Outro ano máis chega este ano cheo de datas relacionadas coa literatura e o libro. E coma sempre non queremos deixar pasar esta ocasión para felicitarnos porque exista e celebralo no noso centro.
Como xa sabedes moitas das actividades que estamos a realizar veñen da man da nosa ANPA a quen desde aquí queremos agradecer a súa colaboración con nós. Co seu programa LER PARA MEDRAR temos:
*Visita do ilustrador JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO, o día 9 de abril ás 10.00 h. para 3º e 4º de Ed. Primaria. *Visita do escritor FRANCISCO CASTRO, o día 23 de abril ás 12.30h. Para 5º e 6º. *Contacontos a cargo de BARAFUNDA ANIMACIÓN para ED. Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria o día 24 de abril ás 10.00 h.
Ademais o día do libro non esquezades abrir as vosas clases coa lectura con que nos agasallan dende a Asesoría de Bibliotecas. Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia. Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco
Por outra banda anímate a achegar ata a biblioteca a túa opinión sobre CAL É O TEU LIBRO FAVORITO NESTE MOMENTO E POR QUE. Tamén podes ilustrar a túa opinión debuxando o teu personaxe favorito ou como non a portada do libro. Tedes a vosa disposición os corchos para deixar os vosos escritos. ¡Esperámolos!
orito, v a f o r lib O meu os é t n e m o nestes m orque p … …………… ……. … … … … … ……………