Mafalda2

Page 1

CELEBRAMOS O ANIVERSARIO DE

Mafalda

REPARTO DE CARNÉS DA BIBLIOTECA FORMACIÓN DE USUARIOS EXPOSICIÓN DE MAFALDA NOS CORREDORES DO CENTRO

24 outubro de

biblioteca

DÍA DA BIBLIOTECA

Instituto de Ensino Secundario MONTE CARRASCO

E


Quino pai de Mafalda Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014

O humorista gráfico Joaquín Salvador Lavado, Quino (Mendoza, Argentina 1932), creador de Mafalda, foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2014. Este galardón chegalle o mesmo ano no que se celebra o 50 aniversario da creación desta popular tira cómica, que foi traducida a máis de 30 idiomas e levada ao cine e a televisión.

Primeiras tiras de Mafalda publicadas o 28 e 29 de setembro de 1964

de

outubro

DÍA DA BIBLIOTECA


de

Mafalda

outubro

DÍA DA BIBLIOTECA

Artículo de Ana de Sá publicado na Gaivota número 57 Mafalda é un personaxe de cómic que nace para ilustrar unha campaña publicitaria dunha marca de electrodomésticos. Esta nunca chegou a publicarse, pero deu lugar a un personaxe imprescindible. Mafalda apareceu por primeira vez no 29 de septembro de 1964. Non se sabe o seu apelido, pero nunha das tiras despois de Mafalda aparece un M. Cando apareceu tiña 6 anos. O seu autor é Joaquín Salvador Lavado Tejón, Quino, un humorista gráfico arxentino, fillo de inmigrantes andaluces.

Mafalda é filla dunha típica familia de clase media Arxentina. Mafalda ten pai, nai e un irmán pequeno, Guille. Os pais de Mafalda e Guille, son de clase media, ("mediaestupida" segundo Mafalda). Non se sabe o nome do pai. A nai chámase Raquel e é unha ama de casa que non acabou os estudos por casar, cousa que Mafalda sempre lle reprochou. El é un axente de seguros que sempre está pendente de que á súa familia nunca lle falte o diñeiro. Debido á insistencia de Mafalda, compraron un televisor e despois un coche.

O irmán pequeno de Mafalda, Guille, é rebelde e inxenuo. A súa inocencia é a principal causa do éxito das súas tiras. Igual ca a Manolito, a Guille gústalle a sopa, o que non fará máis que provocar enfados coa súa irmá maior. O número de tiras editadas sobre Guille escasean pero hai que dicir que as existentes son todas de unha altísima calidade. Envolto no seu mundo pequeno e inxenuo, Guille non se relaciona practicamente co grupo, polo que case sempre sae só ou con Mafalda, "Mafaldita", como lle chama el.


Mafalda é unha nena moi simpática preocupada por temas sociais e políticos, da Arxentina, e tamén mundiais, dos anos 1 960 e 1970 . Esta preocupación mostra altas doses de pesimismo, pero tamén certa esperanza en que un día a situación mellore. Representa o inconformismo da humanidade, pero con fe na súa xeración. Os seus odios máis nítidos abarcan a inxustiza, a guerra, as armas nucleares, o racismo, as absurdas convencións dos adultos e... a sopa. Entre as súas paixóns figuran os Beatles, a paz, os dereitos humanos e a democracia. Mafalda é moi curiosa e nunca lle faltan preguntas para os seus abnegados pais. Preocúpase pola situación mundial, polo que está constantemente actualizándose a través da radio. Espera sacar unha carreira universitaria e chegar a ser alguén na vida.

Os seus amigos son moi distintos dela e tamén entre si. Cada un deles presenta trazos de carácter moi marcados que permiten unha gran diversidade de puntos de vista en diferentes cuestións.

Felipe é o maior do grupo, xa que lles leva un ano a todos os demais, excepto a Miguelito, ó que lle leva dous. É un dos personaxes máis carismáticos e lévase ben con todo o grupo. O seu apelido é descoñecido. Felipe está tolamente namorado dunha veciña moi guapa do seu barrio pola que suspira pero é posuidor dunha timidez que non lle deixará falar co seu amor platónico. É un angustiado da vida, case sempre está pensando nas tarefas que non fixo e sempre está imaxinándose como a súa escola será demolida. Sempre fai plans que logo non se atreve a levar a cabo. É a personificación da indecisión e das dúbidas de todo tipo.

de

outubro

DÍA DA BIBLIOTECA


Manolito é un personaxe fundamental nas tiras. É o personaxe máis bruto, culturalmente falando, xa que o seu cerebro é unicamente habilidoso para sacar contas. Axuda ó seu pai no seu almacén de comestibles e sempre está anunciando as excelencias do almacén Don Manolo. É o único personaxe xunto con Guille ó que lle gusta a sopa. Polo demais, odia con toda a súa alma aos Beatles e a Susanita debido principalmente ós insultos que esta lle di sobre a súa intelixencia. O seu ídolo é Rockefeller e a súa meta é ter unha gran cadea de supermercados cando sexa maior. Representa o materialismo en estado puro.

Susanita é a mellor amiga de Mafalda, aínda que son radicalmente diferentes. É o personaxe máis egocéntrico de todos xa que odia compartir protagonismo. A súa gran obsesión na vida é casar e ter moitos filliños e ser rica. Esta obsesión ademais vaina proclamando por aí, o que provoca continuas disputas para que cale. Lévase mal con Manolito polo que continuamente estanse pelexando e insultando. A súa vida é aparentemente normal a pesar de ser "a mala" do grupo e sempre está tratando de dar envexa ós demais. Representa o máis conservador e retrógrado da sociedade, sempre preocupada polas aparencias.

Miguelito é o neno máis pequeno do grupo se non temos en conta a Guille. Nel móstrase a inxenuidade e o descubrimento do mundo. É un dos personaxes que máis se fai querer debido á súa forma de ser. Mafalda coñeceuno na praia estando de vacacións e resultou vivir cerca de Mafalda; pronto coñecería a todo o grupo. Non se leva mal con ninguén do grupo pero debido ó seu pouco coñecemento das cousas e á súa gran imaxinación sempre está con cuestións absurdas e con deducións sen sentido Entre todos constitúen un universo no que están representadas as virtudes e defectos da sociedade adulta, á que Mafalda cuestiona constantemente.

de

outubro

DÍA DA BIBLIOTECA


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.