María Pita, unha defensora da igualdade de xénero

Page 1

Día da muller traballadora

Proxecto: O paso da historia

Idade Media

5º B CEIP A Sangriña


María Pita é unha das mulleres máis importantes na historia Moderna de Galicia. Naceu en 1556. Foi unha muller esixente e decidida. Casouse catro veces, quedando viúva en todas elas, non se casou máis veces porque esixíullelo o seu último home no testamento. A súa gran contribución á historia, e pola que é recordada, foi alá polo ano 1589 cando conseguiu levantar os ánimos dos soldados españoles para que seguiran combatendo, contra a inmensa flota inglesa do corsario Drake, enviado da raíña Isabel I de Inglaterra, para acabar cos restos dos barcos españois da Armada Invencible, que estaban refuxiados no portos do Cantábrico. Como sucedeu? España e Inglaterra estaban somerxidas nunha guerra, despois de varias batallas os poucos barcos españois que quedaban a flote retiráronse cara os portos do cantábrico. Os ingleses ao sentirse gañadores, tiveron medo de que volveramos a atacalos polo que xuntaron unha gran flota de barcos para vir a nosa terra e machicar os poucos barcos que nos quedaban . Día da muller traballadora

Proxecto: O paso da historia

Idade Media

5º B CEIP A Sangriña


O capitán inglés Drake, que estaba ao mando da flota, enteirouse de que un galeón cargado de ouro, chegado de América, estaba atracado no porto de A Coruña , polo que decidiu desviar a gran parte das súas tropas cara esta cidade para apoderarse de todo. Cando os barcos ingleses se ían achegaron ao porto, desde terra, os soldados españois comezaron a disparar cos canóns e logo pecháronse nas murallas da cidade. Despois de días de loita e fogo intenso, os ingleses consigue entrar por un burato feito na muralla. Na batalla, os soldados españois, reciben a axuda das mulleres que lles levaban pan e auga para que non abandonaran os seus postos. Un alférez inglés subiuse á muralla cunha bandeira na man despois de matar a Gregorio de Recamonde( home de María Pita). Esta ó ver ao seu home morto, colleulle a súa pistola e matou ao alférez. As tropas inglesas ao ver a un dos seu xefes morto a mans dunha muller do pobo asústanse un pouco. Nese mesmo momento María Pita berrou" Quen teña honra que me siga" Á vista desta heroicidade, os ánimos abatidos Día da muller traballadora

Proxecto: O paso da historia

Idade Media

5º B CEIP A Sangriña


dos coruñeses transfórmanse, lanzándose homes, mulleres e nenos contra os ingleses que despois de varias horas de loita emprenden a fuxida. Unha vez rematada a batalla, axudou a recoller cadáveres e a coidar nenos feridos. Os homes foron condecorados pola fazaña, pero as mulleres non. María Pita enfadouse e viaxou a Madrid para protestar pola inxustiza ante o rei. Tiveron que pasar varios meses hasta que o rei a escoitara.

Felipe II, arranxou a inxustiza condecorando a María e as mulleres igual que se fixera cos homes e ademais concedeulle unha pensión que era equivalente ao soldo dun alférez e un permiso de exportación de bois de España a Portugal.

Seguiu defendendo a igualdade entre mulleres e homes. Día da muller traballadora

Proxecto: O paso da historia

Idade Media

5º B CEIP A Sangriña


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.