Dossier previo Emoticores de Las Tricotouses

Page 1


Emoticores é a nova proposta de danza de Cristina Montero & Rut Balbís, Las Tricotouses, para o público máis novo, concretamente para rapazas e rapaces de segundo ciclo de primaria (8-12 anos). O espectáculo nace a través da selección da compañía para o programa didáctico do Teatro Principal de Compostela dirixido a centros educativos no mes de Xaneiro de 2016, onde se presenta a peza (nese momento con duración de 30 minutos) complementado cunha unidade didáctica que as coreógrafas realizan nos centros participantes. O espectáculo completo está disponible para o segundo semestre de 2016.


Creación e interpretación Cristina Montero & Rut Balbís Iluminación Afonso Castro Vestiario Teresa Gutiérrez Arranxos musicais Jas Processor Asesoramento psicolóxico Paula Pintos Unidades Didácticas Cristina Montero, Rut Balbís & Paula Pintos Produción, distribución e fotografía Manu Lago Próximamente..... www.lastricotouses.eu


COR e PSICOLOXÍA Ao igual que os adultos, os rapaces necesitan espazos onde recoñecerse e expresarse afectiva e emocionalmente. É importante que a escola proporcione estos lugares de contacto e de expresión e así, camiñar cara un modelo educativo máis integrador, humano e creativo. Neste sentido, o traballo coas cores preséntase como excelente ferramenta para ilustrar e recoñecer aqueles espazos emocionais que precisan ser expresados e atendidos. As cores, as formas, o movemento... son a linguaxe do inconsciente onde reside o emocional, onde ás veces non chega a palabra. A concepción do espazo escénico está basado no traballo coas cores a través da iluminación, para conseguir unha estética sinxela que ao mesmo tempo sexa visual e atractiva para as nenas e nenos. PROPOSTAS PEDAGÓXICAS Ademáis da exhibición do espectáculo ofrecemos tres propostas pedagóxicas: -Programa pedagóxico para centros educativos. -Obradoiros familliares para todos os públicos. -Charlas, coloquios e xogos escénicos.



CONTACTO Cristina Montero 626 56 29 86 Rut BalbĂ­s 607 64 28 29 Manu Lago 607 18 62 24 lastricotouses@gmail.com www.lastricotouses.eu


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.