Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Page 26

4.2. Colaboración con outros organismos de promoción do FLOSS

4.2.1.

Incorporación ao padroado de CENATIC

Desde a Xunta de Galicia, en liña co espírito colaborativo inherente ao FLOSS, considérase imprescindible promover a colaboración con outras comunidades de FLOSS como pode ser MORFEO, así como outras iniciativas da Administración como é a Fundación CENATIC, e o proxecto APORTA promovido pola Secretaría do Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da información, a través de Red.es, CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) baseadas en fontes abertas) é unha Fundación Pública Estatal, promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio (a través da Secretaría de Telecomunicacións e para a Sociedade da información e a entidade pública Red.es) e a Junta de Extremadura, que ademais conta no seu padroado coas comunidades autónomas de Andalucía, Aragón, Asturias, Cantabria, Cataluña, Illes Balears e Pais Vasco. Tamén forma parte do padroado de CENATIC as empresas Atos Origin, Sun Microsystems, Bull, Telefónica e Gpex. Os obxectivos de CENATIC son: 1. Ordenar e vertebrar a oferta no sector, promovendo a colaboración entre empresas, e cos centros de investigación. 2. Contribuír á adecuada valoración e percepción das tecnoloxías baseadas en fontes abertas. 3. Demostrar o valor desta tecnoloxía ás Administracións Públicas e ás empresas, a través de proxectos concretos, e transferir ao sector o coñecemento adquirido. 4. Certificar a tecnoloxía baseada en estándares abertos, e capacitar aos recursos humanos do sector, aos usuarios, e aos responsables tecnolóxicos das administracións públicas. 5. Observar e difundir a realidade do FLOSS en España e a nivel internacional. 6. Apoiar á empresa local e á Comunidade de Desenvolvedores, como elementos fundamentais para o desenvolvemento do sector. 7. Prestar asesoramento xeral sobre aspectos xurídicos, tecnolóxicos e metodolóxicos máis adecuados para a liberación do software e o coñecemento. 8. No ámbito internacional, seleccionar proxectos de interese para a súa aplicación na sociedade española e contribuír a posicionar a España como referencia no ámbito do FLOSS. O Proxecto Aporta é unha iniciativa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, enmarcada no Plan Avanza 2, que pretende promover a creación dunha “Cultura de Reutilización da Información” no ámbito da Administración Pública española e en particular do SW desenvolvido con fondos públicos. Axentes implicados

SXMIT, Oficina de Coordinación

Custo

65.000 € (Cota anual)

Plan de Acción 2010 en materia de software libre e de fontes abertas

Páxina 26 de 115


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.