Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Page 72

Software Libre na aula 2.0

Software Libre na administración

Software Libre e a comunidade

Para as sesións contarase con membros das tres universidades galegas, con profesorado da comunidade galega e diferentes persoas relacionadas co software libre e o ensino a nivel nacional. O público obxectivo son: •

Docentes das distintas etapas educativas.

Xente que se está a preparar para ser docente.

Alumnos/as da universidade.

Profesores e investigadores das universidades.

Xente con interese no mundo do FLOSS.

Todo aquel que queira asistir. A entrada é libre.

Estímase unha asistencia de 100 – 150 asistentes. En función da dispoñibilidade orzamentaria realizaríase a gravación das conferencias durante os dous fins de semana. En principio só se gravarían as conferencias maxistrais, quedando excluídos os obradoiros. De ser posible esta gravación, os vídeos serían liberados e subidos a plataforma que se considere oportuno para o mellor aproveitamento da comunidade. Duración e datas estimadas. O evento durará dous fins de semana cunha sesión de 3 - 4 horas o venres pola tarde e de 7 - 8 horas o sábado ao longo do día. Estas sesións poderían verse aumentadas nunha sesión de 3 - 4 horas o venres pola mañá exclusivamente para o alumnos/as da universidade. A data prevista para a celebración do encontro é o mes de Outubro, na Universidade de Santiago de Compostela. 7.8.2.2.

Obradoiro Install Party da Ubuntu-USC

Descrición. Evento dirixido aos estudantes de 1º curso do grao de Enxeñería Informática, no que os asistentes aprenderán como se instala a distribución de GNU/Linux Ubuntu-USC nos seus computadores e o máis importante, o metapaquete que lle instala todo o software que van a empregar na carreira. Realizarase en colaboración coa OSL-USC. O curso realizarase nunha das aulas de informática da ETSE e será eminentemente práctico. Aos asistentes entregaráselle unha copia da distribución de GNU/Linux adaptada á universidade pola OSL e que está instalada en todos os ordenadores das aulas de informática da ETSE. Evento que se realiza todos os anos. Estímase unha participación de 30 asistentes. Duración e datas estimadas.

Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Páxina 72 de 115


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.