Issuu on Google+

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

PORTADA SUMARIO UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER… ACTIVIDADES DE INFANTIL AS PAISAXES CONCERTO DIDÁCTICO DE NADAL POEMAS 4º E.P. PANIFICADORA ALDÁN OBRADOIRO DE ARQUEOLOXÍA ESCRITURA CREATIVA POEMAS 6º E.P. UN DÍA COMPLETO DÍA DO LIBRO CONTAMOS CONTOS UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL QUERIDA BRANCANEVES… PROXECTO DO MAR MALAS PALABRAS UN DÍA DE CONVIVENCIA UNHA CANTIGA DE ESCARNIO MODERNA AS VALENCIAS IST MEETING POINT ADIVIÑAS LETRAS GALEGAS 2013 RELATOS PREMIADOS - LETRAS GALEGAS FINALISTAS DO II CERTAME LETRAS GALEGAS POEMAS GAÑADORES – LETRAS GALEGAS GÚSTAME A BIBLIOTECA DO MEU COLE A VIDA EN GRÁFICAS INVESTIGAMOS SOBRE A PREHISTORIA A FALA MUSEO DO MAR VISITAS DE 5º E 6º E.P. CHARLA EN GERIATROS FIN DE ETAPA

Dirección:

CABÁRCENO

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

OFRENDA FLORAL

Redacción:

FORESA- CASA MUSEO DE ROSALÍA

ALUMNOS E ALUMNAS

CURSO 2000-2001 TORNEOS DA ESO

PORTADA: Mª José e Carmen, 4º ESO

IIIOLIMPIADA ESCOLAR PASATEMPOS

-

2 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

“UN NENO NON É UN VASO QUE ENCHER, SENÓN UN FOGO QUE ACENDER” Gústanme as frases célebres porque soen ser profundas; non un burato sen fondo,non, senón algo que nos fai pensar, reflexionar e nos serve para aplicar nalgún momento da nosa vida cotiá. Esta frase é especialmente fermosa porque todo, todo o aplicado ós cativos é marabilloso. Dinos que non debemos preocuparnos tanto da parte material dos nosos fillos, os nosos alumnos. É importante que coman, que non pasen frío, que disfruten cos amigos, cos xogos; que os coidemos cando están “maliños”. Tamén é importante que adquiran coñecementos ou conceptos, pero non debemos de producirlle unha enchenta, nin atiborralos de algo que non entenden. Cómpre ensinalos a diferencia-lo principal do secundario, as ideas esenciais das que non o son tanto, para que sexan quen de priorizar e desbota-lo inservible das súas acutacións e actitudes vitais. Todo isto é necesario, pero máis aínda o é que medre en grandeza de espírito e que sinta interese, apetencia, desexo vehemente por se algo e, sobre todo, alguén na vida. Hoxe, que nos preocupa tanto o “ter”, e, moi pouco o “ser”, podería posuír máis forza esta frase. Debemos preocuparnos moito e ben de que os nosos nenos cheguen a ser algún día esa chama acesa e ardente que iluminen a tódolos que están a rentes deles, incluídos nós, que puxémo-lo primeiro pau do lume para conseguilo.

Mª Carmen González, mestra


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

Neste curso, os nen@s de

Educación Infantil levamos a cabo o proxecto “Os barcos” no que traballamos distintos tipos: de pesca, mercantes, de pasaxeiros e elaboramos un periódico.

Celebramos o DÍA DA PRENSA coa elaboración dun mural sobre o proxecto dos barcos no que os nen@s o pintaron usando distintos materiais.

Tamén comenzamos a traballar estimulación temperá mediante o gateo, arrastre e a escaleira de braquiación.

Xunto cun novo método de intelixencias múltiples (facendo e comendo unha ensalada, elaborando zume, e tamén auga de colonia….)

-

4 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Polo Nadal representamos dúas obras de Teatro, e á volta das vacacións visitamos un BELÉN

En febreiro fomos o centro cultural Caixanova para ver a obra: ”TRISTÁN CARA DE CAN”, e tivemos a visita dun contacontos que nos amosou mediante sombras a obra… “O DERRADEIRO DRAGÓN”

En marzo visitamos a Panadería Iglesias onde nos ensinaron as instalación e como elaboraban o pan, pasteis, e os ovos de Pascua.

Participamos no día do deporte facendo distintos xogos

O 30 de maio visitamos a granxa escola Serantellos en Cambados onde elaboramos pan e traballamos na horta….


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

Os nenos e nenas de 1º Educación Primaria traballamos as paisaxes. Dentro das actividades desenvolvidas, buscamos fotos en diferentes xornais e posteriormente elaboramos unha paisaxe de costa en plastilina. Cada grupo foi construíndo a súa paisaxe elixindo as cores apropiadas para cada elemento da paisaxe. Foi unha actividade moi motivadora para os nenos feita con moito gusto e detalle.

-

6 -

ANO ANO 2013 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

Dentro das actividades levadas a cabo nas festas do Nadal, tivemos a sorte de ter no noso cole ao grupo de música tradicional "ABALADOIRO" de Coiro que nos ofreceu un interesante e divertido concerto, onde nos amosaron os instrumentos propios da música tradicional galega. Non só puidemos ver os instrumentos máis usuais, senón tamén outros que se tocan con menos frecuencia pero que son moi chamativos e teñen un son moi fermoso. Estamos a falar da zanfona, ocarina, tarrañolas, culleres, legón, culleres, charrasco,cunchas,… Os instrumentos que máis lle gustaron aos alumnos foron a pandeira, a ocarina a zanfoña o charrasco e o acordeón. Na actuación participaron dous alumnos que ensaian con este grupo,Mauro e Samuel Pardavila. Tamén participaron nalgunhas pezas alumnas do centro que tocan a pandeireta.

-

7 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Algúns alumnos resumiron o concerto como unha actividade moi divertida e entretida, xa que os músicos tocaban moitos instrumentos diferentes e tiñan moito ritmo. Para outros foi un concerto que lles sorprendeu, porque non coñecían moitos dos instrumentos que tocaban os músicos e amosaban sorpresa cando os interpretaban.

Puideron ver en directo instrumentos da tradición galega que nunca viran e como era o seu son!!

Ao final prepara mos unha cantiga de Nadal que acompañamos con pandeietas e cunchas e onde participaron alumnos e alumnas de diferentes idades xunto co

GRUPO

ABALADOIRO.

FOI XENIAL ¡!!


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

-

ANO 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

O MAR Don Choco vive nun oco. Doña Faneca, baixo a area. O santiaguiño no seu niño E a agulla dorme, dorme coa marea chea. A dorada é moi delgada E don Choco segue no seu oco, O peixe Lúa, parece unha duna e o tiburón branco segue vivindo nun barco. Pablo e Jose

O LEÓN O león grandón é moi comilón e cando canta unha canción sáelle do corazón. O león salvaxe ten marrón a pelaxe e cando caza animais é feroz de máis. O león dormilón cando ten tempo dorme a sesta un montón. Á aguia non lle gusta o león porque sempre lle colle o seu sillón. Eduardo e Sofía

O MAR O mar ten moitos animais a onde irán? vanse sin máis. Vaise o bonito por moi chulito, vaise o tiburón por ser moi bombón. Vaise a sardiña por ser pequeniña, vaise a balea por estar moi chea. Vanse todos, a onde irán? vanse á escola no fondo do mar. Candela e Aitana

O FONDO DO MAR Non hai area amarela no fondo do mar, e as cunchas non teñen donde apoiar, as cunchas choran e choran porque non teñen lar, e a algunhas dálle igual porque teñen o poder de voar. A banda “Plash”mola como una estrela fugaz, o cabaliño de mar é un “DJ” con antifaz, a súa amiga Pili canta coma Bisbal e as cunchas bailan e bailan sen parar. Que pasa no fondo do mar? Que a area volveu dunha viaxe ao seu fogar. Que pasa agora no fondo do mar? Que as cunchas xa teñen onde se apoiar. Silvia e Susana

A LAGOA Xa non hai ras nas lagoas que pasará? xa non croan onde irán? Xa non quedan sabes onde irán? As lagoas están vacías que pasará? Que lles ocorre ás ras? Que lles pasará? Non sei, non sei, xa voltarán. As ras están enfermas pobriñas elas! Xa no nos despertarán Nunca máis pola mañá. Carlota e Nerea - 10 -

O LEÓN Que lle pasa ó león? Está enfadado. non pode durmir nin xogar ós dados. Está no seu cuarto triste e fatigado. Se vén o seu irmán dille que está canso. Se ven o seu amigo a xogar aos dados el dille que non, que está triste e fatigado. Breixo e Pedro


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANDORIÑA

ANO 2013

ANO 2013

El martes 16 de octubre salimos con nuestros compañeros de 3º de E.P., a una actividad complementaria a la "PANIFICADORA IGLESIAS" Nos guió el Sr. Rogelio. Nos llamó la atención que hicieran su propia levadura. El pan tarda en hacerse, todo el proceso, 4 horas. Había máquinas para hacer empanadillas, cocer magdalenas y para hacer distintos tipos de pan. Le hicimos algunas preguntas. Nos comentó que había 62 trabajadores, los más mayores tienen 60 años y los más jóvenes entre 22 y 26. Trabajan en 2 o 3 turnos.

También nos dijo que una barra de pan cuesta 80 cént., pesa 250g y hacen unas 14000 barras al día, que reparten en 14 furgonetas. En el año en que nacimos (2003) una barra de pan costaba casi como ahora.

Al terminar la visita nos pusieron una deliciosa merienda con: bollos de leche, pizza, refrescos, galletas y magdalenas recién salidas del horno. Nos dijeron que están muy contentos porque reparten sus productos también fuera de Galicia.

¡La visita nos gustó mucho! -

Pedro, Nerea, Jose y Carlota ( 4º E.P.) 11 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013 2013

Os alumn@s de 5º e 6º de Educación Primaria, visitamos o castro situado no Museo do Mar de Vigo SOMERXÉMONOS na época da Prehistoria para comprender mellor o obradoiro que iamos facer.

RECIBIMOS unha explicación dos distintos métodos empregados polos arqueólogos e as distintas tarefas do seu traballo. CONVERTÉMONOS en arqueólogos buscando distintas pezas pertencentes aos nosos antepasados. INTERPRETAMOS os obxectos atopados podendo así coñecer moitos aspectos da vida nesta época.

-

12

-


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

- 13 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

A MIÑA ALDEA

A PAZ A paz é bonita, a paz é fermosa, a paz soe ser linda e tamén amorosa. A paz é necesaria para sobrevivir, tamén é sagrada e ás veces fai rir. Vivo nunha aldea na que sempre reina a paz non é tan fea nin tampouco defraudará. Sempre que haxa paz todo será bonito, aínda que nalgún lugar non pasa sempre iso. O meu poema acaba e a todos desexo paz. Onte cando xogaba, déronme todos a man Laura Coya , 6º E. P.

A miña aldea non é moi elegante, pero na nosa ría, tópase un bo bogabante.

A PAZ

A praia está ó lado do río, e aínda que non sempre, pero vai frío.

A paz que pouco dura. A paz que pouco aguanta. A paz que se disfruta. A paz que te relaxa.

Hai un camiño longo e estreito, e del non se saca moito proveito. Rematando o camiño hai unha alameda, e inda que hai crise, topas algunha moeda. Cara ó final hai un muelle para pescar, e tamén hai nenos que se botan a nadar. E aquí remata a miña pequena aldea, na que vou pasear ó meu can cunha correa. A xente deste grande e fermoso pobo, non é que ande moi amodo. Cando molla os pés o vello de enfrente, vai tan despacio que o leva a corrente. Logo está a miña veciña que é modelo, que non pode nin co seu longo cabelo. Sempre miro a Xoán o que non fai fogueira, e inda que soe raro ten a maior das maceiras. E aquí remata a miña poesía, que de verdade, fixen con moita alegría. Borja Rodríguez 5º E.P.

Isto non é broma. Dígocho en serio. O símbolo é a pomba e a rama da oliveira. Para a xente que sofre. Para os nenos que morren O malo que ocorre, neste día, que se borre. O día de festa que celebramos aquí O día sen violencia para eles e para min Exemplos de paz: Os días de clase: atención prestar e non facer chantaxe Hoxe lendo un libro, vexo o significado A paz é un nome lindo. Está demostrado María Rodríguez 6º E.P.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

O día 5 de abril os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO visitamos as instalacións do acuario de A Coruña e as da Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, en Cerceda (A Coruña). No acuario puidemos ver especies que habitan as nosas costas e os nosos ríos. Tamén reforzamos conceptos que xa tiñamos adquiridos e aprendemos moitas cousas novas. Chamounos moito a atención un tanque que ten lampreas, que é un peixe moi pouco evolucionado que carece de mandíbulas. Visitamos o Nautilus, no que se atopa o tiburón Gastón, que está un pouco triste xa que hai poucos días que morreu a femia que vivía con el no acuario. Tamén gustounos moito ver como alimentaban as focas!!!!! En SOGAMA explicáronnos o traballo que alí realizan e a importancia dos tres erres: REDUCIR, REUTILIZAR e RECICLAR. No edificio de clasificación de envases lixeiros observamos como separaban o plástico PET (botellas de auga), o plástico PEAD (botellas mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos) para a obtención de enerxía eléctrica.de suavizante da roupa), as latas de aluminio (refrescos), os bricks (leite) e as latas que non son de aluminio (conservas). No edificio destinado á recepción da "bolsa negra" (colector verde) comprobamos que non separamos ben os refugallos, xa que coa materia orgánica tamén hai mesturado vidro (QUE É 100% RECICLABLE!!!), plásticos e cartón. Por último vimos a planta incineradora, na que se queima o CDR (Combustible Derivado de Residuos ) para a obtención de enerxía eléctrica. -

15 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Os alumnos/as de 4º de E.P. celebraron un acto na biblioteca do Centro

Para esta ocasión cada alumno debería traer da súa casa o libro que máis lle gustara ou que lle parecera máis interesante para presentarllo aos seus compañeiros, facer un pequeno resumo e expoñer as razóns polas que elixiu este libro e non outro, por que lle gustou e que foi o que máis lle chamou a atención.

-

16 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

“O raposo verde” Era un raposo que se chamaba Manolo. Manolo era a mascota dunha familia. A familia tiña dous xemelgos e dúas xemelgas e parecíanse moito. Ós catro nenos gustáballe moito Manolo. Sempre estaban xogando con el. Un día estaban xogando ó balón con Manolo,ó lado das escaleiras que levaban ó sotano e... Manolo caeu¡ cando chegou abaixo caeulle un bote de pintura verde enriba. Os nenos non sabían que pasara. Pensaron que fora maxia. Despois foron de paseo ao monte e Manolo como se camuflaba tan ben,perdeuse. Os nenos volveron moi tristes á casa e contáronlle ós pais que se lles perdera. Os pais quedaron bocabertos ao oír iso. Porque sabían que tardarían moito en encontralo. Puxeron carteis,pero non serviu de nada. Foron polo bosque,pero tampouco o atoparon. Buscárono durante un mes,pero tampouco o atoparon. Un día acordáronse de que tiña un chip. Foron ó veterinario para que lles dixera onde estaba. Estaba ao norte do monte e foron buscalo. Cando chegaron onde estaba Manolo viron que estaba atrapado pero case non se vía porque era verde. Levárono outra vez ó veterinario para que o curara e ó chegar. lavárono e volveu a súa cor marrón. Corina C. N. - 5º E.P.

“Xureliño actor” Xureliño é un pequeno peixe que soña con chegar a ser actor e saír na tele. Carme, a súa mellor amiga, sempre xogaba con el a ser actores dunha canle de debuxos animados. Un día o director desa canle, viunos xogar e actuar e díxolles que eran moi bos actores e se querían unha película para esa canle tan famosa. Os dous peixiños emocionáronse e aceptaron. E así é como o pequeno xureliño converteuse en ``Xureliño actor´´. Ainoa F. V. - 6º E.P.

“O reloxo larpeiro” Había unha vez,un reloxo que estaba no medio da praza,pero non era un reloxo normal,era un reloxo larpeiro! Comía as horas,os minutos os segundos... A xente xa dubidaba,e non sabían que facer. Chamaron a un mecánico especialista e moita xente máis... pero ningún puido facer nada! Ó día seguinte veu un cociñeiro,a xente pensaba:“Como vai arranxar o reloxo,un cociñeiro?” Cando o estaban amañando o reloxo... estaba reparado! E en vez de comer os minutos,as horas e os segundos comíase a noite,pero á xente non lle importaba,porque ó final acostumáronse e dixeron: -Como quero ó noso reloxo,paréceme único!! E, ó cabo do tempo,o reloxo sentiuse moi querido e estaba tan contento que xa non comía nin sequera a noite. Carmen C. N. - 5º E.P


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

UN ANIVERSARIO MOI ESPECIAL

O 23 de abril os alumnos de 2º da ESO visitaron a residencia para persoas

maiores

Geriatros.

O

motivo foi a celebración do seu terceiro aniversario. Despois de ter realizado varias actividades conxuntas co centro para nós era moi especial que nos invitaran nun día coma este. A animadora do centro

tiña

preparada

unha

gynkana na que realizamos varias actividades cos maiores. Foi moi divertido e enriquecedor.

Agardamos volver pronto!!!! 2º ESO

Geriatros 2013 4º aniversario


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Ola! O meu nome é Lucía, vivo en Darbo e teño 12 anos. Seguramente ti vivas moi lonxe de aquí. Escríboche esta carta para dicirche que eres moi especial; gústalles a case tódalas nenas pequenas. Eu coñezo unha que lle encantan as princesas e sobre todo ti. O seu soño sería poderte ver algún día. Pero creo que iso non podería ser, non si? Espero que contestes a esta carta porque así cando ela aprenda a ler podería ensinarlla. Poríase moi feliz e tamén querería escribirche. Xa non teño nada máis que dicir. Chao! Moitos bicos e apertas! Lucía Domínguez

6º EP


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Este curso fixemos o proxecto “O MAR”. Fixemos traballos con cartolinas de: moluscos, cefalópodos, equinodermos, peixes e outros peixes. Viñeron avós de algúns nenos da clase a contar cousas do mar como as redes e a pesca de baixura e de altura. Veu Lucho para ensinarnos sobre as embarcacións e a pesca de baixura, Suso veu contar sobre a pesca de altura e Josefa a contar sobre as redeiras. Eu penso que foi divertido e aprendín moito sobre o mar. Diego Nores García 2º E.P.

Primeiro día de clase, curso 2012-2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

Os alumno@s de 3º e 4º de Primaria fomos Pontevedra para ver a obra teatral “MALAS PALABRAS”. Contaba a historia dunha nena que descubría que era adoptada. Nun principio enfadouse moito cos seus pais, pero despois comprendeu a sorte que tivera ao ser a elexida entre tantos nenos.

-

-

ANO 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

O pasado xoves 11 de outubro, os alumnos de 3º de ESO do colexio Sagrada Familia saímos de convivencia. Ao pouco tempo de chegar, xa nos puxemos en marcha cara ao noso destino: o monte do Facho. Acompañáronnos Ana, a nosa titora, e Chari. Primero paramos no parque a facer o que lle chamamos “foto oficial”, xa que todos os anos se repite. Fomos ata Vilariño atravesando pola Vereda e chegamos ao Cruceiro do Hío. Alí gozamos un pouco das vistas e refrescamos a gorxa. Continuamos o camiño subindo pola Castiñeira e a pola calzada romana ata o outeiro Batente. Xiramos á dereita e, nada máis comezar o camiño de Donón, descubrimos algunhas pedras que semellaban indios das Américas. Desde os outeiros podiamos observar as fermosísimas vistas coas illas Cíes ao fondo. Despois da camiñada chegamos ao Facho e alí comemos con fantásticas vistas e aínda mellor compañía. Entre nós e as profesoras fixemos comentarios sobre o que observabamos no castro do Facho e por que estaba situado alí. Acabamos facendo algunhas actividades xuntos e voltamos para a casa. Este día fixo que nos xuntásemos máis e fósemos mellores compañeiros. Laura García Bastón, 3º ESO

-

22 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

Teño dúbidas sobre os artistas que triunfan neste momento, pero cóntovolas á présa porque se me vai o tempo.

ANO 2013 ANO 2013

O moi porcallán de Efron a High School Musical foi cantar e no medio da entrevista as orellas lle mandaron limpar.

Melendi sempre está “sangrando”, sempre sufrindo labazadas, non di nada positivo nas súas cancións desfasadas.

O Justin Bieber encántame cos aturuxos que pega. As vacas foxen correndo cando o ven pola veiga.

O “Baile do cabaliño”, que agora anda moi de moda, da miña tía Paula vai ser o baile de voda.

E eses de One Direction, nas fotos con cara de anxiños, fixo que a eses “tesouros” lles ensinou a cantar Paris Hilton.

Aquí vos presento agora a marabillosa Hanna Montana que, de tanto estar no estrelato, a pobre quedou estrelada.

No verán mira que eran pesados cos raios de sol, ó final á de Rico e Méndez deulle unha insolación.

E esa tal Niki Minas, co seu pelo multicolor, vai tal para o Antroido e de seguro que causa furor.

Estes son algúns dos artistas que me teñen chea de dúbidas. Neste mundo fanse famosas ata as festeiras vellas rusas.

Alexandra García Domínguez 3º ESO

- 23 -

-


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

AS VALENCIAS O estudo das valencias aplicando a Teoría das Intelixencias Múltiples. Neste caso, desenvolvendo a intelixencia viso-espacial.

3º ESO


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Os días 25, 26, 27 e 28 de xaneiro tivo lugar en Aldán o primeiro Meeting Point dos colexios xestionados polo Instituto Secular Cruzadas de Santa María, fundado polo padre Tomás Morales SJ. Había unhas 130 persoas entre alumnos e profesores dos colexios Sagrada Familia (Aldán), Sagrados Corazones (Ciudad Los Ángeles, Madrid), Safa – Grial (Valladolid) e Nuestra Señora de las Delicias (Madrid). Participaron alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO. O motivo desta xuntanza non era outro que CONVIVIR cos alumnos e profesores doutros colexios, e desde o colexio de Aldán queriamos aproveitar a ocasión para que coñeceran e gozaran do noso privilexiado entorno e do noso centro. A experiencia foi moi positiva en todos os sentidos. Ademais de coñecer xente, compartimos risas, experiencias, comidas, saídas e momentos de oración e reflexión. O programa da xuntanza foi moi variado, houbo actividades deportivas, andainas pola zona, talleres, xynkana, e as veladas nocturnas, nas que cada colexio realizou actuacións. Agardamos que todos os alumnos e profesores se sentiran a gusto, e desexamos volvernos reencontrar no segundo Meeting Point.

Ata pronto!!! -

25 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

Son mamífero hervíboro. Vivo en Australia. Son de cor marrón e teño unha bulsiña na barriga para levar os fillos cando son pequenos.

ANO 2013 ANO 2013

É un ser que vive na selva. É de cor castaño ou laranxa. Ten pelaxe e melena; e gústanlle moito os animais. Sofía

Icíar

É carnívoro. Sumérxese baixo a auga para pescar. Vive na costa. É moi rápido. Ten ás, cola con moitas plumas e un peteiro moi longo.

Son un animal omnívoro. A miña parella vaite espertar. Tódalas mañás canta kikirikí. Poño ovos; dalgúns saen poliños, doutros non. Vivo no galiñeiro e podo ter cor marrón. Silvia Otero

Eduardo

Vive cerca das lagoas. É pequeno e leva a súa casiña enriba. Pode ser verde ou marrón. É lento no seu camiñar.

Teño cola peluda, moito pelo na cabeza e patas, que non te esqueza. Son un depredador, que non me mate o cazador. Vivo na sabana, e como animais toda a semana.

Aitana

Javier -

26 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

Roberto Vidal Bolaño naceu en Santiago de Compostela en 1950 e faleceu na mesma cidade en 2002. Formou parte do denominado Grupo Abrente que, a partir da década dos 70, renovou e actualizou tanto a escrita como as representacións dramáticas galegas. Todas as súas actividades xiraron sempre arredor do teatro: desde a creación do Grupo Antroido, en 1975, ata a súa compañía actual Teatro do aquí, pasando pola breve experiencia da cooperativa Teatro do Estaribel. En 1978 deu o paso definitivo que levou ás xentes do teatro galego a se transformaren en profesoinais, superando de vez a pantasma de “amador” que pairara sempre sobre a historia do noso teatro. A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política. O feito de que Vidal Bolaño escribise para a súa compañía, coa urxencia que esixe a obrigada estrea anual e a atención dedicada ao texto espectacular, non empeceu en absoluto a calidade literaria dos seus textos dramáticos. A pesar de que xa nas décadas dos setenta e oitenta lograra diversos premios ( “Abrente”, “ O Facho”, “ Ciudad de Valladolid”), como aconteceu con outros integrantes do Grupo Abrente, o recoñecemento artístico de Vidal Bolaño non se produciu ata os anos 90, cando a obtención de premios institucionais, galegos e portugueses (“Rafael Dieste”, “Álvaro Cunqueiro”, “Xacobeo 92”, “Eixo atlántico”, “María Casares”…), normalizou tanto a publicación das súas obras como o seu coñecemento por parte da prensa e, en consecuencia, do público. A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co transcorrer do tempo. Son súas obras como Laudamuco, señor de ningures, Bailadela da morte ditosa, Días sen gloria, Touporroutou da Lúa e do sol… A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construcción dun teatro nacional galego. Ana Estévez 3º ESO -

27 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Relato premiado no certame das LETRAS GALEGAS

Mara levantouse pola mañá á mesma hora que o día anterior. Comeu os mesmos cereais que o día anterior e fixo as mesmas cousas no colexio que o día anterior. Logo comeu, bebeu, xogou, recolleu, camiñou e durmiu. Todo igual que o día anterior… E ao día seguinte faría o mesmo. E ao outro, tamén. Mara comezaba a darse conta de que a súa vida era unha rutina e o peor de todo era que a ela non lle gustaba. Estaba disposta a cambialo. Ao día seguinte non se ergueu á mesma hora. Colleu a mochila e botou a camiñar. Camiñou horas e horas ata chegar a unha vila chamada Aladeiro. Polo visto, acababa de suceder un terrible accidente que acabara coa vida dun neno chamado Isaac. Había moitos policías. O neno caera a un río. Mara quería saír de alí axiña. Dábanlle calafríos. Colleu un tren que levaba á fronteira de Galicia con Castela e León. Estivo horas naquel tren. Ata se fixo amiga dun estranxeiro que lle contou que no seu país houbera unha guerra e que tivera que fuxir. Os seus pais morreran. Isto puxo moi triste a Mara… Máis tarde, cando chegou a Castela e León, non sabía que facer. Se ir cara ao norte ou cara ao sur, se ir en taxi ou en autobús, se durmir na estrada ou nunha pousada. Cartos tiña. O bo da situación é que xa saíra da súa rutina. Na estación do tren había xente pedindo cartos con carteis anunciando que tiñan cinco fillos, que estaban sen traballo… Mara pensou: “A maioría do que pon nos carteis é falso.” A xente non lles facía moito caso. Pero si que era verdade que esa xente sufría moito. A Mara custáballe abrir os ollos. Aínda estaba medio durmida, pero deuse conta de que un can lle estaba lambendo a cara. Levantouse do banco. O estómago muxíalle. Buscou unha tenda de comida e mercou un bocadillo. A dependenta comezou a falarlle: - Ti non es de aquí, non? - Eu, non. Son de Galicia. - Ai, Galicia! A miña nai era galega. Como me gustaba de pequena ir aló, ver o mar, salpicado de bateas e de barcos. - Ías moito? - Non, nena, non. Meu pai era feirante. Levábame sempre dun lado para outro. Un día estaba en China comendo fideos e ó seguinte en Brasil vendo o carnaval. - Que sorte! A miña vida é sempre igual e non me gusta. - Ai, nena! Debes aprezar o que tes. De seguro que a túa vida é moi bonita e non é bo dar tantas voltas. Seino por experiencia propia! - Eu non opino así.- Dixo Mara , trabando no último anaco de bocadillo.- E, a túa nai, que foi dela?.- A muller ficou muda e díxo: - A miña nai non cheguei a coñecela.- Dixo a muller mirando cara ao chan. - Síntoo. Eu… - Non pasa nada, nena. Dixo a muller con cara de tristura.- É mellor que marches. Mara quedou pensando naquela muller. Que lle pasaría á súa nai? Pensou que debía seguir camiñando. Que distinto era Castela- León…! Xa levaba un tempo no camiño, cando se deu conta de que estaba desorientada; non sabía que facer nin a onde ir. Ergueu a cabeza e mirou ao ceo. Tiña unha cor alaranxada que lle recordaba a súa nai. Dáballe igual que a atopasen ou non. A nai andaría nunha viaxe de traballo… Seguiu camiñando e tropezou cunha rapaza que levaba moita présa. Pediulle perdón, pero non lle contestou. Semellaba cansa e tiña a cara avermellada. Saíu correndo e Mara seguiuna. Meteuse nunha calella, baixou unhas escaleiras e sentou nunha cadeira. Mara agochouse e viu como a moza facía acenos de desesperación. Volveu subir as escaleiras e dixo: - Non fai falla que te agoches. Mara saíu do seu escondedoiro. -

28 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Como te chamas?.- preguntoulle. - Anandi.—Respondeulle a rapaza.- Por que me seguías? - Non sei…Quizás polo teu aspecto….- Dixo Mara en voz baixa. - Eu son dun lugar chamado Aladeiro. Debo ir aló. Morreu o meu curmán. - O teu curmán caeu ao río?.- Preguntou Mara, curiosa. - Si, pero… como o sabes? - Seino. Anandi botou a correr e Mara seguiu camiñando. Outra vez non sabía a onde ir… De súpeto, parouse. Botaba de menos a súa vida rutineira. Verdadeiramente, tiña morriña da súa casa! Entón, viñéronlle á cabeza todas as persoas que coñecera na viaxe: Anandi e o seu curmán Isaac, o estranxeiro que coñecera no tren, os pobres con carteis e a dependenta. Deuse conta de que eles tiñan unha vida desgrazada e chea de incertidume. A súa, aínda que un pouco aburrida, era segura e chea de cariño. Tiña uns pais que a querían, un fogar e comida enriba da mesa. Que máis se podía pedir? Alicia Piñeiro García 1º ESO

( Relato premiado no certame literario das Letras Galegas ) A potente luz dun lóstrego fixo que Evelyn espertara sobresaltada en plena noite. Sentouse nun extremo da cama, fregou os ollos á vez que suspiraba ruidosamente. Os pesadelos que levaban semanas atormentándoa volvéranse repetir. Dirixiuse lentamente ao baño, lavou a cara con auga fría e observouse fíxamente no espello: aínda tiña os ollos vidrosos polo sono e o pelo revolto caíalle a ámbolos lados da cara. - Ridícula, coma sempre.- Cuspiu o seu reflexo. Cando se dispuña a durmir de novo, un lucecú voador atraeu a súa atención; algo sinxelo na absoluta escuridade que reinaba. Unha vez o insecto se decatou de que a rapaza o miraba, guiouna ata a saída da casa. Evelyn seguíao obediente, pero asustada. Non sabía por que lle interesaba tanto o destino do lucecú, pero tampouco era quen de ignorar a súa chamada. Adentrouse no bosque detrás daquela luz tan tenue. Viuse obrigada a correr para non perdela. O longo camisón branco enganchábase na ramaxe dos arbustos máis baixos, quedando máis e máis destrozado a cada paso. De súpeto, a luz do lucecú desapareceu e Evelyn parouse expectante. Uns pasos máis e caería. Un acantilado. Afogou un grito e asomouse, cautelosa. O mar rompía estrepitosamente contra as rochas. Un aire fresco acariñoulle a cara, remexendo a súa fermosa melena castaña e provocándolle unhas agradables cóxegas nas costas. Abofé que o sentimento de liberdade que aquel lugar transmitía era inigualable, ó igual que o temor que infundía. -Eve….- Era coma un murmurio, apenas audible nun principio. - Eve…- Repetiuse esta vez máis alto. O vento chamábaa, necesitábaa. - Eve…!- Soou por terceira vez, máis forte, máis desesperado. O vento sopraba con máis forza, obrigándoa a dar un paso máis. Máis preto do abismo. As ganas irrefreables de saltar comezaron a invadila. Pensou no amor que sentía por Hugo, o fácil que lle resultaba sorrir cando aqueles ollos azuis a observaban… A ledicia que sentiu naquel momento fixo que un sorriso se abrise paso entre as bágoas. -Ata aquí cheguei.- Murmurou.- Fun feliz, vou saltar. O vento soprou con máis forza, insistente, impaciente. As ondas bateron contra o acantilado. Chamábana. Reclamábana. O vento sopraba. Un paso. Outro. Saltou. Chorou. Berrou. Caía… -É outro pesadelo. Caía… Cando chegue abaixo, espertarei. Caeu. Ana Piñeiro Gómez 4º ESO


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Relación de finalistas do II Certame literario das LETRAS GALEGAS 2013

Na categoría de 3º e 4º de ESO : Alexandra Dominguez de 3º de ESO en relato curto coa obra “Muller galega”. Irene Dacosta de 3º de ESO en poesía co poema “Miña pequerrecha”.

Na categoría de 1º e 2º de ESO Pablo Pousa de 1º de ESO en relato curto coa obra “O chaval dos lóstregos”. Yasmina Zaki de 1º de ESO en poesía co poema “ A muller maltratada”.

Na categoría de 5º e 6º de E.P. : Laura Piñeiro de 5º de primaria na modalidade de poesía. Xavi Dacuña de 6º de primaria na modalidade de pasatempos.

Na categoría de 3º e 4º de E.P. : Icíar Nores de 4º de primaria na modalidade de poesía. Jennifer Novas de 3º de primaria na modalidade de pasatempos.

NORABOA !!!


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Gañadores do II Certame Literario das Letras Galegas Os meus soños Quero volver a vista atrás e nunca lembrarme de ti. Deixáchesme magoada cos teus falsos aloumiños, coas túas miradas encantadoras, cos teus “quéroche” que seguro eran para outra. Quero poder brillar coma un lóstrego na noite escura; poder tocar o ceo coas mans. Voar e ser libre coma unha gaivota, poder ensinar o meu sorriso sen vergoña. Ver un lucecú trala ventá e poder collelo coas mans. Unha estrela fugaz…, pedir un desexo e que se faga realidade. Imaxinarme saltando de nube en nube no ceo. Son cousas imposibles que nunca faremos. Sinto morriña polo que nunca serei quen de facer e agarimo por todo aquilo que si farei. Sabela Martínez, 3º ESO

Infancia nosa Hai moito que cavilo no pasado na ledicia deses tempos, naqueles bos momentos, que para outros nin foron lembrados. Non poderei esquecela esa fermosa liberdad que, aínda que cun sorriso, perdeuse coa idade. Pois non foron simples momentos que transcorreron e pasaron, son alegres sucesos que con amor añoramos. Esa sensación de sempre querer xogar esa amizade que permaneceu o novo can que chegou ó fogar e o gato que non volveu. Abofé me gustaría seguir nesa idade de ouro que un día terminaría; xuventude, divino tesouro. María Carballo 2º ESO


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

OS INSULTOS DOS ANIMAIS Vai a gaivota paseando polo ceo, e veu un trasno e… chamoulle feo. Tanto se enfadou que quedou vermello coma un amorodo colorado e vello. A xoaniña, co seu traxe elegante, chega o lucecú e chámalle elefante! A nai da galiña, sempre pola Coviña e a alondra búrlase dela, por chamarse Marcela. E o parrulo di: en vez de insultarse, os animais podían levar paz e felicidade a toda a humanidade. Silvia Otero 4º E.P. Posta en escena da obra titulada: “ AS NOSAS LETRAS” Actores: 1º ESO Directora: ANA GARCÍA

ANDORIÑA

ANO 2013

ESTA MAÑÁ AO ESPERTAR Esta mañá ao espertar, vin unha gaivota na miña ventá. E púxenme a cavilar que agarimo lle podería dar. De súpeto veu ao meu pensar que un amorodo lle podería proporcionar. Despois de almorzar, a gaivota pousouse no meu regazo e comezoume a falar. Contoume que o día anterior, co seu amigo can, fixeran unha falcatruada sen igual. Foron ao monte un toxo buscar para o seu amigo, o lucecú, molestar. Na súa cadeira deixárono pousar para cando el sentara Nela un grande salto tivera que dar. Pero ese día pola mañá, Nin lucecú nin ninguén Na cadeira se quixo sentar. Diego Rouco 6º E.P.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

Me gusta mucho leer los libros y también me gusta llevar los libros a casa. Olalla Bernárdez 1º EP Me gusta cuando me siento en la alfombra y practico la lectura. Ainhoa 1º EP Lo que más me gusta de la biblioteca son las colecciones de libros. Escoger los libros que más me gusten y leerlos en la alfombra. Inés Dacunha 2º E.P. Lo que más me gusta de la biblioteca son los libros de investigación sobre el planeta porque nos enseñan cosas sobre el planeta gracias a los estudios científicos. Nerea Valladares 2º EP La biblioteca es mi parte favorita del colegio. Mi libro favorito es el de chistes y me encanta leerlo. Bruno Estévez 3º EP

ANDORIÑA

Lo que más me gusta de la biblioteca es elegir libros de las grandes estanterías y apuntarlos. Siempre nos preguntan la referencia del libro y a mí me gusta contestarlo porque es muy raro. Silvia Otero 4º EP A nosa biblioteca é un sitio pequeno pero moi acolledor para ler, estudar…A miña clase, cando vai coller libros vólvese tola; pero creo que ás demais clases tamén lles pasa. Todos pensan: “ o meu turno…”. Hai libros tan bonitos…! Claudia Gómez 5º EP Lo que más me gustó de la biblioteca fue leer el “Misterio de la Mona Lisa”, porque es de misterio y aventura, y a mí me encantan ese tipo de libros. Eva Canosa 5º EP

Lo que más me gusta de la biblioteca es elegir libro, porque hay tantos para escoger que no sé cuál llevarme. Antía Lemos 3º EP

La biblioteca es un mundo de fantasía lleno de diferentes libros. Nuestra biblioteca es el corazón de la lectura. Irene Antúnez 6º EP

Para mí la biblioteca es como una casa llena de libros. Lo que menos me gustas es ver páginas pintadas o rotas en mis libros favoritos. Eduardo Pérez 4º EP

O que máis me gusta da biblioteca é poder coller infinidade de libros e contos adaptados á túa idade ou ós teus gustos. Tamén o momento de ler na alfombra é moi acolledor. Xabier Dacunha 6º EP

ANO 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

TALLA DO PÉ - ALTURA

COMIDAS PREFERIDAS Comidas preferidas en 3º ESO

Relación talla de pie y altura 6ºE. P.

Arroz

42 40

1,65

Pechuga empanada

1,6

Filete con patatas

Cigalas

1,55 38

1,5

Almejas

1,45 Talla de pie

36 1,4 34

Altura (m)

1,35

Arroz con pechuga de pollo

Ensalada

1,3 32 30

1,25 Lasaña

1,2

Tortilla

Relación talla de pie y altura 1º ESO 44

1,8

42

1,75

Spaghettis

OFICIOS DOS NOSOS AVÓS

1,7 40

1,65

38

1,6

Talla de pie

36

1,55

Altura (m)

34

1,5 1,45

32

1,4

30

1,35

Relación talla de pie y altura 2º ESO 50

2

45

1,8

40

1,6

35

1,4

30

1,2

25

1

20

0,8

15

0,6

10

0,4

5

0,2

0

0

Talla de pie Altura (m)

OFICIOS DOS NOSOS PAIS OFICIOS DE NUESTROS PADRES

Relación talla de pie y altura 3º ESO 50 40

1,5 1

20

0

Empresas 16%

2

30

10

Transporte 3%

Enseñanza 10%

Industria 23%

Talla de pie Altura (m)

0,5 Marítimo pesqueros 45%

0

-

34 -

Organismos públicos 3%


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Fixemos unha chuvia de ideas e, en grupos de expertos, buscamos respostas aos interrogantes que xurdiron.

Experimentamos coas técnicas de pintura da arte rupestre

Reunimos pezas arqueolóxicas desta época

Organizamos un pequeno museo.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Nun pobo galego había unha vez un velliño xordo xogando ó xadrez. Nun bosque olvidado,nunha casa encantada vivía ela soíña; unha fermosa fada. Tiña as letriñas gardadas nun gran bote e un día marchou a comprar un saiote.

A lingua, a nosa lingua. É doce, e cariñosa, pero o mellor, sen dubidalo é que é nosa. A lingua, con cariño penso nela, na miña lingua, a galega. No meu linguaxe estou pensando, e nunca me canso de de falalo. Penso eu, que o galego, todos a podemos falar, e que os meus descendentes a falen igual. Na miña lingua estou pensando, e nunca me canso de ila usando.

O velliño xordo non tiña nada que facer, marchou ó bosque para algo comer. Encontrou a casiña da fada,e el nin cabía. Un bote ben grande de letras aí había. Meteu un dediño e o frasco colleu aínda cá letra K pronto morreu. Abriu alegre o bote e as letras marcharon pero a letra Y quedou atrás, e as demais a aplastaron. Xuntáronse todas A,B,C,D... e soíñas crearon o abecedario. O vello sorprendido, volveu á súa casa, e colleu o diario.

Lingua interesante,lingua galega, nin lingua sobrante, namorado estou dela.

Despois duns anos,uns homes chegaron e despois de moito escavar, o abecedario galego atoparon. `Mirade señoras,esta é a nosa fala´ dixo o home contento, e ensinou a súa pala.

Todo do que vos falei non é mentira, pois a min me encanta;é a miña.

Dende ese momento esa comunidade olvidada chamouse Galicia,e foi moi admirada.

Adrián Budiño Martínez.

Agora nestes tempos, o mundo cambiou. Aínda que xa non é como antes, a nosa orixe non se olvidou. Gaitas e sons, sentimentos en cancións. Gritade ó mundo que a nosa fala nunca debe de estar calada. Laura Piñeiro Gómez


COLEXIOSAGRADA SAGRADAFAMILIA FAMILIA COLEXIO

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO ANO 2013 2013

O martes 24 de abril os alumnos de 3º e 4º de E. P. fomos visitar o Museo do Mar de Vigo. Os de 4º vimos un acuario onde había moitos peixes diferentes das nosas rías e dous tipos de tiburóns. Tamén había unha gaiola con ovos de tiburóns e unha sala con traxes de bucear antigos. O que máis me gustou foron as probas para ser buzo que lles fixeron a algúns compañeiros de clase. A unha nena puxéronlle un casco de buzo e mandáronlle agacharse, pero como pesaba tanto, non podía! A outro compañeiro déronlle a respirar helio, un gas pouco pesado que levan as botellas de bucear, e ao falar tiña voz de pitufo. Os alumn@s de terceiro convertímonos en arqueólog@s. Con pinceis e pas tivemos que buscar restos nun caixón de area. Atopamos ósos, espiñas de peixe, restos de ánforas,cunchas, etc. A monitora explicounos a información que se pode obter de cada resto que atoparamos e como poden saber os anos que teñen. Analizou unha espiña de peixe e o ordenador dixo que tiña máis de 2.600 anos. Tamén vimos un cranio e ósos humanos. Vendo os restos soubemos que era home, como morrera e algunha enfermidade que tivera. Despois a Sofía puxéronlle un traxe de guerreira castrexa e a Bruno de guerreiro romano. Outros fixeron tiro con arco para cazar un xabaril. Por último vimos os restos dun castro ao aire

libre.

Foi moi interesante e pasámolo moi ben. -

38 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

O día 22 de maio , como excursión de fin de curso, quinto e sexto de primaria visitamos Ourense e fixemos unha ruta termal ás Burgas, termas de Outariz e a Chavasqueira. Ó chegar, dirixímonos ó centro da cidade, co fin de visitar a catedral e as burgas. Máis tarde, pasamos polos mercadiños e paramos nalgunhas tendas . Tódolos nenos acabaron con pulseiras e lentes de sol ou con fogazas de pan, churros ou croasanes Trala excursión á cidade, fomos rapidamente ás termas nas que todos queriamos mergullarnos. De camiño, sentamos a merendar baixo a gran sombra dunha árbore á beira do río na Chavasqueira. Para chegar, tivemos que pasar por unha ponte onde había moitos candados, pois moitas parellas colgaban un candado e xurábanse amor eterno. Despois do baño, sentámonos na herba a comer, cadaquén a súa comida. Satisfeitos, ás catro, regresamos ó autobús para a volta ó colexio. Ainoa Figueroa

Neste curso, os alumnos de 5º e de 6º de Primaria fomos ó cocedeiro do mexillón coa intención de coñecer un poco máis a coción, a separación por tamaños e a enlatación dun produto moi típico de aquí: o mexilón. Ó chegar alí, despois dunha pequena caminata dende o colexio, ensináronnos unha máquina, que era a encargada de abrir a cuncha do mexilón. A seguinte que nos ensinaron, encargábase de quitarlle os peliños e despois xa seguían un proceso que consistía en cocelos, separalos por tamaños e enlatalos. Non todo era mecanizado, senón que había unhas mulleres que tamén traballaban alí e levaban tapóns porque hai moito ruído. Tamén nos levaron a unha sala na que metían os mexilóns nas latas e nuns recipientes de distintos tamaños. Para acabar de envasalas, dixéronnos que había un artiluxio que se encargaba de facelo. Xa acabara a nosa visita, pero, antes de irnos, déronnos a cada alumno unha latiña de mexilóns en escabeche. Tania Lorenzo


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Os alumnos de 5º e 6º de primaria fomos ó monte do Facho para visitar unhas excavacións arquelóxicas duns castros celtas da Prehistoria coñecidos a nivel nacional e incluso internacional. O monte estaba situado en Donón, Hío. Os castros estaban protexidos cun plástico especial para non danalos se alguén pasaba por riba. Non había unha estrada directa ó Facho, asi que tivemos que ir caminando dende a caracola ata o monte, por un camiño moi escarpado e cheo de pedras. Cando estabamos subindo polo camiño, vimos unhas vías que se usaban para baixar as pedras das excavacións.Despois paramos para merendar e puidemos ver as vistas que había dende arriba, que eran incribles.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Charla en Geriatros No mes de xaneiro fomos ó Geriátrico de Aldán. Desprazámonos nos coches dalgúns pais da clase, porque iamos ir andando pero facía mal tempo. Ó chegar, atendeunos unha moza moi agradable. Máis tarde, entramos ó bar e merendamos e falamos con algúns “velliños”. Despois fomos a unha sala moi grande onde se reuniron case tódolos residentes do Geriatros. Alí, Juan Abalo e o seu fillo, tamén Juan; faláronnos das conserveiras axudados dun ordenador e a televisión. Mentres nos facían a presentación, algunhas persoas maiores intentaban escoitar, pero outras falaban, rían e algunhas, a ratos, durmían. Ó saír, vimos unha perruquería. É como a túa casa, pero convivindo con outras persoas. ENTREVISTA A JUAN ABALO 1. A fábrica era da súa propiedade ou traballaba para outra persoa? - Si, era da miña familia. 2. Cal era o nome da marca dos seus produtos? - “Conservas Abalo”. 3. Cando era pequeno pensou algunha vez traballar nunha fábrica? - Non. A medida que fun medrando vin a necesidade de traballar nela. 4. Cantos anos estivo traballando? - 50 anos. Tamén estiven 7 anos en Venezuela. 5. Gustáballe o seu traballo? - Naqueles tempos tiñamos que conformarnos co que había, aínda que non gustara; pero a min gustábame o que facía. 6. Cantas persoas traballaban na súa fábrica? - Entre 30 e 50. 7. E traballaban sobre todo os homes ou as mulleres? - Traballaban máis mulleres. As mulleres facían o salazón e enlatado e os homes os traballos pesados e os traballos administrativos. 8. Como se traballaba antes, coas máquinas, ou manualmente? - Traballabamos manualmente, poñendo as sardiñas nas latas, unha á carón da outra en forma de círculo. 9. Faciades a man os barrís para gardar a salazón? - Si, faciamos nós as pandeiretas para salgar o peixe. 10. O peixe desalábase para comer ou se comía así? - Na maioría dos casos se desalaba, asábase e tomábase con aceite. 11. Os pilóns do salazón estaban dentro da fábrica ou ó aire libre? - Ó aire libre. 12. Aproximadamente, cantas latas de conserva se facían ó día? - 3.000 latas aproximadamente. 13. Vendiades os produtos ó por maior, ós supermercados ou directamente a particulares? - Ós supermercados. Non se vendía nada na fábrica. 14-Tiñan moita venda? - Si. Algúns pedidos tiñan que esperar. 15. Por que antes había tantas fábricas e agora non? - Sobre todo pola chegada de frigoríficos e conxeladores. Lucía Domínguez - 6º E. P.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

Oviedo

Cangas de Onís

Covadonga

Santander

Palacio de La Magdalena

Covadonga Santillana del Mar León

Picos de Europa

-

42 -


COLEXIO SAGRADA FAMILIA COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA ANDORIÑA

ANO 2013 ANO 2013

Hoxe por hoxe, penso que o mellor recordo que teño dende a miña chegada ao colexio con tres aniños, foi a viaxe que realizamos a Cantabria todos xuntos o pasado mes de abril. Acompañounos a nosa titora, a nai dun compañeiro e un dos mellores, por non dicir o mellor condutor do mundo. Ademais de disfrutar, esta viaxe fixo máis fortes as nosas relacións e amizades. Estou moi orgulloso de todos e cada un dos meus compañeiros e compañeiras; e non só por eses cinco días, que foron os mellores para mín, senón por habelos coñecido e tido a gran sorte de compartir con eles estes trece anos da miña vida. Nunca olvidarei esta etapa no colexio e espero que eles tampouco. Botareivos moito de menos a todos e cada un de vós, porque sodes marabillosos e irremprazables para min. Valedes moito e deséxovos a maior sorte do mundo.

Mauro Coya, 4º ESO -

43 -

Os amigos son como as estrelas; non sempre as ves, pero sabes que están aí!


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

O colexio remata este mes de maio coa ofrenda de flores á Virxe que tanto nos gusta facerlle. Pola mañá cedo levámola a cabo os alumnos de Infantil e Primaria con entrega de flores e lectura de poemas que os nenos e nenas lle compuxemos con agarimo a María. Ás 12 h lemos os nosos poemas e ofrecemos as flores os

31 MAIO

alumnos de ESO. Deste xeito, amosamos o amor que lle profesamos á Virxe e o orgullo que supón para nós tela nas nosas vidas como exemplo de virtude.


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

O pasado 9 de maio os alumnos de 3º e 4º de ESO realizamos unha interesante saída a Caldas e Padrón. Primeiramente visitamos en Caldas a empresa uímica FORESA, onde amablemente nos ensinaron as instalacións e o seu funcionamento. Loxicamente, fixemos a visita pertrechados cos chalecos reflectantes e as gafas de seguridade. Algún parecía xa un científico...! Aprendemos moito, sobre todo que a química non queda só no papel, que ten a súa aplicación práctica na vida cotiá; concretamente, aquí prodúcense todo tipo de colas. A seguinte visita fixémola á casa da Matanza en Padrón, onde viviu Rosalía de Castro. Foi moi emocionante ver a súa cama, sempre adornada cunha flor collida do xardín; a cociña típica, onde supoñemos que faría a comida, e sobre todo o vello escritorio onde ela producía os seus sentidos versos.

Aprendemos moito ese día!


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Uxía

Mª José

Iago

Luis

Mauro

Rodrigo

Manuel

Ángel

Óscar

Eva

Sergio

Raúl

Carmen

Laura

Pablo

Samuel

María

Marta

Sandra

Carolina

Ana

María

Goretti

Saúl


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

No PRIMEIRO TRIMESTRE deste curso realizamos, nos recreos dos luns e mércores, un torneo de HOCKEY. Nel competiron oito

equipos; destes clasificáronse catro, que

logo disputarían a final. Esta sería gañada polo equipo formado por: Iago C., Mauro C., Samuel P., María V., Rodrigo D., Mauro I.,Elena L., Moisés O. e Cristina G. Foi una competición moi disputada, na que os rapaces e rapazas da ESO, disfrutaron demostrando as súas habilidades co “STICK”.

No SEGUNDO TRIMESTRE , os alumn@s competiron simultaneamente en dous torneos: SALTO Á COMBA, ( no que gañou Andrea Dacosta, 2º ESO), e FÚTBOL SALA ( gañado polo equipo formado por: Samuel, Mauro, Luis, Raúl, Miguel, Nerea, e Mauro P. ).

No TERCEIRO TRIMESTRE xogamos un torneo de BRILÉ. Nel, ao igual que nos anteriores, participou toda a ESO. Dado o enorme número de participantes, este campeonato resultou moi variado e bastante difícil de gañar.

A pesares de ser xogos pouco coñecidos

ORGANIZADO POR 4º ESO

( hockey, brilé…), houbo unha gran participación por parte do alumnado.

ANO 2013


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

3º E.P.

O día 10 de Maio, celebrouse no colexio Sagrada Familia de Aldán a III Olimpiada Escolar. Nela participaron tódolos alumn@s do colexio, dende Educación Infantil ata a ESO.

5º E.P. Deixado atrás o cross escolar, no que a participación era baixa, dende a Anpa, intentouse promover o deporte e o xogo como saúde e benestar para os alumn@s do noso colexio. De aí naceu esta nova iniciativa, na que todos os rapaces e rapazas do centro participan de maneira activa e divertida, tanto na

2º E.P.

4º E.P.

6º E.P. organización coma na participación nos xogos. Os alumun@s de Educación Infantil aproveitaron o porche do centro para levar a cabo as súas actividades: dende salto de altura e lonxitude ata lanzamentos de diversos materiais, son as probas que estes cativos tiveron que levar a cabo

1º EP


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

1º ESO

2º ESO

ANO 2013

En Educación Primaria, as dúas pistas polideportivas foron o escenario das actividades que, por grupos e por ciclos, tiveron que ir superando: tiro a corda, probas de axilidade e as propias de atletismo (salto de lonxitude, altura, etc) Os alumn@s da ESO, coma noutros anos, desprazáronse á marabillosa praia que temos enfronte ó colexio para realizar tres disciplinas deportivas nas que todos os rapaces e rapazas tiveron que participar: balonmán praia, fútbol praia e volei prai

3º ESO

Para finalizar a xornada, fíxose entrega dun trofeo a cada un dos cursos participantes, en agradecemento ao seu esforzo e entrega. Tódolos participantes: alumn@s , profesor@s e membros do ANPA; recibiron como agasallo unha camiseta co logotipo do colexio.

4º ESO


COLEXIO SAGRADA FAMILIA

ANDORIÑA

ANO 2013

Busca na sopa de letras estas palabras: Amor, amorodo,amizade,agarimo, Xoaniña e nai.

A

M

I

Z

A

D

E

A

G

A

R

I

M

O

B

M

N

C

U

Z

W

A

M

O

R

O

D

O

LETRAS GALEGAS

R

I

R

R

O

S

E

MAIO 2013

X

T

V

Ñ

H

G

A

A

Ñ

I

N

A

O

X

Premiados no certame das

María Diz, 3º E.P.

Atopa as once palabras máis fermosas nesta sopa de letras: N C S R I O G E R T S O L

B A B A D U R L X N A S A

O R I U W X F M O D L B M

N U F L M Z A S Ñ S U V X

Q W L C X T L P F Ñ C A C

A R U A D B C N A M E R O

L S H N Ñ F A X I U C U X

T D P A R A T I Ñ O U L E

O X E D T D R D A L S A G

X L I O S A U F X G Ñ L A

O G F G O R A X Ñ L D H S

L F C Z Z U D T W T C Ñ C

P E A X I L A P O P F Z L

E I S R E Z C M N V A X E

E T A A B P A G H P I W P

W O F H W S X S T A S A T

I B O N E C A W P Ñ P D G

1. Muller que pariu fillos. 2. Mascotam habitual que podes atopar nunha casa. 3. Sinónimo de travesura. 4. Diminutivo de rato. 5. Ave mariña típica de Galicia. 6. Luz producida pola electricidade os días de tormenta.. 7. Animal que produce luz polas noites. 8. Parte da cara que pecha a boca. 9. Xoguete que utilizan sobre todo as rapazas cando

son pequeñas. 10. Herba que nace en zona rochosa con flor amárela e picos. 11. En castelá “cosquillas”. Tomás Iglesias, 6º E.P.

49


Andoriña Nº 21. Curso 2012-2013