Segunda edición

Page 1


Participantes José Manuel Barreiro Presidente provincial do PP de Lugo e portavoz do PP no Senado.

Manuel Baltar Presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Ourense.

Rosendo Fernández Secretario provincial do PP de Ourense.

Sonia Rodríguez-Campos Directora da Escola Galega de Administración Pública.

Alfonso Rueda Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e secretario xeral do PP de Galicia.

César Fernández Portavoz do PP de Ribadavia.

José Manuel Rey Alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp.

Argimiro Marnotes Alcalde de O Carballiño.

“Tempo de reformas” Casa da Cultura de O Carballiño, 27, 28 e 29 de xullo de 2012


Programa Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”

VENRES, 27 DE XULLO 18.00 h: Acto inaugural.

A Escola de Verán de Dereitos e Liberdades “Miguel Ángel Blanco” chega este ano a súa 2ª edición. Ten como obxectivo incrementar a participación política, potenciando o diálogo e a unidade e achegando propostas que permitan esa necesaria interacción entre a sociedade e a política. A Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" quere ser un elemento dinamizador do diálogo para debater e analizar os temas de máis interese na actualidade social, pero tamén quere ser unha plataforma dende a cal se lle renda homenaxe á memoria do concelleiro do PP Miguel Ángel Blanco, asasinado por ETA, pois foi un referente na defensa dos dereitos e liberdades cidadáns. Neste segundo curso da Escola de Verán desenvolveranse relatorios e mesas redondas enmarcados dentro do título “Tempo de reformas”, nos que se analizará un dos asuntos de máis actualidade como son as reformas das estruturas políticas e administrativas. A importancia da Escola de Verán "Miguel Ángel Blanco" radica na súa finalidade, que non é outra que abordar os temas que configuren a actualidade na axenda política e social, para que os especialistas aporten a súa visión e así enriquecer o proxecto político popular e, por extensión, a comunicación entre a sociedade en xeral e a política.

  

Argimiro Marnotes, alcalde de O Carballiño. César Blanco, responsable de Formación do Partido Popular de Ourense. Rosendo Fernández, secretario provincial do Partido Popular de Ourense.

18.15 h: Relatorio. “A reforma do sector público instrumental”.

Sonia Rodríguez-Campos, directora da Escola Galega de Administración Pública.

19.00 h: Relatorio. “As reformas e a sostibilidade do estado de benestar”.

José Manuel Barreiro, presidente do PP de Lugo e portavoz do PP no Senado.

SÁBADO, 28 DE XULLO 18.00 h: Proxección do vídeo. ”A xeración Miguel Ángel Blanco”. 18.30 h: Relatorio. ”O novo papel das deputacións”.

Manuel Baltar, presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Ourense.

DOMINGO, 29 DE XULLO 12.00 h: Mesa redonda: “Visións sobre o proxecto de reforma da Admon. Local”.

   

José Manuel Rey, alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp. (Moderador) César Fernández, portavoz do PP en Ribadavia. Argimiro Marnotes, alcalde de O Carballiño. Rosendo Fernández, secretario provincial do PP de Ourense.

13.00 h: Acto de clausura.

Manuel Baltar, presidente provincial do Partido Popular e presidente da Deputación de Ourense.

Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e secretario xeral do Partido Popular de Galicia.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.