Xornal "Vivindo san no cole Frian"

Page 1

"Vivindo san no cole Frian"

Estacións metereolóxicas Entrevista a Susana Rodríguez Robótica




Os “cangrexos violinistas” paséanse polo CEIP Frian Teis REDACCIÓN / 3º Este ano somos os alumnos e alumnas de 3º de primaria os encargados de representar ao noso colexio nas “IX Xornadas Municipais de Teatro Escolar”. Presentámonos coa obra “A Illa dos Cangrexos Violinistas”, unha adaptación do libro co mesmo título do autor Xabier Queipo. A obra é un conto teatralizado onde unha nena que habita nas Illas Cíes é envelañada por unha cobra. Uns cangrexos misteriosos, “os cangrexos violinistas”, axúdana salvándolle a vida. O Consello de Anciáns do poboado tomou a decisión de que os cangrexos azuis serían tratados como amigos e ninguén debía molestalos. A obra conta coa participación de todo o alumnado dos cursos de 3º A e B. Asemade, integra unha serie de números musicais nos que se amosan movementos de ACROSPORT, baile tradicional, así como unha grande variedade musical.

Escena da obra. Xan Lois Lomba

Facendo acrosport con thriller. Xan Lois Lomba

Arriba: bailando co pezinho da Vila. Abaixo: número de acrosport. Raquel Glez


Redacción/ 2º B

Facer exercicio e aprender ao mesmo tempo sempre é saudable e podemos facelo programando saídas pola nosa natureza máis próxima.

Amosando cousas que debemos levar na mochila.

Buscando información dos roteiros.

Consultando mapas

Debuxos e texto dos nenos e nenas de 2º B. Idea e fotos de Carmen Fernández


ECOFRIÁN: A VIVENCIA DO HORTO ESCOLAR Equipo H. Escolar /Frian Na nosa escola temos a sorte de disfrutar cada curso da actividade do horto escolar. Situado na parte máis alta do terreo que ocupa o colexio, conta con varios bancais de cultivo e un alpendre para as ferramentas. Está rodeado de varias árbores (grande parte delas froiteiros ) e amparada polo muro traseiro da escola. Grazas á colaboración dun grupo de familiares que se ocupan de varias tarefas (sachado, abonado, limpeza, elaboración dos produtos colleitados,…) e ao grupo de alumnado voluntario, ofrecemos a todos os cursos a posibilidade de participar na experiencia de cultivar diversas verduras e hortalizas. Este ano, o calendario do horto comezou coa colleita dos cultivos de verán, a recoleción de sementes e a elaboración e degustación dunha deliciosa marmelada de tomate elaborada pola nai dun alumno. As comisións saudables de alumnos e alumnas prepararon as bandexas coa marmelada. Montaron un stand de degustación na entrada do cole e na saída ao recreo ofreceron as tostiñas de marmelada a quenes a quixeran probar. A partires do mes de outubro,

os grupos de alumnado fixeron os seus sementeiros nas aulas: chícharos, fabas, remolachas, coliflores,… ademáis dun alcouve de nabizas. Xa no mes de novembro fixemos o transplante dos gromos. Tivemos un outono e un inverno extremadamente complicados a causa da climatoloxía, que provocou a perda de moitos dos cultivos. Con todo, estas circunstancias deron pé a reflexionar sobre a influencia do clima na actividade agrícola e sobre o valor deste traballo tan arraigado na vida da nosa comunidade; ademáis de comprobar a veracidade ou non dos incontables refráns galegos sobre os cultivos relacionados cos meses do ano.

A pesares das dificultades, iniciamos a primavera coa plantación de novas hortalizas e verduras, coa investigación sobre o proceso reprodutor de distintas especies… e coa esperanza de que esta estación nos sexa máis propicia!



AAULA DO PASADO REDACCIÓN / 4º No mes de novembro os nenos e nenas de 4º visitamos, no museo Verbum, a exposición "A aula do pasado", con motivo da conmemoración do 25 Aniversario da Federación Olívica de Pais e Nais de alumnos/as de Vigo e Comarca (FOANPAS). A mostra recreaba unha aula do pasado con todos os elementos: pupitres, lousas, pizarríns, plumillas, mapas, tinteiros, ábacos, libros...

Coñecendo as aulas do pasado. María Alende

Probando os pizarríns. María Alende

Nenos mirando os libros que empregaban e calcando debuxos. M Alende

UNHA VIAXE POLA HISTORIA REDACCIÓN / 4º B Para conmemorar o 150 aniversario do paso do Nautilus por Vigo, os nenos e nenas de 4º fomos ver unha obra de teatro sobre o libro "Vinte mil leguas de viaxe submarino" de Julio Verne. O escritor adicou na novela un episodio clave á Baía de Vigo no cal o capitán Nemo aventurase nas profundidades da ría de Vigo buscando o tesouro de Rande.

A obra foi no Náutico, onde esta a escultura do escritor. Nela unha avoa contoulles as lembranzas de cando era nena e o seu avó lle narraba como coñeceu a Julio Verne. O momento que mais lle gustou os nenos foi cando apareceu o capitán Nemo e lles contou como o Nautilus surcou a Baia de Vigo ensinándolles unha estrelamar das profundidades da ría. Escoitando ao Capitán Nemo. María Alende


COCIÑEIROS E COCIÑEIRAS REDACCIÓN / Infantil 4 anos B

.

Fotos feitas polas mestras de Infantil


FARO DA ESCOLA

SOCIEDAD Y CULTURA

A NOSAANPA

REDACCIÓN / Anpa Cada vez que emprendemos algo temos unha motivación ¿Cal é a nosa? COLABORAR ACTIVAMENTE na educación dos/as nosos/as fillos/as, e facilitar a conciliación das familias, formando así todos xuntos a Asociación de Nais e Pais: a ANPA. Para poder conseguilo temos

unha multitude de alternativas que coordinamos e/ou organizamos, así: A ANPA colabora día a día, na diversa aprendizaxe dos nosos cativos, a través de distintas actividades extraescolares impartidas cada tarde, de luns a venres, e que son dirixidas por monitores especializados. Temos unha oferta de actividades variadas e que responden a diversas inquietudes, por exemplo: Co propósito de estimular a imaxinación creadora, a propia expresión xestual, o ritmo, a harmonía... temos clases de expresión musical, guitarra, pandeireta (Fig 1).

Foméntase o deporte, a coordinación, a resistencia, equilibrio, reflexos, comunicación, e compañeirismo a través de extraescolares de carácter deportivo; fútbol, multideporte, atletismo, piscina, patinaxe, baile, balonmán, grappling… (Fig 2). O traballo en equipo, a creatividade e a imaxinación son os valores que se potencian en actividades como pintura, robótica, teatro... (Fig 3, 4). Este ano, como novidade e seguindo a estela do PDI de centro, ofertamos a actividade de cociña, coa

intención de concienciar e implicar os nenos e nenas na vida saudable e na boa alimentación. A Aula matinal de 7:30 a 9:00 h cada día e o comedor son consideradas pola ANPA de vital importancia para conciliar a vida familiarlaboral e escolar. Ademáis da súa coordinación, o ano pasado e este ano, a Anpa xunto coa Dirección do centro e o Concello de Vigo fixemos unha gran aposta pola mellora das instalacións e contamos cun comedor e unha aula matinal novos (Fig 5). O fomento da lectura e dar

opcións de compartir coas nenas e nenos momentos de lecer, nos cales poida participar toda a familia, pais, nais, avós, curmáns... son o propósito das “Tardes de Conto”; Un serán semanal no que cada alumno/a que o desexe, escolle un conto para ler a tódolos asistentes coa axuda do seu familiar ou amigo. (Fig 6) Actividades nas que se xuntan as familias, a comunidade educativa, o deporte, as tradicións culturais e sociais do noso entorno, así como a interacción con outros centros educativos tomámo-


FARO DA ESCOLA

las como un reto e un pilar do traballo que dende a Anpa realizamos e que entendemos que todos os participantes desfrutamos amplamente. Con este fin organizamos: o Frian Cross (III edición), (Fig 7), as Olimpiadas de Teis (V edición) (Fig. 8), Celebración dos Maios, a Festa de Convivencia no cole en fin de curso, e este ano a participación dunha representación de familias do colexio na Festa da Reconquista (Fig 9). O tempo de lecer en común é sempre un nexo de unión entre as/os alumnas/os e as súas familias que nos gusta

SOCIEDAD Y CULTURA

potenciar xa que, entendemos que axudan a facer comunidade e estreitar os lazos entre nós. Neste senso propoñemos Andainas nas fins de semana (aprox. 3 ó ano), A excursión á neve (Manzaneda) (Fig 10) e a excursión de fin de curso (xa levamos varios anos facéndoas nas Illas Cíes/Ons con opción de excursión ou acampada). Ó longo do curso organizamos as festas do Samaín, Nadal, Entroido, e Fin de Actividades extraescolares nas que a comunidade educativa do noso centro compartimos

xogos, e actuacións. Ademáis da colaboración cos nenos/as de quinto e sexto no séu bar para obter fins para a excursión de fin de curso bianual. Outra novidade este ano foi o Festival/Mercadillo Solidario organizado pola Anpa coa axuda de familias do cole colaboradoras, en favor da asociación Bicos de Papel. Unha xornada moi gratificante que nos permitiu fomentar a empatía e solidaridade nos alumnos/as do cole, as súas familias, os/as profes en beneficio dos nenos/as e familias oncolóxicas do Hospital

Álvaro Cunqueiro. Un esforzo titánico no que se implicaron colaboradores de moi diversos ámbitos e que nos permitiron que se fixese a pesar do mal tempo e que chegásemos a recadar unha importante cantidade que permitirá que proxectos como a construción dun parque de xogos para estes nenos no hospital teña un pouco de nós. (Fig. 11, 12). É A VOSA…ANPA A anpa é… a tranquilidade de tódolos pais e nais da nosa comunidade, permitindo unha mellor conciliación da escola coa súa vida laboral e

familiar. A anpa é ... o lugar onde as familias encontrarnos e compartir inquietudes. A anpa é… o medio de comunicación co resto da comunidade educativa que está a disposición de tódalas familias O NOSO PROPÓSITO É O VOSO... Participar ACTIVAMENTE na educación dos nosos/as e vosos/as fillos e fillas.



MULLERES DEPORTISTAS O 8 DE MARZO REDACCIÓN / 6º A

SUSANA DEIXACHE O TEU SORRISO NO COLE FRIAN E NUNCA O IMOS A OLVIDAR. GRAZAS SUSANA!! Alumnado 6ºA

Susana exponiendo a súa presentación e firmando autógrafos aos nenos. Charo

Mural colaborativo de mulleres deportistas Charo


ROBÓTICA REDACCIÓN / Tics Na procura de despertar no noso alumnado as vocacións STEM (científicas, tecnolóxicas, enxeneiras e matemáticas) este curso solicitamos e foinos concedido o proxecto “Iniciación á robótica e Primaria”. A robótica desenvolve a formación do pensamento computacional e a resolución de problemas desde a perspectiva maker (aunando coñecemento técnico, creatividade e innovación). As actividades máis salientables realizadas ata o momento coa dotación recibida, 6 kits de robots Mbot, foron:

Traballando coa robótica Charo F.


A DOMÓTICA CHEGAAO HORTO DE FRIAN REDACCIÓN / Tics De xeito experimental e axudados pola robótica estamos a deseñar o rego automático do noso horto. Para levar a cabo este reto debemos recoller información sobre as necesidades de rego das distintas especies sementadas no mesmo. Despois de manexar a información programamos o noso mbot para que sega as instruccións. Non é un reto fácil, pero dedicándolle tempo seguro que o conseguiremos. Ao rego nocturno, añadirémoslle un control de temperatura e tamén un xardineiro vixiante que fai quendas de vixiancia por todo o horto. Para poñer en práctica o noso deseño robótico, nas clases de bilingual, construimos unha maqueta do horto.

Maqueta do horto domotizado A. Piñeiro

A ROBÓTICA EN INFANTIL Traballando cos "bee bot Lorena Pose REDACCIÓN / Infantil Os pequenos de infantil, tamén se iniciaron na robótica a través da nosa amiga Bee-bot. Sen dúbida unha experiencia que nos serviu para coñecer nocións básicas de orientación e espazo e outras moitas aplicacións integradas de xeito motivador no ámbito das tics.




ABRINDO A ESCOLA ÁS FAMILIAS REDACCIÓN / Infantil

Obradoiros diversos. Mestres de Infantil


ABRINDO A ESCOLA ÁS FAMILIAS


Cร MIC "SOPA VERDE" Redacciรณn


CÓMIC "SOPA VERDE"


ENCONTROS CON AUTORES E AUTORAS REDACCIÓN / 5º B

O alumnado de 5º recibimos a visita destes autores e autoras que compartiron con nós ás súas vivencias e experiencias como escritores e escritoras, así como os motivos que os levaron a lanzarse á aventura de escribir.

Previamente o alumnado leu e fixo diferentes traballos sobre un libro de cada autor e autora. Anxo Fariña falounos sobre o seu libro “A chave da Atlántida” Anxo Fariña comentounos a súa paixón polos robots, polos illas Cies, polo debuxo e pola escritura.

Deixounos un debuxo de M-0 (Mariely o robot-humanoide) e uns agasallos que recollemos emocionados e emocionadas. Tamén tivemos un tempo para as dedicatorias.

Abaixo Mónica Rodríguez falando de "Alma e isla", Arriba, Anxo Fariña deleitándonos coa súa charla e ilustracións. A Cid

Arriba e abaixo, ilustracións dos nenos e nenas de 5º. A Cid


Abaixo María Canosa coa súa obra "Muriel" gañadora do Premio Merlín 2017 e traballos dos nenos e nenas Ana Cid

María Canosa Blanco


"OS SUPERENERXÉTICOS" REDACCIÓN / 5º A


DESPRAZÁNDONOS SOBRE DÚAS RODAS... REDACCIÓN / 5º A

imos ter un carril bici que irá dende o Barrio de Teis ata Samil, cruzando toda a cidade. Así que, Durante este curso e dentro do PDI necesitamos saber moito sobre as bicis e coñecer as “Vivindo san no Cole Frian” o alumnado de 5ºA normas de educación viaria pola nosa Seguridade. quixo investigar sobre unha compañeira fiel e Obtivemos Moita información nunha charla incansable de todos nós, a bicicleta. Son moitos os impartida por un pai de 5ºA que usa a bici para os beneficios que pode aportar á nosa saúde e seus desprazamentos diarios e para practicar benestar. Averiguamos tamén que proximamente deporte.

E SOBRE CATRO. REDACCIÓN / EF A nosa compañeira Sara, de lingua inglesa (Bomba Hache), recoñecida patinadora, deleitonos cunhas sesións prácticas de patinaxe.. Un pracer ter pasado este tempo coa túa presenza.

Jose, o pai de Lucía,despois da charla tan interesante sobre a bicicleta Ana Piñeiro

Arriba, dereita e abaixo, diferentes traballos dos nenos e nenas de 5º A A. Piñeiro

Bomba Hache con algunhas alumnas de 6º J. Maíllo


ALIMÉNTA-T BEN REDACCIÓN / Montse Seoane Un ano máis participamos no Programa Aliméntate a través da Consellería do Mar e do Medio Rural que aproxima aos nenos e nenas ao medio rural e mariño, co obxectivo de potenciar o consumo dos seus produtos (froita, leite e peixe) entre o alumnado mediante un proxecto interdisciplinar que leva a cabo accións educativas diversas, destinadas a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables. O leite e a froita ofrécense no momento do recreo, á totalidade do alumnado, agás que por motivos de saúde non sexa recomendable. A intención é que os rapaces e rapazas adopten estes alimentos nas súas merendas en lugar de lambetadas que habitualmente traían da casa. Tentamos incidir nas familias e facer das merendas sás un hábito saudable polo que como novidade este ano comenzamos co noso calendario

de merendas saudables, os premios ás aulas máis saudables e o carnet de supersaudables que se conseguirá ao final de curso. O éxito do plan depende de toda a Comunidade Educativa. Nas as aulas estamos a traballar dende as diferentes Áreas e coordinados pola Biblioteca do Centro a través do noso PDI Vivindo san no cole Frian: os beneficios dunha dieta saudable, o plato alimenticio de Harvard, a nutrición, analizamos o etiquetado dos produtos, elaboramos receitas saborosas, realizamos traballos plásticos inspirados nos famosos artistas Andy Warhol e René Magritte en aspectos da alimentación, creamos mapas conceptuais do vocabulario da alimentación en L. Inglesa, decoramos as portas das aulas, traballamos nos hortos... sempre fomentando actividades de ambientación e traballo en equipo.

Aniversario sen lambetadas! M. Seoane

Puzzle busca do tesouro Montse Seoane

Merenda saudable, leite e froita Montse Seoane

Un biscoito caseiro Montse Seoane

Leite con chocotate, boísimoo Montse Seoane


CONTAMOS CONTIGO Redacciรณn O


SECCIÓNS BILINGÜES Redacción


TRAZOS, CORES E ARTE CON PIET MONDRIAN REDACCIÓN / E. Infantil

Mondrian reduciu as cousas só a forma e cor, de forma que a liña e a cor son os únicos vehículos de expresión do contido do cadro. Pero aínda foi máis lonxe e reduciu todas as formas á oposición e o equilibrio entre a liña vertical e a horizontal, e todas as cores ao tres primarios (vermello, negrón, amarelo), ademais do branco e negro.

Este ano é o noso primeiro curso na escola e estamos a descubrir moitas cousas novas. Traballar o trazo pode ser algo divertidísimo e se o relacionamos co noso mundo real e coa arte aínda máis. A partir dun xogo de rectas levounos a traballar a continuidade do xesto, seguridade, control da traxectoria… A aplicación práctica plasmámola en composición con vermello, amarelo e azul, onde os nenos e as nenas trazan sobre o branco liñas negras, horizontais e verticais, que

Diferentes momentos das creacións

determinan unha trama de cadrados e rectángulos. A ausencia dunha forma central onde o espectador poida fixar a vista permite que cada elemento cobre protagonismo: visto por separado son puramente estáticos, pero ao observalos en conxuntcomposición vólvese dinámica. As liñas negras empregadas serven para delimitar as cores, posto que o contacto entre eles faría que influenciásense, perturbando a percepción sensorial e

Raquel Glez.

As premisas que Mondrian establece e reproducimos do mesmo xeito cos/as nenos/as foron: 1) o cadro non ten que representar nada identificable coa realidade. 2) o seu valor está en se mesmo, nun xogo de liñas, formas e cores, de forma que a diferenza entre as obras serán sutís variacións.

“A arte non está feito para ninguén, e é, ao mesmo tempo, para todos”. Piet Mondrian

confundindo o espectador. Variamos a técnica orixinal de Mondrian, realizando os trazos con cola branco, onde logo botamos sal e por último, puxemos a cor. Para facelo, utilizamos pipetas e ao absorber o sal a cor, o efecto foi máxico. Ademais, tamén puidemos observar como se formaron moitas cores a partir do tres primarios; vermello, amarelo e azul



PASATEMPOS Redacciรณn/ Infantil


NON É XIMNASIA Hammeleck 1976 REDACCIÓN / EF As vantaxes das novas tecnoloxías son incuestionables. A única pega que cabería engadir é que, a costa de facernos a vida máis cómoda, impídennos que nos movamos tal e como faciamos hai uns anos. O obxectivo principal, na nosa opinión, da EF é frear este inmobilismo imperante na nosa sociedade. O acto de moverse foi e é un acto necesario e imprescindible na nosa evolución. Este panorama únese a xornadas de ata cinco sesións, nas que na maioría das ocasións os alumnos e alumnas se atopan en posición sentada. Todo isto fai que os nosos alumnos e alumnas vaian batendo récords ano tras ano na competición do sedentarismo, praga xa anunciada pola OMS. O noso traballo, cremos, que debe estar polo labor de ofrecer a maior cantidade posible de experiencias motrices. Nese eido atopámonos ofrecendo uns cimentos por unha vida sá nos nosos alumnos e alumnas. Cremos firmemente, que dúas sesións de EF á semana son insuficientes. Mentres, "os que mandan", non se dan conta dos datos reais da saúde dos nosos alumnos e alumnas, e da sociedade en xeral. Paliando, na medida do posible, a falla desa terceira sesión temos dous programas (Movete+ e MMAF), desde hai seis cursos; que en certa forma axúdannos a pór diques ao inmobilismo e á inactividade física.

Os nenos e nenas implicados neste curso son os de terceiro, cuarto, quinto e sexto en ámbalas dúas. MMAF: cunha sesión á semana, desde a área de EF, e coa axuda do profesorado que imparte Ciencias Naturais e Sociais aos grupos do proxecto, impartimos “doutra maneira” os contidos das materias. Intentamos que sexan actividades variadas e divertidas onde os nenos e nenas poidan moverse, facer exercicio, pasalo ben e aprender. Móvete+: a segunda UD que traballamos na nosa área de EF é acrosport. A partir da súa finalización e coas bases ben adquiridas comezamos co proxecto. Primeiro, e como é unha actividade totalmente voluntaria, preguntamos quen quere ocupar un ou máis recreos con esta actividade. A partir de aquí confeccionamos os grupos de 6-8 compoñentes e facemos o horario semanal. Estes grupos, cando lles toca “o seu recreo”, ocúpanse do material necesario (levalo e recollelo), deseñar e facer as súas coreografías e ensaialas. Ao final do curso realízanse festivais no propio colexio e desde hai cinco cursos varias formacións do colexio encárganse de participar nas Olimpíadas de Teis (celebración deportiva que se fai no barrio de Teis na que participan colexios e institutos da zona) cunha coreografía. Ademáis, temos actividades de todo tipo: xogos do Magosto, torneos varios, charlas co fin de fomentar

a actividade física, deporte escolar... como novedade no primeiro martes do mes de xuño celebraremos un gran breakout scape room, que xa contaremos o vindeiro ano. Finalmente salientar que este ano levámonos unha grandísima alegría, pois o departamento da Bibioteca elixía un PDI ("Vivindo san no cole Frian") relacionado cen por cento coa nosa área. Por fin, aínda que quedan pedras no camiño, desterramos maiormente a bollería industrial e demais "xoias" da alimentación actual dos rapaces e non tan rapaces, dos nosos recreos. Temos que pensar que isto é algo progresivo e debemos continualo nos vindeiros cursos. A primeira pedra está posta grazas a nenos, nenas, familias, compañeiros e compañeiras. Ánimo e a seguir!!

J. Maillo. Abaixo dereita, marea laranxa. /M. Casas


Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.