NORMAS DA BIBLIOTECA (CEIP DE OLVEIRA)

Page 1

NORMAS PARA O USO DA BIBLIOTECA 1.-Na bibliotreca mantemos o SILENCIO. Se temos que comentar algo facémolo en baixiño (como cando contamos segredos). 2.-MANTEMOS A ORDE e buscamos un lugar para sentar. Estar de pé pode resultar incómodo e canso. 3.-Cando falten 3 min. para que toque o timbre, RECOLLO E DEIXO TODO COMO ESTABA. 4.-Calquera membro da Comunidade Educativa poderá levar libros e facer uso da biblioteca sempre e cando teña o CARNÉ DE BIBLIOTECA expedido polo CEIP de Olveira. 5.-Podo levar para a casa ata TRES FONDOS da biblioteca (libros, revistas, CD´s), máximo 15 días. 7.-Cando o teño escollido lévollo á bibliotecaria para REXISTRAR O PRÉSTAMO. Igual para devolvelo, non colocalo directo nos andeis. 8.-Non podo coller máis libros se non devolvín o libro no prazo establecido ou o volvo en mal estado, 9.-Coido o material. Son para todos!


HORARIO DA BIBLIOTECA

-A biblioteca abre nos recreos, hai profes do Equipo da Biblioteca e Axudantes, que colaboran en facer un uso responsable deste espazo. -Polas tarde abren: luns, mércores e xoves de 16.30 a 18.30; e martes de 16.30 a 17.30. -ESPERÁMOSVOS!!


NORMAS DO USO DOS ORDENADORES -Os ordenadores da biblioteca teñen principalmente unha finalidade pedagógica de procura de información para traballos escolares. -Pedimos permiso ao profesor da biblioteca ou a os axudantes para usalos, enchendo unha FOLLA DE REXISTRO coa quenda. -No caso de baixar con algún profe será este o encargado de que os alumnos enchan a folla de rexistro. -As cousas que se garden no ordenador poden ser eliminados en calquera momento. -O tempo de uso para o recreo é de 5 minutos, se hai alguén esperando para usalos. -Para escoitar hai que utilizar os cascos, así non molestaremos. -Cando falten 3 min. para que toque o timbre, apago a pantalla, RECOLLO E DEIXO TODO COMO ESTABA.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.