A revista Nós

Page 1

SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO

11 de Decembro de 2011

A revista Nós O verdadeiro heroísmo está en transformar os desexos en realidades e as ideas en feitos. (Alfonso Daniel Rodríguez Castelao)

1


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO

11 de Decembro de 2011

Unhas primeiras palabras… (Por Uxía Fernández) O outro día chamoume o editor deste xornal ó seu despacho. Intentando adiviñar o que quería dicirme comecei a morderme as unllas das mans, un costume horrible. Fixera algo malo? Algo bo? Que quería de min un luns ás seis e media da tarde? Antes de decatarme eu estaba xa sentadiña e coas pernas cruzadas na butaca azul da súa inmensa habitación. As súas palabras foron claras: “O Grupo Nós”. Ben, e tamén dixo: “listo para o venres”. Os meus pesadelos desapareceron pero o seu lugar non foi ocupado por outras ideas máis agradables, senón por unha soa preocupación: Que ía facer unha periodista de vinte e seis anos escribindo sobre un conxunto de intelectuais que a superaban con creces en todas as súas facultades? A resposta era sinxela: nada. Repasando os meus coñecementos e tomando de cando en vez un groliño do café só que collera da máquina da oficina, fixen un esquema do que tiña que facer, do que tiña que buscar e sobre todo, do que tiña que loitar para que algo tan denso e con tantos trazos diferentes couberan nun simple suplemento sen rematar por ser pesado e mesmo agonizante de ler. E isto foi o que saíu. Non quero estenderme máis porque eu non son a persoa primordial neste momento, eu son o lapis que escribe o que outros seres emprendedores sentían no seu momento. E esta é a súa historia… Uxía Fernández, escritora. .

2


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO -A revista Nós: Os comezos: En Galicia, os anos vinte son un período de creación e afianzamento dunha infraestrutura cultural galega. Feitos culturais destacables destes anos son: a creación do Conservatorio Nacional de Arte Galega, para potenciar o teatro; o xurdimento de editoriais como Lar, Céltiga ou a mesma Nós;o nacemento e consolidación de revistas coma A Nosa Terra (voceiro das Irmandades da Fala fundadas en 1916), Ronsel, Logos, e o centro

Membros das Irmandades da Fala (1916).

deste artigo, Nós; e o nacemento do Seminario de Estudos Galegos en 1923, que consistía nunha institución encargada de coordinar e impulsar os estudos etnográficos, arqueolóxicos, históricos, artísticos e científicos da Galicia da preguerra. O Cenáculo Ourensán: Coñécese con este nome ó grupo formado por Risco, Cuevillas

11 de Decembro de 2011

e Otero Pedrayo, que constitúen a célula viva e representativa da Xeración Nós. Estes tres autores nados en Ourense, amigos xa desde a infancia e cunha formación intelectual común, teñen unha traxectoria vital e espiritual semellante. Estes homes, antes da súa chegada ó Nacionalismo, non sentiron ningunha preocupación polos problemas de Galicia e a súa cultura. En Ourense volven a coincidir e é alí onde viven os seus anos mozos mergullados no que se podería chamar a "boa sociedade". Así mesmo colaboran na dirección e redacción da revista La Centuria, fundada por Risco no ano 1917. Nestes anos a súa inquedanza intelectual era allea por completo á temática da súa terra. Todos eles sentíanse inconformistas, insatisfeitos e cheos de rebeldía. Como ben manifesta Risco na súa obra Nós, os inadaptados: “somos partidarios do que está lonxe, do descoñecido”; o medio que os rodeaba non os compracía e trataban de fuxir de todo o que supuxera vulgaridade e cousa común. 3


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO Manifestaban a súa rebeldía arredándose espiritualmente da sociedade, das súas tendencias e dos seus problemas. As vivencias da primeira etapa do “Cenáculo Ourensán” e a traxectoria pregalegista dos escritores que forman o grupo coñecido como “Grupo Nós” quedaron reflectidas en tres obras significativas sobre a evolución ideolóxica destes autores: - Nós, os inadaptados, de Vicente Risco. - Arredor de sí, de Otero Pedrayo. - Dos nosos tempos, de Florentino L. Cuevillas. Centrados en Nós: Coñecese co nome de “Xeración Nós”, ó grupo de escritores que en 1920 fundaron a revista do mesmo nome, e que eles mesmos rexeron ata 1936. O grupo ourensán da xeración do tempo das Irmandades da Fala conferiu á cultura galega unha altura intelectual que non tivera ata entón. Foi tal a importancia da revista no campo das letras galegas que o seu mesmo título serviría para nomear e singularizar a un grupo de homes (Vicente Risco, Otero Pedrayo, Cuevillas, Castelao e os irmáns Vilar

11 de Decembro de 2011

Ponte) que colaboraron na súa elaboración e levaron a cabo a transformación da cultura galega das primeiras décadas do século XX. Por que Nós?: O nome Nós foi elixido por Castelao e foi el mesmo o que ostentou o título de director artístico de Nós e deseñou as tapas da revista. Pero segundo outros autores, dise que foi Risco quen escolleu este título como homenaxe a Castelao. Número 71 da revista.

Sen embargo este nome xa tiña un pasado. Xa aparecera con anterioridade nun diario da Coruña chamado El Noroeste que dende 1918 víñase publicando co nome de Nós. A predela da revista ten uns monstros do Pórtico da Gloria que encabezarán tamén a primeira páxina do Nós ourensán. Por fin, o primeiro: O 30 de Outubro de 1920 aparece en Ourense o primeiro número da revista Nós, unha publicación que supuxo un avance fundamental na historia da cultura e da literatura galega. A revista marca un paso definitivo na madurez da moderna cultura galega, unha cultura 4


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO comprometida co futuro de Galicia, ó mesmo tempo que se mostra aberta ás achegas do exterior. A estrutura da revista era a seguinte: Vicente Risco coma director literario da publicación; Ramón Otero Pedrayo e Florentino L. Cuevillas, formaron o núcleo principal; o seu carón traballará Castelao desenvolvendo o labor de director artístico.

11 de Decembro de 2011

Problemas na imprenta: A revista empezou imprimíndose nos talleres do diario La Región de Ourense. Nestes talleres publicáronse os quince primeiros números, entre os meses de Outubro de 1920 e Xaneiro de 1923. Os tres seguintes realizáronse

Anuncio sanitario na revista Nós.

Ilustración de Castelao para Nós.

Entre 1920 e 1936 saíron á rúa nada máis nin nada menos que 144 números, converténdose no referente fundamental da cultura galega da época. Xunta coa creación literaria, que acada grandes niveis, Nós acolle nas súas páxinas de forma brillante a arqueoloxía, a historia, a etnografía…

en Pontevedra. A revista interrompeuse entón por razóns económicas. Pero máis tarde proseguiuse coa súa publicación o 25 de Xullo de 1925, data na que apareceu o número 19. Dende entón e ata o número 87, Nós imprimiuse na Coruña. Pero a revista rematou en Santiago coa publicación dos seus últimos números: dende o 88 ó 139144. As etapas: Na revista Nós, podemos distinguir dúas etapas ben definidas: Unha primeira que comprende os 18 5


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO primeiros números e outra que chega ata o final. A revista Nós ten un marcado carácter literario moi semellante á liña de La Centuria que coincide coa etapa na que Vicente Risco aínda exercía de director. Na segunda etapa empezou a ter un carácter marcadamente científico, con moitos traballos arqueolóxicos e etnográficos. A súa evolución: Dende o principio, a revista Nós, que naceu como boletín cultural, propúxose a modernización da cultura galega e despois do período de decadencia estivo moi apegado ó ruralismo. Ó mesmo tempo Nós quixo poñer a Galicia en relación con outras comunidades espiritualmente apegadas como Irlanda ou Portugal. Con todo, houbo unha enorme presenza de outras culturas especialmente no caso das centroeuropeas que se relacionan cós gustos de Risco. Outras rexións con gran presenza nos artigos da revista foron Ámeria do sur, Francia, Alemaña, Cataluña, Valencia e Inglaterra; en liña co diálogo universalista que defendían.

11 de Decembro de 2011

Todos cambian: A partir da Segunda República os membro de Nós seguen traballando na revista pero vanse distinguindo as súas ideoloxías. Risco sométese ó Franquismo mentres que Catelao e Pedrayo seguirán fieis ó galeguismo. E así, ó final de todo, cando a historia chega ó seu fin sempre haberá diferenzas, sempre quedarán as discrepancias, pero nunca poderían esquecer que formaban un grupo e que fundaron unha revista. Por isto Castelao confesará con desacougo a Otero Pedrayo: "Cando volva a Galicia e atope a Risco, doulle unha labazada, e cúspolle nun ollo..., pero despois, recólloo non brazos, érgoo e doulle unha aperta, e póñome a chorar con el ¡debémoslle tanto...!"

Marta Ferreira Ocampo 4ºE.S.O.-A Lingua Galega e Literatura Sek-Atlántico

6


SUPLEMENTO: O DIARIO GALEGO

11 de Decembro de 2011

(De esquerda a dereira: Vicente Risco, Ram贸n Otero Pedrayo, Castelao, Cuevillas e Ant贸n Vilar Ponte.)

7


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.