Viveiros

Page 1

“Catro pinceladas sobre os viveiros�


¿Que é un viveiro de plantas? Un viveiro é un conxunto de instalacións que ten como propósito fundamental a produción de plantas. Este tipo de infraestrutura constitúe o mellor medio para seleccionar, producir e propagar masivamente especies útiles ó home.


Plantas novas fráxiles e vulnerables... Independentemente da orixe dunha planta, xa sexa a partir dunha semente, dun segmento ou por cultivo de tecidos, os primeiros días de vida son os máis críticos para a súa supervivencia. Co propósito de lograr que un maior número de plantas sobreviva a esta etapa utilízanse instalacións especiais nas que se manexan as condicións ambientais axeitadas e proporciónanse as condicións de crecemento máis favorables para que as novas plantas continúen o seu desenrolo e adquiran a fortaleza necesaria para transplantalas ó lugar no cal pasarán o resto da súa vida. Por isto, o deseño dun viveiro é un aspecto fundamental para chegar a obter plantas listas para a súa sementeira.


“Home precavido vale por dous” A produción de plantas en viveiros permite previr e controlar os efectos dos depredadores e de enfermidades que danan ás plántulas na súa etapa de maior vulnerabilidade. Grazas a que se lles proporcionan os coidados necesarios e as condicións propicias para lograr un bo desenvolvemento, as plantas teñen maiores probabilidades de supervivencia e adaptación cando se lles transplanta ao seu lugar definitivo.


A necesidade de investigar... Debido aos fortes problemas de deforestación, á perda de biodiversidade e á gran necesidade de reforestar, os viveiros poden funcionar non só como fonte produtora de plantas, senón tamén como sitios de investigación onde se experimente coas especies nativas de interese, coa finalidade de propiciar a formación de bancos temporais de germoplasma e plántulas de especies nativas que permitan a súa caracterización, selección e manexo. Isto permitirá deseñar, coñecer e adecuar as técnicas máis sinxelas para a propagación masiva destas especies. Ademais, os viveiros tamén poderían ser sitios de capacitación de onde xurdisen os futuros promotores destas técnicas.


Según a finalidade: viveiros temporais ou permanentes Viveiro temporal ou volante

Viveiro permanente

Establécese en áreas de difícil acceso, pero están moi próximos ás zonas onde se realizará a plantación; a súa produción predominante é a de plantas forestais. Xeralmente sitúanse en claros do bosque e traballan por períodos curtos (de 2 a 4 anos cando moito) e intermitentes, xa que a produción debe coincidir coa tempada de chuvias. Para o seu funcionamento requírese pouca infraestrutura e o investimento é baixo. A súa desvantaxe radica en que, como están situados en áreas de dificil acceso, non son doados de vixiar e polo tanto a produción queda máis exposta a danos por animais. Ademais, polas súas características de infraestrutura, só poden implementarse en zonas de bosques mornos e selvas húmidas.

É a extensión de terreo dedicado á obtención de plantas con diferentes fins (reforestación, froiteiras e ornamentais), xa sexa en áreas rurais ou centros urbanos. A súa instalación require un investimento maior en equipo, man de obra e extensión do terreo, e debe contar con vías de acceso que permitan satisfacer oportunamente a demanda de plantas. As vantaxes dun viveiro permanente: ● Establécese nos mellores sitios ● Capacitación do persoal constante ● Facilita a mecanización ● Mellor control na organización, execución,rendemento, optimización e concentración de recursos. ● Mellor calidade de plantas


Criterios para o emplazamento dun viveiro A mala elección do sitio onde se establece o viveiro repercute directamente nunha baixa calidade da produción de plántulas, o que se reflectirá posteriormente nunha alta mortalidade da plantación. Por iso é fundamental a selección do sitio onde se establecerá o viveiro. As condicións do sitio son máis determinantes cando a produción obtense a raíz desnuda. Cando a produción se fai por medio de envases de crecemento é importante considerar factores como: ● Situación, drenaxe e sólo do viveiro ● Abastecemento de auga e calidade de auga de rega ● Climatoloxía


Construcción do viveiro Unha vez que se elixe o terreo onde se construirá o viveiro iníciase unha serie de actividades relacionadas coa instalación e construción da infraestrutura necesaria para o seu funcionamento. Estas actividades, varían en función do tipo de plantas que se desexa propagar e dos recursos económicos dispoñibles. Basicamente o viveiro debe contar coas seguintes instalacións: viveiros, área de envasado, platabandas (estruturas que sombrean ás plantas), lotes de crecemento, adega, equipo e infraestrutura de rega, umbráculo, invernadeiro de policarbonato, invernadeiro de cristal, embalse, terreno de cultivo ó aire libre. E pode ter, no caso de ser máis complexo: laboratorios, lisímetro de pesada, estación meteorolóxica e parcelas experimentais.


Métodos de cultivo Antes de iniciar a sementeira de sementes no viveiro é preciso ter claro cal é o método de cultivo que se usará, pois a súa elección está directamente relacionada co seu desenvolvemento e manexo, tanto no viveiro coma nos sitios de plantación. Os métodos de cultivo en viveiros divídense en: ● Cultivo a raíz nua ● En camas de crecemento (camellones) ● En cepellón ● En envases de crecemento (utilizando recipientes de gran variedade de materiais e dimensións)


Características do cultivo de plántulas para viveiro con uso de “envases de crecemento” en comparación co método de cultivo “a raíz desnuda”


Cómo tratar e coidar das criaturas... Para cultivar en viveiro débese ter especial coidado durante a sementeira, o transplante e o crecemento inicial das plántulas. Tamén serán importantes a rega, o desherbe, a xestión de pragas e enfermidades e o manexo das tallas axeitadas

1. Sementeira das sementes A sementeira realízase basicamente en viveiros, camas de crecemento ou en envases individuais. Cando se elixen envases individuais para a sementeira débese escoller un bo medio de xerminación e crecemento. Existe gran variedade e cada un ten diferentes características. En gran parte, o éxito da sementeira depende da linaxe ou calidade do lote de sementes, da época e profundidade en que a sementeira se realice e da densidade de sementeira. A época de sementeira determínase segundo as características propias das plantas que se queiran propagar, o clima da rexión e a época en que se desexe realizar a plantación. Recoméndase que a sementeira se realice durante a primavera ou un pouco antes, cando non se presentan riscos de xeadas; ademais, as temperaturas cálidas favorecen a xerminación e o crecemento das plantas. Se os invernos son benignos ou as especies por cultivar son resistentes ás baixas temperaturas, a sementeira pódese facer en outono, para que as sementes xerminen antes dos fríos e as plántulas logren alcanzar unha talla que lles permita soportar o inverno.


2. Transplante O transplante efectúase rapidamente despois da xerminación, en canto se desenvolven algunhas follas ou agullas. Dende calquera punto de vista é preferible realizalo prematuramente, pois así garántese unha boa recuperación e elimínase a posibilidade da detención pasaxeira do crecemento (crise do transplante). Tamén axuda a colocar verticalmente á raíz nova na terra sen curvala e sen que se danen as raiciñas. As plántulas transplántanse a camas ou envases dous ou tres semanas despois da xerminación, aínda que o tempo pode variar ata cinco semanas, dependendo da especie. Como regra xeral, isto débese realizar cando a plántula se está a desenvolver a expensas dos cotiledóns ou follas cotiledonarias e as raiciñas laterais non se desenvolveron, pois unha vez que aparecen as follas verdadeiras e raíces laterais o transplante pode resultar prexudicial para elas. O obxecto do transplante será: ●

Diminuíla competencia que existe na sementeira Aumentar o espazo vital entre as plantas novas Desenvolver o sistema radicular (particularmente as raiciñas máis finas) Favorecer o acceso aos elementos nutritivos Formar moitas ramificacións radiculares.


3. Crecemento inicial das plántulas Despois da sementeira e o transplante preséntase un período crítico no viveiro durante o cal as sementes e as plántulas son vulnerables aos factores do ambiente e aos diversos depredadores e patóxenos. Por iso deben extremarse os coidados nos viveiros, camas e envases de crecemento, pois pola contra se presentan perdas cuantiosas neste período. Por exemplo, se as condicións non son as apropiadas para a xerminación das sementes e a estas non se lles brindan os coidados necesarios, pode ser que non xerminen ou que sexan atacadas por depredadores e enfermidades, que continúan sendo un problema aínda despois de que as plántulas emerxeron. Así mesmo, a presenza de malas herbas pode afectar o seu ritmo de crecemento, e ata provocar a súa morte, ao competir con elas por auga, luz e nutrientes. Para diminuír os riscos na produción débese coidar a rega, o desherbe, a aparición de pragas e enfermidades e débese seleccionar que a talla das plantas producidas sexa a axeitada.


4. A rega A rega é moi importante debido a que a perda excesiva de humidade do chan ocasiona que as sementes se sequen e se perdan os beneficios obtidos co tratamento prexerminativo, xa que a xerminación se reduce considerablemente. Tamén hai que coidar a presión da auga, pois se é moita ou cae directamente sobre as sementes pode ocasionar que se desenterren e queden expostas, o que provocaría o seu desecamento. Por outra parte, o exceso de humidade promove o decaemento da xerminación pola incidencia do mal do viveiro (damping-off) e por outros axentes patóxenos. É importante recalcar que os regos non deben aplicarse nas horas de maior incidencia de calor, porque isto aumenta considerablemente a evapotranspiración e provoca lesións nas plántulas e mesmo a súa morte. Aínda que as temperaturas do chan consideradas como críticas varían segundo a idade e a especie, está comprobado que o dano acontece con máis frecuencia en plantas novas. Cando se presentan temperaturas críticas no viveiro, a intensidade e a frecuencia axeitada dos regos é variable e depende parcialmente do tipo de chan. O sombreo evita unha excesiva insolación, pero cando as temperaturas superficiais do chan excedan os 30°C, unha axeitada aplicación do rego regula a temperatura


5. Desherbe O desherbe manual ou mecánico evita problemas de competencia por luz, auga e nutrintes, polo que ademais de eliminar as malas herbas é importante ter coidado co número de plántulas que emerxen das bolsas nas que se sementaron dous ou tres sementes, en cuxo caso se suxire que soamente se manteña a planta máis vigorosa e se eliminen as restantes. O desherbe con herbicidas trae consigo riscos tanto para o cultivo coma para o ambiente, polo que se debe ter moita precaución.

6. Manexo das tallas axeitadas O éxito no establecemento das plantas nas zonas que se desexa plantar depende en boa medida do seu vigor e tamaño, así como da época do ano en que se realice o transplante. Así, para que un viveiro produza as tallas requiridas para a plantación é necesaria o planeamento e organización, de todos os traballos relacionados na produción de plantas. Cando a produción se fai en camellones a estancia no viveiro é maior que cando se fai por envases de crecemento.


7. Pragas e enfermidades Unha das enfermidades máis importantes é o "mal do viveiro" ou “Damping-of” ou tamén chamado “marchitamento do Phythium”. E o método que máis se emprega para eliminar o fungo que o produce é a fumigación. Unha opción para evitar o uso de funxicidas é cubrir as sementes cunha capa de area de 5 cm de espesor, que favorece a redución da humidade arredor da semente e incrementa a temperatura na superficie do chan. Debido a que o "mal do viveiro" é un problema constante nos viveiros recoméndase efectuar revisións continuas no cultivo, co propósito de detectar oportunamente a súa presenza ou a dalgunha outra enfermidade. Deste xeito pódese prescribir e aplicar inmediatamente o tratamento axeitado e evitar a perda significativa de plantas.


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.