Issuu on Google+


Luces do mediodía O mediodía escribe As mellores palabras sobre a noite; No seu xardín a flor Amígase coa estrela insubornable. Nas copas en que xuntos afogamos As augas moribundas doutras lúas, Xa estaba a luz Serena para sempre, presentida. Aqueles ollos meus Que nunca se cansaron de mirarte. Ramiro Fonte


¿E so o día, aí doesE? E vén a nevE Amada damaA, E Nela, o aléN E maio doíamE, Amada damA, E maio doíamE. A serpe de maio doíame de présA. Gonzalo Navaza


Pensar é escuro como un muro de sombra imerecida: do outro lado o sol, sempre ao outro lado, lonxe, infinitamente lonxe desta xanela á que rebota estremecida a confusión que por min padece o ar, e as auséncias que proxecto como sombras dalgun min que eu non decido. Pensar, pensar como lexión de criaturas espantosas que arrebatan as explicacións mais simples da loucura. E é así, porque a razón é tráxica, como tráxico é calquer fin último, calquer destino ao que se aboca a vida. Luísa Villalta


Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. Ana Romaní


Cando choro, fรกgoo sempre sobre os mapas, para que chova sobre as cidades preferidas. As cidades dos mapas, aquelas que se poden percorrer co perfil perdido da mirada, e viaxar dunha a outra nun segundo, abarcalas todas, ou vivir en todas e en ningunha. Son as cidades dos mapas, as urbes sobre as que sempre choro cando estou desconsolado. Fran Alonso


Póstuma “Filla: déixoche esta nota por se algún día dás en existir. Lembra que has de arrincar do peito as antas e mámoas do recordo, e camiñar gabear coas mans e os peitos sobre o peirao inconcluso do privilexio -ou maldición noxentade seres como aqueloutra que morreu do noso sexo”. Emma Pedreira Lombardia


Do íntimo O vento xeme na noite coma un picariño enfermo, -ai amoro vento xeme na noite morto de frío e de medo. Teu corazón mais o meu no mormo acocho do leito, -ai amorteu corazón mais o meu degrañan novos segredos. Celso Emilio Ferreiro


ODE AO ENTUSIASMO O ENTUSIAMO nace no escuro, abala todo o noso ser, conmóvenos, estremécenos, remata por trasvirarnos e alucinarnos totalmente, sale fóra, contaxa ao mundo, faise incríbel carabel que reventa de luz e de paixón. E remata cegando incluso ao mesmo sol. Manuel María


De Padrón a Santiago, De Santiago a Padrón, camiña unha sombra espida cun cravo no corazón. A noite vai de caída po-las ribeiras do Sar i unha sombra adolorida busca os camiños da mar. Xosemaría Pérez Parallé


Banquete Así, os poetas do meu povo reparten ácios i espigas a mancheas estudan o vóo das anduriñas toman un vaso nas tabernas e despóis de prantar a sua sementeira déitanse a escoitar a voz da terra. Xúlio L. Valcárcel


Corre o vento, o río pasa. Corren nubes, nubes corren camiño da miña casa. Miña casa, meu abrigo; vanse todos, eu me quedo sin compaña nin amigo. Eu me quedo contemprando as laradas das casiñas por quen vivo suspirando. .......................................... Rosalía de Castro


Nos tépedos infernos da túa boca, ferida de comunión ao sol e ao viño máis adentro, diapasón da verdade de pantrigo e cumio do cabazo e da alborada boa reclamo a liberdade pró meu pobo. Xosé Luís Méndez Ferrín


Dixeches que existía o lugar procurado, unha casa baixiña en que mirar o mar, unha pequena leira por detrás das ventás, sen cancelas nin muros, aberta cara aos poulos. O pequeno peirao con só unha gamela e un clima de bonanza sen vento nin treboada. E deixei as maletas, tan só nós nos levamos, abandonando atrás a memoria e documentos. E levabas razón no que me prometeras: Tan só nós e a promesa dun futuro distinto. Marta Dacosta


Ai ondas, que eu vin veer, se me saberedes dizer porque tarda meu amigo sen min? Ai ondas, que eu vin mirar, se me saberedes contar porque tarda meu amigo sen min? Mart铆n C贸dax


Corre, corre, meu cabalo. Trota, trota, fiel Luceiro. Sube outeiros e montañas, camiña fraga e xesteira, baixa ó val, vai ás camposas, galopa pola ribeira. Lévame ó vello carballo, cruza o piñeiral voando, escoita o canto do merlo que o seu niño está coidando. Corre, corre, meu cabalo. Trota, trota, fiel Luceiro. Anisia Miranda


Nun intre, a lus pode trocalo tudo. Nacer da brĂŠtema un morto, un vivo, e pendurar dun fĂ­o, dun lourido azor de espada o mundo. TomĂĄs Barros


A CASTELAO Antre os queixumes dos pinos, antre as sómas do luar, anda tua i-alma perdida ¡ti non morreches, irmán! ¡Ai, Daniel, quén che poidera coas nubens alumear! ¡Erguerche un moimento louro coas raiolas do luar! Anda no ár a pregaria do pobo e da liberdá, i-os pinos van marmulando: ¿Tí non morreches, irmán...! Avilés de Taramancos


(A Ramón Piñeiro) Non durmas meu neno pequeno... Bule, berra, chora. Teu pai está fóra. Racha cos pés esta sábana de medo. Non peches os ollos neno pequeno. O vento zoa, non peches os ollos. A morte rolda por fóra. Vexo o río mouro e unha folla morta. Bule, berra, chora. Teu pai está fóra. Luis Pimentel


Aquel non era o tempo das apretas, mais falaba contigo e existías e poboabas de voces os meus días: sentíate nas horas máis secretas. Cantiga medieval, tiña garcetas o meu soño de cervos e volvías a auga no mencer e mais traías arrecendo de xarxa e violetas. Estabas e non eras, pero eras longo brado de dita na esperanza, futura luz de novas primaveras. Todo no corazón era larganza para habitares ti que non viñeras, lúa nova, que a vista non alcanza. Marica Campo


CABELO-ARBOREDA E mira que se enreda, amiga, ese gran bosque do cabelo, caíndo escuramente sobre a diáfana pétala tersa do xazmín en branco do colo tan ergueito. ¿Onde me leva? ¡Oh que arboreda máxica! Bernardino Graña


Nome: Curso:


Poemas para Un Día