votos, o 1 8,75 % do censo. Durante os anos que estivo no Senado forma parte do grupo parlamentario Progresistas e Socialistas Independentes, é portavoz adxunto e traballa na Comisión especial de Autonomías e mais na Comisión para a comercialización dos produtos pesqueiros. No ano 1 979 convócanse novas eleccións e a coalición integrada na Candidatura Democrática Galega non obtén escanos, aínda así Valentín Paz Andrade é o candidato máis votado da mesma.

34

Comisión dos Dez na transición. 1977


Reencontros e adeuses Son estes uns anos moi intensos marcados polo reencontro con vellos amigos e compañeiros, momentos alegres aos que suceden tristes adeuses. Regresan algúns exiliados: Rafael Dieste, Ramón Valenzuela, os poetas Luís Seoane e Lorenzo Varela. Con este último mantén unha estreita relación durante as súas estadías en Madrid. Mais tristemente as mortes tamén se suceden: Otero Pedraio , Lorenzo Varela, Luís Seoane, Celso Emilio Ferreiro ou Eduardo Blanco Amor. A todos eles, especialmente a Valentín Paz-Andrade por ser o seu ano, damos as grazas polo seu labor, dedicación e compromiso

Cartel dunha representación teatral da Esmorga feito por Díaz Pardo

35


O mar, o peixe, principal medio de vida para Galicia. Valentín emprendedor, innovador, ante todo Galicia no horizonte: Pescanova. Pescanova foi fundada en 1 960 en Vigo por José Fernández López e os seus irmáns. A idea partiu de José que tiña unha ampla experiencia no campo do frío industrial, pois xa creara Frilugo en 1 941 e Frigsa en 1 951 . A finais dos anos 50, José Fernández pasaban temporadas de traballo en Vigo, aloxándose no Hotel Universal, fronte ao Club Náutico e moi próximo á morada do intelectual galeguista Valentín Paz Andrade, home experto en temas pesqueiros (participaba desde anos antes na revista “Industria Pesquera”) co que moi pronto trabou unha sincera amizade. Desde o primeiro momento Valentín Paz Andrade foi incorporado á empresa como accionista, para ser pronto nomeado conselleiro delegado. Tras unha viaxe a Sudafrica, na que comproba a abundancia dos bancos de pescada, Paz Andrade convence a José Fernández para construír os dous primeiros barcos conxeladores españois, o Lemos ( primeiro barco conxelador do mundo, que custou por aquel entón 1 80.000 euros) e o Andrade.

36

Con José Fernández López a bordo do buque conxelador "Lemos" de Pescanova. Legado Valentín Paz-Andrade 2012


O primeiro destino do Lemos, no ano 1 961 , foi o sur de Brasil, Uruguai e Arxentina. Neses países xa se coñecía a existencia de pescada pero non se practicaba a pesca industrial. O Lemos encheu as súas bodegas enseguida e regresou a Vigo con 240 toneladas de peixe. Mentres, o Andrade dirixiuse a África do sur, onde se sabía que había pescada, pero non foi necesario que chegara tan ao sur, á altura de Namibia a pesca foi tan abondosa que encheu as súas bodegas. Desde os seus inicios Pescanova desenvolveu unha tecnoloxía descoñecida ata o momento para o proceso completo de manufacturación de peixe xa que procesaba e ultraconxelaba as capturas a bordo do propio barco. O nacemento de Pescanova non se corresponde cunha aventura empresarial ao uso: foi unha iniciativa que ía moito máis alá do mero interese económico e cuxo propósito fundamental era abrirse á innovación, para, en palabras do propio Paz Andrade 'desconcentrar a frota, ensanchar cara outros mares o radio de acción dos buques... ' A idea fundamental nace en Valentín grazas ao enorme coñecemento que obtén do sector a través do seu labor na revista “Industrias Pesqueras”, así como os cursos que ditou en Valparaíso en 1 952 auspiciados pola FAO, que lle proporcionaron a base teórica para montar unha gran empresa de pesca internacional.

Barco de Pescanova

37


A revista Industrias Pesqueras foi fundada no ano 1 927 por José Barreras Massó. O primeiro director da revista foi Fernando de Miguel Rodríguez. Desde os primeiros números incorporouse ao seu equipo de colaboradores Valentín Paz Andrade, cuxa relación co mundo da arte propiciou a colaboración gráfica de nomes que hoxe son xa lenda. Homes como Sobrino, Carlos Maside, Manuel Torres Martínez, Emilio Riego e mesmo Alfonso R. Castelao que debuxou viñetas para o texto. En 1 942, tras moitos anos de colaboración como redactor, Valentín Paz-Andrade é nomeado director. A revista vén paliar as carencias científicas e culturais do sector marítimo pesqueiro, marxinado pola economía española. Grazas a esta publicación, ábrese unha porta de coñecemento centrado nas innovacións do sector, a mellora da produtividade, os avances científicos, etc. A importancia que adquiriu Industrias Pesqueras ponse de manifiesto grazas á difusión internacional que, a través desta publicación, obtivo o sistema pesqueiro español, establecendo sen ningún tipo de axuda oficial relacións impensables durante o illamento do réxime franquista entre expertos en economía pesqueira da FAO. Precisamente, a partir de 1 952, Valentín Paz-Andrade iniciará un intenso periplo por diferentes países de América Latina que o levará a impartir cursos e conferencias de economía pesqueira como experto de la FAO, viaxes que aproveitará, de costas ao réxime franquista, para contactar cos intelectuais españois exiliados.

38

Portada da revista Industrias Pesqueras feita por Isaac Díaz Pardo


A industria das conservas no mundo comezou en 1 81 0, cando Nicolás Appert gañou un premio convocado por Napoleón Bonaparte para quen descubrise o mellor método de conservar os alimentos para a subministración do seu exército. No ano 1 852 créase en Francia a primeira fábrica de latas de conserva. En 1 879 Juan Goday Gual instalou a primeira fábrica de conservas moderna de Galicia na Illa de Arousa. En 1 903 créase a Unión de Fabricantes de Conservas de Vigo, e en 1 91 8 A Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia. O desenvolvemento da industria conserveira e o seu proceso modernizador fai que se desenvolvan un gran número de industrias auxiliares, como as fábricas de envases e litografado, de xeo, fundicións e talleres mecánicos, e como consecuencia aumenta o volume de emprego, o que fai cambiar a fisionomía das vilas mariñeiras e a economía das familias, tradicionalmente sen moitos recursos. A industria de transformación do peixe empregou maioritariamente mulleres, xa dende o século XVIII na salga, e dende finais do XIX na conserva. O seu papel foi crucial tanto para a supervivencia das familias da costa galega, que así cubrían as necesidades en época de escaseza de pesca, como para a economía do país.

Traballando nunha conserveira. "A Memoria do mar" e "Vigoempresa"

39


Na actualidade a industria conserveira constitúe un sector fundamental na economía do noso país . As compañías galegas dominan o mercado español e son o maior referente na Unión Europea. Así, das 1 47 empresas españolas adicadas a elaborar conservas cos produtos do mar, 67 están situadas en Galicia facturando o 83% do total nacional. No 2007, o sector transformador de conservas de pescados e mariscos de Galicia xerou unha produción de 285.848 toneladas, o que supón o 85% do total de España. En termos económicos estas empresas facturaron máis de 1 .041 millóns de euros e xeneraron ao redor de 1 2.000 postos de traballo.

40

Mulleres nunha conserveira. "Del Berbés hacia arriba. Historias de Vigo"


En 1 934 a Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia decidiu crear un medio de divulgación propio, a revista Industria Conservera. Esta publicación vén mantendo desde entón unha función de servizo ao sector transformador de produtos do mar, transmitindo as súas inquietudes e aspiracións a través de artigos de opinión, reportaxes e entrevistas. Dirixida por Francisco Fernádez del Riego, contou tamén coa colaboración de Valentín Paz Andrade, dúas figuras claves da cultura galega do pasado século e que tanto contribuíron ao mundo da pesca e da transformación dos produtos do mar. Os seus artigos, asinados baixo os pseudónimos de Alevín e Mareiro, son unha fonte de saber impresionante sobre a situación da industria conserveira e da pesca en Galicia e no mundo. Ademais de intelectuais ou científicos, a revista contou tamén coa colaboración de artistas plásticos pertencentes á corrente da vangarda histórica galega, nomes como Carlos Maside, Manuel Torres, ou Federico Ribas, ilustre vigués, pai do deseño gráfico español, que se encargaron das portadas da revista, engrandecendo o seu valor como fonte documental. Os mesmos autores ilustraron as páxinas do interior con pequenos debuxos en branco e negro cuxa temática é o mar e os seus produtos.

Portdas da revista Industria Conservera

41


Obradoiros.

42


Peixes

Nalgunha ocasión, Valentín Paz-Andrade comentou que, cando ía de viaxe, o primeiro que visitaba das cidades era o mercado. Certamente os mercados apórtannos unha valiosa información sobre a vida dos habitantes do país. Neles atopamos os seus medios de vida fundamentais. Temos, por exemplo, os froitos, verduras e mesmo flores que se cultivan; a carne que consumen: vaca, cordeiro, porco; os peixes e mariscos preferidos... Propoñemos unha actividade para afianzar os teus coñecementos sobre fauna mariña. Aportamos a definición de diferentes especies, logo os seus debuxos. Trátase de que emparelles cada imaxe coa súa definición.

43


Longueirón: Molusco mariño gasterópodo que está protexido por unha cuncha bivalva alongada que pechada parece unha cana ou o mango dunha navalla. Tamén se chama: Navalla, longueirolo, caíño.

Ameixa: Molusco mariño bivalvo, recuberto por dúas cunchas ovais de tres ou catro centímetros de longo, ten a superficie percorrida por estrías radiais e concéntricas. Vive enterrado na area. A carne que ten no interior é moi estimada como alimento.

Berberecho: Molusco lamelibranquio da familia dos cárdidos coa cuncha estriada en forma radial, que vive enterrado a poucos centímetros da superficie en zonas de area lamacenta próximas á costa.Cómese fresco ou en conserva. Tamén se chama: Croque. Mexillón: Molusco lamelibranquio mariño, de valvas de cor negra azulada.Vive apegado ás rochas e tamén se cultiva en bateas. Cómese fresco ou en conserva.

44


45


Camarón: Denominación de varias especies de crustáceos decápodos, de diversas cores, corpo comprimido e rostro longo e dentado. Distínguense: Camarón da praia, c. areeiro, c. bravo, c. da area, c. do río, c. sarnoso.

Centola: Crustáceo mariño decápodo, que ten unha cuncha case redonda cuberta de pelo e pugas, e cinco pares de patas longas e peludas.

Percebe: Nome xenérico dos crustáceos, que se caracterizan por teren un pé longo e carnoso, rematado na parte superior nunha cuncha de varias pezas , co que se agarran ás rochas dos lugares moi batidos polo mar; viven en comunidades moi numerosas e son moi apreciados como alimento.

46


47


Robaliza: Peixe mariño da familia dos serránidos, de cor grisalla, máis escura no lombo e branca no ventre, con dúas aletas dorsais separadas e a primeira con raios espiñentos. Tamén se chama: Robaloa, lamega, chasca. Sardiña: Peixe cupleiforme, de pequeno tamaño, co corpo longo e estreito, de cor azul con reflexos verdosos no lombo e prateados no ventre.

Dourada: Peixe osteíctio,de corpo plano, alto e comprimido,tamaño grande e coloración metálica co dorso azulado e os flancos prateados. Ten unha mancha dourada entre os ollos. Bacallau: Peixe da familia dos gádidos, de tamaño variable, corpo alongado e comprimido e cabeza grande, cun forte apéndice carnoso debaixo da boca; habita en mares fríos e temperados e consómese fresco ou salgado

48

Xarda: Peixe da familia dos escómbridos, de corpo alongado, fusiforme e algo comprimido lateralmente, de cor verde ou azul no lombo, branca ou prateada no ventre con listas verticais de cor negra. Tamén se chama: Cabala, escombro, rincha. Sargo: Peixe da familia dos espáridos , de corpo oval e comprimido lateralmente, de tonalidade prateada con 7 ou 8 bandas verticais escuras sobre os costados e outra máis ancha e negra sobre o pedúnculo caudal.

Pescada: Peixe teleósteo de entre 30 e 80cm. de lonxitude, de corpo alongado e prateado, con dúas aletas moi longas , unha no lombo e outra na parte inferior, boca grande con dentes moi finos; a súa carne branca e suave é moi apreciada. Tamén se chama: Pixota.


49


O Rifante O “RIFANTE” ERA UN MARIÑEIRO que ganaba pesos a moreas e que na súa bulsa gardábanse talmente como auga nunha peneira. En terra o Rifante non tiña caletre ningún; en canto poñía o pé no seu barco trocábase nun sabio. Tiña moitos fillos e moitos netos e todos a gastar porque o mar daba para todo. Ninguén lle negou o creto de bo patrón e de bo cristiano que tiña; máis ás veces parecía ter tratos co demo. Habían de largar o aparello outros mariñeiros e non habían coller ren; chegaba o Rifante e collía unha fartura de peixe. O Rifante era fartureiro de seu. Estando a pique de morrer afogado ofreceuse a Nosa Señora e regaloulle un manto de seis mil reás, ademais da misa cantada, música, foguetes, traxes novos e comida a fartar. O Rifante tiña fe na súa fada. Unha vez enfermou e fixo de patrón o fillo máis vello. En canto volveu do mar, o seu fillo achegouse ao leito do pai e tatexando de medo contoulle que o aparello quedara trabado nunhas pedras. O Rifante dixo simplesmente: –“ Non teñas medo, Ramón; o mar levouno, o mar dará para outro”. E despois calou e virouse cara a parede. Que confianza tiña o Rifante no mar! Pero tanta fartura minguou de súpeto e a fame foi entrando en todos os fogares. Tal aconteceu cando as traíñas mataron o xeito. O Rifante apareceu un día diante do meu pai, amigo seu dende nenos e ademais conselleiro. –Sabes unha cousa? –dixo–. Hai fame, fame! na casa do Rifante. Ti sabes que nunca pedín nada a ninguén; mais, agora veño petar na túa porta para que me emprestes mil reás. Quero botarlle un balcón novo á miña casa sabes?, e así a xente que vexa que ando en obra non pensará que os meus non teñen que levar á boca.

50

O Rifante. Castelao


Artes de pesca

Do mesmo xeito que fixemos cos peixes, imos agora enriquecer o noso coñecemento sobre os aparellos e diferentes artes de pesca que se utilizan para cada especie. Poñemos as definicións por unha banda e os debuxos das artes peixeiras pola outra para que ti as relaciones.

51


Pesca de altura: a que se realiza en alta mar. Pesca de baixura: a que se realiza preto da costa. Nasa: trampa a xeito de gaiola, de entrada fácil e difícil saída para a presa, que se atrae por medio dun engado colocado no interior. Utilízase sobre todo para a captura de marisco, polbo e peixe pequeno como a faneca. Dependendo da súa feitura e mesmo do tamaño da entrada, utilízanse para diferentes especies. Nos debuxos atoparás: Nasa fanequeira. Nasa para o polbo. Nasa da nécora. Largado e recollida de nasas. Nasa da langosta. Nasa para camarón.

52


53


Un dos aparellos máis utilizados na pesca de baixura é o palangre. Aquí ofrecemos variantes desta arte tradicional. Identifícaos. Palangrillo. Palangre de superficie. Xeito de largar un palangre. Palangre de fondo. Agora investiga sobre outros dous aparellos ben diferentes que saen mencionados no relato do Rifante e que, por certo, han ter papel fundamental no desenvolvemento do argumento. O xeito. As traíñas.

54


55


Velaquí tedes algúns aparellos utilizados para mariscar na area. Fisga: Utilízase para a captura do longueirón e a navalla. Require destreza do mariscador pois este molusco está enterrado na area coas valvas abertas; deixando un buraquiño na superficie para respirar. Trátase de introducir a fisga entre as valvas para que as peche e tirar cara arriba con habilidade para que non fuxa. Sacho: É unha das artes máis utilizada no marisqueo a pé. Crávase o sacho e remóvese a area deixando os moluscos ao descuberto. Rasqueta: Utilizada no percebe e no mexillón para desprendelos das rochas. Angazo: O seu uso é semellante ao do sacho. Utilízase co berberecho, ameixa, coquina etc. Rastro: É un angazo pero axeitado para empregalo dende un bote ou chalana. Raño: Utilizada tamén dende embarcación. Moi similar ao rastro pero máis lixeira.

56


57


Mapas Pola súa situación xeográfica fonte ás costas galegas pasa unha auténtica autoestrada do mar. O intenso tráfico marítimo, o escaso control sobre o estado dos barcos, a perigosidade do noso mar e a falta de medios preventivos e de salvamento, son causa de moitos accidentes que provocan catástrofes medioambientais. Estes son os nomes dos barcos que produciron as últimas grandes contaminacións e mareas negras nas nosas costas.

58


Afúndese fronte á Costa da Morte no ano 1 978, provocando a terceira das grandes mareas negras.

No 1 992 embarranca ao pé da Torre de Hércules. A Ría da Coruña e todo o Golfo Ártabro sofren en primeira liña a segunda gran marea negra que afectará a centos de quilómetros de costa.

No 1 976, en plena Ría da Coruña naufraga este petroleiro producindo unha temenda marea negra que afecta a todo o Golfo Ártabro.

Este non era un petroleiro pero no ano 1 987 contaminou a Costa da Morte con produtos químicos e houbo que evacuar temporalmente a poboación de Fisterra, Cee e Corcubión polo perigo que supuxo para a súa saúde. Foi a última gran traxedia sufrida polo noso mar (ano 2002). Outra vez na Costa da Morte. Desatou unha vaga de solidariedade e miles de voluntarios colaboraron desinteresadamente na limpeza das costas. O impacto social foi tan forte que se creou a plataforma Nunca Máis. Foi o primero destes grandes desastres (1 970). Encheu de petróleo as illas Cíes, poñendo en grave perigo un dos ecosistemas máis valiosos de Galicia, hoxe convertido en parque natural.

59


Pola súa situación xeográfica fonte ás costas galegas pasa unha auténtica autoestrada do mar. O intenso tráfico marítimo, o escaso control sobre o estado dos barcos, a perigosidade do noso mar e a falta de medios preventivos e de salvamento, son causa de moitos accidentes que provocan catástrofes medioambientais. Estes son os nomes dos barcos que produciron as últimas grandes contaminacións e mareas negras nas nosas costas.

60


Para mariñeiros nós.

Somos cinco portos e cada un coa súa merecida sona. Eres quen de identifícarnos e poñernos no mapa? ______________Destaco pola pesca do bonito. ______________A min chégame moita pesca fresca. ______________Son o primeiro en pesca conxelada e exporto automóbiles. ______________Eu son famoso pola calidade da miña pescada. ______________Descargo máis petróleo porque teño preto unha refinería.

61


Mar ao fondo.

Dende os inicios da nosa literatura o mar ten unha presenza fonda e constante nos seus autores. Xa sexa como referencia literaria ou como elemento esencial do noso vivir. O mar reflicte o estado anímico dos nosos poetas, as súas ledicias, as súas saudades, os seus desacougos. Non podemos pretender dar aquí unha escolma minimamente representativa, sería imposible. Escollemos, daquela, uns poemas nos que o mar aparece como telón de fondo, como medio de vida ou como reflexo do sentir do poeta que, nos máis dos casos, vén sendo o reflexo do sentimento de todos nós.

62


A percebeira é unha illa A illa ten nome de peixe esquivo E os homes van A lanchiña que os leva é de pau de laranxo A lúa é unha laranxa apodrecida A lúa debuxa cadaleitos nas furnas De entre os mortos nascen percebes Os ollos vagos non ven Son as mans acoiteladas as que cachean os tetos A rapa áxil E logo a lonxa E a viaxe a Coruña ou Madrid E o plato na mesa E o sal na boca Ese sabor a sal na boca Como se a morte viñese cada nove ondas

Francisco Souto, (De Fado, 1998)

Barcarola Que hai mariñeiro no fondo da alma? Que levas nos ollos espello do mar? -Maraghota!

Ronseltz

63


Cama de pedra Os listos ollos aguias do mariñeiro nunca leron libros de Stevenson, Melville, London, Verne, pero os dedos buliron en páxinas de tinta onde estaban escritas as marcas do mar, cofres ocultos que abre a chave do aparello da vida.

Miro Villar

Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxíles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece.

Ana Romaní

64


Cando dance a montaña e se deteña o río branco navegarás o mar imenso impulsa a dorna suave o sol fuixe nas águas erguida no espazo a túa mirada camiña ao encontro da palavra na extensión do mar perde-se un voo leve de mascato

Xavier Seoane

Fundo do mar No fundo do mar há brancos pavores, Onde as plantas sáo animais E os animais sáo flores. Mundo silencioso que náo atinge A agitaçáo das ondas. Abrem-se rindo conchas redondas, Baloiga o cavalo-marinho. Um polvo avança No desalinho Dos seus mil braços, Uma flor daça, Sem ruido vibram os espaços. Sobre a areia o tempo poisa Leve como um 1enço. Mas por mais hela que seja cada coisa Tem um monstro em si suspenso.

Sphia de Mello

65


Pólvera No mar medran froiteiras e as mans do mariñeiro, mans de ferro, con fendas salgadas do traballo, collen xurelos de ollos cegos e escamas tona de prata, que relocen en cestos de esperanza; mentres o home interroga xa o día de mañá.

Miro Villar

Marcos Mar de rostro, mar serio, mar revolto cabelo, mar cos brazos abertos para o coñecemento, onde a penas existen feridas que se esquecen na música da agulla do compás que é o tempo. Mar revolto cabelo, mar serio, mar de rostro.

Miro Villar

66


Xirolo ¿E se a boca da nasa sempre fose un silencio? ¿E se no útero, dentro, non houbese placenta? ¿E se as noites e os días fillasen tempestades? ¿E se nunca amencese nin se vise a ardora? Meu capitán, o inferno. Meu capitán, o inferno.

Miro Villar

Dioni En cada mariñeiro dorme un ser mitolóxico, con dous potentes brazos que nas extremidades se bifurcan en oito tentáculos ventosas, e cando no horizonte venta a voz do perigo espertan oito brazos a apegarse na vida. Miro Villar

67


Tarito O mariñeiro, escravo do mar, é gladiador de hoxe, pelexa en circos de ergazo, anfiteatros sen os acantilados e o César é Neptuno. O seu combate é sempre desigual contra a morte por máis que no seu peito lle medre unha man branca

Miro Villar

A cidade onde vivo ten mar. No inverno é mar bravío; no verán, agarimoso; cando quere mimoso e cando non, maldito, perigoso, traidor, e, se non, que llo digan ó pescador que nel anda, coma unha espiña para traer a porto pescada e xurelo e sardiña.

Fran Alonso

68


Bibliografía CALVO, Tucho, Valentín Paz-Andrade, a memoria dun século, Editorial Biblos . FREIXANES, Victor, Unha ducia de galegos, Editorial Galaxia. PORTELA YÁÑEZ, Charo, Valentín Paz Andrade Biografía e antoloxía, Editorial Xerais. CARBALLA, Xan, Biografía de Valentín Paz-Andrade, Editorial Galaxia. Enciclopedias Atlas histórico universal, El País/Aguilar Un siglo revolucionario, El País Ligazóns http://www.valentinpazandrade.es/ http://www.museoconserva.es/node/29 http://www.museodopobo.es/exposicion.php?idexpo=1 36 http://www.industriaspesqueras.com/que-es-ip/historia.html

69



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.