Un mar de libros nadal 17

Page 1

C.E.I.P. “COUCEIRO FREIJOMIL” “Xardín do Pasatempo”. http://bibliocouceiro.blogspot.com.es/

“Un mar de libros neste Nadal”

Parking cubierto disponible. Se ruega enviar contestación antes del 23 de noviembre a Stephanie Bourne a la dirección alguien@example.com o llamar al (242) 555-0177


19 razóns para amar a lectura Para aprender. Para aprobar. Para nos informar. Para saber de onde vimos. Para saber quen somos. Para coñeres mellor aos demais. Para saber a onde imos. Para conservar a memoria do pasado. Para esclarecer o presente. Para aproveitar experiencias anteriores. Para gañar tempo. Para nos evadir. Para lle procurar un sentido á vida. Para comprender os fundamentos da nosa civilización. Para manter a curiosidade. Para nos distraer. Para nos cultivar. Para nos comunicar. Para exercer o espíritu crítico. DANIEL PENNAC, Como una novela


GÜINO RECOMENDA: PARA EDUCACIÓN INFANTIL RADIO BULEBULE Paco Nogueiras Edit. Kalandraka Libro- disco: Unha ducia de cancións divertidas, pegadizas e inspiradas nas ondas herztianas conforman a grella de programación dunha emisora comunitaria onde "o falar non ten cancelas”

Álex, o rato de corda. Leo Lioni. Edit. Kalandraka Premiado coa Medalla Caldecott, un clásico sobre a crecente amizade entre dous ratiños, un de verdade e outro mecánico. ¿AMIGOS? Charlote Gastaut. Kókinos Libro Realidade Aumentada. Un pequeno yéti, adorable, curioso e inocente como un neno, pregúntase: estou só? Non hai ninguén con quen xogar? Unha historia de amizade sobre unha paisaxe nevada, que se revela moito máis divertido e inesquecible do que aparenta. Onde a nada se volve presenza e as sorpresas son compartidas.

¡OH! UN LIBRO CON SONIDOS. H. Tullet Kókinos A primeira vista parece un libro silencioso, pero ao abrilo levámonos unha gran sorpresa, pois as súas páxinas son capaces de soar, cantar, ruxir, rumorear, discutir, rir, inventar novas linguaxes… Si, a maxia é posible, pero só coa participación activa do pequeno lector. THE VERY HUNGRY CATERPILLAR. Eric Carle A pequena oruga glotona ten unha fame terrible, tanto que o luns se come unha mazá, o martes dúas peras, o mércores tres ameixas. Sabes ao final en que se vai a converter?. Este é un libro apropiado para os máis pequenos xa que co seu texto fácil de comprender e unhas ilustracións cheas de colorido logra captar a súa atención.


PARA OS PRIMEIROS LECTORES QUEN VÉN ESTA NOITE? Ana Meilán. Autoeditado Sempre se deu por suposto que era o mesmo Ratiño Pérez para todos, máis isto non ten nada de certo. Quen vén esta noite? A historia está a piques de mudar…

BÁGOAS DEBAIXO DA CAMA Ana Meilán. Autoeditado . O pequeno Simón, canso de que todo o mundo lle chame chorón, decide gardar en botes debaixo da cama as súas bágoas e as de todo aquel que chora, pero… Que ocorrería se o mundo quedase sen bágoas? EL HOSPITAL DE LITERA TURA Alicia González Ramírez. Autoeditado. A meiguiña Liteira Tura armou na súa casa un hospital moi especial: un hospital para os contos que ten páxinas rotas, ilustracións algo descoloridas, en fin que necesitan dunha ayudita para seguir desempregado a súa función! Pero todos o esforzo da nosa Bruxiña veranse postos en perigo fronte á enfermidade branca que ataca os libros facendo desaparecer toooodo o texto que aparece nas súas páxinas EL BUHITO BU. Paul Friester. Edit. La casita roja Buuuuu, buuuuu, buuuu!, resoa un día no pacífico bosque. Que está a pasar?, pregúntanse os animais. Será un lobo? Non!, é un bufiño que chora moi, moi forte. O ourizo, o corvo, a toupa, o esquío…: todos tentan consolalo. Pero o bufiño non deixa de choromicar. Se polo menos alguén soubese que lle pasa!… BROWN BEAR, BROWN BEAR, WHAT DO YOU SEE? Bill Martin , Eric Cale En cada páxina coñecemos un novo animal que nos axuda a descubrir que criatura será a seguinte en aparecer. "Oso pardo, oso pardo, que ves aí? Vexo un cardeal mirándome a min...". Este patrón repítese unha e outra vez ata que os nenos que recentemente aprenden a ler poden unirse ao lector, predicindo facilmente as liñas que seguen. Risas e cellas levantadas acompañarán a historia a medida que os animais se volven máis e máis estraños (un gato púrpura!).


PARA OS LECTORES AUTÓNOMOS 20.000 LEGUAS BAIXO DOS MARES Julio Verne. Baia Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Landd atópanse na auga a lombos dun monstro. Só entón se decatan de que non se trata nin dunha balea nin dunha criatura mariña, senón dunha estraña máquina submarina, o Nautilus! De súpeto, ábrese un zapón e os nosos amigos son arrastrados ao interior da nave. Son prisioneiros do misterioso capitán Nemo. MARCOPOLA-.A ILLA REMEIRA. OS PIRATAS DA LÚA. Jacobo Fernández Serrano. Editorial Xerais. Nesta nova aventura MARCOPOLA e LIBRO coñecen os Piratas da Lúa, unha estrafalaria banda de mariños nocturnos moi amigos da festa rachada. Xuntos pasarano de marabilla, mais tamén haberán de enfrontarse ao malvado Almirante Cobreguiña e á súa desapiadada tripulación. FEDE QUIERE SER UN PIRATA. Pablo Aranda. Editorial Anaya O que Fede máis desexa neste mundo é ser pirata, pero aínda lle falta moito para conseguilo. Antes deberá cumprir certos requisitos que considera indispensables: bañarse só, non ter medo na cama, conseguir un papagaio e, o máis importante, perder unha perna e substituíla por unha pata de pau. Tras a chegada dun novo compañeiro á súa clase, comprenderá que non fai falta perder ningún membro para ser un valente pirata.

GUÍA SECRETA DE UN GUARDIÁN DE DRAGONES. Katie Haworth.Editorial SM. Algunha vez soñaches con voar a lombos dunha besta aterradora??Gústache as aventuras e a maxia??Si? Entón, non o dudes. O teu destino é converterte en gardián de dragóns!!! Unha divertida guía con todo o que necesitas para coidar o teu dragón, aprender a domalo e non queimarte co seu alento abrasador. "CHRISTMAS FUN". Ed.Black cat (Vicens Vives) Papá Noel presenta a Rudolph o reno e os seus amigos. Él organiza un partido de fútbol entre os renos e os osos polares...


PARA OS LECTORES EXPERTOS PIPI MEDIASLONGAS Astrid Lindgren. Kalandraka. Un clásico universal e imprescindible, por fin en galego para gozar das aventuras e extravagancias dunha nena rebelde, simpática e extrovertida, convertida nunha icona contemporánea. Porque con Pippi, a lectura é... unha grande aventura!

AXTÉRIX EN ITALIA Rene Goscinny. Xerais. Os personaxes creados por Albert Uderzo e René Goscinny volveron! Logo de «Astérix e os pictos» e «O papiro do César», Astérix e Obélix regresan con «Astérix en Italia», o novo álbum asinado polos talentosos Jean-Yves Ferri e Didier Conrad. En «Astérix en Italia», Astérix e Obélix embárcanse nunha gran aventura que fará que coñezan a fondo a sorprendente Italia antiga. UN LABORATORIO EN CASA. R. Winston. Edit. DK Constrúe un modelo de Sistema Solar con gomas elásticas, consegue que un barco que navegue só usando xabón, fabrica o teu propio slime ou inventa a réplica dun volcán en erupción cun laboratorio en casa, un libro cheo de grandes experimentos para futuros científicos.

LOS PROTECTORES. Roberto Santiago.SM Bárbara é a xefa dos Protectores. E tamén están os Apaches. Unha banda de adolescentes que teñen atemorizado ao barrio. Todos queren algo de Vicente. Pero el non sabe moi ben que é. E ademais estase fartando. É o momento de demostrar quen é de verdade Vicente Friman. Premio Barco de Vapor 2016

FIVE CHILDREN AND IT Edit. Black cat (Vicens Vives) Cinco rapaces van de vacacións e descubren unha fada da area que garantiza desexos e este é o comezo dunha gran aventura para eles.


E ademais para o 2º trimestre… OS CONTACONTOS DE KALANDRAKA compartirán co alumnado de E. Infantil dúas sesión de Animación á Lectura. EU CONTO, TI CANTAS... María Victoria Moreno Márquez. Xerais A editorial Xerais convída a 1º e 2º de Primaria a una sesión con Iago López, que presentará o libro da autora ao que se lle adica este ano no Día das Letras Galegas. Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: “Xa non teño medo”, “Can branco, can negro” e “¿Un cachiño de bica?” OBRADOIRO DE POESÍA CON Antonio García Teijeiro para o alumnado de 3º/4º de Primaria. POEMAR O MAR Xerais Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2017. O mar é o gran protagonista, un mar que ronca, que molla con poemas, que ten trenzas, que anda murcho, que chora por dentro e cala por fóra. Mares con ondas amarelas, con illas coma estrelas, mares de plumas que son de auga e mel, mares de tinta verde con barquiños de papel. CLUBS DE LECTURA: 5º PRIMARIA ULISES E AS CRONOAMIGAS Érika Esmorís. Sushi Books "Ulises é unha alumna exemplar, pero Caraempanada decidiu suspenderlle Historia este curso. Cun pai anticuario, non se pode permitir tal cousa. Os seus pais deciden mandala a un campamento para rapazas na que poderá reforzar os seus coñecemento de Historia. E é que alí conviven rapazas de diferentes épocas históricas! Visitaranos a autora!!! 6º PRIMARIA MURIEL. Premio Merlín de Literatura Infantil 2017 María Canosa. Xerais ( Convídanos a una xornada coa autora) A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos. Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro


PARA LER EN FAMILIA (Estes e outros libros están á disposición das familias na biblioteca escolar no horario de tarde) EDUCACIÓN PARA UN MUNDO NOVO María Montessori. Kalandraka A impulsora das "Casas dos Nenos" artellou unha metodoloxía didáctica extendida por todo o mundo- que sitúa as nenas e os nenos como protagonistas do proceso educativo, desenvolvendo as súas capacidades en colaboración coa natureza

SÍ, MAMÁ Mª Luisa Ferreros Tor.Planeta Este libro aborda os temas máis importantes e habituais que presentan os fillos ao longo do seu crecemento. O seu obxectivo é axudar aos pais para saber identificar os problemas e os signos de alarma que poden presentar os fillos ao longo da súa crianza, de cero a dezaoito anos, para a súa solución práctica e efectiva.

Visitade a nosa exposición!


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.