Tema teoría pronome átono se

Page 1

PRONOME ÁTONO SE VALORES

FUNCIÓN

REFLEXIVO

OBXECTO DIRECTO

RECÍPROCO

OBXECTO DIRECTO OU OBXECTO INDIRECTO

PRONOMINAL OU FORMANTE LÉXICO

SEN FUNCIÓN SINTÁCTICA

PASIVA REFLEXA OU PASIVA IMPERSOAL

SEN FUNCIÓN SINTÁCTICA

IDENTIFICACIÓN A acción recae sobre o suxeito que a executa: Ana lava os dentes despois de cada comida. Ana lávase todos os días ao volver do traballo. O pronome reflexivo funciona como O.D. por iso non pode empregar outro O.D. na oración: Lavei as mans (correcta) * Laveime as mans (incorrecta) Desenvólvese todo o paradigma: me, te, se , nos, vos, se. Dúas ou máis persoas ou cousas realizan a acción e recíbena mutuamente Antía e Xabier quérense. Iria e Alberte coñecéronse na viaxe Tamén pode adoptar a función de O. I. en casos como o seguinte: Ana e María mándanse cartas. O pronome é un morfema ligado ao verbo, non pode separarse, forma con el un verbo pronominal: Queixarse, arrepentirse, axeonllarse... Desenvólvese todo o paradigma: me, te, se , nos, vos, se. Algúns verbos admiten ou non a forma pronominal, orixinando parellas con significado diferente: Acordaron unha tregua/Acordáronse de nós O pronome reflexivo de 3ª persoa pode desempeñar a función de suxeito nas oracións impersoais. Falouse de moitas cousas. Nun tipo especial de impersoais, as pasivas reflexas, o suxeito concorda co verbo. A acción recae sobre o suxeito (é un suxeito paciente). Nesas hortas plántase millo. Alúganse apartamentos.

Hai moitos verbos que en castelán funcionan como pronominais, isto é, empréganse co pronome reflexivo, mentres que en galego non. Velaquí unha listaxe dalgúns dos verbos que non se deben empregar con pronome reflexivo: abrandar, adormecer, afrouxar, almorzar, apodrecer, apurar, atrasar, baixar, caer, calar, cargar, casar, cicatrizar, coller, comer, curar, deixar, demorar, desfondar, desinchar, dislocar, enfermar, escapar, escordar, esperar, espertar, estreitar, fracturar, inchar, incrementar, marchar, merendar, morrer, parar, quedar, rachar, rebentar, recordar, romper, sentar, sorrir, terminar, tropezar, xogar... Polo tanto, son incorrectas expresións do tipo: 

*Ía andando pola rúa e caínme.

*Os meus amigos xa se casaron.

* Rompeuse a cadeira nova



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.