Tema teoría verbos con alternancia

Page 1

VERBOS CON ALTERNANCIA 1.VERBOS EN –ER MODELOS BEBER E COMER: Os verbos en -er que teñen -e-, -o- como últimas vogais do lexema presentan unha alternancia [ɛ]/[e], [ɔ]/[o], cando son tónicas, segundo a seguinte distribución: [ɛ], [ɔ] na 2ª e 3ª persoas de singular e na 3ª de plural do presente de indicativo; [e], [o] no resto. Esta alternancia non ten repercusións gráficas.

Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo bebo [e] beba [e] bebes [ɛ] bebas [e] bebe [e] bebe [ɛ] beba [e] bebemos [e] bebamos [e] bebedes [e] bebades [e] bebede [e] beben [ɛ] beban [e] Presente de indicativo. como [o] comes [ɔ] come [ɔ] comemos [o] comedes [o] comen [ɔ]

Presente de subxuntivo Imperativo coma [o] comas [o] come [o] coma [o] comamos [o] comades [o] comede [o] coman [o]

Quedan excluídos desta alternancia no presente de indicativo outra serie de verbos que por razóns históricas teñen vocalismo radical tónico, ou sempre aberto ( querer, quecer, esquecer, poder), ou sempre pechado (deber, crer, ler, e sobreser).

2. VERBOS CON E COMO VOGAL FINAL DO LEXEMA NO INFINITIVO a) MODELO ADVERTIR: Hai un grupo que troca o e en i nas formas do presente de indicativo e imperativo en que a raíz é tónica e, ademais, en todo o presente de subxuntivo: Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo advirto

advirta

advirtes

advirtas

advirte

advirta

advertimos

advirtamos

advertides

advirtades

advirten

advirtan

advirte

advertide

Conforme a este modelo conxúganse os seguintes verbos: adherir, advertir, divertir, agredir, transgredir, conferir, diferir, inferir, preferir, proferir, referir, transferir, competir, repetir, concernir, discernir, espelir, espir, dixerir, inxerir, suxerir, inserir; medir, pedir e derivados, reflectir, vestir, investir, revestir. b) MODELO SERVIR: Hai outro grupo que presenta unha variación tripla no vocalismo da raíz: en posición átona sempre é [e] (agás no presente de subxuntivo); en posición tónica hai [ɛ] nas persoas 2ª, 3ª de singular e 3ª de plural


do presente de indicativo e i na persoa 1ª de singular do presente de indicativo, na 2ª de singular do imperativo e en todo o presente de subxuntivo. Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo sirvo

sirva

serves

sirvas

serve

sirva

servimos

sirvamos

servides

sirvades

serven

sirvan

sirve

servide

O mesmo paradigma é o dos verbos ferir, mentir, sentir, seguir e dos seus derivados e compostos: malferir, desmentir; asentir,consentir, resentir, conseguir, perseguir e proseguir.

3. VERBOS CON U COMO VOGAL FINAL DO LEXEMA NO INFINITIVO MODELO FUXIR: Hai un grupo de verbos en -u...ir, que presenta unha alternancia tradicional u/o: [ɔ] nas persoas 2ª e 3ª de singular e 3ª de plural do presente de indicativo, [u] no resto do paradigma: Presente de indicativo Presente de subxuntivo Imperativo fuxo

fuxa

foxes

fuxas

foxe

fuxa

fuximos

fuxamos

fuxides

fuxades

foxen

fuxan

fuxe

fuxide

Conforme a este modelo, conxúganse : acudir, bulir (e rebulir), cubrir e derivados (descubrir, encubrir, recubrir), cumprir ‘ser mester’, cuspir, durmir, engulir, fundir ‘render’, fuxir, lucir e derivados (deslucir, entrelucir, relucir, translucir, tremelucir), mulir, muxir, pulir, ruxir, sacudir, subir, sufrir, sumir (e os seus derivados consumir e ensumir), tusir, ulir, urdir, xunguir, xurdir.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.