Page 1

Xen茅tica Aplicaci贸ns ambientais


Introdución

A xenética é unha disciplina da bioloxía, a ciencia da herdanza e da variación nos seres vivos.


Aplicacións da enxeñería xenética A enxeñería xenética consiste na modificación do xenotipo dos organismos, a través da introdución dun xen de interese nas células receptoras. As súas aplicacións son: - A produción de fármacos - A terapia xénica - O diagnóstico clínico - Aplicacións en agricultura e gandaría - Aplicacións ambientais


Aplicacións ambientais Diversas técnicas biotecnolóxicas permiten resolver de diferentes maneiras o problema da contaminación ambiental. Pódense empregar diversos microorganismos para controlar e tratar o problema da contaminación química nos ecosistemas, pois algúns deles, principalmente bacterias, teñen a capacidade de eliminar do medio ou de degradar con enzimas compostos tóxicos e perigosos. Actualmente, estanse creando bacterias, levaduras e enzimas en laboratorios para degradar residuos mediante varias técnicas:  Biometanización. É un proceso de dixestión anaerobia (sen osíxeno) da materia orgánica por microorganismos, que a descompoñen dando lugar a unha mistura de gases, principalmente metano e dióxido de carbono.  Lagoas de estabilización. Utilízanse bacterias e algas para depurar residuos líquidos por procesos naturais.  Filtros percoladores. Con filtros que conteñen unha poboación de microorganismos que degradan a materia orgánica que haxa no residuo.  Biorremediación.  Bioabsorción.


Biorremediación 

A biorremediación é calquer proceso que utilice microorganismos, hongos, plantas, ou os enzimas derivados deles, para devolver a un medio ambiente alterado por contaminantes a súa condición natural. A biorremediación empregando microorganismos foi inventada polo científico norteamericano George M. Robinson.


Pode ser empregada para atacar contaminantes específicos do solo, por exemplo na degradación bacteriana de hidrocarburos. Estas bacterias poden degradar de xeito natural estas substancias. Un exemplo de tratamento máis xeneralizado é o da limpeza de derrames de petróleo.


Na biorremediación o máis habitual é empregar bacterias transxénicas, porque as bacterias ordinarias non soportan as duras condicións nas que teñen que traballar. Para conseguilas, introdúceselles un plásmido que contén un xen que lles proporciona unha nova característica. Deste xeito, conséguense bacterias máis resitentes. A degradación con bacterias é un proceso lento, pero coa axuda da enxeñería xenética pódense conseguir bacterias capaces de degradar compostos máis resistentes.


Ademais de bacterias, hoxe en día estase investigando con plantas ás que se lles introduciu o xen da bacteria que lle permite metabolizar un elemento tóxico. Estas plantas teñen máis posibilidades para limpar solos contaminados porque as súas raíces teñen maior alcance que as simples bacterias e, ademais, son máis robustas.


Inconvintes Un dos aspectos que provoca máis prexuízos á hora de empregar transxénicos na biorremediación é o risco de que se dispersen e se enfronten coas especies do entorno. En calquer caso, coma noutros asuntos, hai que asumir o perigo, e comparándoos cos beneficios, son maiores os beneficios.


Bioabsorción 

Os metais son materias moi útiles para nós, pero en cada proceso de aproveitamento, libéranse parte destes metais ó medio. Na queima de combustibles fósiles tamén se liberan metais. A diferenza dos contaminantes orgánicos, os metais non se poden degradar nin biolóxica nin quimicamente. Algúns destes metais é de gran importancia retiralos do medio debido ós seus efectos tóxicos sobre os organismos vivos.


• •

As bacterias son obxecto de numerosos estudos pola súa capacidade de transformar compostos que poden ser unha ameaza para o medio. Estas bacterias están adaptadas ó solo e son resistentes ós metais tóxicos, ben de forma natural ou mediante manipulación xenética. Entre as capacidades das bacterias cabe salientar: O seu papel na inmovilización e movilización dos metais. A secreción de compostos con capacidade de adherirse a estas substancias. A absorción e acumulación de metais no interior, seguido de transformacións enzimáticas. O emprego dos ións metálicos como fonte de enerxía.


Creado por:  Tamara

Lage Vidal

 Arantza

Pérez Correa

 Noemi

Castro Bernárdez

 Lorena

Castro Bernárdez

Xenética  

Aplicacións medioambientais

Advertisement