Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Page 5

1.INTRODUCIÓN 1.1. Estratexia en software libre e de fontes abertas A promoción, difusión e fomento da utilización de tecnoloxías baseadas en “Software Libre” (SwL) ou “Software de Fontes Abertas” (SFA) máis alá de ser unha tendencia na Administración Pública, é considerada estratéxica por parte do Goberno da Xunta de Galicia. Tendo en conta a transversalidade inherente destas políticas, é preciso definir unha estratexia ben enfocada para garantir o maior retorno posible. Unha primeira aproximación a este tema pasa por definir e acoutar que se entende polos termos de software libre e de software de fontes abertas, en particular orientado ao que se denomina a reutilización da información no ámbito do público. Deste xeito, a Free Software Foundation1 define o Software Libre como unha cuestión relativa á liberdade dos usuarios para executar, copiar, distribuír, estudar, cambiar e mellorar o software, garantindo que os usuarios teñan as seguintes 4 liberdades esenciais: •

Liberdade 0: a liberdade de executar o programa, para calquera propósito.

Liberdade 1: a liberdade de estudar como funciona o programa, e de poder modificalo para que faga o que se desexe. O acceso ao código fonte é unha precondición para ter esta liberdade.

Liberdade 2: a liberdade de redistribuír copias do programa.

Liberdade 3: a liberdade de redistribuír copias da versión modificada que puideches facer do programa orixinal.

No tocante ao Software de Fontes Abertas, segundo a definición que fai CENATIC2 (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC Baseadas en Fontes Abertas), pódese determinar que “software de fontes abertas (do inglés Open Source Software) é o termo co que se coñece ao software distribuído e desenvolvido libremente.” Así, a idea subxacente detrás do “Open Source”, é que cando os usuarios poden acceder, modificar e redistribuír o código fonte dun programa, este evoluciona, desenvólvese e mellora, os usuarios adáptano ás súas necesidades e corrixen os seus erros de forma máis sinxela. Debido ao debate que sustenta a utilización dos conceptos “software libre” ou “software de fontes abertas” e que provoca división ideolóxica entre os seus defensores e detractores, neste documento utilizarase o termo FLOSS, acrónimo de “Free/Libre/Open Source”, é dicir, “software libre e de fontes abertas”, proposto pola Comisión das Comunidades Europeas para non entrar neste debate. A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) para definir unha estratexia axeitada de difusión, promoción e fomento do FLOSS, é consciente da existencia dun amplo abano de diversas cuestións que deben tratarse en profundidade e terse en consideración 1

www.fsf.org

2

www.cenatic.es

Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Páxina 5 de 115


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.