Tema teoría fonética

Page 1

2ºBACHARELATO LINGUA: FONÉTICA E FONOLOXÍA Os fonemas son as unidades máis pequenas dunha lingua e non teñen significado. O sistema fonolóxico do galego, xunto co das restantes linguas romances, baséase en dous tipos de sons ou fonemas: as vogais e as consoantes. A Fonética é parte da Lingüística que estuda os sons desde o punto de vista físico e fisiolóxico, é dicir, cómo facemos para pronunciar os sons. A Fonoloxía estuda os fonemas en tanto que unidades lingüísticas. En galego distinguimos sete vogais e 19 consoantes. AS VOGAIS As vogais son fonemas sonoros que se realizan cando o aire sae libremente sen ningún impedimento. Poden formar sílabas por si soas ou combinadas con outros sons e por iso constitúen núcleo silábico e levan o acento de intensidade. As vogais en galego forman un sistema triangular definido polo punto de articulación e o modo de articulación: Punto de articulación Anterior Posterior palatal Central velar modo fechada /i/ /u/ de semifechada /e/ /o/ artic. semiaberta /ɛ/ /ͻ/ aberta /a/ En posición tónica ou pretónica en galego distinguimos sete vogais: /i/, /e/, /ɛ/, /a/, /ͻ/, /o/, /u/ ; en posición media postónica distinguimos cinco. VOGAIS SEMIABERTAS: -As palabras rematadas en vogal tónica. (ex: café, abofé) -Os substantivos rematados en –el; -ol e os seus plurais (ex: papel-papeis; caracol-caracois) -As palabras rematadas en: -ela(agás estrela) -orio/a (ex:memoria, gloria) -ero/a (ex: fero, sincero) -erio/a (ex: misterio, bacteria) -oco/a (ex: troco, miñoca) –ola (ex:pistola) -ote/a (ex: bigote, pelota) - estre (ex: campestre, mestre) -Os verbos da 2ª e 3ª conxugación con vogal radical –e-; -o-;-u- , que presentan alternancia vocálica, na 2ª, 3ª e 6ª persoas do Presente de Indicativo (agás os verbos DEBER, CRER, LER que teñen todas as persoas con vogal semipechada) EX: bebes, corre, comen, dormen, sobe. -As formas verbais de tema de Perfecto (Perfecto, Pluscuamperfecto, Imperfecto e Futuro de Subxuntivo) dos verbos irregulares EX: dixera, fixesen, trouxer, puidesen -Os nomes das seguintes letras do alfabeto: E, F, L, M , N, Ñ, O, R, S -As palabras que levan til diacrítico, agás é-e (sempre aberto) e pór-por (sempre pechado) . VOGAIS SEMIPECHADAS: -As palabras rematadas no sufixo –és ( agás REVÉS,TRAVÉS, ES do verbo ser, TES do verbo ter). E : coruñes, maltés, fenés -As palabras que presentan o ditongo –ou-.(ex: touro, tesouro, mouro) -As palabras coa secuencia –on (agás onte, conde). Ex: lacón, ponte -Os nomes rematados en ; -edo (ex; medo) -ón (ex:corazón) -ello, agás vello (ex: cortello) -or (ex: matador)


-eo, agás ceo (ex:feo) -eza (ex: grandeza) -oso, agás noso, voso (ex:fermoso) -Os nomes das seguintes letras: B, C, D, G, P, T, X, Z -As formas de infinitivo da 2ª conxugación. (ex: traer, coller, moer) -Os verbos da 2ª conxugación con vogal radical –e-; -o-, que presentan alternancia vocálica, nos casos nos que non leven vogal semiaberta, agás PODER, QUERER, QUECER, ESQUECER, que sempre presentan vogal semiaberta EX: bebo, comemos, corra -As formas verbais de tema de Perfecto regular EX: comera, collestes, beberdes,comese. Cómpre sinalar que hai unha serie de palabras que teñen distinto timbre segundo o seu significado: /E/ /O/ ----/e/ /o/        

botas (calzado) botas (verbo) choro ( verbo ) choro (substantivo) doce (adxectivo ) doce (número ) ese (letra ) ese (demostrativo ) golpe (choque) golpe (raposo) neto (parente) neto (medida) pega ( verbo ) pega (animal) pelo (verbo ) pelo (cabelo) AS CONSOANTES

ARTICULACIÓNMODO DE

En canto ás consoantes, a súa pronuncia está sometida á influencia do modo de articulación, do punto de articulación e á sonoridade, así como á participación na pronuncia dos dentes, da lingua ou dos beizos. Deste xeito, nas oclusivas o aire sae de súpeto; nas fricativas o aire sae sen interrupción; nas africadas dáse unha combinación das anteriores; nas nasais o aire sae polo nariz e non pola boca; nas laterais o aire sae polos lados da boca e non polo centro; e nas vibrantes a lingua produce a vibración do aire. Da mesma maneira ocorre co punto de articulación, segundo interveñan os beizos (bilabiais), beizos e dentes (labiodentais), os dentes (dentais), a lingua e os dentes (interdentais), a parte posterior dos dentes superiores ou alvéolos (alveolares), o centro do padal (palatais), ou o veo do padal (velares). Por último, se no momento da pronuncia vibran as cordas vogais temos consoantes sonoras, e se non o fan temos consoantes xordas.

oclusivas fricativas africadas nasais laterais Vibrante simple Vibr. Múltiple

PUNTO DE ARTICULACIÓN bilalbiais labiodentais dentais interdentais alveolares son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. son. xor. /b/ /p/ /d/ /t/ /f/ /θ/ /s/ /m/

/n/ /l/ /r/

palatais son. xor.

velares son. xor. /g/ /k/

/š/ /ĉ/ /ň/ /λ/

/ŋ/

/ȓ/

As nasais Na posición final de sílaba (implosiva) a pronuncia velar é a máis frecuente no galego (/ŋ/), como sucede en pan, irmán, unha, alguén, tamén, non, etc. Con todo, algunhas palabras rematadas en –n cambian a pronuncia velar pola alveolar cando van seguidas dun pronome átono: non o sei /nóno séi/; fixérono /fišérono/.



Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.