Revista MaOs. nº0

Page 1

Granxa de Servizos Entrevista: Feitoría Verde É ecolóxica esta mazá? Os grupos de homes Entrevista: Comba Campoy O agromar das feiras galegas Como reunirse A participación: medio ou fin? Que género de baile queremos Open Source Democracy

[X A N E I R O

2015]


C

ando en marzo de 2014 MaOs Innovación Social se constitúe legalmente como cooperativa sabíamos que por diante tiñamos un longo de camiño de mudanzas e de adaptación ao que esixe unha cooperativa: novos documentos, novas formas de traballar e organización, modelos de xestión, contabilidade... Ao mesmo tempo, había que seguir a desenvolver os nosos proxectos e a procurar outros novos. Non semellaba tarefa fácil e foron necesarios grandes esforzos persoais e profesionais. Neste intenso percorrido non estivemos soas e desde aquí queremos agradecer a presenza e confianza de: Feitoria Verde S. Coop. Galega, EnComún S. Coop. Galega, Miguel Durán -deseñador do noso logo e desta revista-, José Ramom Pichel, Fran Ameixeiras, Comba Campoy, Miguel Pardellas e, como non, ás persoas que están con nós no día a día. Agora, a decembro de 2014, estamos a editar esta revista, unha publicación que, ao igual que MaOs, foi collendo forma á medida que fomos traballando nela. A nosa primeira idea era publicar os artigos do blogue adaptados ao formato papel. No entanto, entre debates, fomos creando unha nova «cooperativa» e deste proceso nace a revista de MaOs. O noso obxectivo con esta publicación é darnos a coñecer e dar a coñecer aquelas persoas, proxectos e iniciativas que pensamos que teñen que ter un lugar moi visible na nosa sociedade. Coñecernos e, por tantos medios como nos sexa posible, unirnos.

MaOs Innovación Social S. Coop. Galega é unha cooperativa de traballo asociado cuxa actividade se desenvolve principalmente na xestión e innovación cultural, social e do patrimonio, tanto material como inmaterial.


tecendo redes [ A GRANXA DE SERVIZOS ]

A

existencia de redes ou comunidades de persoas emprendedoras vén de vello, mais nestes últimos anos vemos que toman formas novas, adaptándose a un hábitat económico e social ben diferente, experimentando para iso con múltiples formatos e obxectivos variados. De crecente creación temos, por exemplo, a Rede SAL, iniciativa que reúne cooperativas sen ánimo de lucro, ou O Tendal, unha serie de servizos de márketing ofrecidos conxuntamente por diferentes cooperativas. Non podemos esquecer outras iniciativas máis lúdicas, como o LaconNetwork, xantar informal e concentración espontánea de emprendedor*s relacionad*s coas novas tecnoloxías e a internet que se organiza cada último venres de mes desde o ano 2010. É neste contexto onde nace a Granxa de Servizos, que experimenta outro formato máis de entre os posíbeis, o de asociación sen fins lucrativos. Constituída no ano 2012, integra persoas, iniciativas empresariais e entidades de diversos ámbitos profesionais que partillamos unha filosofía común: entendemos o noso traballo como emprendedorismo social que procura o beneficio colectivo por medio do estabelecemento de dinámicas colaborativas. Os seus fins e obxectivos están relacionados fundamentalmente co fomento do emprendedorismo e da economía social e coa creación de espazos para o intercambio de experiencias, ideas e recursos. Son exemplo disto último os BatePapos, encontros formativos, ás veces abertos ás veces non, de fácil organización e que leven pouco tempo de preparación previa ás persoas que os impartan, ás veces socias ás veces non. Exemplos: cursos sobre Participación, Interpretación do Patrimonio, Xestión de tempo, etc. Desde o principio pensouse a Granxa como unha expresión da nosa vontade de colaboración e non de competencia, onde nos encontremos persoas e iniciativas que loitan por levar adiante as súas ideas e proxectos sen por iso naufragar nas augas escuras e procelosas do capitalismo salvaxe. Desta visión colaborativa naceron proxectos conxuntos, como o RuralActivo, levado a cabo entre as cooperativas Feitoría Verde e MaOs Innovación Social, ou colaboracións concretas, como o deseño desta revista, creada polo socio da asociación e deseñador Miguel Durán, ou a súa diagramación, feita por outro socio, Fran Ameixeiras.

En resumo, ao idear a Granxa de Servizos pensamos na necesidade de crear un espazo de confianza e apoio mutuos, na construción colectiva e na diferenza como riqueza. Entre as entidades e persoas membros, á parte das xa citadas, encóntranse outras cooperativas como En Común, especializada en asesoría e xestión, ou Tempo de Loaira, centrada na formación e na investigación social, a empresa de servizos xeoculturais Olho de Sapo ou o educador ambiental Miguel Pardellas. Podes encontrar máis información sobre a Granxa de Servizos en granxadeservizos.com

3


entrevista a [FEITORIA

D

e marzo do 2013 a setembro do 2014 MaOs Innovación Social e Feitoria Verde desenvolvemos un proxecto conxunto denominado «RuralActivo» que tiña como obxectivo fomentar dinámicas de autoemprego en tres parroquias rurais do Concello de Pontevedra a través da valorización dos recursos patrimoniais da zona. Para MaOs foi unha valiosa experiencia pois supuxo o noso primeiro proxecto, e non podía ser en mellor compañía. –  Como foron os inicios de F.V.? Foi moi difícil abrirse camiño no ámbito da educación ambiental? Feitoría Verde ten os seus comezos extraoficiais en xuño de 2010, cando dúas de nós comezamos a facer proxectos de educación ambiental e participación cidadá de forma conxunta. Desde xuño de 2010 a decembro de 2012 funcionabamos como dúas autónomas que traballabamos de forma conxunta. Posteriormente, a finais de 2012, pasamos a ser un equipo de traballo de 3 persoas e xuntarnos baixo a forma de cooperativa. Foi neste momento cando Feitoría Verde S. Coop. Galega nace oficialmente. O inicio de calquera actividade é difícil. No noso caso, comezando en plena crise, e coa vontade de facer educación e participación ambiental para a transformación social, a verdade é que non foi nada doado. Mesmo así, con moito traballo, con moita ilusión e coa certeza de que estamos a facer o que nos gusta e que cadra totalmente coas nosas conviccións persoais, fomos sacando proxectos adiante, fómonos dando a coñecer e abrindo o noso camiño neste campo.

4

VERDE] Durante o primeiro ano, ademais, fomos definindo a nosa idea a través da redacción do noso plan de empresa. Foi un documento farragoso pero que resultou sernos de grande utilidade. –  Comezastes sendo dúas e co tempo decidistes convertervos en cooperativa. Que motivos vos levaron a este modelo? No momento no que nos puxemos a estudar que tipos de formas xurídicas existen e en que consiste cada unha delas tivemos claro que queríamos ser unha cooperativa. Os principios cooperativos cadran perfectamente coa nosa filosofía e forma de traballar: horizontalidade na xestión e toma de decisións, igualdade, colaboración, etc. O feito de facernos cooperativa deunos un bo paraugas xurídico, axudounos a proxectar unha imaxe máis seria cara os nosos potenciais clientes e nos deu máis seguridade e confianza persoal. A maiores, facernos cooperativa nos meteu de cheo no interesante mundo da economía social. –  Que proxectos ilusionan a Feitoría Verde neste momento? A finais de 2013 decidimos embarcarnos nunha aventura á que levábamos tempo dándolle voltas: pór en marcha un viveiro de planta hortícola de produción agroecolóxica. Agora xa levamos un ano con este viveiro agroecolóxico en Xián, Vedra, e neste ano tivemos que enfrontarnos a moitos retos e aprende-

mos moitísimo. Comezaremos o 2015 con outros tantos retos vinculados a este proxecto, e con moita ilusión e motivación para seguir aprendendo e facendo que siga mellorando cada día. Para nós tamén ten moita importancia o CIAC (Centro de Interpretación Ambiental de Compostela, no parque de Belvís) xa que é unha plataforma desde a que se poden facer moitísimas actividades ben interesantes, tanto para público adulto como infantil. Estamos tentando darlle máis e máis visibilidade para que a xente saiba onde está e que estamos a facer desde el. Tamén para que a xente sinta cada vez mais ese espazo como propio. A maiores en Feitoría Verde sempre estamos argallando novos proxectos interesantes e dándolle voltas a ideas de proxectos que nos ilusionan e motivan. –  F.V. forma parte da Granxa de Servizos e traballou con MaOs no RuralActivo, como é a experiencia para unha cooperativa como a vosa de traballar en proxectos conxuntos? Para Feitoría Verde é inevitable sabernos nunha rede. Desde os comezos sempre tivemos persoas e entidades ao noso redor que enriqueceron os nosos proxectos e coas que en moitas ocasión fixemos traballos conxuntos. Para nós é importante complementarnos


con entidades ou persoas que aporten coñecementos diferentes aos nosos, para así crear equipos de traballo máis multidisciplinares, cos que poder facer proxectos máis completos. A maiores, para entidades pequeniñas como a nosa, é a maiores a única chave posible de pervivencia no tempo, crear redes, aproveitar a complementariedade, e facer moitas colaboracións cruzadas que nos fagan fortes fronte a grandes empresas que pretenden facer de todo a moi baixos prezos e baixa calidade. –  Ademais da educación ambiental, nos últimos tempos F.V. traballa con forza e con moito éxito no eido do patrimonio. Contádenos un pouco o que estades a facer. Desde o CIAC, cada último sábado de mes facemos un percurso interpretativo pola zona (Parque de Belvís e Brañas do Sar) nos que se tratan tanto elementos do patrimonio material natural e cultural como do patrimonio inmaterial. E xa estamos traballando no deseño dun novo itinerario interpretado que esperamos poder comezar a facer o ano que ven. E actualmente estamos rematando un proxecto en Rinlo (Concello de Ribadeo) no que un grupo de percebeiras e percebeiros deseñan de forma participada un itinerario pola aldea na que traballan mariscando. Ademais do deseño

da ruta, fórmase a este grupo de persoas como guías locais para que sexan elas e eles quen mostre este itinerario interpretado a visitantes de todas as idades. Este proceso abre a posibilidade de crear un complemento profesional para estas percebeiras e percebeiros ademais de dinamizar a zona a través das persoas que a visiten (e, paralelamente, facilitar un recurso turístico sustentable que desconxestione a praia das catedrais).

que son estas persoas as que reflexionan e deciden de forma horizontal e en igualdade. Para nós é unha ferramenta imprescindible para lograr unha transformación social real. –  Como se ve Feitoría Verde nun futuro? Como lle gustaría ser?

E xa estamos comezando a darlle voltas a algún que outro proxectiño que inclúe elementos patrimoniais mais aínda lle temos que dar un pouco de forma. Xa vos contaremos!

Nun futuro gustaríanos ter o invernadoiro agroecolóxico funcionando a pleno rendemento, con plantas hortícolas de boa calidade espalladas por pequenas e grandes hortas de aquí e de acolá.

–  Empregades a participación como ferramenta de traballo. Por que e como é a experiencia?

Tamén nos gustaría poder seguir facendo proxectos de educación e participación ambiental, que sexan interesantes e permanezan no tempo.

Traballar desde a participación é complexo mais moi enriquecedor, xa que incrementa a implicación de todas as persoas que forman parte do proceso, nós incluídas. Un proceso participativo facilita decisións e accións máis duradeiras no tempo, interiorizadas polas persoas ás que máis lles afectan ou máis implicadas están nas mesmas, xa

E gustaríanos poder vivir de todo isto, cunha certa estabilidade económica e unhas xornadas laborais asequibles, que nos permitan conciliar a nosa vida laboral coa persoal. En definitiva, gustaríanos poder seguir traballando do que nos gusta dunha forma sustentable no tempo.

5


é ecolóxica esta mazá? [ T RU CO S PA R A IDENTIFICAR PRODUTOS ECO ]

P

odemos encontrar produtos ecolóxicos en mercados locais de Brión ou Tui, mais tamén en moitas prazas de Nova Iorque, Portugal adiante, en Londres ou en Kansas… Non todos eses mercados son 100% de produtos eco, nin todos os produtos eco está certificados cun selo estilo CRAEGA, e talvez ese produto con certificado eco non sexa tan ecolóxico como parece… Por iso presentamos unha serie de preguntas que vos poden axudar á hora de identificar se nos encontramos ante un produto eco ou non. Estas preguntas son para ser preguntadas, con respecto e amabilidade, non só a quen vende, senón tamén a ti como cliente. Apenas pretenden ofrecerche ideas sobre como identificar se o que imos comer contén agroquímicos ou se provén do outro lado do mundo, por exemplo.

3.  Onde se produciu a mazá?

Antes de comprar, pensemos se realmente precisamos «consumir». Se é que si, continuemos…

A distancia entre o lugar de produción e o de venda implica un transporte: canto maior sexa a distancia, maior será a súa pegada ecolóxica (moi interesante o caso do tomate). É dicir, comprar mazás ecolóxicas mais provenientes doutro continente implica un gasto enerxético excesivo e máis tendo en conta que temos mazás locais, aínda que dependamos da temporada. Esa mazá doutro continente deixou de ser tan ecolóxica polo camiño… Outra cousa é cando falamos de produtos para os cales non dispomos de produción local, como é o caso do café. Nesas circunstancias un bo criterio será o de revisar a necesidade de comprar ese produto ou o de escoller aqueles provenientes do comercio xusto. A orixe é unha información básica que non sempre está dispoñíbel, por exemplo, en moitas tendas.

2.  Quen produciu a mazá?

4.  Como se produciu a mazá?

Normalmente nos mercados podes encontrar todo o tipo de persoa do outro lado do posto de venda. É esa persoa quen plantou as verduras que vende? Se non foi ela, quen foi? Podemos encontrar diversos escenarios: a) esa persoa é a produtora, b) esa persoa á parte dos seus produtos vende tamén produtos doutras persoas da zona ou de produtoras de confianza, c) esa persoa revende produtos doutras persoas ou simplemente revende produtos comprados a distribuidoras. Os casos a) e b) son ideais porque facilitan o estabelecemento dunha relación de confianza e poderás obter respostas a todas as túas dúbidas. O caso c) é o máis frecuente e pode implicar sobrecustos pola presenza de persoas intermediarias entre ti e a produtora

Outra forma de formulala: Botácheslle algún produto? É boa cousa comezar por preguntar se a mazá é ecolóxica ou non e ver o que nos responden. Se non temos nin idea de agricultura non pasa nada, ás labregas e labregos normalmente lles encanta responder dúbidas e preguntas. Lembra que é falar dun produto do seu traballo. Caso te encontrares cunha persoa intermediaria vai ser máis difícil, aínda que existen profesionais

Queres saber que entendemos por produtos ecolóxicos? Podes consultar a definición dada pola Agrobio (Associação Portuguesa de Agricultura Biológica) ou pola Comisión Europea, así como os seus catro principios básicos. 1.  Necesito comprar?

6

e talvez non che garanta un coñecemento a fondo da orixe e forma de produción. Parece recomendábel recorrer aos casos a) e b). Un exemplo interesante de caso b) é a troca entre iguais e de apoio mutuo (evitando distribuidoras intermediarias): produtoras de tamaño e filosofía semellantes que intercambian produtos (unha produtora pode vender aquí mangos de Andalucía provenientes dunha produtora irmá coa que estabelece unha relación de confianza).

Debemos lembrar a importancia dos circuítos curtos de comercialización.


saborosos, económicos e respectuosos cos ciclos naturais de produción da terra. Se os amorodos que encontras en outubro son ecolóxicos, lembra o dito anteriormente: Perdería parte do que ten de eco polo camiño debido ao gasto de transporte? Necesitas de verdade consumir amorodos en outubro? Que tal marmelos, figos, castañas, uvas ou… mazás!? 6.  Podo visitar a túa horta? Se queres crear unha relación de confianza con alguén, nada como visitar a súa horta. Este punto é particularmente útil cando a persoa á que lle compras produtos non ten ningún tipo de certificación (sexa do CRAEGA, sexa participativo) ou se non dispós de referencias suficientes. Atréveste a preguntar se podes ir visitar a súa horta? É bastante probábel que leves unha sorpresa e acollan moi ben a proposta, se é que non che convidan antes. Este tipo de visitas son unha das mellores certificacións posíbeis. O peor que che pode pasar é que che metan o sacho na man!

Recomendamos a revista Opcions, sobre consumo consciente e transformador. Na súa web podes encontrar os números atrasados en versión PDF tanto en catalán como en español. con moita implicación e sabedoría que te poden guiar. Cando non poidas obter respostas, sempre podes guiarte pola certificación que teña o produto e polo criterio de proximidade da produción. En ocasións obterás respostas estilo «non teño o selo ecolóxico mais non lle boto nada» ou «non teño selo mais fágoo todo en ecolóxico»: isto é moi frecuente, tes que ter en conta que ter o selo ecolóxico (certificado outorgado na Galiza polo CRAEGA) cústalle cartos a quen produce e non todo o mundo pode permitirse telo, sobre todo se están a comezar a producir, e tamén poderíamos discrepar deses sistemas (hai alternativas, como os sistemas participativos de garantía). Nestes casos a confianza coa persoa que che vende o produto é fundamental. Abre ben os ollos perante respostas do estilo «é da casa» ou «non leva nada oh». Nesta caso, podes experimentar a preguntar: «e logo non lle botas nada para as pragas? A ver se as leitugas van estar cheas de lesmas». Tipo de resposta correcta: «as lesmas teñen proteínas». Tipo de resposta incorrecta: «un pouco sulfato non mata ninguén».

Se non sabes quen, onde nin como se produciu un produto… vai ser mellor que revises a decisión de compralo! 5.  Estamos en temporada de mazás? Se encontras amorodos en outubro é que pasa algunha cousa especial, xa que estarán fóra de temporada. Só poden vir de lonxe e seren producidos xerando moitos impactos ambientais e sociais. Os produtos de temporada son máis sans,


os grupos de homes [ MICROMACHINHOS. composte l a ]

O

grupo de homens Micromachinhos nasceu em Compostela no final de 2012 por iniciativa dalguns membros da Candidatura do Povo. No entanto, foi de início um grupo autónomo, nom vinculado a qualquer coletivo e com pessoas de diversa procedência.

O objetivo fundamental é trabalhar sobre a masculinidade, a nossa própria e as masculinidades que existem no nosso meio social. Tentamos detetar na experiência particular as marcas do patriarcado e buscar modelos alternativos que nos permitam ser mais felizes a nós e às pessoas com que nos relacionamos.

As nossas atividades externas tentam achegar a nossa experiência como ajuda às transformaçons sociais necessárias para podermos acabar com o patriarcado e as suas lógicas. Entre elas poderíamos citar o nosso próprio blogue (http://micromachinhos.wordpress.com/); a participaçom numas jornadas de formaçom sobre violência machista e de género em Burela, dirigidas a profissionais de saúde; ou um ato o dia 25 de novembro, para manifestar a nossa rejeiçom à violência machista, incluindo a que está em nós enquanto que homens. Este ato consistiu numa queima psicomágica de gravatas, com as que quixemos queimar os nossos próprios machismos e violências, micro ou macro.

Entendemos que como grupo de homens a primeira cousa que devemos fazer é assumir as propostas dos feminismos, questionar a nossa posiçom privilegiada, a nossa tradiçom violenta, a nossa distância com os cuidados, etc. Mas também queremos construir em positivo um espaço em que compartilhar experiências, sentimentos, ideias, sempre sob a premissa da confiança mútua. Que fixemos até agora? Atividades em duas direçons: interna, aprofundar em questons pessoais, ou externa, para darmos a conhecer o grupo e contribuir para a mudança social. Dentro da primeira linha estariam as sessons autogeridas, em que nós escolhemos os temas ou formato, bem como outras para as quais contamos com facilitaçom alheia ao grupo. Para estas últimas contactamos com pessoas de muito caminho no trabalho com grupos de mulheres e uma forte bagagem em lutas feministas, como Tareixa Ledo ou Lola Ferreiro. Para elas o nosso agradecimento polas aprendizagens e os momentos vividos.

8

SEM VIOLÊNCIA DE GÉNERO, MÁIS FELIZES DIA CONTRA A VIOLÊNCIA DE GÉNERO

NA

PRAZA ROXA ÀS 19.OOH

MICROMACHINHOS [grupo de novas masculinidades]


entrevista a

[ C om b a C ampo y G arc í a ]

D

viva. Agochada, desprezada moitas veces polas propias depositarias, pero aínda está aí. E por iso temos tanto interese en facer que se espreguice e saia á luz.

urante este ano, Comba Campoy e MaOs Innovación Social comezamos a traballar xuntas no proxecto A Memoria das Mulleres, un proxecto da Concellaría de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra que nace coa finalidade de construír, de forma colectiva e cooperativa, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres de Pontevedra.

A través desta entrevista queremos darvos a coñecer o interesante traballo que fai Comba no ámbito do patrimonio e, especialmente, aquel ligado á inauguración da exposición da que é comisaria: Barriga Verde, de feira en feira. –  Comba, de onde nace o interese polos títeres e o mundo das feiras? Foi un interese que me contaxiou un amigo, que tamén foi o responsábel de que desde Tintimán Audiovisual produciramos, hai xa catro anos, un documental sobre Barriga Verde e a tradición europea de títeres. Eu facía teatro e interesábame estudar a potencia dos monifates como ferramenta comunicativa das comunidades, polo que me foi moi fácil deixarme atrapar por este mundo, que agora centra boa parte da miña pesquisa. –  Agora mesmo podemos visitar a exposición itinerante Barriga Verde, de feira en feira, da que es comisaria. Como está a ser a acollida? Estamos moi contentas coa resposta do público, tanto a que tivemos en Lugo como agora no Museo do Pobo. As persoas maiores que lembran ter asistido aos espectáculos da barraca

emociónanse, as máis novas amósanse marabilladas coa descuberta. E as máis pequechas pásano ben! –  Non é un tema de masas, foi e é difícil explicar e facer entender este traballo? Como calquera tema que se afaste do mainstream ou das claves da industria cultural, ten que ter unha vida longa e un ritmo máis pausado. Pero no caso de Barriga Verde, o feito de ter constituído un referente cultural na Galiza dun tempo fai que sexa bastante sinxelo recuperar ese potencial e espertar o interese do público. –  As actuacións como as de Barriga Verde polos lugares e festas de Galiza eran moi habituais e moi esperadas. Abandonouse a actividade pero tamén se perdeu a memoria, que só se conserva na xente de máis idade. A que se debeu esta ruptura? Ao proceso de mudanza cultural tan brusco que experimentamos no país no último cuarto do século. No resto de Europa o abandono das formas populares tiña ocorrido moito antes. Aquí temos a vantaxe de que a memoria aínda está

–  Podemos considerar que o traballo que realizas entra no ámbito do Patrimonio Inmaterial, como se traballa con algo que forma parte da memoria e dos coñecementos dunha sociedade? Que ferramentas son para ti máis valiosas? Traballamos con material sensíbel: lembranzas e emocións de persoas vivas; obxectos que avivan memorias e moi pouquiñas pegadas e rexistros daquela expresión cultural. É fundamental contarmos coa implicación activa das persoas, das comunidades, da sociedade en xeral. Por iso é tan interesante traballar no eido do patrimonio inmaterial, porque equivale a dinamizar, a actuar, e permite transformar (ou polo menos, tentalo). –  E como sería para ti traballar neste campo nunha situación ideal para unha traballadora da cultura? Nunha situación ideal entendo que sería posíbel vivir a tempo completo de actividades como a recolla de memorias ou da dinamización dos colectivos historicamente silenciados ou aos que se lle negou a voz. Agora mesmo isto pódese facer de xeito fragmentario, grazas a enerxías voluntarias de moitas persoas, e só mercede a algunhas vontades institucionais. O ideal sería que existise unha política cultural que entendese o patrimonio inmaterial, o patrimonio oral do pobo, como un legado cultural que require ser preservado e coñecido.

9


o agromar das feiras galegas [DEHISTORIA. Historia. Cultura. Patrimonio, s.l.l.]

S

e preguntásemos cal era a principal polémica na Galicia de finais do século XVIII, posiblemente a resposta máis común sería iso que os gobernantes chamaban el arreglo de las ferias de Galicia. Con este termo definíase o debate entre a Real Facenda –que quería ordenar e fiscalizar as mil e unha feiras e mercados do país– e a opinión pública galega desde os labregos ata a Xunta do Reino, que sentían eses espazos como imprescindibles. Este foi un debate longo pero que acabou permitindo os mercados rurais a cambio dun pequeno gravame; unha solución intermedia, que contentou intereses encontrados, crucial para a supervivencia das familias labregas e para a economía do país. A entrada masiva das familias labregas nos mercados foi un suceso prodixioso pola súa intensidade e dinamismo. A finais do s. XVIII había en Galicia case 6.000 días de feira ou mercado. Xunto a feiras consolidadas, como as de Santiago, Padrón, Monterroso ou Mondoñedo, agromaron en todo o país pequenos mercados protagonizados case en exclusiva pola veciñanza. Neles se compraban, vendían ou cambiaban produtos

10

locais xunto a mercadorías traídas de lonxe por arrieiros e mercadores que facían parada de camiño aos grandes mercados urbanos.

acudiron masivamente aos mercados rurais a vender todo o que producían e tamén todo aquilo do que podían privarse.

O crecente empobrecemento das familias labregas é unha das claves do fenómeno. Podían comer –mellor ou peor– do campo pero precisaban moedas para pagar en metálico impostos, rendas forais ou comprar subministracións básicas como roupa, sal, apeiros, etc. Seguiron unha estratexia clara: intensificaron o traballo nas leiras para obter mais colleitas e diversificar a produción, desenvolveron traballos artesáns (cestos, zocas, lenzos, queixos, pan, etc), emigraron por tempadas e, sobre todo,

Contan os documentos que alí onde a veciñanza o precisaba e vía conveniente, armábase un mercado, e canto máis preto da casa, mellor. A el acudían sobre todo mulleres, que levaban ovos, polos, pan cocido, cestos, zocas ou lenzos que fabricaban na casa pola noite, unha pouca fariña, queixos, o gando que non podía manterse… Estas feiras eran, como dicía o Deputado Xeral do Reino de Galicia, imprescindibles para o mantemento do pobo pero tamén para a Facenda pois sen elas non habería vida nin actividade económica. Daquela experiencia naceron a maior parte dos nosos mercados, mais tamén unha parte relevante das nosas artesanías rurais, pois alí onde as subministracións eran máis accesibles, a produción foise especializando. Os queixos e pans, xunto con oleiros, torneiros e zoqueiros, etc. fixeron que a produción saíse fóra do ámbito local e gañando novos mercados e consumidores.


c o m o r e u n i r s e e n o n m o r r e r no intento [ MaOs ]

E

n MaOs reunímonos moito: entre nós, con outras cooperativas, clientela… e facémolo mesmo fóra do traballo, en ou coas amizades para organizar calquera acción colectiva.

Na base deses encontros adoita estar a vontade de escoitar e que te escoiten mais a nosa experiencia di que non sempre se dan as condicións para que unha reunión chegue a bo porto.

Botando man desta experiencia e dalgúns documentos que lemos, creamos un decálogo para que as reunións nos resulten frutíferas. 1. Por que debería convocar/ir á reunión? A reunión debe de ter un obxectivo definido. Ás veces, cando se está inmersa nun traballo complexo, pode resultar difícil precisalo; nesta tarefa é de axuda ter presentes as tipoloxías básicas de reunión (informativa, consultiva, decisoria), sendo posible que algunhas delas convivan. Establecido o obxectivo resultará máis sinxelo saber a quen convocar e incluso que as persoas convidadas avalíen se son as axeitadas. 2. Poñendo orde coa orde do día. Após definir o obxectivo, é importante desagregar os temas que axuden á súa consecución, dando lugar á orde do día. Existen diferentes estratexias para elaborala: a moderadora defínea e acepta suxestións, concrétase na reunión anterior e complétase antes de comezar ou constrúese colectivamente online (con TitanPad, por exemplo). Para definir a data e hora da reunión podemos: definilas na reunión anterior, concretalas vía email ou votar online (con un doodle, por exemplo). Neste caso, é preciso pór data límite

para votar, facer recordatorios e comunicar a todas as convocadas o día e hora elixidas. A orde do día debería enviarse ás persoas asistentes cando menos unha semana antes, indicando obxectivo, lugar, data e hora, lista de convocad*s e toda información pertinente. 3. Pánico ás reunións moi longas. Boa razón para evitar unha reunión é ter o precedente de que son moi longas. Como solución propomos definir ben a hora de comezo e fin. Indo máis alá, mesmo podemos definir o tempo que se vai dedicar a cada asunto. Para evitar que as reunións se alonguen, tamén se recomenda facer reunións de poucas persoas ou prever dinámicas de participación. 4. Quero ir á reunión! Chegadas a este punto, é posible que as persoas queiran a asistir á reunión! Damos algunhas suxestións que poden influír na decisión: ter servizo de gardería, facer pausas para descansar e favorecer a interacción, empregar recursos audiovisuais para refrescar ideas e soster a atención, facer dinámicas de grupo ou programar a reunión seguida dalgunha actividade de lecer, como ir de viños ou facer ou unha excursión. 5. Que levar a unha reunión? O básico: Concentración e preparación para as cuestións tratadas, escoita activa, respecto por outras opinións e claridade e concisión ao falar. Quen modere deberá levar o material preciso (folios, lapis…) e a orde do día, ademais de coñecemento dos asuntos e persoas.

11


voluntariamente, con concreción e brevidade, sen seguir unha quenda definida nin medir o tempo. Con todo, cando o tema tratado levanta paixóns ou se prevé que o grupo non se autorregule, é bo que a moderadora se anticipe marcando quendas. •  Preparándonos para tomar decisións: Para tomar unha decisión é imprescindible saber entre que podemos escoller; ter as diferentes alternativas recollidas nun soporte que todas teñan á vista, como podería ser un encerado, é moi recomendable. Se hai moitas propostas ou opinións distintas, abriríase unha nova quenda de palabra para sintetizar e simplificar. Cando só teñamos 2 ou 3 opcións para elixir poden facerse intervencións en favor e en contra.

6. A coreografía do grupo. A moderadora deberá axudar a conseguir os obxectivos da reunión, de xeito que haberá que establecer un equilibrio entre a dinamización das participantes e o control de palabra: marca a coreografía, o movemento do grupo. É importante decidir con acerto quen asumirá o papel: alguén con pouca implicación no contido da reunión, moderada e con capacidade técnica e humana para levar o grupo (métodos organizativas, dinámicas de grupo, amabilidade e respecto), en grupos reducidos ou de manexo difícil recoméndase rotar neste posto. Un dos seus principais cometidos será corresponsabilizar o grupo para que a reunión se desenvolva correctamente. Axuda comezar a reunión cunha introdución para presentar os temas a tratar, o tempo para cada un, os mecanismo de exposición ou decisión que se van empregar e que se recorde o papel que asume a moderadora. 7. A mecánica das reunións informativas. •  Presentación dos temas e da información fundamental para manexalos. Cando se trate dunha cuestión complexa recoméndase enviar antes ás asistentes un documento explicativo. •  Preguntas aclaratorias. Estas preguntas, xunto coa exposición previa, son a base das reunións informativas. En función do número de asistentes e a formalidade da reunión, poderanse organizar de diferentes xeitos, por exemplo, formulando as preguntas por escrito, organizándoas de seguido e respondendo unha a unha, ou facendo roldas de tres preguntas que se responderán seguidas. 8. A mecánica da consulta e a decisión. •  Presentación do tema e preguntas aclaratorias, como nas reunións informativas. •  Contraste de opinións: As participantes teñen opción de presentar a súa postura. O ideal é que todas poidan intervir

12

•  A decisión do grupo: Pode tomarse unha decisión mediante a negociación entre as diferentes posturas expostas. Cando non se chega a acordo despois dun tempo amplo de negociación preséntase a alternativa da votación, a man alzada, de forma nominal ou secreta. Moitas veces decidir significa tamén concretar quen executarán a tarefa, o prazo, etc. Hoxe en día podemos probar novos sistemas para a toma de decisións, como o Scrum póker. 9. Sacar temas conflitivos nunha reunión. Non hai que evitar os temas conflitivos pero si evitar a discusión en favor do debate, o cal resulta complicado na práctica, polo que expomos algúns trucos para axudar a resolvelos ou actuar ante eles: •  Sacarlle a máscara ao conflito: Obxectivar o problema, facelo consciente para todas as persoas e permitir que acheguen as ideas, intereses, etc., que se opoñen ou enfrontan. •  Ver se é importante e/ou posible resolvelo na reunión: Analizar a orixe ou causa do conflito e de que xeito repercute no noso traballo ou organización. Poderemos avaliar se tentar resolvelo no momento, nunha reunión específica, solicitar a opinión ou a mediación de terceiras persoas, buscar arbitraxe externa, recoller e analizar nova información, etc. •  Queremos resolver na reunión: Neste punto é útil aplicar a técnica consultiva sobre posibles solucións e ter moi presente que coa decisión descartamos unhas opcións en favor doutras. Arranxámolo por negociación ou votación? A negociación é a maneira máis eficaz de superar un conflito mais, como se indicou antes, cando non chega a bo porto haberá que elixir a solución maioritaria e, polo tanto, solicitar a votación. •  Pechar o conflito: Após tomada unha decisión, apróbase aplicalo e apoialo unanimemente. 10. Pechar ben a reunión. A persoa encargada de tomar nota do acontecido na reunión deberá elaborar unha acta coas conclusións e acordos que se tomaron. A acta debe enviarse a todas as persoas que participaron nela e poderán aprobar ou solicitar a súa modificación.


a participación: medio ou fin? medio e fin [Miguel

Pardellas Santiago]

Por que Participación? Por que máis Participación? Nas últimas décadas, o protagonismo adquirido pola Participación, como substantivo (participación social, participación ambiental, etc.) ou como adxectivo (democracia participativa, orzamentos participativos, etc.) non deixou de aumentar. Semella que na actualidade, a Participación converteuse nun «lugar común», non só no marco dos movementos sociais senón tamén en discursos, declaracións de intencións, programas e/ou proxectos sociais de administración, organismos internacionais e mesmo en determinados sectores do mundo empresarial. Nun contexto como este, cabería preguntarse o porqué deste protagonismo; será que aos técnicos e políticos lles apetece falar máis coa xente?, ou é que resulta unha palabra bonita para acompañar calquera proposta?, é que non é dabondo votar cada catro anos? Son moitas as voces que afirman que no contexto da globalización, as institucións democráticas e as organizacións directamente ligadas a elas –partidos e sindicatos, fundamentalmente– contan cada vez cunha menor capacidade de influencia na actividade económica empresarial, todo o contrario que as grandes corporacións transnacionais, cada vez cunha maior variedade e contundencia nos seus mecanismos de presión ás institucións. Como consecuencia, as institucións democráticas foron perdendo lexitimidade diante do conxunto da sociedade. Curiosamente, este proceso de globalización que está propiciando a desacreditación do estado como regulador do escenario económico mundial, non se produciu en contra ou a pesar dos estados e as organizacións parellas, senón co seu apoio. A ob-

sesión por incorporarse á mundialización económica levoulles a xogar un papel decisivo na acumulación de capital das grandes transnacionais a escala global e a garantir a subordinación e incorporación das súas propias economías aos fluxos globais. Chegado este punto, poderíamos preguntarnos se nos atopamos fronte a unha crise da democracia, da democracia representativa na que se sustenta o modelo de estado tradicional, cando menos. Á vista do contexto socioeconómico, na nosa opinión a resposta non pode ser máis que afirmativa. As respostas ás crises En aparente contradición co crecente aumento dunha cidadanía pasiva que «consente» a perda de capacidade de decisión a través do debilitamento das institucións, atopamos como resposta un heteroxéneo conxunto de persoas e colectivos que reivindica novas formas de goberno que dalgunha forma poidan erixirse como alternativas –e posibles solucións– á crise democrática. Alternativas que poderíamos agrupar ao redor de tres posturas: •  Postura reformista: as reivindicacións dunha maior participación da cidadanía son respectables. É necesario facer algúns cambios para mellorar o modelo democrático actual e «reparar» así os seus erros. •  Postura renovadora: non se trata de mellorar o que xa funciona, ou corrixir desviacións, senón de xerar cambios estruturais e complexos que poidan articular unha alternativa ao modelo de sociedade existente.

13


en conta os déficits democráticos de moitas das nosas administracións–, pero non deixan de ser pasos intermedios que, en ningún caso poden supoñer a utilización terxiversada do capital social dunha comunidade. O impulso de procesos participativos pode e debe ser un labor fundamental dos movementos sociais que, a través da interlocución directa coas comunidades locais constrúa –con ou sen as administracións– espazos participativos nos que crear colectivamente alternativas ás crises.

•  Postura radical: a participación cidadá preséntase aquí como unha estratexia de defensa local á marxe do sistema, coa que facer fronte aos diversos procesos de globalización política uniformadores. Cómpre alertar que a definición destas tres posturas non é máis que unha simplificación teórica dunha realidade moito máis complexa onde a utilización de estratexias reformistas, renovadoras e radicais pode compatibilizarse en virtude de públicos e escenarios. A implicación directa das persoas no coñecemento, valoración e prevención de problemas –ambientais, sociais, económicos– preséntase coma o obxectivo principal, buscando alternativas aos procesos convencionais de toma de decisións, é dicir, buscando novas formas de xestionar e novas formas de decidir. A posta en marcha de procesos participativos pode contribuír a unha mellor resolución dos problemas ambientais –hai máis cabezas pensando...–, ao tempo que se reforza a cohesión social das comunidades participantes, entre outros efectos positivos. Mais cómpre ter boa conta do que facemos e no que participamos. A día de hoxe son moitas as administracións que impulsan procesos pretendidamente participativos; procesos que se limitan a ser exclusivamente informativos –procesos nos que a administración se limita a proporcionar información sobre as decisións e accións a desenvolver ou desenvolvidas– ou, nalgúns casos, consultivos –nos que a administración recolle as necesidades e propostas da poboación–, o que axudará, teoricamente, a orientar máis axeitadamente as súas decisións. Non cabe dúbida de que estes procesos significan, en maior ou menor medida, avances importantes –sobre todo si temos

14


[Carme Campo, trabalhadora do Museo do Pobo Galego e professora de baile na Gentalha do Pichel]

que género de baile queremos?

N

a cultura tradicional, o baile vivenciou-se como a reaçom, a expressom espontánea do nosso corpo ante um ritmo, umha cadência, umha melodia... Bailamos porque si, porque nos peta e nos dá a gana e bailamos, principal e secularmente, porque, quer a nível individual quer a nível social, precisamos de comunicar-nos; o baile forma parte da expressom corporal como indivíduos mas também é expressom da cultura coletiva de que fai parte. Juntarmo-nos na cozinha com as visitas a parolar e tomar café, ainda que a sala da casa tenha aquecimento e seja igual de quente que a cozinha. Sairmos ao campo com as pantufas dentro das galochas, ainda que o plástico destas nom se poda comparar à dureza da madeira das socas. Que a vizinha venha com o leite recém mugido numha garrafa reciclada de CocaCola de 2 litros. Irmos bailar ao seram ou ao filandom, ainda que ninguém saiba muito bem o que significam essas palavras, pois os trabalhos que davam lugar a essas juntanças já quase nom se fam... Todas estas pequenas histórias, com que dalgum jeito nos identificamos, formam parte da nossa cultura, das mudanças que desenvolvemos para adaptar-nos ao lugar onde vivemos. Assim, umha das definiçons de cultura diz que é o conjunto de ferramentas que articulamos para viver melhor no lugar que habitamos. Estas histórias exemplificam que a cultura é, essencialmente, umha constante adaptaçom dos nossos costumes às necessidades, demandas e realidades que vam surgindo ao longo da nossa história e portanto a cultura tradicional é susceptível de ser peneirada através da abertura, da permeabilidade e do dinamismo.

O baile, como parte desta cultura coletiva estivo ao longo da história aberto a mudanças: novos jeitos de bailar, novos ritmos, novos passos e novos espaços fôrom conformando o que aprendemos a bailar na atualidade: bailamos moinheiras, embora nom seja no moinho, bailamos chótis ainda que os nossos passos retenham poucas reminiscências dos schottisch centro europeus, bailamos rumbas sem o sotaque caribenho... É visível que muitas mudanças afetaram a nossa cultura e o nosso baile, mas se repararmos há algo que permanece impertérrito em ambos: a perpetuaçom da desigualdade entre géneros. De forma secular homens e mulheres fomos ocupando lugares diferenciados na cultura, existindo no espaço público da forma desigual, sendo a mulher relegada às esferas privadas; dividindo os trabalhos por géneros e criando a imagem coletiva de debilidade e incapacidade ante certos labores normalmente relacionados com a força; menospreçando o que se atribuiu como conhecimento feminino; controlando a sexualidade, convertendo o nosso corpo em fonte de reproduçom de força de trabalho; obviando-nos na hora de palavrar as cousas... O baile como ferramenta de comunicaçom da cultura, perpetua a interaçom desigual na mesma. Nom todas as pessoas comunicam igual a partir dele, e nom porque nom queiram ou nom lhes pete ou dê a gana, senom porque assumimos a mensagem cultural enviada baile após baile: o homem é quem sobressai, é quem guia, é quem decide, a mulher observa, assume e acata. Assim, ante o desenvolvimento de qualquer baile, na maioria dos casos vemos que um género está por cima do outro: na maioria dos casos o homem tem umha atitude ativa e decisória enquanto a mulher segue as direçons emitidas por este de maneira submissa: o homem começa a bailar, salta mais, inicia o ponto, corta-o e normalmente continua assim todo o baile, bem ele ou bem outro homem colocado à par. Aliás, quando nos situamos em filas de homens e de mulheres enfrentadas, nom é umha ocupaçom do espaço casual e inocente, estamos transmitindo umha norma sexual: o par é o formado polo homem e a mulher, e estamos tirando da norma quem quiser formar outro par, principalmente se se tratar de dous homens, pois o sexismo também se encontra aqui. Aprendemos desde nenas que a dança é umha actividade «feminina». O baile está a ser reflexo da cultura de que forma parte, umha cultura patriarcal e heterossexista, onde o diálogo entre géneros nom se baseia na igualdade: sempre umha voz pesa mais do que a outra, um corpo visualiza-se mais do que o outro, o par homem-mulher é o normalizado.

15


Quando vemos a representaçom dum baile tradicional em cima dum cenário este esquema sempre se repete mas, na minha opiniom, o mais preocupante é que estamos a levar este mesmo esquema à nossa realidade, ao momento espontáneo onde nom reproduzimos um espetáculo senom a expressom natural com o nosso corpo. Entramos aqui na contradiçom: sustemos a essência do baile divertindo-nos e expressando-nos perante a música com o corpo mas nom revemos se em pleno século XXI queremos continuar a reproduzir esquemas desigualitários, machistas e heterossexistas. Nós, como partes ativas nas reviravoltas da nossa cultura, tivemos e temos o papel de rever essas ferramentas da cultura que nós mesmas criamos e temos a obriga de modificarmo-las, de

voltar mais umha vez a adaptar todo aquilo de que nom gostarmos, tendo em conta que essa adaptaçom tem de partir da revisom crítica do que fomos, do que somos e do que queremos ser. Por isso é necessário repensarmos a maneira em que mantemos o baile tradicional e, quando estivermos numha festa, todas e todos começar pontos, voltas ou passeios que nos levem por este caminho da adaptaçom à cultura que queremos: umha cultura igualitária criada desde umha sociedade em igualdade. Dizia Emma Goldmam que umha revoluçom em que nom se pudesse bailar nom seria a sua; agora podemos dizer que umha revoluçom em que nom podamos escolher como queremos bailar, nom será a nossa.

open source democracy [ José Ramom Pichel, director de I+D de

H

á uns anos procurava alguém que estivesse pensando na relação entre o software de código aberto (Open Source) e a democracia, e encontrei o livro de Douglas Ruskoff chamado «Open Source democracy: How online communication is changing offline politics». O título é um bom resumo de como a política online começa a substituir a offline. Casualidades, um ano antes, tinha perguntado numa mesa redonda no que falavam diferentes representantes de partidos políticos galegos uma questão relacionada: «Pensades que a gente nova, acostumada a decidir e comunicar horizontalmente nas redes sociais, é capaz de entender que se precisam intermediári@s verticais na política para tomar decisões que lhes afetam diariamente?» A resposta derivou na importância de relacionar partidos políticos com as redes sociais e a necessidade desse diálogo fluido entre governantes e governados.

imaxin|software ] E evidentemente é necessária esta relação, mas talvez já não chegue com isto. Se calhar para as pessoas com hábitos de cultura digital já não é possível conceber uma geografia relacional baseada em relações desiguais, mas em relações baseadas nos liderados efémeros. Estamos a presenciar como vai desaparecendo uma sociedade baseada na ligação catódica (ainda hegemónica) frente uma sociedade baseada na ligação espasmódica (que começa a disputar a hegemonia).

Revista MaOs nº0. Decembro de 2014, Santiago de Compostela.

Coordinación: MaOs Innovación Social, S.Coop.Galega Diagramación: Fran Amexeiras Deseño: Miguel Durán Impresión: Sacaúntos

16

A primeira, baseada em receber a realidade já digerida através de televisões, rádios e jornais, sem arestas, um açúcar em forma de cubo para uma digestão rápida. A segunda, uma sociedade que gera certezas e incertezas ao mesmo ritmo de um espasmo, numa carreira de velocidade pola atenção das massas. A primeira um planeta de consumidores de opiniões. A segunda uma galáxia de consumidores e produtores de opiniões. A primeira um planeta de crentes com medo a perder espaços e tempos. A segunda uma galáxia com medo a perder velocidades. A primeira talvez acredite que a democracia online acaba nas votações de quem vai ganhar Eurovisão. A segunda talvez acredite que a democracia offline é uma visão velha para Europa. Provavelmente, a solução será polo meio: uma democracia digital direta de código aberto, que pense que a codecisão online/offline é uma arma carregada de futuro. Como a poesia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.